Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Bioloxía e Xeoloxía do 3º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece o Decreto 156/2022, do 15 de setembro do 2022, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que xira durante este segundo ciclo da ESO en torno á anatomía e a fisioloxía do corpo humano, incidindo na importancia de promover hábitos para o coidado da saúde. Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se levará a cabo: as características do mesmo, as do seu alumnado e o seu entorno. Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica no IES do Milladoiro, no concello de Ames, a escasos quilómetros de Santiago de Compostela. O instituto conta con arredor de 530 alumnos/as entre os/as que se inclúen vinte nacionalidades diferentes e unha gran diversidade cultural, socioeconómica e socioeducativa. Hai 4 grupos de 3º de ESO con uns 23 alumnos/as de media por grupo, agás en un de 14 alumnos/as pois agrúpanse co alumnado de 3º PDC nas materias comúns. O número de alumnos con necesidades educativas especiais (TDH, dislexia.... ) concretarase na avaliación inicial..


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Interpretar e transmitir información e datos científicos argumentando sobre eles e utilizando diferentes formatos para analizar conceptos e procesos das ciencias biolóxicas e xeolóxicas.
OBX2 Identificar, localizar e seleccionar información, contrastando a súa veracidade, organizándoa e avaliándoa criticamente para resolver preguntas relacionadas coas ciencias biolóxicas e xeolóxicas.
OBX3 Planificar e desenvolver proxectos de investigación, seguindo os pasos das metodoloxías científicas e cooperando cando sexa necesario para indagar en aspectos relacionados coas ciencias xeolóxicas e biolóxicas.
OBX4 Utilizar o razoamento e o pensamento computacional, analizando criticamente as respostas e solucións e reformulando o procedemento, de ser necesario, para resolver problemas ou dar explicación a procesos da vida cotiá relacionados coa bioloxía e coa xeoloxía.
OBX5 Analizar os efectos de determinadas accións sobre o medio ambiente e a saúde baseándose nos fundamentos das ciencias biolóxicas e da Terra para promover e adoptar hábitos que eviten ou minimicen os impactos ambientais negativos, que sexan compatibles cun desenvolvemento sostible e que permitan manter e mellorar a saúde individual e colectiva.
OBX6 Analizar os elementos dunha paisaxe concreta valorándoo como patrimonio natural e utilizando coñecementos sobre xeoloxía e ciencias da Terra para explicar a súa historia xeolóxica, propoñer accións encamiñadas á súa protección e identificar posibles riscos naturais.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 O traballo científico. Abórdanse distintos aspectos sobre o traballo na ciencia, o método científico e a procura de información científica de calidade. 20 6
2 A organización do corpo humano. Estúdanse os distintos niveis de organización dos seres vivos e os principais tecidos. A célula ecuariota e procariota e as formas acelulares. 7 8
3 Alimentación e nutrición. Estúdanse os diferentes tipos de nutrientes e a alimentos segundo a súa función. Necesidades enerxéticas diarias. Dietas equilibradas. 7 7
4 Función de nutrición. Aparellos dixestivo e respiratorio. Estúdanse a estrutura e función dos aparellos dixestivo e respiratorio e algunhas enfermidades asociadas a eles. 13 8
5 Función de nutrición. Aparellos circulatorio e excretor. Estúndase a estrutura e función dos aparellos circulatorio e excretor e algunhas enfermidades asociadas a eles. 13 8
6 Función de relación. Estúdanse o sistema nervioso e endócrino, os órganos dos sentidos e o aparello locomotor e algunhas enfermidades asociadas a eles. 13 12
7 Función de reprodución. Estúdanse os aparatos implicados na reprodución humana e a saúde sexual. 10 8
8 Saúde e enfermidade. Trabállanse os hábitos saudables e estúdase a inmunidade e o sistema inmunitario. 4 5
9 Riscos xeolóxicos internos. Estúdase a dinámica interna do noso planeta e os riscos xeolóxicos internos asociados a ela. 13 8

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Proxecto científico
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA1.1 - Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, páxinas web...), mantendo unha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas.
CA1.2 - Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía localizando, seleccionando e organizando información mediante a citación e o uso correctos de distintas fontes.
CA1.3 - Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos.
CA1.4 - Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
CA1.5 - Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta.
CA1.6 - Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante as ferramentas dixitais e o formato adecuado (táboas, gráficos, informes...) interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da observación de campo.
CA1.7 - Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta, utilizando espazos virtuais cando sexa necesario, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión.
CA1.8 - Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución.
Contidos
C1.1 - Estratexias para a elaboración do proxecto científico:
C1.1.1 - Formulación de preguntas, hipóteses e conxecturas científicas.
C1.1.2 - Estratexias de utilización de ferramentas dixitais para a procura de información, a colaboración e a comunicación de procesos, resultados ou ideas científicas: ferramentas dixitais e formatos de uso frecuente en ciencia (presentación, gráfica, vídeo, póster, informe...).
C1.1.3 - Recoñecemento e utilización de fontes fidedignas de información científica.
C1.1.4 - Métodos de observación e de toma de datos de fenómenos naturais.
C1.1.5 - Deseño de controis experimentais (positivos e negativos) e argumentación sobre a súa esencialidade para obter resultados obxectivos e fiables nun experimento.
C1.1.6 - A resposta a cuestións científicas mediante a experimentación e o traballo de campo: utilización dos instrumentos e espazos necesarios (laboratorio, aulas, contorna...) de forma adecuada.
C1.1.7 - Métodos de análise de resultados. Diferenciación entre correlación e causalidade.
C1.1.8 - Modelado como método de representación e comprensión de procesos ou elementos da natureza.
C1.2 - O labor científico e as persoas dedicadas á ciencia: contribución ás ciencias biolóxicas e xeolóxicas e importancia social. O papel da muller na ciencia.
Bloque B2. Os riscos xeolóxicos internos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA2.1 - Clasificar os riscos empregando como criterio as causas naturais que os producen.
CA2.2 - Analizar os riscos naturais a través dos factores de risco valorando a importancia das medidas de predición e prevención.
CA2.3 - Explicar a orixe e a distribución da actividade sísmica e volcánica na Terra e os tipos de erupcións volcánicas, integrándoas coa teoría da tectónica de placas.
CA2.4 - Valorar a importancia da análise do risco sísmico e volcánico e as medidas de predición e prevención para minimizar os seus efectos, buscando e aportando exemplos.
CA2.5 - Localizar as áreas con risco sísmico en Galicia seleccionando información mediante o uso correcto de diferentes fontes.
Contidos
C2.1 - Riscos naturais:
C2.1.1 - Definición e clasificación.
C2.1.2 - Análise e planificación.
C2.2 - Actividade sísmica e volcánica na Terra en relación coa teoría da tectónica de placas:
C2.2.1 - Orixe e distribución global dos terremotos e do vulcanismo na Terra.
C2.2.2 - Tipos de erupcións volcánicas.
C2.3 - Análise do risco sísmico e volcánico. Medidas de predición e prevención. O risco sísmico en Galicia.
Bloque B3. A célula
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA3.1 - Analizar e comprender a información sobre procesos biolóxicos ou traballos científicos transmitíndoa de forma clara e utilizando a terminoloxía e o formato adecuados.
CA3.2 - Recoñecer a célula como a unidade estrutural e funcional dos seres vivos a través do coñecemento dos postulados da teoría celular.
CA3.3 - Diferenciar as estruturas básicas dos diferentes tipos de células utilizando diferentes estratexias de observación e comparación e relacionándoas coas súas funcións.
CA3.4 - Describir os virus como formas acelulares causantes dalgunhas patoloxías nos humanos.
Contidos
C3.1 - A teoría celular. Recoñecemento da célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos:
C3.1.1 - Estrutura básica da célula. Tipos de células: procariotas e eucariotas (animais e vexetais).
C3.2 - Observación e comparación de tipos de células ao microscopio e outros medios (vídeos, fotografías...) mediante distintas estratexias e destrezas.
C3.3 - Formas acelulares.
Bloque B4. As funcións vitais no ser humano
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA4.1 - Resolver problemas ou explicar procesos biolóxicos utilizando coñecementos, datos e información achegados, o razoamento lóxico, o pensamento computacional ou recursos dixitais.
CA4.2 - Analizar criticamente a solución a un problema sobre fenómenos biolóxicos e xeolóxicos.
CA4.3 - Identificar os aparellos e sistemas que participan na función de nutrición.
CA4.4 - Reflexionar sobre a importancia da alimentación e da nutrición para o bo funcionamento do organismo recoñecendo as diferenzas entre alimentación e nutrición e diferenciando os nutrientes e as súas funcións básicas.
CA4.5 - Explicar os procesos fundamentais da nutrición relacionándoos coas estruturas dos aparellos e dos sistemas que interveñen nela.
CA4.6 - Recoñecer os órganos, aparatos e sistemas que interveñen na función de relación establecendo as diferenzas e as funcións de cada un e describindo os principais procesos, órganos e estruturas implicadas.
CA4.7 - Comprender a relación funcional entre o sistema nervioso e o sistema endócrino.
CA4.8 - Recoñecer os procesos da reprodución humana identificando as estruturas do aparello reprodutor e endócrino implicadas.
CA4.9 - Reflexionar sobre a reprodución e a sexualidade valorando a súa propia sexualidade e a das persoas da súa contorna.
Contidos
C4.1 - Función de nutrición: aparellos dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor.
C4.1.1 - Importancia da nutrición e relación entre a anatomía e a fisioloxía básica dos aparellos que participan nela.
C4.2 - Función de relación: receptores sensoriais, centros de coordinación e órganos efectores.
C4.2.1 - Análise e visión xeral da función de relación.
C4.3 - Función de reprodución: aparello reprodutor e sistema endócrino.
C4.3.1 - Relación entre a anatomía e a fisioloxía básicas do aparello reprodutor.
C4.3.2 - Reprodución e sexualidade.
C4.4 - Cuestións e problemas prácticos relacionados con coñecementos de fisioloxía e anatomía dos principais sistemas e aparellos do organismo implicados nas funcións de nutrición, relación e reprodución.
Bloque B5. Hábitos saudables
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA5.1 - Resolver cuestións relacionadas con hábitos de vida saudables localizando, seleccionando e organizando información mediante a citación e o uso correctos de distintas fontes.
CA5.2 - Recoñecer a información con base científica sobre cuestións relacionadas coa saúde humana distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
CA5.3 - Analizar criticamente a solución a un problema relacionado coa alimentación saudable, coas drogas e coa sexualidade.
CA5.4 - Reflexionar sobre a importancia da adquisición de hábitos e estilos de vida saudables como método de prevención de doenzas exemplificando con situacións próximas ao alumnado.
CA5.5 - Analizar a importancia dunha boa alimentación e actividade física percibíndoos como hábitos saudables para o individuo e a sociedade.
CA5.6 - Recoñecer o sexo e a sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre homes e mulleres e respectando a diversidade sexual.
CA5.7 - Recoñecer as drogas (incluídas as de curso legal) considerándoas como causa de prexuízos non só para as persoas que as consomen, senón tamén para as que están na súa contorna próxima.
Contidos
C5.1 - Hábitos saudables con relación á alimentación. Características dunha dieta saudable e análise da súa importancia.
C5.2 - Sexo e sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre os homes e as mulleres e o respecto á diversidade sexual. Importancia da educación sexual integral como parte dun desenvolvemento harmónico:
C5.2.1 - Infeccións de transmisión sexual (ITS).
C5.2.2 - Métodos de anticoncepción e prácticas sexuais responsables. A asertividade e o autocoidado.
C5.2.3 - As relacións afectivo-sexuais: ideas preconcibidas e estereotipos sexuais.
C5.3 - Efectos prexudiciais das drogas legais e ilegais, tanto para os consumidores coma para quen está na súa contorna próxima.
C5.4 - Hábitos encamiñados á conservación da saúde física, mental e social (hixiene do sono, hábitos posturais, uso responsable das novas tecnoloxías, actividade física, autorregulación emocional, coidado e corresponsabilidade...).
Bloque B6. Saúde e enfermidade
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
CA6.1 - Analizar conceptos e procesos relacionados coa saúde e coa enfermidade interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, páxinas web¿), mantendo unha actitude crítica e obtendo conclusións fundamentadas.
CA6.2 - Recoñecer a información con base científica en relación coa saúde e coa enfermidade distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
CA6.3 - Comparar as enfermidades infecciosas e non infecciosas identificando as medidas de prevención e os tratamentos que existen ata o momento.
CA6.4 - Analizar o funcionamento e as estruturas que comprende o sistema inmunitario recoñecendo o seu papel na prevención e superación das enfermidades infecciosas.
Contidos
C6.1 - Enfermidades infecciosas e non infecciosas:
C6.1.1 - Diferenciación en base á súa etioloxía.
C6.1.2 - Medidas de prevención e tratamento de enfermidades infecciosas.
C6.1.3 - O uso adecuado dos antibióticos.
C6.2 - Sistema inmunitario: análise dos diferentes tipos de barreiras e mecanismos de defensa que dificultan a entrada de patóxenos ao organismo.
C6.2.1 - Relación entre o sistema inmunitario e a prevención e superación fronte ás enfermidades infecciosas.
C6.3 - Importancia da vacinación na prevención de enfermidades e na mellora da calidade da vida humana.
C6.4 - Importancia dos transplantes e da doazón de órganos.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 O traballo científico.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando a información obtida en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, páxinas web...), mantendo unha actitude crítica e chegando a conclusións fundamentadas.
Táboa de indicadores
Ser capaz de explicar procesos biolóxicos e xeolóxicos interpretando gráficos, táboas, esquemas sinxelos... chegando a conclusións fundamentadas. 20
CA1.2 Resolver cuestións sobre bioloxía e xeoloxía localizando, seleccionando e organizando información mediante a citación e o uso correctos de distintas fontes.
Táboa de indicadores
Ser capaz de resolver cuestións básicas sobre bioloxía e xeoloxía usando diferentes fontes de información. 20
CA1.3 Expor preguntas e hipóteses e intentar realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos ou xeolóxicos que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos.
Táboa de indicadores
Ser capaz de emitir preguntas e hipóteses sinxelas e realizar predicións sobre fenómenos biolóxicos e xeolóxicos. 4
CA1.4 Recoñecer a información sobre temas biolóxicos e xeolóxicos con base científica distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
Táboa de indicadores
Ser capaz de distinguir a información científica de calidade das pseudociencias ou crenzas persoais. 4
CA1.5 Deseñar e realizar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos e xeolóxicos de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta.
Táboa de indicadores
Ser capaz de deseñar e realizar un experimento sinxelo para analizar un fenómeno biolóxico ou xeolóxico. 10
CA1.6 Presentar as conclusións do proxecto de investigación mediante as ferramentas dixitais e o formato adecuado (táboas, gráficos, informes...) interpretando os resultados e a información obtida a través da experimentación e da observación de campo.
Táboa de indicadores
Ser capaz de presentar as conclusións dun proxecto de investigación ou experimento utilizando as ferramentas e formato mínimamente adecuados. 10
CA1.7 Cooperar dentro dun proxecto científico asumindo responsablemente unha función concreta, utilizando espazos virtuais cando sexa necesario, respectando a diversidade e a igualdade de xénero e favorecendo a inclusión.
Táboa de indicadores
Ser capaz de asumir unha función concreta nun proxecto científico cooperando con outras persoas e respectando a diversidade. 4
CA1.8 Valorar a contribución da ciencia á sociedade e o labor de persoas dedicadas a ela con independencia da súa etnia, sexo ou cultura, destacando e recoñecendo o papel das mulleres científicas e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución.
Táboa de indicadores
Ser capaz de valorar a contribución á ciencia das persoas que participan dela recoñecendo o papel das mulleres científicas. 4
CA3.1 Analizar e comprender a información sobre procesos biolóxicos ou traballos científicos transmitíndoa de forma clara e utilizando a terminoloxía e o formato adecuados.
Táboa de indicadores
Ser capaz de comprender dexeito sinxelo información científica e transmitila coa terminoloxía adecuada. 4
CA4.1 Resolver problemas ou explicar procesos biolóxicos utilizando coñecementos, datos e información achegados, o razoamento lóxico, o pensamento computacional ou recursos dixitais.
Táboa de indicadores
Ser capaz de resolver problemas básicos relacionados coa bioloxía utilizando información dada ou recursos dixitais. 4
CA4.2 Analizar criticamente a solución a un problema sobre fenómenos biolóxicos e xeolóxicos.
Táboa de indicadores
Ser capaz de realizar unha análise sinxela e propor unha solución respecto a problemas relacionados coa bioloxía ou a xeoloxía. 4
CA5.1 Resolver cuestións relacionadas con hábitos de vida saudables localizando, seleccionando e organizando información mediante a citación e o uso correctos de distintas fontes.
Táboa de indicadores
Ser capaz de resolver cuestións sinxelas relativas a hábitos de vida saudables seleccionando información adecuada. 4
CA5.2 Recoñecer a información con base científica sobre cuestións relacionadas coa saúde humana distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
Táboa de indicadores
Ser capaz de discernir entre a información científica e as crenzas ou pseudociencias en cuestións relativas coa saúde. 2
CA5.3 Analizar criticamente a solución a un problema relacionado coa alimentación saudable, coas drogas e coa sexualidade.
Táboa de indicadores
Ser capaz de realizar unha análise sinxela das posibles solucións a problemas relacionados coa alimentación, as drogas ou a sexualidade. 4
CA6.2 Recoñecer a información con base científica en relación coa saúde e coa enfermidade distinguíndoa de pseudociencias, boatos, teorías conspiradoras e crenzas infundadas... e mantendo unha actitude escéptica ante estes.
Táboa de indicadores
Ser capaz de discernir entre a información científica e as crenzas ou pseudociencias en cuestións relativas coa saúde. 2

2 A organización do corpo humano.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.2 Recoñecer a célula como a unidade estrutural e funcional dos seres vivos a través do coñecemento dos postulados da teoría celular.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer a célula como a unidade estrutural e funcional básica recoñecendo os principios da teoría celular. 20
CA3.3 Diferenciar as estruturas básicas dos diferentes tipos de células utilizando diferentes estratexias de observación e comparación e relacionándoas coas súas funcións.
Proba escrita
Recoñecer os tipos celulares e orgánulos de cada un deles coñecendo as súas funcións principais. Ser capaz de recoñecer estas células e a maioría das estruturas en imaxes de microscopía. Ser capaz de recoñecer a organización básica das células eucariotas nos principais tipos de tecidos. 70
CA3.4 Describir os virus como formas acelulares causantes dalgunhas patoloxías nos humanos.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer as características básicas dos virus e a relación que existe entre estos e algunhas patoloxías humanas. 10

3 Alimentación e nutrición.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Resolver problemas ou explicar procesos biolóxicos utilizando coñecementos, datos e información achegados, o razoamento lóxico, o pensamento computacional ou recursos dixitais.
Proba escrita
Ser capaz de explicar procesos biolóxicos básicos ou resolver problemas relacionados coa alimentación aportando datos e información pertinente. 10
CA4.4 Reflexionar sobre a importancia da alimentación e da nutrición para o bo funcionamento do organismo recoñecendo as diferenzas entre alimentación e nutrición e diferenciando os nutrientes e as súas funcións básicas.
Proba escrita
Ser capaz de diferenciar os tipos de nutrientes e as súas funcións básicas. Ser capaz de reflexionar sobre a importancia dunha boa alimentación no funcionamento do organismo. Diferenciar conceptos de alimentación e nutrición. 50
CA5.5 Analizar a importancia dunha boa alimentación e actividade física percibíndoos como hábitos saudables para o individuo e a sociedade.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer a importancia dunha alimentación que satisfaga as necesidades enerxéticas e os requerimentos dos diferentes tipos de nutrientes para unha vida saudable. Recoñecer a actividade física como un hábito saudable. 40

4 Función de nutrición. Aparellos dixestivo e respiratorio.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.3 Identificar os aparellos e sistemas que participan na función de nutrición.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer o papel dos aparellos dixestivo e respiratorio na función de nutrición. 20
CA4.5 Explicar os procesos fundamentais da nutrición relacionándoos coas estruturas dos aparellos e dos sistemas que interveñen nela.
Proba escrita
Ser capaz de explicar os principais procesos que teñen lugar nas estruturas e órganos dos aparellos dixestivo e respiratorio na función de nutrición. 80

5 Función de nutrición. Aparellos circulatorio e excretor.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.3 Identificar os aparellos e sistemas que participan na función de nutrición.
Proba escrita
Ser capaz de identificar o principal papel dos aparellos circulatorio e excretor na función de nutrición. 20
CA4.5 Explicar os procesos fundamentais da nutrición relacionándoos coas estruturas dos aparellos e dos sistemas que interveñen nela.
Proba escrita
Ser capaz de explicar os principais procesos que teñen lugar nas diferentes estruturas e órganos dos aparellos circulatorio e excretor relacionados coa nutrición. 80

6 Función de relación.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.6 Recoñecer os órganos, aparatos e sistemas que interveñen na función de relación establecendo as diferenzas e as funcións de cada un e describindo os principais procesos, órganos e estruturas implicadas.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer os principais sistemas e órganos implicados na función de relación. Ser capaz de explicar a función de cada unha destas estruturas e órganos. Ser capaz de describir as partes máis importantes e funcionamento dos órganos dos sentidos. 80
CA4.7 Comprender a relación funcional entre o sistema nervioso e o sistema endócrino.
Proba escrita
Ser capaz de entender de xeito sinxelo a relación entre o sistema nervioso e o endócrino. 20

7 Función de reprodución.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.8 Recoñecer os procesos da reprodución humana identificando as estruturas do aparello reprodutor e endócrino implicadas.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer as estruturas básicas ou órganos do aparello reprodutor e endócrino e explicar os procesos que teñen lugar neles na función de reprodución humana. 90
CA4.9 Reflexionar sobre a reprodución e a sexualidade valorando a súa propia sexualidade e a das persoas da súa contorna.
Táboa de indicadores
Ser capaz de reflexionar sobre a reprodución e a sexualidade humana valorando a propia e a allea. 5
CA5.6 Recoñecer o sexo e a sexualidade desde a perspectiva da igualdade entre homes e mulleres e respectando a diversidade sexual.
Táboa de indicadores
Ser capaz de recoñecer a sexualidade desde o respecto pola diversidade sexual e a igualdade entre homes e mulleres. 5

8 Saúde e enfermidade.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.4 Reflexionar sobre a importancia da adquisición de hábitos e estilos de vida saudables como método de prevención de doenzas exemplificando con situacións próximas ao alumnado.
Táboa de indicadores
Ser capaz de reflexionar sobre a importancia de adquirir hábitos saudables para a prevención de enfermidades. 5
CA5.7 Recoñecer as drogas (incluídas as de curso legal) considerándoas como causa de prexuízos non só para as persoas que as consomen, senón tamén para as que están na súa contorna próxima.
Táboa de indicadores
Ser capaz de recoñecer as drogas como a causa de moitos problemas para as persoas consumidoras e as da súa contorna. 5
CA6.1 Analizar conceptos e procesos relacionados coa saúde e coa enfermidade interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, páxinas web¿), mantendo unha actitude crítica e obtendo conclusións fundamentadas.
Táboa de indicadores
Ser capaz de analizar os principais conceptos e procesos relacionados coa saúde e a enfermidade interpretando datos en diferentes formatos e elaborando conclusións fundamentadas. 5
CA6.3 Comparar as enfermidades infecciosas e non infecciosas identificando as medidas de prevención e os tratamentos que existen ata o momento.
Proba escrita
Ser capaz de diferenciar as principais enfermidades infecciosas das non infecciosas identificando medidas de prevención e tipos de tratamentos dispoñibles. 15
CA6.4 Analizar o funcionamento e as estruturas que comprende o sistema inmunitario recoñecendo o seu papel na prevención e superación das enfermidades infecciosas.
Proba escrita
Ser capaz de interpretar o funcionamento básico das estruturas implicadas no sistema inmunitario e a superación das enfermidades infecciosas. 70

9 Riscos xeolóxicos internos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Clasificar os riscos empregando como criterio as causas naturais que os producen.
Proba escrita
Ser capaz de clasificar principais os riscos naturais utilizando o criterio da causa que o produce. 10
CA2.2 Analizar os riscos naturais a través dos factores de risco valorando a importancia das medidas de predición e prevención.
Proba escrita
Ser capaz de analizar os principais factores de valoración dos riscos naturais e a importancia das medidas de prevención e predición. 10
CA2.3 Explicar a orixe e a distribución da actividade sísmica e volcánica na Terra e os tipos de erupcións volcánicas, integrándoas coa teoría da tectónica de placas.
Proba escrita
Ser capaz de explicar de xeito sinxelo a orixe e distribución dos sismos e volcáns no planeta. Ser capaz de diferenciar os tipos básicos de vulcanismo. Identificar esta actividade sísmica e volcánica coa tectónica de placas. 60
CA2.4 Valorar a importancia da análise do risco sísmico e volcánico e as medidas de predición e prevención para minimizar os seus efectos, buscando e aportando exemplos.
Proba escrita
Ser capaz de valorar a importancia da análise do risco sísmico e volcánico e as medidas de predición e prevención para minimizar os efectos. Ser capaz de aportar exemplos neste sentido. 10
CA2.5 Localizar as áreas con risco sísmico en Galicia seleccionando información mediante o uso correcto de diferentes fontes.
Táboa de indicadores
Ser capaz de localizar principais zonas de risco sísmico no noso territorio utilizando fontes de información adecuadas. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía será activa e participativa favorecendo o traballo individual e cooperativo do alumnado e perseguindo o logro das competencias correspondentes. Tendo en conta isto, empregaranse varias estratexias metodolóxicas como as seguintes:

 

-Exposición dos contidos por parte do profesorado, utilizando diversos soportes visuais e previo coñecemento das ideas previas e dificultades de aprendizaxe do alumnado. A exposición realizarase de forma estruturada, do máis simple ao máis complexo, para facilitar a comprensión e a resolución de problemas.

-Exercicios de reforzo e afianzamento de conceptos clave.

-Proxectos ou actividades de investigación (en forma de traballos individuais ou en grupo), nos que o alumnado abordará unha tarefa pasando polas fases planificación, deseño e investigación aplicando as aprendizaxes adquiridas e o uso efectivo dos recursos.

-Actividades de autoavaliación para comprobar o grao de aprendizaxe logrado polo alumnado, detectar erros nos coñecementos adquiridos e reforzar a aprendizaxe.

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Libro de texto. Bioloxía e Xeoloxía 3º da ESO. Mac Graw Hill.
Material audiovisual, de reforzo e ampliación na aula virtual (videos de divulgadoras científicas ou enlaces a páxinas web de interés).
Test de autoavaliación na aula virtual para repaso e reforzo.
Protocolos de prácticas de laboratorio e informes para realizar na casa.
Cuestionarios/fichas de material de reforzo con esquemas/resumos e cuestións breves para alumnado con necesidades educativas especiais.

Ante a imposibilidade de realizar algunhas prácticas de laboratorio no laboratorio do centro por ser os grupos moi numerosos e non haber posibilidade de desdobre, algunhas das prácticas que sexa posible realizar na casa propoñoranse como tarefas co seu correspondente protocolo.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial pretende detectar as ideas previas e as competencias acadadas en etapas anteriores, así como posibles dificultades ou necesidades educativas especiais non detectadas previamente, para construír as novas apredizaxes e atender á diversidade do alumnado.

 

Esta avaliación inicial realizarase nas primeiras semanas do curso mediante unha serie de actividades, xogos ou pequenas tarefas nas que poder observar ao alumnado e tomar nota dos coñecementos previos e dificultades do alumnado. Exemplos de probas de avaliación inicial son kahoots sobre os seres vivos ou hábitos saudables, videos ou textos con preguntas para valorar o comprendido, redaccións breves relativas a temas científicos de actualidade, exercicios simples que impliquen cálculos matemáticos ou vocabulario científico...


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 20.0 7.0 7.0 13.0 13.0 13.0 10.0 4.0 13.0 100.0
Proba escrita 0.0 100.0 100.0 100.0 100.0 100.0 90.0 85.0 90.0 77.1
Táboa de indicadores 100.0 0.0 0.0 0.0 0.0 0.0 10.0 15.0 10.0 22.900000000000002

Realizaranse dúas probas escritas por avaliación respecto dos contidos asociados aos criterios de avaliación. En cada unha das tres avaliacións, realizarase unha media aritmética das notas das probas escritas. Esta media, representará o 80% da nota da avaliación.

 

O outro 20%, virá definido polos criterios de avaliación que se recollen nas táboas de indicadores. Estes criterios de avaliación, correspondentes á unidade didáctica 1, estarán asociados a distintas rúbricas que se analizarán en distintos procedementos de avaliación ao longo de todas as unidades:

 

- Prácticas de laboratorio a realizar na casa (no laboratorio non podemos realizalas por non ter espazo suficiente para grupos tan numerosos nin posibilidade de desdobre).

- Traballos en grupo ou individuais.

- Fichas e/ou cuestionarios de actividades de repaso/reforzo.

- Proxecto científico.

 

A nota da avaliación final será calculada como a media aritmética das notas das tres avaliacións parciais.

Cada avaliación terá a súa proba escrita de recuperación. Considerarase recuperada a avaliación se nesta proba se acada unha nota de 5 ou superior.

 

Se a media aritmética das notas acadadas nas tres avaliacións non chega a 5, farase unha recuperación final da materia. Se nesta proba o alumno/a acada unha nota de 5 ou superior, a materia considerarase aprobada.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Os alumnos e alumnas coa materia de Bioloxía e Xeoloxía de 3º curso pendente serán informados a principio de curso das medidas de recuperación e os procedementos e instrumentos de avaliación por entrevista persoal e a través da aula virtual correspondente. Ao longo de todo o curso serán orientados no seu proceso de aprendizaxe sempre que o requiran. As familias serán informadas a través da mensaxería de abalar.

Ante a imposibilidade de facer un seguimento diario do alumnado (a gran maioría é alumnado que en 4º da ESO non escolleu bioloxía), o traballo de recuperación farase da seguinte forma:

Traballaranse os contidos a través duns boletíns ou cuestionarios para cada unha das unidades didácticas. Para a resolución destas tarefas o alumnado contará cun libro de texto en préstamo e apuntes, material audiovisual e test de autoavaliación na aula virtual. A consecución dos mínimos relativos as criterios de avaliación realizarase a través da valoración dos boletíns e cuestionarios cuxa nota suporá un 20% do peso da nota final, e a través dunha proba escrita que suporá un 80 % de peso da nota final. Unha vez realizada esta ponderación consideraranse aprobados aqueles alumnos e alumnas que acaden unha nota de 5 ou superior.

O alumnado que non acade unha nota de 5 recibirá material de reforzo no mes de xuño e realizará unha nova proba escrita. A ponderación será tamén dun 20% para as tarefas de recuperación e un 80% para a proba escrita. Se a media é de 5 un superior a materia considerarase aprobada.

Para o alumnado do Programa de Diversicación Curricular, a materia consideraranse superada se se supera o ámbito correspondente, tal e como figura no artigo 25 punto 4 do DECRETO 156/2022.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Para os alumnos/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo serán deseñadas actividades adaptadas en cada unha das unidades didácticas (enunciados curtos, unir, completar, ordenar, sinalar...), así como probas escritas adaptadas. Estas probas, se ben presentarán os mesmos contidos en concordancia cos criterios de avaliación, estarán formuladas de xeito máis directo e compostas por cuestións análogas ás anteriormente comentadas. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.

 

Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9
1 Fomento do espírito crítico e científico.
2 Educación emocional e en valores.
3 Educación para a igualdade entre homes e mulleres.
4 Educación para a sustentabilidade e o consumo responsable.
5 Comprensión e expresión oral e escrita.
6 Competencia dixital

No deseño de actividades e á hora de traballar na aula fomentaranse unha serie de actitudes que busquen a igualdade entre mulleres e homes, a educación para a saúde (incluída a afectivo-sexual), a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

 

Promoverase tamén a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia.

 

Evitaranse en todo caso os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Visita ao Instituto Galego de Consumo Visita guiada con actividades relacionadas co consumo reponsable complementarias a UD 3 da programación
Club de Ciencia. Convidarase ao alumando a participar do club de ciencia do instituto. Por grupos e no mes de novembro, realizarán un pequeno experimento coa temática da enerxía que se exporá a última semana do mes no centro e se presentará ao alumnado de 1º da ESO.
Videoconferencia de Igaciencia e CIMUS. Videoconferencias a determinar dependendo da oferta

Debido a que a materia conta con só dúas horas semanais e os grupos son moi numerosos, non podemos plantexarnos moitas actividades complementarias. Tampouco podemos realizar prácticas de laboratorio debido á reducida dimensión do laboratorio e o numerosos que son os grupos, así como á imposibilidade de facer desdobres.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Estruturo e organizo os contidos partindo dos coñecementos previos e en orden crecente de dificultade para que o alumnado adquira as competencias propostas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Estruturo as sesións de aula para ofrecer metodoloxías variadas e tempos para alternar exposicións e tarefas.
Metodoloxía empregada Emprego diferentes estratexias metodolóxicas para responder aos diferentes ritmos de aprendizaxe.
Metodoloxía empregada Realizo un seguimento das tarefas realizadas polo alumnado correxíndoas e orientándoo na súa aprendizaxe.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Ofrezo material de reforzo e ampliación en diferentes formatos (audiovisual, esquemas...)
Medidas de atención á diversidade Tomo medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE durante as clases e na oferta de actividades e material de estudo ou repaso.
Medidas de atención á diversidade Tomo medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE nas probas escritas.
Clima de traballo na aula Fomento a participación activa do alumnado na aula e na proposta de actividades ou traballos.
Metodoloxía empregada Utilizo distintos instrumentos de avaliación.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Informo ao alumnado e ás familias dos progresos e dificultades.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Incorporo as TIC ao proceso de ensino-aprendizaxe.

Con estes indicadores de logro avaliaremos se o recollido na programación se adecúa ás características do grupo, se son eficaces as metodoloxías empregadas e suficientes os materiais de reforzo para alumnado con necesidades educativas especiais.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


De xeito periódico, analizarase o grao de avance da materia, en relación coa programación, así como diversos cambios propostos para adaptarse ás necesidades educativas da aula.Cada avaliación revisarase o seguimento adecuado da programación didáctica, sobre todo analizando os resultados obtidos polo alumnado na avaliación.

Por outra banda, na memoria fin de curso, reflectiranse os contidos impartidos, cambios propostos para sucesivos cursos ou problemas o poñer en práctica o acordado nela.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver