Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Esta programación didáctica, está pensada para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º curso da ESO. Para a súa elaboración tívose como referencia o decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

A materia de Tecnoloxía e Dixitalización é necesaria para valorar a achega fundamental da tecnoloxía na sociedade actual e comprender a importancia de utilizala dun xeito crítico, responsable e sostible. Nun mundo cada vez máis dixitalizado, a materia contribúe a mellorar a competencia dixital do alumnado tratando que utilice o gran potencial das ferramentas dixitais, pero sen deixar de lado a seguridade, a ética e o benestar.

O principal eixe do proceso de ensino e aprendizaxe será o desenvolvemento de proxectos que resolvan problemas concretos, aplicando os contidos da materia. Así mesmo incorporaranse as tecnoloxías dixitais e potenciarase o pensamento computacional, coma bases destacables neste proceso. Trátase de que o alumnado traballe coñecementos científicos e técnicos, desenvolvendo ideas e solucións cunha actitude creativa, emprendedora e de cooperación así coma crítica e comprometida coa sostibilidade.

A contorna no que se atopa o IES do Milladoiro ubícase nas proximidades de Santiago. As caracterícticas que o conforman influirán de xeito importante na práctica docente. As instalacións do centro serán útiles para o desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe, por exemplo, a aula de informática na que se utilizarán ferramentas dixitais, a aulataller no que se construirán os prototipos e o uso de encerados dixitais para apoiar o traballo diario na aula. No 2º curso da ESO deste centro educativo hai 4 grupos moi numerosos de alumnas e alumnos con idades comprendidas entre os 13 e os 15 anos. Tanto as características e contorna do centro como as características do alumnado se tiveron en conta á hora de crear os principios metodolóxicos.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Buscar e seleccionar a información adecuada proveniente de diversas fontes, de maneira crítica e segura, aplicando procesos de investigación, métodos de análise de produtos e experimentando con ferramentas de simulación, para definir problemas tecnolóxicos e iniciar procesos de creación de solucións a partir da información obtida.
OBX2 Abordar problemas tecnolóxicos con autonomía e actitude creativa, aplicando coñecementos interdisciplinarios e traballando de forma cooperativa e colaborativa, para deseñar e planificar solucións a un problema ou necesidade de forma eficaz, innovadora e sostible.
OBX3 Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando operadores, sistemas tecnolóxicos e ferramentas, tendo en conta a planificación e o deseño previo para construír ou fabricar solucións tecnolóxicas e sostibles que dean resposta a necesidades en diferentes contextos.
OBX4 Describir, representar e intercambiar ideas ou solucións a problemas tecnolóxicos ou dixitais, utilizando medios de representación, simboloxía e vocabulario axeitados, así como os instrumentos e os recursos dispoñibles, e valorando a utilidade das ferramentas dixitais para comunicar e difundir información e propostas.
OBX5 Desenvolver algoritmos e aplicacións informáticas en distintas contornas, aplicando os principios do pensamento computacional e incorporando as tecnoloxías emerxentes, para crear solucións a problemas concretos, automatizar procesos e aplicalos en sistemas de control ou en robótica.
OBX6 Comprender os fundamentos do funcionamento dos dispositivos e aplicacións habituais da súa contorna dixital de aprendizaxe, analizando os seus compoñentes e funcións e axustándoos ás súas necesidades para facer un uso máis eficiente e seguro destes e para detectar e resolver problemas técnicos sinxelos.
OBX7 Facer un uso responsable e ético da tecnoloxía, mostrando interese por un desenvolvemento sostible, identificando as súas repercusións e valorando a contribución das tecnoloxías emerxentes para identificar as achegas e o impacto do desenvolvemento tecnolóxico na sociedade e na contorna.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A tecnoloxía, o proceso tecnolóxico e os materiais de uso técnico Repaso dos conceptos de tecnoloxía e o proceso tecnolóxico. Análise dos plásticos como materiais de uso técnico. 11 16
2 Electricidade e electrónica Repaso de conceptos básicos sobre electricidade como Ley de Ohm, potencia e enerxía. Conceptos básicos de electrónica. 20 23
3 Utilización das TIC no proceso tecnolóxico Uilización de hardware e software no proceso tecnolóxico, respectando a propiedade intelectual, a etiqueta dixital. Uso da rede con seguridade para os datos, os equipos e as persoas. 6 4
4 Documentación de proxectos Documentar e presentar os proxectos técnicos creados utilizando ferramentas dixitais. 9 7
5 Os mecanismos Repaso de conceptos básicos sobre mecanismos. Mecanismos de transmisión e transformación de movementos 12 11
6 Deseño e fabricación Conceptos básicos de debuxo técnico para o deseño de produtos. Uso básico de aplicacións CAD en 2D para a representación gráfica no deseño de produtos. Iniciación ao deseño 3D. Introdución á fabricación dixital. 12 12
7 Programación Resolución de problemas mediante algoritmos. Desenvolvemento de aplicacións sinxelas para ordenador ou outros dispositivos. 15 16
8 Sistemas de control e robots Deseño, montaxe e programación dun sistema de control ou robot sinxelos. 15 16

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. O proxecto tecnolóxico
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA1.1 - Definir problemas ou necesidades expostas buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
CA1.2 - Comprender e examinar obxectos tecnolóxicos sinxelos de uso habitual a través da análise de obxectos e sistemas, empregando o método científico e utilizando ferramentas de simulación na construción de coñecemento.
CA1.3 - Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sostibilidade ambiental ao longo da súa historia, identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sostible.
CA1.4 - Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético delas.
Contidos
C1.1 - Estratexias, técnicas e marcos de resolución de problemas en diferentes contextos e as súas fases.
C1.2 - Estratexias de procura crítica de información para a investigación e a definición de problemas expostos.
C1.3 - Análise de produtos e de sistemas tecnolóxicos sinxelos para a construción de coñecemento desde distintos enfoques e ámbitos.
C1.4 - Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.
C1.5 - Desenvolvemento tecnolóxico: creatividade, innovación, investigación, obsolescencia e impacto social e ambiental.
C1.6 - Ética e aplicacións das tecnoloxías emerxentes e sostibles.
Bloque B2. Deseño e fabricación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA2.1 - Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
CA2.2 - Seleccionar, planificar e organizar os materiais e ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaboradora.
CA2.3 - Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
CA2.4 - Deseñar e construír, mediante ferramentas de fabricación dixital, obxectos e modelos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde.
Contidos
C2.1 - Aplicacións CAD en 2D para a representación de esquemas, circuítos e planos.
C2.2 - Deseño de obxectos sinxelos en 3D.
C2.3 - Uso e mantemento de ferramentas. Técnicas de mecanización de materiais na construción de obxectos e prototipos.
C2.4 - Respecto das normas de seguridade e hixiene.
C2.5 - Fabricación dixital. Deseño e construción de pezas con impresión 3D e/ou corte.
Bloque B3. Elementos de máquinas, sistemas e robots
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA3.1 - Deseñar e fabricar sistemas mecánicos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde.
CA3.2 - Deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos sinxelos nunha máquina ou sistema que resolvan os problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde.
CA3.3 - Deseñar e montar sistemas de control e robots mediante a incorporación dos sensores, actuadores e elementos de control necesarios para a resolución de problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde.
Contidos
C3.1 - Análise do funcionamento de mecanismos de transmisión e transformación do movemento e as súas aplicacións prácticas. Cálculos sinxelos de relación de transmisión e velocidades aplicados a proxectos.
C3.2 - Circuítos eléctricos básicos. Montaxe e/ou simulación de circuítos con operadores eléctricos: xeradores, elementos de manobra ou control e receptores. Cálculos de magnitudes eléctricas básicas aplicados aos proxectos.
C3.3 - Introdución á electrónica. Montaxe e/ou simulación de circuítos electrónicos sinxelos.
C3.4 - Deseño de sistemas que incorporen mecanismos, circuítos eléctricos e electrónicos para a resolución de problemas técnicos. Interpretación, deseño e aplicación en proxectos.
C3.5 - Compoñentes e funcionamento dun sistema de control ou robot sinxelo: estrutura, mecánica, sensores, actuadores, controladores e alimentación.
C3.6 - Deseño e montaxe de sistemas de control ou robots para a resolución de problemas técnicos.
Bloque B4. Programación, control e robótica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA4.1 - Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos e/ou retos de robótica, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.
CA4.2 - Programar aplicacións sinxelas para distintos dispositivos (ordenadores, dispositivos móbiles e outros) empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición e módulos de intelixencia artificial que engadan funcionalidades.
CA4.3 - Automatizar procesos, máquinas e sistemas, coa posibilidade de conexión á internet, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.
Contidos
C4.1 - Aplicacións informáticas sinxelas para ordenador e/ou dispositivos móbiles.
C4.2 - Introdución á intelixencia artificial.
C4.3 - Sistemas de control programado: programación sinxela de dispositivos.
C4.4 - Introdución á Internet das cousas (IoT).
C4.5 - Fundamentos da robótica: control programado de robots de maneira física ou por medio de simuladores. Resolución de retos e desafíos de robótica sinxelos.
C4.6 - Autoconfianza e iniciativa: o erro, a reavaliación e a depuración de erros como parte do proceso de aprendizaxe.
Bloque B5. Documentación e comunicación dixital
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA5.1 - Representar e comunicar o proceso de creación dun produto desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais e empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto.
CA5.2 - Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos.
CA5.3 - Crear contidos, elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.
CA5.4 - Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
CA5.5 - Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica.
Contidos
C5.1 - Vocabulario técnico apropiado.
C5.2 - Habilidades básicas de comunicación interpersoal. Pautas de conduta propias da contorna virtual.
C5.3 - Ferramentas dixitais para a elaboración de documentación técnica relativa a proxectos.
C5.4 - Dispositivos dixitais. Elementos do hardware e do software. Identificación e resolución de problemas técnicos sinxelos.
C5.5 - Ferramentas e plataformas de aprendizaxe: configuración, mantemento e uso crítico.
C5.6 - Ferramentas de edición e creación de contidos: instalación, configuración e uso responsable.
C5.7 - Propiedade intelectual e etiqueta dixital.
C5.8 - Técnicas de tratamento, organización e almacenamento seguro da información. Copias de seguridade.
C5.9 - Seguridade na rede: riscos, ameazas e ataques.
C5.10 - Medidas de protección de datos e información. Benestar dixital: prácticas seguras e riscos (ciberacoso, sextorsión, vulneración da propia imaxe e da intimidade, acceso a contidos inadecuados, adiccións...).

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A tecnoloxía, o proceso tecnolóxico e os materiais de uso técnico
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.2 Comprender e examinar obxectos tecnolóxicos sinxelos de uso habitual a través da análise de obxectos e sistemas, empregando o método científico e utilizando ferramentas de simulación na construción de coñecemento.
Proba escrita
Comprender e analizar obxectos tecnolóxicos sinxelos. 80
CA1.3 Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sociedade e na sostibilidade ambiental ao longo da súa historia, identificando as súas achegas e repercusións e valorando a súa importancia para o desenvolvemento sostible.
Táboa de indicadores
Recoñecer a influencia da tecnoloxía na sociedade. Comprender a importancia dun desenvolvemento sostible. 10
CA1.4 Identificar as achegas das tecnoloxías emerxentes ao benestar, á igualdade social e á diminución do impacto ambiental, facendo un uso responsable e ético delas.
Táboa de indicadores
Identificar as tecnoloxías emerxentes e a súa influencia na sociedade. 10

2 Electricidade e electrónica
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto de manera crítica e fiable. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións eficaces que resolvan un problema proposto con actitude emprendedora e creativa. 2
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaboradora.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. Planificar as tarefas necesarias para dar solución a un probñema proposto. 2
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 2
CA2.4 Deseñar e construír, mediante ferramentas de fabricación dixital, obxectos e modelos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde. 2
CA3.2 Deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos sinxelos nunha máquina ou sistema que resolvan os problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde.
CA3.2.1. Coñecer conceptos sobre electricidade e electrónica, para deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos que resolven un problema.
Proba escrita
Coñecer conceptos sobre electricidade e electrónica, para deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos que resolven un problema. 80
CA3.2.2. Deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos sinxelos nunha máquina ou sistema que resolvan os problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Deseñar e montar circuítos eléctricos e electrónicos sinxelos nunha máquina ou sistema que resolvan os problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde. 10

3 Utilización das TIC no proceso tecnolóxico
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.2 Facer un uso eficiente e seguro dos dispositivos dixitais de uso cotián na resolución de problemas sinxelos coñecendo os riscos e adoptando medidas de seguridade para a protección de datos e equipos.
Táboa de indicadores
Utilizar de xeito xeito eficiente e seguro distintos dispositivos dixitais para resolver problemas. Identificar riscos para a seguridade de datos e equipos. 50
CA5.4 Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Táboa de indicadores
Organizar a información de maneira estruturada e segura. 25
CA5.5 Adoptar medidas preventivas para a protección dos dispositivos, dos datos e da saúde persoal, identificando problemas e riscos relacionados co uso da tecnoloxía e facendo unha análise ética e crítica.
Táboa de indicadores
Protexer os dispositivos e datos utilizados no desenvolvemento do taballo. Identificar e evitar os riscos para a súa saúde derivados do mal uso da tecnoloxía. 25

4 Documentación de proxectos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Representar e comunicar o proceso de creación dun produto desde o seu deseño ata a súa difusión, elaborando documentación técnica e gráfica coa axuda de ferramentas dixitais e empregando os formatos e o vocabulario técnico axeitados, de maneira colaborativa, tanto presencialmente como en remoto.
Táboa de indicadores
Elaborar documentos técnicos con ferramentas dixitais, para representar o proceso de creación dun produto. Proporcionar formato axeitado á documentación creada. Empregar vocabulario técnico axeitado. 50
CA5.3 Crear contidos, elaborar materiais configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor e a etiqueta dixital.
Táboa de indicadores
Crear contidos configurando correctamente as ferramentas dixitais utilizadas. Respectar os dereitos de autor e a etiqueta dixital. 50

5 Os mecanismos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Definir problemas ou necesidades expostas buscando e contrastando información procedente de diferentes fontes de maneira crítica e segura e avaliando a súa fiabilidade e pertinencia.
Táboa de indicadores
Buscar e contrastar información que axude a resolver un problema proposto de manera crítica e fiable. 2
CA2.1 Idear e deseñar solucións eficaces, innovadoras e sostibles a problemas definidos, aplicando conceptos, técnicas e procedementos interdisciplinarios, así como criterios de sostibilidade, con actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Idear e deseñar solucións eficaces que resolvan un problema proposto con actitude emprendedora e creativa. 2
CA2.2 Seleccionar, planificar e organizar os materiais e ferramentas, así como as tarefas necesarias para a construción dunha solución a un problema exposto, traballando individualmente ou en grupo de maneira cooperativa e colaboradora.
Táboa de indicadores
Seleccionar e organizar os materiais axeitados para construir unha solución a un problema proposto. Planificar as tarefas necesarias para dar solución a un probñema proposto. 2
CA2.3 Fabricar obxectos ou modelos sinxelos empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Fabricar un obxecto sinxelo empregando ferramentas e/ou máquinas manuais axeitadas e respectando as normas de seguridade e saúde. 2
CA2.4 Deseñar e construír, mediante ferramentas de fabricación dixital, obxectos e modelos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Deseñar e construír mediante ferramentas de fabricación dixital obxectos e modelos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde. 2
CA3.1 Deseñar e fabricar sistemas mecánicos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde.
CA3.1.1. Coñecer conceptos sobre mecanismos, para deseñar e fabricar sistemas mecánicos que solucionan un problema.
Proba escrita
Coñecer conceptos sobre mecanismos, para deseñar e fabricar sistemas mecánicos que solucionan un problema. 80
CA3.1.2. Deseñar e fabricar sistemas mecánicos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar sistemas mecánicos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde. 10

6 Deseño e fabricación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.4 Deseñar e construír, mediante ferramentas de fabricación dixital, obxectos e modelos sinxelos respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Deseñar e fabricar un obxecto sinxelo mediante ferramentas de fabricación dixital, respectando as normas de seguridade e saúde. 100

7 Programación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Describir, interpretar e deseñar solucións a problemas informáticos e/ou retos de robótica, aplicando os elementos e as técnicas de programación de maneira creativa.
Táboa de indicadores
Dar solución a problemas informáticos e/ou retos de robótica, aplicando a programación. 30
CA4.2 Programar aplicacións sinxelas para distintos dispositivos (ordenadores, dispositivos móbiles e outros) empregando os elementos de programación de maneira apropiada e aplicando ferramentas de edición e módulos de intelixencia artificial que engadan funcionalidades.
Táboa de indicadores
Programar aplicacións sinxelas para distintos dispositivos, empregando os elementos de programación de maneira apropiada. Coñecer as bases da intelixencia artificial. 70

8 Sistemas de control e robots
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.3 Deseñar e montar sistemas de control e robots mediante a incorporación dos sensores, actuadores e elementos de control necesarios para a resolución de problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde.
CA3.3.1. Coñecer conceptos sobre sistemas de control e robots, para deseñalos e montalos mediante a incorporación dos sensores, actuadores e elementos de control.
Proba escrita
Coñecer conceptos sobre sistemas de control e robots, para deseñalos e montalos mediante a incorporación dos sensores, actuadores e elementos de control. 80
CA3.3.2. Deseñar e montar sistemas de control e robots mediante a incorporación dos sensores, actuadores e elementos de control necesarios para a resolución de problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde.
Táboa de indicadores
Deseñar e montar sistemas de control e robots mediante a incorporación dos elementosnecesarios para a resolución de problemas propostos respectando as normas de seguridade e saúde. 10
CA4.3 Automatizar procesos, máquinas e sistemas, coa posibilidade de conexión á internet, mediante a análise e a programación de robots e sistemas de control.
Táboa de indicadores
Automatizar procesos, máquinas e sistemas, coa posibilidade de conexión a Internet, mediante a programación de robots e sistemas de control. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia debe afrontarse cunha metodoloxía eminentemente práctica e cun enfoque competencial do currículo que potencie a aprendizaxe significativa do alumnado.

 

O eixe vertebrador será a realización de proxectos tecnolóxicos con metodoloxías que fomenten a resolución de problemas mediante o deseño e construción de sistemas técnicos e prototipos eléctricos, mecánicos, robóticos, etc. Durante a realización dos proxectos, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo determinadas tarefas mentres explora, descobre, experimenta, aplica e reflexiona sobre o que fai, o que favorecerá a súa implicación no proceso de aprendizaxe e fará que este sexa máis significativo e duradeiro.

 

Promoverase a participación do alumnado,resaltando o traballo colectivo como forma de afrontar os desafíos e os retos tecnolóxicos que propón a nosa sociedade para reducir as fendas dixital e de xénero, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.

 

Utilizaranse estratexias que promovan un uso eficiente, seguro e ético de diferentes aplicacións dixitais para diversas funcións como o deseño, a simulación e a comunicación e difusión de ideas ou solucións.

 

Utilizaranse distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que promovan o traballo en equipo, guiando o alumnado desde proxectos sinxelos ata proxectos máis complexos que permitan o seu logro e satisfacción por parte do devandito alumnado poñendo en práctica, se fose necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades.

Para favorecer esta metodoloxía o departamento de Tecnoloxía ten a súa disposición a aula ordinaria, a aula taller e a aula de informática, de tal xeito que se impartirá en cada un destes espazos unha das tres sesións semanais da materia. En función do tema, do proxecto ou das necesidades, este reparto de espazos podería variar.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Aula-taller de tecnoloxía.
Ordenadores con conexión a internet. Un ordenador por alumna/o.
Software de uso xeral (sistema operativo,ofimática....) e de uso específico (editores de arquivos audiovisuais, simuladores, entornos de programación...). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase software libre.
Materiais para a fabricación, tratando de potenciar a reutilización.
Ferramentas manuais e eléctricas propias do taller de tecnoloxía.
Operadores e compoñentes eléctricos e electrónicos.
Dispositivos de fabricación dixital: impresoras 3D e cortadora láser.
Dispositivos de robótica.
Compoñentes para sistemas de control programados: sensores, actuadores, placas controladoras con conexión a internet (IOT). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase hardware libre.
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.
Aula virtual do centro ou do plan Edixgal.
Non se rexistrou texto

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Nas primeiras semanas do curso, realizarase un cuestionario acerca das competencias adquiridas en 1ºESO relacionadas coa tecnoloxía e dixitalización.

Unha vez detectadas as necesidades educativas específicas, estableceranse as medidas apropiadas:

  • Atención individual intensiva na realización de prácticas.
  • Subministración de material de apoio na aula.
  • Ampliación de tempo na realización de probas de avaliación.
  • Realización de tarefas en grupo.

Estas medidas serán aplicadas no marco da metodoloxía descrita dentro desta programación, e poranseen funcionamento na aula e, de ser o caso, en colaboración coas persoas titoras e o Departamento de Orientación.

Ao comezo de cada unidade didáctica faranse una serie de actividades dinámicas e participativas coas que se pretende avaliar os coñecementos previos co obxectivo de detectar carencias e coñecer o punto de partida sobre o tema a desenvolver, adaptando e reprogramando, se fose necesario, as tarefas deseñadas. Con estas actividades tamén preténdese incentivar a curiosidade do alumnado pola temática da unidade didáctica correspondente, implicándoos no seu desenvolvemento.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 11.0 20.0 6.0 9.0 12.0 12.0 15.0 15.0 100.0
Proba escrita 80.0 80.0 0.0 0.0 80.0 0.0 0.0 80.0 46.4
Táboa de indicadores 20.0 20.0 100.0 100.0 20.0 100.0 100.0 20.0 53.599999999999994

CONCRECIÓN DOS PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN POR UNIDADES DIDÁCTICAS

Procedementos de Avaliación: corrección de tarefas/exercicios de clase e exames.

Instrumentos de Avaliación: táboa de indicadores e probas escritas.

Nas unidades 1, 2, 5 e 8:
Procedementos de avaliación:  proba obxectiva escrita e tarefas de clase (escritas e na aula virtual). Instrumentos de Avaliación: proba escrita e táboa de indicadores. Peso no total da UD: 80% proba escrita e 20% táboa de indicadores. 

Nas unidades 3, 4, 6 e 7:

Procedemento de avaliación: tarefas de clase. Instrumento de avaliación: táboa de indicadores. Peso no total da UD: 100% táboa de indicadores.

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A cualificación de cada unha das 3 avaliacións do curso, virá dada pola media ponderada das cualificacións das unidades didácticas desenvolvidas na avaliación. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

 

No caso de que algún alumno copiase nalgún exame ou traballo, levará unha nota de cero nesa proba. 

A cualificación mínima necesaria para aprobar cada avaliación será de 5.

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN FINAL

A cualificación final do curso virá dada pola media ponderada das cualificacións de cada unha das 3 avaliacións do curso, sempre que a nota mínima de cada avaliación sexa igual o superior a 4, no caso contrario considerarase esa avaliación suspensa, non se aplicará a media ponderada e terá que presentarse ó exame final desa parte.

A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

No caso do alumnado que teña que participar na recuperación extraordinaria do curso, a cualificación final da avaliación extraordinaria do curso será a nota na proba obxectiva de recuperación extraordinaria.

De cada avaliación realizarase unha recuperación para aquel alumnado que non alcanzase a nota necesaria para aprobar a avaliación. A recuperación realizarase por cada unidade didáctica. Según a unidade didáctica a recuperación será a través dunha proba escrita da materia correspondente á dita unidade e/ou a través da entrega de traballos e tareas que o profesorado concretará.  A cualificación final da unidade didáctica calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas seguindo o procedemento establecido sempre en cando o seu valor sexa maior co obtido na primeira oportunidade.

A cualificación final da avaliación calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas seguindo o procedemento establecido, e se o resultado é igual ou superior a 5 considerase aprobada.

O alumnado que non acade unha cualificacio¿n final do curso igual o maior de 5 na avaliación ordinaria do curso, terá que realizar unha proba obxectiva de recuperación extraordinaria escrita e práctica no ordenador, que en todo caso tratará sobre todas as unidades didácticas do curso.

Nas sesións de clase que teñan lugar no período comprendido entre a avaliación ordinaria e a extraordinaria, o alumnado que teña que realizar a proba extraordinaria realizará tarefas para preparar dita proba. Neste período, o alumnado que teña superada a materia na avaliación ordinaria, realizará tarefas de reforzo e ampliación.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Co alumnado que teña a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º ESO pendente de superar, ao non tela superado en anos anteriores, realizarase o seguinte proceso :

- Creación dun curso na aula virtual co material necesario para aprobar a materia.

- Realización e entrega periódica, de tarefas relativas ás unidades didácticas do curso que se estarán dispoñibles na aula virtual. O alumnado recibirá en papel as indicacións precisas co calendario e secuenciación dos mesmas. 

- Faranse tres probas obxectivas (escritas e prácticas) parciais, unha por avaliación en datas por definir. As datas definitivas serán publicadas coa suficiente antelación. Ademais haberá unha proba final.

- Distribúese a materia do curso en tres partes, unha para cada proba parcial.

- Todas as probas serán cualificadas sobre un baremo de dez puntos.

- Para o cálculo da cualificación da materia pendente, terase a seguinte consideración para cada avaliación:

Media aritmética das probas parciais 80% da cualificación.

Tarefas realizadas ao longo do curso 20% da cualificación.

- Avaliación ordinaria: a media aritmética das notas das tres avalacións terá que ser igual ou superior a 5 para recuperar a materia pendente.

- No caso de que o alumno ou alumna non supere a materia deste xeito poderá realizar unha proba escrita final de recuperación na avaliación extraordinaria. Esta proba abranguerá os contidos de toda a materia, e cualificarase de 0 a 10. En tal caso, darase por superada a materia nesta proba cando a cualificación sexa igual ou superior a 5. Os exercicios da proba serán semellantes aos traballados durante o curso.

- A recuperación será coordinada pola xefatura de departamento. O profesor/a que lle imparte clase no curso onde estea matriculado, fará un seguimento do traballo do alumno/a. No caso de que non estea a cursar ningunha materia do departamento, será o xefe ou xefa de departamento quen faga o seguimento.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


A atención á diversidade implica que desenvolvamos estratexias que nos permitan a posibilidade de ter diferentes niveis de actuación co noso alumnado no día a día. Por ese motivo, as actuacións previstas nesta programación didáctica, contemplan intervencións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses, situacións socioeconómicas e culturais do alumnado, coa finalidade de facilitar o acceso ás aprendizaxes propias desta etapa así como á adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos por parte de todo o alumnado.

Como primeira medida de atención á diversidade faranse unhas enquisas a principio do curso sobre: o interese na materia, os recursos tic dipoñibles polo alumnado e as súas actitudes cara o pensamento e a aprendizaxe. Ademais disto, farase unha avaliación inicial en cada unidade, ben sexa mediante cuestionarios ben con preguntas na aula relacionadas coa unidade a impartir. Unha vez realizada dita avaliación inicial, e perante as dificultades individuais ou grupais detectadas, poderase adecuar as agrupacións á hora do desenvolvemento dos proxectos e das prácticas en equipo, graduar o nivel de dificultade de ditas actividades e prestar unha atención máis individualizada a aqueles alumnos e alumnas que amosen máis carencias á hora de asimilación de contidos.

Outra medida a tomar é a de propóñer actividades e tarefas nas que o alumnado poderá pór en práctica diversos procesos cognitivos, evitando que as situacións de aprendizaxe se centren no desenvolvemento de só algúns deles permitindo, deste xeito, o axuste destas propostas a diferentes estilos de aprendizaxe. As distintas unidades didácticas desta programación didáctica xa contemplan no seu desenvolvemento actividades complementarias que faciliten tanto o reforzo como a ampliación de contidos.

En liña co anterior, en calquera unidade didáctica as súas diferentes actividades serán flexibles e poderanse enunciar dun xeito ou nun número diferente a cada alumno ou alumna.

Outra medida será a inclusión de actividades e tarefas que requiran a cooperación e o traballo en equipo para a súa realización. A axuda entre iguais permitirá que o alumnado aprenda dos demais estratexias, destrezas e habilidades que contribuirán ao desenvolvemento das súas capacidades e á adquisición das competencias clave.

Tamén se contempla implementar actuacións de acordo coas características individuais do alumnado que contribúan á atención á diversidade e á compensación de desigualdades, facilitando os procesos de detección e tratamento das dificultades de aprendizaxe tan pronto como se presenten.

Estas actuacións levaranse a cabo a través de medidas de carácter xeral con criterios de flexibilidade organizativa, co obxecto de favorecer a autoestima e expectativas positivas no alumnado e obter o logro dos obxectivos e as competencias clave.

Aplicaranse os protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira.

Adecuarase a organización e xestionarase a aula ás características do alumnado.

Adaptarase os tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación.

De ser preciso, faranse adaptacións curriculares  e  programas de enriquecemento curricular (a.a.c.c.).

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, seguiranse o establecido no plan específico personalizado elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do profesorado titor.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
1 ET.1 - Comprensión de lectura.
2 ET.2 - Expresión oral e escrita.
3 ET.3 - Comunicación audiovisual.
4 ET.4 - Competencia dixital.
5 ET.5 - Emprendemento social e empresarial.
6 ET.6 - Fomento do espírito crítico e científico.
7 ET.7 - Educación emocional e en valores.
8 ET.8 - Igualdade de xénero.
9 ET.9 - Creatividade.
10 ET.10 - Educación para a saúde.
11 ET.11 - Formación estética.
12 ET.12 - Educación para a sostibilidade e o consumo responsable.
13 ET.13 - Respecto mutuo e cooperación entre iguais.

Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas propostos. Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e coa elaboración de documentación técnica. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica. Comunicación audiovisual: presentación de resultados de prácticas e proxectos mediante creacións audiovisuais. Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia. Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos tecnolóxicos. Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital. O desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos fomentará o traballo en equipo. A igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico é unha necesidade na sociedade actual, que tratará de cubrirse mediante un axeitado reparto de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos. Creatividade: Desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Educación para a saúde: importancia do respecto polas normas de seguridade e hixiene no taller. Contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade. Formación estética: procesos de deseño e acabado nos proxectos tecnolóxicos. Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade nos proxectos tecnolóxicos, sobre todo na elección de materiais e fontes de enerxía. Respecto mutuo: contidos relacionados coa etiqueta dixital. Este respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas relacionadas coa materia. Saídas didácticas relacionadas coa materia.

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos das distintas unidades didácticas do curso.

Asemade, cada actividade contará coa aprobación e apoio do Equipo Directivo do centro.

Para cada actividade complementaria indicaranse as seguintes características:

- Obxectivos

- Profesorado responsable.

- Alumnado participante.

- Datas e lugar de celebración.

- Repercusións económicas.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
Facilitáronse ao alumnado estratexias de aprendizaxe: lectura comprensiva, búsqueda de información crítica, redacción de documentación técnica....
O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Os criterios de avaliación e calificación foron claros e rigurosos e permitiron un seguemento do progreso do alumnado.
Facilitouse ao alumnado e as familias o coñecemento dos criterios de avaliación e calificación de cada unidade didáctica, ao comezo da mesma.
Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e calificacións.
Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican.

Nas reunións de departamento, utilizaranse táboas de cotexo baseadas nos indicadores de logro para obter a información.

A retroalimentación co alumnado farase a través de cuestionarios na aula virtual docentro ou na do plan Edixgal.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.

Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

Realizarase a avaliación da programación nos seguintes períodos de tempo:

* Mensualmente: revisarase a temporalización da programación así como a secuenciación e a profundidade dos
contidos impartidos nos distintos grupos, adaptando esta á diversidade do alumnado.
* Ao final de cada trimestre: revisarase a temporalización da programación, a secuenciación e a profundidade dos contidos impartidos nos distintos grupos, e o grado de cumprimento de obxectivos e de adquisición de competencias.
Revisarase a programación e anotaranse as modificacións nas actas do Departamento.
* Ao final do curso: Revisarase a temporalización da programación, a secuenciación e a profundidade dos contidos impartidos nos distintos grupos, e o grado de cumprimento de obxectivos e de adquisición de competencias. Revisarase a programación e anotaranse as modificacións na memoria final do departamento, as cales se terán en conta para a programación do curso seguinte.

Ademais ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de cotexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación, e na última semana do curso realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver