Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Proxecto Competencial do 3º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece o Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo no que se marca o obxectivo do desenvolvemento das competencias transversais mediante a realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. e que se é posible, configurarase neste curso como un proxecto interdisciplinar en colaboración con distintos axentes sociais.

 Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica no IES do Milladoiro (Ames). O IES do Milladoiro é un centro creado no curso 2013/2014. O nivel sociocultural das familias do noso alumnado é extremadamente variado. A porcentaxe de alumnado procedente do estranxeiro é do 10%, aproximadamente, e a súa procedencia moi dispar. Aínda que non ofrece dificultades de integración, nos últimos cursos apréciase a chegada de alumnado que non coñece ningunha das dúas linguas oficiais. Xeograficamente é un centro peri-urbano-rural, situado no Concello de Ames, e moi perto de Santiago de Compostela. É o seu undécimo curso dende a inauguración e conta cunha oferta educativa de ESO e BACH. 

Cabe destacar a multiculturalidade do noso alumnado, tendo este ano matriculado alumnado, ademais de España, de Colombia, Ecuador, República Dominicana, Venezuela, Chile, Perú, Uruguai, Arxentina, E.U.A, Panamá, Suíza, Angola, China, entre outras. O noso centro caracterízase por recibir, xa iniciado o curso escolar, alumnado de diversos países, chegando nalgúns casos a incorporarse incluso durante a 3ª avaliación (Plan de Acollida).

Tamén cabe sinalar que hai un gran número de alumnado con NEE e NEAE que require atención individualizada. Así pois, a atención á diversidade é outro dos puntos fortes para mellorar a convivencia positiva no centro.

Este proxecto competencial ten como obxectivo a sensibilización sobre os diversos procesos migratorios, que se produciron ao longo do século XX (Galicia, terra de emigrantes) e que continúan no século XXI (Galicia, tamén  terra de acollida)  a través de traballos de investigación en internet,entrevistas e testemuñas sobre a interculturalidade no propio centro educativo, no Concello  e nas vilas do país.  Mediante a realización destas actividades trataranse ademais temas como a igualdade de xénero, o respecto a multiculturalidade, o cambio climático ou os obxectivos do milenio. O alumnado deberá traballar de xeito individual e cooperativo no deseño e realización das actividades, así como na resolución dos problemas que vaian xurdindo no proceso. 

Cabe resaltar que, ao ser materia optativa, os dous grupos que se forman fanno con alumnado das catro clases de terceiro. Todos estes aspectos serán tidos en conta a nivel metodolóxico.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Deseñar un plan de traballo para a realización dun proxecto ou a resolución dun problema a través da definición de obxectivos e das accións para acadalos, tendo en conta as necesidades da contorna.
OBX2 Desenvolver o proxecto segundo a planificación prevista mobilizando conxuntamente as competencias transversais que se requiran.
OBX3 Presentar os resultados asociados ao proxecto competencial empregando dun xeito respectuoso estratexias e ferramentas de comunicación adecuadas cunha linguaxe verbal e corporal positiva, con control das emocións negativas e, de ser o caso, co uso de recursos informáticos e audiovisuais.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Coñecémonos. Como funcionamos en grupo? Que é o que queremos facer? Por onde empezar? Determinarase a forma de abordar o tema das Migracións e Interculturalidade, que o o grupo vai traballar, elixiranse as actividades e organizarase o traballo individual e cooperativo. Traballaranse, a través de distintas posibilidades metodolóxicas os elementos transversais do currículum de xeito activo e creativo. 20 10
2 Poñémonos en marcha Unha vez organizado o traballo, cada alumno e alumna realizará as actividades que lle corresponden, sempre baixo a supervisión do profesorado e coa colaboración dos compañeiros e compañeiras. 35 10
3 Difusión dos resultados A exposición do resultado dos distintos apartados do proxecto realizarase na aula, aínda que tamén poderase realizar na sala de usos múltiples para alumnos e alumnas doutros niveis. Tamén poderanse difundir a través da páxina web do centro. 45 15

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Definición de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA1.1 - Recoñecer a importancia da temática do proxecto que se pretende abordar.
CA1.2 - Identificar e determinar os recursos e materiais necesarios para a realización do proxecto.
CA1.3 - Identificar, seleccionar e analizar a información que se precisa.
CA1.4 - Realizar a secuencia e a temporización das actuacións necesarias para a execución do proxecto.
CA1.5 - Prever as incidencias que se poidan producir no desenvolvemento das actuacións do proxecto e propoñer posibles solucións a estas.
Contidos
C1.1 - Procura e selección de información relacionada cos proxectos.
C1.2 - Planificación: secuenciación e temporización.
Bloque B2. Execución de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA2.1 - Executar as actuacións asociadas coa secuencia e coa temporización prevista
CA2.2 - Aplicar os coñecementos axeitados e mobilizar as competencias cos niveis de calidade requiridos.
CA2.3 - Empregar, de ser o caso, os recursos e materiais previstos para a execución das actuacións.
CA2.4 - Resolver, dentro do seu nivel de autonomía, ou comunicar as incidencias xurdidas durante a execución das actuacións.
CA2.5 - Valorar os resultados logrados ao termo da execución do proxecto.
Contidos
C2.1 - Execución de proxectos: dinámicas e roles.
Bloque B3. Presentación de proxectos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA3.1 - Presentar o proxecto realizado e, de ser o caso, os produtos finais obtidos.
CA3.2 - Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade, para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
CA3.3 - Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica como códigos comunicativos para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
CA3.4 - Potenciar as emocións positivas na exposición e controlar, de ser o caso, a conduta asociada ás emocións negativas.
CA3.5 - Empregar recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos como apoio na presentación do proxecto.
Contidos
C3.1 - Presentación de proxectos: a expresión verbal e corporal; control das emocións e da conduta.
C3.2 - Uso de recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos de apoio á comunicación para a presentación do proxecto.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Coñecémonos. Como funcionamos en grupo? Que é o que queremos facer? Por onde empezar?
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Recoñecer a importancia da temática do proxecto que se pretende abordar.
Táboa de indicadores
Recoñecer a importancia da interculturalidae e sensibilizar cara ao o respecto das diferentes culturas e tradicións. 40
CA1.2 Identificar e determinar os recursos e materiais necesarios para a realización do proxecto.
Táboa de indicadores
Seleccionar recursos e materiais para a realización do proxecto. 15
CA1.3 Identificar, seleccionar e analizar a información que se precisa.
Táboa de indicadores
Identificar, seleccionar e analizar a información necesaria para a realización do proxecto. 15
CA1.4 Realizar a secuencia e a temporización das actuacións necesarias para a execución do proxecto.
Táboa de indicadores
Temporalizar as distintas fases do proxecto. 15
CA1.5 Prever as incidencias que se poidan producir no desenvolvemento das actuacións do proxecto e propoñer posibles solucións a estas.
Táboa de indicadores
Solventar incidencias que poidan xurdir. 15

2 Poñémonos en marcha
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Executar as actuacións asociadas coa secuencia e coa temporización prevista
Táboa de indicadores
Executar as actuacións planificadas. 20
CA2.2 Aplicar os coñecementos axeitados e mobilizar as competencias cos niveis de calidade requiridos.
Táboa de indicadores
Aplicar os coñecementos axeitados. 20
CA2.3 Empregar, de ser o caso, os recursos e materiais previstos para a execución das actuacións.
Táboa de indicadores
Empregar recursos e materiais necesarios. 20
CA2.4 Resolver, dentro do seu nivel de autonomía, ou comunicar as incidencias xurdidas durante a execución das actuacións.
Táboa de indicadores
Resolver as incidencias xurdidas. 20
CA2.5 Valorar os resultados logrados ao termo da execución do proxecto.
Táboa de indicadores
Valorar os resultados logrados. 20

3 Difusión dos resultados
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Presentar o proxecto realizado e, de ser o caso, os produtos finais obtidos.
Táboa de indicadores
Presentar a campaña publicitaria. 40
CA3.2 Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade, para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
Táboa de indicadores
Empregar unha linguaxe verbal con corrección e claridade. 30
CA3.3 Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica como códigos comunicativos para enxalzar a expresividade e eficacia do discurso.
Táboa de indicadores
Empregar unha linguaxe corporal e a presenza escénica axeitadas. 10
CA3.4 Potenciar as emocións positivas na exposición e controlar, de ser o caso, a conduta asociada ás emocións negativas.
Táboa de indicadores
Potenciar as emocións positivas na exposición. 10
CA3.5 Empregar recursos dixitais, audiovisuais ou plásticos como apoio na presentación do proxecto.
Táboa de indicadores
Empregar recursos dixitais na presentación do proxecto. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Empregarase unha metodoloxía activa, na que partindo dos coñecementos previos, o alumnado terá que construir a súa aprendizaxe, elixindo diferentes formas de abordar o tema a traballar, buscando información e expoñéndoa ante os seus compañeiros e compañeiras do xeito máis adecuado e creativo. As actividades propostas ao longo do curso están dirixidas a reforzar os aspectos máis transversais do currículo, favorecendo a interdisciplinariedade e a conexión entre os distintos tipos de coñecemento. O proxecto será realizado en grupos de traballo cooperativo, nos cales cada alumna ou alumno adopta un rol concreto e asume tarefas individuais que integrarán o resultado final do proxecto.

Para achegar dun xeito activo o tema das Migracións e Interculturalidade levaranse a cabo:

-Entrevistas (familiares, veciñanza, representante do Concello, estudantes do centro, etc.)

-Charlas con representantes de diversas ONGs, axentes sociais, etc.

-Visionado de fragmentos de películas, obras de teatro...

-Club de lectura en colaboración coa  biblioteca

.- A radio como ferramenta de divulgación. Programas de radio

.- Redacción de artigos xornalísticos.

.- Análise de documentais.

Na TERCEIRA AVALIACIÓN, o alumnado presentará por grupos o seu produto final.

Terán liberdade no formato de presentación e dos medios, dándolle a máxima difusión no programa Radio do centro educativo, exposicións nos taboleiros e corredores do centro, concello, asociacións culturais....

Neste proxecto, trabállanse as todas as competencias clave contribuindo interdisciplinarmente as seguintes áreas:

- Lingua Galega 

- Xeografía e Historia 

-Música

- Matemáticas

- Economía 

- Tecnoloxía e Dixitalización (buscas de información en rede, presentación dixital do proxecto)

- Educación Plástica e Visual (deseño do formato de presentación do proxecto)


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Aula de ordenadores, Espazo de Radio, Biblioteca, Taller de Tecnoloxía, Aulas de Música
Caderno de traballo e Aula Virtual
Materiais de papelería: cartolinas, tesoiras, pegamento, rotuladores
Ordenador, canón de vídeo
Material para a caracterización

O espazo habitual no que se desenvolverán as clases consiste nunha aula convenientemente equipada cun encerado dixital e outro tradicional, dispoñendo o alumnado de pupitres individuais, o que facilitará os necesarios cambios na súa distribución para o traballo grupal.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizaranse unha serie de dinámicas de grupo baseadas nas competencias clave que serán avaliadas mediante a observación por parte do profesorado. O seu obxectivo será facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. Dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como as actividades de reforzo e ampliación no caso de ser necesarias.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 20.0 35.0 45.0 100.0
Proba escrita 0.0 0.0 0.0 0.0
Táboa de indicadores 100.0 100.0 100.0 100.0

Criterios de avaliación e cualificación

  • Actitude e interese pola materia, que se valorará polo esforzo e implicación do alumnado: 2 puntos
  • Realización do traballo individual: 2 puntos
  • Calidade do traballo individual: 2 puntos
  • Realización e do traballo grupal: 2 puntos
  • Calidade da exposición do traballo grupal: 2  puntos

A nota de cada trimestre será a suma dos puntos anteriores.

Como instrumentos de avaliación, empregaranse distintas listas de cotexo e rúbricas asociadas aos anteriores procedementos. Nestas rúbricas avaliaranse aspectos do traballo cooperativo, desempeño de rol concreto e a realización de tarefas individuais e grupais.

 

Nota final

A nota final será a nota media da cualificación dos tres trimestres. Redondearase seguindo o seguinte criterio:

  • Desde a sexta décima redondearase cara arriba
  • Desde a quinta décima redondearase cara abaixo

 

 

No caso de que un alumna/o non realice as tarefas asignadas ou non coopere adecuadamente no grupo de traballo dificultando o desenvolvemento do proxecto, deberá realizarlas no seguinte trimestre se é posible. De non ser así, o alumnado suspenso deberá realizar unha proba escrita, a cal constará de distintas preguntas test de resposta única sobre diferentes aspectos traballados neste proxecto. A nota de dita proba representará a nota da avaliación parcial correspondente.

De igual xeito, no caso de que unha alumna/o teña dúas avaliacións suspensas, deberá realizar unha proba escrita final, con preguntas test de resposta única sobre diferentes aspectos traballados neste proxecto.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non aplica.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Para os alumnos/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo serán deseñadas de xeito específico de modo que se facilite o desempeño do seu rol no proxecto. Do mesmo modo, prestaráselle unha maior atención na aula e nas acividades fóra da aula, estando pendentes en todo momento do seu desempeño así como da consecución das súas tarefas individuais. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.

 

Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3
1 Comprensión da Lectura
2 Expresión Oral e Escrita
3 Comunicación Audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade

No deseño de actividades á hora de traballar en grupo:

- Fomentaranse de maneira transversal a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde, incluída a afectivo-sexual, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

- Promoverase a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia.

- Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Obradoiros, charlas, películas, exposicións, etc. relacionados con algún obxectivo ou contido do currículum Obradoiros relacionados con algún obxectivo ou contido do currículum
Saídas didácticas para traballar obxectivos e contidos relacionados co curriculo Saídas para traballar obxectivos e contidos relacionados co curriculo

Neste momento non temos actividades concretas programadas. Estaremos atentos á oferta educativa que proveña das institucións de Santiago ou Ames.

 

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Adecuación do nivel de dificultade ás necesidades do alumnado
Clima de traballo na aula Participación activa de todo o alumnado
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Adecuación á temporalización das unidades didácticas
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Apoio e implicación por parte das familias no traballo do alumnado
Medidas de atención á diversidade Toma de medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE no deseño das actividades
Metodoloxía empregada Utilización de distintas estratexias metodolóxicas en función das unidades didácticas
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Utilización dos distintos instrumentos de avaliación
Medidas de atención á diversidade Eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación

Estes indicadores de logro pretenden avaliar aspectos como a adecuación da proposta educativa ás características do grupo, a idoneidade das metodoloxías empregadas en cada momento, o grao de participación de alumnado e familias no proceso de ensino ou a adecuada resposta ás necesidades específicas do alumnado.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e autoavaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto.

O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno do profesor, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento destas e dos recursos dispoñibles.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver