Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)

A materia de Xeografía e Historia contribúe á percepción e a análise dunha realidade cada vez máis diversa e cambiante. A comprensión do devir a través do tempo e do espazo e a análise do cambio como froito da acción humana implica concibir a aprendizaxe do alumnado como unha invitación ao coñecemento de si mesmo e do mundo que o rodea.

Vivir en sociedade, interactuar na contorna e comprender como son as relacións que establecemos e as normas de funcionamento que as rexen resultan esenciais para que o alumnado poida asumir os seus dereitos e responsabilidades e exercitar a cidadanía cara un comportamento cívico.

Nesta liña, os contidos de terceiro van na dirección de comprender o territorio como o espazo humanizado, tanto desde unha perspectiva económica como física e ambiental. Entender as dinámicas internas e externas da poboación e as súas derivadas como a diversidade da poboación, a interculturalidade, as minorías e a igualdade de xénero tamén van ser obxecto de estudo neste curso. Así mesmo, valorar que todos estes asuntos van sentir os efectos do fenómeno da globalización é outro dos eixes principais a tratar.

Desde o punto de vista histórico os contidos deste curso tratan o século XVIII, unha etapa de cambios ideolóxicos, sociais e económicos de grande repercusión que asentan as bases da organización política e económica do mundo contemporáneo ata os nosos días. As revolucións burguesas entenderanse como o marco de ruptura das estruturas do pasado (servidume) para conformar novas formas de pensamento ideolóxico e político nun novo contexto de liberalismo e de democracia, é dicir, de recoñecemento da cidadanía. A globalización, o capitalismo, as formas de traballo e a economía liberal serán cuestións que se comprendan cando se aborde a Revolución Industrial; e, igual que a sociedade, a economía e a política se transforman, a arte deste época tamén responderá a ditas mutacións adaptándose a novos gustos e demandas.

Ditos contidos están estruturados en tres bloques que son "Retos do mundo actual" no que se fai fincapé nos desafíos e problemas do presente e da contorna local e global coa perspectiva de coñecer cales son os retos do futuro ao que se enfronta a sociedade en xeral e a española e galega en particular.

O segundo bloque "Sociedades e territorio" integra contidos que contribúen a explicar a evolución das sociedades ao longo do tempo e do espazo para comprender o devir actual e as consecuencias futuras. En definitiva, interpretar o presente desde a perspectiva do pasado como legado histórico.

O terceiro bloque de grande transversalidade é "Compromiso cívico local y global" no que se acentúan o sentido da responsabilidade e os valores democráticos dos/das alumnos/as deste nivel.

En definitiva, alumnado de terceiro comprenderá a través desta materia o presente como un proceso inacabado sobre o que é posible actuar desde unha perspectiva científica e cívica para modelar o futuro.

2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)

Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX2 Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común.
OBX3 Coñecer os principais desafíos aos cales se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas a que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX4 Identificar e analizar os elementos da paisaxe e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos, así como a súa evolución no tempo, interpretando as causas das transformacións e valorando o grao de equilibrio existente nos distintos ecosistemas, para promover a súa conservación, mellora e uso sustentable.
OBX5 Analizar de forma crítica formulacións históricas e xeográficas explicando a construción dos sistemas democráticos e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, así como asumindo os deberes e dereitos propios do noso marco de convivencia, para promover a participación cidadá e a cohesión social.
OBX6 Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural en que vivimos, coñecendo e difundindo a historia e a cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e da inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.
OBX7 Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
OBX8 Tomar conciencia do papel dos ciclos demográficos, o ciclo vital, as formas de vida e as relacións interxeracionais e de dependencia na sociedade actual e a súa evolución ao longo do tempo, analizándoas de forma crítica, para promover alternativas saudables, sustentables, enriquecedoras e respectuosas coa dignidade humana e o compromiso coa sociedade e coa contorna.
OBX9 Coñecer e valorar a importancia da seguridade integral cidadá na cultura de convivencia nacional e internacional, recoñecendo a contribución do Estado, das súas institucións e doutras entidades sociais á cidadanía global, á paz, á cooperación internacional e ao desenvolvemento sustentable, para promover a consecución dun mundo máis seguro, solidario, sustentable e xusto.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)

Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia

*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Relacións entre a natureza e a sociedade. A pegada humana no medio e ameazas á Terra e o entorno próximo de España e Galicia. Abordaranse os problemas medioambietais da Terra. A emerxencia climática e a conciencia ecosocial. 5 8
2 A poboación e poboamento en España e Galicia. Diversidade social, multiculturalidade e igualdade de xénero. Trata dos ciclos demográficos e evolución da poboación e o reto demográfico en España e Galicia. O envellecemento da poboación e as políticas demográficas. Cambios dos modos de vida e dos modelos de organización social. Así mesmo se aborda a diversidade social e a cohesión a non discriminación cun fincapé na igualdade de xénero. 10 9
3 Globalización, movementos migratorios e interculturalidade. Trata do fenómeno da globalización os seus aspectos positivos e negativos e as súas derivadas dos desprazamentos da poboación no mundo actual, a multiculturalida e e posibles conflitos ideolóxicos e etnico culturais, diversidade e mestizaxe. 5 8
4 Os Sistemas económicos. A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado. Trata de coñecer os diferentes sistemas de organización económica e pode abordaese a produción e o traballo. Cabe abordar o deber de entendernos dentro dun mundo globalizado. 10 9
5 A actividade económica e sectores produtivos. Axentes económicos. A economía globalizada e desenvolvemento sostible. Trata do sector primario, secundario e terciario e a tendencia á economía global cara a terciarización e o deber do respeto polo Desenvolvemento Sostible. 10 9
6 Os sectores produtivos na UE, España e Galicia e o mercado común europeo. Trata de explicar o funcionamento do mercado dentro da UE e o papel económico de España dentro da UE. Así mesmo abordaríase a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal 10 9
7 Os retos do mundo globalizado e os ODS. Procura analizar os conceptos espaciais, localización, escala, proximidade espacial e facer un estudo do global ao local na escala rural e urbana e a súa evolución e retos do futuro en relación co Desenvolvemento Sostible. 5 9
8 Organización política das sociedades e ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional. Trata de estudar os rexímenes políticos e a organización dos estados e, en concreto, o Español e indicar a importancia das Institucións para velar pola paz e seguridade. 10 9
9 O Século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía. Trata do Antigo Réxime, a Ilustración e o despotismo Ilustrado, así como os síntomas e propostas de cambio. É importante destacar a figura de mulleres que na época propuñan cambios no seu rol. 10 9
10 As Revolucións burguesas. A Revolución industrial e mentalidade capitalista unha nova organización social de clases. As ideas do liberalismo e as revoltas americana e francesa e as súas consecuencias. Así mesmo coa revolución industrial estúdase a derivada do capitalismo e a nova sociedade de clases. O rol das mulleres na época das revolucións. 10 9
11 A chegada dunha nova dinastía en España. Uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814. Trata dos primeiros monarcas Borbón en España, o reformismo ilustrado de Carlos III e a guerra e revolución liberal en España. A importancia da Constitución de 1812. Restauración borbónica. 10 9
12 Os movementos artísticos. As artes na época da Ilustración. Rococó, Neoclasicismo, Romanticismo. A personalidade independente de Goya. Trata de coñecer as características xerais das manifestacións artísticas deste período e a súa relación coa arte clásica. Faise fincapé na figura independente de Goya para que se analicen as pinturas de temática histórica relevantes. 5 8

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)

Bloque B1. Retos do mundo actual
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA1.1 - Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
CA1.2 - Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes.
CA1.3 - Coñecer os obxectivos de desenvolvemento sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e doutras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
CA1.4 - Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
CA1.5 - Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e da igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
CA1.6 - Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Contidos
C1.1 - Obxectivos de desenvolvemento sustentable. Emerxencia climática e sustentabilidade. Relación entre factores naturais e antrópicos. Modificacións, efectos e ameazas na Terra e a contorna próxima de España e Galicia. Os avances tecnolóxicos e a conciencia ecosocial.
C1.2 - Globalización. Os movementos migratorios e interculturalidade no ámbito mundial. Conflitos ideolóxicos e etnoculturais.
C1.3 - Sociedade da información. Procura, tratamento da información, uso de datos en contornas dixitais e avaliación e contraste da fiabilidade das fontes. O problema da desinformación. Uso específico do léxico relativo aos ámbitos histórico, artístico e xeográfico.
C1.4 - Cultura mediática. Técnicas e métodos das ciencias sociais: análise de textos, interpretación e elaboración de mapas, esquemas e sínteses, representación de gráficos e interpretación de imaxes a través de medios dixitais accesibles. Tecnoloxías da información xeográfica.
C1.5 - O global e o local. A investigación en ciencias sociais. O estudo multicausal e a análise comparada do espazo natural, rural e urbano. A súa evolución en España e Galicia e os retos de futuro.
C1.6 - Análise e interpretación de conceptos espaciais: localización, escala, conexión e proximidade espacial.
C1.7 - Estruturas económicas no mundo actual: unha economía globalizada. Os sectores produtivos na Unión Europea, España e Galicia, a súa transformación e evolución. A Unión Europea como exemplo do funcionamento dos mercados. A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
C1.8 - Dilemas e incertezas ante o crecemento, a empregabilidade e a sustentabilidade.
C1.9 - Igualdade de xénero e formas de violencia contra as mulleres. Actitudes e comportamentos sexistas
C1.10 - Diversidade social, etnocultural e de xénero. Migracións, multiculturalidade e mestizaxe en sociedades abertas. Historia e recoñecemento do pobo xitano e outras minorías étnicas do noso país. España, país de migrantes. Novas formas de identificación cultural.
Bloque B2. Sociedades e territorios
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA2.1 - Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da historia e da xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
CA2.2 - Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía.
CA2.3 - Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
CA2.4 - Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
CA2.5 - Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana, a través do respecto a todos os seres vivos, mostrando comportamentos orientados ao logro dun desenvolvemento sustentable das devanditas contornas, e defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta.
CA2.6 - Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos.
CA2.7 - Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social, e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
CA2.8 - Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Contidos
C2.1 - Métodos de investigación no ámbito da xeografía e da historia. Metodoloxías do pensamento histórico e do pensamento xeográfico.
C2.2 - As fontes históricas como base para a construción do coñecemento sobre o pasado contemporáneo. Contraste entre interpretacións de historiadores.
C2.3 - A transformación política dos seres humanos: da servidume á cidadanía. Transicións, revolucións e resistencias: permanencias e cambios na época contemporánea. A conquista dos dereitos individuais e colectivos na época contemporánea. Orixe, evolución e adaptación dos sistemas liberais en España e no mundo a través das fontes.
C2.4 - A chegada a España dunha nova dinastía, uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814. O reformismo ilustrado en Galicia.
C2.5 - A industrialización en Europa, España e Galicia. Transicións, revolucións, permanencias e cambios na nova orde mundial. Nacemento dunha nova sociedade.
C2.6 - A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos.
C2.7 - Os ciclos e réximes demográficos. O reto demográfico en España e Galicia: Envellecemento e políticas demográficas. Cambios dos modos de vida e dos modelos de organización social.
C2.8 - Interpretación do territorio e da paisaxe. Do éxodo rural á concentración urbana. O problema do despoboamento rural no ámbito estatal e autonómico. Ordenación do territorio e transformación do espazo. A importancia do espazo público. A pegada humana e a protección do medio natural.
C2.9 - O nacemento das novas expresións artísticas e culturais ata a metade do século XIX e a súa relación coas artes clásicas. A personalidade independente de Goya. Respecto e conservación do patrimonio material e inmaterial.
C2.10 - Organización política das sociedades. Ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional como garante do desenvolvemento de dereitos e liberdades para o exercicio da cidadanía. Cidadanía europea e cosmopolita.
Bloque B3. Compromiso cívico e global
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
CA3.1 - Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados.
CA3.2 - Realizar propostas que contribúan ao logro dos obxectivos de desenvolvemento sustentable, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
CA3.3 - Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
CA3.4 - Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
CA3.5 - Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e da igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
CA3.6 - Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade.
CA3.7 - Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
CA3.8 - Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario, diverso, intercultural e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Contidos
C3.1 - Diversidade social e multiculturalidade. Integración e cohesión social. Medidas e accións en favor da igualdade e da plena inclusión.
C3.2 - Implicación na defensa e protección do ambiente. Acción e posición ante a emerxencia climática.
C3.3 - O patrimonio como ben e como recurso. Posta en valor, difusión e xestión da riqueza patrimonial.
C3.4 - Emprego e traballo na sociedade da información, aprendizaxe permanente e ao longo de toda a vida.
C3.5 - A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita polos dereitos laborais e sociais: o Estado do benestar.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)

1 Relacións entre a natureza e a sociedade. A pegada humana no medio e ameazas á Terra e o entorno próximo de España e Galicia.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
È capaz de utilizar as TICs para expoñer datos de fontes fiables e buscar e analizar noticias que nos levan a desinformación. 5
CA1.2 Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura un traballo mural sobre medio ambiente, identificando e describindo aceptablemente as principais características e causas e consecuencias do seu deterioro. 10
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe identificar varias características da contorna natural e o aproveitamento que fai o ser humano do medio. 40
CA2.5 Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana, a través do respecto a todos os seres vivos, mostrando comportamentos orientados ao logro dun desenvolvemento sustentable das devanditas contornas, e defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta.
Proba escrita
Contesta ás preguntas cun nivel suficiente e de forma bastante detallada sobre as maneiras de conservar o medio natural, rural e urbano e coñece accións que se promoven desde diferentes ámbitos. 40
CA3.6 Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura un traballo no que indique como pode contribuír a mellorar o medio ambiente e solucións se poden tomar a diferentes escalas. 5

2 A poboación e poboamento en España e Galicia. Diversidade social, multiculturalidade e igualdade de xénero.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
é capaz de utilizar as TICs para expoñer datos de fontes fiables e buscar e analizar noticias que nos levan a desinformación. 3
CA1.2 Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes.
Proba escrita
É capaz enumerar algunhas das características da poboación mundial e de España e Galicia e propón certas solucións aos problemas. 40
CA1.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e da igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar unha entrevista simulada sobre a discriminación social das minorías e das mulleres e tamén achega algunhas solucións para evitalas. 5
CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender os descritores da poboación e as características poboacionais de España, Galicia. 40
CA2.7 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social, e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
Táboa de indicadores
Traballa en equipo e achega ideas con certa claridade para elaborar un traballo sobre a violencia de xénero e os problemas das minorías e tamén elabora entrevistas simuladas a colectivos de mulleres. 5
CA2.8 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Táboa de indicadores
Traballa en equipo e achega ideas con certa claridade para elaborar un traballo sobre a riqueza das identidades múltiples e tamén elabora entrevistas simuladas a diversos colectivos . 2
CA3.6 Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade.
Táboa de indicadores
Elabora con certa claridade un informe, tras recollida de datos na súa contorna, da poboación sobre a procedencia e é capaz de expresar iniciativas para a súa integración. 5

3 Globalización, movementos migratorios e interculturalidade.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura un traballo sobre que é globalización, causas e aspectos negativos e positivos. 10
CA1.3 Coñecer os obxectivos de desenvolvemento sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e doutras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Proba escrita
É capaz de interpretar e identificar con certa seguridade mapas e gráficos sobre o Desenvolvemento Sustentable, mobilidade da poboación e distribución do traballo. 20
CA1.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e da igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
Táboa de indicadores
É capaz de expor con certa claridade un traballo sobre a mobilidade da poboación e a multiculturalidade e o respecto ás minorías. 5
CA2.1 Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da historia e da xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Proba escrita
Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender o que é globalización, causas, consecuencias e aspectos negativos e positivos e o que é Desenvolvemento Sostible. 20
CA2.8 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Proba escrita
Responde a preguntas cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender o que é globalización, causas, consecuencias e aspectos negativos e positivos e o que é Desenvolvemento Sostible. 20
CA3.1 Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados.

CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura un traballo escrito identificando e describindo a incidencia da globalización na economía mundial e a distribución do traballo e o mundo das tecnoloxía. 5

4 Os Sistemas económicos. A distribución desigual dos recursos e do traballo nun mundo globalizado.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe e comprende cales son sectores económicos e cal é o da súa contorna. 25
CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe cal é o reparto dos diferentes sistemas económicos no mundo e indica trazos e características e o reparto do traballo. 25
CA2.1 Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da historia e da xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Táboa de indicadores
Elabora un informe ou resumo sobre as os sistemas económicos e a súa evolución e permanencia no tempo e é capaz de establecer certas relacións co mundo globalizado co dominio dunha economía liberal. 5
CA3.1 Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender a evolución dos sistemas económicos e interpreta medianamente algunha fonte de información. 30
CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo aceptablemente o reparto desigual do traballo e o relaciona cos movementos poboacionais. 5
CA3.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario, diverso, intercultural e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo sobre a función do Estado nas crises económicas e a tendencia dos sistemas económicos pola globalización. 10

5 A actividade económica e sectores produtivos. Axentes económicos. A economía globalizada e desenvolvemento sostible.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
È capaz de utilizar as TICs para expoñer datos de fontes fiables e buscar e analizar noticias que nos levan a desinformación. 10
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender cales son as características económicas de España e Galicia. 40
CA2.5 Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana, a través do respecto a todos os seres vivos, mostrando comportamentos orientados ao logro dun desenvolvemento sustentable das devanditas contornas, e defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo sobre a necesidade dun aproveitamento do medio respectuoso recoñecendo que obxectivos do Desenvolvemento Sostible hai que cumprir. 5
CA3.2 Realizar propostas que contribúan ao logro dos obxectivos de desenvolvemento sustentable, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a lectura de gráficas, mapas e imaxes sobre as actividades económicas e a súa incidencia no medio e determinar cal dos ODS se deben cumprir ao respecto. 3
CA3.3 Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender como evolucionou a actividade económica, os axentes económicos e os retos do futuro. 40
CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo como se distribúe a riqueza económica e o traballo e achega algunha solución ao desigual reparto. 2

6 Os sectores produtivos na UE, España e Galicia e o mercado común europeo.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
Proba escrita
Realiza un exame escrito no que identifica bastantes características da paisaxe de Galicia, España e Europa e indica algúns condicionamentos para a actividade económica. 30
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura unha proposta de traballo no que expoña as características da zona onde vive e as actividades económica da súa contorna e como condiciona o medio á economía. 5
CA2.5 Idear e adoptar, cando sexa posible, comportamentos e accións que contribúan á conservación e mellora da contorna natural, rural e urbana, a través do respecto a todos os seres vivos, mostrando comportamentos orientados ao logro dun desenvolvemento sustentable das devanditas contornas, e defendendo o acceso universal, xusto e equitativo aos recursos que nos ofrece o planeta.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura un informe sobre como poder aproveitar o medio de Galicia, España e a UE que sexa respectuoso co Desenvolvemento Sostible. 5
CA2.8 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe identificar os sectores produtivos de Galicia, España e a UE e as potencialidades agrícolas de España e Galicia en relación á UE. 20
CA3.2 Realizar propostas que contribúan ao logro dos obxectivos de desenvolvemento sustentable, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e outras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura gráficas e mapas nas que se plasmen as zonas por sectores de produtividade e tamén fai, entende e explica suficientemente os datos dunha gráfica temática. 5
CA3.3 Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito sobre a evolución dos sectores produtivos e os retos de futuro e como estes van ligados ao cambio no medio natural. 30
CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando por exemplo, o abandono de certos sectores económicos e a tendencia á terciarización e as repercusións no mundo laboral. 5

7 Os retos do mundo globalizado e os ODS.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
È capaz de utilizar as TICs para expoñer datos de fontes fiables e buscar e analizar noticias que nos levan a desinformación. 3
CA1.2 Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta un traballo, identificando e describindo aceptablemente as principais características espazo natural, rural e urbano da súa contorna. 2
CA1.3 Coñecer os obxectivos de desenvolvemento sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e doutras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Proba escrita
Realiza un exercicio escrito no que teña que explicar algún dos dezasete ODS empregando imaxes, mapas, gráficas... e fai propostas a problemas e retos do futuro. 40
CA1.4 Identificar os elementos da contorna e comprender o seu funcionamento como un sistema complexo por medio da análise multicausal das súas relacións naturais e humanas, presentes e pasadas, valorando o grao de conservación e de equilibrio dinámico.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber que tipos de poboamento que hai en España e Galicia e como evolucionaron e cales son os problemas que presentan. 40
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
Táboa de indicadores
Realiza e expón con certa soltura un traballo sobre os problemas do despoboamento rural e o crecemento das cidades e a súa relación co medio ambiente. 5
CA2.8 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Táboa de indicadores
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe identificar os sectores produtivos de Galicia, España e a UE e as potencialidades agrícolas de España e Galicia en relación á UE. 5
CA3.7 Adoptar un papel activo e comprometido coa contorna, de acordo con aptitudes, aspiracións, intereses e valores propios, a partir da análise crítica da realidade económica, da distribución e xestión do traballo, e a adopción de hábitos responsables, saudables, sustentables e respectuosos coa dignidade humana e a doutros seres vivos, así como da reflexión ética ante os usos da tecnoloxía e a xestión do tempo libre.
Táboa de indicadores
Realiza con certa soltura un informe sobre o su compromiso coa contorna e o poboamento humano e indica os retos futuros e explica con certa claridade o influxo económico e laboral no poboamento. 5

8 Organización política das sociedades e ordenamento normativo autonómico, constitucional e supranacional.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo aceptablemente que é Estado, tipos de Estado, rexímenes e a organización territorial do Estado 5
CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender que tipos de rexímenes existen, as diferenzas entre monarquía e república e como se organiza o Estado español. 25
CA2.6 Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando saber e comprender cales son as características fundamentais dun sistema democrático en antítesis ao ditatorial. 25
CA2.8 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Táboa de indicadores
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente, demostrando que sabe identificar os sectores produtivos de Galicia, España e a UE e as potencialidades agrícolas de España e Galicia en relación á UE. 5
CA3.4 Recoñecer movementos e causas que xeren unha conciencia solidaria, promovan a cohesión social e traballen para a eliminación da desigualdade, especialmente a motivada por cuestión de xénero, e para o pleno desenvolvemento da cidadanía, mediante a mobilización de coñecementos e estratexias de participación, traballo en equipo, mediación e resolución pacífica de conflitos.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, no que plasma a importancia do sentido cívico, o respecto polas diferenzas e opinións dos demais e sobre o recoñecemento da muller. 5
CA3.6 Contribuír ao benestar individual e colectivo a través do deseño, exposición e posta en práctica de iniciativas orientadas a promover un compromiso activo cos valores comúns, a mellora da contorna e o servizo á comunidade.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura a proposta de traballo, identificando e describindo os problemas de convivencia que hai na súa contorna e as solucións que proporía. 5
CA3.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario, diverso, intercultural e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Proba escrita
Realiza un exercicio escrito no que indique certas institucións do Estado e de asociacións que promoven un mundo máis seguro e unha mellor convivencia. 30

9 O Século da Razón. Transformación política. Da servidume á cidadanía.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
En certa medida ordena as etapas históricas e entende como se escribe a Historia. É capaz de indicar algunha fonte para facer Historia. 5
CA2.1 Analizar procesos de cambio histórico e comparar casos da historia e da xeografía a través do uso de fontes de información diversas, tendo en conta as transformacións de curta e longa duración (conxuntura e estrutura), as continuidades e permanencias en diferentes períodos e lugares.
Proba escrita
Responde cun nivel de suficiencia ás cuestións planteadas no exame sobre o Antigo Réxime e as súas características política, económicas e sociais. 20
CA2.2 Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía.
Proba escrita
Realiza con certo nivel de coñecemento un exame escrito sobre o concepto de Ilustración e sinala algunha das súas críticas ao Antigo Réxime e medios de difusións. 30
CA2.4 Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
Proba escrita
Realiza o exercicio escrito cun nivel suficiente un comentario histórico guiado sobre os cambios políticos e económicos derivados da Ilustración. 30
CA2.6 Coñecer, valorar e exercitar responsabilidades, dereitos e deberes e actuar en favor do seu desenvolvemento e a defensa dos valores constitucionais e democráticos.
Táboa de indicadores
Redacta e expón o legado das correntes ilustradas na actualidade e indica algunha institución do Estado e características das democracias e demostra o valor do sistema constitucional e democrático. 5
CA2.8 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Táboa de indicadores
É capaz de expresar con certa claridade as permanencias da Ilustración na actualidade e plasma nun resumo, informe, o valor do presente en función dos cambios producidos no século XVIII. 5
CA3.3 Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
Táboa de indicadores
É capaz de expresar con certa claridade as permanencias da Ilustración na actualidade e plasma nun resumo, informe, o valor do presente en función dos cambios producidos no século XVIII. 5

10 As Revolucións burguesas. A Revolución industrial e mentalidade capitalista unha nova organización social de clases.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura unha presentación en posters, ppt, para expor sobre un personaxe (home ou muller) da época e sobre o papel das mulleres nos procesos revolucionarios. 5
CA1.2 Xerar produtos orixinais e creativos mediante a reelaboración de coñecementos previos a través de ferramentas de investigación que permitan explicar problemas presentes e pasados da humanidade a distintas escalas temporais e espaciais, do local ao global, utilizando conceptos, situacións e datos relevantes.
Táboa de indicadores
Demostra que sabe pescudar e expresar o significado de termos históricos como Revolución, Burguesía, Capitalismo, Democracia, Constitución, Absolutismo etc. 5
CA2.2 Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certo nivel unha liña do tempo na que se representen os procesos revolucionarios da época: Revolución Americana, Francesa, etapa de Napoleón, Revolución Industrial... 5
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura unha presentación en posters, ppt, para expor sobre un personaxe (home ou muller) da época e sobre o papel das mulleres nos procesos revolucionarios. 5
CA2.4 Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
Proba escrita
Explica dun xeito suficiente o concepto de revolución burguesa e cita algúns obxectivos políticos revolucionarios en contraposición co Antigo Réxime. 20
CA3.1 Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados.
Proba escrita
É capaz facer algunha enumeración dos motivos que conduciron ás Revoltas e fai un exercicio escrito suficiente comprensible. 20
CA3.3 Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
Proba escrita
Responde de xeito sucinto ás preguntas sobre o proceso de Independencia das colonias americanas e da Revolución Francesa e identifica a ideoloxía liberal e nacionalista como ideas do presente. 20
CA3.8 Contribuír á consecución dun mundo máis seguro, xusto, solidario, diverso, intercultural e sustentable, a través da análise dos principais conflitos do presente e o recoñecemento das institucións do Estado, e das asociacións civís que garanten a seguridade integral e a convivencia social, así como dos compromisos internacionais do noso país en favor da paz, a seguridade, a cooperación, a sustentabilidade, os valores democráticos e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Proba escrita
Contesta e identifica cunha certa claridade a cuestións sobre a organización do Estado, Institucións e Poderes do Estado, Democracia e Constitución e expresa e recoñece o valor destas institucións. 20

11 A chegada dunha nova dinastía en España. Uniformismo e reformismo borbónico. Crise do Antigo Réxime en España e Galicia ata 1814.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Elaborar contidos propios en distintos formatos, mediante aplicacións e estratexias de recollida e representación de datos máis complexas, usando e contrastando criticamente fontes fiables, tanto analóxicas como dixitais, do presente e da historia contemporánea, identificando a desinformación e a manipulación.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura unha pescuda de información sobre que é Dinastía e averigua que reis españoles houbo antes do século XVIII. 5
CA1.6 Recoñecer os trazos que van conformando a identidade propia e a dos demais, a riqueza das identidades múltiples en relación con distintas escalas espaciais, a través da investigación e da análise dos seus fundamentos xeográficos, históricos, artísticos, ideolóxicos e lingüísticos, e o recoñecemento das súas expresións culturais.
Táboa de indicadores
De xeito suficiente e comprensible fai un resumo tras a lectura, visualización, proxección dunha breve reseña histórica de España antes do XVIII e recoñece trazos identitarios. 5
CA2.2 Utilizar secuencias cronolóxicas complexas nas que identificar, comparar e relacionar feitos e procesos en diferentes períodos e lugares históricos (simultaneidade, duración, causalidade), utilizando termos e conceptos específicos do ámbito da historia e da xeografía.
Proba escrita
Elabora con certa autonomía escalas cronolóxicas dos feitos acaecidos no século XVIII en España e no resto do territorio Europeo e saca algunha conclusión. 20
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
Táboa de indicadores
Realiza case sen axuda do docente tarefas propostas sobre a España e Galicia do século XVIII como cuestionarios, test, relación de termos... 10
CA2.4 Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
Proba escrita
Identifica algunhas características básicas da Ilustración española e galega e explica algunhas reformas político-administrativas do século XVIII e explica de forma xeral a Guerra de Independencia. 20
CA3.3 Entender e afrontar, desde un enfoque ecosocial, problemas e desafíos pasados, actuais ou futuros das sociedades contemporáneas tendo en conta as súas relacións de interdependencia e ecodependencia.
Proba escrita
Explica dun xeito comprensible as reformas económicas acometidas polos Borbóns e extrapola a súa influenza na actualidade no senso de establecer relación entre estado uniformista e e descentralizado. 20
CA3.5 Rexeitar actitudes discriminatorias e recoñecer a riqueza da diversidade, a partir da análise da relación entre os aspectos xeográficos, históricos, ecosociais e culturais que conformaron a sociedade globalizada e multicultural actual, e o coñecemento da achega dos movementos en defensa dos dereitos das minorías e en favor da inclusión e da igualdade real, especialmente das mulleres e doutros colectivos discriminados.
Proba escrita
Identifica cun certo grao de comprensión os resgos que conformaron a España e Galicia contemporánea e é quen de enumerar algunhas características da diversidade social e cultural que conforman o país. 20

12 Os movementos artísticos. As artes na época da Ilustración. Rococó, Neoclasicismo, Romanticismo. A personalidade independente de Goya.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.3 Coñecer os obxectivos de desenvolvemento sustentable, realizando propostas que contribúan ao seu logro, aplicando métodos e proxectos de investigación, incidindo no uso de mapas e doutras representacións gráficas, así como de medios accesibles de interpretación de imaxes.
Proba escrita
Identifica e expresa con certa seguridade os diferentes estilos artísticos da época e comparando dúas imaxes recoñece e numera algún elemento artístico que os diferenza. 10
CA2.3 Transferir adecuadamente a información e o coñecemento por medio de narracións, pósteres, presentacións, exposicións orais, medios audiovisuais e outros produtos.
Táboa de indicadores
É capaz de realizar con certa soltura un traballo sobre os movementos artísticos: Rococó, Neoclasicismo e Romanticismo e incorpora nomes de mulleres artistas e xulga o por que do seu relegamento. 10
CA2.4 Identificar os principais feitos históricos nos diferentes contextos e valorar os cambios que propiciaron nos aspectos ideolóxicos, sociais, políticos e económicos conformando as bases do mundo contemporáneo e actual; así mesmo, xustificar que feitos do pasado teñen unha incidencia no presente establecendo relacións de causalidade e consecuencialidade que todo acontecemento histórico vai provocar no futuro.
Proba escrita
Clasifica con certa seguridade as características do Rococó, do Neoclasicismo e do Romanticismo e enumera algún exemplo de España e Galicia e os relaciona cos feitos históricos. 40
CA3.1 Establecer conexións e relacións entre os coñecementos e informacións adquiridos, elaborando sínteses interpretativas e explicativas, mediante informes, estudos ou dosieres informativos, que reflictan un dominio e consolidación dos contidos tratados.
Proba escrita
Realiza con certo grao de seguridade unha síntese sobre o valor da arte e a súa relación co contexto. Tamén pode citar algunha influencia de Goya en pintores posteriores. 40

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)

A metodoloxía empregada á hora de traballar no curso de terceiro os contidos da materia debe permitir que o alumnado adquira o coñecemento dos feitos e fenómenos xeográficos e históricos nun sentido amplo para que poida establecer relacións e detectar as repercusións que estes tiveron no seu momento e aínda teñen no presente. Unha vantaxe da Xeografía e Historia é que o alumando adoita a ter coñecementos previos por experiencias vividas, polo que é preciso aproveitalos para favorecer que siga construíndo a súa aprendizaxe, actuando o profesorado de guía e propiciador do progreso dos saberes.

As unidades temáticas do curso poden abordarse desde unha perspectiva cronolóxica ou transversal, en función dos obxectivos didácticos e as situacións de aprendizaxe propostas, incidindo na contextualización histórica e xeográfica desde un enfoque multicausal e desde unha perspectiva de estudo comparado. Para iso, pódense priorizar contidos e ir ao esencial co fin de traballar dun xeito operativo, práctico e comprensible.

Seguindo a máxima de que se aprende facendo é recomendable o emprego de metodoloxías abertas, flexibles e activas que poñan ao alumnado no reto de resolver as tarefas encomendadas que conduzan a aumentar o seu interese, a súa motivación e a súa autonomía. Neste aspecto é viable aplicar neste curso diversos métodos como o traballo por proxectos; a clase invertida; aprendizaxe baseada no xogo ou baseada nun problema, etc. Todos eles propician que o alumnado traballe e afonde nas súas competencias e se lle valoren os progresos e non só os resultados.

En efecto, diversificar as metodoloxías segundo a Unidade a traballar, ademais de romper coa rutina, vai axudar a que o docente teña maior perspectiva de coñecemento do alumnado nas diferentes facetas e detectar, así mesmo, as dificultades de aprendizaxe que aparezan e aplicar, en consonancia, os mecanismos de reforzo axeitados (discriminando tarefas, regulando a esixencia, propoñendo alternativas...).

Por medio de actividades como o deseño de rutas; simulacións de feitos históricos ou de personaxes; investigacións sobre temas curriculares; elaboración de xornais de época; redacción de pequenos comentarios históricos e artísticos; exposicións orais; debates; planteamentos e retos, etc., incentívase a iniciativa, a creatividade e o emprendemento do alumnado facendo que se sinta parte activa do proceso de ensinanza-aprendizaxe.

O emprego de mecanismos como a formulación de interrogantes, tormenta de ideas, debates, recreación de feitos, asembleas, poñerse "en situación de" .... facilitan o intercambio de información, o desenvolvemento crítico e a creación dun criterio persoal ou xuízo de valor que conduce á madurez e desenvolvemento dos estudantes.

Outro aspecto a ter en conta son as dinámicas de grupo (constrúe unha historia, adiviña quen son, ordena a historia, resolve e soluciona...) xa que a aprendizaxe entre iguais é moi efectiva. Poden propoñerse tarefas a desenvolver de xeito individual, pequeno grupo ou gran grupo buscando o maior rendemento do alumnado e unha maior interactuación entre eles. Posteriormente, coa posta en común do traballado estableceríase un diálogo moi enriquecedor para a comprensión dos contidos.

Por suposto, é recomendable establecer unha diversificación dos itinerarios de aprendizaxe, así como a aplicación de criterios de flexibilidade que permitan poñer en acción propostas e iniciativas educativas que favorezan a inclusión. En relación a isto, o profesorado poderá facer emprego de distintas estratexias que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado para que adquiran autonomía e aprendan por si mesmos, o que vai permitir reforzar a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.

Así pois, a innovación, o deseño, a actividade, a creatividade son características a contemplar nos métodos que se aplican na aula escapando das clases exclusivamente expositivas e unidireccionais que non permiten coñecer as capacidades reais do alumnado, as súas habilidades, destrezas e intereses.

4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)

Denominación
Libro de texto
Apuntamentos do docente
Aula Virtual do centro
Caderno ou cartafol de traballo do alumnado
Fichas fotocopiables
Materiais informáticos
Material audiovisual
Xogos históricos
Mapas xeográficos e históricos
Novelas históricas, novelas gráficas, comics
Material funxible
Prensa
Cine ou documentais

Hoxe en día contamos cunha grande diversidade de recursos pedagóxicos para cada momento didáctico ou metodoloxía a empregar.

O libro de texto, e  é un importante apoio para o profesorado e para o alumnado xa que aglutina todas as unidades que se van traballar ao longo do curso e tamén ofrece diversas e numerosas actividades a desenvolver. Non obstante, débese ter en conta que non debe condicionar a función do docente nin a súa metodoloxía, polo que o profesorado, como profesional que é, determinará e xestionará o seu uso. Grence Ruiz, T. e Guerra Cañizo, A. M. (Dir) (2022): Xeografía e Historia 3 ESO. Proxecto construíndo mundos. Edicións Obradoiro. Santiago de Compostela. 

Ademais do libro de texto empregarase material complementario, incluso elaborado polo docente, que se acomode ás oportunidades que se presenten na aula. Así mesmo, o/a profesor/a pode dispor do seu propio blog didáctico para programar traballos e actividades (visualizar vídeos, realizar tarefas interactivas...) que enriquezan a didáctica.

O alumnado requirirá dun caderno de traballo onde plasmará as tarefas de xeito ordenado e con boa presentación. Dito cartafol será unha mostra máis do traballo do/a alumno/a e da súa progresión.

Logo están os recursos que se ofrecen a través da Aula Virtual que poden realizarse e entregarse a través da plataforma. Así mesmo, a Aula Virtual permite ao docente deseñar diferentes tipos de tarefas avaliables e perfectamente adaptables aos contidos que se están a impartir e é un medio idóneo para que o alumnado se comunique co profesorado, consulte dúbidas, obteña aclaracións, etc.

Hoxe en día o manexo das TIC son necesarias pois ofrecen moitas vantaxes pero o docente será selectivo no seu emprego e transmitirá ao alumnado a necesidade do seu uso responsable.

As novelas ou o cine que traten algún dos aspectos do currículo de terceiro adoitan ser un material atractivo para afondar e comprender os contidos. Estes poden ser traballados na súa totalidade ou parcialmente segundo a organización e disponibilidade temporal.

Pode dispoñerse de xogos históricos para ser empregados nalgunha ocasión pois favorecen un bo clima escolar.

Malia que estamos nun momento moi tecnolóxico non se poden descartar os traballos de carácter manual, elaborados con material funxible, como os pósteres ou murais temáticos xa que é importante que o alumnado planifique, deseñe e constrúa co fin de que desenvolva as súas destrezas e a súa proactividade.

No curso de terceiro abórdanse temáticas que, en grande medida, están en boga como a globalización, o medio ambiente, o mundo laboral, as migracións, a democracia...etc, polo que o emprego da prensa resulta interesante para darlle ese enfoque práctico e de realidade á aprendizaxe.

En definitiva, deben empregarse diferentes materiais didácticos coa intención de diversificar non só a metodoloxía senón tamén a aprendizaxe individual.

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)

Ao comezo de curso realizarase unha proba diagnóstica inicial co fin de detectar o nivel de competencia e a capacidade dos/das alumnos e alumnas. Así mesmo permitirá valorar as diferenzas académicas do alumnado para, en consecuencia, poder establecer as medidas oportunas para atender á diversidade que nos atopamos na aula.

Dita avaliación inicial consistirá en exercicios orais e escritos de diferente índole. Por unha banda, farase unha proba escrita (de preguntas, de completar textos, de relacionar, de ordenar, etc.) na que se avaliarán contidos histórico-xeográficos; pola outra banda, desenvolverase unha avaliación máis aberta e expositiva sobre diversos temas curriculares que permita coñecer as destrezas orais.

Así mesmo é preciso unha proba diagnóstica ao comezo de cada Unidade Didáctica coa finalidade de saber os coñecementos previos que ten o alumnado sobre o tema que se vai abordar para, a partir deles, seguir construíndo os seus saberes. Dita proba inicial realizarase axustándose a cada unidade, pero en liñas xerais consistirá na elaboración de cuestionarios, test, enunciados de verdadeiro falso, tormenta de ideas, entrevistas, asembleas, redaccións, visualización comentada de pequenos audiovisuais, pescudas....

Outra das vantaxes da avaliación inicial é a de ofrecer información sobre a predisposición do alumnado cara o tema que se vai a traballar, permitindo concretar os contidos que suscitan maior interese ou que se descoñecen totalmente. Ademais dá pé a definir a didáctica e a metolodoxía para abordar a unidade.

Outro aspecto importante destas probas diagnósticas é que permiten detectar as confusións e incorreccións que os estudantes teñen sobre os contidos a tratar e que van precisar aclaración e rectificación, sendo idóneo plantearlles que sexan eles/elas mesmos/as os que, por medio de pescudas, cheguen ás conclusións exactas.

Por último, puntualizar que estas probas iniciais non teñen por que se valoradas numéricamente xa que non entran no cómputo de cálculo da cualificación do alumnado.

5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)

Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 10.0 5.0 10.0 10.0 10.0 5.0 10.0 10.0 10.0 10.0 5.0 100.0
Proba escrita 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 90.0 80.5
Táboa de indicadores 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 10.0 19.5

A avaliación do curso establécese segundo o proceso de avaliación continua e criterios de ponderación a varios niveis. Por unha banda establécese unha ponderación por unidades didácticas, de tal xeito que cada unha delas ten un peso específico no global do curso. Por outra banda os instrumentos de avaliación, probas escritas e tarefas, réxense por uns criterios de puntuación e así mesmo de ponderación.

O curso de terceiro comprende 22 C.A distribuídos e axustados a cada unha das 12 U.D e, nesta programación, o 80% dos criterios de avaliación serán avaliados por medio de probas escritas e o outro 20% mediante táboa de indicadores. 

A probas escritas puntuaranse nunha escala de 1 a 10 e consistirán na contestación dunha serie de preguntas de diverso formato, por exemplo, poden ser tipo test; de desenvolver; de relacionar conceptos; de identificar e comentar imaxes; de definir termos; etc. Sempre se especificará o valor de cada pregunta, entendendo que se está contestada correctamente lrecibirá a puntuación máxima pero, de non ser así, a puntuación diminuirá en consecuencia. Finalmente a cualificación do exame será o resultado da suma total da puntuación acadada en cada cuestión.

As tarefas e aspectos procedimentais que se encomenden ao alumnado poden ser traballos escritos; informes e redaccións; presentacións informáticas; resumos; pósteres; exposicións orais, etc. Para a corrección destes traballos empregaranse as rúbricas adaptadas a cada tarefa entre as que figurará unha que recolla a actitude e implicación do/da alumno/a no traballo, deste xeito considérase o interese como aspecto a valorar. 

A nota da avaliación será o resultado de:

Nota avaliación= [ (Media Ex. x 80)+ (Media rúbricas T.I. x 20)] / 100.

A avaliación estará aprobada cando a cualificación sexa 5 ou superior. Se o docente observa que o alumno ou alumna aprobou a avaliación pero ten algunha parte ou tema pouco afianzado, poderá poñerlle algún traballo de reforzo. No caso de resultar unha avaliación negativa levarase a cabo un plan de recuperación.

Para a cualificación final de curso calcularase a media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das tres avaliacións:

Se o resultado final non chega a un 5 o/a alumno/a terá que presentarse a unha proba extraordinaria en xuño dos contidos das tres avaliacións. Consistirá nunha proba escrita final no que se examinarán todos os criterios de avaliación de todas as unidades didácticas. Novamente, a cualificación deberá ser superior a 5 (nunha escala de 1-10) para ter a materia aprobada, en caso contrario quedaría pendente.

 Farase unha proba escrita de recuperación por trimestre sobre as preguntas propostas polo docente e que foron previamente traballadas polo/a alumno/a que se cualificará nunha escala de 1 a 10 (especificando en cada pregunta o seu valor). En relación á parte práctica este deberá ser entregado no prazo indicado e será puntuado seguindo as rúbricas. Para calcular a nota da recuperación considerarase o 80% das probas escritas e o 20% dos traballos. A avaliación considerarase aprobada cando se obtén 5 ou máis. Concretamos que a construción da nota da avaliación a recuperar establécese cos instrumentos da recuperación. Todo o traballo será guiado polo docente e este estará en disposición de realizar as aclaracións e correcións que sexan pertinentes para promover unha recuperación positiva. 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)

O artigo 51 da Orde do 8 de setembro de 2021 establece o Plan de reforzo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que pase de curso con materias sen superar. Nel indícase que o alumnado deberá seguir un plan de reforzo en cada unha das materias non superadas, destinado á súa recuperación e á súa superación.

O plan de reforzo será elaborado polo profesorado que imparte a materia que a alumna ou o alumno teñan pendente de superar, baixo as directrices do correspondente departamento didáctico e co coñecemento do profesorado titor, e terá como referentes os obxectivos da materia e a contribución á adquisición das competencias. Igualmente, será un plan que se adapte ás particularidades de cada alumna ou alumno destinatarios. O departamento didáctico velará pola realización do plan por parte da alumna ou do alumno.

O plan de reforzo debe incluír, cando menos:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Información relevante sobre a materia ou as materias sen superar.

c) Currículo para desenvolver, con especificación dos criterios de avaliación.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

f) Tarefas para realizar, coa debida temporalización.

g) Seguimento e avaliación.

g) Acreditación da información á familia.

Segundo o indicado, o alumnado coa materia pendente será convocado ao inicio do curso para explicarlle o plan de recuperación. Este consistirá na elaboración dun cartafol de traballo baseado en tarefas a través das cales se traballan as competencias básicas. Ademais disto vai ter que realizar exames escritos sobre as preguntas que se lle proporcionaron xunto co cartafol.

O alumno/a será guiado regularmente polo/a profesor/a, o que permitirá facer un seguimento do seu traballo e aclarar as dúbidas que se lle presenten.

A entrega do cartafol de traballo e a realización do exame será por trimestre.

En virtude de todo isto a cualificación suporá:

80% da nota acadada no exame escrito sobre as preguntas que se lle entregaron e que previamente tivo que preparar.

20% da nota acadada polo traballo realizado.

No caso de que o/a alumno/a non aprobase o exame realizaríaselle, cando se indicase, unha recuperación consistente nunha proba escrita en base ás preguntas preparadas e puntuada nunha escala de 1 a 10 non tendo que presentar o traballo se este xa foi entregado e valorado positivamente, en caso contrario, si debe corrixilo e adxuntalo de novo.

En virtude do anterior, en cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan de reforzo e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que proceda.

Para a nota final de curso sería o resultado de:

Nota final de curso: (Nota 1ª Av. + Nota 2ª Av.+ Nota 3ª Av.) / 3.

Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirán sobre a súa avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria. En todo caso, para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberán obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e/ou titulación

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)

Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)

As medidas de atención á diversidade danse en dous niveis:

Para o alumnado con dificultades de aprendizaxe levarase a cabo un traballo de reforzo e recuperación cunha proposta de material de traballo adaptado para facerlo máis comprensible. Deste xeito o alumnado con dificultades pode decatarse dos seus logros e automotivase máis.

Ao alumnado de altas capacidades proporcionaránselle tarefas de ampliación e afondamento. Ditas actividades poden ir sendo cada vez máis complexas segundo as necesidades pero sempre terán un compoñente motivador para evitar que dito alumnado decaia no seu esforzo.

As medidas ordinarias de atención á diversidade responden ás instrucións da Orde do 8 de setembro de 2021 que regula a atención á diversidade do alumnado na que se indica que, en coordinación co profesorado titor e o departamento de Orientación, deseñarase unha avaliación inicial que facilite a detección das necesidades do alumnado. As medidas de atención á diversidade serán as seguintes:

1. Adaptación dos graos de consecución dos criterios de avaliación.

2. Gradación da dificultade das actividades de aprendizaxe.

3. Actividades diversas e variadas adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.

4. Materiais e recursos diversificados e inclusivos (DUA) que se adapten ás necesidades individualizadas do alumnado.

5. Actividades de reforzo e consolidación.

6. Aprendizaxe por Proxectos.

7. Traballo colaborativo.

8. Procedementos e Instrumentos de avaliación variados e individualizados.

9. Flexibilidade nos tempos de realización de tarefas e probas.

10. Retroalimentación ao alumnado sobre o seu proceso de aprendizaxe.

Contémplase tamén un Plan específico personalizado para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que permaneza un ano máis no mesmo curso.

En cumprimento do artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado, o equipo docente coordinado polo profesorado titor elaborará un plan específico personalizado que ten como finalidade adaptar as condicións curriculares ás necesidades da alumna ou do alumno, para tratar de superar as dificultades detectadas.

O plan específico personalizado incluírá, cando menos:

a) Identificación da alumna ou do alumno.

b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

f) De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.

g) Acreditación da información á familia.

7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)

Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12
1 Educación cívico-social.
2 Educación ambiental.
3 Educación para a igualdade.
4 Emprendemento.
5 Comprensión lectora, oral e escrita.
6 Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.
7 Educación para a paz
8 Educación para o consumidor

Serán traballados todos os elementos transversais, en especial a comprensión lectora e a expresión oral e escrita pois o alumnado vai ter que ler en diferentes formatos e redactar resumos, opinións, textos, comentarios xeográficos e históricos, etc.

Por suposto traballar a educación cívica, a igualdade, o coidado do medio ambiente, educación para paz, en definitiva, os ODS...é prioritario nesta materia e neste curso xa que gran parte dos temas curriculares xiran arredor destes aspectos.

Así mesmo, a comunicación audiovisual será aproveitada dun xeito responsable en todas as unidades pois servirán de apoio á práctica docente e ao desenvolvemento das competencias das TIC do alumnado.

Como tema transversal incluíuse a comunicación pois vanse promover os debates ordenados nos que se cumpran as normas de respecto e a tolerancia polas opinións contrarias que, en definitiva, conlevan a unha actitude cívica e a asunción dos valores constitucionais e democráticos.

O emprendemento tamén se considera importante por canto se pretende que o alumnado realice propostas e promova unha actitude proactiva e participativa para levar a cabo os traballos de aula e/ou emitir propostas que enriquezan o clima da aula.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)

Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visitas a exposicións e museos Complementaria
Asistencia a charlas Complementaria
Excursións de interese didáctico Complementaria
Roteiros didácticos Complementaria
Proxección de cine de interese para a materia Complementaria
Asistencia a representacións teatrais Complementaria

Todas as actividades complementarias axudan a potenciar a motivación, a comprensión e a aprendizaxe do alumnado así como a saír da rutina.

Permiten afondar nos contidos do currículo e comprobar a súa aplicación real .

A nivel persoal, facilitan a socialización do alumnado, desenvolver a súa creatividade e descubrir as súas habilidades fóra do ámbito escolar.

Agora ben, é preciso que estas sexan escollidas adecuadamente, sexan motivadoras e se adapten ao nivel de comprensión do alumnado.

Establécense tres fases para a preparación e desenvolvemento destas actividades:

-Unha primeira fase previa que consiste na preparación do alumnado. Nela dáselle información do tema e propóñense tarefas para desenvolver durante a actividade.

-Unha segunda fase ou fase central consistente na actividade propiamente dita durante a cal o alumnado deberá coller datos e información.

-Xa na aula unha terceira fase de feed-back para comprobar o resultado da experiencia.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)

Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Demostra coñecemento da materia
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Planifica leccións, ensina e avalía
Metodoloxía empregada Avalía e xulga en función dos criterios da programación
Clima de traballo na aula Crea ambiente de aprendizaxe
Metodoloxía empregada Emprega variedade de recursos
Clima de traballo na aula Motiva ao alumnado
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Ofrece oportunidades de recuperación
Metodoloxía empregada É ordenado nas explicacións
Metodoloxía empregada Explica con claridade
Metodoloxía empregada Resolve dúbidas
Clima de traballo na aula É innovador/a
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Aplica criterios de avaliación coñecidos e claros
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Revisa a realización das tarefas propostas
Medidas de atención á diversidade Valora o esforzo
Metodoloxía empregada Sabe dirixir a clases
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Cumpriu co horario de clase
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Valoración xeral da materia.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os obxectivos didácticos están ben formulados.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A selección e temporalización dos contidos e actividades foi axustada
Metodoloxía empregada Os criterios de avaliación e cualificación foron claros.
Clima de traballo na aula Os contidos e actividades relacionáronse cos interese do alumnado.
Medidas de atención á diversidade As actividades foron variadas e motivadoras.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A temporalización foi adecuada.
Metodoloxía empregada Realizouse a avaliación inicial
Medidas de atención á diversidade Empregáronse diferentes instrumentos de avaliación.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os criterios de cualificación foron axustados.

O profesorado debe someterse á avaliación do seu proceso de ensino e práctica docente.

En canto á práctica docente, esta realizarase por medio de enquisas e rúbricas que conteñen unha escala de valoración e que xiran entorno a "sabe", "sabe ser", "sabe facer que" e "sabe como facer", é dicir, sobre coñecementos, motivación, metodoloxía, avaliación, puntualidade e xestión da aula.

Este cuestionario en base á responder SI ou NON será proporcionado ao alumnado ao final de cada avaliación ou ao remate do curso para ser respondido de forma anónima. O balance dos resultados vai permitir reconsiderar determinadas actuacións e reformular a programación e a metodoloxía.

Igual de importante é avaliar o proceso do ensino para o cal disponse dun cuestionario de autoavaliación cos indicadores de logro puntuables nunha escala de 1 a 10. O cuestionario versa sobre a programación (obxectivos, contidos e temporalización, criterios de avaliación e programación). Sobre o desenvolvemento da programación (contidos, actividades, distribución do tempo, recursos..) e sobre a avaliación (se houbo avaliación inicial, instrumentos axeitados, criterios de cualificación xustos...)

8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)

O profesorado realizará de xeito contínuo o seguimento da programación atendendo á súa temporalización, criterios establecidos de avaliación, contidos a impartir, metodoloxía, etc....todo isto coa finalidade de ir axustando e incluso modificando aqueles aspectos didácticos que crea convenientes para que dita programación resulte máis real, aplicable e operativa.

Farase un seguimento da programación e da práctica docente a través da aplicación Proens por avaliación trimestral, recolléndose datos sobre a temporalización, os axustes dos Criterios de Avaliación, os instrumentos de avaliación, a ponderación dos mesmos, etc.. Toda esta información xunto coa referida aos contidos, metodoloxía, avaliación, etc., será valorada polo docente e os/as membros do Departamento indicando, sobre todo, as posibles razóns das dificultades do desenvolvemento da programación (polo clima da aula, recursos, diversidade de alumnado, etc.). De todo isto se elaborará un informe detallado nas actas do departamento.

Para avaliar o proceso de ensino deben empregaranse os indicadores de logro establecidos na programación e comprobar o seu grao de cumprimento.

Finalmente, nas memorias de final de curso aparecerán recollidas as propostas de mellora que fosen necesarias poñer en práctica nos cursos sucesivos, procurando ir axustando a programación á temporalidade e á realidade.

9. Outros apartados (Elaborado)

Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver