Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A materia de modalidade Economía e Emprendemento está exposta como matería optativa en cuarto curso da educación secundaria obrigatoria e persegue dúas finalidades: por unha banda, que o alumnado dispoña dunha educación económica e financeira para desenvolver, de maneira responsable e viable, os seus proxectos vitais, profesionais e, no seu caso, empresariais; e, por outra banda, que o alumnado poida buscar solucións innovadoras para afrontar os retos que se propoñan, a través do seu autocoñecemento, o coñecemento adquirido e a colaboración cos demais.
O estudo da economía e as finanzas, ademais de poder coñecer as regras que explican os acontecementos económicos e as consecuencias das propias decisión financeiras, proxecta valores como a solidariedade entre persoas, a importancia da sostenibilidade ou a xestión responsable dos recursos. O emprendedor, cunha formación económica e financeira adecuada, desempeña un papel importante na busca de oportunidades e ideas que contribúan a satisfacer as necesidades da contorna, xerando valor, innovando e contribuíndo a mellorar o benestar persoal, social e cultural.
O Decreto 156/2022 constitúe a base da programación do curso, e reparte os criterios de avaliación e contidos en catro bloques que contribuirán á consecución dos obxectivos da materia:
1. O bloque "O perfil da empresa emprendedora, iniciativa e creatividade" vincúlase coa análise e desenvolvemento do perfil da persoa emprendedora facendo fincapé no autocoñecemento e no desenvolvemento de habilidades persoais para poder afrontar contextos cambiantes e incertos nos que emprender.
2. O bloque "A contorna como fonte de ideas e de oportunidades" lígase á análise das distintas contornas -económica, empresarial, social, ambiental, cultural e artística-, así como o desenvolvemento de estratexias que lle permitan ao alumnado identificar necesidades e buscar oportunidades que xurdan, facéndoo consciente de como a contorna condiciona os seus propios proxectos persoais e profesionais.
3. O bloque "Recursos para levar a cabo un proxecto emprendedor" céntrase na captación e xestión dos recursos humanos, materiais, inmateriais e dixitais como elementos necesarios para que un proxecto se poida levar á realidade. Abórdanse cuestións sobre as fontes de financiamento, recursos financeiros e formación e funcionamento efectivo dos equipos de traballo.
4. O bloque "A realización do proxecto emprendedor" trata de dar a coñecer como facer un proxecto emprendendor desde a idea inicial ata a execución e validación do prototipo final.
Esta programación vai dirixida ao alumnado de 4º de ESO do IES MILLADOIRO que cursa a materia de Economía e Emprendemento.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A metodoloxía proposta é de ensinanza activa, na que a participación do alumnado é o elemento esencial, procurando a súa formación integral como cidadán. Prestarase atención especial á consecución da súa motivación. Trata de dar unha resposta competencial, pasando da aprendizaxe memorística a aplicar o coñecemento a situacións diversas e cambiantes, cun enfoque interdisciplinar e favorecendo o traballo colaborativo.
No deseño da práctica de ensino e aprendizaxe desta materia consideranse os principios e orientacións pedagóxicas do Decreto 156/2022 polo que se establece a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
A selección de recursos didácticos e situacións de aprendizaxe realizarase atendendo ás condicións persoais e necesidades específicas do alumnado.
Empregaranse múltiples vías (verbal, auditiva, visual...) na presentación de contidos ao tempo que se promoverá que o alumnado exprese o coñecemento empregando diferentes vías.
Empregaranse recursos tecnolóxicos accesibles para todo o alumnado, comprobando que coñecen e son quen de manexar as ferramentas precisas para realizar as actividades propostas.
Exporanse os obxectivos das tarefas propostas, proporcionando guías de traballo. No estudo de casos, aplicaranse procedementos que permitan verificar os pasos seguidos dende a formulación ata o resultado final.
Fomentarase a análise crítica dos contidos, actividades e tarefas propostas.
Proporanse tarefas, actividades de síntese con traballos individuais ou grupais que permitan relacionar coñecementos. Resulta fundamental promocionar a participación nos programas e plans educativos do centro que faciliten o desenvolvemento das competencias clave e o tratamento dos elementos transversais.
Ao inicio de cada unidade didáctica exporanse os instrumentos de avaliación a aplicar e a súa ponderación.
Deseñaranse e aplicaranse probas e tarefas axustadas ás características do alumnado, actividades de avaliación con diferentes niveis de complexidade, activando diferentes recursos cognitivos.
Avaliación continua nunha ampla variedade de situacións, avaliando tarefas individuais e grupais. Nas tarefas grupais avaliararanse, ademais dos progresos na aprendizaxe, a implicación e aportacións do alumnado participante.
A avaliación, ademais de informar dos erros cometidos e da puntuación acadada, trasladará propostas de mellora. Deseñaranse criterios de avaliación ou rúbricas para autoavaliación ou coavaliación do alumnado.
No caso de ser preciso realizar atención educativa non presencial procederase tal como se expón:
- Desenvolvemento das sesións empregando a videoconferencia como ferramenta. Sesións individuais de reforzo ao alumnado que presenta maiores dificultades (desenvoltas en sesións distintas das previstas para a materia nos horarios dos grupos).
- Foros Aula Virtual: facilitadores da comunicación colectiva.
- Mensaxería Aula Virtual: facilitadora das comunicacións individuais.
- Entrega de tarefas Aula Virtual: facilitan o envío dos exercicios propostos.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A avaliación inicial realizarase durante as primeiras sesións do curso co fin de favorecer o coñecemento personalizado do alumnado e da súa situación educativa. Formularase como proba escrita co fin de avaliar os coñecementos previos da materia e o nivel competencial do alumnado. Permitirá axustar o proceso de ensino ás características que presenta o alumnado.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Son medidas de atención á diversidade as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado (Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011).
De ser preciso, desenvolveranse as seguintes medidas de atención á diversidade:
Ordinarias. Aquelas que faciliten a adecuación do currículo, sen alteración siginificativa dos obxectivos, contidos nin criterios de avaliación, ao contexto do centro e ás características do alumnado. Teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas.
- Adecuación da xestión da aula ás características do alumnado, procurando a participación, o acceso aos recursos, favorecendo a convivencia e aprendizaxe compartida.
- Adecuación da programación didáctica ao alumnado e circunstancias do seu contorno. Logo de identificadas as barreiras (accesibilidade física, sensorial, cognitiva e emocional) deseñaranse actividades partindo dos principios do deseño universal de aprendizaxe para que as aprendizaxes sexan accesibles.
- Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxes por proxectos.
- Adaptación dos tempos, dos instrumentos e dos procedementos de avaliación ás circunstancias do alumnado, tales como, forma de comunicación co alumnado, secuenciación de tarefas, verificación da comprensión das tarefas, dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, concesión do tempo necesario. Aplicaranse as propostas recollidas nos plans, proxectos, programas, guías e protocolos elaborados pola Consellería.
- Aulas de atención educativa e convivencia. No caso de ser preciso derivar alumnado, o profesorado proporcionará as tarefas que debe realizar, que serán corrixidas e avaliadas.
- Reforzo educativo. Posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades no progreso do alumnado.
- Programas de enriquecemento curricular para o alumnado que presenta altas capacidades intelectuais.
Extraordinarias. Aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario e/ou supor cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo o una modalidade de escolarización. Aplicaranse logo de esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren insuficientes.
O alumnado con necesidade específica de apoio educativo é aquel que require unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e da comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lengua de aprendizaxe, por se atoparen en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por se teren incorporado tarde ao sistema educativo ou por condición persoais ou de historia escolar.
O alumnado que presenta necesidade educativas especiais é aquel que afronta barreiras que limiten o seu acceso, a súa presenza, a súa participación ou a súa aprendizaxe, derivadas de discapacidade ou de trastornos graves de conduta, da comunicación e da linguaxe, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, e que require determinados apoios e atención educativas específicas para a consecución dos obxectivos de aprendizaxe adecuados ao seu desenvolvemento.
- Flexibilización da duración do período de escolarización na etapa da educación secundaria obrigatoria. Dirixida a alumnado con altas capacidades intelectuais ou alumnado con necesidades educativas especiais
- Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada ao centro.
O docente colaborará co profesorado titor e coa xefatura do departamento de orientación na planificación e desenvolvemento de actuacións destinadas ao axuste dos procesos de ensino e aprendizaxe.
A avaliación inicial permitirá adaptar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a debida progresión na súa aprendizaxe.
No proceso de avaliación promoverase o uso de instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe que permitan a valoración obxectiva do alumnado e garantan que as condicións de realización dos procesos asociados á avaliación se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Ao iniciar o curso revisarase a programación a partir das propostas de mellora recollidas na correspondente memoria do departamento do curso anterior.
A avaliación da presente programación farase a través do seguimento na aplicación Proens ao final de cada unidade didáctica por parte do/a profesor/profesora que imparta a materia a cada grupo e nas reunións mensuais de departamento. O informe de seguimento require indicar o número de sesións empregadas en cada unidade didáctica, grao de cumprimento, propostas de mellora e observacións.
Nas reunións de departamento comprobarase o grao de consecución dos obxectivos programados e as dificultades que se poidan atopar co fin de introducir as modificacións que sexan precisas.
O informe de seguimento facilitará a redacción da Memoria Final.
Ferramentas a empregar para analizar o grao de cumprimento dos indicadores de logro:
- Diario de aula.
- Rúbrica de autoavaliación.
- Estatísticas de resultados.
- Cuestionarios e enquisas ao alumnado.