Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)

Esta materia impártese en todos os centros de Secundaria de Galicia, xa que forma parte da etapa obrigatoria, polo que ten unha gran importancia como substrato dunha curiosidade e interese futuros polas distintas manifestacións plásticas. Para moitos alumnos, 1º da ESO é a súa primeira experiencia con certas técnicas gráfico-plásticas, ferramentas e procedementos. Tamén cun profesor especialista da materia, polo que é necesario que lles sirvamos de acicate e os estimulemos para despertar a súa creatividade, sen prexuízos nen vergoña, ó mostrar o seu proceso creativo e o traballo plástico finalizado ao resto do alumnado e aos docentes.

A educación artística é unha actividade imprescindible no desenvolvemento das persoas. A experimentación coas artes plásticas, visuais e audiovisuais fomenta a exploración e coñecementos propios e promove a imaxinación así como a capacidade para crear respostas múltiples, en linguaxes propios, a diferentes necesidades. Así mesmo a actividade artística implica un grao alto de interacción co grupo onde o traballo propio e alleo, individual e en grupo, serven para fomentar o debate e aprender a aprender.

O estudo da imaxe nos diferentes medios (a súa historia, as tipoloxías, as técnicas de creación, etc.) convértese nun dos fíos principais da materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual. Foméntase a experimentación e a creación de imaxes bidimensionais e tridimensionais en diferentes medios de xeito que o alumnado tome contacto con técnicas e medios tradicionais así como cos medios tecnolóxicos e dixitais, explorando as cualidades expresivas da cada un deles.

Preténdese que, partindo dunha base común de conceptos, o alumnado traballe e experimente co emprego das diferentes linguaxes visuais e audiovisuais realizando as súas propias producións plásticas e audiovisuais.

É imprescindible que o alumnado adquira os coñecementos e as destrezas básicas para afrontar a análise crítica da imaxe visual e audiovisual como elemento de comunicación. Esta materia colabora amplamente no fomento do espírito crítico do alumnado ante as imaxes con diferentes funcións comunicativas e moi especialmente ante a imaxe publicitaria.

A materia impártese nos cursos de primeiro e terceiro da ESO e dá continuidade á educación artística recibida polo alumnado nas etapas anteriores, facilitándolle ao alumnado: seguir afondando no coñecemento, interpretación e valoración crítica das imaxes en todas as súas funcións; potenciar o coñecemento e o respecto polo patrimonio cultural e artístico e a súa posta en vañlor; poñer en práctica da expresividade propia mediante a realización de producións individuais e colectivas.

A materia está deseñada a partir de oito obxectivos que saen dos obxectivos xerais da etapa e das competencias que configuran o perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico, en especial dos descritores da competencia en conciencia e expresión culturais, aos que se engaden aspectos relacionados coa comunicación verbal, a dixitalización, a convivencia democrática, a interculturalidade ou a creatividade. A materia ten un enfoque eminentemente práctico o que leva a que o alumnado se inicie na produción artística sen necesidade de dominar as técnicas nin os recursos, e que vaia adquirindo estes coñecementos en función das necesidades derivadas da súa propia produción.

Os criterios de avaliación e os contidos da materia articúlanse en catro bloques. O primeiro leva por título «Patrimonio artístico e cultural» e inclúe contidos relativos aos xéneros artísticos e ás manifestacións culturais máis destacadas. O segundo, denominado «Elementos formais da imaxe e da linguaxe visual. A expresión gráfica», abrangue os elementos, principios e conceptos que se poñen en práctica nas distintas manifestacións artísticas e culturais como forma de expresión. O terceiro bloque, «Expresión gráfico-plástica e técnica: fundamentos e procedementos», comprende tanto os procedementos gráfico-plásticos como as distintas operacións técnicas ademais dos factores e as etapas do proceso creativo e unha introdución aos sistemas de representación máis importantes. Inclúese tamén unha introdución á xeometría plana e aos sistemas de representación. Por último, o bloque «Imaxe e comunicación visual e audiovisual» incorpora os contidos relacionados coas linguaxes, as finalidades, os contextos, as funcións e os formatos da comunicación visual e audiovisual.

2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)

Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender a importancia que tiveron no desenvolvemento do ser humano algúns exemplos seleccionados das distintas manifestacións culturais e artísticas, amosando interese polo patrimonio como parte da propia cultura, para entender como se converten no testemuño dos valores e das conviccións de cada persoa e da sociedade no seu conxunto, e para recoñecer a necesidade da súa protección e da súa conservación.
OBX2 Explicar as producións plásticas, visuais e audiovisuais propias, comparándoas coas dos seus iguais e con algunhas das que conforman o patrimonio cultural e artístico, xustificando as opinións e tendo en conta o progreso desde a intención ata a realización, para valorar o intercambio, as experiencias compartidas e o diálogo intercultural, así como para superar estereotipos.
OBX3 Analizar diferentes propostas plásticas, visuais e audiovisuais, amosando respecto e desenvolvendo a capacidade de observación e interiorización da experiencia e da satisfacción estética, para enriquecer a cultura artística individual e alimentar o imaxinario propio.
OBX4 Explorar as técnicas, as linguaxes e as intencións de diferentes producións culturais e artísticas, analizando, de forma aberta e respectuosa tanto o proceso como o produto final, a súa recepción e o seu contexto, para descubrir as posibilidades que ofrecen como fonte xeradora de ideas e respostas.
OBX5 Realizar producións artísticas individuais ou colectivas con creatividade e imaxinación, seleccionando e aplicando ferramentas, técnicas e soportes en función da intencionalidade, para expresar a visión do mundo, as emocións e os sentimentos propios, así como para mellorar a capacidade de comunicación e desenvolver a reflexión crítica e a autoconfianza.
OBX6 Apropiarse das referencias culturais e artísticas da contorna, identificando as súas singularidades, para enriquecer as creacións propias e desenvolver a identidade persoal, cultural e social.
OBX7 Aplicar as técnicas, os recursos e as convencións principais das linguaxes artísticas, incorporando de forma creativa as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías, para as integrar e enriquecer o deseño e a realización dun proxecto artístico.
OBX8 Compartir producións e manifestacións artísticas, adaptando o proxecto á intención e ás características do público destinatario, para valorar distintas oportunidades de desenvolvemento persoal.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)

Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia

*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Percepción visual - Percepción visual e observación - Linguaxe e comunicación visual - Efectos visuais - A colaxe 14 10
2 Expresión plástica - Punto, liña e plano. - Frottage e grattage 14 10
3 Debuxo das formas - A luz e as formas - Dirección e claroscuro -Debuxo das formas 14 10
4 A cor - Cores luz e cores pigmento - Calidade das cores 14 10
5 A xeometría das formas I - A xeometría - Trazados xeométricos básicos - A xeometría das formas 15 10
6 A xeometría das formas II - Triángulos e cuadriláteros - Polígonos regulares inscritos e dado o lado - Polígonos estrelados 15 10
7 A figura humana e o cómic - Análise da figura humana - O cómic 14 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)

Bloque B1. Patrimonio artístico e cultural
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA1.1 - Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero.
CA1.2 - Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte.
CA1.3 - Describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero.
CA1.4 - Entender a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.
CA1.5 - Analizar, de forma guiada, diversas producións artísticas, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha mirada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
Contidos
C1.1 - Os xéneros artísticos máis destacados.
C1.2 - Manifestacións culturais e artísticas máis importantes, incluídas as contemporáneas e as pertencentes ao patrimonio local: os seus aspectos formais e a súa relación co contexto histórico.
Bloque B2. Elementos formais da imaxe e da linguaxe visual. A expresión gráfica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA2.1 - Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas.
CA2.2 - Expresar ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes.
CA2.3 - Realizar diferentes tipos de producións artísticas individuais ou colectivas, integrando racionalidade, empatía e sensibilidade, e seleccionando as técnicas e os soportes adecuados ao propósito.
CA2.4 - Desenvolver producións e manifestacións artísticas cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
CA2.5 - Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
Contidos
C2.1 - A linguaxe visual como forma de comunicación.
C2.2 - Elementos básicos da linguaxe visual: o punto, a liña e o plano. Calidades expresivas e comunicativas.
C2.3 - Elementos de configuración visual: forma, cor e textura. Conceptos e posibilidades expresivas.
Bloque B3. Expresión gráfico-plástica e técnica: fundamentos e procedementos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA3.1 - Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
CA3.2 - Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
CA3.3 - Experimentar con distintas técnicas bidimensionais e tridimensionais na xeración de mensaxes propias, amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
CA3.4 - Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
CA3.5 - Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar.
Contidos
C3.1 - Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en dúas dimensións. Técnicas secas e húmidas. O seu uso na arte e as súas características expresivas.
C3.2 - Técnicas básicas de expresión gráfico-plástica en tres dimensións. O seu uso na arte e as súas características expresivas.
C3.3 - Introdución á xeometría plana. Trazados xeométricos básicos. Introdución aos sistemas de representación: vistas diédricas.
Bloque B4. Imaxe e comunicación visual e audiovisual
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA4.1 - Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade.
CA4.2 - Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus distintos procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos.
CA4.3 - Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións visuais e audiovisuais.
CA4.4 - Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
CA4.5 - Desenvolver producións e manifestacións visuais cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
CA4.6 - Recoñecer os usos e as funcións das producións e das manifestacións artísticas, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.
Contidos
C4.1 - A linguaxe e a comunicación visual. Finalidades: informativa, comunicativa, expresiva e estética. Contextos e funcións.
C4.2 - Imaxe fixa, secuencial e en movemento. Características, orixe e evolución. O cómic, a fotografía e os formatos dixitais.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)

1 Percepción visual
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero.
Táboa de indicadores
Entender, dun xeito básico, como o feito artístico ven condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. 10
CA1.2 Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte.
Táboa de indicadores
Entender minimamente a orixe, a repercusión e a importancia do noso propio patrimonio para poder entender o patrimonio cultural e artístico universal. 10
CA1.3 Describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero.
Táboa de indicadores
Interpretar o contexto sociopolítico e histórico baixo o que unha obra de arte está creada, para entender a perspectiva de xénero que condiciona a obras e artistas ao longo da historia da arte. 10
CA1.4 Entender a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.
Táboa de indicadores
Discriminar e entender minimamente os distintos contextos culturais e históricos e como estes inflúen nas obras de arte correspondentes, tendo en conta os factores sociais e formais que os condicionan. 10
CA1.5 Analizar, de forma guiada, diversas producións artísticas, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha mirada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
Táboa de indicadores
Valorar as distintas producións artísticas, tamén as creadas na aula, sendo minimamente críticos, curiosos e respectuosos coas múltiples solucións creativas dos distintos contextos culturais. 10
CA2.1 Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas.
Táboa de indicadores
Analizar as mínimas especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas. 10
CA2.2 Expresar ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes.
Táboa de indicadores
Expresar ideas en producións plásticas e visuais a través de diferentes ferramentas e técnicas. 10
CA2.3 Realizar diferentes tipos de producións artísticas individuais ou colectivas, integrando racionalidade, empatía e sensibilidade, e seleccionando as técnicas e os soportes adecuados ao propósito.
Táboa de indicadores
Realizar producións artísticas individuais seleccionando técnicas e soportes adecuados. 10
CA2.4 Desenvolver producións e manifestacións artísticas cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Desenvolver producións e manifestacións artísicas de forma individual e colectiva. 10
CA2.5 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
Táboa de indicadores
Utilizar referencias culturais e artísticas na elaboración de producións propias. 10

2 Expresión plástica

Valorar as principais linguaxes das producións creativas. 10
CA2.2 Expresar ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes.
Táboa de indicadores
Experimentar minimamente, para despois elixir os recursos técnicos máis axeitados, co gallo de achegarse aos fins expresivos buscados. 10
CA2.3 Realizar diferentes tipos de producións artísticas individuais ou colectivas, integrando racionalidade, empatía e sensibilidade, e seleccionando as técnicas e os soportes adecuados ao propósito.
Táboa de indicadores
Crear producións artísticas, dun xeito individual ou colectivo, coas técnicas máis idóneas para mostrar a integración de racionalidade, empatía e sensibilidade. 10
CA2.4 Desenvolver producións e manifestacións artísticas cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Acadar solucións creativas lóxicas a unha premisa, dun xeito individual ou colectivo. 10
CA2.5 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
Táboa de indicadores
Apoiarse, en maior ou menor medida, en referencias do propio patrimonio, como base para acadar novas solucións creativas axeitadas. 10

3 Debuxo das formas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero.
Táboa de indicadores
Entender, dun xeito básico, como o feito artístico ven condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. 10
CA1.2 Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte.
Táboa de indicadores
Entender minimamente a orixe, a repercusión e a importancia do noso propio patrimonio para poder entender o patrimonio cultural e artístico universal. 10
CA1.3 Describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero.
Táboa de indicadores
Interpretar o contexto sociopolítico e histórico baixo o que unha obra de arte está creada, para entender a perspectiva de xénero que condiciona a obras e artistas ao longo da historia da arte. 10
CA1.4 Entender a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.
Táboa de indicadores
Discriminar e entender minimamente os distintos contextos culturais e históricos e como estes inflúen nas obras de arte correspondentes, tendo en conta os factores sociais e formais que os condicionan. 10
CA1.5 Analizar, de forma guiada, diversas producións artísticas, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha mirada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
Táboa de indicadores
Valorar as distintas producións artísticas, tamén as creadas na aula, sendo minimamente críticos, curiosos e respectuosos coas múltiples solucións creativas dos distintos contextos culturais. 10
CA2.1 Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas.
Táboa de indicadores
Analizar as mínimas especificidades das linguaxes de diferentes producións culturais e artísticas. 10
CA2.2 Expresar ideas e sentimentos en diferentes producións plásticas e visuais a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes.
Táboa de indicadores
Expresar ideas en producións plásticas e visuais a través de diferentes ferramentas e técnicas. 10
CA2.3 Realizar diferentes tipos de producións artísticas individuais ou colectivas, integrando racionalidade, empatía e sensibilidade, e seleccionando as técnicas e os soportes adecuados ao propósito.
Táboa de indicadores
Realizar producións artísticas individuais seleccionando técnicas e soportes adecuados. 10
CA2.4 Desenvolver producións e manifestacións artísticas cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Desenvolver producións e manifestacións artísicas de forma individual e colectiva. 10
CA2.5 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
Táboa de indicadores
Utilizar referencias culturais e artísticas na elaboración de producións propias. 10

4 A cor
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións plásticas, visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade, con interese e respecto, desde unha perspectiva de xénero.
Táboa de indicadores
Entender, dun xeito básico, como o feito artístico ven condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. 10
CA1.2 Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte.
Táboa de indicadores
Entender minimamente a orixe, a repercusión e a importancia do noso propio patrimonio para poder entender o patrimonio cultural e artístico universal. 10
CA1.3 Describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero.
Táboa de indicadores
Interpretar o contexto sociopolítico e histórico baixo o que unha obra de arte está creada, para entender a perspectiva de xénero que condiciona a obras e artistas ao longo da historia da arte. 10
CA1.4 Entender a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.
Táboa de indicadores
Discriminar e entender minimamente os distintos contextos culturais e históricos e como estes inflúen nas obras de arte correspondentes, tendo en conta os factores sociais e formais que os condicionan. 10
CA1.5 Analizar, de forma guiada, diversas producións artísticas, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha mirada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
Táboa de indicadores
Valorar as distintas producións artísticas, tamén as creadas na aula, sendo minimamente críticos, curiosos e respectuosos coas múltiples solucións creativas dos distintos contextos culturais. 10
CA3.1 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes gráficas e visuais, así como os seus procesos e os resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos, procurando e analizando a información con interese e eficacia.
Táboa de indicadores
Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. 10
CA3.2 Expresar conceptos, ideas e sentimentos en diferentes producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, a través da experimentación con diversas ferramentas, técnicas e soportes, desenvolvendo a capacidade de comunicación e a reflexión crítica.
Táboa de indicadores
Saber elixir as técnicas necesarias, dun xeito básico, despois de experimentar con elas, para ser quen de comunicar os sentimentos e ideas requiridos, desenvolvendo certa reflexión crítica. 10
CA3.3 Experimentar con distintas técnicas bidimensionais e tridimensionais na xeración de mensaxes propias, amosando iniciativa no emprego de linguaxes, materiais, soportes e ferramentas.
Táboa de indicadores
Amosar un mínimo de iniciativa ao experimentar coas distintas técnicas e linguaxes expresivas para xerar mensaxes propias. 10
CA3.4 Desenvolver producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa, de xeito individual ou colectivo. 10
CA3.5 Expor os procesos de elaboración e o resultado final de producións gráfico-plásticas, tanto artísticas como técnicas, realizadas de forma individual ou colectiva, recoñecendo os erros, procurando as solucións e as estratexias máis adecuadas para as mellorar.
Táboa de indicadores
Explicar, dun xeito minimamente lóxico e organizado, os procesos e o resultado das producións gráfico-plásticas, reflexionando sobre os erros e procurando outras solucións máis axeitadas. 10

5 A xeometría das formas I

Saber utilizar mínimamente técnicas bidimensionais e tridimensionais na xeración de obras propias. 10

6 A xeometría das formas II

7 A figura humana e o cómic

Entender, dun xeito básico, como o feito artístico ven condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. 9
CA1.2 Valorar a importancia da conservación do patrimonio cultural e artístico universal e galego a través do coñecemento e a análise guiada de obras de arte.
Táboa de indicadores
Entender minimamente a orixe, a repercusión e a importancia do noso propio patrimonio para poder entender o patrimonio cultural e artístico universal. 9
CA1.3 Describir propostas plásticas, visuais e audiovisuais de diversos tipos e épocas, analizalas con curiosidade e respecto desde unha perspectiva de xénero.
Táboa de indicadores
Interpretar o contexto sociopolítico e histórico baixo o que unha obra de arte está creada, para entender a perspectiva de xénero que condiciona a obras e artistas ao longo da historia da arte. 9
CA1.4 Entender a súa pertenza a un contexto cultural concreto, a través da análise dos aspectos formais e dos factores sociais que determinan diversas producións culturais e artísticas actuais.
Táboa de indicadores
Discriminar e entender minimamente os distintos contextos culturais e históricos e como estes inflúen nas obras de arte correspondentes, tendo en conta os factores sociais e formais que os condicionan. 9
CA1.5 Analizar, de forma guiada, diversas producións artísticas, incluídas as propias e as dos seus iguais, desenvolvendo con interese unha mirada estética cara ao mundo e respectando a diversidade das expresións culturais.
Táboa de indicadores
Valorar as distintas producións artísticas, tamén as creadas na aula, sendo minimamente críticos, curiosos e respectuosos coas múltiples solucións creativas dos distintos contextos culturais. 9
CA4.1 Recoñecer os factores históricos e sociais que rodean as producións visuais e audiovisuais máis relevantes, así como a súa función e a súa finalidade.
Táboa de indicadores
Entender como o feito artístico ven condicionado por factores históricos e sociais e, do mesmo xeito, comprender tamén a perspectiva de xénero baixo o que está creado. 9
CA4.2 Recoñecer os trazos particulares de diversas técnicas e linguaxes visuais e audiovisuais, así como os seus distintos procesos e resultados en función dos contextos sociais, históricos, xeográficos e tecnolóxicos.
Táboa de indicadores
Saber recoñecer minimamente as particularidades das distintas técnicas e linguaxes artísticas, en función dos distintos contextos, buscando a información e analizándoa con eficacia. 9
CA4.3 Analizar de xeito guiado as especificidades das linguaxes de diferentes producións visuais e audiovisuais.
Táboa de indicadores
Valorar as principais linguaxes das producións creativas. 9
CA4.4 Utilizar con creatividade referencias culturais e artísticas da contorna na elaboración de producións propias.
Táboa de indicadores
Apoiarse, en maior ou menor medida, en referencias do propio patrimonio, como base para acadar novas solucións creativas axeitadas. 9
CA4.5 Desenvolver producións e manifestacións visuais cunha intención previa, de forma individual ou colectiva.
Táboa de indicadores
Ser quen de desenvolver producións gráfico-plásticas sinxelas, respondendo a unha premisa, de xeito individual ou colectivo. 9
CA4.6 Recoñecer os usos e as funcións das producións e das manifestacións artísticas, cunha actitude aberta e con interese por coñecer a súa importancia na sociedade.
Táboa de indicadores
Manter unha actitude minimamente aberta e mostrar interese recoñecendo as principais funcións das diferentes manifestacións artísticas e a súa importancia na sociedade. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)

a) Pártese do nivel de desenvolvemento do alumno, nos seus distintos aspectos, para

construír, a partir de aí, outras aprendizaxes que favorezan e melloren o devandito nivel de

desenvolvemento.

b) Sublíñase a necesidade de estimular o desenvolvemento de capacidades xerais e de

competencias básicas e específicas por medio do traballo das materias.

c) Dáse prioridade á comprensión dos contidos que se traballan fronte á súa

aprendizaxe mecánica.

e) Propícianse oportunidades para poñer en práctica os novos coñecementos, de

xeito que o alumno poida comprobar o interese e a utilidade do aprendido.

f) Foméntase a reflexión persoal sobre o realizado e a elaboración de conclusións

con respecto ao que se aprendeu, de modo que o alumno poida analizar o seu progreso

respecto dos seus coñecementos.

Todos estes principios teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces

de aprender de forma autónoma.

4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)

Denominación
O libro de texto: EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL 1ESO, de Senén Olano
Láminas en branco . Formato DIN A3 e A4. - Rotuladores de cores (12) - lápis de cores e ceras - Lapis brando (HB-2B)
Escuadro - Cartabón - Compás - Portaminas 0,5mm - Portagomas de precisión
Aula de plástica con mesas de debuxo e mesas de traballo. - Pila de auga con billa. - Ordenador con canón para as exposicións de SUMARTE AL ARTE. - Botes de cores (gouache). - T ó r c u l o d e e s t a m p a r . - V o l u m e s x e o m é t r i c o s

O primeiro é o libro de texto da materia, que os alumnos teñen de xeito gratuito na aula virtual da materia.

O segundo é o material de plástica e debuxo artístico

O terceiro é o material de debuxo técnico e trazados xeométricos.

O cuarto é a aula e os elementos de que dispón e que resultan indispensables para a

inpartición da materia.

Todo o material descrito está a disposición do alumno na aula de Plástica-Debuxo e o poderán

usar cando o necesiten, seguindo as normas axeitadas de uso e mantemento. Cando un

alumno estrague ou use de xeito anómalo o material da aula poderá ser privado de seu uso e

deberá traer o seu propio material.

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)

Nada máis iniciar o curso realizarase unha AVALIACIÓN INICIAL que terá dous obxectivos:

1.- Que o profesor vexa as destrezas e os coñecementos que o alumno ten.

2.- Descubrir as carencias de cada alumno.

En función do resultado da avaliación inicial e, despois da xuntanza da xunta de avaliación,

deseñarase a estratexia axeitada,e personalizada para cada alumno, para potenciar as

destrezas e paliar as carencias descubertas.

O profesor usará dous procedementos:

- Unha proba práctica para avaliar as destrezas, coñecementos e inquedanzas no alumno na

materia.

- A observación persoal do profesor.

5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)

Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 14.0 14.0 14.0 14.0 15.0 15.0 14.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.00000000000003

A materia de EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL é eminentemente práctica, polo tanto o corpo

fundamental dela basearase no traballo do alumno na práctica das técnicas para acadar o

axeitado dominio da materia. Ademais do traballo individual, os alumnos formarán ó principio

de curso grupos de traballo (sempre por afinidade persoal, salvo que o profesor decida en

función de circunstancias especiais reformar algún dos grupos) para preparar e expoñer os

temas referidos á parte da materia referida a ARTE.

Como norma xeral non haberá exames, ó unha pequena proba para saber os coñecementos teóricos básicos.

Os instrumentos nos que se baseará a avaliación de cada alumno serán os seguintes:

- TRABALLOS PRÁCTICOS desenvolvidos por cada alumno.

- TRABALLO DE GRUPO. Preparación dos temas de ARTE en cada lección.

- TRABALLO NA CLASE: Traer o material axeitado, traballar de forma precisa,

comportamento e atención, trato cos compañeiros e participación .

- PREGUNTAS TEÓRICAS do libro en cada unha das leccións

1.- Haberá tres avaliacións, coincidindo coas do curso xeral. A avaliación do alumno será unha

nota segundo os criterios xerais marcados en cada caso pola Consellería de Educación; dita

nota será a refundición de outras catro:

a . Unha nota correspondente á valoración dos traballos que o alumno faga para o

desenrolo de cada tema. Esta nota será o 40% da nota da avaliación.

b . Unha nota correspondente á valoración do traballo do alumno no equipo ó que

pertenza. A nota de cada alumno será individual e recollerá tanto o traballo do alumno no

equipo como a asimilación persoal dos contidos e conceptos traballados. A nota persoal de

cada alumno será a media aritmética entre a nota do grupo e a nota individual, sempre que

esta non sexa inferior a 3. Esta nota será o 20% da nota da avaliación.

c . Unha nota correspondente á valoración do traballo do alumno na clase (traer o

material, traballar axeitadamente, interese, atención ás explicacións, etc.). Esta nota será o

20% da nota da avaliación.

d . Unha nota correspondente ás preguntas que sobre cada unha das leccións lle faga o

profesor a cada alumno (cando se vexa un novo tema o profesor avisará ós alumnos

previamente para que lean a lección correspondente na casa; na clase, unha vez clarexadas

as dúbidas que puidese haber, o profesor preguntará ós alumnos con cadanseu libro aberto).

Esta nota será o 20% da nota da avaliación.

e . Cando un alumno, polas razóns que sexan, non teña nota nalgún dos apartados b, c ou

d, a porcentaxe da nota do apartado a será do 60%.

2 . Será obrigatorio entregar tódolos traballos prácticos na data que, en cada caso, sinale

o profesor de común acordo cos alumnos (de xeito excepcional, un traballo poderá ser

entregado ó longo do día da data marcada, sempre que o profesor estime xustificada a non

entrega do traballo na clase). Non entregar un traballo na data marcada implicará o suspenso

na avaliación correspondente. No momento da entrega do traballo o profesor dirá ó alumno se

o traballo está aprobado ou non para que, no seu caso, o alumno poida corrixilo con tempo

antes da data de entrega ó final da avaliación.

3 . Despois de cada avaliación (independentemente de que estea aprobada ou non) o

profesor indicará a cada alumno os traballos que debe volver facer para recuperar os traballos

suspensos. A data de entrega destes traballos corrixidos será a data final de entrega da

avaliación seguinte.

4 . No caso de que un alumno iniciara o curso despois da data oficial, o alumno realizaría

os traballos necesarios (coa axuda e supervisión do profesor) para acadar o nivel axeitado ou

ben faría un exame correspondente ás partes da materia non vistas.

5 . A nota final será a media (valorando, no seu caso, a evolución do alumno) das notas

das tres avaliacións do curso.

6 . Avaliación Ordinaria.- Alumnos aprobados na media das tres avaliacións: Practicarán o

debuxo a man alzada (encaixe, sombreado, debuxo a tinta e lapis) con modelos individuais ou

de grupo. A valoración de estes traballos poderá mellorar a media do curso. Alumnos

suspensos na media das tres avaliacións: O profesor dirá a cada alumno os traballos que debe

volver a realizar (os que teña suspensos ou non entregados) en clase ou as leccións do libro

que deberá ler ou os traballos de arte que deberá realizar. Todos estes traballos serán

individuais e realizaranse na clase. Os criterios de cualificación serán os mesmos que se usaron durante o resto das avaliacións.

Os alumnos que non acaden o aprobado, a pesar da

recuperación de traballos, poderán facer un exame práctico extraordinario de unha clase de

duración, no que entrarán todas as prácticas do curso. A nota do alumno será a que acade no

exame, se é superior á ordinaria.

7 . Cando un alumno se incorpore ó curso unha vez empezado faráselle un plan específico

(que inclúa o estudo dos temas xa vistos e a realización dos traballos correspondentes), ou

ben a realización dun exame desa parte da materia. Isto soamente se fará no caso de que o

alumno non teña documentación escolar que xustifique a superación das avaliacións non

cursadas no centro.

Tódolos traballos suspensos deberán ser recuperados na seguinte avaliación e o profesor

modificará a nota da avaliación coa corrección dos mesmos.

Os outras tres partes da nota non terán posibilidade de recuperación ate fin de curso na

avaliación extraordinaria, onde o alumno terá a posibilidade de recuperar traballos de grupo

(agora de xeito individual) e respostar de novo ás preguntas do libro de texto.

Para o alumno que non poida recuperar haberá un exame extraordinario onde entrará toda a

materia con exercicios prácticos semellantes aos realizados durante o curso.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)

DUNHA MATERIA DURANTE O CICLO

O alumno terá dúas opcións de recuperación da materia pendente:

1.- Vincular a materia suspensa de 3º de ESO á de 4º de ESO (no caso de que a teña elixido

como optativa). Se o alumno é avaliado positivamente na materia de 4º quedará

automaticamente aprobado na de 3º. No caso dun alumno de 3º de ESO coa materia pendente

de 1º de ESO, se o alumno é avaliado positivamente na materia de 3º quedará

automaticamente aprobado na de 1º.

2.- Seguir o procedemento marcado para a recuperación dunha materia pendente doutros

ciclos ó que se fai referencia no punto seguinte.

DE MATERIAS PENDENTES DOUTROS CICLOS

1.- Os alumnos pendentes realizarán unha proba ordinaria a finais de curso e outra

extraordinaria, na data marcada.

2.- O seminario de PLÁSTICA-DEBUXO propoñerá as probas mencionadas no punto anterior

baseándose no currículo e os criterios de avaliación da materia (EDUACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

de 3º E.S.O.ou de 1º E.S.O.).

3.- Os alumnos poderán realizar durante o curso tres traballos, co asesoramento para consulta

de dúbidas e correccións, do Xefe de Seminario.

4.- Unha vez entregado cada traballo na data marcada, o seminario o avaliará, previa

comprobación de que o mesmo foi realizado polo alumno.

5.- Se os tres traballos son avaliados positivamente o alumno quedará eximido de presentarse

á proba (ordinaria ou extraordinaria) e terá aprobada a materia pendente.

6.- Se dous traballos son avaliados positivamente e un negativamente o seminario decidirá, en

función da calidade dos mesmos, se o alumno debe ou non presentarse á proba final.

7.- Se dous traballos ou máis son avaliados negativamente o alumno deberá presentarse á

proba final; pero teráselle en conta o traballo realizado.

8.- Na avaliación extraordinaria haberá un exame (co material de plástica-debuxo e o libro). A

avaliación do alumno na convocatoria extraordinaria terá soamente en conta o resultado

acadado polo alumno no devandito exame e non poderá ser superior a un 5.

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)

Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)

1.- A mesma definición do Proxecto Educativo e das súas concrecións curriculares constitúe

unha medida de atención á diversidade. Por outro lado, o seu desenvolvemento nas

programacións de aula e nas súas unidades didácticas xerará un conxunto de propostas que

favorezan a adaptación aos intereses, capacidades e motivacións dos alumnos respectando

sempre un traballo común de base e intención formativa global que permita a consecución das

competencias básicas e dos obxectivos de cada curso e da Etapa.

2.- O profesor valorará a evolución de cada alumno en particular.

3.- Se na avaliación inicial detectárase a existencia dun alumno procedente do

estranxeiro cun descoñecemento severo das dúas linguas oficiais, que lle impida o normal

seguimento da materia, (e en cumprimento do indicado na circular 8/2009) seguirase co/cos

alumnos o seguinte PPROGRAMA ESPECÍFICO PERSONALIZADO:

3.01.- Solicitar, con carácter inmediato, que o alumno estea asistido por un intérprete na

clase, cuxa misión será traducir ao alumno as explicacións do profesor e/ou do libro. Para

facilitar o seu labor se poderán utilizar gravadoras ou calquera outro instrumento audiovisual

que, de común acordo, consideren adecuado o profesor e o intérprete-tradutor.

Esta medida aplicarase para cada alumno (ou grupo de alumnos) en función da súa lingua

materna. Se existisen dous ou máis alumnos con linguas maternas diferentes, deberán estar

asistidos por intérpretes diferentes.

3.02.- De non ser posible aplicar a medida anterior, facilitaranse os medios audiovisuais

necesarios para gravar as clases. Estas gravacións servirán para que, cun desfasamento

temporal nunca superior a 7 días, o alumno dispoña das explicacións e/ou documentos ou

exercicios expostos polo profesor traducidos ao seu idioma por un tradutor habilitado pola

Delegación de Educación para este labor.

Esta medida considérase como unha excepción (ao non dispor o alumno dun apoio específico

na clase non podería preguntar ao profesor nin resolver as súas dúbidas no momento de

producirse, impedíndolle así seguir adecuadamente o ritmo da clase), sendo unicamente

admitida con caracter temporal e mentres non é posible arbitrar a solución exposta no punto

3.01.

3.03.- As medidas expostas nos puntos anteriores non excluirían a asistencia do alumno ao

correspondente grupo de adquisición de linguas que, no seu caso, organice o centro.

3.04.- Na avaliación do alumno teranse en conta os criterios e instrumentos normais previstos

na programación da materia. Dados os posibles desfasamentos temporais que o normal

desenvolvemento deste programa puidese presentar, o profesor realizará (en coordinación co

intérprete se fose necesario) un calendario específico para o alumno.

3.05.- Como complemento ao exposto neste programa, o profesor (logo da correspondente avaliación inicial) exporá as medidas complementarias que considere necesarias para unha

mellor posta en práctica ou adaptación do presente programa.

7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)

Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
1 Comprensión de lectura.
2 Expresión oral e escrita.
3 Comunicación audiovisual.
4 Competencia dixital.
5 Emprendemento social e empresarial.
6 Fomento do espírito crítico e científico.
7 Educación emocional e en valores.
8 Igualdade de xénero.
9 Creatividade.
10 Educación para a sustentabilidade e o consumo responsable.
11 Respecto mutuo e cooperación entre iguais.
12 Prevención e resolución pacífica de conflitos.

Na materia de EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL cumpriranse as especificacións do PROXECTO LECTOR do centro. Na materia de EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL se contribúe ó fomento da lectura coas seguintes medidas: - Os alumnos deben ler cada unha das leccións no libro e responder ás preguntas do profesor co libro aberto. Con esta medida estase a inculcar nos alumnos a valoración da lectura comprensiva por riba da memorística. - Os alumnos deberán buscar información para elaborar, en grupo, un traballo sobre o artista ou estilo artístico que toque en cada tema. Con esta medida foméntase, a través da lectura, a procura de información e a adquisición de estratexias axeitadas para elo. - Cando un alumno do grupo expón o traballo do punto anterior na clase, o profesor pregunta a tódolos integrantes do grupo sobre o mesmo; de este xeito foméntase de novo a lectura comprensiva e, ademais, a capacidade de análise e de síntese do lido. Na materia de EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL cumpriranse as especificacións do PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TIC do centro. Independentemente do indicado no parágrafo anterior, a materia de EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL ten, de xeito específico, as seguintes medidas de integración das TIC: O libro de texto EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL 1ESO, do que é autor o profesor Senén Olano, estará a disposición dos alumnos na Aula Virtual da materia en formato pdf e poderá ser descargado e manexado en copia impresa ou nun dispositivo dixital polo alumnado. No traballo que os alumnos fan en grupo sobre un artista ou estilo artístico, usaran (case que de forma prioritaria) internet para a procura da información, como método máis rápido e completo na procura da información tanto escrita como gráfica. Na exposición dos traballos de grupo os que faciamos referencia no punto anterior, as imaxes proxéctanse para toda a clase mediante un canón conectado a un ordenador.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)

Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Bibliotecas Para a elaboración dos traballos de grupo
Exposicións Visitas a museos, salas de exposicións e eventos plásticoculturais.

Unha das partes da materia (ARTE) é preparada polos alumnos, en grupos, fora

de clase: Buscarán a información nas bibliotecas (do centro ou da cidade) ou en

internet (este é o método recomendado por ser o máis rápido e de información máis

ampla).

Recomendarase ós alumnos a asistencia ás exposicións de arte que se fagan

na cidade así como a asistencia periódica ós museos. Se se dera o caso (número de

alumnos, data, etc.) o profesor organizaría algunha saída para ver exposicións ou

eventos de interese para a materia.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)

Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Entrega inicial de traballo
Preguntas individuais na exposición do traballos de grupo
Preguntas teóricas do libro de texto
Recuperación dun traballo suspenso da avaliación anterior
Observación do traballo do alumno na clase
Non ter faltas sen xustificar e chegar con puntualidade á clase

Como podemos ver nos SISTEMA DE CUALIFICACIÓN, a materia ten moitos e moi

variados sistemas para medir, día a día, a actividade do alumno e o seu progreso de

aprendizaxe; cada unha destas medidas é, ao mesmo tempo, un indicador diario do proceso

de ensino e da evolución, no tempo, da aprendizaxe do alumno. Calquera desviación ou

evolución negativa do proceso do alumno permitirá ao profesor tomar as decisións axeitadas.

No sentido do indicado no parágrafo anterior temos os seguintes mecanismos:

- Entregas iniciais de traballos (antes da entrega definitiva ao final da avaliación), en

datas fixadas de común acordo polos alumnos e o profesor. Isto permite que o profesor faga

unha avaliación previa do traballo e que o alumno poida, no seu caso, facer as modificacións

correspondentes.

- Preguntas individuais dos traballos de grupo: Cando os alumnos entregan un traballo

de grupo o profesor fará preguntas individuais a cada alumno do grupo, o que permitirá

concretar mellor o aproveitamento de cada quen.

- Posibilidade de recuperar traballos suspensos: Ao final da avaliación o profesor dirá a

cada alumno a nota que ten en cada un dos traballos prácvticos. O alumno terá a posibilidade

de recuperar os traballos suspensos durante a avaliación seguinte.

- A observación cotiá de cada alumno, do seu traballo e do seu comportamento. Deste

xeito o profesor poderá seguir a evolución de cada alumno e, se se da o caso dunha evolución

negativa, tomar as medidas oportunas para corrixir determinadas actitudes negativas: Cambio

de sitio na clase, control especial ou específico, etc.

8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)

1.- A final de curso (xuño) o Departamento de Debuxo comprobará o grao de

cumprimento e exposición dos CONTIDOS previstos na programación e tomará as medidas

oportunas para o futuro. No caso de que se chegara a conclusión da conveniencia de modificar

algún dos CONTIDOS, METODOLOXÍA ou RECURSOS DIDÁCTICOS, se fará a correspondente

modificación na programación para que xurda efecto ó curso seguinte.

2.- Cando os resultados da avaliación final de xuño na materia de EDUCACIÓN

PLÁSTICA E VISUAL sexan negativos (nota inferior a 5) nunha porcentaxe de alumnos superior

ó 30% do número total de alumnos matriculados na materia e que teñan asistido a clase con

regularidade durante o curso, o Departamento estudará a necesidade de facer as reformas ou

adaptacións precisas da programación con vista ó curso seguinte.

2.- A comprobación dos coñecementos previos dos alumnos de EDUCACIÓN PLÁSTICA E

VISUAL de 3º de ESO ó inicio de cada tema servirán, unha vez rematado o curso en xuño, para

avaliar a necesidade de establecer as modificacións precisas na presente programación de

EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL de 1º de ESO no caso de que sexan detectadas carencias

específicas e xerais nos alumnos en algún dos temas.

9. Outros apartados (Elaborado)

Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver