Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Mediante o desenvolvemento do currículo da materia de Física e Química, trátase de acadar que o alumnado acade un punto de partida axeitado que lle permita debullar o pensamento científico e participar na súa evolución, de xeito que poida abordar diferentes situacións vinculadas a estes contidos e que están presentes na sociedade; non hai que deixar de salientar que tamén se  no coñecemento do mundo que o rodea.

Así, os obxectivos vinculados a esta materia están focalizados cara a comprensión de diferentes fenómenos físicoquímicos cotiáns e tamén das razóns polas que ocorren ditas situacións; trátase de saber interpretalos a partir de leis e teorías científicas, partindo das pautas básicas asociadas ao método: cuestionamento das observacións realizadas, a formulación de hipóteses que puideran explicalas e a verificación destas hipóteses, usando para todo isto as formas básicas da Física e da Química. Dado que a procura de información é unha actividade fundamental, tamén se fomenta o uso do razoamento crítico á hora de valorar as fontes que se consultan e outras ferramentas que poidan utilizar, tanto a nivel individual como a nivel colaborativo. Así, poténciase tamén o crecemento entre iguais de cara ao mantemento dunha comunidade científica con espírito crítico, ética e produtiva, de xeito que se conciba a ciencia como un medio para xerar coñecemento, melloras e en continuo cambio.

Un aspecto moi importante no desenvolvemento de calquera materia no eido educativo é a avaliación; os criterios asociados a esta materia están relacionados co pensamento científico competencial e o uso do razoamento analítico, de xeito que se trata de evitar unha aprendizaxe consistente unicamente en procesos de memorización.

No desenvolvemento da Física e Química de 2º curso da E.S.O. inclúense os seguintes bloques de coñecemento: a materia, a enerxía, a interacción e o cambio. Tamén se inclúen contidos relacionados coa metodoloxía da ciencia e a importancia que ten a súa correcta aplicación: o método científico e as etapas incluídas nel, que se irá traballando simultaneamente co resto dos contidos, un bloque sobre as destrezas científicas básicas.

Neste último bloque sitúase tamén a relación das ciencias experimentais coas matemáticas, que supoñen un apoio fundamental nestas ciencias e que, á súa vez, precisan de coñecementos e habilidades previas do alumnado ademais doutros que se abordan nesta etapa educativa. Tamén se fai incidencia no importante papel da muller ao longo da historia da ciencia, tratando de salientar as súas colaboracións e de fomentar a vocación científica entre as alumnas.

No bloque titulado A materia, inclúense coñecementos básicos sobre a composición das sustancias e propiedades macro e microscópicas da materia, así como a súa clasificación.

Dentro do bloque A enerxía, afóndase en coñecementos adquiridos na etapa de educación primaria (fontes de enerxía, usos prácticos) e tamén se incide sobre conceptos básicos ao respecto das formas de enerxía. Tamén se inclúen contidos relacionados co desenvolvemento social e económico, ademais das súas repercusións medioambientais.

O bloque A interacción, aborda as consecuencias das interaccións fundamentais de tipo natural, así como o estudo básico das forzas predominantes no ámbito da natureza; tamén se relacionan coa súa aplicación práctica en diferentes eidos.

Para rematar, no bloque O cambio, incidirase sobre a distinción entre transformacións físicas e químicas nos sistemas materiais centrándose, fundamentalmente, naqueles procesos máis frecuentes na contorna cotiá do alumnado. Partindo disto escribiranse as súas aplicacións e a súa implicación na mellora das condicións colectivas.

Os cinco bloques repártense en nove Unidades Didácticas especificadas no terceiro epígrafe.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender e relacionar os motivos polos que ocorren os principais fenómenos fisicoquímicos da contorna, explicándoos en termos das leis e teorías científicas adecuadas para resolver problemas co fin de aplicalas para mellorar a realidade próxima e a calidade da vida humana.
OBX2 Expresar as observacións realizadas polo alumnado en forma de preguntas, formulando hipóteses para explicalas e demostrando estas hipóteses a través da experimentación científica, a indagación e a procura de evidencias, para desenvolver os razoamentos propios do pensamento científico e mellorar as destrezas no uso das metodoloxías científicas.
OBX3 Manexar con soltura as regras e as normas básicas da física e da química no referente á linguaxe da IUPAC, á linguaxe matemática, ao emprego de unidades de medida correctas, ao uso seguro do laboratorio e á interpretación e produción de datos e información en diferentes formatos e fontes, para recoñecer o carácter universal e transversal da linguaxe científica e a necesidade dunha comunicación fiable en investigación e ciencia entre diferentes países e culturas.
OBX4 Utilizar de forma crítica, eficiente e segura plataformas dixitais e recursos variados, tanto para o traballo individual como en equipo, para fomentar a creatividade, o desenvolvemento persoal e a aprendizaxe individual e social, mediante a consulta de información, a creación de materiais e a comunicación efectiva nas diferentes contornas de aprendizaxe.
OBX5 Utilizar as estratexias propias do traballo colaborativo, potenciando o crecemento entre iguais como base emprendedora dunha comunidade científica crítica, ética e eficiente, para comprender a importancia da ciencia na mellora da sociedade, as aplicacións e repercusións dos avances científicos, a preservación da saúde e a conservación sostible do ambiente.
OBX6 Comprender e valorar a ciencia como unha construción colectiva en continuo cambio e evolución, na que non só participan as persoas dedicadas a ela, senón que tamén require dunha interacción co resto da sociedade, para obter resultados que repercutan no avance tecnolóxico, económico, ambiental e social.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A materia e a medida Preséntanse os sistemas materiais e as propiedades que os definen, seguido do estudio da medida de magnitudes e a expresión do seu valor, no que se fará especial fincapé na realización do cambio de unidades mediante factores de conversión. 12 12
2 Os estados da materia Abórdanse os estados de agregación, os seus cambios e a súa explicación dende o punto de vista microscópico a través da teoría cinética da materia. No caso dos gases inclúese o estudo das súas leis (Boyle-Mariotte, Charles e Gay-Lussac). 11 12
3 A diversidade da materia Trátase a clasificación dos sistemas materiais dende o punto de vista da súa composición. Introdúcense os conceptos de substancia pura e mestura, xunto cos de elemento, composto, mestura homoxénea e heteroxénea. No caso dos elementos preséntanse os símbolos dos máis comúns, e tamén fórmulas de substancias sinxelas de uso habitual e cotiá, como introdución á nomenclatura química. Por último, tamén se aborda a expresión da concentración de disolucións, como proporción entre a cantidade de soluto e a cantidade de disolución. 11 13
4 Cambios na materia Preséntase os tipos de cambio. No caso das reaccións químicas, introdúcese á súa notación e tamén os aspectos máis básicos da súa explicación dende o punto de vista microscópico. Exemplificación con reaccións de importancia para o medio ambiente, a tecnoloxía e a sociedade. 11 14
5 As forzas e as máquinas Introdúcese o concepto de forza a través da súa relación con deformacións ou cambios no estado de movemento dos corpos. Efectúase unha introdución ás leis de Newton. 11 12
6 O movemento Efectúase unha introdución aos conceptos fundamentais da cinemática, como é o carácter relativo do movemento e as magnitudes necesarias para a súa descrición e a súa representación mediante gráficas. Eses conceptos son aplicados ao estudo do movemento rectilíneo uniforme, uniformemente acelerado ou circular uniforme. 11 14
7 As forzas na natureza Abórdase o concepto de forza gravitatoria e estúdanse aspectos cualitativos relacionados con forzas de tipo electromagnético. 11 12
8 A enerxía Efectúase unha introdución ao concepto de enerxía, así como as súas propiedades e manifestacións. Preséntanse os conceptos de enerxía cinética e potencial gravitatoria e a súa aplicación en situacións sinxelas a través da conservación da enerxía. Trátanse as fontes de enerxía e os seus tipos, e a súa relación con aspectos de carácter medioambiental. 11 10
9 Temperatura e calor Efectúase unha introdución ás transferencias de enerxía en forma de calor e os efectos que estas teñen sobre os corpos. 11 6

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As destrezas científicas básicas
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
CA1.2 - Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
CA1.3 - Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4 - Poñer en práctica as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
CA1.5 - Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
CA1.6 - Traballar de forma adecuada e versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
CA1.7 - Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
CA1.8 - Emprender, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos que involucren o alumando na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
CA1.9 - Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Contidos
C1.1 - Metodoloxías propias da investigación científica: identificación e formulación de cuestións, elaboración de hipóteses e comprobación experimental destas.
C1.2 - Traballo experimental e proxectos de investigación: estratexias na resolución de problemas e no desenvolvemento de investigacións mediante a indagación, a dedución, a procura de evidencias e o razoamento lóxico-matemático, facendo inferencias válidas das observacións e obtendo conclusións.
C1.3 - Contornas e recursos de aprendizaxe científica, como o laboratorio ou as contornas virtuais: materiais, substancias e ferramentas tecnolóxicas.
C1.4 - Normas de uso de cada espazo, asegurando e protexendo así a saúde propia e comunitaria, a seguridade nas redes e o respecto cara ao ambiente.
C1.5 - A linguaxe científica: unidades do sistema internacional e os seus símbolos. Ferramentas matemáticas básicas en diferentes escenarios científicos e de aprendizaxe.
C1.6 - Estratexias de interpretación e produción de información científica utilizando diferentes formatos e diferentes medios: desenvolvemento do criterio propio baseado no que o pensamento científico achega á mellora da sociedade para facela máis xusta, equitativa e igualitaria.
C1.7 - Valoración da cultura científica e do papel de científicos e científicas nos principais fitos históricos e actuais da física e da química para o avance e a mellora da sociedade.
Bloque B2. A materia
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais cotiáns, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA2.2 - Resolver os problemas fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
CA2.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos sistemas materiais a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
CA2.4 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a sistemas materiais e á súa composición, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
CA2.5 - Utilizar adecuadamente os símbolos químicos dos elementos e substancias comúns máis importantes facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Contidos
C2.1 - Teoría cinético-molecular: aplicación a observacións sobre a materia explicando as súas propiedades, os estados de agregación, os cambios de estado e a formación de mesturas e disolucións.
C2.2 - Experimentos relacionados cos sistemas materiais: coñecemento e descrición das súas propiedades, a súa composición e a súa clasificación.
C2.3 - Nomenclatura: participación dunha linguaxe científica común e universal a través da interpretación das fórmulas químicas dalgúns compostos binarios de importancia e o coñecemento dos símbolos dos principais elementos químicos.
Bloque B3. A enerxía
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos cotiáns relevantes relacionados coa enerxía, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA3.2 - Resolver problemas fisicoquímicos relacionados coa enerxía utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
CA3.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados coa enerxía e as súas manifestacións a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
CA3.4 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa á enerxía e ás súas transferencias nun proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
CA3.5 - Detectar na contorna as necesidades tecnolóxicas, ambientais, económicas e sociais máis importantes que demanda a sociedade, entendendo a capacidade da ciencia para darlles solución sostible a través da implicación de todos os cidadáns.
Contidos
C3.1 - A enerxía: formulación de cuestións e hipóteses sobre a enerxía, propiedades e manifestacións que a describan como a causa de todos os procesos de cambio.
C3.2 - Deseño e comprobación experimental de hipóteses relacionadas co uso doméstico e industrial da enerxía nas súas distintas formas e as transformacións entre elas.
C3.3 - Elaboración fundamentada de hipóteses sobre o ambiente e a sostibilidade a partir das diferenzas entre fontes de enerxía renovables e non renovables.
C3.4 - Efectos da calor sobre a materia: análise dos efectos e aplicación en situacións cotiás.
Bloque B4. A interacción
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Identificar, comprender e explicar fenómenos cotiáns relacionados con movementos, así como coas forzas e os seus efectos, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA4.2 - Resolver problemas sobre movementos e sobre forzas e os seus efectos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
CA4.3 - Recoñecer e describir na contorna inmediata situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas nas que a ciencia e, en particular, a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade.
CA4.4 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con movementos, así como as forzas e os seus efectos, a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
CA4.5 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico relativa a movementos e a forzas e os seus efectos, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Contidos
C4.1 - Análise de movementos sinxelos a partir dos conceptos da cinemática, formulando hipóteses comprobables sobre valores futuros das magnitudes implicadas e validándoas a través do cálculo numérico, da interpretación de gráficas ou do traballo experimental.
C4.2 - As forzas como axentes de cambio: efectos das forzas, tanto no estado de movemento ou de repouso dun corpo como na produción de deformacións.
C4.3 - Aplicación das leis de Newton: observación de situacións cotiás ou de laboratorio que permiten entender como se comportan os sistemas materiais ante a acción das forzas e predicir os efectos destas en situacións cotiás e de seguridade viaria.
C4.4 - Fenómenos gravitatorios, eléctricos e magnéticos: experimentos sinxelos que evidencian a relación coas forzas da natureza.
Bloque B5. O cambio
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA5.1 - Identificar, comprender e explicar cambios físicos e químicos cotiáns a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA5.2 - Resolver problemas sobre cambios fisicoquímicos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
CA5.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos cambios físicos e químicos a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
CA5.4 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Contidos
C5.1 - Os sistemas materiais: análise dos diferentes tipos de cambios que experimentan relacionando as causas que os producen coas consecuencias que teñen.
C5.2 - Interpretación macroscópica e microscópica das reaccións químicas: explicación das relacións da química co ambiente, coa tecnoloxía e coa sociedade.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A materia e a medida
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Elabora de xeito coherente unha argumentación básica en cuestións e exercicios relacionados coa clasificación de propiedades, asignación de unidades, cálculos de lonxitudes, áreas, volumes, masas, densidades, tempos e velocidades e os cambios de unidades asociados a elas. 20
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utiliza habitualmente de xeito adecuado e rigoroso as unidades de medida das principais magnitudes físicas, incluídos os prefixos máis comúns de múltiplos e submúltiplos do SI, realizando con claridade e corrección as operacións asociadas. 25
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Emprega de xeito suficientemente preciso e rigoroso as ferramentas matemáticas básicas (operacións con decimais e potencias, resolución de ecuacións de grao 1, elaboración e interpretación de gráficas, cálculo do valor de funcións sinxelas e xeometría elemental) en cuestións e exercicios. 25
CA1.4 Poñer en práctica as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Observa de xeito elemental as principais normas de uso e seguridade do laboratorio de física e química, amosando orde e limpeza no traballo, respecto no coidado e uso do material, na protección persoal e colectiva e no correcto tratamento dos residuos. 10
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Emprega con suficiente autonomía e interese os recursos propios ou facilitados, incluídos o libro de texto, materiais específicos en papel e dixitais, a aula virtual e outros recursos web, e interacciona con respecto e suficiente sentido crítico nas actividades de aula ou propostas como tarefa. 10
CA1.6 Traballar de forma adecuada e versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
Táboa de indicadores
Realiza buscas de información eficientes en diferentes fontes facilitadas, selecciona habitualmente a información máis fiable e adecuada e emprégaa con suficiente rigor e versatilidade para a creación de resumos, esquemas, pósters, textos, presentacións e outros contidos. . 5
CA1.7 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Nas actividades cooperativas, interacciona de xeito activo e produtivo cos demáis, realiza con responsabilidade os seus cometidos, incorpora construtivamente as achegas dos demáis e axuda habitualmente a outros. 5

2 Os estados da materia
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
Proba escrita
Deseña estratexias suficientemente rigorosas e eficientes de resolución de cuestións, e obtén información e evidencias suficientes para comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, empregando de xeito coherente o razoamento lóxico para elaborar respostas esencialmente correctas. 10
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Utiliza con suficiente rigor as principais leis e teorías científicas enunciando hipóteses adecuadas respecto aos estados físicos e os gases ideais. Argumenta de xeito coherente as cuestións e exercicios relacionados cos cambios de estado, a teoría cinética e as curvas de quecemento. 10
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utiliza habitualmente de xeito adecuado e rigoroso as unidades de medida SI e doutros sistemas das principais magnitudes físicas (volume, presión, temperatura), incluídos os prefixos máis comúns de múltiplos e submúltiplos, realizando con claridade e corrección as operacións asociadas. 10
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Emprega de xeito suficientemente preciso e rigoroso as ferramentas matemáticas básicas (operacións con decimais e potencias, resolución de ecuacións de grao 1, elaboración e interpretación de gráficas, cálculo do valor de funcións sinxelas e xeometría elementaI) en cuestións e exercicios. 10
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Emprega con suficiente autonomía e interese os recursos propios ou facilitados, incluídos o libro de texto, materiais específicos en papel e dixitais, a aula virtual e outros recursos web, e interacciona con respecto e suficiente sentido crítico nas actividades de aula ou propostas como tarefa. 5
CA1.6 Traballar de forma adecuada e versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
Táboa de indicadores
Realiza buscas de información eficientes en diferentes fontes facilitadas, selecciona habitualmente a información máis fiable e adecuada e emprégaa con suficiente rigor e versatilidade para a creación de resumos, esquemas, pósters, textos, presentacións e outros contidos. 5
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Táboa de indicadores
Expresa correctamente a importancia dos avances científicos na historia, destacando achegas das mulleres cando proceda, reflexiona sobre a continua construción da ciencia con base en exemplos concretos e indica relacións relevantes coa tecnoloxía, sociedade e medio ambiente. 10
CA2.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais cotiáns, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Táboa de indicadores
Comprende e explica, argumentando con suficiente amplitude, fenómenos relacionados con estados físicos e os seus cambios, o comportamento dos gases, fenómenos meteorolóxicos e teoría cinética, empregando con suficiente rigor o vocabulario científico adecuado. 10
CA2.2 Resolver os problemas fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Proba escrita
Resolve e interpreta de forma estruturada e suficientemente razoada os aspectos fundamentais de problemas relacionados con estados físicos e os seus cambios, o comportamento dos gases, as escalas de temperatura e a teoría cinética, e expresa os resultados co formato adecuado. 10
CA2.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos sistemas materiais a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Emprega con autonomía e suficiente rigor a indagación, a dedución e o razoamento lóxico-matemático para resolver cuestións relacionadas co comportamento dos gases ideais, empregando con suficiente rigor o formalismo matemático adecuado. 10
CA2.4 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a sistemas materiais e á súa composición, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Utiliza de forma eficiente e autónoma os datos obtidos de táboas, gráficas, diagramas, textos e imaxes, e seleccionar apropiadamente a información máis relevante para resolver con suficiente rigor un problema, así como para comunicar a información relevante para o resultado. 10

3 A diversidade da materia
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
Proba escrita
Deseña estratexias suficientemente rigorosas e eficientes de resolución de cuestións, e obtén información e evidencias suficientes para comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, empregando de xeito coherente o razoamento lóxico para elaborar respostas esencialmente correctas. 9
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Argumenta coherentemente cuestións e exercicios relacionados coa clasificación da materia, os compoñentes e as formas de concentración de disolucións, os modelos atómicos, as moléculas e cristais e a táboa periódica. 9
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utiliza habitualmente de xeito adecuado e rigoroso as unidades de medida do SI e doutros sistemas das magnitudes físicas (masa, volume, temperatura, concentración en % en masa e g/L), e os prefixos comúns de múltiplos e submúltiplos, realizando con claridade e corrección as operacións. 4
CA1.3.2. Utilizar adecuadamente símbolos químicos de substancias de importancia.
Proba escrita
Coñece os símbolos e os nomes dos principais elementos químicos, e asígnaos correctamente na maioría dos casos, e recoñece e emprega habitualmente de xeito correcto as fórmulas e os nomes sistemáticos dos compostos químicos máis importantes. 8
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Emprega de xeito suficientemente preciso e rigoroso as ferramentas matemáticas básicas (operacións con decimais e potencias, resolución de ecuacións de grao 1, elaboración e interpretación de gráficas, cálculo do valor de funcións sinxelas e xeometría elementaI) en cuestións e exercicios. 4
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Emprega con suficiente autonomía e interese os recursos propios ou facilitados, incluídos o libro de texto, materiais específicos en papel e dixitais, a aula virtual e outros recursos web, e interacciona con respecto e suficiente sentido crítico nas actividades de aula ou propostas como tarefa. 5
CA1.6 Traballar de forma adecuada e versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
Táboa de indicadores
Realiza buscas de información eficientes en diferentes fontes facilitadas, selecciona habitualmente a información máis fiable e adecuada e emprégaa con suficiente rigor e versatilidade para a creación de resumos, esquemas, pósters, textos, presentacións e outros contidos. 5
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Táboa de indicadores
Expresa con enunciados esencialmente correctos a importancia dos avances científicos na historia, destacando achegas das mulleres cando proceda, reflexiona sobre a continua construción da ciencia con base en exemplos concretos e indica relacións relevantes coa tecnoloxía, sociedade e medio ambiente. 10
CA2.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais cotiáns, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Táboa de indicadores
Comprende e explica, argumentando con suficiente amplitude, fenómenos relacionados coa composición e a estrutura da materia, as propiedades dos elementos, compostos e mesturas e a estrutura da táboa periódica, empregando con suficiente rigor o vocabulario científico adecuado. 10
CA2.2 Resolver os problemas fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Proba escrita
Resolve e interpreta de forma estruturada e suficientemente razoada os aspectos fundamentais de problemas relacionados coa composición e a estrutura da materia e a concentración das disolucións, e expresa os resultados co formato adecuado. 9
CA2.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos sistemas materiais a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Emprega con autonomía e suficiente rigor a indagación, a dedución e o razoamento lóxico-matemático para resolver cuestións relacionadas coa composición e estrutura da materia e a concentración das disolucións, empregando con suficiente rigor o formalismo matemático adecuado. 9
CA2.4 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a sistemas materiais e á súa composición, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Utiliza de forma eficiente e autónoma os datos obtidos de táboas, gráficas, diagramas, textos e imaxes, e seleccionar apropiadamente a información máis relevante para resolver con suficiente rigor un problema, así como para comunicar a información relevante para o resultado. 9
CA2.5 Utilizar adecuadamente os símbolos químicos dos elementos e substancias comúns máis importantes facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Emprega habitualmente de xeito correcto os símbolos e os nomes dos principais elementos químicos, e as fórmulas e os nomes sistemáticos dos compostos químicos máis importantes, para comunicar de xeito efectivo información científica. 9

4 Cambios na materia
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Elabora de xeito coherente unha argumentación básica en cuestións e exercicios relacionados coa identificación e clasificación de cambios físicos e químicos, as técnicas de separación, as reaccións químicas, as substancias e proporcións que interveñen nelas e a súa velocidade. 8
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utiliza habitualmente de xeito adecuado e rigoroso as unidades de medida SI e doutros sistemas das principais magnitudes físicas (masa, volume, tempo, enerxía), incluídos os prefixos máis comúns de múltiplos e submúltiplos, realizando con claridade e corrección as operacións asociadas. 6
CA1.3.2. Utilizar adecuadamente símbolos químicos de substancias de importancia.
Proba escrita
Coñece e relaciona correctamente os símbolos e os nomes dos principais elementos químicos, e recoñece e emprega habitualmente de xeito correcto as fórmulas e os nomes sistemáticos dos compostos químicos máis importantes ao representar e interpretar reaccións químicas. 7
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Emprega de xeito suficientemente preciso e rigoroso as ferramentas matemáticas básicas (operacións con decimais e potencias, resolución de ecuaións de grao 1, elaboración e interpretación de gráficas, representación e axuste de ecuacións químicas) en cuestións e exercicios. 7
CA1.4 Poñer en práctica as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Observa de xeito elemental as principais normas de uso e seguridade do laboratorio de física e química, amosando orde e limpeza no traballo, respecto no coidado e uso do material, na protección persoal e colectiva e no correcto tratamento dos residuos. 7
CA1.7 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Nas actividades cooperativas, interacciona de xeito activo e produtivo cos demáis, realiza con responsabilidade os seus cometidos, incorpora construtivamente as achegas dos demáis e axuda habitualmente a outros. 10
CA1.8 Emprender, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos que involucren o alumando na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Elabora de forma guiada os elementos esenciais dun proxecto de investigación, individual ou cooperativo, en relación coas industrias químicas indicando os seus riscos e beneficios. 11
CA2.5 Utilizar adecuadamente os símbolos químicos dos elementos e substancias comúns máis importantes facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Emprega habitualmente de xeito correcto os símbolos e os nomes dos principais elementos químicos, e as fórmulas e os nomes sistemáticos dos compostos químicos máis importantes, para comunicar de xeito efectivo información científica sobre as reaccións químicas. 8
CA5.1 Identificar, comprender e explicar cambios físicos e químicos cotiáns a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Táboa de indicadores
Emprega con autonomía e suficiente rigor diferentes medios e soportes e vocabulario científico para comunicar información relativa aos cambios físicos e químicos da vida cotiá, explicándoos de xeito básico e empregando de maneira argumentada os elementos esenciais das teorías relevantes. 12
CA5.2 Resolver problemas sobre cambios fisicoquímicos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Proba escrita
Resolve e interpreta de forma estruturada e suficientemente razoada os aspectos fundamentais de problemas relacionados con cambios físicos, reaccións químicas e a súa representación e os procedementos de separación de mesturas, e expresa os resultados co formato adecuado. 8
CA5.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos cambios físicos e químicos a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Emprega con autonomía e suficiente rigor a indagación, a dedución e o razoamento lóxico-matemático para resolver cuestións sobre reaccións químicas, as substancias e cantidades nelas, a súa velocidade e a separación de mesturas, empregando con suficiente rigor o formalismo matemático adecuado. 8
CA5.4 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Utiliza de forma eficiente e autónoma os datos obtidos de táboas, gráficas, textos e imaxes, interpretar e seleccionar apropiadamente a información máis relevante para resolver con suficiente rigor un problema ou cuestión, así como para comunicar a información relevante para o resultado. 8

5 As forzas e as máquinas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Elabora de xeito coherente unha argumentación básica en cuestións e exercicios relacionados coas forzas e os seus efectos, a lei de Hooke, os conceptos de peso, normal, tensión, empuxe e forza de rozamento, os tipos de pancas e e a lei que rexe o seu funcionamento. 12
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utiliza habitualmente de xeito adecuado e rigoroso as unidades de medida SI e doutros sistemas das principais magnitudes físicas (forza, lonxitude), incluídos os prefixos máis comúns de múltiplos e submúltiplos, realizando con claridade e corrección as operacións asociadas. 6
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Emprega de xeito suficientemente preciso e rigoroso as ferramentas matemáticas básicas (operacións con decimais e potencias, resolución de ecuacións de grao 1, elaboración e interpretación de gráficas, representación e axuste de ecuacións químicas) en cuestións e exercicios. 6
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Táboa de indicadores
Expresa con enunciados correctos a importancia dos avances científicos na historia, destacando achegas das mulleres cando proceda, reflexiona sobre a continua construción da ciencia con base en exemplos concretos e indica relacións relevantes coa tecnoloxía, sociedade e medio ambiente. 20
CA4.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos cotiáns relacionados con movementos, así como coas forzas e os seus efectos, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Táboa de indicadores
Comprende e explica, argumentando con suficiente amplitude, fenómenos relacionados coas forzas peso, normal, tensión, empuxe e de rozamento, e os seus efectos, a lei de Hooke, os tipos de pancas e e a súa lei, empregando con suficiente rigor o vocabulario científico adecuado. 20
CA4.2 Resolver problemas sobre movementos e sobre forzas e os seus efectos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Proba escrita
Resolve e interpreta de forma estruturada e suficientemente razoada os aspectos fundamentais de problemas relacionados coas forzas peso, normal, tensión, empuxe e de rozamento, os seus efectos, a lei de Hooke, os tipos de pancas e e a súa lei, e expresa os resultados co formato adecuado. 12
CA4.4 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con movementos, así como as forzas e os seus efectos, a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Emprega con autonomía e suficiente rigor a indagación, a dedución e o razoamento lóxico-matemático para resolver cuestións sobre forzas e os seus efectos, a lei de Hooke, os tipos de pancas e e a súa lei, empregando con suficiente rigor o formalismo matemático adecuado. 12
CA4.5 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico relativa a movementos e a forzas e os seus efectos, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Utiliza de forma eficiente e autónoma os datos obtidos de táboas, gráficas, diagramas, textos e imaxes, e seleccionar apropiadamente a información máis relevante para resolver con suficiente rigor unha cuestión, así como para comunicar a información relevante para o resultado. 12

6 O movemento
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Elabora de xeito coherente unha argumentación básica en cuestións e exercicios relacionados cos movementos e os seus tipos, a súa clasificación, as ecuacións e gráficas que os representan, os conceptos de velocidade e aceleración. 8
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utiliza habitualmente de xeito adecuado e rigoroso as unidades de medida SI e doutros sistemas das principais magnitudes físicas (espazo, velocidade, aceleración), incluídos os prefixos máis comúns de múltiplos e submúltiplos, realizando con claridade e corrección as operacións asociadas. 5
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Emprega de xeito suficientemente preciso e rigoroso as ferramentas matemáticas básicas (operacións con decimais e potenci es, resolución de ecuacións de grao 1, elaboración e interpretación de gráficas, representación) en cuestións e exercicios. 5
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Emprega con suficiente autonomía e interese os recursos propios ou facilitados, incluídos o libro de texto, materiais específicos en papel e dixitais, a aula virtual e outros recursos web, e interacciona con respecto e suficiente sentido crítico nas actividades de aula ou propostas como tarefa. 14
CA1.8 Emprender, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos que involucren o alumando na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Elabora de forma guiada os elementos esenciais dun proxecto de investigación, individual ou cooperativo, en relación o movemento dos vehículos e a seguridade vial. 14
CA4.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos cotiáns relacionados con movementos, así como coas forzas e os seus efectos, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Táboa de indicadores
Comprende e explica, argumentando con suficiente amplitude, fenómenos relacionados cos movementos e a súa clasificación, as ecuacións e gráficas que os representan, os conceptos de velocidade e aceleración empregando con suficiente rigor o vocabulario científico adecuado. 12
CA4.2 Resolver problemas sobre movementos e sobre forzas e os seus efectos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Proba escrita
Resolve e interpreta de forma estruturada e suficientemente razoada os aspectos fundamentais de problemas sobre movementos e a súa clasificación, as ecuacións e gráficas que os representan, velocidad media e instantánea e expresa os resultados co formato adecuado. 10
CA4.3 Recoñecer e describir na contorna inmediata situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas nas que a ciencia e, en particular, a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade.
Proba escrita
Analiza e detecta de forma guiada necesidades na súa contorna próxima en relación co movemento dos corpos e as súas característcas e analiza o seu impacto na sociedade. 10
CA4.4 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con movementos, así como as forzas e os seus efectos, a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Emprega con autonomía a indagación, a dedución e o razoamento lóxico para resolver cuestións sobre movementos e a súa clasificación, as ecuacións e gráficas que os representan, velocidad media e instantánea, empregando con suficiente rigor o formalismo matemático adecuado. 10
CA4.5 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico relativa a movementos e a forzas e os seus efectos, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Utiliza de forma eficiente e autónoma os datos obtidos de táboas, gráficas, diagramas, textos e imaxes, e selecciona apropiadamente a información máis relevante para resolver con suficiente rigor un problema, así como para comunicar a información relevante para o resultado. 12

7 As forzas na natureza
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Elabora de xeito coherente unha argumentación básica en cuestións e exercicios relacionados co modelo heliocéntrico do sistema solar, alternancia día/noite, as estacións, as fases lunares, as forzas gravitatoria e eléctrica, as formas de electrización e o magnetismo. 10
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utiliza habitualmente de xeito adecuado e rigoroso as unidades de medida SI e doutros sistemas das principais magnitudes físicas (masa, carga eléctrica, distancia, forza), incluídos os prefixos máis comúns de múltiplos e submúltiplos, realizando con claridade e corrección as operacións asociadas. 5
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Emprega de xeito suficientemente preciso e rigoroso as ferramentas matemáticas básicas (operacións con decimais e potencias, resolución de ecuacións de grao 1, elaboración e interpretación de gráficas e representación) en cuestións e exercicios. 5
CA1.6 Traballar de forma adecuada e versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
Táboa de indicadores
Realiza buscas de información eficientes en diferentes fontes facilitadas, selecciona habitualmente a información máis fiable e adecuada e emprégaa con suficiente rigor e versatilidade para a creación de resumos, esquemas, pósters, textos, presentacións e outros contidos. 12
CA1.7 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Nas actividades cooperativas, interacciona de xeito activo e produtivo cos demáis, realiza con responsabilidade os seus cometidos, incorpora construtivamente as achegas dos demáis e axuda habitualmente a outros. 8
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Táboa de indicadores
Expresa con enunciados correctos a importancia dos avances científicos na historia, destacando achegas das mulleres cando proceda, reflexiona sobre a continua construción da ciencia con base en exemplos concretos e indica relacións relevantes coa tecnoloxía, sociedade e medio ambiente. 8
CA4.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos cotiáns relacionados con movementos, así como coas forzas e os seus efectos, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Táboa de indicadores
Comprende e explica, argumentando con suficiente amplitude, fenómenos relacionados co modelo heliocéntrico, o día e a noite, as estacións, as fases lunares, as forzas gravitatoria e eléctrica e o magnetismo, empregando con suficiente rigor o vocabulario científico adecuado. 12
CA4.2 Resolver problemas sobre movementos e sobre forzas e os seus efectos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Proba escrita
Resolve e interpreta de forma estruturada e suficientemente razoada os aspectos fundamentais de problemas sobre o modelo heliocéntrico do sistema solar, as leis da gravitación e de Coulomb e o peso, e expresa os resultados co formato adecuado. 10
CA4.3 Recoñecer e describir na contorna inmediata situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas nas que a ciencia e, en particular, a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade.
Proba escrita
Analiza e detecta de forma guiada necesidades na súa contorna próxima en relación coa , gravitación, a electricidade ou o magnetismo, e describe con suficiente completitude o papel da ciencia na solucións de ditas necesidades. 10
CA4.4 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con movementos, así como as forzas e os seus efectos, a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Emprega con autonomía a indagación, a dedución e o razoamento lóxico para resolver cuestións sobre o modelo heliocéntrico, alternancia día/noite, as estacións, as fases lunares, as forzas gravitatoria e eléctrica e o magnetismo, empregando con suficiente rigor o formalismo matemático adecuado. 10
CA4.5 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico relativa a movementos e a forzas e os seus efectos, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Utiliza de forma eficiente e autónoma os datos obtidos de táboas, gráficas, diagramas, textos e imaxes, e selecciona apropiadamente a información máis relevante para resolver con suficiente rigor problemas e cuestións, así como para comunicar a información relevante para o resultado. 10

8 A enerxía
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
Proba escrita
Deseña estratexias suficientemente rigorosas e eficientes de resolución de cuestións, e obtén información e evidencias suficientes para comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, empregando de xeito coherente o razoamento lóxico para elaborar respostas esencialmente correctas. 10
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Elabora de xeito coherente unha argumentación básica en cuestións e exercicios relacionados concepto de enerxía, traballo e calor, as formas de enerxía e as súas transformacións, a produción, o consumo e o principio de conservación da enerxía. 10
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utiliza habitualmente de xeito adecuado e rigoroso as unidades de medida SI e doutros sistemas das magnitudes físicas (enerxía, potencia, resistencia, voltaxe e intensidade), e os prefixos máis comúns de múltiplos e submúltiplos, realizando con claridade e corrección as operacións asociadas. 5
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Emprega de xeito suficientemente preciso e rigoroso as ferramentas matemáticas básicas (operacións con decimais e potencias, resolución de ecuacións. de grao 1, elaboración e interpretación de gráficas, representación e axuste de ecuacións químicas) en cuestións e exercicios. 5
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Emprega con suficiente autonomía e interese os recursos propios ou facilitados, incluídos o libro de texto, materiais específicos en papel e dixitais, a aula virtual e outros recursos web, e interacciona con respecto e suficiente sentido crítico nas actividades de aula ou propostas como tarefa. 7
CA1.8 Emprender, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos que involucren o alumando na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Elabora de forma guiada os elementos esenciais dun proxecto de investigación, individual ou cooperativo, en relación coa mellora da eficiencia na produción e consumo das distintas formas de enerxía, así como da distribución equitativa das fontes primarias que permiten obtela. 7
CA3.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos cotiáns relevantes relacionados coa enerxía, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Táboa de indicadores
Comprende e explica, argumentando con suficiente amplitude, fenómenos relacionados coas formas de enerxía, a súa produción, transporte, transformación e conservación, e os circuitos eléctricos, empregando con suficiente rigor o vocabulario científico adecuado. 12
CA3.2 Resolver problemas fisicoquímicos relacionados coa enerxía utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Proba escrita
Resolve e interpreta de forma estruturada e suficientemente razoada os aspectos fundamentais de problemas sobre a enerxía, a súa produción, transporte, transformación e conservación, o traballo e o calor, e os circuítos eléctricos básicos, e expresa os resultados co formato adecuado. 10
CA3.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados coa enerxía e as súas manifestacións a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Emprega con autonomía a indagación, a dedución e o razoamento lóxico para resolver cuestións sobre a enerxía, a súa produción, transporte, transformación e conservación, o traballo e o calor, e os circuítos eléctricos básicos, empregando con suficiente rigor o formalismo matemático adecuado. 10
CA3.4 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa á enerxía e ás súas transferencias nun proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Utiliza de forma eficiente e autónoma os datos obtidos de táboas, gráficas, diagramas, textos e imaxes, e selecciona apropiadamente a información máis relevante para resolver con suficiente rigor un problema ou cuestión, así como para comunicar a información relevante para o resultado. 10
CA3.5 Detectar na contorna as necesidades tecnolóxicas, ambientais, económicas e sociais máis importantes que demanda a sociedade, entendendo a capacidade da ciencia para darlles solución sostible a través da implicación de todos os cidadáns.
Táboa de indicadores
Analiza e detecta de forma guiada necesidades na súa contorna próxima en relación coa produción, distribución, transformación e consumo da enerxía, e describe con suficiente completitude o papel da ciencia na solución das necesidades sociais. 14

9 Temperatura e calor
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Elabora de xeito coherente unha argumentación básica en cuestións e exercicios relacionados cos conceptos de temperatura e calor, as escalas termométricas, o equilibrio térmico e a lei da dilatación. 10
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utiliza habitualmente de xeito adecuado e rigoroso as unidades de medida SI e doutros sistemas das magnitudes físicas (enerxía, temperatura), e os prefixos máis comúns de múltiplos e submúltiplos, realizando con claridade e corrección as operacións asociadas. 8
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Emprega de xeito suficientemente preciso e rigoroso as ferramentas matemáticas básicas (operacións con decimais e potencias, resolución de ecuacións de grao 1, elaboración e interpretación de gráficas, representación) en cuestións e exercicios. 8
CA1.4 Poñer en práctica as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Observa de xeito elemental as principais normas de uso e seguridade do laboratorio de física e química, amosando orde e limpeza no traballo, respecto no coidado e uso do material, na protección persoal e colectiva e no correcto tratamento dos residuos. 14
CA1.7 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Nas actividades cooperativas, interacciona de xeito activo e produtivo cos demáis, realiza con responsabilidade os seus cometidos, incorpora construtivamente as achegas dos demáis e axuda habitualmente a outros. 14
CA3.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos cotiáns relevantes relacionados coa enerxía, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Táboa de indicadores
Comprende e explica, argumentando con suficiente amplitude, fenómenos relacionados coa calor e a temperatura, as escalas termométricas, o equilibrio térmico, a propagación da calor e os seus efectos, empregando con suficiente rigor o vocabulario científico adecuado. 12
CA3.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados coa enerxía e as súas manifestacións a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Emprega con autonomía a indagación, a dedución e o razoamento lóxico para resolver cuestións sobre a calor e a temperatura, as escalas termométricas, o equilibrio térmico, a propagación da calor e os seus efectos, empregando con suficiente rigor o formalismo matemático adecuado. 16
CA3.4 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa á enerxía e ás súas transferencias nun proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Utiliza de forma eficiente e autónoma os datos obtidos de táboas, gráficas, diagramas, textos e imaxes, e selecciona apropiadamente a información máis relevante para resolver con suficiente rigor un problema ou cuestión, así como para comunicar a información relevante para o resultado. 18

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía será activa e participativa, de forma que facilite a aprendizaxe, tanto individual como colectiva, e que, como un dos seus eixos, favoreza a adquisición das competencias clave, especialmente a relacionada coa competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Empregaranse diversas estratexias metodolóxicas:
- Exposición do profesor utilizando diversos soportes. Antes de comezar a exposición, débense coñecer as ideas previas e as dificultades de aprendizaxe do alumnado.
- Sempre que sexa posible vincular os contidos a contextos cotiáns, así como xerar posibilidades de aplicación dos contidos adquiridos.
- Utilización de software educativo para entender mellor os contidos, para comprobar as actividades realizadas e, en xeral, como soporte e recurso facilitador de la construción de ideas.
- Traballo reflexivo persoal no desenvolvemento das actividades individuais e de proxectos para investigar e descubrir.
- Traballo en grupo cooperativo para o desenvolvemento das actividades e problemas propostos.
- Posta en común despois do traballo individual.
-Técnica de debate na aula para aportar solucións a unha cuestión ou problema determinado.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Recursos: Aula, aula virtual, encerado dixital, laboratorio equipado, ordenadores, teléfonos móbiles, recursos audiovisuais, recursos informáticos e todo tipo de recursos de papelería, láminas, carteis, etc.
Materiais: Libro de texto/apuntamentos, vídeos e textos elaborados polo profesorado e/ou alumnado, presentacións audiovisuais, material dixital seleccionado, material de laboratorio adecuado ás prácticas deseñadas, modelos moleculares, etc.
Non se rexistrou texto

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Durante os primeiros días do mes de setembro realizarase un rexistro da información relevante sobre o alumnado matriculado na materia.

- Alumnado repetidor.

-Alumnado con materias pendentes.

- Alumnado con necesidades educativas especiais ou análogas.

-Cualificacións do curso anterior.

-Outros aspectos que poidan ter repercusión no proceso de aprendizaxe.

Nos primeiros días lectivos, poderase facer unha proba escrita ou desenvolver algunha tarefa que permita medir o nivel competencial do alumnado conforme a criterios de avaliación de cursos anteriores (relacionados coas ciencias e as matemáticas). Prestarase especial atención aos resultados do alumnado de nova incorporación ao centro.

En calquera caso, durante a primeira sesión de cada unidade didáctica o profesorado avaliará a situación de partida de todo o alumnado.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 12.0 11.0 11.0 11.0 11.0 11.0 11.0 11.0 11.0 100.0
Proba escrita 70.0 70.0 70.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 60.0 63.399999999999984
Táboa de indicadores 30.0 30.0 30.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 40.0 36.599999999999994

A cualificación en cada UD establecerase segundo a nota acadada para cada CA, tendo en conta o peso de cada un na UD. Algúns CA avaliaranse mediante proba escrita e outros mediante táboa de indicadores. Pódense atopar estes datos na sección 3.3. Aqueles CA avaliados mediante táboa de indicadores serán exercicios a entregar na clase, traballos de laboratorio, presentación de traballos, etc.

En cada avaliación realizarase unha proba escrita por cada UD . En canto estas probas obxectivas, establécense os seguintes criterios xerais :

-En toda proba escrita que se realice figurará a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta.

-É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis.

-Os/as alumnos/as deberán traer calculadora ao exame e non estará permitido compartir a dun compañeiro.

-A ausencia de explicacións na solución, ou unha explicación errada, repercutirá negativamente na súa valoración, podendo chegar a ter unha puntuación de cero se só se aporta a solución numérica, un verdadeiro ou falso ou resposta curta sen ningunha explicación. Reciprocamente, aínda que o resultado non sexa correcto, teranse en conta a presentación e desenvolvemento do problema.

-A non comparecencia non xustificada a un exame cualificarase cun cero. No caso de non poder asistir a un exame por motivo xustificado, a profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do/a alumno/a ata ese momento.

O curso, con relación ás cualificacións, divídese en tres trimestres. A cualificación global de cada avaliación obterase como a media aritmética obtida para cada UD. No boletín de cualificacións consignarase o resultado de aplicar o redondeo á unidade máis próxima seguindo o criterio usual en ciencia. En particular, en caso de equidistancia, o dito redondeo realizarase á alza. Un trimestre considerarase superado se a cualificación consignada é 5 ou superior.

A cualificación final do curso será o resultado de aplicar un redondeo semellante ao sinalado anteriormente á media das tres cualificacións obtidas nos trimestres. Cómpre destacar que con estas últimas referímonos aos valores reais de cada trimestre, nos aos consigandos no boletín.

Se rematado un trimestre, a cualificación é inferior a 5, o alumno ou alumna terá que recuperar dito trimestre mediante unha proba escrita. No caso dos dous primeiros trimestres a proba levarase a cabo nas primeiras semanas do seguinte trimestre. A recuperación da 3ª avaliación realizarase na proba final. Para poder obter unha cualificación positiva da avaliación será necesario obter como mínimo un 4,5 nas probas de recuperación.

O alumnado que en xuño non estea en condicións de superar a materia poderá realizar unha proba escrita final da avaliación ou das avaliacións que teña suspensas. É necesario sacar polo menos un 4,5 na proba final, para considerar superada a materia, no caso de ir con toda a materia.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


O alumnado que teña suspensa a materia de Física e Química de 2º da E.S.O. deberá realizar unha serie de boletíns propostos e entregalos no prazo establecido (40% nota avaliación), así como superar tres probas escritas, unha en cada avaliación (60% nota avaliación). Dita proba terá lugar na semana anterior ás avaliacións nunha data que se lle comunicará persoalmente por escrito e a través da aula virtual. Ao alumnado entregóuselle toda esta información.

Tamén están matriculados na aula virtual na materia pendente, onde teñen material para seguir a materia e onde se poden comunicar co profesor. Se o quixeran, poden ser atendidos nos recreos para dúbidas.

A cualificación final será a media aritmética das 3 avaliacións, que ten que ser igual ou maior a 5 para superar a materia pendente.

No caso de que ao rematar a terceira avaliación, a media aritmética das 3 avaliacións sexa inferior a 5, o alumno realizará unha proba de recuperación das avaliacións suspensas no mes de xuño.

A nova nota calcularase atendendo aos valores definitivos de cada avaliación; no caso de que nas recuperacións se acade unha cualificación inferior á da obtivo no trimestre correspondente, os cálculos faranse tendo en conta o valor máis alto dos dous.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Garantirase a adecuada atención á diversidade, polo que se desenvolverá o currículo atendendo aos tres principios fundamentais que guían o DUA:

  • Proporcionar múltiples formas de representación.
  • Proporcionar múltiples formas de acción e expresión.
  • Proporcionar múltiples formas de implicación.

I. Proporcionar múltiples formas de representación.

PAUTA 1. Percepción.

  • 1.1.- Ofrecendo diferentes formas de presentación. (Uso de materiais dixitais cuxa presentación poida ser personalizada).
  • 1.2.- Ofrecendo alternativas á información auditiva. (Transcricións escritas, subtítulos, gráficos, énfases, etc.).
  • 1.3.- Ofrecendo alternativas á información visual. (Proporcionar descricións).

PAUTA 2. Linguaxe, expresións matemáticas e símbolos.

  • 2.1.- Clarificando vocabulario e símbolos. (Pre-ensinar o vocabulario e os símbolos, proporcionar descricións de texto alternativas aos mesmos, etc.).
  • 2.2.- Clarificando sintaxe e estruturas. (Clarificar a sintaxe non familiar a través de alternativas tales como estruturas previas, modelos moleculares, mapas conceptuais, etc.).
  • 2.3.- Facilitando a descodificación de textos, notacións matemáticas e símbolos. (Permitir o acceso a representacións múltiples de notación; por exemplo, fórmula e modelo molecular).
  • 2.4.- Promovendo a comprensión entre diferentes idiomas. (Facer que a información clave estea dispoñible en varias linguas, utilizar tradutores).
  • 2.5.- Ilustrando a través de múltiples medios. (Utilizar representacións simbólicas para conceptos clave).

PAUTA 3. Comprensión.

  • 3.1.- Activando ou substituíndo coñecementos previos. (Utilizar organizadores como mapas conceptuais, por exemplo.).
  • 3.2.- Destacando ideas principais e relacións.
  • 3.3.- Guiando o procesamento da información, a visualización e a manipulación. (Eliminar elementos distractores, proporcionar múltiples formas de aproximarse ao obxecto de estudo).
  • 3.4.- Maximizando a transferencia e a xeneralización. (Integrar ideas novas dentro de contextos xa coñecidos, proporcionar situacións que permitan a xeneralización da aprendizaxe).

II. Proporcionar múltiples formas de acción e expresión.

PAUTA 4. Interacción física.

  • 4.1.- Variando métodos para resposta e navegación. (Proporcionar alternativas para dar respostas físicas).
  • 4.2.- Optimizando o acceso ás ferramentas e os produtos e tecnoloxías de apoio. (Proporcionar acceso a teclados alternativos).

PAUTA 5. A expresión e a comunicación.

  • 5.1.- Usando múltiples medios de comunicación. (Resolver problemas utilizando distintas estratexias, utilizar aula virtual, mensaxería, etc.).
  • 5.2.- Usando múltiples ferramentas para a construción e a composición. (Usar correctores ortográficos, proporcionar calculadoras, páxinas web de formulación, etc.).

PAUTA 6. As funcións executivas.

  • 6.1.- Guiando o establecemento adecuado de metas. (Poñer exemplos de procesos e definición de metas, proporcionar apoios para estimar a súa consecución, visualizar as metas, etc.).
  • 6.2.- Apoiando a planificación e o desenvolvemento de estratexias. (Usar freos cognitivos, chamadas a parar e pensar, revisar portafolio ou similares, proporcionar listas de comprobación para establecer prioridades, etc.).
  • 6.3.- Facilitando a xestión de información e recursos. (Proporcionar organizadores gráficos para recollida e organización de información).
  • 6.4.- Aumentando a capacidade para facer un seguimento dos avances. (Facer preguntas guía, mostrar representacións dos progresos, proporcionar modelos de autoavaliación, etc.).

III. Proporcionar múltiples formas de implicación.

PAUTA 7. Opcións para captar o interese.

  • 7.1.- Optimizando a elección individual e a autonomía. (Proporcionar ao alumnado posibilidades de elección no contexto ou contidos utilizados para a avaliación das competencias, das ferramentas para recoller e producir información, das secuencias e tempos para completar as tarefas, etc.).
  • 7.2.- Optimizando a relevancia, o valor e a autenticidade. (Deseñar actividades e propoñer fontes de información para que poidan ser personalizadas, socialmente relevantes, culturalmente significativas, actividades con resultados comunicables, que permitan a investigación, que fomenten o uso da imaxinación, etc.).
  • 7.3.- Minimizando a inseguridade e as distraccións. (Crear un clima de apoio, reducir os niveis de incerteza creando rutinas de clase, variando os niveis de estimulación sensorial para que a aprendizaxe poida ter lugar).

PAUTA 8. Opcións para manter o esforzo e a persistencia.

  • 8.1.- Resaltando a relevancia das metas. (Pedir ao alumnado que formule o obxectivo de forma explícita, fomentar a división de metas en obxectivos a curto prazo, etc.).
  • 8.2.- Variando as esixencias e os recursos para optimizar os desafíos. (Diferenciar o grao de complexidade con que poden completar as tarefas, proporcionar ferramentas alternativas, facer fincapé no proceso, etc.).
  • 8.3.- Fomentando a colaboración e a comunidade. (Crear grupos cooperativos, fomentar as oportunidades de interacción, etc.).
  • 8.4.-Utilizando o feedback orientado cara á excelencia nunha tarefa. (Proporcionar feedback que saliente o esforzo, que sexa informativo e non competitivo, que fomente a perseveranza, etc.).

PAUTA 9. Opcións para a autorregulación.

  • 9.1.- Promovendo expectativas e crenzas que optimicen a motivación. (Proporcionar avisos, listas, rúbricas que se centren en obxectivos de autorregulación, proporcionar apoios que modelen o proceso para establecer metas persoais, etc.).
  • 9.2.- Facilitando estratexias e habilidades para afrontar problemas da vida cotiá. (Proporcionar modelos para xestionar a frustración e buscar apoios emocionais, manexar adecuadamente as fobias, usar situacións reais para demostrar habilidades e para afrontar os problemas, etc.) .
  • 9.3.- Desenvolvendo a auto-avaliación e a reflexión. (Desenvolver actividades que inclúan medios que permitan ao alumnado obter feedback que favorezan o recoñecemento do progreso).

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Comprensión lectora e expresión escrita, mediante a busca de información (textos, gráficas, táboas) e a súa posterior presentación. Terá especial interese a presentación das prácticas de laboratorio e dos exercicios de argumentación, que seguirán as formas das publicacións científicas. Este elemento está relacionado, entre outros, co seguinte criterio de avaliación: CA1.6.
2 A expresión oral traballarase nas presentacións sobre diferentes temáticas (obtención de enerxía eléctrica, tratamento de augas residuais, etc.), así como en pequenos debates e similares. A súa avaliación precisa o uso dunha rúbrica. Este elemento transversal está directamente relacionado, entre outros, cos seguintes criterios de avaliación: CA2.4, CA3.5, CA4.
3 Comunicación audiovisual. Como se indicou no apartado de concrecións metodolóxicas, promoverase o modelo de aula invertida (ou modificacións del utilizando alternativas ao vídeo en consonancia co DUA). Non só se fomentaría o uso pasivo do vídeo por parte do alumnado senón tamén como creadores dese tipo de materiais.
4 Competencia dixital, mediante o uso da aula virtual, a produción de informes ou a presentación de proxectos empregando procesadores de texto e programas de presentación, respectivamente, a busca de información en internet, ou as aplicacións interactivas sobre formulación e similares. Este elemento está directamente relacionado, entre outros, cos seguintes criterios de avaliación: CA1.5 e CA1.6.
5 Emprendemento, especialmente no deseño de experiencias e proxectos de investigación así como na proposta de hipóteses e a comprobación destas, na proposta de accións de mellora na sociedade, na capacidade de liderado do grupo... Este elemento está relacionado, entre outros, cos seguintes criterios de avaliación: CA1.1 e CA1.8.
6 O fomento do espírito crítico e científico é consubstancial á materia e trabállase na totalidade desta, especialmente nos exercicios de argumentación fronte a distintos enunciados a partir das probas dispoñibles. Este elemento transversal está directamente relacionado, entre outros, co seguinte criterio de avaliación: CA1.1.
7 Educación emocional e en valores, mediante a relación entre os membros da comunidade educativa, atendendo ao alumnado desde a empatía e a comprensión, fomentando o respecto nas actuacións que se leven a cabo, chegando a acordos, co cumprimento das normas, deseñando e desenvolvendo protocolos de resolución de conflitos, etc. Está relacionado, entre outros, co seguinte criterio de avaliación: CA1.7.
8 Igualdade de xénero, no día a día mediante o trato igualitario entre os membros da comunidade educativa independentemente do seu xénero e establecendo interaccións coeducativas en consonancia con CA1.7. A linguaxe será non sexista e coidarase, neste aspecto, a redacción e selección dos textos. Subliñar a contribución das mulleres á ciencia e concretamente facelo relacionado no CA1.9.
9 Á creatividade élle de aplicación o indicado para o fomento do espírito crítico e científico e para o emprendemento.

Non se rexistraron observacións

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita aos museos interactivos (DOMUS e MUNCYT). A través da visita os dous museos espérase contribuir á educación científica e tecnolóxica mediante a experimentación e observación do patrimonio histórico científico, así como o achegamento o funcionamento do ser humán.

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 1.-O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 2.-Usáronse distintos instrumentos de avaliación.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 3.- Valorouse adecuadamente o traballo do alumnado na aula.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 4.-Ofrécense ao alumnado de forma rápida os resultados das probas / traballos, etc.
Clima de traballo na aula 5.-Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado.
Clima de traballo na aula 6.-Conseguiuse motivar a todo o alumnado.
Clima de traballo na aula 7.-Analízanse e coméntanse co alumnado os aspectos máis significativos derivados da corrección das probas, traballos, etc.
Metodoloxía empregada 8.-Poténcianse estratexias de animación á lectura.
Metodoloxía empregada 9.-Poténcianse estratexias tanto de expresión como de comprensión oral e escrita.
Metodoloxía empregada 10.-Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 11.-Contouse co apoio e coa implicación das familias no traballo do alumnado.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 12.-Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado.
Medidas de atención á diversidade 13.-Adoptáronse as medidas adecuadas para atender ao alumnado con NEAE.
Medidas de atención á diversidade 14.-Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado.
Medidas de atención á diversidade 15.-Ofrécense a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa.
Medidas de atención á diversidade 16.-Elabóranse actividades atendendo á diversidade.
Medidas de atención á diversidade 17.-Elabóranse probas de avaliación adaptadas ás necesidades do alumnado con NEAE.
Medidas de atención á diversidade 18.-Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación...
Medidas de atención á diversidade 19.-Como norma xeral, fanse explicacións xerais para todo o alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 20.-Incorpóranse as TIC aos procesos de ensino e aprendizaxe.

Avaliaranse os ítems nunha escala do 1 ao 4, sendo o 1 "pouco" ou "nunca" e o 4 "moito" ou "sempre".


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


En reunións de carácter mensual realizarase un seguimento da programación didáctica por parte de todos os membros do departamento.

Ao finalizar o curso, nunha reunión do departamento, farase unha análise dos resultados e discutiremos os posibles cambios na programación cara o curso seguinte despois dunha posta en común das reflexións de cada membro segundo os seguintes indicadores:

1. Adecuación do deseño das unidades didácticas a partir dos elementos do currículo.

2. Adecuación da secuenciación e da temporalización das unidades didácticas.

3. Adecuación dos mínimos esixibles para superar a materia.

4. Vinculación de cada estándar a un ou varios instrumentos para a súa avaliación.

5. Adecuación da metodoloxía empregada.

6. Adecuación dos materiais e recursos didácticos utilizados.

7. Adecuación das medidas de atención á diversidade.

8. Asociación dos estándares cos elementos transversais.

9. Adecuación dos criterios establecidos para a avaliación.

10. Adecuación dos criterios establecidos para a cualificación.

11. Adecuación dos criterios establecidos para a promoción.

12. Adecuación do deseño da avaliación inicial.

13. Adecuación dos criterios establecidos para o seguimento e avaliación de materias pendentes.

14. Adecuación dos programas de apoio, recuperación, etc.

15. Contribución desde a materia ao plan de lectura do centro.

16. Contribución desde a materia ao plan de convivencia do centro.

17. Grao de integración das TIC no desenvolvemento da materia.

18. Grao de desenvolvemento das actividades complementarias e extraescolares previstas.

19. Adecuación do seguimento e da revisión da programación ao longo do curso.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver