Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia de Historia de España introduce ao alumnado na perspectiva do pensamento histórico, indispensable para a observación, interpretación e comprensión da realidade na que vive. Atender aos principais retos e problemas aos que se enfronta no século XXI resulta esencial para o exercicio da súa madurez intelectual e persoal, ao situalo ante os desafíos sociais do presente. A análise do pasado constitúe unha referencia imprescindible para entender o mundo actual. Ademais, conforma un rico legado que o alumnado debe saber apreciar, conservar e transmitir, como legado das distintas xeracións que nos antecederon. Desta maneira, ao estudar os acontecementos vividos por outros, as dificultades ás que tiveron que facer fronte e as decisións que adoptaron, o alumnado ten a oportunidade de coñecer os factores que condicionan a actuación humana e o papel que cobran na historia determinados elementos como a organización do territorio, a articulación das relacións económicas, as crenzas e o desenvolvemento das ideas. Tamén aprende a valorar e comprender a evolución social ata chegar ao actual estado constitucional no que se fundamenta a nosa convivencia democrática.

Entendemos que a función da ensinanza é facilitar a aprendizaxe ao alumnado, axudándoos a construír, adquirir e desenvolver as competencias clave que lles permitan integrarse na sociedade do coñecemento e afrontar os continuos cambios que se impoñen en todas as ordes da nosa vida.

Por competencias enténdese, nun sentido amplo, a concatenación de saberes que artellan unha concepción do ser, do saber, saber facer e saber convivir. A competencia supón unha combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións, e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz.

 

A inclusión das competencias clave no currículo ten como finalidade que as alumnas e os alumnos a) poidan facer posible o pleno exercicio da cidadanía no marco da sociedade de referencia; b) constrúan un proxecto de vida satisfactorio; c) alcancen un desenvolvemento personal emocional e afectivo equilibrado; e d) accedan a outros procesos educativos e formativos posteriores con garantías de éxito.

 

A través do estudo da Historia de España, o alumnado deberá adquirir determinados valores e hábitos de comportamento, como a actitude crítica cara ás fontes, o recoñecemento da diversidade de España ou a valoración do patrimonio cultural e histórico recibido. Así mesmo, tal estudo deberá contribuír a fomentar unha especial sensibilidade cara á sociedade do presente e a súa problemática, que anime a adoptar unha actitude responsable e solidaria coa defensa da liberdade, a igualdade de entre homes e mulleres, os dereitos humanos, a non-discriminación e os valores democráticos. A materia proporcionalle ao alumnado unha visión útil e funcional da historia orientada a promover a observación, análise e interpretación da súa contorna real e a exercer unha cidadanía activa e implicada na vida social.

 

Por iso é polo que a materia de Historia de España adquire un papel fundamental para o exercicio do espírito crítico, fundamentado e razoado, para previr a desinformación e permitir exercer con liberdade o conxunto de valores cívicos que enmarca a nosa Constitución. Todo iso desde unha concepción activa da cidadanía, na que o alumnado se sinta parte implicada da contorna na que vive, colaborando na súa mellora e contribuíndo, desde as súas posibilidades, a unha sociedade máis xusta, equitativa e cohesionada.

 

Doutra banda, a aproximación á metodoloxía histórica obriga o alumnado ao uso rigoroso e crítico das fontes, á utilización precisa dos conceptos e a historiografía, e ao coñecemento das principais teorías e correntes académicas que foron desenvolvéndose no ámbito da historia e doutras ciencias sociais afíns. Así mesmo, a metodoloxía histórica promove o exercicio de procesos indutivos e de indagación relacionados con estratexias de utilización de documentos e probas, así como á procura e ao tratamento de información e fontes textuais, gráficas, audiovisuais, artísticas, literarias, hemerográficas e sonoras, accesibles en moitos casos grazas a plataformas dixitais.

 

Preténdese con iso destacar o valor funcional e significativo da aprendizaxe da Historia de España e dos saberes que esta materia ofrece, dotándoos dun sentido práctico e relacionándoos coa contorna real do alumnado.

 

Relaciónanse os contidos da España contemporánea e actual, que contan con maior presenza, cos de etapas históricas anteriores. Preténdese incidir con iso no carácter funcional das aprendizaxes e na conexión do pasado máis afastado coas épocas máis recentes. En calquera caso, os feitos e acontecementos deben formularse contextualizados no seu momento histórico, caracterizando debidamente cada etapa da historia e situándoa adecuadamente na liña do tempo, evitando así unha visión presentista.

 

O enfoque competencial do bacharelato e da Historia de España abre novas oportunidades e posibilidades para crear escenarios de aprendizaxe máis activos, nos que dotar de maior protagonismo o alumnado, que permitan o traballo en equipo, os procesos de indagación e investigación, a creatividade e a transferencia do coñecemento adquirido.

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Valorar os movementos e accións que promoveron as liberdades na historia de España, utilizando termos e conceptos históricos, a través da análise comparada dos distintos réximes políticos, para recoñecer o legado democrático da Constitución de 1978 como fundamento da nosa convivencia e garantía dos nosos dereitos.
OBX2 Recoñecer e valorar a diversidade identitaria do noso país, por medio do contraste da información e a revisión crítica de fontes, tomando conciencia do papel que xoga na actualidade, para respectar os sentimentos de pertenza, a existencia de identidades múltiples e as normas e símbolos que establece o noso marco común de convivencia.
OBX3 Analizar e valorar a idea de progreso desde a perspectiva do benestar social e da sustentabilidade, a través da interpretación dos factores modernizadores da economía española, o uso de métodos cuantitativos e a análise crítica das desigualdades sociais e territoriais, para considerar o emprendemento, a innovación e a aprendizaxe permanente como elementos fundamentais nunha contorna económica e profesional en constante cambio.
OBX4 Tomar conciencia da diversidade social a través da análise multidisciplinaria dos cambios e continuidades da sociedade española ao longo do tempo, a evolución da poboación, os niveis e modos de vida, as condicións laborais e os movementos e conflitos sociais, para valorar o alcance das medidas adoptadas e os progresos e limitacións para avanzar na igualdade, o benestar, a xustiza e a cohesión social.
OBX5 Analizar criticamente o papel das crenzas e das ideoloxías na articulación social, no uso do poder e na configuración de identidades e proxectos políticos contrapostos, a través do estudo de fontes primarias e textos historiográficos e a fundamentación de xuízos propios, para debater sobre problemas actuais, transferir coñecemento, valorar a diversidade cultural e mostrar actitudes respectuosas ante ideas lexítimas diferentes ás propias.
OBX6 Interpretar o valor xeoestratéxico de España e a súa conexión coa historia mundial, sinalando as analoxías e singularidades da súa evolución histórica nun contexto global cambiante, por medio da procura e o tratamento de información, para avalar os compromisos do noso país en materias de cooperación e seguridade, promover actitudes solidarias e asumir os valores do europeísmo.
OBX7 Incorporar a perspectiva de xénero na análise da España actual e da súa historia, a través da contextualización histórica de fontes literarias e artísticas e a investigación sobre o movemento feminista, para recoñecer a súa presenza na historia e promover actitudes en defensa da igualdade efectiva de mulleres e homes.
OBX8 Valorar o patrimonio histórico e cultural como legado e expresión da memoria colectiva, identificando os significados e usos públicos que reciben determinados acontecementos e procesos do pasado, por medio da análise da historiografía e do pensamento histórico, para o desenvolvemento da iniciativa, do traballo en equipo, da creatividade e da implicación en cuestións de interese social e cultural.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Historiografía e metodoloxía histórica. As raíces históricas: A Idade antiga. A Idade media: Al-Ándalus e os Reinos cristiáns. Explicar as características dos principais feitos e procesos históricos da Península Ibérica desde a antiguedade ata a desaparición da monarquía visigoda, e identificar as súas causas e consecuencias. Os pobos prerromanos da Península Ibérica. Conquista e romanización. A monarquía visigoda. Explicar a evolución dos territorios musulmáns na Península, describindo as súas etapas políticas e e realidade socioeconómica. Explicar a evolución e configuración política dos reinos cristiáns, en relación co proceso de reconquista e o concepto patrimonial da monarquía. Analizar a reconquista e repoboación. Describir o réxime feudal e a sociedade estamental. Comprender as crises baixomedievais (os Irmandiños). 2 2
2 Os reis católicos e o Imperio dos Austria. Os primeiros Borbóns. O S.XVIII: O reformismo dos Borbón e a Ilustración. Os Decretos de Nova Planta e o Antigo Réxime. Analizar o reinado dos Reis Católicos como unha etapa de transición entre a Idade Media e a Idade Moderna (unión dinástica, reorganización político administrativa). Explicar a evolución e a configuración do imperio español no século XVI. Explicar as causas e as consecuencias da crise do século XVII: aspectos socioeconómicos e políticos (crise demográfica e económica, as reformas de Olivares e a crise da monarquía). Economía e sociedade na Galicia dos Austrias. Analizar o cambio dinástico e a guerra de Sucesión (causas da guerra, bandos en conflito, a paz de Utrecht). Describir as características do novo modelo de Estado, especificando o alcance das reformas. O reformismo borbónico en Galicia (a matrícula de mar, o arsenal de Ferrol, a apertura do comercio colonial). A Ilustración en España (características da Ilustración e do Despotismo Ilustrado).Describir a situación da muller na Idade Moderna. 10 6
3 A crise do Antigo Réxime (1788-1833): Liberalismo fronte a Absolutismo. Analizar as relacións entre España e Francia desde a Revolución Francesa ata a Guerra da Independencia. As Cortes de Cádiz e a constitución de 1812. A restauración de Fernando VII e do absolutismo (as etapas do reinado). 10 16
4 A construción do Estado liberal (1833-1868). Describir o fenómeno do carlismo como resistencia absolutista fronte á revolución liberal. Analizar a transición definitiva do Antigo Réxime ao réxime liberal burgués durante o reinado de Isabel II. Explicar o proceso constitucional durante o reinado de Isabel II. 10 6
5 O Sexenio Democrático (1868-1874). A Revolución Gloriosa e a constitución de 1869. A primeira república (proxecto de constitución federal e cantonalismo). Explicar o Sexenio Democrático como período de procura de alternativas democráticas. 8 6
6 Economía e Sociedade (1833-1900). A reforma agraria liberal: as desamortizacións. Os principais sectores industriais e o papel do ferrocarril. O movemento obreiro (Sexenio Democrático e Restauración). 2 6
7 A Restauración Borbónica (1875-1902). O retorno da monarquía; constitución de 1876; e vida política). Explicar o sistema político da Restauración. A cuestión nacional no último terzo do século XIX. Analizar os movementos políticos e sociais excluídos do sistema. Explicar o desastre colonial e a crise do 98. 8 6
8 A crise da Restauración Borbónica (1902-1931). Analizar a desarticulación do sistema canovista. Relacionar o rexeneracionismo xurdido da crise do 98. A Semana Tráxica e as súas consecuencias (1909-1917). A crise de 1917, os gobernos de concentración e a guerra de Marrocos. A ditadura de Primo de Rivera (golpe de estado e etapas: delimitación temporal e características principais). 10 6
9 A II República española (1931-1939). Explicar a II República como solución democrática ao afundimento do sistema político da Restauración. O establecemento da II República (forzas políticas e constitución de 1931). Analizar as grandes reformas da República. Diferenciar as etapas da República ata o comezo da Guerra Civil 10 9
10 A Guerra Civil (1936-1939). Analizar a Guerra Civil, identificando as súas causas e as consecuencias, a intervención internacional e o curso dos acontecementos nas dúas zonas. A guerra civil: sublevación, bandos en conflito e a súa dimensión internacional. 10 3
11 O franquismo: A Posguerra (1939-1959). O franquismo: características e institucionalización. Analizar as características do franquismo e a súa evolución no tempo e especificar as transformacións políticas, económicas e sociais. 5 6
12 O franquismo: O gran desenvolvemento (1959-1975). Analizar as formas de oposición ao Réxime. Explicar a política económica. 5 6
13 Transición e democracia (desde1975) Analizar a agonía do franquismo. Comprender a Constitución de 1978 e o estado das autonomías. O Estatuto de autonomía de Galicia de 1981. Entender a consolidación da democracia: da crise da UCD aos gobernos do PSOE. A consolidación do bipartidismo (1982-2004). Os gobernos do S.XXI. A situación de España en Europa e no no mundo. A crise económica de 2008. Describir e analizar os cambios económicos e sociales. Os desastres ecolóxicos: O caso do "Prestige". Comprender e argumentar os avances das últimas décadas na igualdade entre mulleres e homes e valorar en que terreos non é aínda un feito real: Lexislación para a igualdade de 2007. A crise de 2020. A pandemia do "Covid-19". 10 9

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Sociedades no tempo. O proceso de construción nacional en España
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA1.1 - Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
CA1.2 - Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
CA1.3 - Referir o papel que representaron as crenzas relixiosas e as institucións eclesiásticas na configuración territorial e política de España, considerando criticamente aqueles momentos nos que primou a uniformidade e a intolerancia contra as minorías étnicas, relixiosas ou culturais.
CA1.4 - Recoñecer o valor xeoestratéxico da Península Ibérica, identificando o rico legado histórico e cultural xerado por mor da súa conexión con procesos históricos relevantes, caracterizando as especificidades e singularidades da súa evolución con respecto a outros países europeos e os estereotipos asociados a elas, así como a influencia das relacións internacionais.
Contidos
C1.1 - O traballo do historiador, a historiografía e a metodoloxía histórica. Conciencia histórica e conexión entre o pasado e o presente. Usos públicos da historia: as interpretacións historiográficas sobre determinados procesos e acontecementos relevantes da historia de España e a análise dos coñecementos históricos presentes nos debates da sociedade actual.
C1.2 - O significado xeoestratéxico da Península Ibérica e a importancia do legado histórico e cultural. O Mediterráneo, o Atlántico e a Europa continental nas raíces da historia de España e de Galicia.
C1.3 - O proceso de construción nacional en España. Da centralización política e administrativa á fin do Antigo Réxime: a unión dinástica dos Reis Católicos e a formación do Estado moderno; as Xuntas do Reino de Galicia. O papel central da monarquía dos Austrias na Europa moderna, eclosión e decadencia. O cambio dinástico, os decretos de nova planta e a crise do Antigo Réxime.
C1.4 - O significado da monarquía hispánica e da herdanza colonial. Estereotipos e singularidades da historia de España no contexto internacional: as leis de Indias e a «revolución dos presos».
C1.5 - Relixión, Igrexa e Estado. O papel do catolicismo na configuración cultural e política de España. A situación das minorías relixiosas.
Bloque B2. O camiño cara á contemporaneidade. Das revolucións liberais ao tardofranquismo
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA2.1 - Recoñecer o legado democrático e as accións en favor da liberdade, identificando e comparando os distintos réximes políticos e os seus respectivos textos constitucionais, desde a quebra da Monarquía absoluta e os inicios da España liberal á actualidade, utilizando adecuadamente termos e conceptos históricos, valorando o grao e alcance dos dereitos e liberdades que recoñecen e a aplicación efectiva destes.
CA2.2 - Describir as grandes transformacións sociais e os diferentes modos de organización e participación política que se produciron en España desde o tránsito do Antigo Réxime á nova sociedade contemporánea, analizando o xurdimento e evolución do concepto de cidadanía e das novas formas de sociabilidade, utilizando adecuadamente termos históricos e conceptos historiográficos, e identificando a persistencia das desigualdades.
CA2.3 - Xerar opinións argumentadas, debater e transferir ideas e coñecementos sobre a función que desempeñaron as ideoloxías na articulación social e política da España contemporánea, comprendendo e contextualizando os devanditos fenómenos a través da lectura de textos historiográficos e identificando as principais culturas políticas e ideolóxicas que foron sucedéndose, as súas formas de organización e os diferentes proxectos políticos que representaban, expresando actitudes respectuosas ante ideas diferentes ás propias.
CA2.4 - Empregar o rigor metodolóxico da historia no estudo das grandes reformas estruturais que acometeu a Segunda República, identificando os seus logros e fracasos, tamén as reaccións que se produciron e que, entre outras consideracións, derivaron no golpe de Estado de xullo de 1936, aproximándose á historiografía sobre a Guerra Civil e ao marco conceptual do estudo dos sistemas totalitarios e autoritarios a través da interpretación da evolución do Franquismo.
CA2.5 - Constatar o papel relegado da muller na historia analizando fontes literarias e artísticas, valorando as accións en favor da emancipación da muller e do movemento feminista e recuperando figuras individuais e colectivas como protagonistas silenciadas e omitidas da historia.
Contidos
C2.1 - Estudo comparado dos réximes liberais e do constitucionalismo en España: dos inicios do réxime liberal e a Constitución de 1812 ata a Constitución democrática de 1931. Termos e conceptos da historia para o estudo dos sistemas políticos.
C2.2 - Ideoloxías e culturas políticas na España contemporánea: conflitividade, sistemas políticos e usos do poder. Estudo de textos e contextos de partidos e movementos políticos, desde o carlismo e as distintas forzas monárquicas ao Republicanismo e o Obrerismo revolucionario. O papel dos exilios na España contemporánea e a súa contribución á construción da Europa das liberdades.
C2.3 - A cuestión nacional: conciencia histórica e crítica de fontes para abordar a orixe e a evolución dos nacionalismos e rexionalismos na España contemporánea.
C2.4 - A Segunda República e a transformación democrática de España: as grandes reformas estruturais e a súa orixe histórica. Realizacións sociais, políticas e culturais; reaccións contra as reformas.
C2.5 - O golpe de Estado de 1936. A Guerra Civil e o Franquismo: aproximación á historiografía sobre o conflito e ao marco conceptual dos sistemas totalitarios e autoritarios.
C2.6 - Fundamentos ideolóxicos do réxime franquista, relacións internacionais e etapas políticas e económicas. A represión e os movementos de protesta contra a ditadura.
C2.7 - Memoria democrática: recoñecemento das accións e movementos en favor da liberdade na historia contemporánea de España, conciencia de feitos traumáticos do pasado e do deber de non repetilos. Recoñecemento, reparación e dignificación das vítimas da violencia e do terrorismo en España. As políticas de memoria en España. Os lugares de memoria.
C2.8 - Mecanismos de dominación, roles de xénero, espazos de actividade e escenarios de sociabilidade das mulleres na historia de España. Protagonistas femininas individuais e colectivas. A loita pola emancipación da muller e os movementos feministas. Fontes literarias e artísticas nos estudos de xénero.
Bloque B3. O modelo de desenvolvemento económico español: pautas, ritmos e ciclos de crecemento
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA3.1 - Analizar a evolución económica de España, os seus ritmos e ciclos de crecemento, valéndose do manexo de datos, representacións gráficas e recursos dixitais, interpretando o seu particular proceso de modernización no contexto dos países da súa contorna e os debates historiográficos sobre o seu desenvolvemento industrial, considerando o emprendemento, a innovación e a aprendizaxe permanente como formas de afrontar os retos dunha contorna económica e profesional en constante cambio.
CA3.2 - Entender os distintos significados da idea do progreso nos seus contextos históricos, desenvolvendo o estudo multicausal dos modelos de desenvolvemento económico aplicados na España contemporánea e analizando criticamente a idea de modernización, valorando os seus efectos en relación co progreso económico e a mellora das condicións xerais de vida, coa desigualdade social, os desequilibrios territoriais, a degradación ambiental e as relacións de dependencia, así como reflectindo actitudes en favor dos obxectivos de desenvolvemento sustentable.
CA3.3 - Analizar de maneira multidisciplinaria a diversidade e a desigualdade social existente na historia contemporánea de España, a evolución da poboación e os cambios nas condicións e modos de vida, interpretando as causas e motivos da conflitividade social e a súa articulación en distintos movementos sociais, considerando a acción motivada dos suxeitos e as medidas de distinto tipo adoptadas polo estado.
Contidos
C3.1 - A transición ao capitalismo en España. Os debates historiográficos sobre a industrialización do país e da súa dependencia exterior. O modelo de desenvolvemento económico español, ritmos e ciclos de crecemento. Pautas rexionais. O modelo de industrialización en Galicia.
C3.2 - As grandes desamortizacións liberais: logros e frustracións.
C3.3 - Cambios sociais e novas formas de sociabilidade: interpretacións sobre a transformación da sociedade estamental e o desenvolvemento do novo concepto de cidadanía.
C3.4 - Traballo e condicións de vida. A evolución da sociedade española. Poboación, familias e ciclos de vida. Servidume señorial, proletarización industrial, o nacemento das clases medias e o estado do benestar.
C3.5 - Mundo rural e mundo urbano. Relacións de interdependencia e de reciprocidade entre o campo e a cidade desde unha perspectiva histórica. O foro en Galicia. O éxodo rural.
C3.6 - A loita pola igualdade e a xustiza social: conflitividade, movementos sociais e asociacionismo obreiro.
Bloque B4. Retos do mundo actual
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA4.1 - Identificar e valorar o papel da Transición no establecemento da democracia actual e da Constitución de 1978 como fundamento e garantía dos dereitos e liberdades dos españois, a través da elaboración de xuízos propios sobre os principais debates que afectan o sistema constitucional, mediante o dominio de procesos de procura e tratamento da información.
CA4.2 - Deducir a través do estudo crítico de noticias e datos estatísticos a evolución do Estado constitucional, identificando os logros e retrocesos experimentados e as medidas adoptadas polo Estado ata o presente, a evolución dos niveis de vida e de benestar, así como os límites e retos de futuro.
CA4.3 - Sinalar os retos globais e os principais compromisos do Estado español na esfera internacional, así como os que derivan da súa integración na Unión Europea, a través de procesos de procura, selección e tratamento da información, así como do recoñecemento dos valores da cooperación, a seguridade nacional e internacional, a sustentabilidade, a solidariedade, o europeísmo e o exercicio dunha cidadanía ética dixital.
CA4.4 - Introducir a perspectiva de xénero na observación e análise da realidade histórica e actual, identificando os mecanismos de dominación que xeraron e mantiveron a desigualdade entre mulleres e homes, así como os roles asignados e os espazos de actividade ocupados tradicionalmente pola muller.
CA4.5 - Realizar traballos de indagación e investigación, iniciándose na metodoloxía histórica e a historiografía, mediante a xeración de produtos relacionados coa memoria colectiva sobre acontecementos, personaxes ou elementos patrimoniais de interese social ou cultural da contorna local, considerando o patrimonio histórico como un ben común que se debe protexer.
Contidos
C4.1 - A Transición e a Constitución de 1978: identificación dos retos, logros e dificultades da fin da ditadura e do establecemento da democracia. A normalización democrática e a ameaza do terrorismo. Conciencia democrática: coñecemento dos principios e normas constitucionais, exercicio dos valores cívicos e participación cidadá.
C4.2 - Identidade e sentimentos de pertenza: recoñecemento das identidades múltiples e dos símbolos e normas comúns do Estado español.
C4.3 - España en Europa: derivacións económicas, sociais e políticas do proceso de integración na Unión Europea, situación actual e expectativas de futuro. Os valores do europeísmo: principios que guían a idea da Unión Europea e actitude participativa ante os programas e proxectos comunitarios.
C4.4 - España e o mundo: a contribución de España á seguridade e cooperación mundial e a súa participación nos organismos internacionais. O compromiso institucional, social e cidadán ante os obxectivos de desenvolvemento sustentable. O comportamento ecosocial. Solidariedade e cooperación: os grandes desafíos que afectan a España e ao mundo e condutas tendentes ao compromiso social, ao asociacionismo e ao voluntariado.
C4.5 - Crecemento económico e sustentable: manexo de datos, aplicacións e gráficos para a análise da evolución da economía española desde o desenvolvementismo á actualidade. Desequilibrios sociais, territoriais e ambientais.
C4.6 - A cultura de seguridade nacional e internacional, instrumentos estatais e internacionais para preservar os dereitos, as liberdades e o benestar da cidadanía.
C4.7 - Conservación e difusión do patrimonio histórico: o valor patrimonial, social e cultural da memoria colectiva. Arquivos, museos e centros de divulgación e interpretación histórica.
C4.8 - Cidadanía ética dixital: respecto á propiedade intelectual. Participación e exercicio da cidadanía global a través das tecnoloxías dixitais. Prevención e defensa ante a desinformación e a manipulación.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Historiografía e metodoloxía histórica. As raíces históricas: A Idade antiga. A Idade media: Al-Ándalus e os Reinos cristiáns.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Atopa información de interese sobre a importancia cultural dun feito histórico. Elabora mapas e liñas de tempo, localizando as fontes adecuadas, 20
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Identifica o carácter das fontes históricas. Contesta á proba escrita cun nivel suficiente e satisfactorio. 20
CA1.3 Referir o papel que representaron as crenzas relixiosas e as institucións eclesiásticas na configuración territorial e política de España, considerando criticamente aqueles momentos nos que primou a uniformidade e a intolerancia contra as minorías étnicas, relixiosas ou culturais.
Proba escrita
Explica a evolución dos territorios musulmáns na Península Ibérica. Explica a evolución e configuración política dos reinos cristiáns. 20
CA1.4 Recoñecer o valor xeoestratéxico da Península Ibérica, identificando o rico legado histórico e cultural xerado por mor da súa conexión con procesos históricos relevantes, caracterizando as especificidades e singularidades da súa evolución con respecto a outros países europeos e os estereotipos asociados a elas, así como a influencia das relacións internacionais.
Proba escrita
Analiza e explica as características dos principais procesos históricos da Península Ibérica desde a antiguedade ata a desaparición da monarquía visigoda, identificando as súas causas e consecuencias. 40

2 Os reis católicos e o Imperio dos Austria. Os primeiros Borbóns. O S.XVIII: O reformismo dos Borbón e a Ilustración. Os Decretos de Nova Planta e o Antigo Réxime.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Define o concepto de unión dinástica en tempos dos Reis Católicos e describe as características do novo Estado. Compara os imperios territoriais de Carlos I e de Filipe II. 20
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Analiza as causas e as consecuencias da decadencia no S.XVII. 20
CA1.3 Referir o papel que representaron as crenzas relixiosas e as institucións eclesiásticas na configuración territorial e política de España, considerando criticamente aqueles momentos nos que primou a uniformidade e a intolerancia contra as minorías étnicas, relixiosas ou culturais.
Proba escrita
Explica a expansión colonial en América e no Pacífico durante o S. XVI e as súas consecuencias. 20
CA1.4 Recoñecer o valor xeoestratéxico da Península Ibérica, identificando o rico legado histórico e cultural xerado por mor da súa conexión con procesos históricos relevantes, caracterizando as especificidades e singularidades da súa evolución con respecto a outros países europeos e os estereotipos asociados a elas, así como a influencia das relacións internacionais.
Proba escrita
Contesta á proba escrita cun nivel suficiente e satisfactorio. Explica as causas da Guerra de Sucesión e as características do novo modelo de Estado 40

3 A crise do Antigo Réxime (1788-1833): Liberalismo fronte a Absolutismo.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Explica as fases do conflito entre liberais e absolutistas durante o reinado de Fernando VII. Comprende as diferenzas entre o Antigo Réxime e o réxime liberal burgués. 20
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Analiza as relacións entre España e Francia desde a Revolución Francesa ata a Guerra da Independencia. Explica as causas e o desenvolvemento do proceso de independencia das colonias americanas. 60
CA2.1 Recoñecer o legado democrático e as accións en favor da liberdade, identificando e comparando os distintos réximes políticos e os seus respectivos textos constitucionais, desde a quebra da Monarquía absoluta e os inicios da España liberal á actualidade, utilizando adecuadamente termos e conceptos históricos, valorando o grao e alcance dos dereitos e liberdades que recoñecen e a aplicación efectiva destes.
Proba escrita
Comenta as características esenciais da Constitución de 1812. 20

4 A construción do Estado liberal (1833-1868).
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Explica o protagonismo dos militares e especificando os cambios políticos, económicos e sociais. 20
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Analiza a transición definitiva do Antigo Réxime ao réxime liberal burgués durante o reinado de Isabel II. 60
CA2.1 Recoñecer o legado democrático e as accións en favor da liberdade, identificando e comparando os distintos réximes políticos e os seus respectivos textos constitucionais, desde a quebra da Monarquía absoluta e os inicios da España liberal á actualidade, utilizando adecuadamente termos e conceptos históricos, valorando o grao e alcance dos dereitos e liberdades que recoñecen e a aplicación efectiva destes.
Proba escrita
Explica o proceso constitucional durante o reinado de Isabel II. Compara o Estatuto Real de 1834 e as Constitucións de 1837 e 1845. 20

5 O Sexenio Democrático (1868-1874). A Revolución Gloriosa e a constitución de 1869. A primeira república (proxecto de constitución federal e cantonalismo).
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Identifica as etapas políticas do Sexenio Democrático. Describe as condicións de vida das clases traballadoras e os inicios do movemento obreiro en España. 20
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Explica o Sexenio Democrático como período de procura de alternativas democráticas á monarquía. Describe as características esenciais da Constitución de 1869. 60
CA2.1 Recoñecer o legado democrático e as accións en favor da liberdade, identificando e comparando os distintos réximes políticos e os seus respectivos textos constitucionais, desde a quebra da Monarquía absoluta e os inicios da España liberal á actualidade, utilizando adecuadamente termos e conceptos históricos, valorando o grao e alcance dos dereitos e liberdades que recoñecen e a aplicación efectiva destes.
Proba escrita
Describe e explica os modelos de goberno do liberalismo tras a expulsión de Isabel II 20

6 Economía e Sociedade (1833-1900).
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Relaciona os problemas do transporte e o comercio interior cos factores xeográficos. Explica os obxectivos da rede ferroviaria e as consecuencias da lei xeral de ferrocarrís de 1855. 20
CA2.2 Describir as grandes transformacións sociais e os diferentes modos de organización e participación política que se produciron en España desde o tránsito do Antigo Réxime á nova sociedade contemporánea, analizando o xurdimento e evolución do concepto de cidadanía e das novas formas de sociabilidade, utilizando adecuadamente termos históricos e conceptos historiográficos, e identificando a persistencia das desigualdades.
Proba escrita
Explica a evolución demográfica de España ao longo do S.XIX, comparando o crecemento da poboación española no seu conxunto. 10
CA3.1 Analizar a evolución económica de España, os seus ritmos e ciclos de crecemento, valéndose do manexo de datos, representacións gráficas e recursos dixitais, interpretando o seu particular proceso de modernización no contexto dos países da súa contorna e os debates historiográficos sobre o seu desenvolvemento industrial, considerando o emprendemento, a innovación e a aprendizaxe permanente como formas de afrontar os retos dunha contorna económica e profesional en constante cambio.
Proba escrita
Explica as causas e consecuencias das desamortizacións de Mendizábal e Madoz. Describe a evolución da industria téxtil, a siderurxia e a minaría ao longo do século XIX. 50
CA3.2 Entender os distintos significados da idea do progreso nos seus contextos históricos, desenvolvendo o estudo multicausal dos modelos de desenvolvemento económico aplicados na España contemporánea e analizando criticamente a idea de modernización, valorando os seus efectos en relación co progreso económico e a mellora das condicións xerais de vida, coa desigualdade social, os desequilibrios territoriais, a degradación ambiental e as relacións de dependencia, así como reflectindo actitudes en favor dos obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Proba escrita
Analiza os sectores económicos e especifica a situación herdada, as transformacións de signo liberal e as consecuencias que se derivan delas. Compara o proteccionismo e librecambismo ao longo do S.XIX 20

7 A Restauración Borbónica (1875-1902).
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Explica o desastre colonial e a crise do 98, identificando as súas causas e consecuencias nos ámbitos económico, político, cultural e ideolóxico. 20
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Describe o sistema político da Restauración, distinguindo a teoría e o funcionamento real. 60
CA2.1 Recoñecer o legado democrático e as accións en favor da liberdade, identificando e comparando os distintos réximes políticos e os seus respectivos textos constitucionais, desde a quebra da Monarquía absoluta e os inicios da España liberal á actualidade, utilizando adecuadamente termos e conceptos históricos, valorando o grao e alcance dos dereitos e liberdades que recoñecen e a aplicación efectiva destes.
Proba escrita
Especifica as características esenciais da Constitución de 1876. Analiza os movementos políticos e sociais excluídos do sistema, especificando a súa evolución. 20

8 A crise da Restauración Borbónica (1902-1931).
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Analiza as causas, os principais feitos e as consecuencias da intervención de España en Marrocos entre 1904-1927. Describe a crise xeral de 1917: causas, manifestacións e consecuencias. 20
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Analiza as causas da quebra do sistema político da Restauración e identifica os factores internos e externos. Explica a ditadura de Primo de Rivera como solución autoritaria á crise do sistema. 60
CA2.1 Recoñecer o legado democrático e as accións en favor da liberdade, identificando e comparando os distintos réximes políticos e os seus respectivos textos constitucionais, desde a quebra da Monarquía absoluta e os inicios da España liberal á actualidade, utilizando adecuadamente termos e conceptos históricos, valorando o grao e alcance dos dereitos e liberdades que recoñecen e a aplicación efectiva destes.
Proba escrita
Relaciona o rexeneracionismo xurdido da crise do 98 co revisionismo político dos primeiros gobernos. Explica a evolución económica e demográfica no primeiro terzo do S.XX. 20

9 A II República española (1931-1939).
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Identifica as reformas impulsadas durante o bienio reformista da República. Analiza o proxecto de reforma agraria. 10
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Explica a II República como solución democrática ao afundimento do sistema político da Restauración, enmarcándoa no contexto internacional de crise económica e conflitividade social. 10
CA2.3 Xerar opinións argumentadas, debater e transferir ideas e coñecementos sobre a función que desempeñaron as ideoloxías na articulación social e política da España contemporánea, comprendendo e contextualizando os devanditos fenómenos a través da lectura de textos historiográficos e identificando as principais culturas políticas e ideolóxicas que foron sucedéndose, as súas formas de organización e os diferentes proxectos políticos que representaban, expresando actitudes respectuosas ante ideas diferentes ás propias.
Proba escrita
Especifica as características esenciais da Constitución de 1931. Analiza as eleccións de 1936 e a Fronte Popular. 10
CA2.4 Empregar o rigor metodolóxico da historia no estudo das grandes reformas estruturais que acometeu a Segunda República, identificando os seus logros e fracasos, tamén as reaccións que se produciron e que, entre outras consideracións, derivaron no golpe de Estado de xullo de 1936, aproximándose á historiografía sobre a Guerra Civil e ao marco conceptual do estudo dos sistemas totalitarios e autoritarios a través da interpretación da evolución do Franquismo.
Proba escrita
Diferencia as etapas da República ata o comezo da Guerra Civil, especificando os feitos e as actuacións principais en cada unha. 40
CA2.5 Constatar o papel relegado da muller na historia analizando fontes literarias e artísticas, valorando as accións en favor da emancipación da muller e do movemento feminista e recuperando figuras individuais e colectivas como protagonistas silenciadas e omitidas da historia.
Proba escrita
Explica en que consistiu o debate sobre a concesión do voto feminino, con Clara Campoamor, Victoria Kent e Margarita Nelken. 10
CA4.4 Introducir a perspectiva de xénero na observación e análise da realidade histórica e actual, identificando os mecanismos de dominación que xeraron e mantiveron a desigualdade entre mulleres e homes, así como os roles asignados e os espazos de actividade ocupados tradicionalmente pola muller.
Proba escrita
Describe a lexislación repúblicana con as leis que favoreceron a igualdade entre sexos e os campos donde se mantivo unha evidente segregación. 10
CA4.5 Realizar traballos de indagación e investigación, iniciándose na metodoloxía histórica e a historiografía, mediante a xeración de produtos relacionados coa memoria colectiva sobre acontecementos, personaxes ou elementos patrimoniais de interese social ou cultural da contorna local, considerando o patrimonio histórico como un ben común que se debe protexer.
Táboa de indicadores
Valora a importancia da Idade de Prata da cultura española, e explica as achegas das xeracións do 98 á do 36. 10

10 A Guerra Civil (1936-1939).
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Relaciona a Guerra Civil española co contexto internacional. Compara a evolución política e a situación económica dos dous bandos durante a guerra 10
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Analiza a Guerra Civil, identificando as causas e consecuencias, a intervención internacional e o curso dos acontecementos nas dúas zonas. 60
CA2.5 Constatar o papel relegado da muller na historia analizando fontes literarias e artísticas, valorando as accións en favor da emancipación da muller e do movemento feminista e recuperando figuras individuais e colectivas como protagonistas silenciadas e omitidas da historia.
Proba escrita
Compara o papel outorgado á muller en cada un dos bandos. 10
CA4.4 Introducir a perspectiva de xénero na observación e análise da realidade histórica e actual, identificando os mecanismos de dominación que xeraron e mantiveron a desigualdade entre mulleres e homes, así como os roles asignados e os espazos de actividade ocupados tradicionalmente pola muller.
Proba escrita
Explica o papel de Federica Montseny no bando republicano e o contrapón con a sección feminina de Pilar Primo de Rivera. 10
CA4.5 Realizar traballos de indagación e investigación, iniciándose na metodoloxía histórica e a historiografía, mediante a xeración de produtos relacionados coa memoria colectiva sobre acontecementos, personaxes ou elementos patrimoniais de interese social ou cultural da contorna local, considerando o patrimonio histórico como un ben común que se debe protexer.
Táboa de indicadores
Explica e compara os cartéis de propaganda política da guerra civil española e analiza as mensaxes que pretendían trasladar dun xeito visual e sinxela á poboación. 10

11 O franquismo: A Posguerra (1939-1959).
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Explica as relacións exteriores, a evolución política e a situación económica de España desde o remate da Guerra Civil ata 1959. Explica a política económica do franquismo nas súas etapas. 20
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Analiza as características do franquismo e a súa evolución no tempo e especifica as transformacións políticas, económicas e sociais que se produciron, en relación co contexto internacional. 60
CA2.5 Constatar o papel relegado da muller na historia analizando fontes literarias e artísticas, valorando as accións en favor da emancipación da muller e do movemento feminista e recuperando figuras individuais e colectivas como protagonistas silenciadas e omitidas da historia.
Proba escrita
Describe as transformacións que experimenta a sociedade española durante os anos do franquismo, así como as súas causas. Elabora unha breve exposición sobre a cultura do exilio durante o franquismo. 20

12 O franquismo: O gran desenvolvemento (1959-1975).
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Explica a política económica do franquismo nas súas etapas. 20
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Explica as relacións exteriores, a evolución política e as transformacións económicas e sociais de España desde 1959 ata 1975. 50
CA2.5 Constatar o papel relegado da muller na historia analizando fontes literarias e artísticas, valorando as accións en favor da emancipación da muller e do movemento feminista e recuperando figuras individuais e colectivas como protagonistas silenciadas e omitidas da historia.
Proba escrita
Describe as transformacións que experimenta a sociedade española durante os anos do franquismo, así como as súas causas. Elabora unha breve exposición sobre a cultura do exilio durante o franquismo. 10
CA3.3 Analizar de maneira multidisciplinaria a diversidade e a desigualdade social existente na historia contemporánea de España, a evolución da poboación e os cambios nas condicións e modos de vida, interpretando as causas e motivos da conflitividade social e a súa articulación en distintos movementos sociais, considerando a acción motivada dos suxeitos e as medidas de distinto tipo adoptadas polo estado.
Proba escrita
Especifica os grupos de oposición política ao réxime franquista tanto no interior como no exterior de Espña, e comenta a súa evolución no tempo. 20

13 Transición e democracia (desde1975)
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Contrastar a información e desenvolver procesos de crítica de fontes analizando a orixe e a evolución das identidades nacionais e rexionais que se formaron ao longo da historia de España, recoñecendo a pluralidade identitaria do noso país, con especial mención a Galicia.
Táboa de indicadores
Describe as actuacións impulsadas polo presidente de Goberno Adolfo Suárez para a reforma política do réxime franquista: lei para a reforma política de 1976, lei de amnistía de 1977.. 5
CA1.2 Identificar os distintos procesos políticos, culturais e administrativos que tiveron lugar na formación do Estado e na construción da nación española, analizando criticamente os logros e resultados das accións levadas a cabo e das reaccións xeradas, coñecendo e respectando tanto as identidades múltiples como os símbolos e normas comúns que conforman o marco actual de convivencia.
Proba escrita
Analiza e explica os principais cambios na sociedade, estrutura familiar, educación e cultura en España. 5
CA2.3 Xerar opinións argumentadas, debater e transferir ideas e coñecementos sobre a función que desempeñaron as ideoloxías na articulación social e política da España contemporánea, comprendendo e contextualizando os devanditos fenómenos a través da lectura de textos historiográficos e identificando as principais culturas políticas e ideolóxicas que foron sucedéndose, as súas formas de organización e os diferentes proxectos políticos que representaban, expresando actitudes respectuosas ante ideas diferentes ás propias.
Proba escrita
Describe os principais cambios na mentalidade e costumes española. 5
CA3.1 Analizar a evolución económica de España, os seus ritmos e ciclos de crecemento, valéndose do manexo de datos, representacións gráficas e recursos dixitais, interpretando o seu particular proceso de modernización no contexto dos países da súa contorna e os debates historiográficos sobre o seu desenvolvemento industrial, considerando o emprendemento, a innovación e a aprendizaxe permanente como formas de afrontar os retos dunha contorna económica e profesional en constante cambio.
Proba escrita
Analiza a evolución económica, social e política de España desde o primeiro Goberno de 1979 ata a crise de 2007, sinalando as ameazas ás que se enfronta e os efectos da integración na UE. 40
CA3.2 Entender os distintos significados da idea do progreso nos seus contextos históricos, desenvolvendo o estudo multicausal dos modelos de desenvolvemento económico aplicados na España contemporánea e analizando criticamente a idea de modernización, valorando os seus efectos en relación co progreso económico e a mellora das condicións xerais de vida, coa desigualdade social, os desequilibrios territoriais, a degradación ambiental e as relacións de dependencia, así como reflectindo actitudes en favor dos obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Proba escrita
Comenta os feitos máis salientables do proceso de integración en Europa e as consecuencias para España desta integración. 5
CA3.3 Analizar de maneira multidisciplinaria a diversidade e a desigualdade social existente na historia contemporánea de España, a evolución da poboación e os cambios nas condicións e modos de vida, interpretando as causas e motivos da conflitividade social e a súa articulación en distintos movementos sociais, considerando a acción motivada dos suxeitos e as medidas de distinto tipo adoptadas polo estado.
Proba escrita
Analiza o impacto da ameaza terrorista sobre a normalización democrática de España, describe a xénese e evolución das organizacións terroristas (ETA, GRAPO, etc.) 5
CA4.1 Identificar e valorar o papel da Transición no establecemento da democracia actual e da Constitución de 1978 como fundamento e garantía dos dereitos e liberdades dos españois, a través da elaboración de xuízos propios sobre os principais debates que afectan o sistema constitucional, mediante o dominio de procesos de procura e tratamento da información.
Proba escrita
Explica o proceso de elaboración e aprobación da Constitución de 1978 e as súas características esenciais. Describe o Estado das autonomías e o caso de Galicia. 10
CA4.2 Deducir a través do estudo crítico de noticias e datos estatísticos a evolución do Estado constitucional, identificando os logros e retrocesos experimentados e as medidas adoptadas polo Estado ata o presente, a evolución dos niveis de vida e de benestar, así como os límites e retos de futuro.
Táboa de indicadores
Analiza e describe a evolución do Estado de benestar, e o relaciona con o gasto social público. Compara a situación de España e da UE. 5
CA4.3 Sinalar os retos globais e os principais compromisos do Estado español na esfera internacional, así como os que derivan da súa integración na Unión Europea, a través de procesos de procura, selección e tratamento da información, así como do recoñecemento dos valores da cooperación, a seguridade nacional e internacional, a sustentabilidade, a solidariedade, o europeísmo e o exercicio dunha cidadanía ética dixital.
Proba escrita
Explica a posición e o papel da España actual na Unión Europea e no mundo. 5
CA4.4 Introducir a perspectiva de xénero na observación e análise da realidade histórica e actual, identificando os mecanismos de dominación que xeraron e mantiveron a desigualdade entre mulleres e homes, así como os roles asignados e os espazos de actividade ocupados tradicionalmente pola muller.
Proba escrita
Describe os cambios na estrutura laboral na actualidade. Explica a evolución hacia unha sociedade multicultural. 5
CA4.5 Realizar traballos de indagación e investigación, iniciándose na metodoloxía histórica e a historiografía, mediante a xeración de produtos relacionados coa memoria colectiva sobre acontecementos, personaxes ou elementos patrimoniais de interese social ou cultural da contorna local, considerando o patrimonio histórico como un ben común que se debe protexer.
Táboa de indicadores
Describe as dificultades da transición á democracia desde o franquismo nun contexto de crise económica, e explica as medidas que permitiron a celebración das primeiras eleccións democráticas. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía ten que ser variada e axeitada ás características e aos ritmos de aprendizaxe do alumnado, debe ser tamén activa e participativa, favorecendo o traballo individual e o colaborativo do alumnado, co fin de que os contidos se convertan en coñecementos aplicables con eficacia a situacións reais e aos estudios posteriores.

Dado que as competencias clave están ligadas a un desempeño eficaz nun contexto determinado, as situacións de aprendizaxe deseñadas para o seu desenvolvemento nesta materia de Hª de España, incorpora tarefas que contextualizan as aprendizaxes e que permiten avanzar en máis dunha competencia ao mesmo tempo. Será unha metodoloxía dirixida a implicar ao alumnado na aprendizaxe para que adquiran as habilidades que lles permitan construír os seus propios esquemas explicativos para comprender o mundo no que viven, construír a súa propia identidade, que poidan interactuar en situacións variadas e para que continúen aprendendo.

 

As unidades correspondentes a Historia de España pretenden que o alumnado acade un coñecemento do pasado máis entroncado co seu presente, así como que logre posuír unha visión xeral dos aspectos máis salientables da época actual

En definitiva, na aula combinarase a explicación teórica por parte do profesor á hora da presentación da problemática xeral dos procesos e realidades a explicar (mapas conceptuais, fotografías, presentacións, vídeos, textos, mapas, gráficas, estatísticas) cunha metodoloxía baseada no traballo do alumno/a que para asimilar os contidos e desenvolver as competencias clave a partir de diversos materiais de traballo (libro de texto ou os materiais diversos proporcionados/apuntados polo profesorado: presentacións, apuntes, esquemas, prensa, vídeos, podcast, textos e imaxes históricas, modelos de exame PAU)

Pola súa parte, o docente despregará os recursos didácticos necesarios que permitan desenvolver os contidos propios da materia, relacionados coas competencias clave e cos criterios de avaliación, para poder acadar así os obxectivos do currículo. O profesor deberá buscar situacións próximas ao alumnado para que este poida aplicar en diferentes contextos os contidos dos saberes básicos que conforman cada unha das competencias clave. Creará contextos e situacións que representen retos para o alumnado, que os invite a cuestionarse os seus saberes actuais, que os obrigue a ampliar a súa perspectiva e a contrastar o seu parecer, a xustificar e a interpretar con rigor.

Para poñer en práctica o dominio dos contidos básicos das Ciencias Sociais o alumnado levará a cabo traballos de investigación de maneira individual ou grupal.

Os materiais adaptaranse aos cambios propostos polo grupo de traballo na PAU.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Libro de texto físico ou dixital.
Apuntamentos docente
Aula virtual do centro
Fichas fotocopiables
Presentacións interactivas por medio de webs, realidade virtual e apps
Gamificación (Kahoot, Quizz)
Novelas históricas, novelas gráficas
Fragmentos de obras cinematográficas e series documentais de TV

Para a práctica e desenvolvemento na aula contamos cunha grande diversidade de recursos perfectamente utilizables para cada momento didáctico ou metodoloxía a empregar.

Manual de referencia: Romero Masiá, Ana e Alfeirán Rodríguez, Xosé (2023): Historia de España. Baía Edicións. É un apoio para o profesorado e para o alumnado xa que aglutina todas as unidades que se van traballar ao longo do curso e tamén inclúe un abundante repertorio de extractos de documentos históricos. 

Ademais do libro de texto empregarase material complementario, elaborado polo docente, que se acomode aos diferentes ritmos de aprendizaxe que se poden dar na aula. Así mesmo, o docente utilizará presentacións interactivas de elaboración propia, fragmentos de obras cinematográficas e televisivas, apuntes, esquemas, imaxes e textos históricos, noticias de prensa ou páxinas web. Sempre se terá en conta a proposta de contidos da PAU, así como o seu modelo de exame, non olvidando que este curso é final de etapa e porta de acceso ós estudos universitarios ou de ciclos polo que o alumnado deberá estar preparado para enfrontarse ao seu acceso.

A Aula Virtual será utilizada como repositorio de contidos avaliables, nela achegarase ao alumnado o material fundamental para o desenvolvemento da materia.

As novelas históricas e gráficas serán tratadas como apoio aos contidos dunha forma lúdica. A gamificación por medio de cuestionarios (Kahoot, quizz), daralle un punto divertido e lúdico ao ensino-aprendizaxe.

Empregaranse diferentes materiais, cada vez máis relacionados coas TIC, buscando unha maior diversificación, para dar cobertura aos diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial realizarase nos primeiros días de clase, destinada a comprobar a capacidade de expresión, corrección formal, análise, coherencia expositiva e coñecementos previos.

Un instrumento desta Avaliación pode ser unha proba inicial que pode constar dos seguintes apartados:

- Competencia lectora: actividades relacionadas coa comprensión de textos escritos.

- Conceptos e expresión escrita: cuestións sobre aspectos básicos de Historia, que ademais permitirán avaliar a coherencia e a corrección gramatical e ortográfica.

- Elaboración de comentarios, sínteses ou esquemas, mapas conceptuais..., que permitan coñecer se o alumnado domina eses procedementos tan básicos en esta área.

Outra das vantaxes da avaliación inicial é a de ofrecer información adicional sobre o punto de partida do alumnado cara o tema que se vai a comezar a traballar, permitindo concretar os contidos que suscitan maior interese ou que se descoñecen totalmente. Ademais nos posibilita definir a didáctica e metolodoxía para abordar a unidade e chegar aos distintos ritmos de aprendizaxe.

Outro aspecto importante destas probas diagnósticas é que permiten detectar as posibles confusións e incorreccións que o alumnado ten sobre os contidos a tratar e que precisan aclaración e rectificación.

Dita proba inicial realizararse dependendo de cada unidade, pero en liñas xerais consistirá na elaboración de cuestionarios, test, brainstorming, debates e/ou visionados de material audiovisual.

Os resultados de dita proba poderán orientarnos cara ao establecemento das estratexias de aprendizaxe e a realización das actividades de reforzo máis axeitadas para o alumnado, con especial atención ao alumnado con necesidades educativas especiais.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 2.0 10.0 10.0 10.0 8.0 2.0 8.0 10.0 10.0 10.0 5.0 5.0 10.0 100.0
Proba escrita 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0 80.0
Táboa de indicadores 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0 20.0

A avaliación, cumpre, fundamentalmente, unha función formativa, porque lle ofrece ao profesorado uns indicadores da evolución dos sucesivos niveis de aprendizaxe do seu alumnado, coa conseguinte posibilidade de aplicar mecanismos correctores das insuficiencias nas competencias clave e no coñecemento dos contidos. Trátase de determinar e o alumnado adquiriu as capacidades requiridas e en qué grao.

Farase en tres avaliacións, de tal xeito que os contidos mínimos das primeiras avaliacións poden estar presentes nas seguintes e segundo os criterios de cualificación que se explicitan.

Os instrumentos de avaliación a utilizar co fin de coñecer o grado de comprensión dos conceptos e procesos, son:

- A participación en debates e exposicións.

- A realización de sínteses mediante esquemas, resumos ou gráficos.

- A cantidade e calidade dos coñecementos adquiridos.

- A comprensión dos mesmos.

- A capacidade de síntese e análise.

- A comprensión e desenvolvemento das actividades.

- A utilización das fontes de información.

- Probas escritas, orais e traballos individuais e en grupo.

As probas escritas serven para que o alumno se dea conta dos seus avances e dificultades, ao tempo que nos permiten detectar qué conceptos, procedementos ou actitudes deben ser reforzados.

Os criterios para cualificar ao alumnado serán os seguintes:

- Probas escritas (exames) nas que os alumnos deberán contestar a preguntas tanto teóricas como prácticas. Seguirase o modelo de exame establecido pola PAU posto que a maior parte do alumnado que temos na aula está realizando os estudos de Bacharelato para acceder posteriormente á Universidade.

            A ponderación dos exames escritos na nota de avaliación será como mínimo o 80%, dependendo do número de exames feitos, en cada avaliación haberá como mínimo dous exames.

            Outros indicadores: Valorarase cun máximo do 20% da nota a realización de traballos individuais, exercicios prácticos ou actividades propostas na clase que se realicen durante a avaliación, tendo en conta o número realizado e  calidade dos mesmos.

- A cualificación será de 1 a 10 puntos. Para poder aprobar cada avaliación será imprescindible obter unha calificación de 5 ou superior.

- Ter unha avaliación suspensa implica a obriga de recuperala.

- Para aprobar o curso e ter a materia superada é necesario ter aprobadas as tres avaliacións. Neste caso a nota final será a media aritmética das tres.

- Cada exame sinalará o valor de cada unha das preguntas.

- Se un alumno ou alumna é descuberta copiando nun exame, falando con compañeiros, utilizando sistemas electrónicos ou empregando calquera método fraudulento, cualificaráselle con 0, e suspenderá dita avaliación.

 

O alumnado que ao longo do curso non acade os obxectivos reflectidos nesta programación poderá realizar exames de recuperación. Estes exames realizaranse segundo o criterio do Departamento que imparte a materia, aínda que preferentemente ao final da terceira avaliación, tendo dereito á realización dos mesmos o alumnado que teña unha ou como máximo dúas avaliacións suspensas.

- A nota que obteña na recuperación será a que computa para a final da avaliación ordinaria.

- O exame da avaliación extraordinaria será o mesmo para todos os grupos co fin de homoxeneizar os niveis e coordinar a materia impartida polos diferentes profesores.

- Actividades de reforzo e de ampliación: Despois da realización das probas da avaliación ordinaria (datas indicadas no calendario escolar) e durante o tempo entre elas e a proba extraordinaria, o profesor poderá propoñer actividades de reforzo ou ampliación, sempre que as considere necesarias e segundo o caso.

- O alumnado será informado destes criterios de cualificación; explicaránse de viva voz nas aulas ao inicio do curso e procurarase que o alumnado os comprendan. En canto ás familias poderan acudir a páxina web do centro ónde se publicará esta programación.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta materia

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Para o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais (dificultades de aprendizaxe, déficit de atención e hiperactividade (TDAH), altas capacidades intelectuais…) ou por incorporarse tarde ao sistema educativo (algo bastante habitual en este centro) estableceranse as medidas pertinentes atendendo aos protocolos en vigor co fin de que poidan acadar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais e os obxectivos e competencias establecidas en cada etapa para todo o alumnado.

Estableceráse un control de estas necesidades educativas especiais en colaboración do Departamento de Orientación que será o que informe dos casos a ter en conta e do tratamento que debemos facer de forma individualizada.

Teranse en conta os consellos  recollidos nos protocolos para atención ás necesidades educativas especiais: adaptación de instrumentos e tempos que aseguren unha correcta avaliación deste alumnado;  localización na aula, de forma que estean sentados cerca da mesa do profesor e ao lado de compañeiros que lle servan de modelo de tranquilidade, de orde e axuda.

Ao longo do curso e, según a evolución e necesidades concretas de cada alumno/a, poderanse elevar a cabo todas as medidas que consideremos necesarias para o correcto desenvolvemento deste alumnado.

En cada unidade proponse unha asimilación progresiva, de menor a maior dificultade, dos conceptos, termos e procesos históricos estudiados.

En xeral, procurarase proporcionar ós alumnos e alumnas, para os contidos de maior dificultade:

- Esquemas e/ou sínteses cos conceptos fundamentais.

- Actividades con diferentes graos de profundización.

- Páxinas de referencia para resolver dúbidas e/ou ampliar coñecementos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
1 Comprensión lectora e expresión oral e escrita
2 Comunicación audiovisual
3 Competencia dixital
4 Emprendemento social e empresarial
5 Fomento do espírito crítico e científico
6 Educación emocional e en valores
7 Convivencia: Respecto pola diversidade étnica cultural e igualdade de xénero
8 Creatividade

Serán traballados todos os elementos transversais, en especial a comprensión lectora e a expresión oral e escrita pois o alumnado vai ter que ler en diferentes formatos e redactar resumos, opinións, textos, comentarios históricos.

A tecnoloxía da información e da comunicación reflexada na comunicación audiovisual e a competencia dixital será aproveitada en todas as unidades pois servirán de apoio á práctica docente.

O resto dos elementos transversais tamén serán abordados en maior ou menor medida en case todas as unidades.

O emprendemento tamén se considera importante por canto se pretende que o alumnado realice propostas e promova unha actitude proactiva e participativa.

Importante na materia de Historia de España será a educación emocional e en valores como actitude do alumnado na aula de respecto e tolerancia pola diversidade étnica e cultural.

Ademais dos elementos transversais especificamente traballados nos anteriores epígrafes, traballaranse de forma específica os seguintes elementos transversais:

- A aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida.

- A prevención da violencia de xénero, e de todo tipo de violencia contra as persoas.

- Elementos curriculares relacionados co desenvolvemento sostible e o medio ambiente.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visitas a exposicións de interese museos. Actividades complementarias programadas ao inicio do curso.
Visitas a cidades e lugares de interese histórico, artístico ou xeográfico. Actividades complementarias programadas ao inicio do curso.
Roteiros de interese histórico, xeográfico ou cultural. Actividades complementarias programadas ao inicio do curso.
Viaxes culturais. Actividades extraescolares programadas ao inicio do curso.

Todas as actividades complementarias e extraescolares están definidas e programadas para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado, polo tanto estarán consensuadas a nivel de departamento didáctico e pensadas para lograr un aproveitamento didáctico diferente fóra das aulas.

As actividades fora da aula están definidas a través de tres fases:

- Primeira fase: preparación na aula previa á saída da UD correspondente.

- Segunda fase: a visita programada e organizada, o disfrute da actividade.

- Terceira fase: avaliación e comprobación dos saberes adquiridos por medio da actividade.

Ao longo do curso e sempre que a programación cultural da zona encaixe debidamente co programa da materia contemplarase a posibilidade de concretar saídas axeitadas, e que constitúan unha oportunidade de formación para o alumnado.

As actividades serán comunicadas a Vicedirección e organizadas ca súa colaboración. Fomentarase a asistencia a charlas ou conferencias relacionadas ca materia, a visita a museos ou exposicións, sempre que sexa posible e recomendable.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Temporalización das unidades e dos contidos
Metodoloxía empregada Exposición da información
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Eficacia e variedade das actividades e recursos
Medidas de atención á diversidade Diversidade de recursos
Clima de traballo na aula Estratexias de motivación do alumnado
Clima de traballo na aula Interacción co alumnado
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Avaliación das aprendizaxes: Avalía según os criterios de avaliación da programación
Metodoloxía empregada A práctica docente é innovadora
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Valoración da materia: 1. Os obxectivos están ben formulados 2. A seleción e temporalización dos contidos é axeitada 3. Os criterios de avaliación e cualificación son claros 4. Empregánse diferentes instrumentos de avaliación

Os docentes avalían tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensinanza e a súa propia práctica docente, a través dos Estándares de Aprendizaxe incorporados na programación docente.

 

Os contidos, competencias, obxectivos e criterios de avaliación do Currículo de cada área ou materia, permítennos definir os resultados de aprendizaxe e concretar o que o alumnado debe saber, comprender e saber facer en cada materia. Á súa vez, estes valóranse a partir dos indicadores de logro, que nos permiten avaliar en catro niveis as aprendizaxes que o alumnado consolidou respecto aos obxectivos marcados.

 

Este feito permítelle ao docente tamén avaliar os resultados das estratexias e medidas educativas que adoptou ao longo da súa práctica educativa para facilitar que o alumnado acade os obxectivos establecidos.

 

A avaliación tanto dos procesos de aprendizaxe do alumnado como da propia práctica docente será continua. A avaliación docente terá, ao mesmo tempo, com obxectivo adaptar as estratexias educativas adoptadas ao longo do curso ás necesidades específicas do alumnado.

 

Os obxectivos e criterios de avaliación permiten, neste sentido, identificar os coñecementos, capacidades, competencias... que en relación a un alumno ou alumna individual ou ao conxunto do grupo-clase deben ser consolidados, permitindo adaptar a practica educativa ás necesidades específicas do alumnado para que poidan alcanzar as ensinanzas establecidas nos correspondentes estándares de aprendizaxe.

 

- Como ferramenta auxiliar para reflexionar e valorar a actividade docente temos unha rúbrica da práctica docente na que se valoran os seguintes aspectos:

 

- Temporalización das unidades e dos contidos. Planificación das unidades didácticas ao longo do curso e temporalización dos contidos que se deben abordar en cada unidade.

- Exposición da información. Claridade nas explicacións docentes, cunha recepción e cunha interacción adecuada co alumnado para comprobar a asimilación das informacións transmitidas.

- Eficacia das actividades e recursos. Elección e uso adecuados das actividades e recursos empregados para a consecución dos obxectivos didácticos e dos criterios de Avaliación formulados.

- Diversidade de recursos. Uso de gran diversidade de recursos e materiais, incluíndo as TIC e o uso educativo dos medios de comunicación, para fomentar unha aprendizaxe ampla e unha boa motivación do alumnado.

- Estratexias de motivación do alumnado. Elaboración de propostas que animen o alumnado a desenvolver as súas capacidades en función dos seus propios intereses e a manter o interese e o esforzo durante a súa aprendizaxe.

- Interacción co alumnado. Relación fluída do docente co alumnado favorecendo con isto o desenvolvemento das actividades de aprendizaxe.

- Avaliación das aprendizaxes. Avaliación dos Contidos e dos obxectivos adquiridos.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


- En relación á práctica docente os indicadores de logro permiten valorar:

- Consecución de obxectivos: Se se está cumprindo coa planificación: actividades, tempos, responsabilidades.

- Se existe desviación entre o obxectivo definido e a acción ou accións deseñadas para conseguilo.

- Se se consigue unha progresiva adquisición de autonomía no proceso de aprendizaxe: obtención, selección e contraste da información obtida.

- Se colaboramos no desenvolvemento das competencias dixital e competencia para aprender a aprender.

- Se se están conseguindo outras cousas distintas ás planificadas intencionalmente.

- Se se está progresando na liña definida no obxectivo.

- Se os resultados obtidos xeran satisfacción nos implicados.

- Neste aspecto terase en conta a normativa vixente que considera conforme a programación se se cumpre polo menos un 75% dos contidos programados ao principio do curso, se non hai unha desviación na programación por avaliación máis aló dun 20% dos contidos programados ou incluso, nestes casos, cando as razóns sexan de carácter externo e/ou non imputables ao departamento.

Dentro do proceso de ensinanza e aprendizaxe, o equipo docente de cada grupo de alumnado celebrará sesións de avaliación para valorar tanto as aprendizaxes do alumnado, como os procesos de ensinanza e a súa propia práctica docente.

O equipo docente deberá adoptar as medidas ordinarias ou extraordinarias máis adecuadas. Estas medidas fixaranse en plans de mellora de resultados colectivos ou individuais, que permitan solventar as dificultades, en colaboración coas familias e mediante recursos de apoio educativo.

Indicadores de logro do proceso de ensino nunha escala de 1-4

1. Como norma xeral, fanse explicacións xerais para todo o alumnado.

2. Ofrécense a cada alumno/a as explicacións individualizadas que precisa.

3. Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar.

4. Combínase o traballo individual e en equipo.

5. Poténcianse estratexias tanto de expresión como de comprensión oral e escrita.

6. Incorpóranse as TIC aos procesos de ensino-aprendizaxe.

7. Préstase atención aos elementos transversais vinculados a cada estándar.

8. Ofrécense ao alumnado de forma rápida os resultados das probas / traballos, etc.

9. Analízanse e coméntanse co alumnado os aspectos máis significativos derivados da corrección das probas, traballos, etc.

10. Dáselle ao alumnado a posibilidade de visualizar e comentar os seus acertos e erros.

Indicadores de logro da práctica docente nunha escala de 1-4

1. O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado.

2. Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreceu a aprendizaxe.

3. Conseguiuse motivar para lograr a actividade intelectual e física do alumnado.

4. Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado.

5. Usáronse distintos instrumentos de avaliación.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver