Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Esta programación didáctica, está pensada para a materia de Educación Dixital de 3º curso da ESO. Para a súa elaboración tívose como referencia o decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

A educación dixital desenvolve un papel fundamental na sociedade actual porque proporciona un conxunto de coñecementos e de técnicas que permiten satisfacer as necesidades individuais e colectivas. Neste sentido, esta materia achégalle ao currículo a capacidade de analizar e redeseñar a relación entre os dispositivos tecnolóxicos e as necesidades sociais. Na resolución de problemas con ferramentas dixitais conxúganse, ademais da innovación, elementos como o traballo en equipo ou o carácter emprendedor, que son imprescindibles para formar unha cidadanía autónoma e competente. Ademais, o coñecemento das tecnoloxías da información proporciona unha imprescindible perspectiva científico-tecnolóxica sobre a necesidade de construír unha sociedade formada por unha cidadanía crítica con respecto ao que acontece arredor dela.

Como noutras materias que tratan aspectos tecnolóxicos, nesta intégranse coñecementos de carácter matemático e científico, ademais de que é frecuente que as ferramentas dixitais se utilicen para resolver problemas específicos doutras disciplinas. Polo tanto, un enfoque interdisciplinar favorecerá a conexión con outras materias e mesmo con diversos temas de actualidade.

Esta materia ofrece un inmenso potencial para axudar a comprender o contorno social e para desenvolver un conxunto de competencias relacionadas tanto co contexto profesional como coas formas que a participación cidadá está a adoptar no contexto da dixitalización e que afectan por igual os ámbitos social e do desenvolvemento persoal.

A contorna no que se atopa o IES do Milladoiro ubícase nas proximidades de Santiago. As caracterícticas que o conforman influirán de xeito importante na práctica docente. As instalacións do centro serán útiles para o desenvolvemento do proceso de ensinoaprendizaxe, por exemplo, a aula de informática na que se utilizarán ferramentas dixitais e o uso de encerados dixitais para apoiar o traballo diario na aula. No 3º curso da ESO deste centro educativo hai un grupo de Educación Dixital integrado por alumnado procedente dos 4 grupos existentes. Tanto as características e contorna do centro como as características do alumnado se tiveron en conta á hora de crear os principios metodolóxicos.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Utilizar dispositivos dixitais, identificando os elementos que os compoñen e a súa función no conxunto, configurando as súas características en función das necesidades persoais e mediante diferentes medios dixitais para poder organizar a información dun xeito eficaz.
OBX2 Organizar, deseñar e producir información dixital de forma individual e colectiva utilizando as ferramentas máis adecuadas para a súa publicación e difusión facendo un uso responsable e ético das tecnoloxías aplicadas.
OBX3 Desenvolver algoritmos e aplicacións informáticas en distintas contornas, aplicando os principios do pensamento computacional para crear solucións a problemas concretos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.
OBX4 Xestionar e protexer a pegada dixital aplicando medidas preventivas para identificar e reaccionar ante riscos e ameazas ao benestar persoal, facendo un uso responsable e ético da información e a comunicación dixital.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Dispositivos dixitais e sistemas operativos Configuración de dispositivos dixitais e sistemas operativos, organización da información 5 5
2 Creación e edición de documentos de texto Tratamento de textos 15 18
3 Creación e edición de de follas de cálculo Follas de cáclulo, gráficos e informes 15 18
4 Creación e edición de presentacións dixitais Presentacións dixitais con elementos multimedia 15 13
5 Creación e publicación de contidos na rede Colaboración en rede 5 7
6 Creación e edición de imaxe dixital Tratamento de imaxe dixital e deseño gráfico 15 13
7 Pensamento computacional: programación Programación, desenvolvemento de programas 25 23
8 Ética e seguridade dixital A pegada dixital e seguridade na rede 5 8

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Dispositivos dixitais e sistemas operativos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA1.1 - Utilizar equipamentos informáticos, identificando os elementos que os configuran e a súa función no conxunto.
CA1.2 - Manter sistemas operativos, configurando as súas características en función das súas necesidades persoais.
CA1.3 - Organizar a información de maneira segura, utilizando diferentes medios dixitais para a procura rápida e eficaz na súa xestión.
Contidos
C1.1 - Arquitectura de computadores: elementos, montaxe e configuración.
C1.2 - Sistemas operativos: configuración de usuario e operacións básicas de organización.
C1.3 - Almacenamento da información: operacións básicas de organización e copias de seguridade.
Bloque B2. Creación e edición de información e contidos dixitais
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA2.1 - Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa.
CA2.2 - Interactuar en plataformas dixitais, compartindo e publicando información e datos, cunha actitude participativa.
Contidos
C2.1 - Formatos de arquivos. Formatos abertos. Estándares de formato na produción de información dixital.
C2.2 - Procesos de produción de documentos con aplicacións ofimáticas e de deseño gráfico. Maquetación, aplicación de estilos e formatos. Índices interactivos. Importación de imaxes e gráficos.
C2.3 - Operacións básicas en follas de cálculo. Creación de gráficos. Elaboración de informes sinxelos.
C2.4 - Tratamento básico da imaxe dixital.
C2.5 - Presentacións en distintas plataformas dixitais, integrando elementos multimedia.
C2.6 - Colaboración en rede. Ferramentas de creación de contidos e aprendizaxe colaborativa na Rede.
Bloque B3. Pensamento computacional
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA3.1 - Comprender o fundamento básico dos algoritmos e diagramas de fluxo utilizando contornas de programación gráfica.
CA3.2 - Desenvolver aplicacións sinxelas para computadores, dispositivos ou móbiles, dando solución a problemas definidos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Contidos
C3.1 - Utilización de estruturas básicas de programación.
C3.2 - Uso de datos. Constantes e variables.
C3.3 - Desenvolvemento de aplicacións sinxelas para computadores e/ou dispositivos móbiles mediante contornas de programación gráfica.
Bloque B4. Ética e seguridade dixital
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA4.1 - Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet, configurando as condicións de privacidade das redes sociais e en espazos virtuais de traballo.
CA4.2 - Xestionar contrasinais nos distintos servizos e dispositivos dixitais de uso habitual.
CA4.3 - Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na rede escollendo a mellor solución entre diversas opcións e valorando o benestar persoal e colectivo.
CA4.4 - Valorar a importancia da protección dos dereitos de autoría, utilizando aplicacións, datos e creacións dixitais de terceiros de xeito ético, respectando as licenzas de utilización.
Contidos
C4.1 - Seguridade de dispositivos. Xestión de contrasinais.
C4.2 - Recursos para a protección da información e datos persoais, da identidade e dos contidos dixitais. Configuración en espazos virtuais de traballo.
C4.3 - Seguridade na saúde física e mental: aplicacións ou medidas que deben adoptarse fronte aos riscos e ameazas ao benestar persoal. Opcións de resposta. Situacións de violencia e de risco na Rede.
C4.4 - Uso de recursos e contidos de dominio público ou con licenzas que permitan o seu uso.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Dispositivos dixitais e sistemas operativos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Utilizar equipamentos informáticos, identificando os elementos que os configuran e a súa función no conxunto.
Proba escrita
Identificar os elementos que configuran un equipamento informático e a súa función no conxunto. 40
CA1.2 Manter sistemas operativos, configurando as súas características en función das súas necesidades persoais.
Proba escrita
Configurar un sistema operativo en función das súas necesidades persoais. 20
CA1.3 Organizar a información de maneira segura, utilizando diferentes medios dixitais para a procura rápida e eficaz na súa xestión.
Táboa de indicadores
Organizar a información de maneira segura e eficaz. 40

2 Creación e edición de documentos de texto
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa.
Táboa de indicadores
Producir documentos con aplicacións ofimáticas, incorporando gráficos, aplicando estilos e formatos e índices interactivos. 100

3 Creación e edición de de follas de cálculo
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa.
Táboa de indicadores
Realizar operacións básicas en follas de cálculo. Crear gráficos. 100

4 Creación e edición de presentacións dixitais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa.
Táboa de indicadores
Crear presentacións dixitais, integrando elementos multimedia. 100

5 Creación e publicación de contidos na rede
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Interactuar en plataformas dixitais, compartindo e publicando información e datos, cunha actitude participativa.
Táboa de indicadores
Compartir e publicar contidos na Rede. 100

6 Creación e edición de imaxe dixital
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Crear, integrar e reelaborar contidos dixitais de forma individual ou colectiva, seleccionando as ferramentas máis apropiadas para xerar novo coñecemento e contidos dixitais de maneira creativa.
Táboa de indicadores
Identificar os formatos de arquivos máis utilizados e realizar tratamento básico de imaxe dixital. 100

7 Pensamento computacional: programación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Comprender o fundamento básico dos algoritmos e diagramas de fluxo utilizando contornas de programación gráfica.
Proba escrita
Utilizar unha contorna de programación gráfica. 30
CA3.2 Desenvolver aplicacións sinxelas para computadores, dispositivos ou móbiles, dando solución a problemas definidos cunha actitude emprendedora, perseverante e creativa.
Táboa de indicadores
Desenvolver aplicacións sinxelas para computadores, dispositivos ou móbiles. 70

8 Ética e seguridade dixital
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet, configurando as condicións de privacidade das redes sociais e en espazos virtuais de traballo.
Proba escrita
Protexer os datos persoais e a pegada dixital xerada en Internet. 15
CA4.2 Xestionar contrasinais nos distintos servizos e dispositivos dixitais de uso habitual.
Táboa de indicadores
Xestionar contrasinais. 35
CA4.3 Identificar e saber reaccionar ante situacións que representan unha ameaza na rede escollendo a mellor solución entre diversas opcións e valorando o benestar persoal e colectivo.
Proba escrita
Identificar situacións que representan unha ameaza na rede. 15
CA4.4 Valorar a importancia da protección dos dereitos de autoría, utilizando aplicacións, datos e creacións dixitais de terceiros de xeito ético, respectando as licenzas de utilización.
Táboa de indicadores
Usar recursos e contidos de dominio público ou con licenzas que permitan o seu uso. 35

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A materia debe afrontarse cunha metodoloxía eminentemente práctica e cun enfoque competencial do currículo que potencie a aprendizaxe significativa do alumnado. Utilizarase unha metodoloxía activa con traballos prácticos, para coñecer e configurar os distintos dispositivos dixitais de uso cotián, que permitan mellorar as destrezas para escoller e utilizar as ferramentas máis axeitadas para producir documentos dixitais de diversos tipos e sempre respectando as licenzas e dereitos de autor.

 

O eixe vertebrador será a realización de proxectos dixitais con metodoloxías que fomenten a resolución colaborativa e creativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade, promovendo a participación do alumnado cunha visión integral da disciplina.

 

Durante a realización dos proxectos, o alumnado terá a oportunidade de levar a cabo determinadas tarefas mentres explora, descobre, experimenta, aplica e reflexiona sobre o que fai, o que favorecerá a súa implicación no proceso de aprendizaxe e fará que este sexa máis significativo e duradeiro.

 

O desenvolvemento de proxectos que teñan por obxectivo a creación de aplicacións sinxelas que resolvan problemas, afondarán no coñecemento do pensamento computacional.

 

A difusión dos contidos dixitais creados en plataformas dixitais, promovera a liberdade de expresión o respecto polos demais e aplicando as normas da etiqueta dixital.

 

Promoverase a participación do alumnado, resaltando o traballo colectivo como forma de afrontar os desafíos e os retos que propón a nosa sociedade para reducir as fendas dixital e de xénero, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.

 

Utilizaranse estratexias que promovan un uso eficiente, seguro e ético de diferentes aplicacións dixitais para diversas funcións como o deseño, a simulación e a comunicación e difusión de ideas ou solucións.

 

Utilizaranse distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que promovan o traballo en equipo, guiando o alumnado desde proxectos sinxelos ata proxectos máis complexos que permitan o seu logro e satisfacción por parte do devandito alumnado poñendo en práctica, se fose necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades.

 

Para favorecer esta metodoloxía o departamento de tecnoloxía ten a súa disposición a aula de informática onde se impartirán as tres sesións semanais da materia.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Ordenador persoal - dispositivos dixitais
Software de uso xeral (sistema operativo,ofimática....) e de uso específico (editores de arquivos audiovisuais, simuladores, entornos de programación...). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase software libre.
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.
Aula virtual do centro ou do plan Edixgal.

Cada alumno/a tendrá acceso en todas as clases a un ordenador, no que se atopen instalados todos os programas informáticos necesarios e terá tamén conexión de Internet. Tamén cada alumno/a terá acceso aos dispositivos dixitais necesarios para o seguimento das unidades didácticas propostas.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ao comezo do curso realizarásen un cuestionario e unha pequena proba práctica no ordenador ao comenzo, para avaliar os coñecementos básicos relacionados coa competencia dixital.

Se se detectan necesidades educativas específicas, estableceranse as medidas apropiadas:

• Atención individual intensiva na realización de prácticas.

• Subministración de material de apoio na aula.

• Ampliación de tempo na realización de probas de avaliación.

• Realización de tarefas en grupo.

Estas medidas serán aplicadas no marco da metodoloxía descrita dentro desta programación, e poranseen funcionamento na aula e, de ser o caso, en colaboración coas persoas titoras e o Departamento de Orientación.

Ao comezo de cada unidade didáctica faranse una serie de actividades dinámicas e participativas coas que se pretende avaliar os coñecementos previos co obxectivo de detectar carencias e coñecer o punto de partida sobre o tema a desenvolver, adaptando e reprogramando, se fose necesario, as tarefas deseñadas. Con estas actividades tamén preténdese incentivar a curiosidade do alumnado pola temática da unidade didáctica correspondente, implicándoos no seu desenvolvemento.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 15.0 15.0 15.0 5.0 15.0 25.0 5.0 100.0
Proba escrita 60.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 30.0 30.0 12.0
Táboa de indicadores 40.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 70.0 70.0 88.0

CONCRECIÓN DOS PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Para a unidade didácticas 1:

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total na UD: 40%

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliacion: proba escrita. Peso no total na UD: 60%

Para as unidades didácticas 7 e 8:

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total en cada UD: 70%

Procedemento de Avaliación: proba obxectiva escrita. Instrumento de Avaliacion: proba escrita. Peso no total en cada UD: 30%

Para o resto de unidades didácticas:

Procedemento de Avaliación: tarefas de clase. Instrumento de Avaliación: táboa de indicadores. Peso no total en cada UD: 100%

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A cualificación de cada unha das 3 avaliacións do curso, virá dada pola media ponderada das cualificacións das unidades didácticas desenvolvidas na avaliación. A ponderación establecerase en base aos pesos otorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

No caso de que algún alumno copiase nalgún exame ou traballo, levará unha nota de cero nesa proba. 

A cualificación mínima necesaria para aprobar cada avaliación será de 5.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN FINAL

A cualificación final do curso virá dada pola media ponderada das cualificacións de cada unha das 3 avaliacións do curso, sempre que a nota mínima de cada avaliación sexa igual o superior a 4, no caso contrario considerarase esa avaliación suspensa, non se aplicará a media ponderada e terá que presentarse ó exame final desa parte. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación. No caso do alumnado que teña que participar na recuperación extraordinaria do curso, a cualificación final da avaliación extraordinaria do curso será a nota na proba obxectiva de recuperación extraordinaria.

De cada avaliación realizarase unha recuperación para aquel alumnado que non alcanzase a nota necesaria para aprobar a avaliación. A recuperación realizarase por cada unidade didáctica. Según a unidade didáctica a recuperación será a través dunha proba escrita da materia correspondente á dita unidade e/ou a través da entrega de traballos e tareas que o profesorado concretará.  A cualificación final da unidade didáctica calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas seguindo o procedemento establecido sempre en cando o seu valor sexa maior co obtido na primeira oportunidade.

A cualificación final da avaliación calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas seguindo o procedemento establecido, e se o resultado é igual ou superior a 5 considerase aprobada. O alumnado que non acade unha cualificacio¿n final do curso igual o maior de 5 na avaliación ordinaria do curso, terá que realizar unha proba obxectiva de recuperación extraordinaria escrita e práctica no ordenador, que en todo caso tratará sobre todas as unidades didácticas do curso.

Nas sesións de clase que teñan lugar no período comprendido entre a avaliación ordinaria e a extraordinaria, o alumnado que teña que realizar a proba extraordinaria realizará tarefas para preparar dita proba. Neste período, o alumnado que teña superada a materia na avaliación ordinaria, realizará tarefas de reforzo e ampliación.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Co alumnado que curse 4º de ESO pero teña a materia de Educación Dixital de 3º ESO pendente de superar, ao non tela superado no ano anterior, realizarase o seguinte proceso :

- Creación dun curso na aula virtual co material necesario para aprobar a materia.

- Realización e entrega periódica, de tarefas relativas ás unidades didácticas do curso que se estarán dispoñibles na aula virtual. O alumnado recibirá en papel as indicacións precisas co calendario e secuenciación dos mesmas. 

- Faranse tres probas obxectivas parciais (no ordenador), unha por avaliación en datas por definir. As datas definitivas serán publicadas coa suficiente antelación. Ademais haberá unha proba final.

- Distribúese a materia do curso en tres partes, unha para cada proba parcial.

- Todas as probas serán cualificadas sobre un baremo de dez puntos.

- Para o cálculo da cualificación da materia pendente, terase a seguinte consideración para cada avaliación:

Media aritmética das probas parciais 80% da cualificación.

Tarefas realizadas ao longo do curso 20% da cualificación.

- Avaliación ordinaria: a media aritmética das notas das tres avalacións terá que ser igual ou superior a 5 para recuperar a materia pendente.

- No caso de que o alumno ou alumna non supere a materia deste xeito poderá realizar unha proba escrita final de recuperación na avaliación extraordinaria. Esta proba abranguerá os contidos de toda a materia, e cualificarase de 0 a 10. En tal caso, darase por superada a materia nesta proba cando a cualificación sexa igual ou superior a 5. Os exercicios da proba serán semellantes aos traballados durante o curso.

- A recuperación será coordinada pola xefatura de departamento. O profesor/a que lle imparte clase no curso onde estea matriculado, fará un seguimento do traballo do alumno/a. No caso de que non estea a cursar ningunha materia do departamento, será o xefe ou xefa de departamento quen faga o seguimento.

 

 

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Entre outras, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade:

- Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira

- Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado

- Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación

- Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento

- Programas de enriquecemento curricular (a.a.c.c.)

- Adaptacións curriculares

 

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, seguiranse o establecido no plan específico personalizado elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do profesorado titor.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
1 Comprensión de lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade
10 Educación para a saúde
11 Formación estética
12 Educación para a sostibilidade e o consumo responsable
13 Respecto mutuo e cooperación entre iguais

Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas plantexados.

 

Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e elaboración de documentación. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica, tamén traballarase técnicas de comunicación de ideas.

.

Comunicación audiovisual: presentación de proxectos mediante creacións audiovisuais.

 

Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia.

 

Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos.

 

Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos.

 

Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital. O desenvolvemento de proxectos fomentará o traballo en equipo.

 

Igualdade de xénero: buscarase o reparto axeitado de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos, evitando nos proxectos os nesgos de xénero, e aplicando criterios de igualdade.

 

Creatividade: desenvolvemento de proxectos.

 

Educación para a saúde: Contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade.

 

Formación estética: deseño e presentación dos traballos e proxectos.

 

Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade.

 

Respecto mutuo: contidos relacionados coa etiqueta dixital. Este respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos.

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas relacionadas coa materia. Saídas didácticas relacionadas coa materia.

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos desdenvolvidos nas distintas unidades didácticas do curso.

Asemade, cada actividade contará coa aprobación e apoio do Equipo Directivo do centro.

Para cada actividade complementaria indicaranse as seguintes características:

A Hora do código.

- Obxectivos.

Facer unha pequena introdución aos conceptos básicos de programación mediante esta iniciativa na que participan miles de centros educativos de todo o mundo.

- Profesorado responsable.

Manuel Cuervo Soto.

Fernando A Sánchez Álvarez

- Alumnado participante.

Todo o alumnado matriculado na materia de Educación Dixital.

- Datas e lugar de celebración.

No propio centro na segunda semana de decembro.

- Repercusións económicas.

Sen repercusións económicas, A única repercusión e de ocupación de aulas e horario, pois necesitaremos dúas sesións de 50 minutos para realizar a actividade de forma axeitada.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
Facilitáronse ao alumnado estratexias de aprendizaxe: lectura comprensiva, búsqueda de información crítica, redacción de documentación técnica....
O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Os criterios de avaliación e calificación foron claros e rigurosos e permitiron un seguemento do progreso do alumnado.
Facilitouse ao alumnado e as familias o coñecemento dos criterios de avaliación e calificación de cada unidade didáctica, ao comezo da mesma.
Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e calificacións.
Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican.

Nas reunións de departamento, utilizaranse táboas de cotexo baseadas nos indicadores de logro para obter a información.

A retroalimentación co alumnado farase a través de cuestionarios na aula virtual do centro ou na do plan Edixgal.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens. Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade. No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

Realizarase a avaliación da programación nos seguintes períodos de tempo:

- Mensualmente: revisarase a temporalización da programación así como a secuenciación e a profundidade dos contidos impartidos nos distintos grupos, adaptando esta á diversidade do alumnado.

- Ao final de cada trimestre: revisarase a temporalización da programación, a secuenciación e a profundidade dos contidos impartidos nos distintos grupos, e o grado de cumprimento de obxectivos e de adquisición de competencias. Revisarase a programación e anotaranse as modificacións nas actas do Departamento.

- Ao final do curso: Revisarase a temporalización da programación, a secuenciación e a profundidade dos contidos impartidos nos distintos grupos, e o grado de cumprimento de obxectivos e de adquisición de competencias. Revisarase a programación e anotaranse as modificacións na memoria final do departamento, as cales se terán en conta para a programación do curso seguinte. Ademais ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de cotexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación, e na última semana do curso realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver