Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)

CARACTERÍSTICAS XERAIS DO CENTRO :

Características dos laboratorios de Física e Química: Ámbolos dous se converteron en aulas materia o que nos leva a atoparnos con máis dificultades cando queremos facer uso dos mesmos. Ademais o laboratorio de química so ten capacidade para 24 alumnos.

Dispoñibilidade de medios tecnolóxicos:

Contamos con ordenadores e proxectores en tódalas aulas. Ademais facemos uso da plataforma Edixgal, na que subimos todo o material que se traballa na aula; e da plataforma GSuite que nos serve para compartir documentos en Drive no dominio do IES Salvaterra de Miño.

Participación en proxectos de carácter científico tecnolóxico (E-Dixgal, STEMbach, Polos Creativos, Club de Ciencias, CanSat, Talentos inclusivos...)

Participamos en Edixgal e coordinamos o club de ciencias e o contrato programa CP Inonova, concretamente a modalidade de EduInnova. 

Outros:

Mantémonos en contacto coas familias via abalar e por correo.

CARACTERÍSTICAS XERAIS DO ALUMNADO:

Nº de alumnas e alumnos no centro: 559

Nº de alumnas e alumnos en 2º de ESO: 116

Ratio: 23

CARACTERÍSTICAS DA FÍSICA E QUÍMICA DE 2º DA ESO

En 2º de ESO a materia Física e Química recóllese en 5 Bloques: As destrezas científicas básicas, A materia, A enerxía, A interacción e O cambio, nos que se asentan as bases que permitirán continuar a súa aprendizaxe en bacharelato ou en ciclos formativos e, xunto coas demais ciencias experimentais e a tecnoloxía, permitir aos alumnos e ás alumnas analizar con coñecemento de causa os problemas de orixe científica e tecnolóxica que se formulan na nosa sociedade, así como participar no debate que suscitan e dar a resposta que corresponda como cidadanía responsable.

O ensino desta materia debe incentivar unha aprendizaxe contextualizada que relacione os principios en vigor coa evolución histórica do coñecemento científico; que estableza a relación entre ciencia, tecnoloxía e sociedade; que potencie a argumentación verbal, a capacidade de establecer relacións cuantitativas e espaciais, así como a de resolver problemas con precisión e rigor.

A materia estrutúrase nos que tradicionalmente foron os grandes bloques de coñecemento da física e da química: a materia, a enerxía, a interacción e o cambio. Ademais, este currículo propón a existencia dun bloque de contidos que fai referencia ás metodoloxías da ciencia e á súa importancia no desenvolvemento desta e que constitúe o eixe metodolóxico da materia, sendo necesario traballalo simultaneamente con cada un dos restantes.

Neste bloque, denominado «As destrezas científicas básicas», establécese, ademais, a relación das ciencias experimentais cunha das súas ferramentas máis importantes, as matemáticas, que ofrecen unha linguaxe de comunicación formal e que inclúen coñecementos, destrezas e actitudes previos do alumnado, xunto con outros que se adquiren ao longo desta etapa educativa. Así mesmo, tamén se incide no papel destacado da muller ao longo da historia da ciencia, como forma de poñelo en valor e de fomentar novas vocacións femininas cara ás ciencias experimentais e cara á tecnoloxía.

No bloque «A materia», englóbanse coñecementos básicos sobre a constitución interna das substancias, as propiedades macroscópicas e microscópicas da materia e a clasificación desta.

No bloque «A enerxía», o alumnado profunda en coñecementos, destrezas e actitudes que adquiriu na educación primaria, como as fontes de enerxía e os seus usos prácticos ou os conceptos básicos acerca das formas de enerxía. Inclúense, ademais, saberes relacionados co desenvolvemento social e económico do mundo real e as súas implicacións ambientais.

«A interacción» trata os efectos principais das interaccións fundamentais da natureza e o estudo básico das forzas predominantes no mundo natural, así como as súas aplicacións prácticas en campos diversos.

Por último, o bloque denominado «O cambio» aborda as principais transformacións físicas e químicas dos sistemas materiais e naturais, así como os exemplos máis frecuentes na contorna do alumnado, describindo as súas aplicacións e contribucións á mellora do noso mundo.

2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)

Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender e relacionar os motivos polos que ocorren os principais fenómenos fisicoquímicos da contorna, explicándoos en termos das leis e teorías científicas adecuadas para resolver problemas co fin de aplicalas para mellorar a realidade próxima e a calidade da vida humana.
OBX2 Expresar as observacións realizadas polo alumnado en forma de preguntas, formulando hipóteses para explicalas e demostrando estas hipóteses a través da experimentación científica, a indagación e a procura de evidencias, para desenvolver os razoamentos propios do pensamento científico e mellorar as destrezas no uso das metodoloxías científicas.
OBX3 Manexar con soltura as regras e as normas básicas da física e da química no referente á linguaxe da IUPAC, á linguaxe matemática, ao emprego de unidades de medida correctas, ao uso seguro do laboratorio e á interpretación e produción de datos e información en diferentes formatos e fontes, para recoñecer o carácter universal e transversal da linguaxe científica e a necesidade dunha comunicación fiable en investigación e ciencia entre diferentes países e culturas.
OBX4 Utilizar de forma crítica, eficiente e segura plataformas dixitais e recursos variados, tanto para o traballo individual como en equipo, para fomentar a creatividade, o desenvolvemento persoal e a aprendizaxe individual e social, mediante a consulta de información, a creación de materiais e a comunicación efectiva nas diferentes contornas de aprendizaxe.
OBX5 Utilizar as estratexias propias do traballo colaborativo, potenciando o crecemento entre iguais como base emprendedora dunha comunidade científica crítica, ética e eficiente, para comprender a importancia da ciencia na mellora da sociedade, as aplicacións e repercusións dos avances científicos, a preservación da saúde e a conservación sostible do ambiente.
OBX6 Comprender e valorar a ciencia como unha construción colectiva en continuo cambio e evolución, na que non só participan as persoas dedicadas a ela, senón que tamén require dunha interacción co resto da sociedade, para obter resultados que repercutan no avance tecnolóxico, económico, ambiental e social.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)

Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia

*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A actividade científica Preséntanse o método científico e algúns dos elementos comúns da actividade científica e que formarán parte, de xeito transversal, do resto de unidades didácticas, como son os relacionados coa medida de magnitudes e a expresión do seu valor. Outros, como por exemplo a representación gráfica de resultados experimentais ou as normas de uso dos espazos de traballo, serán introducidos a medida que vaian aparecendo no desenvolvemento das unidades. 17 20
2 A materia Abórdanse propiedades fundamentais da materia e a súa determinación, así como os estados de agregación, os seus cambios e a súa explicación dende o punto de vista microscópico. Para tal fin, introdúcense as nocións de átomo, enlace químico e molécula. No caso dos gases inclúese o estudo das súas leis (Boyle-Mariotte, Charles e Gay-Lussac). Experiencias de laboratorio (suxeridas: medida de densidades e elaboración de gráfica de quencemento con cambio de estado). 17 20
3 Sistemas materiais Trátase a clasificación dos sistemas materiais dende o punto de vista da súa composición. Introdúcense os conceptos de substancia pura e mestura, xunto cos de elemento, composto, mestura homoxénea e heteroxénea. No caso dos elementos preséntanse os símbolos dos máis comúns, e tamén fórmulas de substancias sinxelas de uso habitual e cotiá, como introdución á nomenclatura química. Por último, tamén se aborda a expresión da concentración de disolucións, como proporción entre a cantidade de soluto e a cantidade de disolución. Experiencia de laboratorio (suxerida: separación de mesturas). 16 18
4 Cambios físicos e químicos Preséntase os tipos de cambio. No caso das reaccións químicas, introdúcese á súa notación e tamén os aspectos máis básicos da súa explicación dende o punto de vista microscópico. Exemplificación con reaccións de importancia para o medio ambiente, a tecnoloxía e a sociedade. 9 9
5 O movemento Efectúase unha introdución aos conceptos fundamentais da cinemática, como é o carácter relativo do movemento e as magnitudes necesarias para a súa descrición (posición, velocidade e aceleración) e a súa representación mediante gráficas. Eses conceptos son aplicados ao caso dunha soa partícula en repouso ou en movemento rectilíneo uniforme, uniformemente acelerado ou circular uniforme, dentro das posibilidades que permiten os coñecementos de tipo matemático correspondentes a este nivel académico. Entre outros aspectos, faise unha aplicación ao estudo de situacións relacionadas coa seguridade viaria así como á caída libre de obxectos. 16 15
6 As forzas Introdúcese o concepto de forza a través da súa relación con deformacións ou cambios no estado de movemento dos corpos. Efectúase unha introdución ás leis de Newton, que son aplicadas aos movementos estudados na unidade anterior. Abórdase o concepto de peso. Estúdanse aspectos cualitativos relacionados con forzas de tipo electromagnético. Experiencia de laboratorio sobre forzas (suxerida: lei de Hooke). 16 15
7 A enerxía Efectúase unha introdución ao concepto de enerxía, así como as súas propiedades e manifestacións. Preséntanse os conceptos de enerxía cinética e potencial gravitatoria e a súa aplicación en situacións sinxelas a través da conservación da enerxía. Trátanse as fontes de enerxía e os seus tipos, e a súa relación con aspectos de carácter medioambiental. Por último, efectúase unha introdución ás transferencias de enerxía en forma de calor e os efectos que estas teñen sobre os corpos. Aplicación práctica sobre o uso doméstico e industrial da enerxía. Experiencias relacionadas con transformacións enexéticas (suxeridas: caída libre de corpos; condución da calor e/ou dilatación lineal). 9 8

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)

Bloque B1. As destrezas científicas básicas
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA1.1 - Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
CA1.2 - Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
CA1.3 - Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.4 - Poñer en práctica as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
CA1.5 - Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
CA1.6 - Traballar de forma adecuada e versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
CA1.7 - Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
CA1.8 - Emprender, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos que involucren o alumando na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
CA1.9 - Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Contidos
C1.1 - Metodoloxías propias da investigación científica: identificación e formulación de cuestións, elaboración de hipóteses e comprobación experimental destas.
C1.2 - Traballo experimental e proxectos de investigación: estratexias na resolución de problemas e no desenvolvemento de investigacións mediante a indagación, a dedución, a procura de evidencias e o razoamento lóxico-matemático, facendo inferencias válidas das observacións e obtendo conclusións.
C1.3 - Contornas e recursos de aprendizaxe científica, como o laboratorio ou as contornas virtuais: materiais, substancias e ferramentas tecnolóxicas.
C1.4 - Normas de uso de cada espazo, asegurando e protexendo así a saúde propia e comunitaria, a seguridade nas redes e o respecto cara ao ambiente.
C1.5 - A linguaxe científica: unidades do sistema internacional e os seus símbolos. Ferramentas matemáticas básicas en diferentes escenarios científicos e de aprendizaxe.
C1.6 - Estratexias de interpretación e produción de información científica utilizando diferentes formatos e diferentes medios: desenvolvemento do criterio propio baseado no que o pensamento científico achega á mellora da sociedade para facela máis xusta, equitativa e igualitaria.
C1.7 - Valoración da cultura científica e do papel de científicos e científicas nos principais fitos históricos e actuais da física e da química para o avance e a mellora da sociedade.
Bloque B2. A materia
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA2.1 - Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais cotiáns, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA2.2 - Resolver os problemas fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
CA2.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos sistemas materiais a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
CA2.4 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a sistemas materiais e á súa composición, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
CA2.5 - Utilizar adecuadamente os símbolos químicos dos elementos e substancias comúns máis importantes facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Contidos
C2.1 - Teoría cinético-molecular: aplicación a observacións sobre a materia explicando as súas propiedades, os estados de agregación, os cambios de estado e a formación de mesturas e disolucións.
C2.2 - Experimentos relacionados cos sistemas materiais: coñecemento e descrición das súas propiedades, a súa composición e a súa clasificación.
C2.3 - Nomenclatura: participación dunha linguaxe científica común e universal a través da interpretación das fórmulas químicas dalgúns compostos binarios de importancia e o coñecemento dos símbolos dos principais elementos químicos.
Bloque B3. A enerxía
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA3.1 - Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos cotiáns relevantes relacionados coa enerxía, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA3.2 - Resolver problemas fisicoquímicos relacionados coa enerxía utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
CA3.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados coa enerxía e as súas manifestacións a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
CA3.4 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa á enerxía e ás súas transferencias nun proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
CA3.5 - Detectar na contorna as necesidades tecnolóxicas, ambientais, económicas e sociais máis importantes que demanda a sociedade, entendendo a capacidade da ciencia para darlles solución sostible a través da implicación de todos os cidadáns.
Contidos
C3.1 - A enerxía: formulación de cuestións e hipóteses sobre a enerxía, propiedades e manifestacións que a describan como a causa de todos os procesos de cambio.
C3.2 - Deseño e comprobación experimental de hipóteses relacionadas co uso doméstico e industrial da enerxía nas súas distintas formas e as transformacións entre elas.
C3.3 - Elaboración fundamentada de hipóteses sobre o ambiente e a sostibilidade a partir das diferenzas entre fontes de enerxía renovables e non renovables.
C3.4 - Efectos da calor sobre a materia: análise dos efectos e aplicación en situacións cotiás.
Bloque B4. A interacción
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA4.1 - Identificar, comprender e explicar fenómenos cotiáns relacionados con movementos, así como coas forzas e os seus efectos, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA4.2 - Resolver problemas sobre movementos e sobre forzas e os seus efectos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
CA4.3 - Recoñecer e describir na contorna inmediata situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas nas que a ciencia e, en particular, a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade.
CA4.4 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con movementos, así como as forzas e os seus efectos, a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
CA4.5 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico relativa a movementos e a forzas e os seus efectos, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Contidos
C4.1 - Análise de movementos sinxelos a partir dos conceptos da cinemática, formulando hipóteses comprobables sobre valores futuros das magnitudes implicadas e validándoas a través do cálculo numérico, da interpretación de gráficas ou do traballo experimental.
C4.2 - As forzas como axentes de cambio: efectos das forzas, tanto no estado de movemento ou de repouso dun corpo como na produción de deformacións.
C4.3 - Aplicación das leis de Newton: observación de situacións cotiás ou de laboratorio que permiten entender como se comportan os sistemas materiais ante a acción das forzas e predicir os efectos destas en situacións cotiás e de seguridade viaria.
C4.4 - Fenómenos gravitatorios, eléctricos e magnéticos: experimentos sinxelos que evidencian a relación coas forzas da natureza.
Bloque B5. O cambio
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
CA5.1 - Identificar, comprender e explicar cambios físicos e químicos cotiáns a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA5.2 - Resolver problemas sobre cambios fisicoquímicos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
CA5.3 - Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos cambios físicos e químicos a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
CA5.4 - Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Contidos
C5.1 - Os sistemas materiais: análise dos diferentes tipos de cambios que experimentan relacionando as causas que os producen coas consecuencias que teñen.
C5.2 - Interpretación macroscópica e microscópica das reaccións químicas: explicación das relacións da química co ambiente, coa tecnoloxía e coa sociedade.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)

1 A actividade científica
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
Proba escrita
Propoñer procedementos ou deseñar experiencias de forma guiada, para a comprobación de hipóteses que sexan coherentes coa actuación científica e coa natureza do problema. 5
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Coñecer as leis e teorías establecidas nos contidos e determinar en que tipo de problemas e cuestións deben aplicarse. 10
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utilizar unidades do sistema internacional, das magnitudes fundamentais e derivadas, así como os seus múltiplos e submúltiplos comprendidos entre m (mili) e k (quilo). 30
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Empregar adecuadamente as ferramentas matemáticas, propias deste nivel, axeitadas para a solución ou descrición dun problema. 15
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para obter información e compartila cos compañeiros. 5
CA1.6 Traballar de forma adecuada e versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
Táboa de indicadores
Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para a obtención de información que sexa fiable. 5
CA1.7 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Participar nas actividades grupais. 10
CA1.8 Emprender, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos que involucren o alumando na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Emprender experiencias de laboratorio de xeito guiado. 15
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Táboa de indicadores
Asociar algunhas das leis e teorías estudadas aos homes e ás mulleres que as enunciaron. 5

2 A materia
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
Proba escrita
Propoñer procedementos ou deseñar experiencias de forma guiada, para a comprobación de hipóteses que sexan coherentes coa actuación científica e coa natureza do problema. 5
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Coñecer as leis e teorías establecidas nos contidos e determinar en que tipo de problemas e cuestións deben aplicarse. 5
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utilizar unidades do sistema internacional, das magnitudes fundamentais e derivadas, así como os seus múltiplos e submúltiplos comprendidos entre m (mili) e k (quilo). 5
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Empregar adecuadamente as ferramentas matemáticas, propias deste nivel, axeitadas para a solución ou descrición dun problema. 5
CA1.4 Poñer en práctica as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Respectar as normas de seguridade no laboratorio. 5
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para obter información e compartila cos compañeiros. 5
CA1.7 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Participar nas actividades grupais. 5

CA2.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais cotiáns, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Identificar e comprender algúns fenómenos fisicoquímicos relacionándoos co tratado na unidade. 25
CA2.2 Resolver os problemas fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Proba escrita
Desenvolver algúns problemas de xeito coherente en relación ao tratado na unidade. 25
CA2.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos sistemas materiais a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Discernir entre os procedementos científicos e os que non o son. 5
CA2.4 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a sistemas materiais e á súa composición, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Interpretar algúns datos numéricos, individuais, en táboas ou en gráficos para usar na resolución dunha cuestión ou problema. 5

3 Sistemas materiais
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
Proba escrita
Propoñer procedementos ou deseñar experiencias de forma guiada, para a comprobación de hipóteses que sexan coherentes coa actuación científica e coa natureza do problema. 5
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Coñecer as leis e teorías establecidas nos contidos e determinar en que tipo de problemas e cuestións deben aplicarse. 5
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utilizar unidades do sistema internacional, das magnitudes fundamentais e derivadas, así como os seus múltiplos e submúltiplos comprendidos entre m (mili) e k (quilo). 5
CA1.3.2. Utilizar adecuadamente símbolos químicos de substancias de importancia.
Proba escrita
Empregar axeitadamente os símbolos de elementos químicos e as fórmulas de compostos binarios de uso común. 2
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Empregar adecuadamente as ferramentas matemáticas, propias deste nivel, axeitadas para a solución ou descrición dun problema. 5
CA1.4 Poñer en práctica as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Respectar as normas de seguridade no laboratorio. 5
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para obter información e compartila cos compañeiros. 5
CA1.7 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Participar nas actividades grupais. 5
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Proba escrita
Asociar algunhas das leis e teorías estudadas aos homes e ás mulleres que as enunciaron. 3
CA2.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais cotiáns, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Identificar e comprender algúns fenómenos fisicoquímicos relacionándoos co tratado na unidade. 15
CA2.2 Resolver os problemas fisicoquímicos relacionados coa composición e coa estrutura de sistemas materiais utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Proba escrita
Desenvolver algúns problemas de xeito coherente en relación ao tratado na unidade. 15
CA2.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos sistemas materiais a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Discernir entre os procedementos científicos e os que non o son. 5
CA2.4 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a sistemas materiais e á súa composición, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Interpretar algúns datos numéricos, individuais, en táboas ou en gráficos para usar na resolución dunha cuestión ou problema. 5
CA2.5 Utilizar adecuadamente os símbolos químicos dos elementos e substancias comúns máis importantes facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Coñecer os símbolos químicos dos elementos máis comúns. Coñecer e interpretar as fórmulas químicas dalgunhas substancias de importancia. 15
CA5.4 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Interpretar algúns datos numéricos, individuais, en táboas ou en gráficos para usar na resolución dunha cuestión ou problema. 5

4 Cambios físicos e químicos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
Proba escrita
Propoñer procedementos ou deseñar experiencias de forma guiada, para a comprobación de hipóteses que sexan coherentes coa actuación científica e coa natureza do problema. 5
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Coñecer as leis e teorías establecidas nos contidos e determinar en que tipo de problemas e cuestións deben aplicarse. 5
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.2. Utilizar adecuadamente símbolos químicos de substancias de importancia.
Proba escrita
Empregar axeitadamente os símbolos de elementos químicos e as fórmulas de compostos binarios de uso común. 10
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Proba escrita
Asociar algunhas das leis e teorías estudadas aos homes e ás mulleres que as enunciaron. 5
CA2.5 Utilizar adecuadamente os símbolos químicos dos elementos e substancias comúns máis importantes facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
Proba escrita
Coñecer os símbolos químicos dos elementos máis comúns. Coñecer e interpretar as fórmulas químicas dalgunhas substancias de importancia. 20
CA5.1 Identificar, comprender e explicar cambios físicos e químicos cotiáns a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Identificar e comprender algúns fenómenos fisicoquímicos relacionándoos co tratado na unidade. 30
CA5.2 Resolver problemas sobre cambios fisicoquímicos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Proba escrita
Desenvolver algúns problemas de xeito coherente en relación ao tratado na unidade. 10
CA5.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados cos cambios físicos e químicos a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Discernir entre os procedementos científicos e os que non o son. 5
CA5.4 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Interpretar algúns datos numéricos, individuais, en táboas ou en gráficos para usar na resolución dunha cuestión ou problema. 10

5 O movemento
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
Táboa de indicadores
Propoñer procedementos ou deseñar experiencias de forma guiada, para a comprobación de hipóteses que sexan coherentes coa actuación 1
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Proba escrita
Coñecer as leis e teorías establecidas nos contidos e determinar en que tipo de problemas e cuestións deben aplicarse. 2
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utilizar unidades do sistema internacional, das magnitudes fundamentais e derivadas, así como os seus múltiplos e submúltiplos comprendidos entre m (mili) e k (quilo). 10
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Empregar adecuadamente as ferramentas matemáticas, propias deste nivel, axeitadas para a solución ou descrición dun problema. 10
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para obter información e compartila cos compañeiros. 1
CA1.6 Traballar de forma adecuada e versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
Táboa de indicadores
Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para a obtención de información que sexa fiable. 1
CA1.7 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Participar nas actividades grupais. 1
CA1.8 Emprender, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos que involucren o alumando na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Emprender experiencias de laboratorio de xeito guiado. 1
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Táboa de indicadores
Asociar algunhas das leis e teorías estudadas aos homes e ás mulleres que as enunciaron. 1
CA4.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos cotiáns relacionados con movementos, así como coas forzas e os seus efectos, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA4.1.1. Identificar, comprender e explicar fenómenos cotiáns relacionados con movementos, a partir das teorías científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Relaciona movementos cotiáns cos tipos de movemento estudados (MRU, MRUA, MCU) partindo da descripción do movemento, de táboas de datos ou gráficas. 10
CA4.2 Resolver problemas sobre movementos e sobre forzas e os seus efectos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
CA4.2.1. Resolver problemas sobre movemento rectilíneo uniforme utilizando a relación correspondente entre posición e tempo, para atopar algunha desas magnitudes expresando correctamente o resultado.
Proba escrita
Calcula correctamente a velocidade dun móbil con MRU partindo de datos de posición e tempo. 25
CA4.2.2. Resolver problemas sobre movemento rectilíneo uniformemente acelerado utilizando a relación correspondente entre velocidade e tempo, para atopar algunha desas magnitudes expresando correctamente o resultado.
Proba escrita
Para un móbil con MRUA, calcula correctamente a aceleración partindo dunha táboa de datos de velocidade fronte a tempo, e calcula a súa velocidade media partindo dunha táboa de posición fronte a tempo. 15
CA4.2.3. Resolver problemas sobre movemento circular uniforme utilizando a relación entre período e frecuencia, para atopar algunha desas magnitudes expresando correctamente o resultado.
Proba escrita
Calcula o período partindo da frecuencia expresada en voltas por segundo e calcula a frecuencia partindo do período. 3
CA4.3 Recoñecer e describir na contorna inmediata situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas nas que a ciencia e, en particular, a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade.
Proba escrita
Recoñecer, describir e analizar a influencia de aspectos tratados na unidade en relación á seguridade vial. 10
CA4.4 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con movementos, así como as forzas e os seus efectos, a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Proba escrita
Discernir entre os procedementos científicos e os que non o son. 4
CA4.5 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico relativa a movementos e a forzas e os seus efectos, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Interpretar algúns datos numéricos, individuais, en táboas ou en gráficos para usar na resolución dunha cuestión ou problema. 5

6 As forzas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
Táboa de indicadores
Propoñer procedementos ou deseñar experiencias de forma guiada, para a comprobación de hipóteses que sexan coherentes coa actuación científica e coa natureza do problema. 4
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Táboa de indicadores
Coñecer as leis e teorías establecidas nos contidos e determinar en que tipo de problemas e cuestións deben aplicarse. 4
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Proba escrita
Utilizar unidades do sistema internacional, das magnitudes fundamentais e derivadas, así como os seus múltiplos e submúltiplos. 5
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Proba escrita
Empregar adecuadamente as ferramentas matemáticas, propias deste nivel, axeitadas para a solución ou descrición dun problema 5
CA1.4 Poñer en práctica as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Respectar as normas de seguridade no laboratorio. 4
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para obter información e comparte a dita información cos compañeiros. 4
CA1.7 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Participar activamente nas actividades grupais 4
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Táboa de indicadores
Asociar algunhas das leis e teorías estudadas aos homes e ás mulleres que as enunciaron. 4
CA4.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos cotiáns relacionados con movementos, así como coas forzas e os seus efectos, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
CA4.1.2. Identificar, comprender e explicar fenómenos cotiáns relacionados coas forzas e os seus efectos, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Proba escrita
Aplica o principio de superposición cando actúan unha ou dúas forzas paralelas sobre un corpo en repouso e determina o sentido do cambio no movemento. 15
CA4.2 Resolver problemas sobre movementos e sobre forzas e os seus efectos utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
CA4.2.4. Resolver problemas utilizando a relación entre forza e aceleración, para atopar algunha desas magnitudes ou a masa do móbil, expresando correctamente o resultado.
Proba escrita
Calcula a forza resultante que actúa sobre un corpo ou a súa aceleración, empregando a segunda lei de Newton, coñecida a masa e a aceleración ou forza resultante, respectivamente. 20
CA4.2.5. Resolver problemas sobre sistemas elásticos utilizando a lei de Hooke para atopar a deformación, a forza ou a constante elástica, expresando correctamente o resultado.
Proba escrita
Calcula a forza restauradora que exerce un resorte ou o seu estiramento, empregando a lei de Hooke, coñecida a constante do resorte e o estiramento ou forza restauradora, respectivamente. 16
CA4.3 Recoñecer e describir na contorna inmediata situacións problemáticas reais de índole científica e emprender iniciativas nas que a ciencia e, en particular, a física e a química poden contribuír á súa solución, analizando criticamente o seu impacto na sociedade.
Proba escrita
Identificar aplicacións prácticas nas que interveñen forzas estudadas na unidade (peso e de elasticidade) 5
CA4.4 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados con movementos, así como as forzas e os seus efectos, a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Táboa de indicadores
Discernir entre os procedementos científicos e os que non o son 5
CA4.5 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa a un proceso fisicoquímico relativa a movementos e a forzas e os seus efectos, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Proba escrita
Interpretar algúns datos numéricos, individuais, en táboas ou en gráficos para usar na resolución dunha cuestión ou problema. 5

7 A enerxía
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Seleccionar, de acordo coa natureza das cuestións que se traten, a mellor maneira de comprobar ou refutar as hipóteses formuladas, deseñando estratexias de indagación e procura de evidencias que permitan obter conclusións e respostas axustadas á natureza da pregunta formulada.
Táboa de indicadores
Propoñer procedementos ou deseñar experiencias de forma guiada, para a comprobación de hipóteses que sexan coherentes coa actuación científica e coa natureza do problema. 10
CA1.2 Aplicar as leis e teorías científicas coñecidas ao formular cuestións e hipóteses, sendo coherente co coñecemento científico existente e deseñando os procedementos experimentais ou dedutivos necesarios para resolvelas ou comprobalas.
Táboa de indicadores
Coñecer as leis e teorías establecidas nos contidos e determinar en que tipo de problemas e cuestións deben aplicarse. 5
CA1.3 Utilizar adecuadamente as regras básicas da física e da química, incluído o uso de unidades de medida, os símbolos químicos das substancias máis importantes, así como as ferramentas matemáticas adecuadas, facilitando unha comunicación efectiva con toda a comunidade científica.
CA1.3.1. Utilizar adecuadamente unidades de medida.
Táboa de indicadores
Utilizar unidades do sistema internacional, das magnitudes fundamentais e derivadas, así como os seus múltiplos e submúltiplos comprendidos entre m (mili) e k (quilo), 5
CA1.3.3. Utilizar axeitadamente as ferramentas matemáticas adecuadas.
Táboa de indicadores
Empregar adecuadamente as ferramentas matemáticas, propias deste nivel, axeitadas para a solución ou descrición dun problema 5
CA1.4 Poñer en práctica as normas de uso dos espazos específicos da ciencia, como os laboratorios de física e química, asegurando a saúde propia e colectiva, a conservación sostible do ambiente e o coidado das instalacións.
Táboa de indicadores
Respectar as normas de seguridade no laboratorio. 5
CA1.5 Utilizar recursos variados, tradicionais e dixitais, mellorando a aprendizaxe autónoma e a interacción con outros membros da comunidade educativa, con respecto cara aos docentes e cara aos estudantes e analizando criticamente as achegas de cada participante.
Táboa de indicadores
Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para obter información e comparte a dita información cos compañeiros. 5
CA1.6 Traballar de forma adecuada e versátil con medios variados, tradicionais e dixitais, na consulta de información e na creación de contidos, seleccionando con criterio as fontes máis fiables e adecuadas e mellorando a aprendizaxe propia e colectiva.
Táboa de indicadores
Utilizar algún recurso bibliográfico ou dixital para a obtención de información que sexa fiable. 5
CA1.7 Establecer interaccións construtivas e coeducativas emprendendo actividades de cooperación como forma de construír un medio de traballo eficiente na ciencia.
Táboa de indicadores
Participar activamente nas actividades grupais 5
CA1.8 Emprender, de forma guiada e de acordo coa metodoloxía adecuada, proxectos científicos que involucren o alumando na mellora da sociedade e que creen un valor individual e colectivo.
Táboa de indicadores
Emprender experiencias de laboratorio de xeito guiado. 5
CA1.9 Recoñecer e valorar, a través da análise histórica dos avances científicos logrados por homes e mulleres de ciencia, que este é un proceso en permanente construción e que existen repercusións mutuas da ciencia actual coa tecnoloxía, coa sociedade e co ambiente.
Táboa de indicadores
Asociar algunhas das leis e teorías estudadas aos homes e ás mulleres que as enunciaron. 5
CA3.1 Identificar, comprender e explicar fenómenos fisicoquímicos cotiáns relevantes relacionados coa enerxía, a partir dos principios, teorías e leis científicas adecuadas, expresándoos de maneira argumentada e utilizando diversidade de soportes e medios de comunicación.
Táboa de indicadores
Relaciona o concepto de enerxía coa capacidade de producir cambios e relaciona as variacións da enerxía cinética e potencial gravitacional na caída libre mediante a conservación da enerxía. 10
CA3.2 Resolver problemas fisicoquímicos relacionados coa enerxía utilizando as leis e as teorías científicas adecuadas, razoando os procedementos utilizados para atopar as solucións e expresando adecuadamente os resultados.
Táboa de indicadores
Calcula a enerxía cinética e a potencial gravitacional, aplicando directamente as súas expresións ou mediante a conservación da enerxía na caída libre. 10
CA3.3 Empregar as metodoloxías propias da ciencia na identificación e descrición de fenómenos relacionados coa enerxía e as súas manifestacións a partir de cuestións ás que se poida dar resposta a través da indagación, da dedución, do traballo experimental e do razoamento lóxico-matemático, diferenciándoas das pseudocientíficas.
Táboa de indicadores
Discernir entre os procedementos científicos e os que non o son 5
CA3.4 Empregar datos en diferentes formatos para interpretar e comunicar información relativa á enerxía e ás súas transferencias nun proceso fisicoquímico concreto, relacionando entre si o que cada un deles contén e extraendo en cada caso o relevante para a resolución dun problema.
Táboa de indicadores
Interpretar algúns datos numéricos, individuais, en táboas ou en gráficos para usar na resolución dunha cuestión ou problema. 10
CA3.5 Detectar na contorna as necesidades tecnolóxicas, ambientais, económicas e sociais máis importantes que demanda a sociedade, entendendo a capacidade da ciencia para darlles solución sostible a través da implicación de todos os cidadáns.
Táboa de indicadores
Realiza un traballo de investigación guiado sobre o uso doméstico e industrial da enerxía. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)

Os principios metodolóxicos en que nos basearemos radican en dous aspectos: o ensino individualizado, que permite a construción de aprendizaxes significativas e as características propias da materia de Física e Química, fundamentalmente como ciencia experimental que é. Isto supón a utilización dunha metodoloxía activa, que potencie a actividade construtiva do alumnado, baseada no traballo persoal, xa sexa individual ou en grupo cooperativo. Iso facilitará a construción significativa dos contidos, axudando á adquisición de destrezas, habilidades e competencias, así como de actitudes responsables, tolerantes e solidarias, sen deixar de ser críticas. A metodoloxía pódese estruturar tendo en conta os seguintes aspectos:

- Motivación. Sen dúbida é de suma importancia na práctica docente espertar o interese de cada alumno polo tema obxecto de estudo. Para iso tratarase, sempre que o tema o permita, de relacionar o devandito tema con algo próximo ao alumno, de forma que este o contemple como algo que lle afecta directamente. Pódese suscitar así mesmo o interese por medio de preguntas, artigos de prensa, reportaxes de vídeo, ou con feitos da actualidade do momento que poden ser moi oportunos e que normalmente espertan a curiosidade dos/as alumnos/as.

- Desenvolvemento de contidos. Os temas iniciaranse habitualmente coa formulación de interrogantes. Estas preguntas terán por finalidade coñecer as ideas previas do alumno e espertar o seu interese polo tema a desenvolver. Unha vez centrado o tema nun contexto coñecido polo alumno e sondadas as súas ideas previas, a partir delas desenvolverase o tema no que se irán dando resposta de xeito consecutivo ás distintas preguntas xurdidas. Dado o carácter experimental que ten a materia, nalgúns casos poderanse introducir os temas mediante a realización dalgunha pequena práctica, que permitirá a partir da observación do fenómeno, desenvolver a explicación teórica na que se introducirán os conceptos do tema. Finalmente en todos os temas concluirase cun resumo dos conceptos desenvolvidos e reforzaranse estes coa resolución de exercicios tanto teóricos como prácticos.

- Equilibrio entre coñecementos e procedementos. O coñecemento non se aprender ao marxe do seu uso, como tampouco se adquiren destrezas en ausencia dun coñecemento de base conceptual que permite dar sentido á acción que se leva a cabo. A metodoloxía ten que conxugar o traballo dos coñecementos coa amplitude e rigor precisos, pero tamén, con aspectos básicos para unha actividade científica como as prácticas, a investigación e a realización e comunicación de informes

- Traballo cooperativo. Trala toma de contacto alumnos/as e a avaliación inicial do alumnado, estableceranse equipos de traballo, heteroxéneos e estables, que serán diferentes dos que se formen noutras materias que traballan tamén aprendizaxe cooperativa . Na concreción da programación de aula a desenvolver para o tratamento das diferentes unidades didácticas ou temáticas, incluiremos estruturas simples de traballo cooperativo, tanto ao inicio, como no decurso do tratamento dos contidos, e mesmo con carácter de finalización ou resume. Nembargantes, non nos limitaremos a que o alumnado coopere para aprender, se non que tamén atenderemos a que aprendan a cooperar, proporcionándolles ferramentas para que fixen os seus obxectivos, regulen o funcionamento dos equipos e as formas de participación, e se avalíen a eles mesmos respecto do grao de participación e compromiso asumido polos membros do equipo (plans de equipo, revisións dos plans de equipo, cadernos de equipo).

As actividades desenvoltas mediante estruturas de aprendizaxe cooperativa serán avaliadas o mesmo que o resto de actividades de aprendizaxe. Segundo o tipo de estrutura de que esteamos a falar, a avaliación pode corresponderse cunha avaliación inicial e ter por finalidades facer agromar os conceptos previos, valorar a idoneidade e eficacia do proceso de aprendizaxe elixido para deste xeito poder regulalo, ou determinar o grao de consecución de obxectivos que logra o alumnado e cualificar a implicación, o esforzo e os resultados que conseguen. Segundo o tipo de estrutura empregada, poderemos en ocasións vincular unha dobre cualificación, que por unha banda recoñeza o esforzo individual e por outra cuantifique os logros do equipo en conxunto. Pola contra, con outras estruturas, a cualificación outorgada será a mesma para todos os compoñentes do equipo, destacando así a responsabilidade mutua e compartida que todos eles/as deben asumir sobre os resultados.

- Importancia da investigación. Como resposta as novas necesidades educativas, onde adquiren relevancia os proxectos de investigación, a metodoloxía inclúe tarefas de indagación ou investigación.

- Integración das TIC. No proceso de ensinanza-aprendizaxe: a metodoloxía incorpora as novas tecnoloxías, xa que non se pode obviar nin o compoñente de motivación que aportan as TIC ao alumnado nin o seu potencial didáctico. Así, contemplamos actividades interactivas así como traballo baseado en enlaces web, vídeos, animacións e simulacións.

4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)

Denominación
Recursos: Aula, aula virtual,eDIXGAL, laboratorio equipado, ordenadores, teléfonos móbiles, recursos audiovisuais, recursos informáticos e todo tipo de recursos de papelería, láminas, carteis, etc.
Materiais: Libro de texto/apuntamentos, vídeos e textos elaborados polo profesorado e/ou alumnado, presentacións audiovisuais, material dixital seleccionado, material de laboratorio adecuado ás prácticas deseñadas, modelos moleculares, etc.

A maioría do material e dos recursos descritos non precisan descrición.

5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)

Durante os primeiros días do mes de setembro, preferiblemente antes do comezo da actividade lectiva, realizarase un rexistro da información relevante sobre o alumnado matriculado na materia:

- Cualificacións do curso anterior.

- Materias pendentes ou repetición.

- Necesidades educativas especiais ou análogos.

- Outros aspectos de importancia que poden afectar ao proceso de aprendizaxe.

Nos primeiros días lectivos, poderase facer unha proba escrita ou desenvolver algunha tarefa que permita medir o nivel competencial do alumnado conforme a criterios de avaliación de cursos anteriores (relacionados coas ciencias e as matemáticas). Prestarase especial atención aos resultados do alumnado de nova incorporación ao centro.

En calquera caso, durante a primeira sesión de cada unidade didáctica o profesorado avaliará a situación de partida de todo o alumnado.

5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)

Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 17.0 17.0 16.0 9.0 16.0 16.0 9.0 100.0
Proba escrita 60.0 80.0 85.0 100.0 94.0 71.0 0.0 72.80000000000001
Táboa de indicadores 40.0 20.0 15.0 0.0 6.0 29.0 100.0 27.19999999999999

O alumnado realizará, como norma xeral, dúas probas escritas en cada trimestre. A ponderación destas probas dependerá da importancia dos contidos incluídos na mesma.

Nestas probas pódese incluír algunha cuestión relativa ás actividades das prácticas de laboratorio desenvolvidas para o mesmo. Na nota da avaliación a media ponderada de ditas probas terá un peso de 70 %, as tarefas realizadas polos alumnos/as, así coma as prácticas e outras actividades terán un peso do 30 %.

Considerarase que a materia foi superada cando ao rematar o curso a cualificación correspondente a media ponderada dos CA sexa igual ou maior que 5,0.

No caso de non se impartir algunha das unidades didácticas o peso destas será repartido entre os criterios de avaliación das restantes segundo fose a evolución da materia.

No caso de que se detecte que algún alumno está a copiar terá unha nota de cero nesa proba escrita e terá que demostrar os seus coñecementos na recuperación.

O alumnado terá diversas oportunidades para recuperar os CA non superados nos trimestres anteriores. Os instrumentos utilizados poderán ser distintos dos utilizados previamente para o CA a recuperar. Procurarase que os CA que teñan carácter transversal (como ocorre coa maioría dos correspondentes á UD 1) se recuperen no marco das distintas UD nas que se poidan desenvolver.

A cualificación final será a obtida ao rematar o terceiro trimestre.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)

Todo o alumnado que teña pendente a materia de física e química de 2º de ESO, terán que realizar ó longo do curso diversas actividades e traballos para a súa avaliación. Estarán divididas en dúas partes:

- Dúas entregas de exercicios, unha en xaneriro e a outra en maio.

- Dúas probas escritas, unha parcial en xaneiro e outra en maio. Na de maio poderán presentarse con toda a materia se suspenderon a proba de xaneiro ou so coa segunda parte.

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)

Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)

A atención do alumnado diferente obriga a suscitar unha formulación específica da programación adaptada ás súas necesidades. Aínda que en liñas xerais temos que manter uns obxectivos e contidos mínimos iguais aos que corresponden aos alumnos de referencia , as necesidades específicas deste alumnado fan necesario formular de novo algúns deles, para dotalos dun maior carácter operativo e funcional, e adaptar algúns obxectivos e contidos de etapas anteriores. As adaptacións afectarán aos seguintes aspectos e buscarán a cobertura dos seguintes obxectivos:

- Capacidade lectora: Mellorar a comprensión de textos e a extracción das ideas principais dos mesmos.

- Escritura: Mellorar a expresión escrita e acadar a suficiente habilidade para manifestar as propias ideas e conceptos por escrito.

-Conceptos previos: Analizar as ideas previas sobre diferentes aspectos cotiás e reflexionar sobre os prexuízos de partida.

- Cálculo numérico: Desenvolver a capacidade de cálculo ata manexar con soltura as operacións e funcións básicas (suma, resta, produto e cociente, proporcionalidades directa e inversa, as porcentaxes e o reparto).

- Transformación de unidades: Manexar o sistema métrico decimal con fluidez, coñecer as unidades básicas do Sistema Internacional de Unidades, os seus múltiplos e submúltiplos, e converter con facilidade unidades de diferentes magnitudes sinxelas.

- Conceptos básicos: Coñecer as características principais dos sistemas materiais e dos seres vivos, a súa unidade, diversidade e composición, a natureza das transformacións físicas e químicas que experimentan e os mecanismos polos que estas se rexen, as interaccións e os intercambios de enerxía que levan aparelladas, e as hipóteses, leis e modelos científicos que se propoñen para interpretalas.

A atención deste alumnado require unha metodoloxía axeitada ás súas características. Hai que ter en conta que a concepción que cada alumno ten de si mesmo inflúe en como enfoca e dirixe a súa aprendizaxe e determina a súa motivación e esforzo efectivo no aula. Un alumno que se sente incapaz de resolver con éxito determinadas tarefas probablemente non as emprenda, condicionando de antemán as súas posibilidades de aprendizaxe.

Por este motivo, cremos que os alumnos han de enfrontarse a actividades especialmente adaptadas ao seu nivel e ao seu grado de dificultades, para poder afrontalas con éxito, sentindo que dito logro débese ao seu propio esforzo e que, en consecuencia, merece a pena facelo.

A nosa principal tarefa como docentes consistirá pois en seleccionar aquelas actividades máis adecuadas e contextualizar a súa formulación ás necesidades específicas dos alumnos, regulando o seu desenvolvemento, e estando dispostos a cambialas cando a situación fágao necesario. Procurarase ademais crear un ambiente nas relacións de aula que propicie que os alumnos poidan mostrar as súas potencialidades, xerando neles unha maior confianza nas súas posibilidades.

Para facilitar a atención específica a este alumnado, primarase como metodoloxía de traballo o desenvolvemento de proxectos teórico - prácticos sinxelos, onde se agruparán obxectivos e contidos en torno a núcleos temáticos específicos, cun enfoque práctico e funcional do tratamento de devanditos contidos a través das diversas actividades que se suscitan para o seu desenvolvemento.

As actividades estarán focalizadas preferentemente para que os alumnos traballen en pequenos grupos, na aula ou no laboratorio, de forma que tal colaboración potencie o esforzo que desenvolve cada un de forma individual, xa que a aprendizaxe vese así facilitado pola relación cos demais (aprendizaxe colaborador e cooperativo).

Ao comezo de cada actividade os alumnos han de facer explícitas as súas ideas e interpretacións persoais dos fenómenos tratados. Seguidamente obrigaráselles a poñelas en xogo en distintas situacións de proba ata que as contradicións xurdidas lévenlles a sentirse insatisfeitos e motiven unha disposición favorable ao cambio conceptual.

Para rematar, convencidos xa do insuficiente das súas concepcións de partida, axudaráselles a formular unha nova concepción que sexa intelixible de acordo ás súas capacidades, onde a nova información se incorpore á estrutura de forma coherente, e expresada en termos, símbolos e formas de expresión (verbais, matemáticas ou gráficas) que poidan asimilar.

Suscitaranse para iso diversos tipos de actividades no transcurso do desenvolvemento dos contidos:

- Actividades de iniciación (presentación do problema e dos obxectivos a conseguir, introdución ou manexo de conceptos físicos cualitativos e/ou operativos).

- Actividades de motivación (relación do tema con aspectos cotiáns, debates sobre aspectos do tema de interese para os alumnos, resumos de textos introdutorios, etc.).

- Actividades que conectan o tema en estudo con outros relacionados (anteriores, posteriores, secundarios, transversais, etc.).

- Actividades de afloramento de concepcións e esquemas alternativos dos/as alumnos/as.

- Actividades de desenvolvemento: aplicación da metodoloxía científica á resolución de situacións - problema ou traballos prácticos ( definición do problema, emisión de hipóteses explicativas e derivación de consecuencias lóxicas, deseño e realización de experimentos, análises e interpretación dos resultados).

- Actividades de introdución de modelos e teorías aceptados pola Ciencia.

- Actividades de finalización: resumos, mapas organizativos dos conceptos tratados, esquemas, montaxes, etc.

- Actividades de reforzo e recuperación (actividades en que se volve a insistir naqueles contidos de difícil asimilación que aínda deban ser clarificados).

- Dentro deste apartado farase un seguimento persoal e individualizado aqueles alumnos/as que repitan un nivel educativo, partindo da idea de que estes alumnos xa teñen un nivel de coñecemento da materia e que posiblemente a repetición dos contidos lles leve a caer no aburrimento e o desinterese. Faremos, na medida do posible, traballo, esquemas o ampliación da materia segundo vaia levando o curso escolar.

- O alumnado pendente do curso escolar anterior levará un plan individualizado de traballo para recuperar a asignatura. En cada caso, dentro do posible, faremos un seguimento persoal.

- Actividades de afondamento. Os alumnos que progresen con máis facilidade ou rapidez na secuencia básica de actividades poderán eventualmente abordar aspectos máis específicos do problema ou mergullarse nun coñecemento de maior calado das situacións tratadas.

7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)

Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7
1 Comprensión lectora e expresión escrita, mediante a busca de información (textos, gráficas, táboas) e a súa posterior presentación. Terá especial interese a presentación das prácticas de laboratorio e dos exercicios de argumentación, que seguirán as formas das publicacións científicas. Este elemento está relacionado, entre outros, co seguinte criterio de avaliación: CA1.6.
2 A expresión oral traballarase nas presentacións sobre diferentes temáticas (obtención de enerxía eléctrica, tratamento de augas residuais, etc.), así como en pequenos debates e similares. A súa avaliación precisa o uso dunha rúbrica. Este elemento transversal está directamente relacionado, entre outros, cos seguintes criterios de avaliación: CA2.4, CA3.5, CA4.
3 Comunicación audiovisual. Como se indicou no apartado de concrecións metodolóxicas, promoverase o modelo de aula invertida (ou modificacións del utilizando alternativas ao vídeo en consonancia co DUA). Non só se fomentaría o uso pasivo do vídeo por parte do alumnado senón tamén como creadores dese tipo de materiais.
4 Competencia dixital, mediante o uso da aula virtual, a produción de informes ou a presentación de proxectos empregando procesadores de texto e programas de presentación, respectivamente, a busca de información en internet, ou as aplicacións interactivas sobre formulación e similares. Este elemento está directamente relacionado, entre outros, cos seguintes criterios de avaliación: CA1.5 e CA1.6.
5 Emprendemento, especialmente no deseño de experiencias e proxectos de investigación así como na proposta de hipóteses e a comprobación destas, na proposta de accións de mellora na sociedade, na capacidade de liderado do grupo... Este elemento está relacionado, entre outros, cos seguintes criterios de avaliación: CA1.1 e CA1.8.
6 O fomento do espírito crítico e científico é consubstancial á materia e trabállase na totalidade desta, especialmente nos exercicios de argumentación fronte a distintos enunciados a partir das probas dispoñibles. Este elemento transversal está directamente relacionado, entre outros, co seguinte criterio de avaliación: CA1.1.
7 Educación emocional e en valores, mediante a relación entre os membros da comunidade educativa, atendendo ao alumnado desde a empatía e a comprensión, fomentando o respecto nas actuacións que se leven a cabo, chegando a acordos, co cumprimento das normas, deseñando e desenvolvendo protocolos de resolución de conflitos, etc. Está relacionado, entre outros, co seguinte criterio de avaliación: CA1.7.
8 Igualdade de xénero, no día a día mediante o trato igualitario entre os membros da comunidade educativa independentemente do seu xénero e establecendo interaccións coeducativas en consonancia con CA1.7. A linguaxe será non sexista e coidarase, neste aspecto, a redacción e selección dos textos. Subliñar a contribución das mulleres á ciencia e concretamente facelo relacionado no CA1.9.
9 Á creatividade élle de aplicación o indicado para o fomento do espírito crítico e científico e para o emprendemento.

Non se rexistraron observacións

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)

Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Charlas divulgativas de carácter científico. 2º trimestre: Organizar sesiones informativas para o alumnado con relatores dedicados a actividades científicas que poidan servir como inspiración vocacional.
Traballo de campo. 1º, 2º, 3º trimestre: proxectos tipo Polos Creativos, Club de Ciencias

Non se rexistraron observacións

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)

Categoría indicador de logro Indicadores de logro
1.-Adecuación de obxectivos, contidos e criterios de avaliación ás características e necesidades do alumnado. Usando como indicador de logro o éxito académico e ponderando entre 1 e 4 segundo: 1 (<50% )2(<75%, >50%) 3 (<90%, >75%) e 4 (>90%).
2.-Aprendizaxes acadadas polo alumnado. Usando como indicador de logro o éxito académico, ponderando entre 1 e 4 segundo: 1(<50% )2(<75%, >50%) 3 (<90%, >75%) e 4 (>90%).
3.-As medidas de atención á diversidade dentro da aula. Usando como indicador de logro a porcentaxe de medidas de atención á diversidade recollidas no apartado 6 desta programación, para cada una das PAUTAS que foron desenvolvidas, e ponderando entre 1 e 4 segundo: 1(<50%) 2(<75%, >50%) 3 < (90%, >75%) 4 (>90%).
4.-Desenvolvemento da programación didáctica. Usando como indicador de logro o grao de desenvolvemento e adecuación daquela e ponderando entre 1 e 4 segundo: 1 (desenvolveuse < 90% e menos de 3 nalgún dos anteriores ítems); 2 (desenvolveuse o 100% e menos de 3 nalgún dos anteriores ítems); 3 (desenvolveuse > 90% e máis de 3 nos anteriores ítems); 4 (desenvolveuse o 100% e máis de 3 nos anteriores ítems).
5.-Organización da aula para executar as programacións. Usando como indicador a accesibilidade do alumnado, conforme ao que se recolle no apartado de descrición, e ponderando entre 1 e 4 segundo a porcentaxe de respostas afirmativas: 1(<50%), 2(<75%, >50%), 3 (<90%, >75%), 4(>90%).
6.-Aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro e no contorno para desenvolver as programacións. Usando como indicador o aproveitamento de recursos medido conforme ao que se recolle no apartado de descrición e ponderando entre 1 e 4 segundo o número de respostas afirmativas: 1(<3), 2 (3), 3( 4) e 4( >5).
7.-Procedementos de avaliación do alumnado. Usando como indicador a eficacia da retroalimentación, medida conforme e ao que se recolle no apartado de descrición e ponderando entre 1 e 4 segundoa porcentaxe de respostas afirmativas: 1(<50%), 2(<75%, >50%), 3 (<90%, >75%), 4(>90%).
8.-Coordinación do profesorado. Usando como indicador a coordinación do profesorado, medido conforme ao que se recolle no apartado de descrición e ponderando entre 1 e 4 segundo o número de respostas afirmativas: 1(<2), 2 (2), 3( 3) e 4( 4).

ORGANIZACIÓN DA AULA PARA DESENVOLVER AS PROGRAMACIÓNS

Responder SI ou NON aos seguintes ítems aportando as evidencias e/ou propostas de mellora (estas últimas obrigatorias se a resposta é NON). Entre outras evidencias deberase ter en conta a resposta dos alumnos e das alumnas aos ítems.

ÍTEMS

1.-ACCESIBILIDADE FÍSICA NA AULA

1.1.-Todo o alumnado pode participar en calquera actividade sen atopar dificultades físicas?

1.2.-Todo o alumnado pode coller e manipular obxectos comodamente (uso de material escolar, informático, etc.)?

1.3.-Todo o alumnado pode participar na clase nas actividades ou ter o material necesario sen que llo impidan problemas económicos?

1.4.-As actividades deséñanse para que o alumnado con problemas de saúde poida participar?

2.-ACCESIBILIDADE SENSORIAL

2.1.-Todo o alumnado pode acceder sen dificultades, a través dos sentidos, á información necesaria para realizar actividades, manipular obxectos e desprazarse polas contornas?

2.3.-No caso de que algún alumno ou algunha alumna teña problemas (de hipoacusia, cegueira, baixa visión, daltonismo, hipersensibilidades sensoriais, tipo táctil, etc.) téñense en conta as súas necesidades no deseño de actividades na aula?

3.-ACCESIBILIDADE COGNITIVA

3.1.-O alumnado entende as actividades, comprende o que pasa na aula e sabe utilizar os materiais necesarios para realizar actividades?

3.2.-O deseño e contido da actividade trata de eliminar calquera posible prexuízo, parcialidade ou trato inxusto?

3.3.-O alumnado sabe o que vai facer e o que se lle vai a pedir?

3.4.-O tempo/horario e as actividades a realizar están visibles?

3.5.-Os materiais e o contido das actividades teñen en conta a perspectiva de xénero? E as diferenzas culturais?

3.6.-Os materiais e recursos da aula están organizados e etiquetados?

3.7.-Todo o alumnado sabe atopar e gardar o material no seu sitio?

3.8.-No caso de que algún alumno ou algunha alumna requira algún apoio ou axuda específica para a comunicación, tense en conta iso no deseño das actividades?

3.10.-Todo o alumnado pode comunicarse na clase sen ningún problema ocasionado por descoñecemento das linguas vehiculares?

4.-ACCESIBILIDADE EMOCIONAL

4.1.-O alumnado síntese capaz de realizar as actividades que se propoñen na clase?

4.2.-No caso de ter algún alumno ou algunha alumna con historia de fracaso escolar, téñense en conta as súas necesidades no deseño das actividades de aula?

4.3.-No caso de ter algún alumno ou algunha alumna que está vivindo una situación que poida supoñer una barreira emocional para a aprendizaxe, tense en conta a súa situación no desenvolvemento das actividades de aula?

4.4.-Se chega alguén novo ao grupo, cóntase cun protocolo de acollida?

4.5.-Todo o alumnado coñece as normas de convivencia na aula?

4.6.-Hai procedementos de resolución de conflitos?

4.7.-Cóntase con espazos e actividades periódicas que permitan a participación de todo o alumnado?

APROVEITAMENTO DE RECURSOS DISPOÑIBLES NO CENTRO E NO CONTORNO PARA DESENVOLVER AS PROGRAMACIÓNS.

Responder SI ou NON aos seguintes ítems aportando as evidencias e/ou propostas de mellora (estas últimas son obrigatorias se a resposta é NON). Entre outras evidencias deberase ter en conta a resposta dos alumnos e das alumnas aos ítems.

ÍTEMS

1.-Utilízase o aula virtual?

2.-Utilízase a biblioteca?

3.-Utilízanse os laboratorios?

4.-No caso de que existan, particípase nos proxectos de internacionalización do centro?

5.-Particípase nos proxectos formativos do centro?

6.-Colabórase co club de ciencias, de lectura ou similares?

7.-Particípase en actividades en colaboración co concello (educación viaria, biblioteca municipal, actividades culturais, etc.) ou con outras institucións da contorna?

PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO

Responder SI ou NON aos seguintes ítems aportando as evidencias e/ou propostas de mellora (estas últimas son obrigatorias se a resposta é NON).

ÍTEMS

1.-Ao comentar o exercicio, exposición, etc. que fixo o alumno/a sinalas tanto o que fixo ben como os erros cometidos?

2.-Os comentarios e a frecuencia en proporcionar retroalimentación axústanse a cada alumno/a en particular?

3.-Tentas que a retroalimentación sexa o máis inmediata posible para o alumnado con menor competencia nesa tarefa?

4.-Dilatas a retroalimentación para o alumnado con maior competencia?

5.-Ao sinalar un erro indicas en que se equivocou e dás algunha pista de como sería correcto?

6.-Cando o alumnado o necesita, exemplificas o proceso paso a paso?

7.-Facilitas pautas de corrección, rúbricas, etc. para que o alumnado poida autoavaliar o seu traballo?

8.-Realizas frecuentemente actividades de autoavaliación e coavaliación na corrección de exercicios?

9.-En ocasións pides opinión ao alumno ou alumna sobre que comentarios ou apoios sobre a súa tarefa lle axudan máis?

10.-Animas ao alumnado a que reflexione ao realizar un exercicio/tarefa preguntándose que teño que facer, como o estou a facer e como o fixen?

COORDINACIÓN DO PROFESORADO

Responder SI ou NON aos seguintes ítems aportando as evidencias e/ou propostas de mellora (estas últimas son obrigatorias se a resposta é NON).

ÍTEMS

1.-Deséñanse tarefas interdisciplinares?

2.-Analízase e chégase a acordos sobre a forma de aplicar criterios de avaliación que son comúns a diferentes materias?

3.-Analízase e chégase a acordos sobre a forma de tratar os elementos transversais?

4.-Hai outro tipo de acordos entre o profesorado dos cursos e lévanse a cabo?

INDICADORES DE LOGRO

1.-Adecuación de obxectivos, contidos e criterios de avaliación ás características e necesidades do alumnado.

2.-Aprendizaxes acadadas polo alumnado.

3.-As medidas de atención á diversidade dentro da aula.

4.-Desenvolvemento da programación didáctica.

5.-Organización da aula para desenvolver as programacións.

6.-Aproveitamento de recursos dispoñibles no centro e na contorna para desenvolver as programacións.

7.-Procedementos de avaliación do alumnado.

8.-Coordinación do profesorado.

8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)

Para realizar o seguimento do desenvolvemento da programación o departamento de física e química terá, polo menos, unha reunión nas datas máis próximas posibles a cada sesión de avaliación. Nas referidas reunións farase unha avaliación do éxito da implementación da programación utilizando a información recollida nas sesións de avaliación e a recollida nesta aplicación.

Como indicador de logro do grao de desenvolvemento e adecuación da mesma proponse un seguimento de cada UD ( data de inicio e final, sesións previstas e sesións realizadas, grado de cumprimento) así como o seguimento da adecuación de obxectivos, contidos e criterios de avaliación, aprendizaxes acadadas polo alumnado, as medidas de atención á diversidade dentro da aula

En función da análise realizada faranse as correspondentes propostas de mellora.

9. Outros apartados (Elaborado)

Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver