Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Ao longo da ESO, na materia de EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL víronse determinados contidos e ferramentas de DEBUXO TÉCNICO (entendendo por tal os diferentes trazados xeométricos, a xeometría plana e espacial). Nos cursos de DEBUXO TÉCNICO I e II veranse, polo miúdo, todos estes coñecementos dun xeito sistemático.
Dadas as diferentes circunstancias e vicisitudes do alumnado, a materia de DEBUXO TÉCNICO empeza de cero, ou sexa, non require coñecementos previos de debuxo técnico, inda que os que xa traen os alumnos benefician e facilitan a súa aprendizaxe, no seu caso.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
- Relacionar a teoría coa práctica, buscando a aplicación do aprendido. A materia terá unha orientación exclusivamente práctica: Non haberá exames teóricos senón prácticos, con exercicios que o alumno deberá resolver aplicando a teoría explicada.
- Traballar con casos prácticos encamiñados á resolución de problemas reais, presentes na vida cotiá.
- Propiciar o traballo en grupo, respectando a iniciativa e creatividade de cada unha das persoas que o compoñen. Os exercicios prácticos faranse, na medida do posible, na clase para que os alumnos podan resolver os problemas en grupo coa axuda do profesor no seu caso. O traballo de croquización farase en grupo exclusivamente.
- Uso das novas tecnoloxías da información e comunicación, tanto para a busca e selección de informacións específicas como para a elaboración de proxectos creativos. Neste sentido faise necesaria a dotación de ordenadores portátiles (un por alumno).
- Potenciar a flexibilidade na elección de tratamentos ou recursos gráficos na resolución de proxectos.
- Incidir na necesidade do esforzo e tenacidade para o logro de destrezas e precisión nos obxectivos previstos.
- Haberá especial preocupación polo uso axeitado do material de debuxo, tanto manual (escuadra, cartabón, compás, paralex, etc.) como informático, sempre que se dote á aula de debuxo técnico de ordenadores e programas axeitados.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Non hai avaliación inicial. Partimos de cero na materia.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Este caso poderá darse no caso de levar pendente a materia de DEBUXO TÉCNICO I no segundo curso do BAC. Na respectiva programación dese curso se recollen as medidas de reforzo e recuperación.
No propio curso e para tratar de que cada alumno recupere a parte da materia que ten suspensa no exame e na recuperación (que constitúe por si mesma unha medida de reforzo) se lle ofrecerá a posibilidade de facer máis exercicios para seguir practicando pola súa conta (estes exercicios serán corrixidos polo profesor e devoltos ó alumno).
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
É obrigatoria a asistencia a clase por parte do alumno e o procedemento para que o alumno acredite os coñecementos necesarios son os exercicios e os exames que fai e o profesor corrixe.
Cando un alumno se incorpore ao curso unha vez iniciado este, fará un exame específico das partes da materia non cursadas (despois do correspondente apoio do profesor e na data fixada de común acordo). Terá dereito, tamén, ao correspondente exame de recuperación. O alumno poderá optar por presentarse ao exame especial (de 3 horas de duración) que incluirá toda a materia impartida no curso.
Cando un alumno suspenda as 3 primeiras partes da materia (xeometría plana, diédrico e axonométrico), non poderá presentarse ao exame final e deberá, obrigatoriamente, facer o exame especial.
O alumnado poderá acreditar os coñecementos da correspondente materia de primeiro antes do inicio das actividades lectivas do curso académico de 2º de bac. Esta acreditación realizarase a través dunha proba semellante ao exame final de DEBUXO TÉCNICO I, que recolle as catro partes da materia: Xeometría plana, diédrico, axonométrico e acoutado (tellados).
No caso de non superar a proba de acreditación dos coñecementos da correspondente materia de primeiro curso, o alumnado deberá matricularse da dita materia e cursala como pendente nas condicións establecidas no artigo 11. A materia de primeiro non será computable para os efectos de modificar as condicións en que o alumnado promocionou ao segundo curso.
Deixarase constancia desta acreditación no expediente académico mediante unha dilixencia, que se axustará no seu contido ao modelo que se establece no anexo II.
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
A mesma definición do Proxecto Educativo e das súas concrecións curriculares constitúe unha medida de atención á diversidade. Por outro lado, o seu desenvolvemento nas programacións dos diferentes temas e leccións xerará un conxunto de propostas que favorezan a adaptación ás capacidades e motivacións dos alumnos respectando sempre un traballo común de base e intención formativa global que permita a consecución das competencias básicas.
Aparte dos programas e actividades de recuperación mencionados no apartado anterior, se ofrecerá ós alumnos a posibilidade de facer máis exercicios e de máis nivel que os normais da programación, coa intención de favorecer a consecución da excelencia ou máis altas cotas na aprendizaxe da materia.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
1.- A final de curso (xuño) o Departamento de debuxo comprobará o grao de cumprimento e exposición dos CONTIDOS previstos na programación e tomará as medidas oportunas para o futuro. No caso de que se chegara a conclusión da conveniencia de modificar algún dos CONTIDOS, METODOLOXÍA ou RECURSOS DIDÁCTICOS, se fará a correspondente modificación na programación para que xurda efecto ó curso seguinte.
2.- Cando os resultados da avaliación final de xuño na materia de DEBUXO TÉCNICO I sexan negativos (nota inferior a 5) nunha porcentaxe de alumnos superior ó 40% do número total de alumnos matriculados na materia e que teñan asistido a clase con regularidade durante o curso, o Departamento estudará a necesidade de facer as reformas ou adaptacións precisas da programación con vista ó curso seguinte