Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Estamos nun mundo globalizado (cada vez máis) onde a cultura e a información plástica e visual son, non só enormes e esenciais, senón na maioría dos casos o elemento central da comunicación ou da relación entre as empresas, as culturas e as persoas individuais.
A imaxe é un elemento esencial nas comunicacións actuais (correos electrónicos, páxinas web, redes sociais, televisión...), razón pola cal a aprendizaxe do seu manexo, comprensión e manipulación son esenciais; e deben ser, polo tanto, o obxectivo central da aprendizaxe dos nosos alumnos.
O noso centro é urbano e con moita diversidade de culturas, isto acentúa a importancia da imaxe e do seu manexo dadas as diferentes orixes culturais do alumnado. O noso centro deberá, nas distintas materias, dar solución ao manexo e integración deas diferentes culturas.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
a) Pártese do nivel de desenvolvemento do alumno, nos seus distintos aspectos, para construír, a partir de aí, outras aprendizaxes que favorezan e melloren o devandito nivel de desenvolvemento.
b) Sublíñase a necesidade de estimular o desenvolvemento de capacidades xerais e de competencias básicas e específicas por medio do traballo das materias.
c) Dáse prioridade á comprensión dos contidos que se traballan fronte á súa aprendizaxe mecánica.
e) Propícianse oportunidades para poñer en práctica os novos coñecementos, de xeito que o alumno poida comprobar o interese e a utilidade do aprendido.
f) Foméntase a reflexión persoal sobre o realizado e a elaboración de conclusións con respecto ao que se aprendeu, de modo que o alumno poida analizar o seu progreso respecto dos seus coñecementos.
Todos estes principios teñen como finalidade que os alumnos sexan, gradualmente, capaces de aprender de forma autónoma.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Nada máis iniciar o curso realizarase unha AVALIACIÓN INICIAL que terá dous obxectivos:
1.- Que o profesor vexa as destrezas e os coñecementos que o alumno ten.
2.- Descubrir as carencias de cada alumno.
En función do resultado da avaliación inicial e, despois da xuntanza da xunta de avaliación, deseñarase a estratexia axeitada,e personalizada para cada alumno, para potenciar as destrezas e paliar as carencias descubertas.
O profesor usará dous procedementos:
- Unha proba práctica para avaliar as destrezas, coñecementos e inquedanzas no alumno na materia.
- A observación persoal do profesor.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
DUNHA MATERIA DURANTE O CICLO
O alumno terá dúas opcións de recuperación da materia pendente:
1.- Vincular a materia suspensa de 3º de ESO á de 4º de ESO (no caso de que a teña elixido como optativa). Se o alumno é avaliado positivamente na materia de 4º quedará automaticamente aprobado na de 3º. No caso dun alumno de 3º de ESO coa materia pendente de 1º de ESO, se o alumno é avaliado positivamente na materia de 3º quedará automaticamente aprobado na de 1º.
2.- Seguir o procedemento marcado para a recuperación dunha materia pendente doutros ciclos ó que se fai referencia no punto seguinte.
DE MATERIAS PENDENTES DOUTROS CICLOS
1.- Os alumnos pendentes realizarán unha proba ordinaria a finais de curso e outra extraordinaria, na data marcada.
2.- O seminario de PLÁSTICA-DEBUXO propoñerá as probas mencionadas no punto anterior baseándose no currículo e os criterios de avaliación da materia (EDUACIÓN PLÁSTICA E VISUAL de 3º E.S.O.ou de 1º E.S.O.).
3.- Os alumnos poderán realizar durante o curso tres traballos, co asesoramento para consulta de dúbidas e correccións, do Xefe de Seminario.
4.- Unha vez entregado cada traballo na data marcada, o seminario o avaliará, previa comprobación de que o mesmo foi realizado polo alumno.
5.- Se os tres traballos son avaliados positivamente o alumno quedará eximido de presentarse á proba (ordinaria ou extraordinaria) e terá aprobada a materia pendente.
6.- Se dous traballos son avaliados positivamente e un negativamente o seminario decidirá, en función da calidade dos mesmos, se o alumno debe ou non presentarse á proba final.
7.- Se dous traballos ou máis son avaliados negativamente o alumno deberá presentarse á proba final; pero teráselle en conta o traballo realizado.
8.- Na avaliación extraordinaria haberá un exame (co material de plástica-debuxo e o libro). A avaliación do alumno na convocatoria extraordinaria terá soamente en conta o resultado acadado polo alumno no devandito exame e non poderá ser superior a un 5.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
1.- A mesma definición do Proxecto Educativo e das súas concrecións curriculares constitúe unha medida de atención á diversidade. Por outro lado, o seu desenvolvemento nas programacións de aula e nas súas unidades didácticas xerará un conxunto de propostas que favorezan a adaptación aos intereses, capacidades e motivacións dos alumnos respectando sempre un traballo común de base e intención formativa global que permita a consecución das competencias básicas e dos obxectivos de cada curso e da Etapa.
2.- O profesor valorará a evolución de cada alumno en particular.
3.- Se na avaliación inicial detectárase a existencia dun alumno procedente do estranxeiro cun descoñecemento severo das dúas linguas oficiais, que lle impida o normal seguimento da materia, (e en cumprimento do indicado na circular 8/2009) seguirase co/cos alumnos o seguinte PPROGRAMA ESPECÍFICO PERSONALIZADO:
3.01.- Solicitar, con carácter inmediato, que o alumno estea asistido por un intérprete na clase, cuxa misión será traducir ao alumno as explicacións do profesor e/ou do libro. Para facilitar o seu labor se poderán utilizar gravadoras ou calquera outro instrumento audiovisual que, de común acordo, consideren adecuado o profesor e o intérprete-tradutor.
Esta medida aplicarase para cada alumno (ou grupo de alumnos) en función da súa lingua materna. Se existisen dous ou máis alumnos con linguas maternas diferentes, deberán estar asistidos por intérpretes diferentes.
3.02.- De non ser posible aplicar a medida anterior, facilitaranse os medios audiovisuais necesarios para gravar as clases. Estas gravacións servirán para que, cun desfasamento temporal nunca superior a 7 días, o alumno dispoña das explicacións e/ou documentos ou exercicios expostos polo profesor traducidos ao seu idioma por un tradutor habilitado pola Delegación de Educación para este labor.
Esta medida considérase como unha excepción (ao non dispor o alumno dun apoio específico na clase non podería preguntar ao profesor nin resolver as súas dúbidas no momento de producirse, impedíndolle así seguir adecuadamente o ritmo da clase), sendo unicamente admitida con caracter temporal e mentres non é posible arbitrar a solución exposta no punto 3.01.
3.03.- As medidas expostas nos puntos anteriores non excluirían a asistencia do alumno ao correspondente grupo de adquisición de linguas que, no seu caso, organice o centro.
3.04.- Na avaliación do alumno teranse en conta os criterios e instrumentos normais previstos na programación da materia. Dados os posibles desfasamentos temporais que o normal desenvolvemento deste programa puidese presentar, o profesor realizará (en coordinación co intérprete se fose necesario) un calendario específico para o alumno.
3.05.- Como complemento ao exposto neste programa, o profesor (logo da correspondente avaliación inicial) exporá as medidas complementarias que considere necesarias para unha mellor posta en práctica ou adaptación do presente programa.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
1.- A final de curso (xuño) o Departamento de Debuxo comprobará o grao de cumprimento e exposición dos CONTIDOS previstos na programación e tomará as medidas oportunas para o futuro. No caso de que se chegara a conclusión da conveniencia de modificar algún dos CONTIDOS, METODOLOXÍA ou RECURSOS DIDÁCTICOS, se fará a correspondente modificación na programación para que xurda efecto ó curso seguinte.
2.- Cando os resultados da avaliación final de xuño na materia de EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL sexan negativos (nota inferior a 5) nunha porcentaxe de alumnos superior ó 30% do número total de alumnos matriculados na materia e que teñan asistido a clase con regularidade durante o curso, o Departamento estudará a necesidade de facer as reformas ou adaptacións precisas da programación con vista ó curso seguinte.
2.- A comprobación dos coñecementos previos dos alumnos de EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL de 4º de ESO ó inicio de cada tema servirán, unha vez rematado o curso en xuño, para avaliar a necesidade de establecer as modificacións precisas na presente programación de EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL de 3º de ESO no caso de que sexan detectadas carencias específicas e xerais nos alumnos en algún dos temas.