Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


O IES do Milladoiro está no Concello de Ames, na periferia de Compostela. Este feito determina a natureza do centro, e o tipo de familias usuarias deste servizo educativo, que se sitúan a medio camiño entre o rural e o urbano, co aporte daquelas familias asentadas no concello procedentes doutros países. A maior parte do noso alumnado non precisa transporte para asistir ás aulas, xa que a inmensa maioría reside nas inmediacións do mesmo ou relativamente próximos.

Este curso incrementouse a matrícula e posiblemente sexa un proceso que continuará tendo en conta a dinámica demográfica do Concello de Ames. O número de alumnado sitúase en 561 matrículas para o ano académico 2024-2025. Ademáis, a súa mobilidade é importante e non son raras as incorporacións unha vez iniciadas as clases, sobre todo de alumnado procedente doutros países, do mesmo xeito que temos baixas porque marchan a outros lugares ó longo do curso. Este é un centro cun carácter singular por mor da elevada diversidade da procedencia do alumnado. Contabilizadas hai arredor de vinte nacionalidades distintas, o que o converten nun contexto singular e enriquecedor. Pola mesma razón, constitúe tamén un gran reto no plano da integración, da convivencia e da propia docencia.

No noso Departamento de Xeografía e Historia só dous membros contan con praza definitiva, e neste curso dous membros son provisionais.

O primeiro curso da ESO conta con 81 alumnos divididos en 4 grupos, iníciase coa introdución do alumnado nas metodoloxías da Xeografía e a Historia polo que son de gran apoio os medios tecnolóxicos.Analízanse o clima, o cambio climático e a biodiversidade desde unha perspectiva integradora e holística, ligando a súa visión académica co enfoque ecolóxico e ambiental que desembocou na persecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e ao desenvolvemento da conciencia ambiental. O período histórico analizado neste curso abarca desde a orixe do ser humano ao fin da Antigüidade Tardía. O estudo de tan amplo e complexo espazo de tempo supón un inmenso reto docente, non só pola cantidade de contidos e destrezas referidos senón tamén pola conexión dos temas abordados coa realidade actual do alumnado. Por tanto contidos, habilidades e actividades a desenvolver, deberemos conectalos, mediante as estratexias docentes de ensino, co presente do alumnado en especial no que concierne ao compromiso cívico, a igualdade e a perspectiva de xénero. Á vez, achegarémonos a defensa e a conservación do patrimonio histórico e cultural, tan rico nesta longa etapa tanto en España, como en Galicia en particular. Por iso será fundamental abordar os contidos relacionados coa arte e o Patrimonio con especial énfase.

 

A presente programación didáctica foi elaborada tendo en conta o seguinte marco lexislativo:

 

LEXISLACIÓN ESTATAL:

 

  • Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la Mejora de la Calidad Educativa

  • Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, que modifica la Ley Orgánica de 2/2006, de 3 de mayo, de Educación LOMLOE

  • Real Decreto 217/2022, do 29 de marzo, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Secundaria Obligatoria. LOMLOE.

LEXISLACIÓN AUTONÓMICA:

  • DECRETO 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.

  • DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • DECRETO 117/2023, do 27 de xullo, polo que se modifica o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

  • Calendario escolar 2024/2025. ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX2 Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común.
OBX3 Coñecer os principais desafíos aos cales se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas a que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX4 Identificar e analizar os elementos da paisaxe e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos, así como a súa evolución no tempo, interpretando as causas das transformacións e valorando o grao de equilibrio existente nos distintos ecosistemas, para promover a súa conservación, mellora e uso sustentable.
OBX5 Analizar de forma crítica formulacións históricas e xeográficas explicando a construción dos sistemas democráticos e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, así como asumindo os deberes e dereitos propios do noso marco de convivencia, para promover a participación cidadá e a cohesión social.
OBX6 Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural en que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e da inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.
OBX7 Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
OBX8 Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, o ciclo vital, as formas de vida e as relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución ao longo do tempo, analizándoas de forma crítica, para promover alternativas saudables, sustentables, enriquecedoras e respectuosas coa dignidade humana e o compromiso coa sociedade e coa contorna.
OBX9 Coñecer e valorar a importancia da seguridade integral cidadá na cultura de convivencia nacional e internacional, recoñecendo a contribución do Estado, das súas institucións e doutras entidades sociais á cidadanía global, á paz, á cooperación internacional e ao desenvolvemento sustentable, para promover a consecución dun mundo máis seguro, solidario, sustentable e xusto.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 O planeta Terra e a súa representación 5 10
2 Climas da Terra 10 10
3 Emerxencia climática 5 10
4 Os medios naturais 5 10
5 O impacto humano sobre o medio natural 10 8
6 As sociedades prehistóricas 10 9
7 A Antigüidade en Asia e África 10 7
8 A civilización Exipcia 10 8
9 A Hélade 10 9
10 Roma 10 8
11 Os pobos bárbaros 10 8
12 As expresións artísticas na Antigüidade 5 8

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Retos do mundo actual
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA1.1 - Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
CA1.2 - Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan a sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles.
CA1.3 - Incorporar e utilizar adecuadamente termos, conceptos e acontecementos relacionados coa xeografía, a historia e outras disciplinas das ciencias sociais, a través de intervencións orais, textos escritos e outros produtos, mostrando formulacións orixinais e propostas creativas.
CA1.4 - Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados.
CA1.5 - Identificar os principais problemas, retos e desafíos a que se enfrontou a humanidade ao longo da historia, os cambios producidos, as súas causas e consecuencias, así como os que, na actualidade, debemos formular e resolver arredor dos obxectivos de desenvolvemento sustentable.
CA1.6 - Representar adecuadamente información xeográfica a través de diversas formas de representación gráfica, cartográfica e visual.
CA1.7 - Interpretar a contorna desde unha perspectiva sistémica e integradora, a través do concepto de paisaxe, identificando os seus principais elementos e as interrelacións existentes.
CA1.8 - Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e do recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Contidos
C1.1 - Localización espacial: representación do espazo, orientación e escalas. Utilización de recursos dixitais e interpretación e elaboración de mapas, esquemas, imaxes e representacións gráficas. Tecnoloxías da información xeográfica (TIX).
C1.2 - Emerxencia climática: elementos e factores que condicionan o clima e o impacto das actividades humanas. Métodos de recollida de datos meteorolóxicos e interpretación de gráficos. Riscos e catástrofes climáticas no presente, no pasado e no futuro. Vulnerabilidade, prevención e resiliencia da poboación ante as catástrofes naturais e os efectos do cambio climático.
C1.3 - Biodiversidade. Dinámicas e ameazas dos ecosistemas planetarios. Formas e procesos de modificación da superficie terrestre. A influencia humana na alteración dos ecosistemas no pasado e na actualidade. Conservación e mellora da contorna local e global. Riqueza e valor patrimonial de España e Galicia.
C1.4 - Tecnoloxías da información. Manexo e utilización de dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais. Procura, tratamento da información e elaboración de coñecemento. Uso seguro das redes de comunicación. Lectura crítica de información.
C1.5 - Sociedade do coñecemento. Introdución aos obxectivos e estratexias das ciencias sociais e ao uso dos seus procedementos, termos e conceptos. Uso de plataformas dixitais.
C1.6 - Obxectivos de desenvolvemento sustentable. A visión dos dilemas do mundo actual, punto de partida para o pensamento crítico e o desenvolvemento de xuízos propios.
Bloque B2. Sociedades e territorios
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA2.1 - Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
CA2.2 - Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Prehistoria e da Idade Antiga, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
CA2.3 - Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
CA2.4 - Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos da época antiga, valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
CA2.5 - Representar adecuadamente información histórica a través de diversas formas de representación gráfica, cartográfica e visual.
CA2.6 - Identificar, interpretar e analizar os mecanismos que regularon a convivencia e a vida en común ao longo da historia, desde a orixe da sociedade ás distintas civilizacións que se foron sucedendo, sinalando os principais modelos de organización social, política, económica e relixiosa que se foron xestando.
CA2.7 - Situar o nacemento e desenvolvemento de distintas civilizacións e situalas no espazo e no tempo, integrando os elementos históricos, culturais, institucionais e relixiosos que as conformaron, explicando a realidade multicultural xerada ao longo do tempo e identificando as súas achegas máis relevantes á cultura universal.
CA2.8 - Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia antiga, coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal.
Contidos
C2.1 - Métodos básicos de investigación para a construción do coñecemento da xeografía e da historia. Metodoloxías do pensamento xeográfico e do pensamento histórico.
C2.2 - As fontes históricas e arqueolóxicas como base para a construción do coñecemento histórico. Obxectos e artefactos como fonte para a historia e o legado material. O significado dos arquivos, bibliotecas e museos e do legado histórico e cultural como patrimonio colectivo.
C2.3 - Análise interdisciplinar da orixe do ser humano e do nacemento da sociedade. Grandes migracións humanas e o nacemento das primeiras culturas.
C2.4 - Condicionantes xeográficos e interpretacións históricas do xurdimento das civilizacións. As grandes rutas comerciais e as estratexias polo control dos recursos: talasocracias e imperios, conquista e colonización.
C2.5 - Violencia e conflitos armados. O crecemento dos exércitos e a evolución do armamento desde os hoplitas. Os civís durante as guerras.
C2.6 - Complexidade social e nacemento da autoridade. Desigualdade social e disputa polo poder na Prehistoria e na Antigüidade. O caso galego desde a sociedade castrexa ao reino suevo.
C2.7 - As persoas invisibilizadas da historia: mulleres, escravos e estranxeiros. Marxinación, segregación, control e submisión na historia da humanidade. Personaxes femininas na historia. A resistencia á opresión.
C2.8 - A organización política do ser humano e as formulacións estatais no mundo antigo: democracias, repúblicas, imperios e reinos. Evolución da teoría do poder.
C2.9 - As raíces clásicas da cultura occidental. A construción das identidades culturais, da idea de Europa, e do eurocentrismo, a través do pensamento e da arte. A influencia das civilizacións xudía e islámica na cultura europea.
C2.10 - O papel da relixión na organización social, a lexitimización do poder e a formación de identidades: politeísmo, monoteísmo e o xurdimento das grandes relixións.
C2.11 - A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita pola supervivencia e o status social na Prehistoria e na Antigüidade.
C2.12 - Interpretación do territorio e da paisaxe. A cidade e o mundo rural ao longo da historia: polis, urbes, cidades, vilas e aldeas. A pegada humana e a protección do patrimonio ambiental, histórico, artístico e cultural.
C2.13 - España e Galicia no tempo e a súa conexión cos grandes procesos da historia da humanidade. O legado histórico e o acervo cultural na formación das identidades colectivas.
C2.14 - Significado e función das expresións artísticas e culturais nas distintas civilizacións. Diversidade e riqueza cultural. Respecto e conservación do patrimonio material e inmaterial.
Bloque B3. Compromiso cívico e global
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA3.1 - Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan a sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles
CA3.2 - Elaborar xuízos argumentados, respectando as opinións dos demais e enriquecendo o acervo común no contexto do mundo actual, dos seus retos e conflitos, e desde unha perspectiva sistémica e global, a través da elaboración de xuízos propios, críticos e argumentados, e o respecto ás opinións dos demais.
CA3.3 - Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana a través de propostas e iniciativas que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade e da repartición xusta e solidaria dos recursos.
CA3.4 - Mostrar actitudes pacíficas e respectuosas e asumir as normas como marco necesario para a convivencia, demostrando capacidade crítica e identificando e respondendo de maneira asertiva ante as situacións de inxustiza e desigualdade.
CA3.5 - Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
CA3.6 - Argumentar e intervir sobre a igualdade real de homes e mulleres actuando en contra de calquera actitude e comportamento discriminatorio por razón de xénero.
CA3.7 - Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o gozo recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos.
CA3.8 - Relacionar os cambios nos estilos de vida tradicional e contrastalos cos que son saudables e sustentables na contorna, a través de comportamentos respectuosos coa propia saúde, coa dos demais e cos outros seres vivos, tomando conciencia da importancia de promover o propio desenvolvemento persoal.
Contidos
C3.1 - Alteridade: respecto e aceptación «do outro». Comportamentos non discriminatorios e contrarios a calquera actitude diferenciadora e segregadora.
C3.2 - Igualdade de xénero. Manifestacións e condutas non sexistas.
C3.3 - Conservación e defensa do patrimonio histórico, artístico e cultural.
C3.4 - Conciencia ambiental. Respecto, protección e coidado dos seres vivos e do planeta.
C3.5 - Seguridade viaria e mobilidade segura, saudable e sustentable. O espazo público.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 O planeta Terra e a súa representación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Incorporar e utilizar adecuadamente termos, conceptos e acontecementos relacionados coa xeografía, a historia e outras disciplinas das ciencias sociais, a través de intervencións orais, textos escritos e outros produtos, mostrando formulacións orixinais e propostas creativas.
Proba escrita
É quen de empregar terminoloxía xeográfica na interpretación de fontos cartográficas 70
CA1.6 Representar adecuadamente información xeográfica a través de diversas formas de representación gráfica, cartográfica e visual.
Táboa de indicadores
Sabe elaborar planos e mapas simples. 10
CA1.7 Interpretar a contorna desde unha perspectiva sistémica e integradora, a través do concepto de paisaxe, identificando os seus principais elementos e as interrelacións existentes.
Táboa de indicadores
Sabe situar nun mapa as coordenadas xeográficas 10
CA2.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Táboa de indicadores
É capaz de expor a información básica contida nun mapa 5
CA3.3 Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana a través de propostas e iniciativas que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade e da repartición xusta e solidaria dos recursos.
Táboa de indicadores
Coñece varias accións de defensa da contorna 5

2 Climas da Terra
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Incorporar e utilizar adecuadamente termos, conceptos e acontecementos relacionados coa xeografía, a historia e outras disciplinas das ciencias sociais, a través de intervencións orais, textos escritos e outros produtos, mostrando formulacións orixinais e propostas creativas.
Proba escrita
Coñece os principais climas da Terra 70
CA1.7 Interpretar a contorna desde unha perspectiva sistémica e integradora, a través do concepto de paisaxe, identificando os seus principais elementos e as interrelacións existentes.
Táboa de indicadores
Ubica xeográficamente os principais climas da Terra 10
CA2.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Táboa de indicadores
Sabe elaborar un climograma 10
CA3.3 Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana a través de propostas e iniciativas que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade e da repartición xusta e solidaria dos recursos.
Táboa de indicadores
Coñece dúas accións de defensa da contorna 10

3 Emerxencia climática
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan a sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles.
Proba escrita
Entende algún dos riscos do cambio climático 20
CA1.4 Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados.
Táboa de indicadores
Elabora documentos sobre os efectos do cambio climático a partir de fontes 5
CA1.5 Identificar os principais problemas, retos e desafíos a que se enfrontou a humanidade ao longo da historia, os cambios producidos, as súas causas e consecuencias, así como os que, na actualidade, debemos formular e resolver arredor dos obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Táboa de indicadores
Propón medidas para paliar a emerxencia climática 5
CA1.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e do recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Proba escrita
Coñece algunha das medidas implementadas polo Estado para paliar a emerxencia climática 20
CA2.3 Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
Táboa de indicadores
Coñece o concepto de cambio climático 5
CA3.1 Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan a sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles
Proba escrita
Coñece varios efectos actuais da emerxencia climática 30
CA3.2 Elaborar xuízos argumentados, respectando as opinións dos demais e enriquecendo o acervo común no contexto do mundo actual, dos seus retos e conflitos, e desde unha perspectiva sistémica e global, a través da elaboración de xuízos propios, críticos e argumentados, e o respecto ás opinións dos demais.
Táboa de indicadores
Participa de forma activa e argumentada en debates orais cos seus compañeiros 5
CA3.3 Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana a través de propostas e iniciativas que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade e da repartición xusta e solidaria dos recursos.
Táboa de indicadores
Propón medidas de alcance persoal para paliar a emerxencia climática 5
CA3.8 Relacionar os cambios nos estilos de vida tradicional e contrastalos cos que son saudables e sustentables na contorna, a través de comportamentos respectuosos coa propia saúde, coa dos demais e cos outros seres vivos, tomando conciencia da importancia de promover o propio desenvolvemento persoal.
Táboa de indicadores
Participa na elaboración de un traballo con fontes de historia oral 5

4 Os medios naturais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Incorporar e utilizar adecuadamente termos, conceptos e acontecementos relacionados coa xeografía, a historia e outras disciplinas das ciencias sociais, a través de intervencións orais, textos escritos e outros produtos, mostrando formulacións orixinais e propostas creativas.
Táboa de indicadores
Emprega terminoloxía xeográfica na descripción dos medios naturais 20
CA1.7 Interpretar a contorna desde unha perspectiva sistémica e integradora, a través do concepto de paisaxe, identificando os seus principais elementos e as interrelacións existentes.
Proba escrita
Identifica os principais elementos dos distintos medios naturais 70
CA2.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Táboa de indicadores
É capaz de elaborar un esquema relacionando climas e zonas bioclimáticas 10

5 O impacto humano sobre o medio natural
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Identificar, valorar e mostrar interese polos principais problemas que afectan a sociedade, adoptando unha posición crítica e proactiva cara a eles.
Proba escrita
Identifica varios efectos do impacto da actividade humana sobre a súa contorna 40
CA1.5 Identificar os principais problemas, retos e desafíos a que se enfrontou a humanidade ao longo da historia, os cambios producidos, as súas causas e consecuencias, así como os que, na actualidade, debemos formular e resolver arredor dos obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Táboa de indicadores
Propón medidas concretas para paliar os efectos do impacto humano sobre o medio natural 10
CA1.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e do recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Proba escrita
Coñece varias medidas implementadas polo Estado 30
CA3.2 Elaborar xuízos argumentados, respectando as opinións dos demais e enriquecendo o acervo común no contexto do mundo actual, dos seus retos e conflitos, e desde unha perspectiva sistémica e global, a través da elaboración de xuízos propios, críticos e argumentados, e o respecto ás opinións dos demais.
Táboa de indicadores
Participa de xeito activo e crítico en debates orais cos seus compañeiros 5
CA3.3 Argumentar a necesidade de accións de defensa, protección, conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana a través de propostas e iniciativas que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade e da repartición xusta e solidaria dos recursos.
Táboa de indicadores
Propón medidas concretas de alcance personal 5
CA3.8 Relacionar os cambios nos estilos de vida tradicional e contrastalos cos que son saudables e sustentables na contorna, a través de comportamentos respectuosos coa propia saúde, coa dos demais e cos outros seres vivos, tomando conciencia da importancia de promover o propio desenvolvemento persoal.
Táboa de indicadores
Participa na elaboración de un traballo con emprego de fontes de historia oral 10

6 As sociedades prehistóricas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Proba escrita
É capaz de facer unha liña temporal simple 40
CA2.2 Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Prehistoria e da Idade Antiga, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
Táboa de indicadores
Distingue os principais ferramentas líticas da prehistoria 10
CA2.3 Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
Táboa de indicadores
A través do traballo sobre textos distingue como acientíficas as teorías creacionistas 10
CA2.5 Representar adecuadamente información histórica a través de diversas formas de representación gráfica, cartográfica e visual.
Táboa de indicadores
Elabora esquemas simples 10
CA2.6 Identificar, interpretar e analizar os mecanismos que regularon a convivencia e a vida en común ao longo da historia, desde a orixe da sociedade ás distintas civilizacións que se foron sucedendo, sinalando os principais modelos de organización social, política, económica e relixiosa que se foron xestando.
Proba escrita
Distingue as diferencias entre a Prehistoria e a Idade Antiga 30

7 A Antigüidade en Asia e África
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Táboa de indicadores
É capaz de facer unha liña temporal simple 20
CA2.7 Situar o nacemento e desenvolvemento de distintas civilizacións e situalas no espazo e no tempo, integrando os elementos históricos, culturais, institucionais e relixiosos que as conformaron, explicando a realidade multicultural xerada ao longo do tempo e identificando as súas achegas máis relevantes á cultura universal.
Proba escrita
Distingue os principais trazos das civilizacións 70
CA3.5 Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
Táboa de indicadores
Identifica os prexuízos eurocentristas 10

8 A civilización Exipcia
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Táboa de indicadores
Elabora unha liña temporal simple 10
CA2.5 Representar adecuadamente información histórica a través de diversas formas de representación gráfica, cartográfica e visual.
Táboa de indicadores
Elabora esquemas visuais sobre os contidos 10
CA2.6 Identificar, interpretar e analizar os mecanismos que regularon a convivencia e a vida en común ao longo da historia, desde a orixe da sociedade ás distintas civilizacións que se foron sucedendo, sinalando os principais modelos de organización social, política, económica e relixiosa que se foron xestando.
Proba escrita
Coñece as bases do sistema social 30
CA2.7 Situar o nacemento e desenvolvemento de distintas civilizacións e situalas no espazo e no tempo, integrando os elementos históricos, culturais, institucionais e relixiosos que as conformaron, explicando a realidade multicultural xerada ao longo do tempo e identificando as súas achegas máis relevantes á cultura universal.
Proba escrita
Desarrolla as características básicas da civilización exipcia 40
CA3.7 Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o gozo recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos.
Táboa de indicadores
Valora o legado material exipcio 10

9 A Hélade
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Táboa de indicadores
Elabora unha liña temporal simple 10
CA1.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e do recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Proba escrita
Entende a importancia de Grecia para o desarrollo da democracia como sistema político 30
CA2.2 Contrastar e argumentar sobre temas e acontecementos da Prehistoria e da Idade Antiga, localizando e analizando de forma crítica fontes primarias e secundarias como probas históricas.
Proba escrita
Responde preguntas simples sobre textos históricos 20
CA2.7 Situar o nacemento e desenvolvemento de distintas civilizacións e situalas no espazo e no tempo, integrando os elementos históricos, culturais, institucionais e relixiosos que as conformaron, explicando a realidade multicultural xerada ao longo do tempo e identificando as súas achegas máis relevantes á cultura universal.
Proba escrita
Describe as características básicas da Hélade 20
CA2.8 Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia antiga, coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal.
Táboa de indicadores
Identifica na cultura europea actual algún trazo da civilización grega 10
CA3.6 Argumentar e intervir sobre a igualdade real de homes e mulleres actuando en contra de calquera actitude e comportamento discriminatorio por razón de xénero.
Táboa de indicadores
interpreta de forma crítica o papel da muller na sociedade grega 10

10 Roma
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Táboa de indicadores
Elabora unha liña temporal 10
CA1.4 Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados.
Táboa de indicadores
Atopa na súa contorna pegadas da civilización romana 5
CA2.3 Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
Táboa de indicadores
Responde preguntas sobre textos históricos 5
CA2.4 Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos da época antiga, valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
Táboa de indicadores
Atopa na súa contorna pegadas da civilización romana 5
CA2.7 Situar o nacemento e desenvolvemento de distintas civilizacións e situalas no espazo e no tempo, integrando os elementos históricos, culturais, institucionais e relixiosos que as conformaron, explicando a realidade multicultural xerada ao longo do tempo e identificando as súas achegas máis relevantes á cultura universal.
Proba escrita
Describe e identifica as características básicas da civilización romana 50
CA2.8 Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia antiga, coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal.
Proba escrita
Entende a influencia de Roma na conformación da identidade europea 20
CA3.4 Mostrar actitudes pacíficas e respectuosas e asumir as normas como marco necesario para a convivencia, demostrando capacidade crítica e identificando e respondendo de maneira asertiva ante as situacións de inxustiza e desigualdade.
Táboa de indicadores
Coñece e interpreta críticamente a situación das mulleres e dos escravos en Roma 5

11 Os pobos bárbaros
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Táboa de indicadores
Elabora unha liña temporal 20
CA1.3 Incorporar e utilizar adecuadamente termos, conceptos e acontecementos relacionados coa xeografía, a historia e outras disciplinas das ciencias sociais, a través de intervencións orais, textos escritos e outros produtos, mostrando formulacións orixinais e propostas creativas.
Táboa de indicadores
Responde preguntas sobre fontes históricas directas 5
CA1.5 Identificar os principais problemas, retos e desafíos a que se enfrontou a humanidade ao longo da historia, os cambios producidos, as súas causas e consecuencias, así como os que, na actualidade, debemos formular e resolver arredor dos obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Proba escrita
Identifica as causas do desmoreamento do Imperio Romano 40
CA2.4 Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos da época antiga, valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.
Proba escrita
Identifica as pegadas do Reino Suevo 30
CA3.5 Valorar a diversidade social e cultural, argumentando e intervindo en favor da inclusión, así como rexeitando e actuando en contra de calquera actitude ou comportamento discriminatorio baseado en estereotipos.
Táboa de indicadores
Analiza criticamente o concepto de bárbaro 5

12 As expresións artísticas na Antigüidade
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de información relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
Proba escrita
É quen de identificar as características básicas de obras clave propostas 70
CA2.8 Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia antiga, coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal.
Táboa de indicadores
Analiza a relación entre arte e civilización 10
CA3.7 Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o gozo recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos.
Táboa de indicadores
Recoñece o valor patrimonial da arte conservada e a importancia da súa conservación 20

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


As liñas de actuación metodolóxica no proceso de ensino e aprendizaxe da materia de Xeografía e Historia que permitan o logro dos obxectivos e unha adecuada adquisición das competencias poden xirar sobre as seguintes propostas.

Trátase de que o alumnado adquira o coñecemento dos feitos e fenómenos xeográficos e históricos nun sentido amplo permitindo relacionalos entre si e detectar as repercusións que estes tiveron no seu momento e aínda teñen no presente.

A organización dos saberes de Xeografía e Historia, a súa programación e secuenciación poden abordarse desde unha perspectiva cronolóxica ou máis transversal, en función dos obxectivos didácticos e as situacións de aprendizaxe propostas, incidindo na contextualización histórica e xeográfica desde un enfoque multicausal e desde unha perspectiva de estudo comparado. Para iso, pódense priorizar contidos e ir ao esencial para poder traballalos dun xeito operativo, práctico e comprensible.

O papel estrutural dos procesos e contidos diversos, que incorpora campos temáticos, recursos e procedementos de diferentes áreas de coñecemento, confire a esta materia un papel central á hora de establecer estratexias interdisciplinares como o traballo por proxectos incluso ao longo dos catro cursos da etapa, isto permitirá que o alumnado perciba a aprendizaxe dende unha perspectiva conxunta, relacional e global evitando unha visión compartimentada das materias.

O interese aumentará ao ver a aplicación das aprendizaxes, polo tanto, é conveniente contextualizalas e conectalas cos problemas actuais e retos do presente, dende unha perspectiva interpretativa do tempo e comprensiva do espazo, xa que facilita dotar aos contidos de funcionalidade, interese e utilidade para o alumnado e permite crear escenarios diversos nos que desenvolver iniciativas e proxectos en situacións reais para ir propiciando que vaian participando e comprometéndose coa contorna e a comunidade.

O desenvolvemento das competencias son o eixe vertebrador da didáctica docente, por tal motivo, o enfoque metodolóxico das clases debe ser eminentemente práctico e activo poñendo ao alumnado no reto de resolver as tarefas que se lle propoñen seguindo a máxima de que se aprende facendo. Unha vantaxe da Xeografía e Historia é que o alumando adoita a ter coñecementos previos por experiencias vividas, polo que é preciso aproveitalas para favorecer que siga construíndo a súa aprendizaxe actuando o profesorado de guía e propiciador do progreso dos saberes.

Por suposto, é recomendable establecer unha diversificación dos itinerarios de aprendizaxes, así como a aplicación de criterios de flexibilidade que permitan poñer en acción propostas e iniciativas educativas que favorezan a inclusión. Isto favorecerá a motivación e a participación activa do alumnado e detectar os progresos individuais e grupais sen fixarse só nos resultados. En relación a isto, o profesorado poderá facer emprego de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado e que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos, o que vai permitir reforzar a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. Diversificar metodoloxías, ademais de romper coa rutina, vai axudar a que o docente teña maior perspectiva de coñecemento do alumnado nas diferentes facetas e detectar as dificultades de aprendizaxe que aparezan e, se fora o caso, poñer en práctica os mecanismos de reforzo axeitados (discriminando tarefas, regulando a esixencia, propoñendo alternativas...)

Tamén é conveniente o uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento.

Outro aspecto a ter en conta son as dinámicas de grupo xa que a aprendizaxe entre iguais é moi efectiva. Poden propoñerse tarefas a desenvolver de xeito individual, pequeno grupo ou gran grupo buscando o maior rendemento do alumnado e unha maior interactuación entre eles. Posteriormente, coa posta en común do traballado estableceríase un diálogo moi enriquecedor para a comprensión dos contidos.

O emprego de mecanismos como a formulación de interrogantes, tormenta de ideas, debates, recreación de feitos, asembleas.... facilitan o intercambio de información, o desenvolvemento crítico e a creación dun criterio persoal ou xuízo de valor que conduce á madurez e desenvolvemento dos estudantes.

Así pois, a innovación, o deseño, a actividade, a creatividade son características a contemplar nos métodos que se aplican na aula escapando das clases exclusivamente expositivas que non permiten coñecer as capacidades reais do alumnado, as habilidades, destrezas e intereses.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Libro de texto Editorial Obradoiro Santillana Xeografía e Historia 1ºESO
Apuntamentos e fichas do docente
Aula Virtual do Centro. O alumnado pode ver os contidos das avaliacións ,material utilizado na clase, lecturas e material audiovisual
Caderno ou cartafol de traballo do alumnado. Será revisado na clase.
Novelas históricas, novelas gráficas, comics. Lectura de artigos de prensa e libros
Prensa. Poderá ser utilizado calquer artigo de prensa que sirva para informar e aclaras ideas aos alumnos.
Cine ou documentais. Serán utilizados para asentar coñecementos sobre un tema. Logo do visionado o alumno elaborará unha ficha cos datos que lle requira o docente sobre a película ou documental.

Hoxe en día contamos cunha grande diversidade de recursos pedagóxicos para cada momento didáctico ou metodoloxía a empregar.

O libro de texto é un importante apoio para o profesorado e para o alumnado xa que aglutina todas as unidades que se van traballar ao longo do curso e tamén ofrece diversas e numerosas actividades a desenvolver. Non obstante, débese ter en conta que non debe determinar a función do docente nin a súa metodoloxía, polo que o profesorado, como profesional que é, determinará e xestionará o seu uso. Ademais do libro de texto empregarase material complementario, incluso elaborado polo docente, que se acomode ás oportunidades que se presenten na aula. 

O alumnado requerirá dun caderno de traballo onde plasmará as tarefas de xeito ordenado e boa presentación. Dito caderno ou cartafol será unha mostra máis do traballo do alumno e do seu progreso.

Logo están os recursos que se ofrecen a través da Aula Virtual que poden realizarse e entregarse a través da plataforma. Así mesmo a Aula Virtual permite ao docente deseñar diferentes tipos de tarefas avaliables, e comunicarse co alumnado.

As novelas históricas adoitan ser atractivas para recrear feitos históricos e poden lerse na súa totalidade ou algún capítulo destacable.

Pode dispoñerse de Xogos de mesa de feitos históricos para ser empregados nalgunha ocasión.

En definitiva, deben empregarse diferentes materiais didácticos coa finalidade de diversificar non só a metodoloxía didáctica senón tamén a aprendizaxe individual.

Hoxe en día o manexo das TIC son necesarias pois ofrecen moitas vantaxes pero o docente será selectivo no seu emprego e transmitirá ao alumnado a necesidade do uso responsable.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ao comezo de curso realizarase unha proba diagnóstica inicial co fin de detectar o nivel de competencia e a capacidade dos/das alumnos e alumnas. Así mesmo permitirá valorar as diferenzas académicas do alumnado para, en consecuencia, poder establecer as medidas oportunas para atender á diversidade que nos atopamos na aula.

Dita avaliación inicial consistirá en exercicios orais e escritos de diferente índole. Por unha banda, farase unha proba escrita (de preguntas, de completar textos, de relacionar, de ordenar, etc.) na que se avaliarán contidos histórico-xeográficos; pola outra banda, desenvolverase unha avaliación máis aberta e expositiva sobre diversos temas curriculares que permita coñecer as destrezas orais.

Así mesmo é preciso unha proba diagnóstica ao comezo de cada Unidade Didáctica coa finalidade de saber os coñecementos previos que ten o alumnado sobre o tema que se vai abordar para, a partir deles, seguir construíndo os seus saberes. Dita proba inicial realizarase axustándose a cada unidade, pero en liñas xerais consistirá na elaboración de cuestionarios, test, enunciados de verdadeiro falso, tormenta de ideas, entrevistas, asembleas, redaccións, visualización comentada de pequenos audiovisuais, pescudas....

Outra das vantaxes da avaliación inicial é a de ofrecer información sobre a predisposición do alumnado cara o tema que se vai a traballar, permitindo concretar os contidos que suscitan maior interese ou que se descoñecen totalmente. Ademais dá pé a definir a didáctica e a metodoloxía para abordar a unidade.

Outro aspecto importante destas probas diagnósticas é que permiten detectar as confusións e incorreccións que os estudantes teñen sobre os contidos a tratar e que van precisar aclaración e rectificación, sendo idóneo plantexarlles que sexan eles/elas mesmos/as os que, por medio de pescudas, cheguen ás conclusións exactas.

Por último, puntualizar que estas probas iniciais non teñen por que se valoradas numericamente xa que non entran no cómputo de cálculo da cualificación do alumnado.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 10.0 5.0 5.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 5.0 100.0
Proba escrita 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0 70.0
Táboa de indicadores 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0 30.0

Por unidades didácticas estableceuse o peso que se lle daba aos instrumentos de avaliación resultando que as probas escritas é do 70% e o das táboas de indicadores un 30%.

 

A probas escritas puntuaranse nunha escala de 1 a 10 e consistirán na contestación dunha serie de preguntas de diverso formato, por exemplo, poden ser de desenvolver, curtas; de relacionar conceptos; de identificar e comentar imaxes; de definir termos; etc. Sempre se especificará o valor de cada pregunta, entendendo que se está contestada correctamente levará a puntuación máxima pero, de non ser así, a puntuación diminuirá en consecuencia cuns criterios obxectivos que o docente debe ter previamente fixados. Finalmente a cualificación do exame será o resultado da suma total da puntuación acadada en cada cuestión.

 

A táboa de indicadores comprenderá todas as tarefas e aspectos procedimentais que se encomenden ao alumnado que poden ser traballos escritos; informes e redaccións; presentacións en ordenador; cadernos e cartafol; resumos; pósteres; exposicións orais, etc.

 

A nota da avaliación será o resultado de:

 

Nota avaliación= [ (Media Ex. x 70)+ (Media táboa indicadores T.I.x30)] / 100.

 

A avaliación estará aprobada cando a cualificación sexa 5 ou superior.

 

Consideracións:

 

En cada periodo de avaliación realizaranse unha ou dúas probas escritas sobre os contidos desenvolvidos durante ese periodo. Tamén se poderán efectuar probas específicas de xeografía descriptiva ou outros aspectos do currículo. As probas poderán ser escritas ou orais.

 

Os traballos individuais, se o docente os considerara, xirarán arredor dun tema amplo en relación a unha unidade didáctica, arredor dun aspecto concreto ou como pretexto para afondar e ampliar algún tema (os traballos escritos seguirán as pautas establecidas dentro do Tratamento integrado das linguas (EDLG páxina do centro). Existe tamén unha proposta de rúbrica da expresión escrita e outra da expresión oral: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/1233).

 

En calquera caso, o comportamento desleal na realización dun traballo ou dun exame (copiar, cambiar os folios do exame, recibir información por medios externos,...) será puntuado coa cualificación máis baixa.

 

Sempre se terá en conta a suxeción ás pautas básicas que rexen a expresión escrita, especialmente a precisión léxica, a corrección da sintaxe, a claridade na expresión e a coherencia na exposición das ideas. 

 

 

Para a cualificación final de curso farase a media aritmética das 3 avaliacións, considerándose aprobada a materia cando sexa igual ou superior a 5:

 

Nota final= [(Nota 1ª aval.) + (Nota 2ª aval.) + (Nota 3ª aval.)] /3.

 

Se o resultado final non chega a un 5 o/a alumno/a terá que presentarse a unha proba no mes de xuño dos contidos das tres avaliacións. Consistirá nunha proba escrita final no que se examinarán todos os criterios de avaliación de todas as unidades didácticas. Novamente, a cualificación deberá ser superior a 5 (nunha escala de 1-10) para ter a materia aprobada, en caso contrario quedaría pendente .

Farase unha proba escrita de recuperación por trimestre que se cualificará nunha escala de 1 a 10 (especificando en cada pregunta o seu valor). En relación á parte práctica este deberá ser entregado no prazo indicado (traballo de libros, fichas...)

Para calcular a nota da recuperación considerarase o 70% das probas escritas e o 30% dos traballos. A avaliación considerarase aprobada cando se obtén 5 ou máis.

 

Todo o traballo será guiado polo docente e este estará en disposición de realizar as aclaracións e correcións que sexan pertinentes para promover unha recuperación positiva.

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Os alumnos de 1º da ESO non teñen materia pendentes.

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As medidas de atención á diversidade danse en dous niveis:

 

Para o alumnado con dificultades de aprendizaxe levarase a cabo un traballo de reforzo e recuperación cunha proposta de material de traballo adaptado para facerlo máis comprensible. Deste xeito o alumnado con dificultades pode decatarse dos seus logros e automotivarse máis.

 

Ao alumnado de altas capacidades proporcionaránselle tarefas de ampliación e afondamento. Ditas actividades poden ir sendo cada vez máis complexas segundo as necesidades pero sempre terán un compoñente motivador para evitar que dito alumnado decaia no seu esforzo.

 

As medidas ordinarias de atención á diversidade responden ás instrucións da Orde do 8 de setembro de 2021 que regula a atención á diversidade do alumnado na que se indica que, en coordinación co profesorado titor e o departamento de Orientación, deseñarase unha avaliación inicial que facilite a detección das necesidades do alumnado. As medidas de atención á diversidade serán as seguintes:

 

1. Adaptación dos graos de consecución dos criterios de avaliación.

2. Gradación da dificultade das actividades de aprendizaxe.

3. Actividades diversas e variadas adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.

4. Materiais e recursos diversificados e inclusivos (DUA) que se adapten ás necesidades individualizadas do alumnado.

5. Actividades de reforzo e consolidación.

6. Aprendizaxe por Proxectos.

7. Traballo colaborativo.

8. Procedementos e Instrumentos de avaliación variados e individualizados.

9. Flexibilidade nos tempos de realización de tarefas e probas.

10. Retroalimentación ao alumnado sobre o seu proceso de aprendizaxe.

 

O profesorado, facendo uso da súa autonomía, adaptará as propostas dos protocolos sobre atención á diversidade elaborados pola Consellería de Educación á realidade e necesidade do alumnado e do centro.

O tipo de necesidades que, en xeral, presenta o noso alumnado e as pautas e protocolos xerais, legais e organizativos existentes para dar resposta educativa son:

 

Sobredotación intelectual

http://www.edu.xunta.es/portal/node/3700

 

Orientacións e respostas educativas: Alumnado con sobredotación intelectual

http://www.edu.xunta.es/portal/node/3630

http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/ 141/145/144

 

Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario:

http://www.edu.xunta.es/portal/node/13546

 

Alumnado de incorporación tardía (procedente do estranxeiro):

http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/ 141/145/146

 

Orientacións e respostas educativas: Alumnado con trastornos da aprendizaxe

http://www.edu.xunta.es/portal/node/3656 http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/

 

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo por condicións persoais ou de historia escolar

http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/ 141/145/410

 

Programas e plans:

http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/ 141/412

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3791

 

 

Contémplase tamén un Plan específico personalizado para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que permaneza un ano máis no mesmo curso.

 

En cumprimento do artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado, o equipo docente coordinado polo profesorado titor elaborará un plan específico personalizado que ten como finalidade adaptar as condicións curriculares ás necesidades da alumna ou do alumno, para tratar de superar as dificultades detectadas.

 

O plan específico personalizado incluírá, cando menos:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

f) De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.

g) Acreditación da información á familia.

 

 

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
1 Educación cívico-social
2 Educación ambiental
3 Educación para a igualdade
4 Emprendemento
5 Comprensión lectora, oral e escrita
6 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible
7 Educación para a paz
8 Educación para o consumidor

Serán traballados todos os elementos transversais, en especial a comprensión lectora e a expresión oral e escrita pois o alumnado vai ter que ler en diferentes formatos e redactar resumos, opinións, textos, comentarios xeográficos e históricos, etc.

Así mesmo, a comunicación audiovisual dun xeito responsable será aproveitada en todas as unidades pois servirán de apoio á práctica docente.

O resto dos elementos transversais tamén serán abordados en maior ou menor medida en case todas as unidades. No tocante á comunicación terá un maior peso nas unidades que promovan o debate.

O emprendemento tamén se considera importante por canto se pretende que o alumnado realice propostas e promova unha actitude proactiva e participativa.

Importante na materia de Xeografía e Historia é a Educación cívica e constitucional que tamén será un tema que pode retomarse en todas as unidades non só como tema a dar senón tamén como actitude do alumnado na aula de respecto, tolerancia nos traballos, debates, etc.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visitas a exposicións e museos. complementaria
Asistencia a charlas complementaria
Excursións de interese didáctico complementaria
Roteiros didácticos complementaria
Proxección de cine complementaria
Asistencia a representacións teatrais complementaria

Todas as actividades complementarias axudan a potenciar a motivación, a comprensión e a aprendizaxe do alumnado así como a saír da rutina.

Permiten afondar nos contidos do currículo e comprobar a súa aplicación real .

A nivel persoal, facilitan a socialización do alumnado, desenvolver a súa creatividade e descubrir as súas habilidades fóra do ámbito escolar.

Agora ben, é preciso que estas sexan escollidas adecuadamente, sexan motivadoras e se adapten ao nivel de comprensión do alumnado.

 

Establécense tres fases para a preparación e desenvolvemento destas actividades:

 

-Unha primeira fase previa que consiste na preparación do alumnado. Nela dáselle información do tema e propóñense tarefas para desenvolver durante a actividade.

-Unha segunda fase ou fase central consistente na actividade propiamente dita durante a cal o alumnado deberá coller datos e información.

-Xa na aula unha terceira fase de feed-back para comprobar o resultado da experiencia.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Demostra coñecemento da materia. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Metodoloxía empregada Planifica leccións, ensina e avalía. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Metodoloxía empregada Avalía e xulga enfunción dos criterios da programación. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Clima de traballo na aula Crea ambiente de aprendizaxe. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Metodoloxía empregada Emprega variedade de recursos. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Clima de traballo na aula Motiva ao alumnado. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Medidas de atención á diversidade Ofrece oportunidades de recuperación. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Metodoloxía empregada É ordenado nas explicacións. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Metodoloxía empregada Explica con claridade. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Medidas de atención á diversidade Resolve dúbidas. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Metodoloxía empregada É innovador/a. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Medidas de atención á diversidade Aplica criterios de avaliación coñecidos e claros. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Revisa a realización das tarefas propostas. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Medidas de atención á diversidade Valora o esforzo. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Metodoloxía empregada Sabe dirixir as clases. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Cumpriu co horario de clase. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Valoración xeral da materia. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os obxectivos didácticos están ben formulados. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A selección e temporalización dos contidos e actividades foi axustada. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os criterios de avaliación e cualificación foron claros. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Medidas de atención á diversidade Os contidos e actividades relacionáronse cos intereses do alumnado. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Metodoloxía empregada As actividades foron variadas e motivadoras. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A temporalización foi adecuada. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Medidas de atención á diversidade Realizouse a avaliación inicial. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Medidas de atención á diversidade Empregáronse diferentes instrumentos de avaliación. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os criterios de cualificación foron axustados. Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado que se recolle na descrición

O profesorado debe someterse á avaliación do seu proceso de ensino e práctica docente.

 

En canto á práctica docente, esta realizarase por medio de enquisas e rúbricas que conteñen unha escala de valoración e que xiran entorno a "sabe", "sabe ser", "sabe facer que" e "sabe como facer", é dicir, sobre coñecementos, motivación, metodoloxía, avaliación, puntualidade e xestión da aula.

Este cuestionario en será proporcionado ao alumnado ao final de cada avaliación ou ao remate do curso para ser respondido de forma anónima. O balance dos resultados vai permitir reconsiderar determinadas actuacións e reformular a programación e a metodoloxía.

 

Igual de importante é avaliar o proceso do ensino para o cal disponse dun cuestionario de autoavaliación cos indicadores de logro puntuables nunha escala de 1 a 10. O cuestionario versa sobre a programación (obxectivos, contidos e temporalización, criterios de avaliación e programación). Sobre o desenvolvemento da programación (contidos, actividades, distribución do tempo, recursos..) e sobre a avaliación (se houbo avaliación inicial, instrumentos axeitados, criterios de cualificación xustos...)

 

1)Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinanza por parte do alumnado

 

 

Esta enquisa é ANÓNIMA. Se non queres cubrila non o fagas. No caso de que respondas ás cuestións, o único que se pide é que o fagas co maior rigor posible. No caso de que as preguntas propostas sexan insuficientes para dar a túa opinión utiliza o apartado de Observacións.

 

1. Nunca; 2. Moi poucas veces; 3. Ás veces; 4. Frecuentemente; 5. Moi frecuentemente; 6. Sempre

 

Puntuación

1 2 3 4 5 6

Fomenta o interese do alumnado polo tema tratado.

Estimúlanos cando melloramos o noso rendimento.

Dá explicacións en clase fáciles de comprender.

Mostra dominio da materia que imparte.

Promove o pensamento crítico e reflexivo.

Mostra unha actitude aberta ao diálogo co alumnado.

Inicia e remata as súas clases puntualmente.

Axuda ao alumno na procura da autoaprendizaxe.

Atende consultas fóra do horario de clase.

Motiva a ter unha actitud activa cara á materia.

Aclara o que non se entende en clase.

Impulsa o traballo en equipo.

Suxire actividades interesantes.

Mantén a atención dos alumnos nas clases.

Estimula a participación en clase.

Dá instrucións claras cando asigna unha tarefa.

 

Nota global do 1 ao 10:

 

Avalía o interese dos documentais utilizados na clase:

 

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

 

Avalía o interese dos textos utilizados na clase:

 

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

 

Avalía o interese da saída realizada a :

 

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

 

Observacións:

 

 

 

2)Modelo de táboa de avaliación do proceso de ensinzanza-aprendizaxe por parte do profesorado.

 

1. Moi baixa 2. Baixa 3. Regular 4. Alta 5. Moi alta

 

- Consecución dos obxectivos propostos.

- Desenvolvemento de todos os contidos conceptuais.

- Traballo con todos os procedimentos propostos.

- Integración dos contidos actitudinais.

- Organización da aula.

- Realización de actividades heteroxéneas.

- Fomento do traballo en grupo.

- Fomento de tarefas de introdución á investigación xeográfica e

histórica.

- Uso de estratexias para manexar dificultades e conflitos.

- Utilización de recursos materiais.

- Uso e fomento das TIC.

- Comunicación co alumnado e as súas familias.

- Control nas actividades extraescolares.

- Traballo da Educación en valores.

- Atención á diversidade.

- Organización didáctica xeral.

 

3)Modelo de táboa de avaliación da programación didáctica

 

1. Inexistente; 2, Desenvolvemento deficiente; 3, Desenvolvemento aceptable; 4, Desenvolvemento esperado e desexado

 

1. Adecuación do deseño das unidades didácticas, a partir do currículo.

2. Adecuación da secuenciación e da temporalización das unidades didácticas.

3. O desenvolvemento da programación respondeu á secuenciación e a temporalización previstas.

5. Adecuación do grao mínimo de consecución fixado para cada estándar.

6. Fixación dunha estratexia metodolóxica común para todo o departamento.

7. Adecuación dos materiais didácticos utilizados.

8. Adecuación do libro de texto.

9. Adecuación da proba de avaliación inicial, incluídas as súas consecuencias.

10. Adecuación das pautas xerais establecidas para a avaliación continua.

11. Adecuación dos criterios establecidos para a recuperación dunha avaliación.

12. Adecuación dos criterios establecidos para o seguimento de materias pendentes.

13. Adecuación das medidas específicas de atención ao alumnado con NEAE

14. Grao de desenvolvemento das actividades complementarias e extraescolares previstas.

15. Adecuación dos mecanismos para informar ás familias sobre criterios de avaliación, estándares e

instrumentos.

16. Adecuación do seguimento e da revisión da programación ao longo do curso.

17. Contribución desde a materia ao plan de lectura do centro.

18. Grao de integración das TIC no desenvolvemento da materia.

 

 

Avalía o interese dos documentais utilizados na clase:

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

Avalía o interese dos textos utilizados na clase:

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

Avalía o interese da saída realizada a :

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

Observacións:

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O profesorado realizará de xeito contínuo o seguimento da programación atendendo á súa temporalización, criterios establecidos de avaliación, contidos a impartir, metodoloxía, etc....todo isto coa finalidade de ir axustando e incluso modificando aqueles aspectos didácticos que crea convenientes para que dita programación resulte máis real, aplicable e operativa.

Farase un seguimento da programación e da práctica docente a través da aplicación Proens por cada unidade didáctica, recolléndose datos sobre a temporalización, os axustes dos Criterios de Avaliación, os instrumentos de avaliación, a ponderación dos mesmos, etc.. Toda esta información xunto coa referida aos contidos, metodoloxía, avaliación, etc., será valorada polo docente e os/as membros do Departamento indicando, sobre todo, as posibles razóns das dificultades do desenvolvemento da programación (polo clima da aula, recursos, diversidade de alumnado, etc.). De todo isto se elaborará un informe detallado nas actas do departamento.

Para avaliar o proceso de ensino deben empregaranse os indicadores de logro establecidos na programación e comprobar o seu grao de cumprimento.

Finalmente, nas memorias de final de curso aparecerán recollidas as propostas de mellora que fosen necesarias poñer en práctica nos cursos sucesivos, procurando ir axustando a programación á temporalidade e á realidade.

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver