Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)

No duodécimo curso de funcionamento do IES do Milladoiro mantemos a tendencia de crecente aumento de alumnado, cos conseguintes problemas de espazos e recursos materiais e humanos. Este departamento está integrado por unha profesora, que imparte Latín de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato. O departamento ten asignada tamén a materia de Proxecto Competencial de 2º ESO. A presente programación didáctica ten como referencia normativa a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Consecuentemente, as unidades didácticas que a desenvolven procuran deseñar situacións de aprendizaxe con valor competencial. Cómpre destacar de inicio que esta programación, en todos os seus aspectos, pero particularmente no referente a contidos mínimos impartidos e esixidos, a temporalizacións e a alternativas de avaliación e cálculo de cualificacións, pode sufrir modificacións dependendo en cada caso das circunstancias xerais e mesmo particulares de cada momento e de cada alumno/a ou grupo de alumnado.

Como características e recursos relevantes para a nosa programación destacamos:

  • Importante diversidade social, cultural e lingüística do alumnado. Unha porcentaxe relevante do alumnado procede do estranxeiro. Esta heteroxeneidade maniféstase no só con respecto aos niveis, ritmos de aprendizaxe ou actitude fronte ás materias, senón tamén en relación aocomportamento, conducta e situación familiar de cada un dos rapaces, a cal, en moitas das situacións, é moi determinante no proceder dos mesmos. O centro conta cun elevado número de alumnado matriculado en Secundaria e Bacharelato. En todos os niveis hai alumnado: NEAE, repetidores, de incorporación tardía.
  • Profesorado dinámico que participa en diversos proxectos e grupos de traballo.
  • Plan Xeral de Atención á Diversidade realizado e aprobado.
  • Equipo de Biblioteca e Equipo de Dinamización da Lingua Galega moi activos.
  • ANPA activa e participativa.

Neste contexto, as nosas decisións programáticas obedecen ao obxectivo educativo e social de conseguir e consolidar falantes para o galego. Preténdese, por unha parte, mellorar a eficacia comunicativa do alumnado na produción, recepción e interacción oral, escrita e multimodal, e pola outra, favorecer un uso ético da linguaxe. Todo o alumnado do noso departamento está matriculado na Aula Virtual na que se recollen todo o material didáctico, as tarefas que desenvolvemos a diario e todos os anuncios referedos á materia coa finalidade de facilitar ao alumnado o acceso aos contidos e ao seguimento da materia. En 4º ESO contamos con 24 alumnos/as sendo un grupo moi heteroxéneo.

Lémbrase que os contidos gramaticais concretos que se establecen como horizonte nesta programación modelo poden ser reducidos e/ou ampliados por cada persoa docente tendo como única limitación o establecido na lexislación vixente.

A materia de Latín na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria constitúe unha aproximación específica aos diferentes aspectos da lingua, cultura e civilización latinas e a súa pervivencia no presente. A singularidade do enfoque desta materia está condicionada pola súa dobre natureza. Por unha banda, para parte do alumnado é o único contacto, durante a súa escolarización obrigatoria, con determinados aspectos da lingua, cultura e civilización latinas, que constitúen as bases da nosa sociedade actual. Por outra banda, debe ter o carácter de ensinanzas preparatorias para o alumnado que continúa os seus estudos nesta disciplina. Esta dobre natureza esixe un esforzo para describir, contextualizar e comprender a vixencia da evidente orixe clásica da nosa identidade como sociedade.

2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)

Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Valorar o papel da civilización latina na orixe da identidade europea, comparando e recoñecendo as semellanzas e diferenzas entre linguas e culturas, para analizar criticamente o presente.
OBX2 Coñecer os aspectos básicos da lingua latina, comparándoa coas linguas de ensino e con outras linguas do repertorio individual do alumnado, para valorar os trazos comúns e apreciar a diversidade lingüística como mostra de riqueza cultural.
OBX3 Ler e interpretar textos latinos, asumindo a aproximación aos textos como un proceso dinámico e tomando conciencia dos coñecementos e experiencias propias, para identificar o seu carácter clásico e fundamental.
OBX4 Comprender textos latinos orixinais e adaptados e producir textos orais ou escritos breves en latín, traducindo do latín á lingua de ensino ou desenvolvendo estratexias de acceso ao significado dun enunciado sinxelo en lingua latina, no primeiro caso, e seguindo modelos dados, no segundo, para alcanzar e xustificar a comprensión propia dunha pasaxe ou a produción dun texto, oral ou escrito, sinxelo en latín.
OBX5 Descubrir, coñecer e valorar o patrimonio cultural, arqueolóxico e artístico romano, apreciándoo e recoñecéndoo como produto da creación humana e como testemuño da historia, para identificar as fontes de inspiración e distinguir os procesos de construción, preservación, conservación e restauración, así como para garantir a súa sustentabilidade.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)

Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia

*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A civilización latina. Perspectiva histórica e legado. Nesta UD hase procurar un achegamento á xeografía, historia, sociedade, sistemas políticos e manifestacións artísticas de Roma dende un punto de visto crítico, destacando, por unha banda, aqueles aspectos positivos da civilización romana que poden servir de modelo para a sociedade actual, sen ocultar, pola outra, todos aqueles outros que entran en conflito cos valores dunha sociedade libre e democrática. Hase facer tamén unha especial referenza ao concepto de humanismo e á recuperación do mundo clásico a partir do século XIV. Paralelamente hase insistir na importancia do legado do mundo clásico na sociedade europea e occidental en xeral: sistemas políticos e institucións, artes en xeral (especial referencia á importancia da mitoloxía nas artes plásticas). 10 12
2 A civilización latina. Perspectiva literaria e legado. Nesta UD preténdese un achegamento á literatura latina no seu conxunto e á importancia da lingua latina como vehículo de expresión non soamente da literatura senón de toda actividade humana, con incidencia especial na lexislación e saber científico. Paralelamente hase ver a influencia da literatura clásica no presente e traballar técnicas básicas de comentario de texto histórico-literario sobre textos clásicos breves en tradución. 10 12
3 Introdución á lingua latina. Nesta UD preténdese introducir aspectos básicos da lingua latina: orixe, parentesco con outras linguas europeas e do resto do mundo, abecedario, pronuncia, evolución do latín ás linguas románicas peninsulares, diferenzas entre palabras patrimoniais, semicultismos, cultismos e latinismos. 5 9
4 Aproveitamento da lingua latina para unha mellor expresión. Neste UD preténdese un achegamento á lingua latina como ferramenta para mellorar a comprensión das linguas coñecidas polo alumnado e a súa capacidade de expresión, tanto oral como escrita, tanto na lingua propia como noutras nas que se poida expresar. Especial atención a prefixos e raíces, e aos latinismos máis frecuentes. 5 8
5 Introdución a aspectos básicos de gramática. Nesta UD preténdese que o alumnado repase dun modo básico conceptos elementais e xerais de morofoloxía e sintaxe adquiridos noutras materias e que se familiarice con novos conceptos. É importante entender que o obxectivo é fundamentalmente consolidar coñecementos adquiridos noutras materias, establecendo equivalencias en caso de discrepancias terminolóxicas e procurando facer comprender categorías gramaticais alleas ao alumnado como é o caso. 2 6
6 Lingua latina. Fórmulas básicas da lingua diaria. Nesta UD preténdese que o alumnado domine de modo automático unhas mínimas fórmulas básicas da lingua latina como o saúdo, a despedida, frases para expresar que non entende algo, que quere que se repita, fórmulas de petición de permiso para ir ao baño, saír da aula, etc. O obxectivo é que interiorice certas expresións idiomáticas asociadas a determinados contextos. Aquí pódense introducir aspectos como as cores, os tamaños, etc, sempre vinculados a preguntas e respostas básicas na vida diaria. O que se propón é a integración na aula do AIM (Método Integrado Acelerado), que relaciona palabras e expresións a contextos e, sobre todo, xestualidade. O aprendido nesta UD é moito importante de cara ao resto do curso, porque supón o soporte da comunicación básica na aula entre profesorado e alumnado. 5 8
7 Lingua latina I. Nesta UD o alumnado toma contacto por primeira vez coa lingua latina a través da lectura de textos adaptados. É fundamental o traballo de lectura, acentuación e pronuncia correctas, para que dun modo natural o alumnado vaia consolidando unha memoria auditiva das palabras de uso habitual. En morfoloxía nominal hanse tratar os xéneros, casos nominativo, xenitivo e ablativo, en substantivos e adxectivos da 1ª e 2ª declinacións nos números singular e plural. En morfoloxía verbal o presente de indicativo do verbo sum e dos verbos da 1ª, 2ª e 4ª conxugacións nos números singular e plural. Será moito importante xa dende o principio asociar os casos aos pronomes-adxectivos interrogativos. Paralelamente hase adquirir a través do uso e da práctica o primeiro vocabulario latino, con especial atención a preposicións e conectores. 7 10
8 Lingua latina II. Nesta UD o alumnado segue a traballar a través da lectura, reflexión e realización de exercicios dende o latín ao latín. A nivel gramatical na morfoloxía nominal hase tratar o caso acusativo en singular e plural nos substantivos e adxectivos da 1ª e 2ª declinacións. En morfoloxía verbal o presente de indicativo dos verbos da 3.ª conxugación. Paralelamente hase seguir a adquirir a través do uso e da práctica o primeiro vocabulario latino, con especial atención a preposicións, conectores e adverbios. 11 10
9 Lingua latina III. Nesta UD o alumnado segue a traballar a través da lectura, reflexión e realización de exercicios dende o latín ao latín. A nivel gramatical hanse tratar: 1. Na morfoloxía nominal o vocativo e o dativo con repaso completo do paradigma da 1.ª e 2.ª declinacións. Farase aquí tamén unha sistematización do pronome is ea id, introducido progresivamente nas UD anteriores, e un repaso sistemático do pronome interrogativo qui/quis, quae, quod/quid, fundamental para consolidar o uso dos casos. 2. Na morfoloxía verbal o imperativo de presente das catro conxugacións. Paralelamente hase adquirir máis vocabulario latino e consolidar o xa adquirido en unidades didácticas anteriores, con especial atención a preposicións, conectores e adverbios. 12 10
10 Lingua latina IV. Nesta UD o alumnado segue a traballar a través da lectura, reflexión e realización de exercicios dende o latín ao latín. A nivel gramatical hanse tratar: 1. Na morfoloxía nominal a 3.ª declinación (parisílabos e imparisílabos de xénero non neutro). 2. Na morfoloxía verbal o pretérito imperfecto. 3. Afondamento no uso das preposicións, adverbios e conectores. Paralelamente hase adquirir máis vocabulario latino e consolidar o xa adquirido en unidades didácticas anteriores. 15 10
11 Lingua latina V. Nesta UD o alumnado segue a traballar a través da lectura, reflexión e realización de exercicios dende o latín ao latín. A nivel gramatical hanse tratar: 1. Na morfoloxía nominal a 3.ª declinación (neutros e adxectivos tipo breuis -e); a sistematización dos adxectivos 2-1-2; 3-3, 2. Conxuncións temporais CVM e DVM. 3. Afondamento no uso das preposicións, adverbios e conectores. Paralelamente hase adquirir máis vocabulario latino e consolidar o xa adquirido en unidades didácticas anteriores. A nivel sintáctico hase introducir a construción de acusativo con infinitivo. 18 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)

Bloque B1. O presente da civilización latina
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA1.1 - Describir o significado de produtos culturais do presente, no contexto europeo, comparando as semellanzas e diferenzas coa Antigüidade latina.
CA1.2 - Valorar de maneira crítica os modos de vida, costumes e actitudes da sociedade romana en comparación cos das nosas sociedades a partir do contido de fontes latinas en diferentes soportes.
CA1.3 - Identificar os períodos da historia de Roma, os acontecementos e personaxes, así como os aspectos da civilización romana no seu contexto histórico, relacionando os datos con referentes actuais e aplicando os coñecementos adquiridos.
CA1.4 - Explicar de forma oral, escrita ou multimodal o carácter clásico e humanista das diversas manifestacións literarias e artísticas da civilización latina utilizando un vocabulario correcto e unha expresión adecuada.
CA1.5 - Recoñecer o sentido global e as ideas principais e secundarias dun texto, contextualizándoo e identificando as referencias históricas, sociais, políticas ou relixiosas que aparecen nel, e servíndose de coñecementos sobre personaxes e acontecementos históricos xa estudados.
CA1.6 - Interpretar de maneira crítica o contido de textos latinos de dificultade adecuada, atendendo ao contexto en que se produciron, conectándoos coa experiencia propia e valorando como contribúen a entender os modos de vida, costumes e actitudes da nosa sociedade.
Contidos
C1.1 - Achegamento ao papel do humanismo e a súa presenza na sociedade actual. Concepto orixinal de humanismo.
C1.2 - Importancia da civilización latina na configuración, recoñecemento e análise crítica da nosa identidade como sociedade. Análise crítica da sociedade romana: escravitude e exclusión da muller.
C1.3 - Léxico latino: evolución dos conceptos fundamentais da civilización latina ata a actualidade.
C1.4 - Achegamento aos aspectos xeográficos, históricos, culturais, políticos e lingüísticos da civilización latina presentes na noción actual de Europa e da súa cultura.
C1.5 - Estratexias e ferramentas para relacionar o pasado e o presente a partir dos coñecementos adquiridos.
C1.6 - Identificación das obras fundamentais da literatura latina no seu contexto e a súa pervivencia a través da tradición clásica.
C1.7 - Importancia dos textos clásicos latinos como testemuño daqueles aspectos constitutivos da nosa condición humana: raciocinio, emocións, relixión...
C1.8 - Estratexias para comprender, comentar e interpretar textos latinos a partir dos coñecementos adquiridos e da experiencia propia.
Bloque B2. Latín e plurilingüismo
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA2.1 - Valorar criticamente e adecuarse á diversidade lingüística e cultural a que dá orixe o latín, identificando e explicando semellanzas e diferenzas entre os elementos lingüísticos da contorna, relacionándoos cos da propia cultura e desenvolvendo unha cultura compartida e unha cidadanía comprometida cos valores democráticos.
CA2.2 - Inferir significados de termos latinos aplicando os coñecementos léxicos e fonéticos doutras linguas do repertorio individual propio
CA2.3 - Ampliar o caudal léxico e mellorar a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais de orixe latina de maneira coherente.
CA2.4 - Producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos, recoñecendo os elementos latinos en diferentes contextos lingüísticos e establecendo, se procede, a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo.
Contidos
C2.1 - O abecedario, a acentuación e as distintas pronuncias da lingua latina: clásica, eclesiástica e nacionais, así como a súa permanencia e influencia nas linguas do repertorio lingüístico individual do alumnado.
C2.2 - Explicación dos cambios fonéticos máis frecuentes desde o latín culto e o latín vulgar. Un retorno ás orixes comúns: das linguas románicas ao latín.
C2.3 - Identificación de palabras con lexemas, sufixos e prefixos de orixe latina en textos escritos nas linguas de ensino.
C2.4 - Procedementos de composición e derivación latinos na elaboración de familias de palabras tanto no latín como nas linguas de uso do alumnado.
C2.5 - Iniciación ao significado etimolóxico das palabras.
C2.6 - Estratexias básicas para inferir significados en léxico especializado e de nova aparición a partir da identificación de formantes latinos.
C2.7 - Latinismos e locucións latinas máis frecuentes.
C2.8 - Técnicas de recoñecemento, organización e incorporación á produción escrita, oral ou multimodal de léxico de raíz común entre as distintas linguas do repertorio lingüístico individual.
C2.9 - Comparación entre linguas a partir da súa orixe e parentescos.
C2.10 - Importancia do latín como ferramenta de mellora da expresión escrita, oral e multimodal nas distintas linguas do repertorio lingüístico individual.
C2.11 - Ferramentas analóxicas e dixitais para a aprendizaxe e reflexión da lingua latina como vínculo e impulso para a aprendizaxe doutras linguas.
Bloque B3. Comprensión e interpretación dos textos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA3.1 - Analizar e interpretar os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais da lingua latina, identificándoos e comparándoos cos das linguas de repertorio do alumnado.
CA3.2 - Traducir ou interpretar textos breves e sinxelos con termos adecuados e expresión correcta na lingua de ensino, xustificando a tradución ou a interpretación e manifestando a correspondencia entre o texto latino e a versión realizada.
CA3.3 - Producir mediante retroversión oracións e textos de dificultade axeitada utilizando as estruturas propias da lingua latina.
CA3.4 - Planificar diálogos, redactar e expresar oralmente textos breves e sinxelos comprensibles e adecuados á situación comunicativa sobre asuntos da vida cotiá, co fin de describir, narrar e informar sobre temas concretos e próximos á experiencia persoal, apoiándose, cando sexa necesario, en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras, incidindo nas estratexias para iniciar, manter e rematar a comunicación verbal.
Contidos
C3.1 - Clases de palabras. Funcións básicas e sintaxe elemental dos casos.
C3.2 - Introdución á flexión nominal, pronominal e verbal.
C3.3 - Estruturas oracionais básicas. A concordancia e a orde de palabras en oracións simples e oracións compostas.
C3.4 - Redacción con corrección ortográfica e expresiva da mensaxe dun texto en lingua latina ás linguas de ensino.
C3.5 - Estratexias básicas para identificar, analizar e comprender unidades lingüísticas (léxico, morfosintaxe) a partir da comparación das linguas e variedades que conforman o repertorio lingüístico persoal.
C3.6 - Recursos para a aprendizaxe e estratexias básicas de adquisición de linguas, tales como Portfolio europeo das linguas, glosarios ou dicionarios.
C3.7 - Reflexión e xustificación da interpretación ofrecida.
C3.8 - Retroversión de oracións e textos de dificultade axeitada.
C3.9 - Autoconfianza, autonomía e iniciativa. O erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe.
C3.10 - Funcións comunicativas básicas: fórmulas de saúdo e presentación, descrición, localización, expresión de emocións etc.
C3.11 - Léxico de uso común e de interese relativo a identificación persoal, relacións interpersoais, lugares e contornos próximos, lecer e tempo libre, vida cotiá, saúde e actividade física, vivenda e fogar etc.
C3.12 - Convencións e estratexias conversacionais básicas, para iniciar, manter e rematar a comunicación.
Bloque B4. Legado e patrimonio
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
CA4.1 - Describir o significado de produtos culturais do presente, no contexto europeo, comparando as similitudes e diferenzas coa Antigüidade latina.
CA4.2 - Explicar de forma oral, escrita ou multimodal o carácter clásico e humanista das diversas manifestacións literarias e artísticas da civilización latina utilizando un vocabulario correcto e unha expresión adecuada.
CA4.3 - Explicar os elementos da civilización latina, especialmente os relacionados coa mitoloxía clásica, identificándoos como fonte de inspiración de manifestacións literarias e artísticas.
CA4.4 - Recoñecer as pegadas da romanización no patrimonio cultural e arqueolóxico da contorna, identificando os procesos de preservación, conservación e restauración como un aspecto fundamental dunha cidadanía comprometida coa sustentabilidade ambiental e o coidado do seu legado.
CA4.5 - Expoñer de forma oral, escrita ou multimodal as conclusións obtidas a partir da investigación, individual ou colectiva, do legado material e inmaterial da civilización romana e a súa perduración no presente a través de soportes analóxicos e dixitais, seleccionando información, contrastándoa e organizándoa a partir de criterios de validez, calidade e fiabilidade.
Contidos
C4.1 - Perduración do legado material (sitios arqueolóxicos, inscricións, construcións monumentais e artísticas etc.) e inmaterial (mitoloxía clásica, institucións políticas, oratoria, dereito, rituais e celebracións etc.) da cultura e civilización latinas.
C4.2 - A transmisión textual e os materiais e soportes de escritura.
C4.3 - Características do patrimonio cultural romano e do proceso de romanización. A romanización de Gallaecia no contexto da Hispania romana.
C4.4 - Interese e iniciativa en participar en procesos destinados a conservar, preservar e difundir o patrimonio arqueolóxico da contorna.
C4.5 - Ferramentas analóxicas e dixitais para a comprensión, produción e coprodución oral, escrita e multimodal.
C4.6 - Respecto da propiedade intelectual e dereitos de autor sobre as fontes consultadas e os contidos utilizados.
C4.7 - Estratexias e ferramentas, analóxicas e dixitais, individuais e cooperativas, para a autoavaliación, a coavaliación e a autorreparación.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)

1 A civilización latina. Perspectiva histórica e legado.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Describir o significado de produtos culturais do presente, no contexto europeo, comparando as semellanzas e diferenzas coa Antigüidade latina.
Proba escrita
Describir o significado de produtos culturais especialmente salientables do presente, identificando as semellanzas e diferenzas máis importantes coa Antigüidade latina. 20
CA1.2 Valorar de maneira crítica os modos de vida, costumes e actitudes da sociedade romana en comparación cos das nosas sociedades a partir do contido de fontes latinas en diferentes soportes.
Proba escrita
Valorar xustificadamente os modos de vida, costumes e actitudes da sociedade romana máis salientables en comparación cos das sociedades modernas. 20
CA1.3 Identificar os períodos da historia de Roma, os acontecementos e personaxes, así como os aspectos da civilización romana no seu contexto histórico, relacionando os datos con referentes actuais e aplicando os coñecementos adquiridos.
Proba escrita
Identificar os períodos da historia de Roma e os acontecementos e personaxes máis salientales dos mesmos, relacionando os datos con referentes actuais. 20
CA4.2 Explicar de forma oral, escrita ou multimodal o carácter clásico e humanista das diversas manifestacións literarias e artísticas da civilización latina utilizando un vocabulario correcto e unha expresión adecuada.
Táboa de indicadores
Explicar o carácter clásico e humanista das manifestacións artísticas máis salientables da civilización latina utilizando un vocabulario correcto e unha expresión adecuada. 5
CA4.3 Explicar os elementos da civilización latina, especialmente os relacionados coa mitoloxía clásica, identificándoos como fonte de inspiración de manifestacións literarias e artísticas.
Proba escrita
Explicar algúns elementos da civilización latina, especialmente os relacionados coa mitoloxía, identificándoos como fonte de inspiración de manifestacións artísticas. 10
CA4.4 Recoñecer as pegadas da romanización no patrimonio cultural e arqueolóxico da contorna, identificando os procesos de preservación, conservación e restauración como un aspecto fundamental dunha cidadanía comprometida coa sustentabilidade ambiental e o coidado do seu legado.
Proba escrita
Recoñecer as pegadas máis salientables da romanización no patrimonio cultural e arqueolóxico da contorna, valorando a importancia da súa conservación. 20
CA4.5 Expoñer de forma oral, escrita ou multimodal as conclusións obtidas a partir da investigación, individual ou colectiva, do legado material e inmaterial da civilización romana e a súa perduración no presente a través de soportes analóxicos e dixitais, seleccionando información, contrastándoa e organizándoa a partir de criterios de validez, calidade e fiabilidade.
Táboa de indicadores
Expoñer as conclusións obtidas a partir da investigación do legado da civilización romana , seleccionando información, contrastándoa e organizándoa a partir de criterios dados. 5

2 A civilización latina. Perspectiva literaria e legado.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.4 Explicar de forma oral, escrita ou multimodal o carácter clásico e humanista das diversas manifestacións literarias e artísticas da civilización latina utilizando un vocabulario correcto e unha expresión adecuada.
Táboa de indicadores
Explicar o carácter clásico e humanista das manifestacións literarias máis salientables da civilización latina utilizando un vocabulario correcto e unha expresión adecuada. 5
CA1.5 Recoñecer o sentido global e as ideas principais e secundarias dun texto, contextualizándoo e identificando as referencias históricas, sociais, políticas ou relixiosas que aparecen nel, e servíndose de coñecementos sobre personaxes e acontecementos históricos xa estudados.
Proba escrita
Recoñecer o sentido global e as ideas principais dun texto, contextualizándoo e servíndose de coñecementos sobre personaxes e acontecementos históricos xa estudados. 40
CA1.6 Interpretar de maneira crítica o contido de textos latinos de dificultade adecuada, atendendo ao contexto en que se produciron, conectándoos coa experiencia propia e valorando como contribúen a entender os modos de vida, costumes e actitudes da nosa sociedade.
Proba escrita
Interpretar xustificadamente textos latinos de dificultade adecuada, atendendo ao contexto no que se produciron. 35
CA4.1 Describir o significado de produtos culturais do presente, no contexto europeo, comparando as similitudes e diferenzas coa Antigüidade latina.
Proba escrita
Describir o significado de produtos culturais salientables do presente, comparando as similitudes e diferenzas máis importantes coa Antigüidade latina. 10
CA4.2 Explicar de forma oral, escrita ou multimodal o carácter clásico e humanista das diversas manifestacións literarias e artísticas da civilización latina utilizando un vocabulario correcto e unha expresión adecuada.
Táboa de indicadores
Explicar o carácter clásico e humanista das manifestacións literarias máis salientables da civilización latina utilizando un vocabulario correcto e unha expresión adecuada. 4
CA4.3 Explicar os elementos da civilización latina, especialmente os relacionados coa mitoloxía clásica, identificándoos como fonte de inspiración de manifestacións literarias e artísticas.
Táboa de indicadores
Explicar algúns elementos da civilización latina, especialmente os relacionados coa mitoloxía, identificándoos como fonte de inspiración de manifestacións literarias. 5
CA4.5 Expoñer de forma oral, escrita ou multimodal as conclusións obtidas a partir da investigación, individual ou colectiva, do legado material e inmaterial da civilización romana e a súa perduración no presente a través de soportes analóxicos e dixitais, seleccionando información, contrastándoa e organizándoa a partir de criterios de validez, calidade e fiabilidade.
Táboa de indicadores
Expoñer as conclusións obtidas a partir da investigación do legado literario da civilización romana , seleccionando información, contrastándoa e organizándoa a partir de criterios dados. 1

3 Introdución á lingua latina.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Valorar criticamente e adecuarse á diversidade lingüística e cultural a que dá orixe o latín, identificando e explicando semellanzas e diferenzas entre os elementos lingüísticos da contorna, relacionándoos cos da propia cultura e desenvolvendo unha cultura compartida e unha cidadanía comprometida cos valores democráticos.
Proba escrita
Valorar e adecuarse á diversidade lingüística á que dá orixe o latín, identificando semellanzas e diferenzas entre os elementos lingüísticos da contorna. 45
CA2.2 Inferir significados de termos latinos aplicando os coñecementos léxicos e fonéticos doutras linguas do repertorio individual propio
Táboa de indicadores
Inferir significados de termos latinos simples, aplicando os coñecementos doutras linguas do repertorio individual propio. 10
CA2.3 Ampliar o caudal léxico e mellorar a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais de orixe latina de maneira coherente.
Táboa de indicadores
Ampliar dun modo efectivo o caudal léxico e mellora a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais latinas de maneira coherente. 5
CA2.4 Producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos, recoñecendo os elementos latinos en diferentes contextos lingüísticos e establecendo, se procede, a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo.
Proba escrita
Producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos, establecendo, se procede, a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. 40

4 Aproveitamento da lingua latina para unha mellor expresión.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Ampliar o caudal léxico e mellorar a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais de orixe latina de maneira coherente.
Táboa de indicadores
Ampliar dun modo efectivo o caudal léxico e mellora a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais latinas de maneira coherente. 50
CA2.4 Producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos, recoñecendo os elementos latinos en diferentes contextos lingüísticos e establecendo, se procede, a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo.
Táboa de indicadores
Producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos, establecendo, se procede, a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. 50

5 Introdución a aspectos básicos de gramática.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Analizar e interpretar os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais da lingua latina, identificándoos e comparándoos cos das linguas de repertorio do alumnado.
Proba escrita
Identificar os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais da lingua latina, comparándoos cos das linguas de repertorio do alumnado. 100

6 Lingua latina. Fórmulas básicas da lingua diaria.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.3 Ampliar o caudal léxico e mellorar a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais de orixe latina de maneira coherente.
Táboa de indicadores
Ampliar dun modo efectivo o caudal léxico e mellora a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais latinas de maneira coherente. 3
CA2.4 Producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos, recoñecendo os elementos latinos en diferentes contextos lingüísticos e establecendo, se procede, a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo.
Táboa de indicadores
Producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos, establecendo, se procede, a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. 2
CA3.3 Producir mediante retroversión oracións e textos de dificultade axeitada utilizando as estruturas propias da lingua latina.
Proba escrita
Producir en latín oracións e textos utilizando as estruturas propias da lingua latina aprendidas na aula. 25
CA3.4 Planificar diálogos, redactar e expresar oralmente textos breves e sinxelos comprensibles e adecuados á situación comunicativa sobre asuntos da vida cotiá, co fin de describir, narrar e informar sobre temas concretos e próximos á experiencia persoal, apoiándose, cando sexa necesario, en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras, incidindo nas estratexias para iniciar, manter e rematar a comunicación verbal.
Proba escrita
Planificar diálogos, redactar e expresar oralmente textos breves e sinxelos adecuados a situacións comunicativas da aula. 70

7 Lingua latina I.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Inferir significados de termos latinos aplicando os coñecementos léxicos e fonéticos doutras linguas do repertorio individual propio
Táboa de indicadores
Inferir significados de termos latinos transparentes ou case transparentes, aplicando os coñecementos léxicos e fonéticos doutras linguas do repertorio individual propio. 1
CA2.3 Ampliar o caudal léxico e mellorar a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais de orixe latina de maneira coherente.
Táboa de indicadores
Ampliar dun modo efectivo o caudal léxico e mellora a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais latinas de maneira coherente. 1
CA2.4 Producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos, recoñecendo os elementos latinos en diferentes contextos lingüísticos e establecendo, se procede, a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo.
Táboa de indicadores
Producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos, establecendo, se procede, a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. 2
CA3.1 Analizar e interpretar os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais da lingua latina, identificándoos e comparándoos cos das linguas de repertorio do alumnado.
Táboa de indicadores
Identificar os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais da lingua latina, comparándoos cos das linguas de repertorio do alumnado. 1
CA3.2 Traducir ou interpretar textos breves e sinxelos con termos adecuados e expresión correcta na lingua de ensino, xustificando a tradución ou a interpretación e manifestando a correspondencia entre o texto latino e a versión realizada.
Proba escrita
Traducir ou interpretar textos breves e sinxelos con termos adecuados e expresión correcta na lingua de ensino, xustificando a tradución ou a interpretación realizada. 45
CA3.3 Producir mediante retroversión oracións e textos de dificultade axeitada utilizando as estruturas propias da lingua latina.
Proba escrita
Producir en latín oracións e textos utilizando as estruturas propias da lingua latina aprendidas na aula. 25
CA3.4 Planificar diálogos, redactar e expresar oralmente textos breves e sinxelos comprensibles e adecuados á situación comunicativa sobre asuntos da vida cotiá, co fin de describir, narrar e informar sobre temas concretos e próximos á experiencia persoal, apoiándose, cando sexa necesario, en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras, incidindo nas estratexias para iniciar, manter e rematar a comunicación verbal.
Proba escrita
Planificar diálogos, redactar e expresar oralmente textos breves e sinxelos adecuados a situacións comunicativas da aula. 25

8 Lingua latina II.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Inferir significados de termos latinos aplicando os coñecementos léxicos e fonéticos doutras linguas do repertorio individual propio
Táboa de indicadores
Inferir significados de termos latinos transparentes ou case transparentes, aplicando os coñecementos léxicos e fonéticos doutras linguas do repertorio individual propio. 1
CA2.3 Ampliar o caudal léxico e mellorar a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais de orixe latina de maneira coherente.
Táboa de indicadores
Amplíar dun modo efectivo o caudal léxico e mellora a expresión oral e escrita, incorporando latinismos e locucións usuais latinas de maneira coherente. 1

9 Lingua latina III.

Producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e técnicos, establecendo, se procede, a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. 1
CA3.1 Analizar e interpretar os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais da lingua latina, identificándoos e comparándoos cos das linguas de repertorio do alumnado.
Táboa de indicadores
Identificar os aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos elementais da lingua latina, comparándoos cos das linguas de repertorio do alumnado. 2
CA3.2 Traducir ou interpretar textos breves e sinxelos con termos adecuados e expresión correcta na lingua de ensino, xustificando a tradución ou a interpretación e manifestando a correspondencia entre o texto latino e a versión realizada.
Proba escrita
Traducir ou interpreta textos breves e sinxelos con termos adecuados e expresión correcta na lingua de ensino, xustificando a tradución ou a interpretación realizada. 45
CA3.3 Producir mediante retroversión oracións e textos de dificultade axeitada utilizando as estruturas propias da lingua latina.
Proba escrita
Producir en latín oracións e textos utilizando as estruturas propias da lingua latina aprendidas na aula. 25
CA3.4 Planificar diálogos, redactar e expresar oralmente textos breves e sinxelos comprensibles e adecuados á situación comunicativa sobre asuntos da vida cotiá, co fin de describir, narrar e informar sobre temas concretos e próximos á experiencia persoal, apoiándose, cando sexa necesario, en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e as opinións das persoas interlocutoras, incidindo nas estratexias para iniciar, manter e rematar a comunicación verbal.
Proba escrita
Planificar diálogos, redactar e expresar oralmente textos breves e sinxelos adecuados a situacións comunicativas da aula. 25

10 Lingua latina IV.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Inferir significados de termos latinos aplicando os coñecementos léxicos e fonéticos doutras linguas do repertorio individual propio
Táboa de indicadores
Inferir significados de termos latinos transparentes ou case transparentes, aplicando os coñecementos léxicos e fonéticos doutras linguas do repertorio individual propio. 2

11 Lingua latina V.

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)

No artigo 17 do DECRETO 156/2022, de 15 de septiembre, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, indícase que "A metodoloxía didáctica favorecerá o traballo individual e en grupo, o pensamento autónomo, crítico e rigoroso, o uso de técnicas e hábitos de investigación en distintos campos do saber, a capacidade do alumnado de aprender por si mesmo, así como a transferencia e a aplicación do aprendido".

Desde unha perspectiva do docente como orientador, promotor e facilitador, partimos da competencia inicial do alumnado, tendo en conta a diversidade e os diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe. Así para minimizar as diferenzas de nivel do alumnado, e para paliar as súas carencias na miña práctica docente, seguirei os principios  fundamentados no Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) que ten en conta os diferentes ritmos e estilos dos alumnos e alumnas á hora de aprender.

Comezaremos secuenciando as ensinanzas desde o máis simple para avanzar gradualmente cara o máis complexo. Na práctica docente decantarémonos por unha metodoloxía coopertavia e particitiva, e de marcado carácter interdisciplinar. En liña co DUA, temos que buscar a forma de facer unha aprendizaxe atractiva e amena, a través de actividades variadas que ilustren os contidos, que os fagan comprensibles, poñendo exemplos próximos aos alumnos, tratando temas de interese para eles e facéndoos partícipes. Consideramos que un dos elementos clave na ensinanza por competencias é espertar e manter a motivación no alumnado, o que implica unha nova perspectiva do papel do alumno, activo e autónomo, consciente de ser responsable da súa aprendizaxe. Usaremos, polo tanto, metodoloxías activas e contextualizadas, basadas en situacións reais ou ligadas a elas, coas que as aprendizaxes serán máis transferibles e duradeiras. 

A continuación concretamos a metodoloxía eu empregaremos:

Estratexia motivadora. Un dos aspectos clave é conseguir o interese do alumnado. Para logralo habitualmente nas introducións ás unidades presentaremos o tema de maneira suxerinte e atractiva, espertando a curiosidade nos rapaces ante os diferentes recursos, poñendonos en relación cos principios do DUA.

Estratexia expositiva. As clases maxistrais non teñen cabida na nosa aula, pero hai momentos en cada unha das unidades onde o profesor ten que dar clases expositivas. A través dunha explicación se presentan novos contidos coa finalidade de pasar despois á práctica para ser asimilados. Segundo o tempo, o ritmo da clase ou a dificultade que poidan supoñer, algúns dese contidos teóricos poden ser abordados desde a metodoloxía Flipped Classroom.

Estratexia dedutiva. Por medio de cuestións presentadas polo profesor o alumno chega a deducións novas, como pode ser a comparación da vida cotiá actual e a vida cotiá dos romanos a través dunha serie de imaxes.

Estratexia de indagación. É importantísimo que o alumnado indague para desenvolver moitas das competencias e conseguir diferentes obxectivos. Son actividades de observación e experimentación, onde os alumnos investigan e buscan información a través de diferentes fontes. A busca por interner é un dos métodos máis habituais que utilizaremos, tanto na aula coma na casa, tratando de desenvolver un pensamento crítico.

Outras estratexias. Outros métodos habituais na nosa programación serán a utilización de vídeso, ben como complemento ás explicacións, ben para reforzar ou entender mellor certos conceptos, case sempre acompañados dunha serie de preguntas ao respecto para comprobar a asimilación dos contidos. Apoiarémonos ademais na realización de mapas conceptuais ou esquemas para asimilar mellor o temario. Tanto as aestratexias interactivas coma os traballos en grupo son moi interesantes e adecuados, xa que dinamizan a sesión de clase e permiten unha aprendizaxe cooperativa, mediante o intercambio verbal e colectivo de ideas.

A materia de Latín ten unha serie de circunstancias que obrigan a facer un uso amplo e diverso de metodoloxías. A lingua latina supón o emprego de metodoloxías propias da aprendizaxe de linguas e a metodoloxía particular da aprendizaxe do latín  estará baseada nun profundo coñecemento gramatical e na utilización constante de glosarios ou dicionarios para poder entender os textos, entendemento que tería como finalidade última a tradución á lingua propia. Na práctica o persoal docente, a partir do previsto na programación, iremos adaptando a metodoloxía ao grupo e circunstancias do curso.

4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)

Denominación
Libros de texto
- Método tradicional ou gramaticalista: calquera libro de calquera editorial que oferte libro de latín para 4.º de ESO.
- Métodos activos:
a) Familia Romana, de H. H. Orberg, Roma, 2010; co libro correspondente de exercicios (Exercitia Latina I).
b) Via Latina. De lingua et uita Romanorum, de M.ª L. Aguilar e J. Tárrega, Granada, 2022.
c) Forum. Lectiones Latinitatis Viuae. AA.VV, Xerusalén, 2017.
d) Le Latin, de C. Desessard, 2015.
e) Curso de latín de Cambridge, editado pola Universidad de Sevilla.
Aula virtual
Ordenador de aula e proxector
Aplicacións en rede e/ou no ordenador

Aula virtual: A aula virtual debe ser o espazo de referencia no desenvolvemento de calquera materia, xa que nela hase recoller toda a información relevante que atinxa ao curso. Aquí debe estar o repositorio de recursos organizados por temas (materiais teóricos e/ou exercicios).

Ordenador de aula e proxector: Estes recursos xa son comúns nas nosas aulas. Son de especial relevancia naquelas materias ou partes da materia onde non se utiliza libro de texto.

Aplicacións en rede ou no ordenador: O alumnado debe estar afeito a traballar con programas e/ou aplicacións ofimáticas que lle permitan elaborar presentacións, liñas de tempo, textos con imaxes, etc. É tamén importante insistir na conveniencia de traballar, no ámbito escolar, con programas ou aplicacións de licenza libre como a suite ofimática LibreOffice. Hai tamén que incentivar a creatividade e o traballo orixinal, premiando e valorando especialmente a capacidade de creación e elaboración de traballos orixinais.

Recursos en rede asociados co método usado. No caso das propostas educativas das editoriais haberá que estar prontas/os aos materiais que estas poñan a disposición do profesorado.No que atinxe aos métodos activos, sen ningún tipo de dúbida o que a día de hoxe ofrece unha meirande cantidade de recursos na rede é o método Orberg. Así, por exemplo:

a) https://www.culturaclasica.com/lingualatina/recursos.htm : páxina de recursos da editorial Cultura Clásica, que edita este método en España.
b) https://www.culturaclasica.com/lingualatina/recursos.htm : páxina de ligazóns a páxinas relacionadas da devandita editorial.
c) https://www.youtube.com/watch?v=t_Hm6HpnN5k&list=PLU1WuLg45SiyrXahjvFahDuA060P487pV&index=4 : ligazón ao vídeo do capitulo I de Familia Romana de Orberg, lido por Scorpius Martianus segundo a pronuncia clásica.

Nesta lista de reprodución atópanse todos os capítulos do libro lidos correctamente. Outra ligazón interesante para o profesorado, para acceder a materiais xa liberados de dereitos de autor e que poderser interesantes para afondar nos métodos activos é https://vivariumnovum.it/risorse-didattiche/praticadidattica/ fabulae-scaenicae, ligazón á páxina de recursos da academia Vivarium Novum de Italia, un dos referentes mundiais na formación en latín como lingua viva.

- Recursos en rede non asociados a métodos determinados.

Aquí pódense mencionar repositorios de textos clásicos e dicionarios en rede. Este material, porén, é máis de consulta e axuda para o profesorado ca para o alumnado, para o que a nivel de 1.º de bacharelato non ten aproveitamento real. Cítanse dous recursos a modo de exemplo:

a) http://www.perseus.tufts.edu/hopper/ : ligazón ao Perseus Digital Library. Biblioteca con textos lematizados que permiten a procura da entrada correspondente no dicionario Lewis & Short e tradución ao inglés.
b) https://logeion.uchicago.edu/lexidium : ligazón a Logeion, páxina da Universidade de Chicago que permite a procura do significado dun termo en varios dicionarios en rede ao mesmo tempo.

Aquelas/es docentes que opten por un achegamento baseado nos métodos activos, poden tomar como referencia os citados nesta programación e que deseguido se comentan:

- Familia Romana, de H. H. Orberg, Roma, 2010; este é o 1.º libro do coñecidísimo método de aprendizaxe de latín de Hans Orberg. Trátase dun material dunha calidade perfectamente contrastada, que dispón dunha grandísima cantidade de materiais complementarios en rede e que permite ao persoal docente que o empregue compartir experiencia cun grande número de docentes tanto en España como no resto do mundo. No seu debe, porén, pódese dicir que a historia que serve de fío condutor ao libro avanza con moita lentitude e que se pode facer ás veces aburrida.

- Via Latina. De lingua et uita Romanorum, de M.ª L. Aguilar e J. Tárrega, Granada, 2022. Conservando a ortodoxia do método de Orberg, esta proposta presenta un novo tema como fío condutor dos textos, a historia de Roma. Procúrase así superar un dos grandes defectos do método do profesor danés. Ademais, a elección da historia de Roma como núcleo temático permite vincular dun modo máis acaído a explicación ou tratamento doutros tipos de contidos (por exemplo, históricos). Os textos van acompañados de todo tipo de actividades e síntese gramatical ao final de cada lección.

- Forum. Lectiones Latinitatis Viuae. AA.VV, Xerusalén, 2017. Este método, ben deseñado e traballado, procura claramente a aprendizaxe do latín como lingua de comunicación para a vida cotiá. Isto fai que traballe especialmente os diálogos, así como temas e campos semánticos moi vinculados á actualidade. É un libro que o profesorado debe coñecer, porque del pode obter un grande caudal de expresións e usos para mellorar a súa capacidade de expresión en latín na aula. En 4.º de ESO pode ser de especial utilidade na aula, se se opta por priorizar o uso activo da lingua.

- Le Latin, de C. Desessard, 2015. Esta proposta pertence á colección de métodos para aprendizaxe de linguas da editorial Assimil. Trátase dun clásico dentro dos métodos activos. É un método que o profesorado de latín debe coñecer e que poder aproveitar, especialmente, para se facer cunha grande cantidade de vocabulario para facer referencia á vida moderna.

- Curso de latín de Cambridge, editado pola Universidad de Sevilla. Trátase dunha adaptación ou versión española deste método británico. Pode ser unha moi boa opción para o profesorado que queira traballar en 1.º de bacharelato co método Orberg e que, por tanto, procure textos distintos dentro dunha mesma liña metodolóxica para 4.º de ESO.

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)

Na terceira semana do curso realizarase unha avalición inicial que terá por obxectivo determinar o grao de consolidación de contidos previos, referidos ao curso ou etapa anteriors, así como o nivel do alumnado nas competencias clave, intereses e destrezas para poder construír a nova fase de aprendizaxe. Por unha banda, realizaremos unha proba escrita e por outra pequenas preguntas orais sobre contidos xerais e sinxelos traballados na clase nas semanas previas. Para elo empregaremos unha técnica de traballo coopertavia, Levántate e comparte, onde a través de imaxes relacionadas con ditos contidos, obtemos a información necesaria, así como aproximámonos aso seus gustos e intereses, para deste xeito, poder adaptar o proceso de E/A ás súas necesidades. Esta avaliación será o punto de referencia para a toma de decisións na PD así como para adopción das medidas ordinarias ou extraordinarias que se consideren oportunas para cada alumno/a, e para a detección de necesidades específicas.

Latín de 4º de ESO non é continuidade de ningunha outra materia. Hai que ter en conta, porén, que o alumnado ou, cando menos, parte del, pode ter cursado Cultura Clásica en 3.º de ESO. A avaliación inicial terá as seguintes preguntas (adaptado NEAE):

1. Por que é importante coñecer a cultura e a civilización romana? (pensa un momento tres razóns polas que cres que debemos adquirir estes coñecementos)

a.

b.

c.

2. Por que aprendemos lingua latina (pensa tres razóns polas que cres que debemos coñecer esta lingua)

a.

b.

c.

3. Pon en relación o latín coas linguas do noso entorno máis inmediato e co resto das linguas do mundo. (Lembra o que traballamos na clase)

4. Indica de 5 a 10 conceptos ou temas que supoñas que están relacionados co latín.

5. Responde as seguintes preguntas: nomea a un emperador romano, indica algún termo en latín e o seu derivado actual, quen é o deus da arte e da adivinación, indica algunha pegado do mundo romano na túa comarca.

5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)

Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 10.0 5.0 5.0 2.0 5.0 7.0 11.0 12.0 15.0 18.0 100.0
Proba escrita 90.0 85.0 85.0 0.0 100.0 95.0 95.0 95.0 95.0 95.0 95.0 88.35
Táboa de indicadores 10.0 15.0 15.0 100.0 0.0 5.0 5.0 5.0 5.0 5.0 5.0 11.649999999999999

Criterios de cualificación

Os criterios de cualificación serán os seguintes:

1.  Realizaremos un só exame por avaliación.

2. Para superar cada unha das probas hai que obter un mínimo de 5 puntos e a  nota final será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada unha das avaliacións.

3.  Antes da avaliación final, realizarase unha proba global que inclúa contidos de todas as avaliacións dirixida ao alumnado que teña que recuperar a materia. Esta proba abarcará todos os contidos do curso.

4.  Cada proba contará con 12 preguntas, a maioría curtas, das que o alumnado deberá elixir 10 preguntas obrigatoriamente. Cada unha destas 10  preguntas obrigatorias será cualificada cun máximo de 1 punto. Se responde a máis preguntas das permitidas, só se correxirán as 10 primeiras respostadas.

5.   Nas probas valorarase a corrección lingüística e a organización xeral da explicación dos contidos a avaliar.

6.  A avaliación será continua posto que sempre entrarán os contidos xa traballados na aula nas avaliacións previas e a nota da avaliación final será a media aritmética das tres avaliacións.

7.  Non se realizarán probas de recuperación de cada avaliación e todas as probas de avaliación terán a mesma importancia e peso.

8.  A nota de cada avaliación e a nota final recollerá estritamente as cualificacións das probas, se ben tamén se terá en conta o traballo diario do alumnado. Deste xeito, a nota das probas suporá un 80% da cualificación e o restante 20% corresponderase coa observación sistemática do traballo diario do alumno (desenvolvemento das tarefas durante a clase, traballos específicos, participación na clase...)

En caso de que un alumno/a sexa sorprendido copiando a través de calquera método (móbil, reloxo, papeis, por medio doutro compañeiro...) será cualificado/a nesa proba obxectiva (exame) cun cero. No se faciliatará en ningún momento unha proba alternativa ao alumno/a, quedando, por tanto, dita proba cualificada con cero.

En xuño, realizarase unha proba global que inclúa contidos de todas as avaliacións dirixida ao alumnado que teña que recuperar a materia. Esta proba abarcará todos os contidos do curso.

Non se realizarán probas de recuperación de cada avaliación e todas as probas de avaliación terán a mesma importancia e peso.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)

Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)

Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)

A diversidade é unha característica intrínseca dos grupos humanos xa que cada persoa ten un modo propio e diferente de pensar, sentir e actual. Por suposto que toda diversidade non é allea nin ao noso centro, nin a nosa ual; máis ben, a nosa aula é un espello da mesma e como tal é preciso que sexa recoñecida.

Tal e como se recolle no artigo 3 da ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado doscentros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, enténdese por atención á diversidade "o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e preferencias de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado". Polo tanto, a nosa PD ten que darlle unha resposta adaptando a actuación docentes ás diferentes necesidades do alumnado. Para elo, teremos en conta os diferentes ritmos, estilos e capacidades de aprendizaxe, así como as múltiples motivacións e intereses seguindo os principios de normalizacion e inclusións, garantía de igualdade oportunidades entre o alumnado. As adaptacións que realizaremos non só ordinarias, tal e como aparecen no artigo 8 do D229/2011, polo que mantemos os elementos precriptibles do currículo para todo o alumnado, sendo a metodoloxía o elemento clave a través da que se dará resposta ás diversas necesidades do noso alumnado. Por elo, e tal e como indicamos no apartado 4 desta PD, as nosas clases serán activas, propoñendo actividades de reforzo e ampliación, así como o uso de diferentes recursos que nos garantan a mellor resposta deses diferentes ritmos e aprendizaxes. Só no caso de ser necesario, valoraríanse as medidas, extraordinarias, tal e como se estipula no artigo 9 do citado decreto, seguindo os principios como o de normalización e inclusión.

Dentro do noso alumnado, podemos contar con casos de Trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e con casos de Dislexia. Ambos presentan, Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) que tal e como recolle o artigo 6 da ORDE do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o D229/2011, é aquel alumnado "que require unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentaren necesidadeseducativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e da comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lingua de aprendizaxe, por se atoparen en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por se teren incorporado tarde ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar".

En todo momento, as accións que levemos a cabo estarán en coordinación co D.O, enmarcadas no Plan Xeral de Atención á Diversidade do noso centro educativo, así como no Plan de Acción Titorial.

Medidas de atención á diversidade ordinarias

En función dos trazos definitorios do alumnado e da dinámica de aula, as medidas de atención ordinarias á diversidade, entre outras, poden ser:

  • Colocación selectiva do alumnado dentro da aula.
  • Agrupación específica do alumnado dentro da aula.

Medidas de atención á diversidade extraordinarias

En función dos trazos definitorios do alumnado e da dinámica de aula, as medidas de atención extraordinarias á diversidade máis frecuentes poden ser:

  • Reforzo educativo mediante a adaptación de exames ou tempos en función das necesidades do alumnado.

7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)

Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11
1 A comprensión de lectura, a expresión oral e escrita.
2 A comunicación audiovisual.
3 A competencia dixital.
4 O emprendemento social e empresarial.
5 O fomento do espírito crítico e científico.
6 A educación emocional e en valores.
7 A igualdade de xénero.
8 A creatividade.

1. A comprensión de lectura, a expresión oral e escrita. Será obxecto de traballo constante durante todo o curso, tanto na lingua propia do alumnado como en latín.

2. A comunicación audiovisual. Pódese traballar especialmente nas UD de legado e de lingua latina, mediante a proposta de actividades nas que o produto final sexan materiais audiovisuais.

3. A competencia dixital. Hase traballar durante todo o curso fomentando o uso de programas e aplicacións ofimáticas para a elaboración de actividades e/ou traballos, con especial atención ao uso e aproveitamento dos recursos da aula virtual do centro.

4. O emprendemento social e empresarial. Pódese traballar especialmente na UD1, na que se tocan aspectos sociais e económicos da sociedade romana.

5. O fomento do espírito crítico e científico. Débese traballar durante todo o curso, procurando a reflexión crítica e razoada do alumnado perante a realidade social, económica, cultural, relixiosa e lingüística do mundo romano.

6. A educación emocional e en valores. As emocións son trazos inherentes aos seres humanos que deben ser coñecidas e asumidas para podermos comprender os comportamentos e reaccións das/os que nos rodean. Os valores, especialmente o de respecto á diversidade en sentido amplo, deben ser postos de manifesto dun modo práctico e constante na aula.

7. A igualdade de xénero. Especialmente relevante no tratamento da sociedade do mundo antigo e na súa literatura (UD nas que se debe incidir na grande evolución e cambio que separa a nosa sociedade da romana), este elemento transversal debe informar todo o tratamento da materia, aproveitando calquera oportunidade para facer referencia a el e motivar ao alumnado a evitar calquera comportamente e/ou expresión na que se evidencie unha actitude contraria ou de rexeitamento do mesmo.

8. A creatividade. Ten cabida en todas as UD propostas, xa que é misión da/o docente incentivar en calquera eido da materia o desenvolvemento da creatividade e iniciativa do alumnado.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)

Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Asistencia ao festival de teatro clásico de Lugo. O alumnado asistirá á representación dunha traxedia grega clásica e dunha comedia romana.
Visita a un castro próximo á localidade e outros monumentos de época prerromana ou romana. O alumnado visitará un castro e/ou algún outro monumento de época prerromana ou romana coa finalidade de ver o contraste entre os modos de vida previos á chegada dos romanos e os que traen estes consigo.
Visita a un museo arqueolóxico. Esta visita pode ser tanto a un museo con restos arqueolóxicos local ou da comunidade, como tamén ao Museo Arquelógico Navional, en Madrid.
Obradoiros e actividades relacionados co mundo clásico. É especialmente recomendable á visita aos Ludi Compostellani que adoitan ser celebrados no mes de xaneiro na Facultade de Filoloxía da USC.

- Teatro. A asistencia ao teatro é unha actividade que permite traballar a un mesmo tempo distintos aspectos da materia. Por unha banda, o alumnado asiste a dúas representacións teatrais que, como espectáculo vivo, cada vez é menos accesible. Ao mesmo tempo vai permitir traballar previamente na aula unha serie de contidos do máximo interese para a propia materia: o espectáculo teatral na antigüidade, os xéneros teatrais do mundo clásico e a súa influencia e pervivencia no mundo actual e os costumes, crenzas, valores, sociedade, etc. do mundo clásico.

-Visita a un castro e/ou monumentos de época prerromana ou romana. Esta actividade permite que o alumnado poida ver dun modo directo os cambios que supuxo a chegada dos romanas a Galicia, observando os hábitos de vida e as modificacións introducidas polos novos conquistadores. Esta actividade é tamén unha grande oportunidade para a desmitificación de determinadas visións da chegada dos romanos a Galicia, en particular, e a Hispania, en xeral, para destacar, por exemplo, os métodos de sometemento brutais das poboacións autóctonas e a explotación sistemática dos seus recursos.

- Visita a un museo arqueolóxico. Esta visita é realmente complementaria á actividade anterior, podéndose desenvolver nunha mesma xornada se se visita un museo local. Parece especialmente recomendable a visita do Museo Arqueolóxico Nacional en Madrid.

- Obradoiros e actividades de recreación do mundo clásico. Este tipo de actividades permiten un achegamento máis distendido é práctico ao mundo antigo, dado que o alumnado non soamente ve, senón que tamén pode aprender dun modo práctico aspectos do mundo antigo tan interesantes e relevantes para a nosa tradición cultural como, por exemplo, a escritura sobre soportes como papiro e pergameo, etc.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)

Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 1. O traballo de aula (contidos, metodoloxía, temporalización) correspóndese co previsto na programación.
Metodoloxía empregada 2. Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas en función dos temas a tratar.
Clima de traballo na aula 3. Dáselle ao alumnado a posibilidade de visualizar e comentar os seus acertos e erros.
Medidas de atención á diversidade 4. Elabóranse probas de avaliación adaptadas ás necesidades do alumnado NEAE.
Medidas de atención á diversidade 5. Elabóranse actividades atendendo á diversidade.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos 6. Analízanse e coméntanse co alumnado os aspectos máis significativos derivados da corrección das probas, traballos...
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 7. Como norma xeral, fanse explicacións xerais para todo o alumnado.
Metodoloxía empregada 8. Incorpóranse as TIC aos procesos de ensino-aprendizaxe
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos 9. Combínase o traballo individual e en grupo
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico 10. Poténcianse estratexias de animación á lectura.

O DECRETO 156/2022, de 15 de septiembre, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 24. 4, que "A avaliación das aprendizaxes das alumnas e dos alumnos terá un carácter formativo e será un instrumento para a mellora tanto dos procesos de ensino como dos procesosde aprendizaxe. Nese sentido, o profesorado avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes". por elo, o noso departamento estableceu a realización ao final de cada avaliación, e con carácter global ao final do curso, unha avaliación da práctica docente. Dita avaliación partirá duns indicadores de logro establecidos pola docente e será realizada mediante unha Escala de Observación (EO).  Así a través da autoavaliación analizaremos o proceso de E/A. 

O traballo de aula (contidos, metodoloxía, temporalización) correspóndese co previsto na programación. Para avaliar este indicador de logro a persoa docente debe revisar con regularidade que tanto os contidos, os tempos e o modo en que se está a traballar na aula son os que se corresponden co establecido na programación. En caso de que haxa diverxencias, estas, así como as súas causas, deben ser consignadas nas actas de departamento para, ao cabo do curso, facer unha valoración que sirva para modificar a programación do curso seguinte. O feito de que a aplicación PROENS estabeleza un seguimento por UD, marca xa a temporalización deste traballo. 

8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)

A avaliación da programación didáctica realizarase mediante unha EO na que se presentarán os indicadores de logro propostos pola docente. Esta avaliación será realizada pola docente ao final de cada UD e mensualmente polo departamento nunh reunión específica de seguimento das programacións que terá como obxectivo revisar o seu grao de cumprimento, así como as súas posibles modificacións. A maiores, ao final de cada trimestre na reunión de departamento establecerase unha orde do día para fecer un seguimento específico das PD do departamento ao longo do trimestre, así como unha global ao final do curso. As análises e valoracións obtidas da avaliación docente, da programación didáctica e as avaliacións do alumnado incluiranse na memoria anual na que se reflectirán os cambios e mellorasa a aplicar. Esta práctica permitiranos establecer unha ensinanza de calidade a través da incorporación dos diferentes resultados obtidos da nosa realidade e práctica educativa.

9. Outros apartados (Elaborado)

Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver