Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Nesta epígrafe imos centrarnos nas cuestións referidas á materia de Portugués, xa que as características do centro, recursos e marco normativo xa está especificado nesta mesma epígrafe da Programación do departamento de Lingua Galega, departamento ao que pertence esta materia. Deixamos unhas notas que sempre deben estar presentes:
- Moi ampla diversidade social, cultural e lingüística do alumnado (ata 23 nacionalidades diferentes)
- Descenso moi pronunciado no uso do galego na xeración do noso alumnado
- Profesorado dinámico que participa en diversos proxectos e grupos de traballo.
-Equipo directivo colaborador e facilitador do desenvolvemento de proxectos e actividades.
Equipo de Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega moi activos.
-ANPA activa e participativa.
CONTEXTUALIZACIÓN: A OPTATIVA DE PORTUGUÉS NO CENTRO
No curso 2019-2020 comezamos co ensino do portugués no IES do Milladoiro. Formáronse daquela grupos de 1º ESO (1 grupo), 2º ESO (2 grupos), 3º ESO (1 grupo) e 1º Bach. (1 grupo). Os dous cursos seguintes foi aumentando o alumnado e tivemos aulas en todos os niveis, mais neste curso non temos grupo en 1º de bacharelato.
Neste ano lectivo a organización dos grupos é a seguinte:
1º ESO: 2 grupos (45 alumnos/as
2º ESO: 2 grupos (54 alumnos/as)
3º ESO: 1 grupo (19 alumnos/as)
4º ESO: 1 grupo (24 alumnos/as)
2º Bac: 1 grupo (7 alumnos/as)
En canto ao perfil do alumnado que temos en 2º Bacharelato hai que aclarar que se xuntou alumnado que cursou portugués por primeira vez o ano pasado, con outro que o cursara hai dous anos en 4º e con alumnado que escolle a materia por primeira vez., polo que a programación se ten que adaptar ás circunstancias.
A competencia comunicativa de boa parte do alumnado que se anotou á materia é bastante alta de partida, tanto no aspecto lingüístico, sociolingüístico como pragmático. No centro hai alumnado que naceu aquí e que comparte un ámbito sociolingüístico moi similar; algún outro que chega de Brasil e que fala portugués perfectamente, polo que a súa competencia é moi alta; tamén alumnado xa nacido aquí pero de ascendencia brasileira e que ten esta como lingua materna, polo que ten competencias na comprensión e expresión oral moi altas pero baixas a nivel escrito. Por último está o alumnado non nacido en Galicia que, maioritariamente procede de países hispanofalantes e que, na maioría dos casos ten serias dificultades coa lingua galega, polo que o achegamento ao portugués é realmente o dunha lingua estranxeira.
Para os primeiros, o nivel alto na competencia lingüística débese á enorme proximidade entre galego e portugués, en case todos os apartados que entran dentro dela: ortográfica, gramatical, lexical, semántica e fonolóxica. Está claro que deben salvar diferenzas no ámbito fonolóxico e tamén gramatical e lexical, pero nada teñen que ver coas dificultades que poden presentar alumnos e alumnas que poden acceder ao portugués desde unha lingua non románica, ou mesmo sendo románica que sexa diferente do galego.
O alumnado galego, e con competencia suficiente en LGL, que escolle a materia de 2ª lingua estranxeira, portugués, case trae incorporados os coñecementos que se piden nun nivel elemental segundo o MCERL. É capaz de comprender expresións familiares e cotiás, así como enunciados moi simples desde o primeiro día e cunhas pequenas indicacións xa se presentan e comunican de modo simple.
COLABORACIÓNS
Como esta materia pertence ao departamento de LGL, establécese unha colaboración constante co profesorado que imparte esta materia, así como co EDLG e a biblioteca.
Solicitouse desde hai varios cursos profesorado de apoio, ben do Instituto Camões, ben do grupo de auxiliares de conversa, pero comunicóusenos que non había dispoñibilidade. Quedamos á espera de que se nos ofreza calquera tipo de colaboración este curso.
Estase tentando a colaboración para intercambio dixital con centros de ensino de secundaria de Portugal. Se se consegue a través de EduExchanges e se non é así, a través de contactos particulares con profesorado luso.
Para finalizar queremos deixar constancia de que o alumnado do noso centro é de nivel socioeconómico e cultural moi diverso. Temos alumnado que estivo en Portugal nunha ou máis ocasións, mentres que outro nunca tivo a oportunidade de entrar en contacto co país luso. Hai alumnado que vén de Brasil pero tampouco estivo nunca en Portugal e normalmente ten unha situación socioeconómica baixa. Polo tanto tentaremos organizar saídas ao país veciño que sexan asequibles para toda a rapazada.
Esta programación, en todos os seus aspectos, pero particularmente no referente a contidos mínimos impartidos e esixidos, a temporalizacións e a alternativas de avaliación e cálculo de cualificacións pode sufrir modificacións dependendo en cada caso das circunstancias xerais e mesmo particulares de cada momento e de cada alumno/a ou grupo de alumnado.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
O achegamento a unha segunda lingua estranxeira como é o portugués para o alumnado galego require unhas concrecións metodolóxicas moi específicas e que se deben ir adaptando a cada grupo-aula. Nesta materia, aínda que é a primeira vez que a cursan, aplícase o principio básico para o organización e tratamento de contidos baseado en que o que se aprende depende fundamentalmente do xa aprendido (coñecementos previos), e ademais quen aprende constrúe o significado do aprendido a partir da propia experiencia.
Nas diferentes unidades didácticas intégranse contidos dos diferentes bloques e polo tanto, en cada unha delas vanse aplicar diferentes metodoloxías que van desde as exposicións e explicacións máis tradicionais e necesarias para facer comprender determinados contidos, a outras máis indagatorias e dedutivas para que o alumnado acade coñecementos, pasando por aquelas máis activas e participativas en actividades de produción tanto oral como escrita.
O profesorado vai buscar sempre actuar como guía e mediador para facilitar a construción da aprendizaxe das competencias comunicativas e sempre se tenderá a
- Fomentar a participación e reflexión sobre o proceso de aprendizaxe, este ano especialmente individual mais ca grupal.
- Comprobar a aprendizaxe noutros contextos diferentes ao utilizado na aula.
- Relacionar os saberes aprendidos nas diferentes materias.
Tamén se proporán preguntas que supoñan un revulsivo para as/os estudantes e que incrementen a súa atención por medio da interacción co/coa docente. É moi relevante para o profesor/a a premisa de ensinar a aprender, segundo a cal a aprendizaxe é un proceso que se desenvolve ao longo da vida, por iso, correspóndelle á/ao docente ir dotando o seu alumnado dunha progresiva autonomía que lle permita "aprender a aprender", a buscaren por si mesmos a información que teñen ao seu alcance para que o día de mañá saiban desenvolverse. Por outra banda, é preciso sinalar que sería moi efectivo crear unha liña metodolóxica común entre o profesorado da materia de Portugués e o resto dos membros do departamento de Lingua Galega ao longo de toda a etapa. E xa ideal sería reactivar o TIL e traballarmos todos os departamentos de linguas no tratamento integrado de linguas, mais mentres non se avanza neste aspecto, polo menos tentaremos que todo o departamento vaia na mesma liña.
LIÑAS METODOLÓXICAS:
O principal propósito que se procura é mellorar a competencia comunicativa en lingua galega. Por tanto, analizaranse e comentaranse todos os contidos lingüísticos teóricos que permitan mellorar na práctica a devandita competencia, e realizaranse actividades encamiñadas a conseguir uns contidos que teñan relación e influencia directa no uso real da lingua. Sabemos que o desenvolvemento intelectual pode ser acelerado mediante o emprego de determinadas estratexias didácticas, por iso, a metodoloxía de ensino en Portugués tratará de ser o máis activa posible, para mellorar os vínculos entre o alumnado e mesmo que favoreza as relacións interculturais, por suposto incluíndo na mesma liña a ensinanza por competencias. Tratarase, na medida do posible, de atender os diferentes ritmos para que todo o alumnado de cada grupo vaia adquirindo os coñecementos básicos.
Outra cuestión para ter en conta é o traballo da oralidade, pois como esta materia ten relación directa coa de Lingua Galega e Literatura e consideramos que ten que servir tamén como apoio para ela, cómpre reforzar a oralidade tamén en Portugués para que lle poida servir de axuda a uns rapaces e rapazas para os que oa lingua galega queda relegada a unha práctica ritual forzada nas aulas, case exclusivamente de galego. Así, tanto cuestións fonéticas coincidentes, como o léxico ou elementos da morfosintaxe que son coincidentes explícanse baixo o paraugas dun tratamento integrado das linguas, sinalando tamén sempre aquilo que é diferente e que pode ser un falso amigo entre o galego e o portugués.
LIÑAS DE ACTUACIÓN NO PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE:
-Uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que o capaciten para acceder á formación superior ou ao futuro profesional de forma competente.
Deseño de proxectos significativos para o alumnado, baseados en contextos recoñecibles, que teñan en conta, se for posible, as súas vivencias particulares e o reforzo do seu compromiso co desenvolvemento sostible, a defensa dos dereitos humanos e a convivencia igualitaria, inclusiva, pacífica e democrática.
-Traballo cooperativo, coa proposta de tarefas nas que o alumnado debe regular a súa conduta e a súa capacidade para se relacionar cos demais, estimulando o respecto crítico a otros puntos de vista, o recoñecemento dos propios valores e limitacións, a adaptación ás necesidades colectivas, a asunción de responsabilidades e o respecto ás normas acordadas.
-Atención á diversidade, con atención individualizada dentro das posibilidades do grupo, na prevención das dificultades de aprendizaxe, con tarefas de ampliación para aquel alumado que precise afondar máis nos contidos.
-Uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espírito científico e do emprendemento. A adquisición destas destrezas pode acadarse a través da lectura de distintos tipos de textos, da súa comprensión e da reflexión arredor deles.
-Desenvolvemento gradual e progresivo dos obxectivos e dos contidos de maneira que, alén de incrementar a dificultade dos procesos e situacións comunicativas, tamén se vaian adquirindo habilidades máis complexas que propicien a aprendizaxe individual e autónoma.
-Potenciación da reflexión interlingüística, centrada especialmente na lingua galega e portuguesa. Buscamos a intercomunicación nos dous idiomas con actividades que favorezan a adquisición doutras habilidades que, como a mediación, poden resultar moi útiles na futura traxectoria profesional da mocidade galega. Con este fin, os centros educativos, a través do profesorado de Lingua Galega, o equipo de dinamización da lingua galega, a biblioteca ou outros departamentos así como a través de programas internacionais, poderán promover actuacións que, de xeito presencial ou virtual, propicien os intercambios lingüísticos entre o alumnado galego e lusófono (encontros, concursos, festivais...).
-Traballo interdisciplinar e a coordinación con outros departamentos e equipos do centro, especialmente co equipo de dinamización da lingua galega e o equipo de biblioteca como mellor vía para promover actuacións tanto de xeito presencial como virtual: saídas didácticas, exposicións, espectáculos...
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Nas dúas primeiras semanas do curso avaliarase o nivel de coñecemento individual e grupal da lingua portuguesa, mediante traballos de clase, a partir do coñecemento da lingua galega. En función dos resultados, tomáronse as decisións oportunas sobre as pautas docentes a seguir o curso escolar. Nesta avaliación inicial tamén pretendemos medir: a actitude do alumnado, as necesidades específicas relacionadas coa diversidade do grupo e, en consecuencia, adecuar o noso PD ás características grupais e individuais e tamén relacionadas cos recursos didácticos organizativos, persoais e materiais. A avaliación inicial pódese complementar coas avaliacións iniciais de cada unidade didáctica.
Dadas as características desta avaliación inicial, utilizaremos como procedementos fundamentais: a observación, a análise da produción e a interacción do alumnado, asociados aos seguintes instrumentos: rúbricas, listas de verificación e rexistro de actividades.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
En canto á metodoloxía de traballo e aos instrumentos de avaliación, realizarase o seguimento máis detallado e individualizado de cada alumno. Os criterios de avaliación serán os especificados no apartado correspondente da materia. O alumno que teña pendente a materia de Portugués 2a Lingua Estranxeira e non estea matriculado na materia no curso seguinte recibirá periodicamente diversos materiais para traballar ao longo do curso. Estes traballos deberán ser devoltos ao profesor responsable e, a través deles, acreditarase o progreso do alumno.
Estas actividades avaliaranse sempre tendo en conta o interese, progreso e esforzo persoal, e a entrega do traballo no prazo establecido. Ademais, realizaranse tres probas nas datas establecidas. Estas probas serán orais e escritas.
O alumnado con materia pendente e matriculado no seguinte nivel será avaliado simultaneamente en ambos os niveis, dado o carácter progresivo da adquisición da lingua. Polo tanto, o traballo e progreso que o alumnado realice no curso no que estea matriculado será o método de avaliación. Cando non acaden unha media de 5/10 nas tres avaliacións, deberán realizar unha proba final oral e escrita de todos os contidos tratados.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
O alumnado de lingua estranxeira, en xeral, presenta un amplo abano de características (intereses, motivacións, habilidades e estilos de aprendizaxe) que deben ser atendidos. Desde o momento no que o alumnado escolle a 2ª lingua estranxeira xa se está a ter en conta a diversidade dos seus intereses. A optatividade eríxese así, dende a súa orixe, como un espazo educativo onde prima unha formulación curricular aberta e flexible, e será o profesor quen interprete os diferentes contidos, segundo a realidade das características persoais e grupais que caracterizan ao alumnado do grupo co que estás traballando.
Segundo o artigo 49 da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, as administracións educativas asegurarán os recursos necesarios para que os alumnos e alumnas que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por atoparse en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por terse incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado»
Esta atención á diversidade debe aplicarse ao longo do proceso educativo de forma eficaz e eficiente:
- Nun primeiro momento do proceso, facer que cada alumno parte dos seus propios coñecementos e capacidades, consciente de que os avances no proceso serán avaliados en todo momento, tomando como referencia os seus coñecementos previos, sen esquecer que forma parte dun grupo. .
-Nas diferentes fases do proceso, estimulando, corrixindo e avaliando cada alumno, pola súa banda, a eficacia dos materiais e metodoloxías empregadas.
- Ao remate do curso escolar, tendo en conta o progreso realizado por cada alumno/a, en relación co seu propio punto de partida individual, pero con referencia aos parámetros dos obxectivos desde a perspectiva do grupo.
No que respecta ás medidas de atención á diversidade reguladas pola lei e á disposición deste centro, na materia de segunda lingua estranxeira portuguesa, neste curso, realizamos o seguinte:
-Alumnado con TDAH: aplicación do Protocolo de Consenso sobre TDAH na Infancia e Adolescencia nos Ámbitos Educativo e Sanitario.
-Alternar as actividades teóricas coas prácticas.
-Antes de comezar unha actividade, explicarase en que consiste de forma clara e sinxela, e procurarase que todas as alumnas e todos os alumnos o entendan.
-Utilizar estratexias para captar a atención inicial, como cambios de entoación, xesticulación e dramatización.
-Segmentar actividades longas e limita o número delas.
-Supervisar con frecuencia a actuación, para reforzar positivamente ou reconducir a execución ou distraccións.
-Utilizar reforzos e apoios visuais na ensinanza oral.
-Combinar actividades máis estimulantes con outras menos motivadoras.
-Propor exercicios variados.
-Solicitar a colaboración dun acompañante que lle axude a comprender e realizar as tarefas.
-Utilizar reforzos positivos para motivar.
-Fragmentar as actividades.
-Supervisar os exercicios e asegúrarte de comprender o que hai que facer.
-Non sobrecargar con tarefas para casa.
- Establecer as datas dos exames con suficiente antelación.
-Utilizar diferentes formas e instrumentos de avaliación.
-Acurtar exames escritos e formular preguntas breves, pechadas e claras con vocabulario sinxelo.
-Dar máis tempo para facer probas ou exames escritos.
-Vixiar a súa comprensión e execución durante o exame.
-Pedir que se revisen traballos e exames antes de entregalos.
-Controlar que o alumno respondeu todas as preguntas antes de entregar o exame.
Para o alumnado que deba solicitar unha ACS, que deberá ser autorizada pola inspección educativa, o procedemento para a súa elaboración seguirase o establecido na Orde do 8 de setembro de 2021.
Se durante o curso algún alumno se matricule con algún destes problemas: dislexia, discapacidade auditiva, TEA, altas capacidades, discapacidade intelectual ou Down, TDAH, absentismo, a asistencia temperá seguirá os protocolos establecidos pola Consellería.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Ao remate de cada avaliación, revisarase o horario lectivo, co obxectivo de comprobar o calendario e reprogramar.
Mecanismo de avaliación e modificación da programación didáctica:
1.- Deseño de unidades didácticas a partir de elementos curriculares;
2.- Secuenciación e temporalización das unidades didácticas e proxectos;
3.- O desenvolvemento da programación respondeu á secuenciación?
4. – Engadiuse ao programa algún contido non planificado?
5. – Foi necesario eliminar algún aspecto da programación prevista?
6.- Secuenciaron os criterios de avaliación para cada unha das unidades didácticas?
7.- Estableceuse un grao mínimo de cumprimento de cada criterio de avaliación para superar a
importa?
8.- A cada criterio de avaliación recibiu o peso correspondente na cualificación?
9.- Cada criterio de avaliación está vinculado a un/varios instrumentos de avaliación?
10.- Os elementos transversais a desenvolver estaban asociados a cada criterio de avaliación?
11.- Estableceuse unha estratexia metodolóxica común para todo o departamento?
12. – Os materiais didácticos utilizados son adecuados?
13.- Os materiais de apoio son adecuados, atractivos e de fácil uso para o alumnado?
14.- Elaborouse un plan de avaliación inicial que recolle as súas consecuencias?
15.- Elaboración de mecanismos de avaliación inicial en función de criterios de avaliación
16.- Realizouse un procedemento de acreditación de coñecementos previos?
17. - Establecéronse pautas xerais para a avaliación continua?
18.- Establecéronse criterios para a recuperación dos criterios de valoración non aprobados?
19. – Definíronse criterios para as avaliacións trimestrais?
20. – Establecéronse criterios para a avaliación final?
2 1 – Establecéronse criterios para o seguimento das cuestións pendentes?
2 2 . - Definíronse criterios para a avaliación destes asuntos destacados?
23.- Os instrumentos de avaliação foram desenvolvidos levando em consideração o valor de cada critério de
avaliação?
24.- Definición de programas de apoio, recuperación, etc. vinculados aos criterios de avaliación
25.- Tomáronse medidas específicas de atención ao alumnado con NEE?
26.- Informouse ás familias sobre os criterios de superación da materia?
27.- Seguiuse e revisouse o horario ao longo do curso?
28.- A materia contribuíu ao plan lector do centro?
29.- Uso das TIC no desenvolvemento da disciplina