Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1ºBAC ten como referencia o Decreto 157/2022, do 2022, que establece o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A materia de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1.º de bacharelato contribúe, a través dos seus obxectivos, criterios de avaliación e contidos, a un maior grao de desenvolvemento das competencias clave. O seu fin último é mellorar a formación científica e a comprensión do mundo natural por parte do alumnado e así reforzar o seu compromiso polo ben común e as súas destrezas para responder á inestabilidade e ao cambio. Con todo isto búscase mellorar a súa calidade de vida presente e futura para conseguir, a través do sistema educativo, unha sociedade máis xusta, equitativa e comprometida co medio ambiente e coa súa sostibilidade.

 

Os rapaces e rapazas deste curso sitúanse na última etapa de operacións formais onde o individuo vólvese un ser reflexivo, capaz de aprender sistemas abstractos do pensamento que lle permiten usar a lóxica proposicional (inferencia obtida a partires da relación entre dúas premisas), o razoamento científico (pensamento hipotético-dedutivo), o razoamento combinatorio (busca de múltiples combinacións) e o razoamento proporcional (cálculo ou estimación de probabilidades) o que lle permite abordar os contidos desta materia, sempre e cando o proceso de ensino e aprendizaxe se axuste as súas necesidades.

 

Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que profundiza nos coñecementos adquiridos na Educación Secundaria Obrigatoria analizando con maior detalle o comportamento da Terra como un planeta en continua actividade , ademais dos impactos antrópicos xerados sobre el e as actuacións para diminuilos. Así mesmo séguese un desenvolvemento de complexidade crecente, estudando dende os niveis máis simples (molecular, celular e tecido) antes de estudar a a complexidade dos diferentes seres vivos. Nese sentido abordarse, coa madurez intelectual dos alumnos desta idade a visión comparativa entre os diferentes grupos de seres vivos dende un punto de vista do seu funcionamento e adaptación no medio no que habitan.

 

Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se levará a cabo: as características do mesmo, as do seu alumnado e o seu entorno. Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica no IES do Milladoiro, no concello de Ames, a escasos quilómetros de Santiago de Compostela. O instituto inicia o seu undécimo curso con preto de 530 alumnos/as entre os/as que se inclúen vinte nacionalidades diferentes e unha gran diversidade cultural, socioeconómica e socioeducativa.

 

A materia impártese en dous grupos de uns 20 alumnos/as incluídos nos grupos de 1º de Bacharelato A, B e C.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Interpretar e transmitir información e datos científicos argumentando sobre estes con precisión e utilizando diferentes formatos para analizar procesos, métodos, experimentos ou resultados das ciencias biolóxicas, xeolóxicas e ambientais.
OBX2 Localizar e utilizar fontes fiables, identificando, seleccionando e organizando a información, avaliándoa criticamente e contrastando a súa veracidade para resolver preguntas expostas de forma autónoma relacionadas coas ciencias biolóxicas, xeolóxicas e ambientais.
OBX3 Deseñar, planear e desenvolver proxectos de investigación seguindo os pasos das diversas metodoloxías científicas, tendo en conta os recursos dispoñibles de forma realista e buscando vías de colaboración para indagar en aspectos relacionados coas ciencias biolóxicas, xeolóxicas e ambientais.
OBX4 Buscar e utilizar estratexias na resolución de problemas analizando criticamente as solucións e respostas achadas e reformulando o procedemento se fose necesario para explicar os fenómenos relacionados coas ciencias biolóxicas, xeolóxicas e ambientais.
OBX5 Deseñar, promover e executar iniciativas relacionadas coa conservación do ambiente, coa sustentabilidade e coa saúde, baseándose nos fundamentos das ciencias biolóxicas, xeolóxicas e ambientais, para fomentar hábitos sustentables e saudables.
OBX6 Analizar os elementos do rexistro xeolóxico utilizando fundamentos científicos para relacionalos cos grandes eventos ocorridos ao longo da historia da Terra e coa magnitude temporal en que se desenvolveron.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Proxecto científico. Estúdase a labor da ciencia e as estratexias para elaborar un proxecto científico. 10 6
2 Estrutura e composición do noso planeta. Descríbense os métodos de estudo do interior do noso planeta, con especial atención ao estudo das ondas sísmicas, e as capas nas que dividimos o interior terrestre. Composición química e estado físico de cada unha das capas. 6 8
3 Dinámica terrestre. Estudo da deriva continental e as súas probas, da expansión oceánica e da súa contribución á teoría de Tectónica de placas ou Tectónica Global. Descríbense as principais placas tectónicas e os tipos de bordes ou límites entre elas. Estruturas e procesos asociados aos diferentes límites de placas. 6 8
4 A atmosfera e a hidrosfera. Estudo da estrutura, dinámica e funcións da atmosfera e a hidrosfera. 6 8
5 Procesos endóxenos. Estudo das deformacións derivadas da dinámica litosférica: dobras, fallas, diaclasas e sismos. Estudos da formación dos minerais e os tipos principais. Estudo da formación e evolución dun magma e dos diferentes tipos de rochas magmáticas. Estruturas intrusivas e vulcanismo. Estudo do metamorfismo e as principais rochas metamórficas. 8 12
6 Procesos esóxenos. Descríbense os procesos de meteorización, transporte e sedimentación. Estudo do solo. Riscos xeolóxicos externos. Estudo dos procesos de formación das rochas sedimentarias e os principais tipos. 6 10
7 Tempo xeolóxico. Historia da Terra. Descríbense as principais eras e períodos na historia do noso planeta e os máis importantes acontecementos climáticos, xeolóxicos e biolóxicos acontecidos nelas. Estudo dos métodos de cronoloxía abasoluta e relativa e os principios estratigráficos. Reconstrucións de historias xeolóxicas. 8 12
8 Composicón e organización dos seres vivos. Estudo dos bioelementos e biomoléculas. Descrición da estrutura celular procariota e eucarioa e dos principais tecidos animais e vexetais. 6 12
9 Diversidade dos seres vivos. Estúdase a evolución e a diversidade biolóxica. Clasifícanse os seres vivos en dominios e reinos. Descrición das principais características dos diferentes grupos taxonómicos. 8 12
10 Os microorganismos e as formas acelulares. Clasifícanse e estúdanse as principais características dos microorganismos. Estudo da importancia ecolóxica destes microorganismos e dalgunhas enfermidades producidas por eles. Identificación dos virus como formas acelulares e dalgunhas enfermidades producidas por eles. 8 12
11 As plantas. Estudo das funcións de nutrición, relación e reprodución das plantas. Adaptación dos vexetais ao medio. 10 14
12 Os animais. Estudo das funcións de nutrición, relación e reprodución dos animais. Adaptacións dos animais ao medio. 10 16
13 Os ecosistemas. Estudo da dinámica dos ecosistemas (relacións tróficas, circulación da materia e fluxos de enerxía) e os principais impactos ambientais antrópicos (cambio climático, perda de biodiversidade e xestión de residuos). Desenvolvemento sostible. 8 10

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Proxecto científico
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA1.1 - Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
CA1.2 - Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais, e seleccionar os instrumentos necesarios, de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta minimizando os nesgos na medida do posible.
CA1.3 - Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais seleccionando e utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección e precisión.
CA1.4 - Interpretar e analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación utilizando, cando sexa necesario, ferramentas matemáticas e tecnolóxicas e recoñecendo o seu alcance e limitacións, e obtendo conclusións razoadas e fundamentadas ou valorando a imposibilidade de facelo.
CA1.5 - Establecer colaboracións dentro e fóra do centro educativo nas distintas fases do proxecto científico, co fin de traballar con maior eficiencia, utilizando ferramentas tecnolóxicas adecuadas, valorando a importancia da cooperación na investigación, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.
CA1.6 - Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel das mulleres e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución e influída polo contexto político e os recursos económicos.
Contidos
C1.1 - A evolución histórica do saber científico: a ciencia como labor colectivo, interdisciplinar e en continua construción e evolución.
C1.2 - Estratexias para a elaboración dun proxecto científico.
C1.2.1 - Formulación de hipóteses, preguntas e conxecturas científicas.
C1.2.2 - Procura, recoñecemento e utilización de fontes fiables de información científica.
C1.2.3 - Experiencias científicas de laboratorio e/ou de campo: deseño, planificación e realización.
C1.2.4 - Controis experimentais e contraste de hipóteses.
C1.2.5 - Método de análise de resultados científicos: organización, representación e ferramentas estatísticas.
C1.2.6 - Comunicación científica de procesos e resultados con vocabulario científico e a través de ferramentas dixitais e formatos de uso frecuente en ciencia (presentación, gráfica, vídeo, pósteres, informe e outros).
C1.3 - Importancia social da contribución e do labor científico das persoas dedicadas á ciencia. O papel das mulleres na ciencia.
Bloque B2. A xeodinámica interna
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA2.1 - Explicar os modelos da estrutura e dinámica do interior terrestre diferenciando a composición e o comportamento das diferentes capas a través da información proporcionada polos principais métodos de estudo indirectos e directos.
CA2.2 - Reflexionar sobre o xurdimento da teoría da tectónica de placas recoñecendo os antecedentes e probas que confirmaron o mobilismo e adoptando unha actitude crítica cara a informacións de dubidosa procedencia e sen unha base científica.
CA2.3 - Argumentar desde a teoría da tectónica de placas os fenómenos xeolóxicos da superficie terrestre relacionándoos cos movementos das placas litosféricas e cos procesos térmicos do interior terrestre, e describindo as estruturas xeolóxicas asociadas.
CA2.4 - Analizar a definición e a clasificación dos minerais atendendo á súa composición química e recoñecer as súas propiedades relacionándoas coa súa estrutura interna.
CA2.5 - Recoñecer os tipos de rochas e interpretar os procesos xeolóxicos implicados na súa formación utilizando o ciclo xeolóxico á luz da teoría da tectónica de placas.
CA2.6 - Identificar minerais mediante a observación das súas propiedades e as principais rochas segundo a súa composición, orixe e textura utilizando exemplos da contorna, relacionándoos coas súas aplicacións na vida cotiá e promovendo a explotación e o uso sustentable e a súa relevancia como patrimonio xeolóxico.
CA2.7 - Analizar os riscos a través dos seus factores e localizar áreas sísmicas e volcánicas en España interpretando información en diferentes formatos (mapas, gráficos, táboas, diagramas, esquemas...) e valorando a importancia das medidas de predición, prevención e corrección.
Contidos
C2.1 - O estudo da Terra: métodos directos e indirectos.
C2.2 - Os modelos da estrutura e dinámica da xeosfera.
C2.3 - Os procesos xeolóxicos internos. O relevo e a relación coa tectónica de placas.
C2.3.1 - Antecedentes: deriva continental, expansión do fondo oceánico e paleomagnetismo.
C2.3.2 - As placas litosféricas. A convección terrestre.
C2.3.3 - Tipos de bordos de placas. Estruturas e fenómenos xeolóxicos asociados aos límites e ás zonas de intraplaca.
C2.3.4 - Consecuencias: a deformación das rochas. Pregamentos e fallas.
C2.4 - Os minerais: concepto, propiedades e clasificación.
C2.5 - As rochas.
C2.5.1 - Magmatismo, metamorfismo e sedimentación.
C2.5.2 - Clasificación segundo a súa orixe e composición. Rochas magmáticas, metamórficas e sedimentarias.
C2.5.3 - Relación coa tectónica de placas. O ciclo das rochas.
C2.6 - Clasificación e identificación dos minerais e rochas relevantes e da contorna. Explotación e uso sustentable. Importancia da conservación do patrimonio xeolóxico.
C2.7 - Os riscos xeolóxicos internos.
C2.7.1 - Factores de risco.
C2.7.2 - Medidas de predición, prevención e corrección.
C2.8 - O risco sísmico e volcánico en España.
Bloque B3. A xeodinámica externa. Historia da Terra
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA3.1 - Describir a acción dos axentes xeolóxicos externos recoñecendo as formas de relevo asociadas e analizando o relevo en Galicia e a paisaxe próxima.
CA3.2 - Explicar os procesos edafoxenéticos identificando os factores de formación do solo e a importancia da súa conservación.
CA3.3 - Relacionar os grandes eventos da historia terrestre con determinados elementos do rexistro xeolóxico e cos sucesos que ocorren na actualidade, utilizando os principios xeolóxicos básicos e o razoamento lóxico.
CA3.4 - Resolver problemas de datación analizando elementos do rexistro xeolóxico e fósil e aplicando métodos de datación relativa.
CA3.5 - Interpretar e deducir en mapas e cortes a historia xeolóxica aplicando principios xeolóxicos básicos (intersección, horizontalidade...), determinando as descontinuidades estratigráficas e empregando fósiles guía.
CA3.6 - Analizar criticamente os riscos xeolóxicos externos relacionándoos coas actividades humanas e valorando a importancia das medidas de predición, prevención e corrección.
Contidos
C3.1 - Os procesos xeolóxicos externos: axentes causais e consecuencias sobre o relevo.
C3.2 - A evolución dun solo: procesos, factores e conservación.
C3.3 - Os métodos e principios do estudo do rexistro xeolóxico: reconstrución da historia xeolóxica.
C3.4 - O tempo xeolóxico: magnitude, escala e métodos de datación absoluta e relativa.
C3.5 - A historia da Terra: principais acontecementos xeolóxicos, paleoxeográficos, climáticos e biolóxicos.
C3.6 - Os riscos xeolóxicos externos e a súa relación coa actividade humana. Medidas de predición, prevención e corrección.
Bloque B4. Os seres vivos: niveis de organización, composición, diversidade e evolución
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA4.1 - Identificar os niveis de organización dos seres vivos exemplificando cada un deles e utilizando diferentes formatos para a súa diferenciación (esquemas, diagramas, táboas...).
CA4.2 - Distinguir bioelementos a través de exemplos e identificar as diferentes biomoléculas, recoñecendo os monómeros constituíntes de cada unha e as súas respectivas funcións biolóxicas, demostrando a uniformidade química dos seres vivos.
CA4.3 - Diferenciar as formas de organización celular procariota e eucariota utilizando diferentes formatos (debuxos, esquemas, microfotografías, vídeos¿) e identificar os distintos orgánulos celulares relacionándoos coa súa función.
CA4.4 - Relacionar os tecidos animais e vexetais coas células constituíntes a través de imaxes obtidas con diferentes técnicas, indicando xustificadamente as súas funcións e valorando as vantaxes evolutivas da organización pluricelular.
CA4.5 - Analizar os criterios utilizados para a clasificación dos seres vivos describindo as características dos tres dominios e os cinco reinos e xustificando desde a perspectiva evolutiva os cambios nos grandes grupos.
CA4.6 - Diferenciar os principais grupos taxonómicos dos seres vivos, recoñecendo as súas características e achegando exemplos de seu propio medio, así como utilizar claves dicotómicas para a súa determinación.
CA4.7 - Describir o proceso de especiación e argumentar sobre aspectos relacionados coa evolución utilizando as probas e os mecanismos evolutivos, e defendendo unha postura de forma razoada e cunha actitude aberta, flexible, receptiva ante a opinión dos demais.
Contidos
C4.1 - Os niveis de organización dos seres vivos e a unidade de composición química.
C4.2 - A composición química dos seres vivos.
C4.2.1 - Os bioelementos: concepto e clasificación.
C4.2.2 - As biomoléculas: clasificación, monómeros e funcións biolóxicas.
C4.3 - A organización celular dos seres vivos.
C4.3.1 - Organización procariota e eucariota: semellanzas e diferenzas.
C4.4 - A organización pluricelular dos seres vivos.
C4.4.1 - Histoloxía animal e vexetal.
C4.4.2 - Órganos, aparellos e sistemas.
C4.4.3 - Perspectiva evolutiva.
C4.5 - Os principais grupos taxonómicos dos seres vivos: características fundamentais.
C4.6 - As principais teorías evolutivas: probas e mecanismos da evolución. A especiación.
C4.7 - A historia da vida na Terra: xustificación desde a perspectiva evolutiva dos principais cambios nos grupos de seres vivos.
Bloque B5. Os vexetais: funcións e adaptacións
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA5.1 - Explicar a fotosíntese como un proceso de nutrición autótrofa relacionándoa cos mecanismos e estruturas involucradas no transporte dos zumes e argumentando a súa relevancia para o mantemento da vida na Terra.
CA5.2 - Recoñecer a función de relación das plantas diferenciando as nastias e os tropismos, asociando cada estímulo coa súa resposta e relacionando as principais hormonas coa súa función.
CA5.3 - Describir as diferenzas entre a reprodución sexual e asexual, recoñecendo as vantaxes e inconvenientes de cada unha e analizándoas desde unha perspectiva evolutiva.
CA5.4 - Explicar os ciclos biolóxicos dos diferentes grupos de plantas analizando as súas fases e estruturas características a través de debuxos, esquemas e gráficos.
CA5.5 - Recoñecer os procesos implicados na reprodución sexual e os tipos de reprodución asexual, recoñecendo nesta última a súa aplicación no campo da agricultura.
CA5.6 - Explicar a relación das adaptacións dos vexetais co medio en que se desenvolven utilizando exemplos significativos e recoñecendo a influencia de diferentes factores.
Contidos
C5.1 - A función de nutrición vexetal.
C5.1.1 - A fotosíntese: balance xeral e importancia ecolóxica para a vida na Terra.
C5.1.2 - Mecanismos de transporte do zume bruto e do zume elaborado nas plantas vasculares.
C5.2 - A función de relación.
C5.2.1 - Tipos de respostas dos vexetais aos distintos tipos de estímulos.
C5.2.2 - As fitohormonas e o seu papel na fisioloxía vexetal.
C5.3 - A función de reprodución.
C5.3.1 - A reprodución asexual e a reprodución sexual. Relevancia ecolóxica e evolutiva.
C5.3.2 - Os ciclos biolóxicos nos diferentes tipos de vexetais.
C5.4 - As adaptacións dos vexetais ao medio.
Bloque B6. Os animais: funcións e adaptacións
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA6.1 - Identificar os órganos, aparellos e sistemas que interveñen na función de nutrición, relación e reprodución, recoñecendo a función de cada un nos diferentes grupos taxonómicos.
CA6.2 - Recoñecer os aparellos dixestivos, os pigmentos e aparellos respiratorios, os tipos de circulación, os produtos de excreción e os procesos que interveñen na nutrición animal.
CA6.3 - Describir os receptores sensoriais, sistemas de coordinación e órganos efectores de xeito comparado nos principais grupos de animais.
CA6.4 - Describir e comparar os tipos de reprodución sexual e asexual, os tipos de fecundación e as estruturas implicadas na reprodución en diferentes grupos de animais analizando os ciclos biolóxicos máis representativos.
CA6.5 - Explicar a relación das adaptacións dos animais co medio en que se desenvolven utilizando exemplos significativos e recoñecendo a influencia de diferentes factores.
CA6.6 - Expor e resolver cuestións relacionadas cos diferentes animais localizando e citando fontes adecuadas e seleccionando, organizando e analizando criticamente a información.
Contidos
C6.1 - A función de nutrición animal.
C6.1.1 - Procesos e estruturas implicadas nos diferentes grupos taxonómicos.
C6.2 - A función de relación.
C6.2.1 - Funcionamento dos sistemas de coordinación (nervioso e endócrino) nos diferentes grupos taxonómicos.
C6.3 - A función de reprodución.
C6.3.1 - Procesos e estruturas implicadas nos diferentes grupos taxonómicos.
C6.3.2 - Importancia biolóxica.
C6.4 - As adaptacións dos animais ao medio.
Bloque B7. Os microorganismos e as formas acelulares
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA7.1 - Identificar os diferentes tipos de microorganismos, clasificándoos nos dominios e reinos correspondentes.
CA7.2 - Argumentar sobre a importancia ecolóxica dos microorganismos, relacionándoos cos ciclos bioxeoquímicos.
CA7.3 - Describir os principais mecanismos de reprodución bacteriana facendo fincapé na transferencia xenética horizontal e nas súas consecuencias para a saúde humana.
CA7.4 - Recoñecer as principais técnicas de cultivo de microorganismos a través da observación de vídeos, páxinas web, fotografías ou da práctica no laboratorio.
CA7.5 - Identificar as formas acelulares (virus, viroides e prións) e contrastar e xustificar a veracidade da información recoñecendo a súa importancia biolóxica, utilizando fontes fiables e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica, como pseudociencias, teorías conspiratorias, crenzas infundadas, noticias falsas...
CA7.6 - Comunicar informacións e describir as enfermidades infecciosas máis importantes relacionadas cos microorganismos, reflexionando sobre o papel dos antibióticos no seu tratamento e sobre o problema da resistencia, transmitíndoas de forma rigorosa e utilizando a terminoloxía e o formato adecuados (gráficos, táboas, vídeos e informes, entre outros) e ferramentas dixitais.
Contidos
C7.1 - Concepto e características xerais dos microorganismos.
C7.2 - O metabolismo dos microorganismos. Ciclos bioxeoquímicos e importancia ecolóxica.
C7.3 - A reprodución bacteriana. Mecanismos de transferencia xenética horizontal en bacterias.
C7.4 - As técnicas de esterilización, cultivo e illamento.
C7.5 - As formas acelulares: virus, viroides e prións. Características, mecanismos de infección e importancia biolóxica.
C7.6 - As enfermidades infecciosas.
C7.6.1 - Clasificación segundo os microorganismos causantes.
C7.6.2 - Resistencia aos antibióticos. Uso responsable destes.
Bloque B8. Ecoloxía e sustentabilidade
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
CA8.1 - Explicar a dinámica das capas fluídas da Terra, recoñecendo a interrelación entre todos os subsistemas terrestres e utilizando exemplos significativos.
CA8.2 - Recoñecer un ecosistema, describindo as relacións tróficas, os ciclos bioxeoquímicos e o fluxo de enerxía a través dos diferentes elos e identificando a súa interdependencia.
CA8.3 - Resolver problemas relacionados coas interaccións tróficas nos ecosistemas buscando e utilizando recursos variados, como coñecementos propios, datos e información obtidos, razoamento lóxico, pensamento computacional ou ferramentas dixitais.
CA8.4 - Analizar as causas e as consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas dos principais problemas ambientais, desde unha perspectiva individual, local e global, concibíndoos como grandes retos da humanidade.
CA8.5 - Analizar criticamente a solución a un problema ambiental relacionándoo coas causas e consecuencias que o orixinan.
CA8.6 - Avaliar diferentes problemas ambientais promovendo o desenvolvemento sustentable como modelo para a conservación do ambiente.
CA8.7 - Propoñer e poñer en práctica hábitos de vida e iniciativas sustentables e saudables no eido local e global, argumentando sobre os seus efectos positivos e sobre a urxencia de adoptalos.
Contidos
C8.1 - Estrutura, dinámica e funcións da atmosfera e da hidrosfera.
C8.2 - A dinámica dos ecosistemas.
C8.2.1 - As relacións tróficas. O fluxo de enerxía e os ciclos da materia.
C8.2.2 - Resolución de problemas e cuestións relacionados cos parámetros e coas relacións tróficas.
C8.3 - Os principais impactos ambientais antrópicos.
C8.3.1 - O cambio climático. Causas e consecuencias e estratexias para a mitigación e a adaptación.
C8.3.2 - A perda da biodiversidade: causas e consecuencias ambientais e sociais. Importancia da súa conservación
C8.3.3 - Os residuos: efectos, prevención e xestión.
C8.4 - Desenvolvemento sustentable: concepto e dimensións.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Proxecto científico.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Expor preguntas, realizar predicións e formular hipóteses que poidan ser respondidas ou contrastadas utilizando métodos científicos e que tenten explicar fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais.
Táboa de indicadores
Ser capaz de formular hipóteses contrastadas con métodos científicos para dar resposta a fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais. 25
CA1.2 Deseñar a experimentación, a toma de datos e a análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais, e seleccionar os instrumentos necesarios, de modo que permitan responder preguntas concretas e contrastar unha hipótese exposta minimizando os nesgos na medida do posible.
Táboa de indicadores
Ser capaz de deseñar un experimento, tomar datos e analizar un fenómeno biolóxico, xeolóxico ou ambiental para responder a preguntas concretas. 25
CA1.3 Realizar experimentos e tomar datos cuantitativos e cualitativos sobre fenómenos biolóxicos, xeolóxicos e ambientais seleccionando e utilizando os instrumentos, ferramentas ou técnicas adecuadas con corrección e precisión.
Táboa de indicadores
Ser capaz de seleccionar instrumentos ou técnicas adecuadas para a realización de experimentos ou toma de datos na análise de fenómenos biolóxicos, xeolóxicos ou ambientais. 10
CA1.4 Interpretar e analizar resultados obtidos nun proxecto de investigación utilizando, cando sexa necesario, ferramentas matemáticas e tecnolóxicas e recoñecendo o seu alcance e limitacións, e obtendo conclusións razoadas e fundamentadas ou valorando a imposibilidade de facelo.
Táboa de indicadores
Ser capaz de interpretar resultados dun proxecto de investigación utilizando ferramentas matemáticas ou tecnolóxicas adecuadas. 20
CA1.5 Establecer colaboracións dentro e fóra do centro educativo nas distintas fases do proxecto científico, co fin de traballar con maior eficiencia, utilizando ferramentas tecnolóxicas adecuadas, valorando a importancia da cooperación na investigación, respectando a diversidade e favorecendo a inclusión.
Táboa de indicadores
Ser capaz de establecer colaboracións dentro e fóra do centro educativo e valorar a cooperación na investigación para a obtención de mellores resultados. 10
CA1.6 Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel das mulleres e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución e influída polo contexto político e os recursos económicos.
Táboa de indicadores
Ser capaz de valorar a contribución da ciencia á sociedade e das persoas que traballan en ciencia destacando o papel da muller científica. 10

2 Estrutura e composición do noso planeta.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Explicar os modelos da estrutura e dinámica do interior terrestre diferenciando a composición e o comportamento das diferentes capas a través da información proporcionada polos principais métodos de estudo indirectos e directos.
Proba escrita
Ser capaz de explicar a composición e estrutura en capas e a dinámica do interior do noso planeta a través da información dada polos métodos directos e indirectos de estudo do noso planeta. 100

3 Dinámica terrestre.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.2 Reflexionar sobre o xurdimento da teoría da tectónica de placas recoñecendo os antecedentes e probas que confirmaron o mobilismo e adoptando unha actitude crítica cara a informacións de dubidosa procedencia e sen unha base científica.
Proba escrita
Recoñecer as aportacións da deriva continental e a expansión do fondo oceánico á teoría da tectónica de placas. 40
CA2.3 Argumentar desde a teoría da tectónica de placas os fenómenos xeolóxicos da superficie terrestre relacionándoos cos movementos das placas litosféricas e cos procesos térmicos do interior terrestre, e describindo as estruturas xeolóxicas asociadas.
Proba escrita
Ser capaz de identificar os diferentes límites de placas e os procesos xeolóxicos e estruturas asociados a eles. 60

4 A atmosfera e a hidrosfera.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA8.1 Explicar a dinámica das capas fluídas da Terra, recoñecendo a interrelación entre todos os subsistemas terrestres e utilizando exemplos significativos.
Proba escrita
Ser capaz de explicar a dinámica da atmosfera e a hidrosfera e recoñecer a interrelación entre elas e a xeosfera e a biosfera. 100

5 Procesos endóxenos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.4 Analizar a definición e a clasificación dos minerais atendendo á súa composición química e recoñecer as súas propiedades relacionándoas coa súa estrutura interna.
Proba escrita
Ser capaz de definir mineral e recoñecer as súas principais características e propiedades relacionándoas coa súa estrutura interna. 10
CA2.5 Recoñecer os tipos de rochas e interpretar os procesos xeolóxicos implicados na súa formación utilizando o ciclo xeolóxico á luz da teoría da tectónica de placas.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer os principias tipos de rochas magmáticas e metamórficas interpretandos os procesos xeolóxicos relacionados coa súa formación. 70
CA2.6 Identificar minerais mediante a observación das súas propiedades e as principais rochas segundo a súa composición, orixe e textura utilizando exemplos da contorna, relacionándoos coas súas aplicacións na vida cotiá e promovendo a explotación e o uso sustentable e a súa relevancia como patrimonio xeolóxico.
Táboa de indicadores
Identificar algúns minerais utilizando claves dicotómicas e manexando información sobre as súas propiedades. 10
CA2.7 Analizar os riscos a través dos seus factores e localizar áreas sísmicas e volcánicas en España interpretando información en diferentes formatos (mapas, gráficos, táboas, diagramas, esquemas...) e valorando a importancia das medidas de predición, prevención e corrección.
Proba escrita
Ser capaz de identificar os riscos sísmicos e volcánicos en diferentes áreas xeográficas e interpretando información en diferentes formatos. 10

6 Procesos esóxenos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.5 Recoñecer os tipos de rochas e interpretar os procesos xeolóxicos implicados na súa formación utilizando o ciclo xeolóxico á luz da teoría da tectónica de placas.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer as principais rochas sedimentarias e os procesos xeolóxicos implicados na súa formación. 50
CA3.1 Describir a acción dos axentes xeolóxicos externos recoñecendo as formas de relevo asociadas e analizando o relevo en Galicia e a paisaxe próxima.
Proba escrita
Ser capaz de describir os procesos de meteorización (física, química e biolóxica) e transporte e os principias axentes xeolóxicos externos responsables deles como responsables dalgunhas formas de relevo. 20
CA3.2 Explicar os procesos edafoxenéticos identificando os factores de formación do solo e a importancia da súa conservación.
Proba escrita
Ser capaz de identificar os factores e procesos que inflúen na formación dun solo e a importancia da súa conservación. 20
CA3.6 Analizar criticamente os riscos xeolóxicos externos relacionándoos coas actividades humanas e valorando a importancia das medidas de predición, prevención e corrección.
Proba escrita
Ser capaz de analizar os riscos xeolóxicos externos derivados das actividades humanas. 10

7 Tempo xeolóxico. Historia da Terra.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.3 Relacionar os grandes eventos da historia terrestre con determinados elementos do rexistro xeolóxico e cos sucesos que ocorren na actualidade, utilizando os principios xeolóxicos básicos e o razoamento lóxico.
Proba escrita
Ser capaz de relacionar elementos do rexistro xeolóxico con eventos na historia do noso planeta. 40
CA3.4 Resolver problemas de datación analizando elementos do rexistro xeolóxico e fósil e aplicando métodos de datación relativa.
Táboa de indicadores
Ser capaz de empregar os métodos de datación relativa para a análise de información do rexistro xeolóxico e fósil. 30
CA3.5 Interpretar e deducir en mapas e cortes a historia xeolóxica aplicando principios xeolóxicos básicos (intersección, horizontalidade...), determinando as descontinuidades estratigráficas e empregando fósiles guía.
Proba escrita
Ser capaz de interpretar cortes xeolóxicos sinxelos. 30

8 Composicón e organización dos seres vivos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Identificar os niveis de organización dos seres vivos exemplificando cada un deles e utilizando diferentes formatos para a súa diferenciación (esquemas, diagramas, táboas...).
Proba escrita
Ser capaz de identificar os diferentes niveis de organización dos seres vivos en esquemas sinxelos. 10
CA4.2 Distinguir bioelementos a través de exemplos e identificar as diferentes biomoléculas, recoñecendo os monómeros constituíntes de cada unha e as súas respectivas funcións biolóxicas, demostrando a uniformidade química dos seres vivos.
Proba escrita
Identificar os principais bioelementos e biomoléculas recoñecendo os seus monómeros constituíntes e as súas funcións biolóxicas. 30
CA4.3 Diferenciar as formas de organización celular procariota e eucariota utilizando diferentes formatos (debuxos, esquemas, microfotografías, vídeos¿) e identificar os distintos orgánulos celulares relacionándoos coa súa función.
Proba escrita
Ser capaz de diferenciar a célula procarita da eucariota e identificar nesta última, os principais orgánulos e as súas funcións. 40
CA4.4 Relacionar os tecidos animais e vexetais coas células constituíntes a través de imaxes obtidas con diferentes técnicas, indicando xustificadamente as súas funcións e valorando as vantaxes evolutivas da organización pluricelular.
Táboa de indicadores
Ser capaz de identificar os principais tecidos animais e vexetais en imaxes obtidas por diferentes técnicas. Coñecer a principal función de cada un destos tecidos. 20

9 Diversidade dos seres vivos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.5 Analizar os criterios utilizados para a clasificación dos seres vivos describindo as características dos tres dominios e os cinco reinos e xustificando desde a perspectiva evolutiva os cambios nos grandes grupos.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer os criterios que se utilizan para clasificar aos seres vivos en tres dominios e cinco reinos. 20
CA4.6 Diferenciar os principais grupos taxonómicos dos seres vivos, recoñecendo as súas características e achegando exemplos de seu propio medio, así como utilizar claves dicotómicas para a súa determinación.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer as principais características dos grupos taxonómicos dos seres vivos e exemplos de organismos en cada grupo. 40
CA4.7 Describir o proceso de especiación e argumentar sobre aspectos relacionados coa evolución utilizando as probas e os mecanismos evolutivos, e defendendo unha postura de forma razoada e cunha actitude aberta, flexible, receptiva ante a opinión dos demais.
Proba escrita
Ser capaz de describir os mecanismos evolutivos e o proceso de especiación de forma razoada. 40

10 Os microorganismos e as formas acelulares.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA7.1 Identificar os diferentes tipos de microorganismos, clasificándoos nos dominios e reinos correspondentes.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer os dominios e reinos aos que pertencen os principasis microorganismos. 30
CA7.2 Argumentar sobre a importancia ecolóxica dos microorganismos, relacionándoos cos ciclos bioxeoquímicos.
Proba escrita
Ser capaz de explicar a importancia dos microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos. 10
CA7.3 Describir os principais mecanismos de reprodución bacteriana facendo fincapé na transferencia xenética horizontal e nas súas consecuencias para a saúde humana.
Proba escrita
Ser capaz de describir os mecanismos de reprodución bacteriana e as súas consecuencias na saúde humana. 10
CA7.4 Recoñecer as principais técnicas de cultivo de microorganismos a través da observación de vídeos, páxinas web, fotografías ou da práctica no laboratorio.
Táboa de indicadores
Ser capaz de identificar algunhas técnicas de cultivo de microorganismos. 5
CA7.5 Identificar as formas acelulares (virus, viroides e prións) e contrastar e xustificar a veracidade da información recoñecendo a súa importancia biolóxica, utilizando fontes fiables e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica, como pseudociencias, teorías conspiratorias, crenzas infundadas, noticias falsas...
Proba escrita
Identificar os virus como formas acelulares, recoñecer as súas principais caracterísitcas e a súa importancia biolóxica. 25
CA7.6 Comunicar informacións e describir as enfermidades infecciosas máis importantes relacionadas cos microorganismos, reflexionando sobre o papel dos antibióticos no seu tratamento e sobre o problema da resistencia, transmitíndoas de forma rigorosa e utilizando a terminoloxía e o formato adecuados (gráficos, táboas, vídeos e informes, entre outros) e ferramentas dixitais.
Proba escrita
Ser capaz de describir algunhas enfermidades infecciosas causadas por microorganismos e o pappel dos antibióticos no tratamento destas enfermidades. 20

11 As plantas.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Explicar a fotosíntese como un proceso de nutrición autótrofa relacionándoa cos mecanismos e estruturas involucradas no transporte dos zumes e argumentando a súa relevancia para o mantemento da vida na Terra.
Proba escrita
Ser capaz de explicar a nutrición autótrofa fotosintética e as estruturas vexetais implicadas neste proceso. 40
CA5.2 Recoñecer a función de relación das plantas diferenciando as nastias e os tropismos, asociando cada estímulo coa súa resposta e relacionando as principais hormonas coa súa función.
Proba escrita
Ser capaz de describir as nastias e tropismos como formas de respostas a estímulos nas plantas. Identificar as principais hormonas vexetais e as súas funcións. 15
CA5.3 Describir as diferenzas entre a reprodución sexual e asexual, recoñecendo as vantaxes e inconvenientes de cada unha e analizándoas desde unha perspectiva evolutiva.
Proba escrita
Ser capaz de diferenciar a reprodución asexual e sexual das plantas. 5
CA5.4 Explicar os ciclos biolóxicos dos diferentes grupos de plantas analizando as súas fases e estruturas características a través de debuxos, esquemas e gráficos.
Proba escrita
Ser capaz de interpretar en esquemas ou debuxos os ciclos biolóxicos dos principais grupos de plantas. 5
CA5.5 Recoñecer os procesos implicados na reprodución sexual e os tipos de reprodución asexual, recoñecendo nesta última a súa aplicación no campo da agricultura.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer os procesos implicados na reprodución sexual e os tipos de reprodución asexual. 15
CA5.6 Explicar a relación das adaptacións dos vexetais co medio en que se desenvolven utilizando exemplos significativos e recoñecendo a influencia de diferentes factores.
Táboa de indicadores
Ser capaz de identificar adaptacións vexetais ao medio utilizando exemplos significativos. 20

12 Os animais.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA6.1 Identificar os órganos, aparellos e sistemas que interveñen na función de nutrición, relación e reprodución, recoñecendo a función de cada un nos diferentes grupos taxonómicos.
Proba escrita
Ser capaz de identificar os sistemas e aparatos implicados nas funcións de nutrición, relación e reprodución nos diferentes grupos taxonómicos animais. 10
CA6.2 Recoñecer os aparellos dixestivos, os pigmentos e aparellos respiratorios, os tipos de circulación, os produtos de excreción e os procesos que interveñen na nutrición animal.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer os aparatos e procesos relacionados coa nutrición animal nos diferentes grupos animais. 30
CA6.3 Describir os receptores sensoriais, sistemas de coordinación e órganos efectores de xeito comparado nos principais grupos de animais.
Proba escrita
Ser capaz de recoñecer os principais receptores sensoriais, sistemas de coordinación e órganos efectos en diferentes grupos animais. 20
CA6.4 Describir e comparar os tipos de reprodución sexual e asexual, os tipos de fecundación e as estruturas implicadas na reprodución en diferentes grupos de animais analizando os ciclos biolóxicos máis representativos.
Proba escrita
Ser capaz de comparar diferentes tipos de reprodución sexual e asexual e as estruturas implicadas nos diferentes grupos animais. 20
CA6.5 Explicar a relación das adaptacións dos animais co medio en que se desenvolven utilizando exemplos significativos e recoñecendo a influencia de diferentes factores.
Táboa de indicadores
Ser capaz de recoñecer adaptacións dos animais ao medio utilizando exemplos significativos. 10
CA6.6 Expor e resolver cuestións relacionadas cos diferentes animais localizando e citando fontes adecuadas e seleccionando, organizando e analizando criticamente a información.
Táboa de indicadores
Ser capaz de resolver cuestións relacionadas coas funcións de nutrición, relación ou reprodución animal seleccionando e analizando información dada. 10

13 Os ecosistemas.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA8.2 Recoñecer un ecosistema, describindo as relacións tróficas, os ciclos bioxeoquímicos e o fluxo de enerxía a través dos diferentes elos e identificando a súa interdependencia.
Proba escrita
Ser capaz de describir as relacións tróficas e os ciclos da materia e o fluxo de enerxía entre os elos dunha rede trófica. 40
CA8.3 Resolver problemas relacionados coas interaccións tróficas nos ecosistemas buscando e utilizando recursos variados, como coñecementos propios, datos e información obtidos, razoamento lóxico, pensamento computacional ou ferramentas dixitais.
Proba escrita
Ser capaz de resolver problemas relacionados coas interaccións tróficas en ecosistemas sinxelos utilizando información dada e aplicando un razoamento lóxico. 5
CA8.4 Analizar as causas e as consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas dos principais problemas ambientais, desde unha perspectiva individual, local e global, concibíndoos como grandes retos da humanidade.
Proba escrita
Ser capaz de analizar as consecuencias a varios niveis dos principais problemas ambientais como o cambio climático, a extinción de especies ou a xestión dos residuos. 40
CA8.5 Analizar criticamente a solución a un problema ambiental relacionándoo coas causas e consecuencias que o orixinan.
Proba escrita
Ser capaz de analizar a solución a un problema ambiental. 5
CA8.6 Avaliar diferentes problemas ambientais promovendo o desenvolvemento sustentable como modelo para a conservación do ambiente.
Táboa de indicadores
Ser capaz de avaliar problemas ambientais buscando solucións dende o desenvolvemento sostible. 5
CA8.7 Propoñer e poñer en práctica hábitos de vida e iniciativas sustentables e saudables no eido local e global, argumentando sobre os seus efectos positivos e sobre a urxencia de adoptalos.
Táboa de indicadores
Ser capaz de propoñer iniciativas sostibles e saudables para a contorna próxima. 5

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía será activa e participativa favorecendo o traballo individual e cooperativo do alumnado e perseguindo o logro das competencias correspondentes. As características do alumnado de bacharelato, en canto a autonomía e madurez intelectual ,permiten aumentar a autonomía na aprendizaxe respecto a cursos anteriores.

Tendo en conta isto, empregaranse varias estratexias metodolóxicas como as seguintes:

-Exposición dos contidos por parte do profesorado, utilizando diversos soportes visuais e previo coñecemento das ideas previas e dificultades de aprendizaxe do alumnado. Empregaranse as TICs buscando información fiable en Internet, utilizando vídeos de divulgación e outros recursos.

-Proporanse exercicios de reforzo e afianzamento de conceptos clave e tamén exercicios de ampliación respecto a aspectos que estén de actualidade ou presentes na súa contorna próxima.

-Prácticas de laboratorio, proxectos ou actividades de investigación (en forma de traballos individuais ou en grupo), nos que o alumnado abordará unha tarefa pasando polas fases planificación, deseño e investigación aplicando as aprendizaxes adquiridas e o uso efectivo dos recursos.

-Ofertaranse actividades de autoavaliación para comprobar o grao de aprendizaxe logrado polo alumnado, detectar erros nos coñecementos adquiridos e reforzar a aprendizaxe.

As propostas pedagóxicas elaboraranse tendo en conta a atención á diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe e a metodoloxía didáctica será activa, potenciadora da aprendizaxe construtiva favorecendo a capacidade de aprender por si mesmos, promovendo o traballo cooperativo e aplicando os métodos apropiados de investigación suliñando a relación dos aspectos teóricos coas súas aplicacións prácticas. É por iso que utilizarase estratexias didácticas variadas, que combinen, dun xeito en que cada docente considere máis apropiada, as estratexias expositivas acompañadas de actividades de aplicación e as estratexias de indagación.

Baseándonos no anterior, e co fin de desenvolver as capacidades que os obxectivos de bacharelato requiren propóñense as seguintes estratexias metodolóxicas:

- Crear na aula un clima que favoreza as aprendizaxes significativas, que desenvolva o interese pola materia e os seus estudos posteriores, e que permita a comunicación e o intercambio de saberes e experiencias na aula como base para o desenvolvemento integral como persoas.

- Propiciar a construción dunha imaxe da ciencia, e en particular da bioloxía e xeoloxía, non estática, entendendo que a provisionalidade das súas conclusións e teorías é unha das súas características fundamentais.

- Ter en conta as ideas previas do alumnado para o deseño e a secuencia de actividades, e facilitar a construción de aprendizaxes cooperativas que propicien o cambio conceptual, metodolóxico e actitudinal.

- Dotar ao alumnado de ferramentas que lle permitan iniciarse nos métodos de investigación mediante a preparación de actividades nas que un dos obxectivos sexa o desenvolvemento de procedementos facendo especial fincapé nas actividades prácticas de laboratorio.

- Propoñer actividades que poñan de manifesto a correlación entre os fenómenos estudados na aula e os da vida cotiá, mediante análise de situacións concretas, comentarios de novas de actualidade ou realizando saídas didácticas (centros de investigación, itinerarios xeolóxicos, etc.) combinadas con informes ou traballos específicos utilizando diferentes formatos.

-Favorecer o uso das tecnoloxías da información e a comunicación valorando a súa importancia na sociedade actual e propiciando a súa integración na aula.

Ademáis participarase dos diferentes Plans e Proxectos do centro partipando en actividades convocadas polos Departamentos de Dinamización Lingüística, o Club de Ciencia, o Plan Lector e o Plan TIC, entre outros.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Aula virtual da materia con material de estudo, recursos audiovisuais e tarefas.
Dotación da aula (proxector, encerado dixital...)
Material audiovisual, de reforzo e ampliación como vídeos de divulgadoras científicas ou enlaces a páxinas web e interese.
Laboratorio. Protocolos de prácticas de laboratorio e material necesario para a realización de diferentes experimentos ou prácticas. (Claves dicotómicas, microscopios, lupas, reactivos, material de vidro...)
Test de autoavaliación na aula virtual para repaso e reforzo dos contidos mínimos.
Cuestionarios/fichas de material de reforzo con esquemas/resumos e cuestións breves para alumnado con necesidades educativas especiais.

Algunhas das prácticas de laboratorio que poidan realizar na casa, ou traballos en grupo que precisen da busca de información en diferentes formatos, realizaranse como tarefas fóra do horario escolar.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


A avaliación inicial permítenos coñecer e valorar o punto de partida do estudante e así atopar as dificultades de aprendizaxe e as súas carencias, para así adoptar posteriormente as medidas de reforzo educativo que se consideren máis axeitadas.

Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizaranse algunhas actividades iniciais baseada en competencias e contidos necesarios para enfrontar a materia. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento das destrezas da materia así como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. Dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como as actividades de reforzo e ampliación no caso de ser necesarias.

As actividades iniciais poden ser comentarios a videos de divulgación ofertados, preguntas de comprensión de textos divulgativos sinxelos, e outros.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 6.0 6.0 6.0 8.0 6.0 8.0 6.0 8.0 8.0 10.0 10.0 8.0 100.0
Proba escrita 0.0 100.0 100.0 100.0 90.0 100.0 70.0 80.0 100.0 95.0 80.0 80.0 90.0 80.40000000000002
Táboa de indicadores 100.0 0.0 0.0 0.0 10.0 0.0 30.0 20.0 0.0 5.0 20.0 20.0 10.0 19.599999999999998

Os criterios de avaliación serán o referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias clave como a consecución dos obxectivos.

En cada avaliación teranse en conta os seguintes criterios:

-Realizaranse dúas probas escritas por avaliación referidas aos contidos específicos asociados aos criterios de avaliación avaliados a través de probas escritas. A media da nota obtida nas dúas probas representará o 90% da nota da avaliación.

-Os criterios de avaliación nos que se utiliza como instrumento de avaliación as táboas de indicadores incluirán tarefas e exercicios de aula, proxectos de investigación e informes de prácticas de laboratorio e suporán  o 10% restante da nota da avaliación.

A cualificación só será positiva se os estudantes superan todos os contidos mínimos establecidos para cada avaliación e o aprobado establécese no cinco.

A cualificación final da materia será a media aritmética das notas globais das tres avaliacións do curso.

O alumnado que teña unha cualificación negativa nalgunha das avaliacións poderá realizar unha proba de recuperación en cada trimestre. A cualificación final do curso será a media das notas das tres avaliacións tendo en conta as notas das recuperacións.

O alumnado que, unha vez feita a media das 3 avaliacións, non supere a materia poderá realizar unha proba escrita final nos últimos días do curso. A materia estará superada con unha nota igual ou superior a 5 en esta proba.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non se aplica.


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non se aplica.


6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


No bacharelato, etapa na que as diferenzas persoais en capacidades específicas e intereses están a miúdo bastante definidas, a organización da ensinanza permite que o propio alumnado resolva esta diversidade mediante a elección de modalidades e optativas.

No entanto, consideramos conveniente dar resposta, xa desde as mesmas materias, á diversidade de capacidades e intereses do alumando mediante a realización de actividades e aplicación de metodoloxías diversas e tarefas con distinto nivel de dificulatade que se adapten ás capacidades e motivacións do alumnado.

Para os alumnos/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo serán deseñadas actividades adaptadas en cada unha das unidades didácticas (enunciados curtos, unir, completar, ordenar, sinalar...), así como probas escritas adaptadas. Estas probas, se ben presentarán os mesmos contidos en concordancia cos criterios de avaliación, estarán formuladas de xeito máis directo e compostas por cuestións análogas ás anteriormente comentadas. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.

Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13
1 Comprensión e expresión oral e escrita.
2 Fomento do espírito crítico e científico
3 Educación emocional e en valores.
4 Educación para a igualdade entre homes e mulleres.
5 Educación para a sustentabilidade e o consumo responsable.
6 Creatividade.
7 Emprendemento social e empresarial.
8 Competencia dixital e audiovisual.

No deseño de actividades e á hora de traballar na aula fomentaranse unha serie de actitudes que busquen fomentar o espírito crítico, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, a igualdade entre mulleres e homes, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

Promoverase tamén a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia.

Evitaranse en todo caso os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Obradoiro de rochas e roteiro xeolóxico. Realizaremos un roteiro xeolóxico pola zona de Pico Sacro co xeólogo Francisco Canosa. Tamén nos dará unha charla sobre a historia xeolóxica de Galicia e un obradoiro de identificación de rochas galegas.
Colaboración co Club de Ciencias e a celebración de Novembro, o mes da ciencia en galego. Alumnado voluntario de 1º de Bacharelato participa no Club de Ciencias deseñando experimentos para a xornada de celebración do mes de ciencia en galego o 29 de novembro na que se explicarán estos experimentos ao alumando de 1º da ESO.
Concurso "medio minuto de ciencia en galego". En colaboración co Departamento de Dinamización Lingüística do instituto e con motivo do mes da ciencia en galego, o alumnado será convocado a un concurso de breves vídeos de ciencia en galego.
Videoconferencias de Igaciencia. Programa aínda por determinar.
Olimpiada de Xeoloxía. Participación na fase Galega da Olimpiada de Xeoloxía.
Obradoiro de minerais e charla na Feira de Minerais de Santiago de Compostela. Na Feira de Minerais de Santiago de Compostela o alumnado asistirá a un obradoiro de minerais e charla (aínda por determinar).
Charla 11F Día da muller e a nena na ciencia. Convidarase a unha científica galega a dar unha charla con motivo do Día da Muller e a nena na ciencia.

Ademais destas actividades irase contemplando durante o curso a posibilidade de visitar exposición ou asistir a charlas ou eventos que se consideren oportunos.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Estruturo e organizo os contidos partindo dos coñecementos previos e en orden crecente de dificultade para que o alumnado adquira as competencias propostas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Estruturo as sesións de aula para ofrecer metodoloxías variadas e tempos para alternar exposicións e tarefas.
Metodoloxía empregada Emprego diferentes estratexias metodolóxicas para responder aos diferentes ritmos de aprendizaxe.
Metodoloxía empregada Realizo un seguimento das tarefas realizadas polo alumnado correxíndoas e orientándoo na súa aprendizaxe.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Ofrezo material de reforzo e ampliación en diferentes formatos (audiovisual, esquemas...)
Medidas de atención á diversidade Tomo medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE durante as clases e na oferta de actividades e material de estudo e de repaso.
Medidas de atención á diversidade Tomo medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE nas probas escritas.
Clima de traballo na aula Fomento a participación activa do alumnado na aula e na proposta de actividades e traballos.
Metodoloxía empregada Utilizo distintos instrumentos de avaliación.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Informo ao alumnado e ás familias dos progresos e dificultades.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Incorporo as TIC ao proceso de ensino-aprendizaxe.

Con estos indicadores de logro avaliaremos se o recollido na programación se adecúa ás características do grupo, se son eficaces as metodoloxías empregadas e suficientes os materiais de reforzo para alumnado con necesidades educativas especiais.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


De xeito periódico, analizarase o grao de avance da materia, en relación coa programación, así como diversos cambios propostos para adaptarse ás necesidades educativas da aula.Cada avaliación revisarase o seguimento adecuado da programación didáctica, sobre todo analizando os resultados obtidos polo alumnado na avaliación.

Por outra banda, na memoria fin de curso, reflectiranse os contidos impartidos, cambios propostos para sucesivos cursos ou problemas o poñer en práctica o acordado nela.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver