Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Á hora de falar da aprendizaxe da Física e da Química hai que comezar pola súa altísima importancia, do mesmo xeito ca no caso das outras ciencias experimentais, de maneira que, no seu conxunto facilita ao alumnado a análise con fundamentos de diferentes problemáticas vinculadas á ciencia e á tecnoloxía presentes de cotío na vida diaria. Por suposto, tamén hai que ter en conta a súa importancia no sentido de que lles permite coñecer e aportar argumentos ao debate social e, en última instancia, fuxir da pseudociencia, unha problemática en aumento na sociedade actual.

Por suposto, xunto coas outras materias permite a adquisición de competencias necesarias para a integración activa en calquera ámbito social.

Particularmente, a materia de Física e Química aporta ao alumnado ferramentas útiles que lles poden permitir a súa participación no desenvolvemento, tanto económico como social e mesmo cultural, é dicir, na innovación e avances da sociedade.

Dado que estamos a falar de avances, é dicir, de evolución, cómpre partir da traxectoria histórica do coñecemento científico e facer fincapé no establecemento dunha relación entre a Ciencia e a Tecnoloxía e a Sociedade, de maneira que se favoreza o intercambio de ideas e o debate, é dicir, transmisión de coñecementos; non hai que esquecer que estes coñecementos son o punto de partida para a resolución rigorosa de diferentes problemáticas.

Esta materia de Física e Química constitúe tamén un medio para aportar ao alumnado a capacidade de poder extraer conclusións a partir de probas científicas, de cuestionarse situacións que eles mesmos poidan explicar de xeito científico; falamos, neste eido de fenómenos físicos e naturais.

Como non pode ser doutro xeito, a materia establece unha vinculación entre os seus contidos e o desenvolvemento das competencias clave recollidas na lexislación vixente. 

Para empezar, falaremos da competencia científica (STEM) pero tamén do resto das competencias clave, de xeito que se mergullen na cultura da ciencia, concibindo esta como como unha parte fundamental da cultura, ademais da súa capacidade explicativa para determinados feitos.

Polo tanto, hai que salientar a achega da materia Física e Química á competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC); de feito, algúns dos achados da ciencia foron quen de provocar cambios na concepción e comprensión do mundo, influídas ambas por moitos científicos e científicas: Arquímedes, Newton, Lavoisier, Watt, o matrimonio Curie, Rosalind Franklin... ou, a nivel nacional, Tarsy Carballas, Margarita Salas, Ángeles Alvariño, Severo Ochoa... todos eles pezas fundamentais na evolución da nosa cultura.

A competencia cidadá (CC) tamén amosa unha íntima relación coa materia Física e Química, do mesmo xeito que a competencia persoal, social e aprender a aprender (CPSAA); tales vinculacións baséanse en que se relacionan con aspectos éticos relacionados con problemas referidos ao impacto da Ciencia e da Tecnoloxía arredor dos seres humanos: desenvolvemento sostible, protección ambiental... Estas competencias tamén se relacionan co traballo en equipo, fundamental no ámbito científico; non hai que esquecer que a Ciencia leva implícitos os conceptos de curiosidade e interese pola aprendizaxe, pero tamén, no caso do alumnado, a reflexión sobre si mesmos como estudantes, sobre os traballos a levar a cabo ou sobre o establecemento de técnicas axeitadas de aprendizaxe. Non hai que esquecer, neste punto o conxunto de pautas para traballar en Física e Química (e no resto de Ciencias) que é o método científico, orientado á adquisición de coñecementos, é dicir a “saber máis”.

Hai que mencionar tamén a importancia do uso das TICs (tecnoloxías da información e da comunicación) aspecto relacionado directamente coa competencia dixital (CD), que terá un espazo específico dentro do desenvolvemento desta materia.

O alumnado de secundaria e bacharelato inclúense dentro do ámbito dos nativos dixitais, de maneira que coñecen o uso da tecnoloxía dixital para a transmisión de información. Así, o traballo con aplicacións virtuais interactivas permite o acceso a realizacións de prácticas que, moitas veces, non serían accesibles pola carencia de infraestruturas. E, de alta importancia tamén, hai que mencionar que estes medios permiten o acceso a unha inmensa cantidade de información, que hai que asimilar usando a análise crítica e razoamentos vinculados coa relevancia e a fiabilidade.

En relación coas TICs, cómpre lembrar tamén que, en moitos casos, a información coa que se traballa e os programas informáticos usan outras linguas, de maneira que entramos no eido da competencia plurilingüe (CP). As tarefas de elaboración e presentación de traballos sobre diferentes temas (tanto propostos polo docente como de libre elección) conduce á ampliación de contidos vinculados ao currículo da materia e tamén a progresar no manexo das destrezas tecnolóxicas e comunicativas por parte do alumnado que, en última instancia, é unha forma de aprendizaxe autónoma.

O traballo en equipo e a creatividade á hora de resolver problemas, deseñar experiencias ou desenvolver pequenos proxectos de investigación sitúanos no eido da competencia emprendedora (CE); de feito, trátase dunha dos aspectos nos que se asenta o progreso da Ciencia.

Por último, tamén hai que referirse á competencia en comunicación lingüística (CCL), que se pode relacionar coa realización e defensa de traballos, a selección e análise da información á que se accede, comunicación de resultados... Pero, por suposto, hai que prestar particular atención á linguaxe propia da ciencia (explicación de gráficas, táboas e outras formas de recollida de datos, a formulación, símbolos, etiquetas, instrucións de manexo de aparataxe...) e tamén a argumentación, relacionada coa participación en debates, a xustificación e explicación de ideas propias e propostas dentro do traballo colaborativo e/ou cooperativo, entre outras cousas.

Esta materia aborda os grandes bloques tradicionais da Física e a Química: materia, enerxía e cambios. Son os seguintes:

Bloque 1.- Destrezas científicas básicas.

Bloque 2.-A materia.

Bloque 3.-A enerxía.

Bloque 4.- A interacción.

Bloque 5. O cambio.

No primeiro bloque, As destrezas científicas básicas, queda plasmada a relación da Física e a Química con dúas ferramentas básicas e importantísimas. En primeiro lugar está o uso das matemáticas; estas aportan tamén unha linguaxe de comunicación formal e, por suposto, inclúen coñecementos, destrezas e actitudes previos do alumnado, ademais doutros que se adquiren nesta etapa educativa. En segundo lugar está o traballo coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, de xeito que se fomenta, en primeiro lugar, o acceso a fontes de información, promovendo á súa vez a análise crítica de dita información e, en segundo lugar, o perfeccionamento do manexo destes instrumentos.

Outro aspecto importante é o uso doutras ferramentas dixitais como o procesado de datos e a elaboración de gráficas usando follas de cálculo e tamén a elaboración de presentacións sobre traballos,  propostos polo profesor ou de libre elección.

Tamén se inclúe unha aproximación en profundidade ao papel destacado da muller na Ciencia ao longo da historia, non sempre ben documentado ou recoñecido; este feito ten como obxectivos poñer estas traxectorias en valor e promover o desenvolvemento de novas vocacións científicas e tecnolóxicas entre as alumnas.

No bloque A materia, englóbanse coñecementos básicos sobre a constitución interna das substancias, o que inclúe a descrición da estrutura dos elementos e dos compostos químicos (o átomo, enlace químico, estruturas e propiedades macroscópicas e microscópicas). Dentro do concepto estrutura hai que mencionar, en primeiro lugar, a descrición do átomo e as partículas subatómicas e, en segundo lugar, a descrición da relación entre o tipo de enlace e as estruturas derivadas do tipo de enlace, o cal nos leva a outro aspecto, que son as propiedades macroscópicas dos sistemas materiais.

Tamén se traballará co concepto de cantidade de materia e a súa unidade, o mol, establecendo relacións entre cantidade de masa e cantidade de materia mediante o uso de cálculos adecuados.

Con respecto a elementos e compostos tamén se inclúe a formulación e nomenclatura de ditas substancias, segundo a normativa IUPAC do ano 2.005.

No bloque titulado A enerxía, partirase da definición deste termo para seguir abordando diferentes aspectos (transformación, disipación, transferencia) e, como contido fundamental e básico sitúase o principio de conservación de enerxía, englobando os tres conceptos anteriores, e relacionándoos con situacións cotiás, tanto domésticas como industriais. Dentro do principio de conservación da enerxía farase especial fincapé na enerxía mecánica e as súas compoñentes: cinética e potencial.

Este bloque inclúe tamén o estudo da relación entre enerxía e traballo e, partindo dos conceptos indicados anteriormente, abordarase tamén a transferencia enerxética vinculada a forzas ou a diferencias térmicas. Tamén se estudará a luz como forma de enerxía, a súa transmisión mediante ondas e a relación entre a enerxía dunha onda e diferentes parámetros que a definen.

Finalmente, afondarase no estudo da enerxía como obxecto de consumo na vida cotiá, tanto a nivel teórico como práctico, aplicando o razoamento científico a estudos sobre a produción e ao uso responsable da enerxía.

No bloque titulado A interacción, traballarase, en primeiro lugar, no estudo do movemento, magnitudes e ecuacións vinculadas a este concepto, así como o traballo con gráficas relacionadas con diferentes tipos de movementos (rectilíneo uniforme, rectilíneo uniformemente acelerado e circular uniforme). Todo isto será tamén relacionado con situacións cotiás e de mellora na calidade de vida.

Tamén se abordará o estudo das forzas, dende a súa definición como magnitude vectorial ata a súa relación en diversos eidos do ámbito doméstico, industrial e da enxeñaría. Directamente relacionado con isto aparecen as principais forzas que se manifestan de xeito cotián na contorna; así estudarase a súa orixe, efectos e aplicacións das mesmas.

A lei de gravitación universal será o seguinte aspecto a traballar neste bloque, establecendo a relación entre a física terrestre (peso, caídas de corpos)  e a física a nivel astronómico mediante este concepto (equilibrios entre astros, satélites artificiais).

Finalmente, abordarase o estudo da forzas e presións nos fluídos traballando con principios como o de Pascal e o de Arquímedes.

No bloque denominado O cambio, abordarase o estudo das reaccións químicas centrándose sobre todo na estequiometría das reaccións, no concepto de velocidade de reacción, o estudo dalgúns tipos de reaccións (combustión, electroquímicas, neutralización...) e na aproximación á relación deste tipo de reacción con procesos industriais ou domésticos. Tamén se traballará o concepto de velocidade de reacción e os factores que poden influír á hora de aumentar ou diminuír a velocidade dunha reacción, abordando, como noutros bloques, as repercusións destes aspectos no ámbito doméstico e industrial. A este respecto, traballarase sobre diferentes tipos de reacción como as de oxidación-redución, as de neutralización ou as combustións.

Estes 5 bloques repártense en once unidades didácticas descritas no apartado 3.

A metodoloxía utilizada atópase con detalle na sección 4 desta programación. Neste sentido, porase énfase na atención á diversidade do alumnado, na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten esas dificultades.

Tamén se potenciará o uso de distintas estratexias metodolóxicas que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e promovan tanto o traballo individual coma o cooperativo e o colaborativo.

 

 

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender e relacionar os motivos polos que ocorren os principais fenómenos fisicoquímicos da contorna, explicándoos en termos das leis e teorías científicas adecuadas para resolver problemas co fin de aplicalas para mellorar a realidade próxima e a calidade da vida humana.
OBX2 Expresar as observacións realizadas polo alumnado en forma de preguntas, formulando hipóteses para explicalas e demostrando estas hipóteses a través da experimentación científica, a indagación e a procura de evidencias, para desenvolver os razoamentos propios do pensamento científico e mellorar as destrezas no uso das metodoloxías científicas.
OBX3 Manexar con soltura as regras e as normas básicas da física e da química no referente á linguaxe da IUPAC, á linguaxe matemática, ao emprego de unidades de medida correctas, ao uso seguro do laboratorio e á interpretación e produción de datos e información en diferentes formatos e fontes, para recoñecer o carácter universal e transversal da linguaxe científica e a necesidade dunha comunicación fiable en investigación e ciencia entre diferentes países e culturas.
OBX4 Utilizar de forma crítica, eficiente e segura plataformas dixitais e recursos variados, tanto para o traballo individual como en equipo, para fomentar a creatividade, o desenvolvemento persoal e a aprendizaxe individual e social, mediante a consulta de información, a creación de materiais e a comunicación efectiva nas diferentes contornas de aprendizaxe.
OBX5 Utilizar as estratexias propias do traballo colaborativo, potenciando o crecemento entre iguais como base emprendedora dunha comunidade científica crítica, ética e eficiente, para comprender a importancia da ciencia na mellora da sociedade, as aplicacións e repercusións dos avances científicos, a preservación da saúde e a conservación sostible do ambiente.
OBX6 Comprender e valorar a ciencia como unha construción colectiva en continuo cambio e evolución, na que non só participan as persoas dedicadas a ela, senón que tamén require dunha interacción co resto da sociedade, para obter resultados que repercutan no avance tecnolóxico, económico, ambiental e social.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A materia: gases e disolucións. Introdúcese o concepto de mol como unha forma de cálculo de cantidade de materia nos diferentes sistemas materiais. Trátanse sistemas materiais significativos en particular disolucións e sistemas gaseosos, con cálculos das diferentes formas de expresar a súa concentración facendo uso tamén das ecuacións dos gases. 10 8
2 O átomo e a táboa periódica. Trátase a evolución dos modelos atómicos, a estructura electrónica do átomo, a súa ordenación na táboa periódica e a relación que ten esta posición coas propiedades fisicoquímicas do elemento. 9 12
3 Ligazón e compostos químicos. Abórdase o estudio das unións entre átomos e analízanse as características da ligazón, as propiedades do composto e as forzas intermoleculares. Establecerase tamén unha relación entre a ligazón presente nos diferentes compostos e as súas propiedades micro e macroscópicas. Trátase, tamén, a nomenclatura IUPAC de sustancias simples, ións, compostos binarios e ternarios inorgánicos . 9 12
4 Química do carbono Faise unha introdución á nomenclatura de compostos orgánicos monofuncionais sinxelos. 9 8
5 As reaccións químicas Afóndase nos cambios químicos, con cálculos estequiométricos nos que se abordarán procesos con rendemento completo, tanto en estado puro como en disolución ou en estado gasoso. Analízanse, dun xeito cualitativo, os factores que afectan á velocidade das reaccións. Tamén se tratarán as reacciones químicas de especial interese, como son as de tipo ácido-base, oxidación, etc. 9 12
6 O movemento. Faise unha clasificación dos distintos tipos de movemento. Abórdanse as ecuacións e gráficas que describen o movemento rectilíneo e uniforme (MRU), movemento rectilíneo uniformemente acelerado, (MRUA), e movemento circular uniforme (MCU), resolvendo problemas, incluindo o movemento de graves. 9 10
7 As forzas. Trátase o carácter vectorial das forzas, facendo cálculos básicos, gráficos e numéricos da forza resultante dun conxunto de forzas que actúan sobre un corpo. Estúdanse as principais forzas: peso, normal, forza de rozamento, tensión e empuxe. 9 10
8 Forzas gravitatorias. Aplícación das leis de Newton e estudo da lei de gravitación universal. 9 6
9 Forzas en fluidos. Cálculo da presión exercida polo peso dun obxecto variando a superficie de apoio. Presión hidrostática. Uso do principio fundamental da hidrostática e aplicacións do principio de Pascal. Principio de Arquímedes e flotabilidade. Presión atmosférica, fundamento de barómetros e manómetros. 9 9
10 A enerxía e as súas transferencias. Trátanse as transferencias de enerxía cinética e potencial, aplicando o teorema de conservación da enerxía mecánica. Fanse cálculos do traballo e potencia mecánica asociados as forzas que actúan sobre un corpo que presentan diferentes ángulos co desprazamento. Cálculo da calor necesaria para provocar variacións de temperatura e cambios de estado, así como a enerxía transferida ata acadar o equilibrio térmico. 9 12
11 Ondas. Luz e son. Introdúcese o concepto de onda e as súas carácterísticas básicas. Faise unha clasificación delas, poñendo diferentes exemplos. Estúdase como a enerxía dunha onda depende das características da onda. 9 6

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. As destrezas científicas básicas
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA1.1 - Recoñecer e describir situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas colaborativas nas que a ciencia e, en particular, a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade e no ambiente.
CA1.2 - Predicir, para as cuestións expostas, respostas que se poidan comprobar coas ferramentas e coñecementos adquiridos, tanto de forma experimental como dedutiva, aplicando o razoamento lóxico-matemático no seu proceso de validación.
CA1.3 - Empregar fontes variadas fiables e seguras para seleccionar, interpretar, organizar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada unha delas contén, extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema e refugando todo o que sexa irrelevante.
CA1.4 - Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.5 - Aplicar con rigor as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
CA1.6 - Utilizar de forma eficiente recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, de forma rigorosa e respectuosa e analizando criticamente as achegas de cada participante.
CA1.7 - Traballar de forma versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando e empregando con criterio as fontes e as ferramentas máis fiables e adecuadas mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
CA1.8 - Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación e iniciando o uso das estratexias propias do traballo colaborativo, como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
CA1.9 - Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por mulleres e homes, así como de situacións e contextos actuais (liñas de investigación, institucións científicas etc.), que a ciencia é un proceso en permanente construción e que esta ten repercusións e implicacións importantes sobre a sociedade.
Contidos
C1.1 - Traballo experimental e proxectos de investigación: estratexias na resolución de problemas e o tratamento do erro mediante a indagación, a dedución, a procura de evidencias e o razoamento lóxico-matemático, facendo inferencias válidas das observacións e obtendo conclusións que vaian máis alá das condicións experimentais para aplicalas a novos escenarios.
C1.2 - Diversas contornas e recursos de aprendizaxe científica, como os laboratorios ou as contornas virtuais: materiais, substancias e ferramentas tecnolóxicas.
C1.3 - Normas de uso de cada espazo, asegurando e protexendo así a saúde propia e comunitaria, a seguridade nas redes e o respecto cara ao ambiente.
C1.4 - A linguaxe científica: manexo adecuado de distintos sistemas de unidades e os seus símbolos. Ferramentas matemáticas adecuadas en diferentes escenarios científicos e de aprendizaxe.
C1.5 - Estratexias de interpretación e produción de información científica en diferentes formatos e a partir de diferentes medios: desenvolvemento do criterio propio baseado no que o pensamento científico achega á mellora da sociedade para facela máis xusta, equitativa e igualitaria.
C1.6 - Valoración da cultura científica e do papel de científicos e científicas nos principais fitos históricos e actuais da física e da química para o avance e a mellora da sociedade.
C1.7 - A cultura científica: o papel dos científicos e das científicas nos principais fitos históricos e actuais da física e da química no avance e na mellora da sociedade.
Bloque B2. A materia
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA2.1 - Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA2.2 - Resolver os problemas fisicoquímicos expostos en relación coa composición e coa estrutura de sistemas materiais mediante as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
CA2.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con sistemas materiais a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
CA2.4 - Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
CA2.5 - Recoñecer e valorar, a través da análise histórica do desenvolvemento do modelo atómico e da ordenación dos elementos na táboa periódica, que a ciencia é un proceso en permanente construción.
Contidos
C2.1 - Sistemas materiais: resolución de problemas e outras situacións de aprendizaxe diversas sobre disolucións e gases, entre outros sistemas materiais significativos.
C2.2 - Modelos atómicos: desenvolvemento histórico dos principais modelos atómicos clásicos e cuánticos e descrición das partículas subatómicas, establecendo a súa relación cos avances da física e da química
C2.3 - Estrutura electrónica dos átomos: configuración electrónica dun átomo e a súa relación coa posición deste na táboa periódica e as súas propiedades fisicoquímicas.
C2.4 - Compostos químicos: a súa formación, propiedades físicas e químicas e valoración da súa utilidade e importancia noutros campos como a enxeñaría ou o deporte.
C2.5 - Cuantificación da cantidade de materia: cálculo do número de moles de sistemas materiais de diferente natureza, manexando con soltura as diferentes formas de medida e expresión desta na contorna científica.
C2.6 - Nomenclatura inorgánica: denominación de substancias simples, ións e compostos químicos binarios e ternarios mediante as normas da IUPAC.
C2.7 - Introdución á nomenclatura orgánica: denominación de compostos orgánicos monofuncionais a partir das normas da IUPAC como base para entender a gran variedade de compostos da contorna baseadas no carbono.
Bloque B3. A enerxía
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA3.1 - Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns en canto ás distintas formas e transferencias de enerxía, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA3.2 - Resolver os problemas fisicoquímicos expostos en relación coa enerxía e cos seus procesos de intercambio mediante as leis e teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
CA3.3 - Recoñecer e describir situacións problemáticas reais relacionadas coa enerxía e emprender iniciativas colaborativas nas que a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade e no ambiente.
CA3.4 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados coa enerxía e cos seus procesos de intercambio a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
CA3.5 - Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes relacionadas coa enerxía e os seus procesos de intercambio para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
CA3.6 - Emprender, de forma autónoma e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos en canto á enerxía que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen valor individual e colectivo.
CA3.7 - Detectar as necesidades tecnolóxicas, ambientais, económicas e sociais máis importantes que demanda a sociedade, entendendo a capacidade da ciencia para darlle solución sustentable a través da implicación de toda a cidadanía.
Contidos
C3.1 - A enerxía: formulación e comprobación de hipóteses sobre as distintas formas de enerxía e aplicacións a partir das súas propiedades e do principio de conservación, como base para a experimentación e a resolución de problemas relacionados coa enerxía mecánica en situacións cotiás.
C3.2 - Transferencias de enerxía: o traballo e a calor como formas de transferencia de enerxía entre sistemas relacionados coas forzas ou a diferenza de temperatura. A luz e o son como ondas que transfiren enerxía.
C3.3 - A enerxía no noso mundo: estimación da enerxía consumida na vida cotiá mediante a procura de información contrastada, a experimentación e o razoamento científico, comprendendo a importancia da enerxía na sociedade, a súa produción e o seu uso responsable.
Bloque B4. A interacción
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA4.1 - Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados co movemento, coas forzas e cos seus efectos, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA4.2 - Resolver os problemas fisicoquímicos expostos con relación ao movemento, ás forzas e aos seus efectos mediante as leis e teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
CA4.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos con relación ao movemento, ás forzas e aos seus efectos a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
CA4.4 - Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes relacionadas co movemento, coas forzas e cos seus efectos para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
CA4.5 - Emprender, de forma autónoma e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos relacionados co movemento, coas forzas e cos seus efectos que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Contidos
C4.1 - Predición e comprobación, utilizando a experimentación e o razoamento lóxico-matemático, utilizando ecuacións e gráficas da variación das principais magnitudes que describen o movemento dun corpo, relacionándoo con situacións cotiás e coa mellora da calidade de vida.
C4.2 - A forza como axente de cambios nos corpos: principio fundamental da física que se aplica a outros campos como o deseño, o deporte ou a enxeñaría.
C4.3 - Carácter vectorial das forzas: uso da álxebra vectorial básica para a realización gráfica e numérica de operacións con forzas e a súa aplicación á resolución de problemas relacionados con sistemas sometidos a conxuntos de forzas, valorando a súa importancia en situacións cotiás.
C4.4 - Principais forzas da contorna cotiá, recoñecemento do peso, a normal, o rozamento, a tensión ou o empuxe e o seu uso na explicación de fenómenos físicos en distintos escenarios.
C4.5 - Lei da gravitación universal: atracción entre os corpos que compoñen o universo. Concepto de peso.
C4.6 - Forzas e presión nos fluídos: efectos das forzas e da presión sobre os líquidos e os gases, estudando os principios fundamentais que as describen.
Bloque B5. O cambio
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA5.1 - Comprender cambios físicos e químicos cotiáns, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA5.2 - Resolver os problemas fisicoquímicos expostos con relación aos cambios físicos e químicos mediante as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
CA5.3 - Recoñecer e describir situacións problemáticas reais relacionadas fundamentalmente cos cambios químicos e emprender iniciativas colaborativas nas que a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade e no ambiente.
CA5.4 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de cambios físicos e químicos a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
CA5.5 - Emprender, de forma autónoma e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos referidos a cambios físicos e químicos que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Contidos
C5.1 - Ecuacións químicas: axuste de reaccións químicas e realización de predicións cualitativas e cuantitativas baseadas na estequiometría, relacionándoas con procesos fisicoquímicos da industria, do ambiente e da sociedade.
C5.2 - Descrición cualitativa de reaccións químicas de interese da contorna cotiá, incluídas as combustións, as neutralizacións e os procesos electroquímicos sinxelos, valorando as implicacións que teñen na tecnoloxía, na sociedade ou no ambiente.
C5.3 - Factores que inflúen na velocidade das reaccións químicas: comprensión de como ocorre a reordenación dos átomos aplicando modelos como a teoría de colisións e realización de predicións nos procesos químicos cotiáns máis importantes.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A materia: gases e disolucións.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Empregar fontes variadas fiables e seguras para seleccionar, interpretar, organizar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada unha delas contén, extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema e refugando todo o que sexa irrelevante.
Táboa de indicadores
Emprega fontes fiables para interpretar, organizar e comunicar información relativa a resolución da práctica realizada. 10
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.1. Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, asi como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Na resolución de problemas sobre sustancias, gases e disolucións, fai uso das ferramentas matemáticas necesarias e expresa adecuadamente os resultados. 10
CA1.4.2. Utilizar adecuadamente as regras de nomenclatura, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Formula e nomea correctamente os compostos binarios e ternarios máis comúns, que aparecen nos problemas a resolver. 10
CA1.5 Aplicar con rigor as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Coñece e respecta as normas de uso e seguridade do laboratorio de química. 10
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por mulleres e homes, así como de situacións e contextos actuais (liñas de investigación, institucións científicas etc.), que a ciencia é un proceso en permanente construción e que esta ten repercusións e implicacións importantes sobre a sociedade.
Proba escrita
Recoñecer e valorar os feitos científicos máis relevantes relacionados cas leis dos gases. 12
CA2.1 Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Explica, de xeito argumentado e facendo uso das leis e teorías científicas adecuadas, cuestións sobre compostos, gases e disolucións. 12
CA2.2 Resolver os problemas fisicoquímicos expostos en relación coa composición e coa estrutura de sistemas materiais mediante as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
Proba escrita
Resolve problemas sobre substancias en estado gaseoso e disolucións, aplicando as leis e teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección 12
CA2.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con sistemas materiais a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
Proba escrita
Emprega as metodoloxías da ciencia na identificación e descrición de cambios físicos e químicos relacionados cos gases e disolucións a partir de situacións observadas no mundo natural. 12
CA2.4 Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
Proba escrita
Resolve problemas e cuestións sobre compostos, gases e disolucións, facendo uso dos coñecementos adquiridos e analizando críticamente os resultados. 12

2 O átomo e a táboa periódica.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.1. Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, asi como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Expresa axeitadamente as diferentes magnitudes e as súas unidades, así como os sistemas de expresión das configuracións atómicas. 10
CA1.4.2. Utilizar adecuadamente as regras de nomenclatura, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Nomea e formula correctamente elementos e ións monoatómicos. 10
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por mulleres e homes, así como de situacións e contextos actuais (liñas de investigación, institucións científicas etc.), que a ciencia é un proceso en permanente construción e que esta ten repercusións e implicacións importantes sobre a sociedade.
Táboa de indicadores
Recoñece e valora os avances científicos relacionados ca constitución do átomo e os integra dentro da construcción permanente do coñecemento. 10
CA2.1 Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Relaciona a configuración electrónica e a posición no sistema periódico, así como as súas propiedades de diversos elementos, que non sexan metais de transición interna. 15
CA2.2 Resolver os problemas fisicoquímicos expostos en relación coa composición e coa estrutura de sistemas materiais mediante as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
Proba escrita
Resolve problemas sobre a constitución de elementos químicos que non sexan metais de transición interna, aplicando as leis e as teorías adecuadas para atopar e argumentar as solucións, expresando adecuadamente os resultados 15
CA2.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con sistemas materiais a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
Proba escrita
Explica algun dos fenómenos relacionados cos sistemas materiales tratados na unidade utlizando informacións sinxelas recollidas en forma de textos, gráficas ou números. 15
CA2.4 Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
Proba escrita
Aplica as leis e teorías científicas máis importantes para validar hipótese deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas. 15
CA2.5 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica do desenvolvemento do modelo atómico e da ordenación dos elementos na táboa periódica, que a ciencia é un proceso en permanente construción.
Táboa de indicadores
Recoñece os feitos máis relevantes no desenvolvemento dos modelos atómicos e na ordenación dos elementos na táboa periódica. 10

3 Ligazón e compostos químicos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Empregar fontes variadas fiables e seguras para seleccionar, interpretar, organizar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada unha delas contén, extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema e refugando todo o que sexa irrelevante.
Táboa de indicadores
Emprega fontes fiables para interpretar, organizar e comunicar información relativa a resolución da práctica de enlace realizada. 5
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.2. Utilizar adecuadamente as regras de nomenclatura, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Emprega as normas IUPAQ para formular e nomear correctamente compostos químicos inorgánicos 20
CA1.6 Utilizar de forma eficiente recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, de forma rigorosa e respectuosa e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Utiliza recursos variados no seu grupo de traballo e analiza as achegas de todos os participantes de forma rigorosa e respectuosa. 5
CA1.8 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación e iniciando o uso das estratexias propias do traballo colaborativo, como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Emprega recursos tradicionais para a o rexistro e organización do traballo. Usa a aula virtual como ferramenta de comunicación e intercambio de información cando corresponda. 5
CA2.1 Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Explia o enlace entre diferentes átomos, a partir do seu número atómico ou da súa configuración, predecindo o tipo de enlace, composto máis probable, estrutura, propiedades, etc. A partir das propiedades presentes en diferentes substancias, identifica o tipo de enlace máis probable. 20
CA2.2 Resolver os problemas fisicoquímicos expostos en relación coa composición e coa estrutura de sistemas materiais mediante as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
Proba escrita
Predice o composto químico máis probable e a súa estrutura, a partir das teorías sobre enlace, argumentando as súas respostas. 20
CA2.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con sistemas materiais a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
Táboa de indicadores
Emprega o método científico na resolución de actividades de laboratorio sobre enlace químico. 5
CA2.4 Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
Proba escrita
Aplica as teorías sobre enlace químico para validar as hipóteses sobre a identificación de sustancias mediante a análise das propiedades de enlace, realizando os experimentos pertinentes e analizando críticamente os resultados 20

4 Química do carbono
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.2. Utilizar adecuadamente as regras de nomenclatura, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Nomea e formula correctamente, segundo as normas IUPAQ, hidrocarburos e compostos monofuncionais. 40
CA1.6 Utilizar de forma eficiente recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, de forma rigorosa e respectuosa e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Emprega recursos tradicionais para a o rexistro e organización do traballo. Usa a aula virtual como ferramenta de comunicación e intercambio de información cando corresponda. 10
CA1.7 Traballar de forma versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando e empregando con criterio as fontes e as ferramentas máis fiables e adecuadas mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
Táboa de indicadores
Utiliza medios variados e fiables na creación de contidos nun traballo de investigacion sobre compostos orgánicos. 10
CA2.1 Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Resolve problemas sobre a constitución de compostos químicos orgánicos, aplicando as leis e teorías adecuados, argumentando as solucións. 40

5 As reaccións químicas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e describir situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas colaborativas nas que a ciencia e, en particular, a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade e no ambiente.
Táboa de indicadores
Analiza situacións problemáticas reais nas que a física e química poda contribuir á súa solución, coidando o medio ambiente. 5
CA1.2 Predicir, para as cuestións expostas, respostas que se poidan comprobar coas ferramentas e coñecementos adquiridos, tanto de forma experimental como dedutiva, aplicando o razoamento lóxico-matemático no seu proceso de validación.
Proba escrita
Predice, para as cuestión expostas, respostas razoadas en función dos coñecementos adquiridos 16
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.1. Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, asi como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Resolve, usando as leis e teorías adecuadas, problemas sobre reaccións químicas, usando as ferramentas matemáticas necesarias e expresando adecuadamente os resultados. 8
CA1.4.2. Utilizar adecuadamente as regras de nomenclatura, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Formula e nomea, seguindo as normas IUPAQ, os diferentes compostos que participan nas reaccións químicas a estudar. 8
CA1.5 Aplicar con rigor as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Coñece e respecta as normas de uso e seguridade dos laboratorios 5
CA5.1 Comprender cambios físicos e químicos cotiáns, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Explica de maneira argumentada, oral e por escrito, cambios físicos e químicos cotiáns, facendo uso das leis e teorías científicas. 16
CA5.2 Resolver os problemas fisicoquímicos expostos con relación aos cambios físicos e químicos mediante as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
Proba escrita
Resolve, usando as leis e teorías adecuadas , problemas en relación coa composición e coa estructura da materia e cos cambios físicos e químicos, e expresa correctamente os resultados. 16
CA5.3 Recoñecer e describir situacións problemáticas reais relacionadas fundamentalmente cos cambios químicos e emprender iniciativas colaborativas nas que a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade e no ambiente.
Táboa de indicadores
Describe situacións problemáticas reais relacionadas cos cambios químicos e emprender iniciativas colaborativas que poden contribuír á súa solución. 5
CA5.4 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de cambios físicos e químicos a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
Proba escrita
Emprega as metodoloxías da ciencia na identificación e descrición de cambios físicos e químicos a partir de situacións observadas no mundo natural. 16
CA5.5 Emprender, de forma autónoma e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos referidos a cambios físicos e químicos que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Emprende proxectos científicos que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo. 5

6 O movemento.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.1. Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, asi como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Resolución correcta de ecuaciones sobre movemento. Uso correcto de magnitudes, unidades e cambios de unidades relativos ao movemento. 16
CA1.6 Utilizar de forma eficiente recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, de forma rigorosa e respectuosa e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Emprega recursos tradicionais para a o rexistro e organización do traballo. Usa a aula virtual como ferramenta de comunicación e intercambio de información cando corresponda. 10
CA1.8 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación e iniciando o uso das estratexias propias do traballo colaborativo, como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Participa activamente nas actividades e debates na aula ou no pequeno grupo asignado para un traballo colaborativo. 5
CA4.1 Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados co movemento, coas forzas e cos seus efectos, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Analiza cuestións relacionadas co movemento e razoa as respostas facendo uso das teroías estudadas. 16
CA4.2 Resolver os problemas fisicoquímicos expostos con relación ao movemento, ás forzas e aos seus efectos mediante as leis e teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
Proba escrita
Resolve problemas sobre MRU, MRUA e MCU, presentando un razoamento lóxico deductivo e expresando os resultados nas unidades correspondentes. 16
CA4.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos con relación ao movemento, ás forzas e aos seus efectos a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
Proba escrita
Interpreta e elabora gráficas de movementos, aplicando as mesmas na resolución de cuestións e problemas. 16
CA4.4 Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes relacionadas co movemento, coas forzas e cos seus efectos para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
Proba escrita
Aplica as leis correspondentes ao movemento na resolución de situaciónsproblema, e analiza críticamente os resultados. 16
CA4.5 Emprender, de forma autónoma e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos relacionados co movemento, coas forzas e cos seus efectos que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Participa de forma activa en traballos científicos relacionados co movemento fomentando a mellora na sociedade. 5

7 As forzas.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.1. Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, asi como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Suma vectorialmente forzas, resolve ecuacións sobre forzas e expresa axeitadamente as magnitudes e resultados cas unidades correspondentes. 16
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por mulleres e homes, así como de situacións e contextos actuais (liñas de investigación, institucións científicas etc.), que a ciencia é un proceso en permanente construción e que esta ten repercusións e implicacións importantes sobre a sociedade.
Táboa de indicadores
Recoñece os principais avances históricos relativos ao coñecemento das forzas 10
CA4.1 Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados co movemento, coas forzas e cos seus efectos, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Resolucións de cuestións de razoamento e cálculo sobre a forza peso, a normal, rozamento (tanto en planos horizontais como inclinados). 16
CA4.2 Resolver os problemas fisicoquímicos expostos con relación ao movemento, ás forzas e aos seus efectos mediante as leis e teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
Proba escrita
Resolve problemas sobre lanzamentos nos que se combinan coñecementos de cinemática e dinámica 16
CA4.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos con relación ao movemento, ás forzas e aos seus efectos a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
Proba escrita
Realiza e interpreta gráficos e diagramas para a resolución de cuestións e problemas sobre forzas 16
CA4.4 Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes relacionadas co movemento, coas forzas e cos seus efectos para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
Proba escrita
Emite hipótesis coherentes coas leis e teoría ante cuestións científicas sobre forzas. 16
CA4.5 Emprender, de forma autónoma e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos relacionados co movemento, coas forzas e cos seus efectos que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Participa ,de forma guiada e activa, en proxectos de aprendizaxe relacionados cas forzas. 10

8 Forzas gravitatorias.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Predicir, para as cuestións expostas, respostas que se poidan comprobar coas ferramentas e coñecementos adquiridos, tanto de forma experimental como dedutiva, aplicando o razoamento lóxico-matemático no seu proceso de validación.
Proba escrita
Predice, para as cuestión expostas sobre a forza gravitatoria, respostas razoadas en función dos coñecementos adquiridos. 14
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.1. Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, asi como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Suma vectorialmente forzas, resolve ecuacións sobre forza gravitatoria e expresa axeitadamente as magnitudes e resultados cas unidades correspondentes. 10
CA1.7 Traballar de forma versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando e empregando con criterio as fontes e as ferramentas máis fiables e adecuadas mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
Táboa de indicadores
Utiliza medios variados e fiables na creación de contidos nun proxecto de investigacion sobre a forza gravitatoria. 10
CA4.1 Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados co movemento, coas forzas e cos seus efectos, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Resolucións de cuestións de razoamento e cálculo sobre a forza gravitatoria. 14
CA4.2 Resolver os problemas fisicoquímicos expostos con relación ao movemento, ás forzas e aos seus efectos mediante as leis e teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
Proba escrita
Aplica as Leis de Newton e Gravitación Universal para a resolución de problemas sobre forzas, representado correctamente éstas, empregando un proceso lóxico deductivo e expresando as magnitudes e unidades correctamente 14
CA4.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos con relación ao movemento, ás forzas e aos seus efectos a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
Proba escrita
Realiza e interpreta gráficos e diagramas para a resolución de cuestións e problemas sobre forza gravitatoria. 14
CA4.4 Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes relacionadas co movemento, coas forzas e cos seus efectos para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
Proba escrita
Emite hipótesis coherentes coas leis e teoría ante cuestións científicas sobre a forza gravitatoria. 14
CA4.5 Emprender, de forma autónoma e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos relacionados co movemento, coas forzas e cos seus efectos que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Participa ,de forma guiada e activa, en proxectos de aprendizaxe relacionados coa forza gravitatoria. 10

9 Forzas en fluidos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.1. Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, asi como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Plantexa e resolve as ecuacións matemáticas sobre presión e forzas en fluídos. Realiza os pertinentes cambios de unidades e expresa os resultados con corrección. 16
CA1.5 Aplicar con rigor as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Coñece e respecta as normas de uso e seguridade los laboratorios. 10
CA4.1 Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados co movemento, coas forzas e cos seus efectos, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Analiza fenómenos físicos contiáns relacionados ca presión e as forzas en fluidos, explicando éstes facendo uso das correspodentes leis e argumentando as respostas. 16
CA4.2 Resolver os problemas fisicoquímicos expostos con relación ao movemento, ás forzas e aos seus efectos mediante as leis e teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
Proba escrita
Resolve problemas sobre presión e forzas en fluídos, aplicando as principais leis, razoando os procedementos utilizados e expresando os resultados cas unidades correctas. 16
CA4.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos con relación ao movemento, ás forzas e aos seus efectos a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
Proba escrita
Analiza cuestións sobre fluidos vistas no mundo natural ou enunciadas a través de téxtos, gráficos ou numéros, empregando a lei fundamental da hidrostática e o concepto de presión. 16
CA4.4 Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes relacionadas co movemento, coas forzas e cos seus efectos para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
Proba escrita
Aplica na resolución de cuestións e problemas os principios e leis sobre forzas, presión e forzas en fluídos. 16
CA4.5 Emprender, de forma autónoma e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos relacionados co movemento, coas forzas e cos seus efectos que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Participa ,de forma guiada e activa, en proxectos de aprendizaxe relacionados coa forza en fluídos. 10

10 A enerxía e as súas transferencias.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer e describir situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas colaborativas nas que a ciencia e, en particular, a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade e no ambiente.
Táboa de indicadores
Analiza a posible contribución da física e química na resolución do conflicto enerxético e as súas implicacións medioambientais. 4
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.1. Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, asi como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Plantexa e resolve as ecuaciós matemáticas relacionadas ca enerxia e expresa as magnitudes e resultadas nas unidades correctas 16
CA1.7 Traballar de forma versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando e empregando con criterio as fontes e as ferramentas máis fiables e adecuadas mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
Táboa de indicadores
Utiliza medios variados e fiables na creación de contidos nun proxecto de investigacion sobre enerxías. 4
CA3.1 Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns en canto ás distintas formas e transferencias de enerxía, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Explica por escrito fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados coa enerxía en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas. 16
CA3.2 Resolver os problemas fisicoquímicos expostos en relación coa enerxía e cos seus procesos de intercambio mediante as leis e teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando os resultados con corrección e precisión.
Proba escrita
Resolve, usando as leis e teorías adecuadas , problemas en relación coa enerxía e os seus procesos, e expresa correctamente os resultados. 16
CA3.3 Recoñecer e describir situacións problemáticas reais relacionadas coa enerxía e emprender iniciativas colaborativas nas que a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade e no ambiente.
Táboa de indicadores
Recoñece e describe situacións problemáticas reais relacionadas coa enerxía e analiza o seu impacto na sociedade 4
CA3.4 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados coa enerxía e cos seus procesos de intercambio a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
Proba escrita
Analiza fenómenos observados ou plantexados relacionados coa enerxía e os seus procesos de intercambio, facendo uso das metodoloxías científicas. 16
CA3.5 Aplicar as leis e teorías científicas máis importantes relacionadas coa enerxía e os seus procesos de intercambio para validar hipóteses de maneira informada e coherente co coñecemento científico existente, deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas e analizando os resultados criticamente.
Proba escrita
Emite hipótesis coherentes coas leis e teorías ante cuestións relacionadas coa enerxía e os seus procesos e deseña algún procedemento para resovelas. 16
CA3.6 Emprender, de forma autónoma e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos en canto á enerxía que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Participa, de forma guiada e activa, en proxectos de aprendizaxe que impliquen ao alumnado no análise do problema de consumo enerxético e as súas alternativas. 4
CA3.7 Detectar as necesidades tecnolóxicas, ambientais, económicas e sociais máis importantes que demanda a sociedade, entendendo a capacidade da ciencia para darlle solución sustentable a través da implicación de toda a cidadanía.
Táboa de indicadores
Entende a capacidade da ciencia para dar resposta sostible ás demandas enerxéticas da sociedade. 4

11 Ondas. Luz e son.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Empregar fontes variadas fiables e seguras para seleccionar, interpretar, organizar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada unha delas contén, extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema e refugando todo o que sexa irrelevante.
Táboa de indicadores
Emprega diferentes fontes de información para realizar un breve informe sobre cuestións relativas a luz e ao son.. 4
CA1.4 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, as ferramentas matemáticas necesarias e as regras de nomenclatura avanzadas, así como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4.1. Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso correcto de varios sistemas de unidades, asi como as ferramentas matemáticas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Plantexa e resolve as ecuaciós matemáticas relacionadas cas ondas e expresa as magnitudes e resultadas nas unidades correctas. 20
CA1.5 Aplicar con rigor as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Coñece e respecta as normas de uso e seguridade los laboratorios. 4
CA1.6 Utilizar de forma eficiente recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, de forma rigorosa e respectuosa e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Analiza críticamente e de forma respetuosa as achegas doutros compañeiros sobre cuestións relativas ás ondas. 4
CA1.8 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación e iniciando o uso das estratexias propias do traballo colaborativo, como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Participa activamente nas actividades e debates na aula ou no pequeno grupo asignado para un traballo colaborativo. 4
CA3.1 Comprender fenómenos fisicoquímicos cotiáns en canto ás distintas formas e transferencias de enerxía, explicalos con rigor en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Explica por escrito fenómenos fisicoquímicos cotiáns relacionados coa luz e o son en termos dos principios, teorías e leis científicas adecuadas. 20
CA3.3 Recoñecer e describir situacións problemáticas reais relacionadas coa enerxía e emprender iniciativas colaborativas nas que a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade e no ambiente.
Proba escrita
Recoñece e describe situacións problemáticas reais relacionadas coa luz e o son e analiza o seu impacto na sociedade. 20
CA3.4 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados coa enerxía e cos seus procesos de intercambio a partir de situacións tanto observadas no mundo natural como expostas a través de enunciados con información textual, gráfica ou numérica.
Proba escrita
Analiza fenómenos observados ou plantexados relacionados coa luz e o son e os seus procesos de intercambio, facendo uso das metodoloxías científicas. 20
CA3.6 Emprender, de forma autónoma e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos en canto á enerxía que involucren o alumnado na mellora da sociedade e que creen valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Participa, de forma guiada e activa, en proxectos de aprendizaxe que impliquen ao alumnado no análise da contaminación lumínica e sonora. 4

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía será activa e participativa, de forma que facilite a aprendizaxe, tanto individual como colectiva, e que, como un dos seus eixos, favoreza a adquisición das competencias clave, especialmente a relacionada coa competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Empregaranse diversas estratexias metodolóxicas:
- Exposición do profesor utilizando diversos soportes. Antes de comezar a exposición, débense coñecer as ideas previas e as dificultades de aprendizaxe do alumnado.
- Sempre que sexa posible vincular os contidos a contextos cotiáns, así como xerar posibilidades de aplicación dos contidos adquiridos.
- Utilización de software educativo para entender mellor os contidos, para comprobar as actividades realizadas e, en xeral, como soporte e recurso facilitador de la construción de ideas.
- Traballo reflexivo persoal no desenvolvemento das actividades individuais e de proxectos para investigar e descubrir.
- Traballo en grupo cooperativo para o desenvolvemento das actividades e problemas propostos.
- Posta en común despois do traballo individual.
-Técnica de debate na aula para aportar solucións a unha cuestión ou problema determinado.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Recursos: Aula, aula virtual, laboratorio equipado, ordenadores, recursos audiovisuais, recursos informáticos e todo tipo de recursos de papelería...
Materiais: Libro de texto/apuntamentos, vídeos e textos elaborados polo profesorado e/ou alumnado, presentacións audiovisuais, material dixital seleccionado, material de laboratorio adecuado ás prácticas deseñadas, modelos moleculares...

 

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Durante os primeiros días do mes de setembro realizarase un rexistro da información relevante sobre o alumnado matriculado na materia:
- Alumnado coa materia de 3º da ESO pendente.
- Alumnado repetidor
- Alumnado con necesidades educativas especiais ou análogas.
Nos primeiros días lectivos farase unha proba escrita que permita medir o nivel competencial do alumnado conforme aos criterios de avaliación de 3ª da ESO.

Nos primeiros días lectivos, poderase facer unha proba escrita ou desenvolver algunha tarefa que permita medir o nivel competencial do alumnado conforme aos criterios de avaliación de 3º ESO. Prestarase especial atención aos resultados do alumnado de nova incorporación ao centro.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 9.0 9.0 9.0 9.0 9.0 9.0 9.0 9.0 9.0 9.0 100.0
Proba escrita 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 79.99999999999993
Táboa de indicadores 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 19.999999999999993

A cualificación en cada UD establecerase segundo a nota acadada para cada CA, tendo en conta o peso de cada un na UD. Algúns CA avaliaranse mediante proba escrita e outros mediante táboa de indicadores. Pódense atopar estes datos na sección 3.3. Aqueles CA avaliados mediante táboa de indicadores serán exercicios a entregar na clase, traballos de laboratorio, presentación de traballos, etc.

En cada avaliación realizaranse dúas probas escritas. Na primeira e terceira avaliación cada proba escrita incluirá dúas UD e no segundo trimestre a primeira proba corresponderá a unha UD e a segunda proba a dúas UD. En canto estas probas obxectivas, establécense os seguintes criterios xerais :

-En toda proba escrita que se realice figurará a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta.

-É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis.

-Os/as alumnos/as deberán traer calculadora ao exame e non estará permitido compartir a dun compañeiro.

-A ausencia de explicacións na solución, ou unha explicación errada, repercutirá negativamente na súa valoración, podendo chegar a ter unha puntuación de cero se só se aporta a solución numérica, un verdadeiro ou falso ou resposta curta sen ningunha explicación. Reciprocamente, aínda que o resultado non sexa correcto, teranse en conta a presentación e desenvolvemento do problema.

-A non comparecencia non xustificada a un exame cualificarase cun cero. No caso de non poder asistir a un exame por motivo xustificado, a profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do/a alumno/a ata ese momento.

O curso, con relación ás cualificacións, divídese en tres trimestres. A cualificación global de cada avaliación obterase como a media aritmética obtida para cada UD. No boletín de cualificacións consignarase o resultado de aplicar o redondeo á unidade máis próxima seguindo o criterio usual en ciencia. En particular, en caso de equidistancia, o dito redondeo realizarase á alza. Un trimestre considerarase superado se a cualificación consignada é 5 ou superior.

A cualificación final do curso será o resultado de aplicar un redondeo semellante ao sinalado anteriormente á media das tres cualificacións obtidas nos trimestres. Cómpre destacar que con estas últimas referímonos aos valores reais de cada trimestre, nos aos consigandos no boletín.

 

Se rematado un trimestre, a cualificación é inferior a 5, o alumno ou alumna terá que recuperar dito trimestre mediante unha proba escrita. No caso dos dous primeiros trimestres a proba levarase a cabo nas primeiras semanas do seguinte trimestre. A recuperación da 3ª avaliación realizarase na proba final. Para poder obter unha cualificación positiva da avaliación será necesario obter como mínimo un 4,5 nas probas de recuperación.

O alumnado que en xuño non estea en condicións de superar a materia poderá realizar unha proba escrita final da avaliación ou das avaliacións que teña suspensas. É necesario sacar polo menos un 4,5, na proba final, para considerar superada a materia, no caso de ir con toda a materia.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Garantirase a adecuada atención á diversidade, polo que se desenvolverá o currículo atendendo aos tres principios fundamentais que guían o DUA:

  • Proporcionar múltiples formas de representación.
  • Proporcionar múltiples formas de acción e expresión.
  • Proporcionar múltiples formas de implicación.

I. Proporcionar múltiples formas de representación.

PAUTA 1. Percepción.

  • 1.1.- Ofrecendo diferentes formas de presentación. (Uso de materiais dixitais cuxa presentación poida ser personalizada).
  • 1.2.- Ofrecendo alternativas á información auditiva. (Transcricións escritas, subtítulos, gráficos, énfases, etc.).
  • 1.3.- Ofrecendo alternativas á información visual. (Proporcionar descricións).

PAUTA 2. Linguaxe, expresións matemáticas e símbolos.

  • 2.1.- Clarificando vocabulario e símbolos. (Pre-ensinar o vocabulario e os símbolos, proporcionar descricións de texto alternativas aos mesmos, etc.).
  • 2.2.- Clarificando sintaxe e estruturas. (Clarificar a sintaxe non familiar a través de alternativas tales como estruturas previas, modelos moleculares, mapas conceptuais, etc.).
  • 2.3.- Facilitando a descodificación de textos, notacións matemáticas e símbolos. (Permitir o acceso a representacións múltiples de notación; por exemplo, fórmula e modelo molecular).
  • 2.4.- Promovendo a comprensión entre diferentes idiomas. (Facer que a información clave estea dispoñible en varias linguas, utilizar tradutores).
  • 2.5.- Ilustrando a través de múltiples medios. (Utilizar representacións simbólicas para conceptos clave).

PAUTA 3. Comprensión.

  • 3.1.- Activando ou substituíndo coñecementos previos. (Utilizar organizadores como mapas conceptuais, por exemplo.).
  • 3.2.- Destacando ideas principais e relacións.
  • 3.3.- Guiando o procesamento da información, a visualización e a manipulación. (Eliminar elementos distractores, proporcionar múltiples formas de aproximarse ao obxecto de estudo).
  • 3.4.- Maximizando a transferencia e a xeneralización. (Integrar ideas novas dentro de contextos xa coñecidos, proporcionar situacións que permitan a xeneralización da aprendizaxe).

II. Proporcionar múltiples formas de acción e expresión.

PAUTA 4. Interacción física.

  • 4.1.- Variando métodos para resposta e navegación. (Proporcionar alternativas para dar respostas físicas).
  • 4.2.- Optimizando o acceso ás ferramentas e os produtos e tecnoloxías de apoio. (Proporcionar acceso a teclados alternativos).

PAUTA 5. A expresión e a comunicación.

  • 5.1.- Usando múltiples medios de comunicación. (Resolver problemas utilizando distintas estratexias, utilizar aula virtual, mensaxería, etc.).
  • 5.2.- Usando múltiples ferramentas para a construción e a composición. (Usar correctores ortográficos, proporcionar calculadoras, páxinas web de formulación, etc.).

PAUTA 6. As funcións executivas.

  • 6.1.- Guiando o establecemento adecuado de metas. (Poñer exemplos de procesos e definición de metas, proporcionar apoios para estimar a súa consecución, visualizar as metas, etc.).
  • 6.2.- Apoiando a planificación e o desenvolvemento de estratexias. (Usar freos cognitivos, chamadas a parar e pensar, revisar portafolio ou similares, proporcionar listas de comprobación para establecer prioridades, etc.).
  • 6.3.- Facilitando a xestión de información e recursos. (Proporcionar organizadores gráficos para recollida e organización de información).
  • 6.4.- Aumentando a capacidade para facer un seguimento dos avances. (Facer preguntas guía, mostrar representacións dos progresos, proporcionar modelos de autoavaliación, etc.).

III. Proporcionar múltiples formas de implicación.

PAUTA 7. Opcións para captar o interese.

  • 7.1.- Optimizando a elección individual e a autonomía. (Proporcionar ao alumnado posibilidades de elección no contexto ou contidos utilizados para a avaliación das competencias, das ferramentas para recoller e producir información, das secuencias e tempos para completar as tarefas, etc.).
  • 7.2.- Optimizando a relevancia, o valor e a autenticidade. (Deseñar actividades e propoñer fontes de información para que poidan ser personalizadas, socialmente relevantes, culturalmente significativas, actividades con resultados comunicables, que permitan a investigación, que fomenten o uso da imaxinación, etc.).
  • 7.3.- Minimizando a inseguridade e as distraccións. (Crear un clima de apoio, reducir os niveis de incerteza creando rutinas de clase, variando os niveis de estimulación sensorial para que a aprendizaxe poida ter lugar).

PAUTA 8. Opcións para manter o esforzo e a persistencia.

  • 8.1.- Resaltando a relevancia das metas. (Pedir ao alumnado que formule o obxectivo de forma explícita, fomentar a división de metas en obxectivos a curto prazo, etc.).
  • 8.2.- Variando as esixencias e os recursos para optimizar os desafíos. (Diferenciar o grao de complexidade con que poden completar as tarefas, proporcionar ferramentas alternativas, facer fincapé no proceso, etc.).
  • 8.3.- Fomentando a colaboración e a comunidade. (Crear grupos cooperativos, fomentar as oportunidades de interacción, etc.).
  • 8.4.-Utilizando o feedback orientado cara á excelencia nunha tarefa. (Proporcionar feedback que saliente o esforzo, que sexa informativo e non competitivo, que fomente a perseveranza, etc.).

PAUTA 9. Opcións para a autorregulación.

  • 9.1.- Promovendo expectativas e crenzas que optimicen a motivación. (Proporcionar avisos, listas, rúbricas que se centren en obxectivos de autorregulación, proporcionar apoios que modelen o proceso para establecer metas persoais, etc.).
  • 9.2.- Facilitando estratexias e habilidades para afrontar problemas da vida cotiá. (Proporcionar modelos para xestionar a frustración e buscar apoios emocionais, manexar adecuadamente as fobias, usar situacións reais para demostrar habilidades e para afrontar os problemas, etc.) .
  • 9.3.- Desenvolvendo a auto-avaliación e a reflexión. (Desenvolver actividades que inclúan medios que permitan ao alumnado obter feedback que favorezan o recoñecemento do progreso).

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
1 1.Comprensión lectora e expresión escrita, mediante a busca de información (textos, gráficas, táboas) e a súa posterior presentación. Terá especial interese a presentación das prácticas de laboratorio e dos exercicios de argumentación, que seguirán as formas das publicacións científicas. Este elemento está relacionado, entre outros, co seguinte criterio de avaliación: CA1.7.
2 2.A expresión oral traballarase nas presentacións sobre diferentes temáticas (enerxía, procesos químicos, etc.), así como en pequenos debates e similares. A súa avaliación precisa o uso dunha rúbrica. Este elemento transversal está directamente relacionado, entre outros, cos seguintes criterios de avaliación: CA3.3, CA 5.3
3 Comunicación audiovisual. Como se indicou no apartado de concrecións metodolóxicas promoverase o modelo de aula invertida (ou modificacións del mesmo utilizando alternativas ao vídeo en consonancia co DUA). Non só se fomentaría o uso pasivo do vídeo por parte do alumnado senón tamén como creadores dese tipo de materiais..
4 Competencia dixital, mediante o uso da aula virtual, produción de informes ou presentación de proxectos empregando procesadores de texto e programas de presentación, respectivamente, a busca de información en internet, ou as aplicacións interactivas sobre formulación e similares. Este elemento está directamente relacionado, entre outros, cos seguintes criterios de avaliación: CA1.6 e CA1.7 .
5 Emprendemento, especialmente no deseño de experiencias e proxectos de investigación así como na proposta de hipóteses e a comprobación destas, na proposta de accións de mellora na sociedade, na capacidade de liderado do grupo... Este elemento está relacionado, entre outros, cos seguintes criterios de avaliación: CA1.2 e CA1.8.
6 O fomento do espírito crítico e científico é consubstancial á materia e trabállase na totalidade desta, especialmente nos exercicios de argumentación fronte a distintos enunciados a partir das probas dispoñibles. Este elemento transversal está directamente relacionado, entre outros, co seguinte criterio de avaliación: CA1.1.
7 Educación emocional e en valores, mediante a relación entre os membros da comunidade educativa, atendendo ao alumnado desde a empatía e a comprensión, fomentando o respecto nas actuacións que se leven a cabo, chegando a acordos, co cumprimento das normas, deseñando e desenvolvendo protocolos de resolución de conflitos... Está relacionado, entre outros, co seguinte criterio de avaliación: CA1.8
8 Igualdade de xénero, no día a día mediante o trato igualitario entre os membros da comunidade educativa independentemente do seu xénero e establecendo interacciones coeducativas en consonancia co criterio de avaliación CA1.8. A linguaxe será non sexista e coidarase, neste aspecto, a redacción e selección dos textos. Subliñar a contribución das mulleres á ciencia e concretamente facelo no CA1.9
9 Á creatividade élle de aplicación o indicado para o fomento do espírito crítico e científico e para o emprendemento.

Non se rexistraron observacións

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Charlas divulgativas de carácter científico Organizar sesiones informativas para o alumnado con relatores dedicados a actividades científicas que poidan servir como inspiración vocacional.
Visita didáctica a un parque eólico Coñecer como se crea a enerxía eólica e a súa posterior distribución.

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 1.-O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 2.-Usáronse distintos pocedementos e instrumentos de avaliación.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 3.-Valorouse adecuadamente o traballo do alumnado na aula
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 4.-Ofrécense ao alumnado de forma rápida os resultados das probas / traballos, etc.
Clima de traballo na aula 5.-Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado.
Clima de traballo na aula 6.-Conseguiuse motivar a todo o alumnado
Clima de traballo na aula 7.-Analízanse e coméntanse co alumnado os aspectos máis significativos derivados da corrección das probas, traballos, etc.
Metodoloxía empregada 8.-Poténcianse estratexias de animación á lectura.
Metodoloxía empregada 9.-Poténcianse estratexias tanto de expresión como de comprensión oral e escrita.
Metodoloxía empregada 10.-Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 11.-Contouse co apoio e coa implicación das familias no traballo do alumnado.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais 12.-Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado
Medidas de atención á diversidade 13.-Adoptáronse as medidas adecuadas para atender ao alumnado con NEAE.
Medidas de atención á diversidade 14.-Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado.
Medidas de atención á diversidade 15.-Ofrécense a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa.
Medidas de atención á diversidade 16.-Elabóranse actividades atendendo á diversidade.
Medidas de atención á diversidade 17.-Elabóranse probas de avaliación adaptadas ás necesidades do alumnado con NEAE.
Medidas de atención á diversidade 18.-Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación...
Medidas de atención á diversidade 19.-Como norma xeral, fanse explicacións xerais para todo o alumnado
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos 20.-Incorpóranse as TICs aos procesos de ensino-aprendizaxe.

Avaliaranse os ítems nunha escala do 1 ao 4, sendo o 1 "pouco" ou "nunca" e o 4 "moito" ou "sempre".
 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


En reunións de carácter mensual realizarase un seguimento da programación didáctica por parte de todos os membros do departamento.
Ao finalizar o curso, nunha reunión do departamento, farase unha análise dos resultados e discutiremos os posibles cambios na programación cara o curso seguinte despois dunha posta en común das reflexións de cada membro segundo os seguintes indicadores:
1. Adecuación do deseño das unidades didácticas a partir dos elementos do currículo.
2. Adecuación da secuenciación e da temporalización das unidades didácticas.
3. Adecuación dos mínimos esixibles para superar a materia.
4. Vinculación de cada estándar a un ou varios instrumentos para a súa avaliación.
5. Adecuación da metodoloxía empregada.
6. Adecuación dos materiais e recursos didácticos utilizados.
7. Adecuación das medidas de atención á diversidade.
8. Asociación dos estándares cos elementos transversais.
9. Adecuación dos criterios establecidos para a avaliación.
10. Adecuación dos criterios establecidos para a cualificación.
11. Adecuación dos criterios establecidos para a promoción.
12. Adecuación do deseño da avaliación inicial.
13. Adecuación dos criterios establecidos para o seguimento e avaliación de materias pendentes.
14. Adecuación dos programas de apoio, recuperación, etc.
15. Contribución desde a materia ao plan de lectura do centro.
16. Contribución desde a materia ao plan de convivencia do centro.
17. Grao de integración das TIC no desenvolvemento da materia.
18. Grao de desenvolvemento das actividades complementarias e extraescolares previstas.
19. Adecuación do seguimento e da revisión da programación ao longo do curso.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver