Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia de Xeografía e Historia de 2º de ESO ten como temas fundamentais a Idade Media, a Idade Moderna e Xeografía (Urbanismo e demografía).

A formación que se plantexa nesta programación debería proporcionar ao alumnado un coñecemento global  necesario para coñecer o pasado e para entender o presente, xa que moitos procesos históricos actuais teñen a súa orixe nas etapas históricas a estudar.

É preciso tamén para facer emerxer no seu estudo suxeitos históricos ata hai pouco silenciados, como as mulleres, a clase obreira, os pobres... dándolles o protagonismo que lles corresponde e que vai permitir unha renovación do discurso histórico.

É fundamental para fortalecer a base cultural que lles permitirá desenvolver a súa formación e lles acompañará no futuro como cidadáns.

É importante a adquisición dun vocabulario conceptual propio e a capacidade para utilizalo correctamente. Do mesmo xeito, cumpriría ampliar e desenvolver as competencias clave, a capacidade de expresarse adecuadamente na escrita e desenvolver unha lectura comprensiva para enlazar cos coñecementos previos as novas aportacións e ideas que imos traballar.

É fundamental no referente á metodoloxía é desenvolver un proceso que permita dar importancia a saber interpretar documentos e imaxes, á comprensión dos elementos básicos do proceso histórico (causa, desenvolvemento, consecuencia; espazo e tempo),  á intencionalidade na interpretación dos procesos e ó uso adecuado da información. Así como ó análise crítico da información e dos datos referentes á materia tratada.

Pódese plantexar de forma cronolóxica, atendendo ás necesidades básicas de comprensión dos procesos para logo chegar a unha perspectiva transversal (pero sólo despois de que se adquiran uns coñecementos básicos que permitan transitar analizando fenómenos históricos e artísticos ó longo do tempo).

A finalidade desta materia é dar ó alumnado unha visión global do mundo e un conxunto de valores para que adopten unha actitude ética e comprometida dentro dunha sociedade plural e solidaria. E completar os obxectivos plantexados e a adquisición das competencias clave de forma inclusiva atendendo á diversidade do alumnado.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX2 Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común.
OBX3 Coñecer os principais desafíos aos cales se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas a que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX4 Identificar e analizar os elementos da paisaxe e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos, así como a súa evolución no tempo, interpretando as causas das transformacións e valorando o grao de equilibrio existente nos distintos ecosistemas, para promover a súa conservación, mellora e uso sustentable.
OBX5 Analizar de forma crítica formulacións históricas e xeográficas explicando a construción dos sistemas democráticos e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, así como asumindo os deberes e dereitos propios do noso marco de convivencia, para promover a participación cidadá e a cohesión social.
OBX6 Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural en que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e da inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.
OBX7 Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
OBX8 Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, o ciclo vital, as formas de vida e as relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución ao longo do tempo, analizándoas de forma crítica, para promover alternativas saudables, sustentables, enriquecedoras e respectuosas coa dignidade humana e o compromiso coa sociedade e coa contorna.
OBX9 Coñecer e valorar a importancia da seguridade integral cidadá na cultura de convivencia nacional e internacional, recoñecendo a contribución do Estado, das súas institucións e doutras entidades sociais á cidadanía global, á paz, á cooperación internacional e ao desenvolvemento sustentable, para promover a consecución dun mundo máis seguro, solidario, sustentable e xusto.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Os reinos altomedievais 6 6
2 A Europa feudal 6 9
3 Románico, gótico e arte islámica 6 9
4 A Península Ibérica na Idade Media e o reino medieval de Galicia 7 9
5 Crise feudal e Baixa Idade Media 10 9
6 A Monarquía Hispánica 10 9
7 A conquista e colonización de América 10 9
8 Renacemento e Reforma 10 9
9 O século do Barroco 8 9
10 Os desafíos demográficos 10 9
11 Un mundo de cidades 10 9
12 Desigualdade e cooperación 7 9

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Retos do mundo actual
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA1.1 - Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan a sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles.
CA1.2 - Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
CA1.3 - Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas, e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvolvidas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou.
CA1.4 - Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana a través de propostas e iniciativas que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade e da repartición xusta e solidaria dos recursos.
CA1.5 - Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
CA1.6 - Coñecer e interpretar os comportamentos demográficos da poboación, os cambios que experimentou e os seus ciclos, identificando e analizando os principais problemas e retos a que nos enfrontamos no mundo e en España e Galicia.
CA1.7 - Interpretar desde a perspectiva do desenvolvemento sustentable e da cidadanía global os principais desafíos do mundo actual, expresando a importancia de implicarse na procura de solucións e no modo de concretalos desde a súa capacidade de acción tanto local como global, valorando a contribución do Estado, as súas institucións e as asociacións civís en programas e misións dirixidos por organismos nacionais e internacionais para o logro da paz, a seguridade integral, a convivencia social e a cooperación entre os pobos.
Contidos
C1.1 - Desafíos demográficos no mundo actual. Causalidade e comparación no estudo da diversidade social e cultural e das estruturas demográficas en distintas escalas: da global á local. Dinámica demográfica de Galicia.
C1.2 - Aglomeracións urbanas e ruralidade. O despoboamento e o sostemento do mundo rural. O desenvolvemento urbano sustentable: a cidade, o espazo de convivencia. Modos e estilos de vida no contexto da globalización.
C1.3 - Competencia e conflito polos recursos e o territorio. Mercados rexionais, políticas comerciais e movementos migratorios. Tensións internacionais, choques e alianzas entre civilizacións.
C1.4 - Concentración e distribución da riqueza. Formas e modos de percibir e representar a desigualdade. Liñas de acción para unha repartición xusta. A cuestión do mínimo vital.
C1.5 - Igualdade. Situacións discriminatorias das nenas e das mulleres no mundo. Roles de xénero e a súa manifestación en todos os ámbitos da sociedade e da cultura.
C1.6 - A contribución do Estado e as súas institucións á paz, á seguridade integral, cidadá e á convivencia social.
Bloque B2. Sociedades e territorios
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA2.1 - Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
CA2.2 - Utilizar unha secuencia cronolóxica co obxecto de examinar a relación entre feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade e duración), utilizando termos e conceptos apropiados.
CA2.3 - Analizar procesos de cambio histórico de relevancia a través do uso de diferentes fontes de información, tendo en conta as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
CA2.4 - Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos (das épocas medieval e moderna), valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
CA2.5 - Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados.
CA2.6 - Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia medieval e moderna coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal.
CA2.7 - Identificar a orixe histórica de distintas identidades colectivas que se desenvolveron en España e Galicia, interpretando o uso que se fixo delas e mostrando unha actitude de respecto e tolerancia cara aos diferentes sentidos de pertenza, promovendo a solidariedade e a cohesión social.
CA2.8 - Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o gozo recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos.
Contidos
C2.1 - Tempo histórico: construción e interpretación de liñas do tempo a través da linealidade, cronoloxía, simultaneidade e duración.
C2.2 - Violencia e conflitos armados. A guerra na Idade Media e na Idade Moderna. Os civís durante as guerras.
C2.3 - Autoridade e complexidade social durante a Idade Media e a Idade Moderna. Os estamentos.
C2.4 - A organización política do ser humano e as formulacións estatais no mundo medieval e moderno. Evolución da teoría do poder.
C2.5 - A construción das identidades culturais, da idea de Europa e do eurocentrismo, a través do pensamento e da arte durante a Idade Media e a Idade Moderna. Relacións coa civilización islámica.
C2.6 - O papel da relixión na organización social, a lexitimización do poder e a formación de identidades. Herexías, persecucións e guerras de relixión.
C2.7 - A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita pola supervivencia e o status social du
C2.8 - A disputa pola hexemonía e a xeopolítica no nacemento e evolución da modernidade. Viaxes, descubrimentos e sistemas de intercambio na formación dunha economía mundial.
C2.9 - España no tempo e a súa conexión cos grandes procesos da historia medieval e moderna da humanidade. O legado histórico e o acervo cultural na formación das identidades colectivas. Galicia na Idade Media: a era compostelá e as crises baixomedievais.
C2.10 - Significado e función das expresións artísticas e culturais nas distintas civilizacións. O barroco galego. Diversidade e riqueza cultural. Respecto e conservación do patrimonio material e inmaterial.
C2.11 - Ciencia, medicina e avances tecnolóxicos. A loita contra epidemias e pandemias. Racionalismo e empirismo na explicación da realidade fronte ás supersticións.
Bloque B3. Compromiso cívico e global
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA3.1 - Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan á sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles.
CA3.2 - Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados.
CA3.3 - Sinalar e explicar aquelas experiencias históricas máis destacables, e anteriores á época contemporánea, nas cales se logrou establecer sistemas políticos que favoreceron o exercicio de dereitos e liberdades dos individuos e da colectividade, considerándoas como antecedentes das posteriores conquistas democráticas e referentes históricos das liberdades actuais.
CA3.4 - Mostrar actitudes pacíficas e respectuosas e asumir as normas como marco necesario para a convivencia, demostrando capacidade crítica e identificando e respondendo de maneira asertiva ante as situacións de inxustiza e desigualdade.
CA3.5 - Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
CA3.6 - Sinalar os fundamentos da idea de Europa a través das diferentes experiencias históricas do pasado e identificar o legado histórico, institucional, artístico e cultural como patrimonio común da cidadanía europea.
CA3.7 - Tomar conciencia do ciclo vital e analizar como cambiaron as súas características, necesidades e obrigas en distintos momentos históricos, así como as raíces da distribución por motivos de xénero do traballo doméstico, asumindo as responsabilidades e compromisos propios da idade no ámbito familiar, na contorna escolar e na comunidade, e valorando a riqueza que achegan as relacións interxeracionais.
CA3.8 - Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Contidos
C3.1 - Dignidade humana e dereitos universais. Convención sobre os Dereitos do Neno.
C3.2 - Alteridade: respecto e aceptación «do outro». Comportamentos non discriminatorios e contrarios a calquera actitude diferenciadora e segregadora.
C3.3 - Igualdade de xénero. Manifestacións e condutas non sexistas.
C3.4 - Interese ante os retos e problemas de actualidade na contorna local e global.
C3.5 - As redes sociais. Seguridade e prevención ante os riscos e perigos do uso das tecnoloxías da información e da comunicación.
C3.6 - Convivencia cívica e cultura democrática. Incorporación e implicación na sociedade civil en procesos democráticos. Participación en proxectos comunitarios.
C3.7 - Solidariedade, empatía e accións de apoio a colectivos en situacións de pobreza, vulnerabilidade e exclusión social.
C3.8 - Identificación e xestión das emocións e a súa repercusión en comportamentos individuais e colectivos.
C3.9 - Ciclos vitais, uso do tempo libre e hábitos de consumo. Diferenzas e cambios nas formas de vida nas sociedades actuais e nas do pasado.
C3.10 - Cidadanía europea. Ideas e actitudes no proxecto de construción dunha identidade común. A seguridade e a cooperación internacional.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Os reinos altomedievais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
Táboa de indicadores
Logra diferenciar unha fonte primaria dunha secundaria. 30
CA2.2 Utilizar unha secuencia cronolóxica co obxecto de examinar a relación entre feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade e duración), utilizando termos e conceptos apropiados.
Proba escrita
Sabe elaborar un eixe cronolóxico sobre as invasións bárbaras e os reinos xermánicos. 10
CA2.3 Analizar procesos de cambio histórico de relevancia a través do uso de diferentes fontes de información, tendo en conta as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Proba escrita
Identifica nun mapa as invasións bárbaras. 10
CA2.4 Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos (das épocas medieval e moderna), valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
Proba escrita
Comprende a relevancia do Reino Visigodo e do Reino Suevo na historia de España e Galicia, respectivamente. 30
CA2.7 Identificar a orixe histórica de distintas identidades colectivas que se desenvolveron en España e Galicia, interpretando o uso que se fixo delas e mostrando unha actitude de respecto e tolerancia cara aos diferentes sentidos de pertenza, promovendo a solidariedade e a cohesión social.
Proba escrita
É capaz de identificar os trazos esenciais da arte hispanovisigoda. 20

2 A Europa feudal
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
Táboa de indicadores
É capaz de diferenciar entre fontes primarias e secundarias. 20
CA2.5 Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados.
Proba escrita
Entende os trazos básicos do sistema feudal e da súa organización social. 30
CA3.2 Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados.
Táboa de indicadores
Elabora un proxecto, oral ou escrito, no que sintetiza os elementos básicos do feudalismo. 10
CA3.6 Sinalar os fundamentos da idea de Europa a través das diferentes experiencias históricas do pasado e identificar o legado histórico, institucional, artístico e cultural como patrimonio común da cidadanía europea.
Proba escrita
Comprende a relevancia do imperio carolinxio como precedente da idea de Europa. 20
CA3.7 Tomar conciencia do ciclo vital e analizar como cambiaron as súas características, necesidades e obrigas en distintos momentos históricos, así como as raíces da distribución por motivos de xénero do traballo doméstico, asumindo as responsabilidades e compromisos propios da idade no ámbito familiar, na contorna escolar e na comunidade, e valorando a riqueza que achegan as relacións interxeracionais.
Proba escrita
Entende as desigualdades propias da sociedade feudal. 20

3 Románico, gótico e arte islámica
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.5 Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
Proba escrita
Asimila os aspectos elementais da arte islámica. 30
CA2.2 Utilizar unha secuencia cronolóxica co obxecto de examinar a relación entre feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade e duración), utilizando termos e conceptos apropiados.
Táboa de indicadores
Logra elaborar un eixe cronolóxico sobre a evolución da arte medieval. 10
CA2.6 Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia medieval e moderna coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal.
Proba escrita
Comprende os trazos básicos da cultura europea e islámica. 20
CA2.8 Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o gozo recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos.
Táboa de indicadores
Valora a importancia do patrimonio artístico, histórico e cultural na sociedade actual. 20
CA3.6 Sinalar os fundamentos da idea de Europa a través das diferentes experiencias históricas do pasado e identificar o legado histórico, institucional, artístico e cultural como patrimonio común da cidadanía europea.
Proba escrita
Asimila os aspectos elementais da arte románica e gótica. 20

4 A Península Ibérica na Idade Media e o reino medieval de Galicia
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas, e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvolvidas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou.
Proba escrita
Identifica os cambios territoriais ocorridos na Idade Media peninsular a través de mapas históricos. 20
CA1.5 Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
Proba escrita
Entende os aspectos culturais máis básicos de Al-Ándalus. 20
CA2.1 Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
Táboa de indicadores
Diferencia fontes primarias e secundarias sobre a Reconquista. 20
CA2.4 Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos (das épocas medieval e moderna), valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
Proba escrita
Comprende os principais feitos históricos da Idade Media peninsular e galega. 30
CA2.7 Identificar a orixe histórica de distintas identidades colectivas que se desenvolveron en España e Galicia, interpretando o uso que se fixo delas e mostrando unha actitude de respecto e tolerancia cara aos diferentes sentidos de pertenza, promovendo a solidariedade e a cohesión social.
Táboa de indicadores
Asimilar a herdanza andalusí na cultura e sociedade actuais. 5
CA3.6 Sinalar os fundamentos da idea de Europa a través das diferentes experiencias históricas do pasado e identificar o legado histórico, institucional, artístico e cultural como patrimonio común da cidadanía europea.
Táboa de indicadores
Coñece a orixe do Camiño de Santiago 5

5 Crise feudal e Baixa Idade Media
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.6 Coñecer e interpretar os comportamentos demográficos da poboación, os cambios que experimentou e os seus ciclos, identificando e analizando os principais problemas e retos a que nos enfrontamos no mundo e en España e Galicia.
Táboa de indicadores
Coñece o ciclo demográfico antigo 10
CA2.1 Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
Táboa de indicadores
Diferencia entre fontes primarias e secundarias sobre a Baixa Idade Media. 10
CA2.3 Analizar procesos de cambio histórico de relevancia a través do uso de diferentes fontes de información, tendo en conta as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Proba escrita
Identifica mapas históricos relacionados coa expansión comercial baixomedieval. 20
CA2.5 Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados.
Proba escrita
Recoñece os cambios sociais da Baixa Idade Media e os enfrontamentos civís provocados polos mesmos. 40
CA3.2 Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados.
Táboa de indicadores
Realiza unha exposición, oral ou escrita, sobre a Peste Negra en Europa. 10
CA3.3 Sinalar e explicar aquelas experiencias históricas máis destacables, e anteriores á época contemporánea, nas cales se logrou establecer sistemas políticos que favoreceron o exercicio de dereitos e liberdades dos individuos e da colectividade, considerándoas como antecedentes das posteriores conquistas democráticas e referentes históricos das liberdades actuais.
Proba escrita
Comprende o ascenso da burguesía como novo grupo dentro da sociedade estamental. 10

6 A Monarquía Hispánica
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
Táboa de indicadores
Analiza criticamente a identidade cultural do mundo hispanofalante 10
CA2.1 Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
Táboa de indicadores
Diferencia entre fontes primarias e secundarias sobre a Monarquía Hispánica. 10
CA2.4 Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos (das épocas medieval e moderna), valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
Proba escrita
Comprende os principais feitos históricos da Monarquía Hispánica. 40
CA2.5 Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados.
Proba escrita
É capaz de comprender a heteroxeneidade da sociedade hispánica moderna. 10
CA2.7 Identificar a orixe histórica de distintas identidades colectivas que se desenvolveron en España e Galicia, interpretando o uso que se fixo delas e mostrando unha actitude de respecto e tolerancia cara aos diferentes sentidos de pertenza, promovendo a solidariedade e a cohesión social.
Táboa de indicadores
Debate sobre as orixes da idea de España na monarquía dos Reis Católicos. 10
CA3.3 Sinalar e explicar aquelas experiencias históricas máis destacables, e anteriores á época contemporánea, nas cales se logrou establecer sistemas políticos que favoreceron o exercicio de dereitos e liberdades dos individuos e da colectividade, considerándoas como antecedentes das posteriores conquistas democráticas e referentes históricos das liberdades actuais.
Proba escrita
Identifica as principais revoltas sociais ocorridas contra a monarquía hispánica entre os séculos XV e XVII. 20

7 A conquista e colonización de América
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
Táboa de indicadores
Logra debatir sobre as consecuencias actuais da conquista e colonización de América. 10
CA1.3 Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas, e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvolvidas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou.
Proba escrita
Entende o proceso de colonización de América e a explotación dos seus recursos naturais. 10
CA2.1 Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Idade Media e da Idade Moderna, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
Táboa de indicadores
Diferencia entre fontes primarias e secundarias relacionadas coa conquista e colonización do continente americano. 20
CA2.4 Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos (das épocas medieval e moderna), valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
Proba escrita
Comprende as consecuencias que tivo para España a conquista de América. 30
CA2.5 Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados.
Proba escrita
Identifica as desigualdades xeradas polo sistema colonial en América. 10
CA2.7 Identificar a orixe histórica de distintas identidades colectivas que se desenvolveron en España e Galicia, interpretando o uso que se fixo delas e mostrando unha actitude de respecto e tolerancia cara aos diferentes sentidos de pertenza, promovendo a solidariedade e a cohesión social.
Proba escrita
Sinala os trazos básicos das civilizacións precolombianas e a súa influencia na sociedade posterior á conquista europea do continente. 20

8 Renacemento e Reforma
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
Táboa de indicadores
Comprende o impacto na actualidade das diferentes relixións protestantes. 10
CA1.5 Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
Táboa de indicadores
Entende o papel do humanismo e a secularización social como aspectos chave da Idade Moderna. 10
CA2.3 Analizar procesos de cambio histórico de relevancia a través do uso de diferentes fontes de información, tendo en conta as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Proba escrita
Comprende as características esenciais do Humanismo, o Renacemento e a Reforma protestante. 30
CA2.6 Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia medieval e moderna coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal.
Táboa de indicadores
Identifica os lugares de difusión de cada unha das relixións protestantes. 10
CA2.8 Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o gozo recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos.
Proba escrita
Asimila os trazos básicos da arte do Renacemento. 10
CA3.5 Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
Proba escrita
É capaz de comprender a heteroxeneidade do Renacemento tras a súa difusión por Europa. 20
CA3.6 Sinalar os fundamentos da idea de Europa a través das diferentes experiencias históricas do pasado e identificar o legado histórico, institucional, artístico e cultural como patrimonio común da cidadanía europea.
Proba escrita
Entende ao Humanismo como precedente dos valores cívicos e democráticos actuais. 10

9 O século do Barroco
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.5 Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
Táboa de indicadores
Coñecer as causas e consecuencias máis relevantes da Guerra dos 30 anos. 15
CA2.2 Utilizar unha secuencia cronolóxica co obxecto de examinar a relación entre feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade e duración), utilizando termos e conceptos apropiados.
Proba escrita
Elabora un eixe cronolóxico sobre a evolución das diferentes tendencias artísticas ao longo da Idade Moderna. 10
CA2.6 Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia medieval e moderna coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal.
Táboa de indicadores
Identifica as achegas esenciais da revolución científica moderna. 15
CA2.8 Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o gozo recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos.
Proba escrita
É capaz de sinalar os trazos máis significativos da arte barroca europea, española e galega. 20
CA3.3 Sinalar e explicar aquelas experiencias históricas máis destacables, e anteriores á época contemporánea, nas cales se logrou establecer sistemas políticos que favoreceron o exercicio de dereitos e liberdades dos individuos e da colectividade, considerándoas como antecedentes das posteriores conquistas democráticas e referentes históricos das liberdades actuais.
Proba escrita
Comprende as diferenzas básicas entre o absolutismo e o parlamentarismo no século XVII. 20
CA3.6 Sinalar os fundamentos da idea de Europa a través das diferentes experiencias históricas do pasado e identificar o legado histórico, institucional, artístico e cultural como patrimonio común da cidadanía europea.
Proba escrita
Entender a relevancia da aparición dos réximes parlamentarios na Europa do século XVII. 20

10 Os desafíos demográficos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan a sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles.
Proba escrita
Comprende as causas principais que explican o avellentamento da poboación actual en España e Galicia. 10
CA1.2 Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
Proba escrita
Entende a evolución dos movementos migratorios mundiais dende o século XIX ata a actualidade. 5
CA1.3 Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas, e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvolvidas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou.
Proba escrita
Analiza as causas das vagas migrotorias actuais. 30
CA1.6 Coñecer e interpretar os comportamentos demográficos da poboación, os cambios que experimentou e os seus ciclos, identificando e analizando os principais problemas e retos a que nos enfrontamos no mundo e en España e Galicia.
Proba escrita
Diferencia os distintos modelos demográficos e os movementos naturais da poboación mundial mediante a análise de pirámides de poboación. 15
CA2.5 Recoñecer as desigualdades sociais existentes en épocas pasadas e os mecanismos de dominación e control que se aplicaron, identificando aqueles grupos que se viron sometidos e silenciados, destacando a presenza de mulleres e de personaxes pertencentes a outros colectivos discriminados.
Táboa de indicadores
Recoñece o papel da muller nos ciclos demográficos 10
CA3.1 Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan á sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles.
Proba escrita
Entende o impacto da emigración e inmigración na sociedade actual. 10
CA3.2 Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados.
Táboa de indicadores
A través de fontes orais, comprende o impacto das migracións na súa contorna próxima. 10
CA3.5 Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
Táboa de indicadores
Valora a importancia da diversidade social e cultural froito dos movementos migratorios. 5
CA3.7 Tomar conciencia do ciclo vital e analizar como cambiaron as súas características, necesidades e obrigas en distintos momentos históricos, así como as raíces da distribución por motivos de xénero do traballo doméstico, asumindo as responsabilidades e compromisos propios da idade no ámbito familiar, na contorna escolar e na comunidade, e valorando a riqueza que achegan as relacións interxeracionais.
Táboa de indicadores
Comprende a relación entre as melloras sociais e os cambios nos movementos naturais da poboación. 5

11 Un mundo de cidades
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
Táboa de indicadores
Analiza as causas do despoboamento rural en España e Galicia a través de mapas xeográficos. 20
CA1.3 Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas, e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvolvidas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou.
Proba escrita
Identifica o proceso de urbanización e os cambios ocorridos nas cidades ao longo da Historia. 50
CA1.4 Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana a través de propostas e iniciativas que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade e da repartición xusta e solidaria dos recursos.
Proba escrita
Comprende os principais problemas ambientais e sociais propios do mundo urbano e rural. 20
CA3.1 Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan á sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles.
Táboa de indicadores
Debate sobre problemas actuais das cidades como a xentrificación, planificación urbana ou as megalópoles. 10

12 Desigualdade e cooperación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos xeográficos e históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
Táboa de indicadores
Analiza e compara novas de prensa sobre problemas actuais. 10
CA1.3 Valorar o grao de sustentabilidade e de equilibrio dos diferentes espazos e desde distintas escalas, e analizar a súa transformación e degradación a través do tempo pola acción humana na explotación dos recursos, a súa relación coa evolución da poboación e as estratexias desenvolvidas para o seu control e dominio e os conflitos que provocou.
Proba escrita
Comprende as consecuencias que a contaminación do medio natural ten sobre a poboación do Terceiro Mundo. 30
CA1.4 Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana a través de propostas e iniciativas que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade e da repartición xusta e solidaria dos recursos.
Proba escrita
Indica algunha medida a realizar para mellorar a sociedade dende o punto de vista social ou ambiental. 20
CA1.7 Interpretar desde a perspectiva do desenvolvemento sustentable e da cidadanía global os principais desafíos do mundo actual, expresando a importancia de implicarse na procura de solucións e no modo de concretalos desde a súa capacidade de acción tanto local como global, valorando a contribución do Estado, as súas institucións e as asociacións civís en programas e misións dirixidos por organismos nacionais e internacionais para o logro da paz, a seguridade integral, a convivencia social e a cooperación entre os pobos.
Proba escrita
Entende o papel da ONU e das ONGs no mantemento da paz, a convivencia e a cooperación internacional. 20
CA3.1 Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan á sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles.
Táboa de indicadores
Realiza unha análise crítica de teorías acientíficas vixentes na sociedade actual. 10
CA3.4 Mostrar actitudes pacíficas e respectuosas e asumir as normas como marco necesario para a convivencia, demostrando capacidade crítica e identificando e respondendo de maneira asertiva ante as situacións de inxustiza e desigualdade.
Táboa de indicadores
Adopta unha postura crítica fronte discursos belicistas, xenófobos e discriminatorios. 5
CA3.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Táboa de indicadores
Valora o papel das Nacións Unidas e das institucións estatais e europeas na construcción dun marco pacífico caracterizado polos valores democráticos. 5

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía didáctica é o conxunto de estratexias, procedementos e accións organizadas e planificadas polo profesorado, de xeito consciente e reflexivo, coa finalidade de posibilitar a aprendizaxe do alumnado e o logro dos obxectivos.

A metodoloxía didáctica será activa e participativa, favorecento o traballo individual (fomentando a capacidade de aprender por si mesmos) e cooperativo do alumnado. Buscará a consecución dos obxectivos e das competencias clave.

O obxectivo fundamental da ensinanza é a consecución de aprendizaxes significativos, partindo dos contidos (“saber”) o alumno deberá ser capaz de aplicar o aprendido á práctica, debe “saber facer” e acadar as competencias propostas no currículo. Partindo duns coñecementos previos tentaremos acadar que o alumno sexa capaz da aprender por si mesmo, “aprender a aprender”, e aplicar o aprendido á realidade da súa vida cotiá. Pero para chegar a este punto precisamos un longo proceso, plantexamos un obxectivos que deberán ter  como punto de partida os coñecementos previos, cos que parte o alumno, para adaptarnos a eles e acadar unha progresión que buscará fomentar a participación activa do alumno na aprendizaxe.

A metodoloxía didáctica empregada para a construción do coñecemento significativo combina a intervención da profesora no proceso de ensino- aprendizaxe e a intervención e implicación do alumnado para acadar a compresión dos contidos e a súa aplicación práctica tanto nos temas de carácter histórico como os xeográficos ou artísticos. É dicir, trátase dunha metodoloxía integradora onde se combina a aprendizaxe por recepción e por descubrimento.

A motivación é un aspecto importante para captar o interese dos alumnos e alumnas, é necesario que a presentación dos temas conecte o máis directamente posible cos intereses dos alumnos, cos seus coñecementos previos da temática a tratar, ca súa experiencia persoal ou ca actualidade económica, política e social. 

Entre as actividades que facilitarán a asimilación dos contidos e a posta en práctica do tratado na clase están:

- Análise de textos históricos, periodísticos, mapas ou de materiais audiovisuais (vídeos, presentacións,...)

- Análise dos feitos no contexto temporal e espacial.

- Identificación e interpretación de estilos e imaxes artísticas.

-  Realización de síntesis, esquemas ou cadros sinópticos.

-  Realizacion de traballos individuais ou cooperativos sobre aspectos varios da

materia.

- Integración de tecnoloxías da información e comunicación.

O tratamento metodolóxico da materia débese axustar ó nivel competencial inicial do alumnado, partindo de aprendizaxes máis simples, respectando ritmos e estilos de aprendizaxe que teñan en conta a atención á diversidade.

Consideramos que neste nivel da educación obrigatoria é necesario priorizar as estratexias metodolóxicas de carácter motivador, que estimulen o interese dos alumnos polos temas tratados na área.

Para iso, as unidades didácticas desenvolveranse por medio dunha metodoloxía esencialmente activa, non limitándose á exposición, que se tentará reducir á explicación dos conceptos máis confusos e os máis básicos, buscando a participación constante do alumnado na construción dos coñecementos.

Dentro de cada unidade comezarase sempre por explorar os coñecementos previos sobre o tema: remuíños de ideas, preguntas na aula... Estes instrumentos facilitarán información relevante para a avaliación inicial do docente.

Consideramos necesario permitirlles ós alumnos que afonden naqueles aspectos que lles resulten máis interesantes da materia, así como aprender a facer autoavaliación.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Libro de texto
Apuntamentos e fichas do docente
Aula Virtual do Centro
Caderno ou cartafol de traballo do alumnado
Material informático
Material audiovisual
Mapas xeográficos e históricos
Novelas históricas, novelas gráficas, cómics
Material funxible
Prensa

Con carácter xeral na materia de Xeografía e Historia de 2º da ESO usaremos o libro de texto Xeografía e Historia 2º ESO, ed. Obradoiro, Santillana – Proxecto Construíndo mundos (2023). Para afondar e completar o traballo do alumnado, manexaremos outros recursos como artigos de prensa, fotografías, mapas mudos e unha serie de textos históricos e xeográficos escollidos. O obxectivo é que o alumnado remate o ano académico tendo manipulado un surtido amplo de fontes de información cas que acadar coñecementos ligados á materia.

De especial importancia vai ser o traballo no caderno de clase que vai ser revisado periódicamente para comprobar o traballo realizado polo alumnado.

Os recursos didácticos empregados para o desenvolvemento das clases van ser presentacións, páxinas web, materiais aportados pola profesora (apuntes, imaxes e esquemas), audiovisuais (vídeos, documentais ou películas), libros de lectura ou cómics, noticias de prensa e a aula virtual.

A aula virtual funcionará como un repositorio de materiais para o alumnado. Ahí terán á súa disposición apuntes, vídeos didácticos, presentacións e esquemas. Puntualmente servirá como lugar de recepción de actividades e traballos.

Traballarase con páxinas web que, polo seu contido, os axuden no proceso de ensino-aprendizaxe  e que fomenten a curiosidade polos múltiples aspectos da materia.

O uso das TICs axudará ó acceso e  manexo das fontes de información e á produción de traballos por parte do alumnado. Utilizaranse recursos como prezi ou powerpoint para elaborar presentacións ou mostrar imaxes que axuden á comprensión do explicado nas clases; Google Earth ou Maps, para a localización de lugares, visitas virtuais a enclaves arqueolóxicos e análise do relevo da Terra e outros recursos en rede que poidan ser de utilidade.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


As probas de avaliación inicial deben ter como obxectivo a detección das dificultades de aprendizaxe, máis o coñecemento das competencia e coñecementos previos do alumnado. Os seus resultados permitiranos a elaboración de programas de reforzo específicos ou cambios na programación para suplir as carencias detectadas.

             Antes de realizar un instrumento de avaliación inicial, debemos ter en conta as seguintes premisas:

·         Que esperamos que saiba o alumnado neste momento.

·         Que competencias clave deben ter ou deben adquirir.

·         Que grao de coñecemento teñen do vocabulario específico da materia.

·         Cal é o seu nivel de comprensión de textos.

             Ademais, calquera proba ou instrumento de avaliación inicial deberá valorar diferentes tipos de contidos e utilizar diferentes técnicas que nos permitan ver a situación do grupo en canto a súa capacidade de expresión (oral ou escrita), comprensión lectora, lectura en voz alta, interpretación de imaxes, gráficos e mapas e comprensión de nocións básicas.                       

As probas de avaliación inicial realizaranse de forma individualizada nos primeiros días de clase e os seus resultados serán contrastados co resto do equipo docente de cada grupo para elaborar unha estratexia de ensinanza-aprendizaxe conxunta nas avaliacións iniciais do centro.

Ó inicio de cada unidade, si se considera axeitado, plantexaranse unha serie de cuestións orais ó alumnado para saber cales son os seus coñecementos previos que ten o alumnado sobre o tema que se vai abordar co obxectivo de acadar unha aprendizaxe significativa.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 6.0 6.0 6.0 7.0 10.0 10.0 10.0 10.0 8.0 10.0 10.0 7.0 100.0
Proba escrita 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0
Táboa de indicadores 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0

A aprendizaxe será avaliada tendo en conta o traballo realizado na clase, os traballos específicos de aspectos concretos dos temas e as probas escritas ou orais que o profesor considere axeitadas.

O peso dos instrumentos de avaliación recae maiormente nas probas escritas que irán encamiñadas a valorar si os alumnos e alumnas acadaron uns coñecemento mínimo, o vocabulario específico da materia e unha aprendizaxe significativa.

O resto da avaliación farase con taboas de indicadores (traballos individuais e/ou cooperativos, caderno de clase, exposicións orais, lecturas, realización de análise de textos ou imaxes históricas).

Establécense, sempre que sexa posible, un mínimo dúas probas escritas por avaliación que variarán en función do criterio do profesor atendendo ás características do grupo, ás necesidades do alumnado ou á duración do trimestre.

As probas escritas irán encamiñadas a valorar si os alumnos acadaron unhos coñecementos específicos e unha aprendizaxe comprensiva. A súa finalidade é mostrar si o alumno é capaz de utilizar o aprendido dun xeito práctico, analizando textos e imaxes históricas cunha redación comprensible e clara que demostre a súa capacidade de relacionar con criterio os coñecementos teóricos con fontes históricas variadas, manexando un vocabulario específico, contestando preguntas teóricas ou definindo conceptos históricos ou artísticos. A valoración de cada parte da proba variará en función do criterio do profesor, xa que os alumnos deberán aprender de forma progresiva a metodoloxía e a aplicación práctica dos contidos aprendidos. Polo tanto nas probas escritas faranse preguntas teóricas pero tamén se proporán actividades que valoren o nivel competencial do alumnado. A proba escrita poderá supoñer un 70% da nota da avaliación.

A realización de exercicios prácticos e traballos (individuais, colectivos, exposicións...) terán como finalidade o desenvolvemento das competencias básicas, a asimilación dos coñecementos teóricos e fomentar a curiosidade sobre múltiples aspectos dos temas tratados.

En cada trimestre encomendaráselle ós alumnos/as a realización de traballos individuais ou cooperativos sobre algún aspecto dos temas tratados,  serán de entrega obrigatoria e poderán supoñer un 10% da nota final da avaliación.

Igualmente a atención e participación nas clases, máis o traballo realizado na aula (exercicios, libreta, participación, respeto ós compañeiros…)  poderá contribuir cun 10% á nota media da avaliación. Tamén o alumnado poderá facer en cada trimestre polo menos un traballo, sobre un tema que determinará o profesor, que poderá acadar un 10% da nota.

En cada avaliación, sempre que sexa posible, faranse como mínimo dúas probas escritas e para aprobar a materia é necesario acadar unha nota media de cinco puntos.

Si un alumno ou alumna se descubrise copiando nunha proba escrita ou si un traballo se considerase copiado ou falseado, a calificación sería 0. Este feito será comunicado ó titor/a e a seus pais ou titores legais.

A non asistencia ós exames terá que ser xustificado, só se repetirán probas ou exames cando o alumnado aporte un xustificante médico ou teñan unha xustificación clara.

Os criterios de cualificación quedan establecidos da seguinte maneira:

- Probas escritas para determinar o grao de consolidación das competencias e contidos dos temas tratados. Estas probas corresponderanse con un 70%.

- Outros indicadores: Con un 10% valorarase o traballo que diariamente leva a cabo o alumno na clase, a atención prestada, a participación na clase, traer os materiais escolares e os respeto ós compañeiros tamén se valorará. Outro 10% correspóndese ca realización do traballo individual ou colectivo obrigatorio. E a estos poderase sumar un 10% ca realización do traballo proposto polo profesor.

A nota final de xuño calcularase facendo a media das tres avaliacións e considerarase aprobada cando a cualificación sexa igual ou superior a 5 puntos.

         Sempre se terá en conta a suxeción ás pautas básicas que rexen a expresión escrita, especialmente a precisión léxica, a corrección da sintaxe, a claridade na expresión e a coherencia na exposición das ideas.

As cualificacións de cada avaliación serán consignadas na acta e boletín correspondentes, de conformidade co establecido na normativa vixente.

Será preciso acadar un mínimo de 5 puntos para superar cada avaliación. A nota da avaliación ordinaria será o resultado da media aritmética das tres avaliacións anteriores. Considerarase aprobada a materia cando se obteña unha puntuación media igual ou superior a 5 puntos.

O alumnado que nunha avaliación obteña unha cualificación inferior a 5 puntos poderá realizar a correspondente proba de recuperación, que terá lugar con carácter xeral no primeiros quince días lectivos do trimestre seguinte, aínda que a docente poderá fixar datas alternativas si o considerase pertinente.

A proba de recuperación quedará superada cando a cualificación sexa igual ou superior a 5 puntos. Será a última nota a que se teña en conta para a elaboración da cualificación media en xuño.

Será preciso acadar un mínimo de 5 puntos para superar cada avaliación. A nota da avaliación ordinaria será o resultado da media aritmética das tres avaliacións anteriores. Considerarase aprobada a materia cando se obteña unha puntuación media igual ou superior a 5 puntos.

De non chegar ó mínimo, o alumnado terá a posibilidade de realizar unha proba de recuperación final no prazos e condicións que fixe a docente. Esta proba escrita será cualificada de 0 a 10 puntos, basearase nos mínimos  esixibles e considerarase aprobada a materia cando se obteña unha puntuación igual ou superior a 5 puntos.

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Para atender ó alumnado ca materia de 1º ESO pendente fíxose un Plan de recuperación de pendentes no que se establece o currículo a desenvolver para a recuperación da mesma, especificando os criterios de avaliación.

As estratexias metodolóxicas consisten na realización de actividades de reforzo  que serán controladas pola profesora da materia en 2º da ESO ó que se dirixirá o alumno/a para preguntar as  dúbidas que lle poideran xurdir. Púxose a disposición do alumnado un Diario de aprendizaxe, indicando as tarefas a realizar ca súa temporalización.

Na aula virtual está a lista de actividades que deberá entregar cada trimestre e as datas de entrega máis as dos exames. Esto foi comunicado ás familias por escrito e a través do Abalar.

Recolleranse as actividades propostas e unha proba escrita cada trimestre, para calcular a nota seguirase o seguinte procedemento:

•        As actividades serán valoradas pola profesora puntuando a súa entrega e corrección ata un 20%.

•        Nos meses de novembro, xaneiro e abril realizaremos unha proba sobre os temas de cada avaliación da materia pendente. A nota acadada neste exame corresponderase co 80% da nota.

Para aprobar a materia o resultado da media das notas trimestrales deberá ser igual ou superior a 5.

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Tras a realización da proba inicial ou sempre que se considere necesario ó longo do curso si se observasen poblemas competenciais no alumnado, de asimilación de contidos ou de aplicación destos contidos na práctica, tratarase de buscar alternativas que garantan a consecución do grado mínimo de competencias clave.

         Dependendo do grao de dificultade observada no alumnado requerirase a valoración da problemática por parte do Departamento de Orientación tentando acadar conxuntamente unha solución que permita superar os problemas plantexados.

As vixentes disposicións e normas indican que se debe dar un tratamento específico ó alumnado, que polas súas circunstancias o precisen, facendo uso dos protocolos sobre atención á diversidade elaborados pola Consellería de Educación e recomendados para a súa atención.

En cumprimento do artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado, o equipo docente coordinado polo profesorado titor elaborará un plan específico personalizado que ten como finalidade adaptar as condicións curriculares ás necesidades da alumna ou do alumno, para tratar de superar as dificultades detectadas.

 

O plan específico personalizado incluírá, cando menos:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

f) De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.

g) Acreditación da información á familia.

 

 

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
1 Educación cívico-social
2 Educación ambiental
3 Educación para a igualdade
4 Emprendemento
5 Comprensión lectora, oral e escrita
6 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible
7 Educación para a paz
8 Educación para o consumidor

Os contidos transversais traballan actitudes directamente relacionadas cos contidos conceptuais e procedimentais, teranse especialmente en conta os seguintes:

-          Principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social: facendo especial inciso na igualdade entre homes e mulleres, na prevención da violencia de xénero ou contra persoas con discapacidade.

-          Prevención da violencia, en calquera das súas formas.

-          Educación para a paz

-          Comprensión lectora, oral e escrita.

-          Educación cívico-social

-          Educación ambiental

Fundamental tamén nesta materia é o respeto á multiculturalidade, establecendo lazos de unión entre as diferentes culturas e sociedades do mundo actual, valorando positivamente o papel dos organismos que traballan pola defensa dos dereitos humanos e a paz. Incidindo especialmente no traballo solidario, a cooperación e colaboración cos demais.

Estos contidos traballaranse en función dos temas tratados en cada unidade. Incidirase na comprensión lectora e a expresión oral e escrita, que nesta materia é fundamental.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visitas a exposicións e museos complementaria
Asistencia a charlas complementaria
Excursións de interese didáctico complementaria
Roteiros didácticos complementaria
Proxección de cine complementaria
Asistencia a representacóns teatrais complementaria

As actividades complementarias teñen como finalidade completar o proceso de ensino-aprendizaxe mediante actividades no propio centro ou saídas didácticas desenvoltas polo Departamento de Xeografía e Historia para acadar un aproveitamento didáctico diferente ó realizado nas aulas. Podería plantexarse como unha aplicación práctica do visto na aula.

A proposta para este curso é unha visita a Santiago, difícil de desenvolver polos grupos tan numerosos que temos en todos os cursos deste nivel.

Si ó longo do curso se plantexase a posibilidade de facer unha actividade dentro do centro ou visitar algunha exposición que poidese ampliar a formación do alumnado tamén se terá en conta.

 

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Metodoloxía empregada Planifica leccións, ensina e avalía
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Demostra coñecemento da materia
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Avalía e xulga enfunción dos criterios da programación
Medidas de atención á diversidade Crea ambiente de aprendizaxe
Clima de traballo na aula Emprega variedade de recursos
Clima de traballo na aula Motiva ao alumnado
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos É ordenado nas explicacións
Outros Ofrece oportunidades de recuperación
Metodoloxía empregada Explica con claridade
Clima de traballo na aula Resolve dúbidas
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos É innovador/a
Metodoloxía empregada Aplica criterios de avaliación coñecidos e claros
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Revisa a realización das tarefas propostas
Clima de traballo na aula Valora o esforzo
Metodoloxía empregada Sabe dirixir as clases
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Cumpriu co horario de clase
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Valoración xeral da materia
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Os obxectivos didácticos están ben formulados
Clima de traballo na aula A selección e temporalización dos contidos e actividades foi axustada
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Os criterios de avaliación e cualificación foron claros
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os contidos e activiades relacionáronse cos intereses do alumnado
Medidas de atención á diversidade As actividades foron variadas e motivadoras
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos A temporalización foi adecuada
Metodoloxía empregada Realizouse a avaliación inicial
Metodoloxía empregada Empregáronse diferentes instrumentos de avaliación
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os criterios de cualificación foron axustados

O departamento de Xeografía e Historia realizará un seguemento do proceso de ensino-aprendizaxe e a Programación Dicáctica a través da realización de cuestionarios que se presentarán ó alumnado cando o profesorado o considere axeitado. 

En función da valoración dos resultados obtidos nestes instrumentos e os resultados académicos obtidos, proporánse medidas de flexibilización, revisión ou correción da programación e o proceso que poden afectar a:

- Materiais didácticos e concrecións metodolóxicas.

- Temporalización.

- Criterios de calificación e mínimos esixibles.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A avaliación desta programación supón o seguimento a través da aplicación Proens por períodos de avaliación por parte do profesorado que imparta a materia e por parte do Departamento.

Nas reunións de Departamento analarizarase o grao de cumprimento dos obxectivos programados e as dificultades atopadas, podéndose introducir as medidas correctoras que se consideren oportunas. Os problemas detectados sinalaranse na Memoria final para facer modificacións precisas na programación do vindeiro curso.

A programación avaliarase según os seguintes criterios:

-          Consecución de obxectivos.

-          Evolución do alumnado e resultados do proceso de ensino-aprendizaxe.

-          Asimilación de valores e actitudes.

-          Asimilación de competencias clave.

-          Adecuación do plantexado na programación: contidos, secuenciación, temporalización, metodoloxía.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver