Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación desenvolve o currículo da materia 2ª Lingua estranxeira - Francés en 1º Bacharelato no centro educativo IES DO MILLADOIRO.

 

A materia Francés Segunda Lingua Estranxeira impártese en 1º Bacharelato e conta cunha carga semanal de 4 sesións.

O grupo 1º Bacharelato A-B está composto por 9 alumnos/as.

 

As linguas son un instrumento de coñecemento, comunicación e creatividade, ademais, culturas e modos de ser e de facer. Así, o coñecemento de varias linguas pon a persoa usuaria en contacto cunha diversidade rica e complexa de experiencias e de construcións culturais, tanto individuais como colectivas.

 

O coñecemento de linguas é, pola súa vez, un instrumento esencial para a existencia curiosa e participativa nun mundo global, no que se desenvolve un sentido de comunidade que está a dar lugar a comunidades dixitais, estilos de vida, hábitos de consumo e sensibilidades comúns respecto do que consumimos ou das condicións ambientais. Transitar adecuadamente, con instrumentos lingüísticos e culturais suficientes, por estes ámbitos da globalización, converteuse nunha necesidade para que poidan fluír o diálogo intercultural, a solidariedade internacional e os dereitos humanos universais.

Ao acceder ao bacharelato, o alumnado ten desenvolvidas a competencia en comunicación lingüística e a competencia plurilingüe grazas ás experiencias de aprendizaxe nas linguas ambientais e en dúas linguas estranxeiras, que o puxeron en relación con culturas e modos de interaccións diferentes ao seu contexto habitual.

 

Nesta nova etapa educativa o alumnado posúe xa unha madurez lingüística e social que lle ha permitir ampliar as marxes da súa competencia plurilingüe e pluricultural e utilizar conscientemente todo o repertorio de recursos lingüísticos e culturais que posúe, para enfrontarse con maior dominio ás actividades lingüísticas de produción, comprensión, interacción e mediación nesta segunda lingua estranxeira, á vez que fai evolucionar tal repertorio.

Mediante a competencia plurilingüe e pluricultural, o alumnado poderá mobilizar o repertorio plural dos recursos lingüísticos e culturais das linguas que conforman o seu repertorio lingüístico (linguas cooficiais da nosa comunidade, linguas estranxeiras ¿vivas ou clásicas¿ e linguas de migración, se é o caso) e así enfrontarse á necesidade de comunicar noutra lingua estranxeira apoiado polos coñecementos e experiencias lingüísticas e culturais adquiridos en todas as linguas coñecidas ou aprendidas. A segunda lingua estranxeira contribuirá a que o alumnado desenvolva a súa competencia intercultural, abríndolle o ámbito da alteridade e axudándoo a comprender mellor ao outro; ampliando as súas competencias de mediación entre diferentes grupos sociais e a súa capacidade de cuestionar aqueles aspectos da súa propia cultura que puidesen parecer incuestionables.

 

En definitiva, a aprendizaxe dunha segunda lingua estranxeira desenvolveranse actitudes abertas para aprender tanto a xestionar con intelixencia emocional outras formas de contacto coa alteridade, como a afrontar con curiosidade, empatía e seguridade o encontro co descoñecido.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Comprender as ideas principais e as liñas argumentais básicas de textos expresados na lingua estándar, buscando fontes fiables e facendo uso de estratexias de inferencia e comprobación de significados, para responder ás necesidades comunicativas.
OBX2 Producir textos claros, ben organizados e con certo detalle, usando estratexias tales como a planificación, a síntese, a compensación ou a autorreparación, para expresar ideas e argumentos de forma adecuada, de acordo con propósitos comunicativos concretos.
OBX3 Interactuar con outras persoas, con corrección e fluidez suficiente, cunha pronuncia claramente intelixible para facerse entender sen dificultade, usando estratexias de cooperación e empregando recursos analóxicos e dixitais, para responder a propósitos comunicativos en intercambios respectuosos coas normas de cortesía.
OBX4 Mediar entre distintas linguas ou variedades, en intercambios sinxelos de información relacionados con asuntos cotiáns ou con información persoal básica, usando estratexias e coñecementos eficaces para crear unha atmosfera positiva que facilite a comunicación.
OBX5 Ampliar e usar os repertorios lingüísticos persoais entre distintas linguas e reflexionar de forma crítica sobre o seu funcionamento facendo explícitos e compartindo as estratexias e os coñecementos propios, para mellorar a resposta ás súas necesidades comunicativas.
OBX6 Valorar criticamente e adecuarse á diversidade lingüística, cultural e artística a partir da lingua estranxeira, reflexionando e compartindo as semellanzas e as diferenzas entre linguas e culturas, para actuar de forma empática, respectuosa e eficaz, e fomentar a comprensión mutua en situacións interculturais.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Introdución progresiva das funcións comunicativas e medios de comunicación francofónos e o medioambiente Nesta unidade faremos unha introdución das funions comunicativas básicas (vida cotidiá, familia. lecer, saúde, etc..) e ampliaremos con léxico especifico dos medios de comunicación e do clima. Ademais, traballaremos puntos gramaticais sinxelos que iremos ampliando ao longo do trimestre. 33 50
2 Costumes e hábitos alimenticios. Comparativa da vida rural e urbana. Expresión da opinión e dos sentementos, opinións, etc.. Nesta unidade veremos vocabulario relativo ao campo e a cidade, vocabulario dos alimentos, a expresión dos sentementos,etc.. e traballaremos a interrogación, os pronomes, repaso de verbos en presente e futuro, os adjectivos, etc... 33 45
3 Convencións sociais, immigración, educación e as institucións. Comparar a forma de vida da xuventude en Francia e en España. Nesta unidade traballaremos o vocabulario referente a vida cotidiá, institucións, educación, immigración, etc... Traballaremos a causa, finalidade, as preposicións, etc..A expresión da certeza, probabilidade, posibilidade, dúbida , etc.. 34 45

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Comunicación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA1.1 - Identificar a información esencial e os puntos máis relevantes en textos, breves ou de lonxitude media e ben estruturados, escritos en lingua estándar que traten de asuntos cotiáns ou de temas de interese ou relevantes para os propios estudos, a ocupación ou o traballo, e que conteñan estruturas e un léxico de uso moi común.
CA1.2 - Comprender o esencial en situacións de comunicación oral ou escrita, de xeito presencial ou telemático, e dos medios de comunicación social nunha variedade de lingua estándar, que traten de necesidades inmediatas, temas cotiáns e coñecidos con que se estea familiarizado ou experiencias persoais e predicibles, sempre que se poidan utilizar estratexias que faciliten a comprensión, como apoios visuais e, no caso da oralidade, se dean repeticións ou reformulacións.
CA1.3 - Aplicar autonomamente as estratexias, recursos e coñecementos máis adecuados (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), para comprender o sentido xeral, a información esencial e detalles relevantes dos textos, inferindo o significado de palabras e expresións non coñecidas; e interpretar elementos non verbais.
CA1.4 - Comprender información relevante en textos do seu interese, expositivos ou narrativos, en distintos soportes, de lonxitude media e ben estruturados, nos cales se presentan en termos simples fenómenos, accións, persoas, obxectos e lugares, e se manifestan opinións con expresións sinxelas e sen implícitos, e, no caso da interacción oral, se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito.
CA1.5 - Buscar información en fontes confiables sobre temas de investigación de interese persoal, educativo ou ocupacional, considerando a selección das fontes de información adecuadas como parte esencial do proceso de investigación para o traballo ou proxecto que se está realizando.
CA1.6 - Expresar oralmente textos sinxelos e comprensibles, previamente preparados, de extensión breve ou media, nun rexistro neutro, sobre temas de interese persoal sobre os cales teña coñecementos previos, utilizando recursos verbais e non verbais, así como estratexias tales como a de planificación, de compensación e de cooperación.
CA1.7 - Producir textos, tanto cara a cara como por medios técnicos, nun rexistro neutro, cun discurso comprensible e adecuado á situación, e utilizando as estratexias necesarias para iniciar e manter a comunicación.
CA1.8 - Redactar e difundir textos claros e coherentes, con cohesión sinxela, corrección e adecuación á situación comunicativa proposta, á tipoloxía textual e ás ferramentas analóxicas e dixitais utilizadas, nun rexistro neutro, respectando as convencións ortográficas básicas, con control de expresións e estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente, sobre asuntos cotiáns, de relevancia persoal ou de interese público próximos á súa experiencia, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.
CA1.9 - Completar documentos básicos nos cales se solicite información persoal ou relativa aos seus estudos, en soporte tanto impreso como dixital.
CA1.10 - Aplicar e comunicar coñecementos e estratexias para planificar, producir e revisar textos sinxelos comprensibles, coherentes e adecuados ás intencións comunicativas, á persoa destinataria e ás características contextuais.
CA1.11 - Participar en situacións interactivas de intercambios de información breves referidos a asuntos da vida cotiá e próximos á súa experiencia, a través de diversos soportes, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal propia da cultura estranxeira, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.
CA1.12 - Interactuar con pronuncia intelixible pedindo que se lle repitan os puntos clave, se o necesita, e sen que as súas posibles vacilacións e reformulacións de expresións ou estruturas impidan a comunicación.
CA1.13 - Interaccionar utilizando os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos á vida cotiá, condicións de vida e contorno, relacións interpersoais (nos ámbitos persoal, educativo e ocupacional), comportamento (posturas, expresións faciais, volume da voz, contacto visual e proxémico) e convencións sociais (actitudes, normas e valores), axustando a mensaxe á persoa destinataria e ao propósito comunicativo, e amosando empatía e a cortesía debida.
CA1.14 - Utilizar estratexias adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, solicitar e formular aclaracións.
CA1.15 - Utilizar estratexias de activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, compensando as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos.
CA1.16 - Amosar unha actitude de respecto cara a si mesmo e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender, considerando o erro como fonte de aprendizaxe.
Contidos
C1.1 - Manifestación de autoconfianza e iniciativa. Actitude reflexiva ante o erro como parte integrante do proceso de aprendizaxe.
C1.2 - Uso de estratexias de uso común para a planificación, execución, control e reparación da comprensión, a produción e a coprodución de textos orais, escritos e multimodais contextualizados.
C1.3 - Utilización dos coñecementos, destrezas e actitudes que permiten levar a cabo actividades de mediación en situacións cotiás (explicar costumes, manifestacións culturais, relacións familiares ou de amizade, relacións laborais¿).
C1.4 - Funcións comunicativas de uso común adecuadas ao ámbito e ao contexto comunicativo: establecer e manter de xeito sinxelo a comunicación e a organización elemental do discurso. Dar información persoal e familiar básica e, en termos simples, narrar acontecementos pasados e describir estados e situacións presentes, e expresar sucesos futuros. Solicitar e dar información e indicacións, e expresar de xeito sinxelo opinións e advertencias. Expresar de forma sinxela coñecemento, descoñecemento, certeza e dúbida. Expresar a vontade, a intención, a orde, a autorización e a prohibición. Expresar interese, aprobación, aprecio, satisfacción e sorpresa, así como os seus contrarios. Resumir.
C1.5 - Uso de modelos contextuais e xéneros discursivos de uso común na comprensión, produción e coprodución de textos orais, escritos e multimodais, breves e sinxelos, considerando as características e o recoñecemento do contexto (participantes e situación), as expectativas xeradas polo contexto, a organización e estruturación segundo o xénero, a función textual e a estrutura.
C1.6 - Utilización de unidades lingüísticas de uso común e habitual e significados asociados a estas, tales como a expresión da entidade (obxectos, persoas, ideas, estados, accións, sucesos, etc.) e as súas propiedades (existencia, inexistencia, dimensións...), cantidade e calidade (forma, tamaño, cor, idade...), o espazo e as relacións espaciais, o tempo e as relacións temporais (anterioridade, secuencia, posterioridade...), as formas básicas da afirmación, a negación, a interrogación e a exclamación, e as relacións lóxicas habituais.
C1.7 - Utilización de léxico común de interese para o alumnado, relativo a tempo e espazo; estados, eventos e acontecementos; actividades, procedementos e procesos; relacións persoais, sociais, académicas e profesionais; educación, traballo; lingua e comunicación intercultural; ciencia e tecnoloxía; historia e cultura, así como uso básico de estratexias de enriquecemento léxico (derivación, familias léxicas, polisemia, sinonimia, antonimia...).
C1.8 - Utilización e recoñecemento de padróns sonoros, acentuais, rítmicos e de entoación: sons e fonemas vocálicos, sons e fonemas consonánticos e as súas agrupacións, procesos fonolóxicos básicos, acento fónico dos elementos léxicos illados e na oración, e identificación e expresión de intencións comunicativas básicas asociadas a eses padróns.
C1.9 - Utilización e recoñecemento de padróns gráficos e convencións ortográficas: uso das normas de ortografía da palabra, utilización adecuada da ortografía da oración (coma, punto e coma, puntos suspensivos, parénteses e comiñas) e identificación e expresión de intencións comunicativas básicas asociadas a eses padróns.
C1.10 - Utilización de convencións e estratexias conversacionais de uso común, en formato síncrono ou asíncrono, para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, pedir e dar aclaracións e explicacións, reformular, comparar e contrastar, resumir e parafrasear, colaborar e negociar significados.
C1.11 - Uso de recursos para a aprendizaxe e estratexias de uso común de procura e selección de información, como dicionarios, libros de consulta, bibliotecas, mediatecas, etiquetas na rede, recursos dixitais (tradutores, conxugadores...) e informáticos (correctores ortográficos, gramaticais, etc.).
C1.12 - Respecto á propiedade intelectual e dereitos de autor sobre as fontes consultadas e contidos utilizados: utilización de ferramentas para o tratamento de datos bibliográficos e de recursos para evitar o plaxio.
C1.13 - Emprego de ferramentas analóxicas e dixitais de uso común para a comprensión, produción e coprodución oral, escrita e multimodal, e de plataformas virtuais de interacción, colaboración e cooperación educativa (aulas virtuais, videoconferencias, ferramentas dixitais colaborativas...) para a aprendizaxe, a comunicación e o desenvolvemento de proxectos con falantes ou estudantes da lingua estranxeira.
Bloque B2. Plurilingüismo e reflexión sobre a aprendizaxe
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA2.1 - Inferir e explicar textos e conceptos breves, sinxelos e predicibles en situacións moi cotiás e familiares, e transmitir a terceiras persoas a información dun xeito simple, aínda que se deban usar palabras soltas ou axudarse de elementos non lingüísticos, mostrando respecto e empatía polas persoas interlocutoras e polas linguas empregadas.
CA2.2 - Participar na solución de problemas de incomprensión e de entendemento no seu contorno próximo, debidos á diversidade sociocultural e lingüística, resumindo, simplificando ou explicando mensaxes ou hábitos socioculturais sinxelos e coñecidos, para crear pontes e facilitar a comprensión e a comunicación.
CA2.3 - Comparar e argumentar as similitudes e diferenzas entre distintas linguas, reflexionando sobre o seu funcionamento.
CA2.4 - Utilizar os coñecementos, estratexias e experiencias das linguas do seu repertorio lingüístico para comprender e producir textos, e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece, valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
CA2.5 - Identificar os progresos e as dificultades da súa aprendizaxe da lingua estranxeira realizando actividades de autoavaliación e coavaliación, recoñecendo estratexias de logro propias e alleas, reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar, facéndoos explícitos e compartíndoos con outros participantes.
CA2.6 - Valorar a adquisición dunha competencia plurilingüe suficiente sen necesidade de acadar niveis de competencia iguais nin similares aos que posúe na súa lingua primeira ou máis utilizada.
Contidos
C2.1 - Utilización de estratexias e técnicas para responder eficazmente e con niveis crecentes de autonomía, adecuación e corrección a unha necesidade comunicativa concreta superando as limitacións derivadas do nivel de competencia na lingua estranxeira e nas demais linguas do repertorio lingüístico propio.
C2.2 - Reaxuste da tarefa ou da mensaxe, emprendendo unha versión máis modesta, tras valorar as dificultades e os recursos lingüísticos dispoñibles.
C2.3 - Uso de elementos coñecidos obtidos de modelos sinxelos de textos e de frases feitas e locucións básicas, para elaborar os propios textos.
C2.4 - Comparación das linguas e variedades que conforman o repertorio lingüístico persoal, para recoñecer estratexias de uso común (identificar, organizar, reter, recuperar e utilizar unidades lingüísticas -léxico, morfosintaxe, padróns sonoros, etc.-).
C2.5 - Uso de estratexias e ferramentas de uso común, analóxicas e dixitais, individuais e cooperativas, para a autoavaliación, a coavaliación e a autorreparación.
C2.6 - Manexo de expresións e léxico específico de uso común para reflexionar e compartir a reflexión sobre a comunicación, a lingua, a aprendizaxe e as ferramentas de comunicación e aprendizaxe (metalinguaxe).
C2.7 - Comparación sistemática entre linguas, a partir de elementos da lingua estranxeira e doutras linguas, para mellorar a súa aprendizaxe e lograr unha competencia comunicativa integrada.
Bloque B3. Interculturalidade
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA3.1 - Participar en proxectos nos cales se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
CA3.2 - Actuar de forma adecuada, empática e respectuosa en situacións interculturais, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas, identificando e rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo, e recoñecendo valores ecosociais, como a equidade, a reciprocidade e a solidariedade, como vías de solución.
CA3.3 - Incorporar a crítica e a reflexión para adquirir valores, como o respecto á diversidade lingüística, á igualdade e á inclusión, e desenvolver unha visión empática para convivir nunha sociedade intercultural.
CA3.4 - Identificar os aspectos cognitivos, afectivos e comportamentais que forman parte da competencia lingüística e da competencia cultural, valorando o plurilingüismo como salvagarda das especificidades culturais.
CA3.5 - Valorar positivamente a diversidade cultural a través do uso activo de linguas, saberes e coñecementos de procedencia cultural distinta co obxectivo de contribuír á cohesión social desde valores ecosociais.
CA3.6 - Valorar criticamente, desde a consideración dos dereitos humanos, as manifestacións culturais (linguas, costumes, tradicións, crenzas relixiosas, etc.) dos países en que se fala a lingua estranxeira, e as múltiples formas de organización social que pode reflectir a diversidade cultural.
Contidos
C3.1 - Consideración da lingua estranxeira como medio de comunicación interpersoal e internacional, facilitador do acceso a outras culturas e outras linguas, e como ferramenta de participación social e de enriquecemento persoal.
C3.2 - Interese e iniciativa na realización de intercambios comunicativos a través de diferentes medios con falantes ou estudantes da lingua estranxeira, así como por coñecer informacións culturais dos países onde se fala a lingua estranxeira.
C3.3 - Achegamento a algúns aspectos socioculturais e sociolingüísticos propios de países onde se fala a lingua estranxeira (convencións sociais, normas de cortesía e rexistros; institucións, costumes e rituais; valores, normas, crenzas e actitudes; estereotipos e tabús; linguaxe non verbal; historia, cultura e comunidades etc.).
C3.4 - Utilización de estratexias de uso común para entender e apreciar a diversidade lingüística, cultural e artística atendendo a valores ecosociais e democráticos.
C3.5 - Identificación dalgunhas similitudes e diferenzas significativas nos costumes cotiáns entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o propio.
C3.6 - Actitude receptiva e respectuosa cara ás persoas, aos países e ás comunidades lingüísticas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente á propia.
C3.7 - Utilización de estratexias de prevención, detección, rexeitamento e actuación ante usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Introdución progresiva das funcións comunicativas e medios de comunicación francofónos e o medioambiente
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar a información esencial e os puntos máis relevantes en textos, breves ou de lonxitude media e ben estruturados, escritos en lingua estándar que traten de asuntos cotiáns ou de temas de interese ou relevantes para os propios estudos, a ocupación ou o traballo, e que conteñan estruturas e un léxico de uso moi común.
Táboa de indicadores
O alumnado terá que responder a preguntas precisas e entender o sentido global do texto e a información máis relevante e será a proba inicial. 4
CA1.2 Comprender o esencial en situacións de comunicación oral ou escrita, de xeito presencial ou telemático, e dos medios de comunicación social nunha variedade de lingua estándar, que traten de necesidades inmediatas, temas cotiáns e coñecidos con que se estea familiarizado ou experiencias persoais e predicibles, sempre que se poidan utilizar estratexias que faciliten a comprensión, como apoios visuais e, no caso da oralidade, se dean repeticións ou reformulacións.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá ser capaz de comprender o información refererente a temas cotiáns, persoais, etc.. en situacións de comuunicación orais e escritas. 3
CA1.3 Aplicar autonomamente as estratexias, recursos e coñecementos máis adecuados (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), para comprender o sentido xeral, a información esencial e detalles relevantes dos textos, inferindo o significado de palabras e expresións non coñecidas; e interpretar elementos non verbais.
Táboa de indicadores
O alumno poderá interpretar situacións de comunicación de forma autonoma apoiandose en informacións visuais. 3
CA1.5 Buscar información en fontes confiables sobre temas de investigación de interese persoal, educativo ou ocupacional, considerando a selección das fontes de información adecuadas como parte esencial do proceso de investigación para o traballo ou proxecto que se está realizando.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá elaborar un traballo escrito buscando información en internet sobre un persoaxe do seu interese francés ou dun país francófono. 3
CA1.6 Expresar oralmente textos sinxelos e comprensibles, previamente preparados, de extensión breve ou media, nun rexistro neutro, sobre temas de interese persoal sobre os cales teña coñecementos previos, utilizando recursos verbais e non verbais, así como estratexias tales como a de planificación, de compensación e de cooperación.
Táboa de indicadores
O alumnado será capaz de expoñer un traballo e poder expresarse oralmente en francés podendo utilizar un guión que lle sirva de apoio. 3
CA1.7 Producir textos, tanto cara a cara como por medios técnicos, nun rexistro neutro, cun discurso comprensible e adecuado á situación, e utilizando as estratexias necesarias para iniciar e manter a comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado producirá oralmente textos utilizando un rexistro neutro e utilizando as estratexias de comunicación para iniciar e manter a comunicación oral 3
CA1.8 Redactar e difundir textos claros e coherentes, con cohesión sinxela, corrección e adecuación á situación comunicativa proposta, á tipoloxía textual e ás ferramentas analóxicas e dixitais utilizadas, nun rexistro neutro, respectando as convencións ortográficas básicas, con control de expresións e estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente, sobre asuntos cotiáns, de relevancia persoal ou de interese público próximos á súa experiencia, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.
Proba escrita
O alumnado deberá redactar unha carta informal utilizando expresións e estructuras sinxelas, tempo verbais, etc.. O texto debe ser coherente e debe debe respectar as convención sortográficas básicas. 15
CA1.9 Completar documentos básicos nos cales se solicite información persoal ou relativa aos seus estudos, en soporte tanto impreso como dixital.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá responder a un cuetionario relativa a os seus estudos, aficións, información persoal, etc...previamente elaborado pola profesora. 3
CA1.11 Participar en situacións interactivas de intercambios de información breves referidos a asuntos da vida cotiá e próximos á súa experiencia, a través de diversos soportes, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal propia da cultura estranxeira, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.
Táboa de indicadores
En grupo de dous deberán facer preguntas sobre eles e os seus intereses, gustos, e planes de futuro. 3
CA1.12 Interactuar con pronuncia intelixible pedindo que se lle repitan os puntos clave, se o necesita, e sen que as súas posibles vacilacións e reformulacións de expresións ou estruturas impidan a comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado escoitará un texto (varias veces) e deberá reproducilo en voz alta tendo en conta a pronuncia. 3
CA1.13 Interaccionar utilizando os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos á vida cotiá, condicións de vida e contorno, relacións interpersoais (nos ámbitos persoal, educativo e ocupacional), comportamento (posturas, expresións faciais, volume da voz, contacto visual e proxémico) e convencións sociais (actitudes, normas e valores), axustando a mensaxe á persoa destinataria e ao propósito comunicativo, e amosando empatía e a cortesía debida.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá fará un exercicio de interacción co seu compñeiro na aula onde utlizará os coñecementos sociolinguísticos e socioculturais adquiridos relativos a valores, vida cotidiá, etc... 3
CA1.14 Utilizar estratexias adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, solicitar e formular aclaracións.
Táboa de indicadores
O alumnado nas actividades de aula poderá solicitar, formular aclaracións en francés cando non comprende algo. 3
CA1.15 Utilizar estratexias de activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, compensando as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos.
Proba escrita
O alumnado deberá contestar por escrito a un exáme elaborado cos contidos gramáticais, léxicos, morfosintácticos traballados e estudiados previamente. 15
CA1.16 Amosar unha actitude de respecto cara a si mesmo e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender, considerando o erro como fonte de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
O alumnado fará un pequeno debate sobre un tema de actualidade previamente preparado na aula e dará un tema de opinión e deberán amosar respecto. 3
CA2.1 Inferir e explicar textos e conceptos breves, sinxelos e predicibles en situacións moi cotiás e familiares, e transmitir a terceiras persoas a información dun xeito simple, aínda que se deban usar palabras soltas ou axudarse de elementos non lingüísticos, mostrando respecto e empatía polas persoas interlocutoras e polas linguas empregadas.
Táboa de indicadores
O alumnado depois de ler un texto deberá resumir e transmitir o resto da clase dun xeito simple a información do texto. 3
CA2.3 Comparar e argumentar as similitudes e diferenzas entre distintas linguas, reflexionando sobre o seu funcionamento.
Proba escrita
O alumnado deberá redactar e argumentar sobre un tema proposto pola profesora referente a cultura francesa e española. Terá que reflexionar e comparar as duas culturas. 15
CA3.2 Actuar de forma adecuada, empática e respectuosa en situacións interculturais, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas, identificando e rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo, e recoñecendo valores ecosociais, como a equidade, a reciprocidade e a solidariedade, como vías de solución.
Táboa de indicadores
O alumnado na aula deberá ser respetuoso coas diferentes culturas e aprender a volorar o que é diferente sen prexuizos. 3
CA3.3 Incorporar a crítica e a reflexión para adquirir valores, como o respecto á diversidade lingüística, á igualdade e á inclusión, e desenvolver unha visión empática para convivir nunha sociedade intercultural.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá saber facer unha crítica constructiva para adquirir valores e ser respetuoso, empático para poder convivir nunha sociedade intercultural. 3
CA3.4 Identificar os aspectos cognitivos, afectivos e comportamentais que forman parte da competencia lingüística e da competencia cultural, valorando o plurilingüismo como salvagarda das especificidades culturais.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá prestar atención na aula as explicacións para adquirir unha mellor competencia lingüística e cultural. 3
CA3.5 Valorar positivamente a diversidade cultural a través do uso activo de linguas, saberes e coñecementos de procedencia cultural distinta co obxectivo de contribuír á cohesión social desde valores ecosociais.
Táboa de indicadores
O alumnado valorar e facer unha comparativa das diferentes linguas, encontrar pálabras que significan o mesmo nas dúas linguas e de onde proceden. 3
CA3.6 Valorar criticamente, desde a consideración dos dereitos humanos, as manifestacións culturais (linguas, costumes, tradicións, crenzas relixiosas, etc.) dos países en que se fala a lingua estranxeira, e as múltiples formas de organización social que pode reflectir a diversidade cultural.
Táboa de indicadores
En grupo de dous, o alumnado terá que facer unha búsqueda de todos os países francofónos comparando as costumes, tradicións e a diversidade cultural. 3

2 Costumes e hábitos alimenticios. Comparativa da vida rural e urbana. Expresión da opinión e dos sentementos, opinións, etc..
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar a información esencial e os puntos máis relevantes en textos, breves ou de lonxitude media e ben estruturados, escritos en lingua estándar que traten de asuntos cotiáns ou de temas de interese ou relevantes para os propios estudos, a ocupación ou o traballo, e que conteñan estruturas e un léxico de uso moi común.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá respostar a preguntas dun texto e identificar os puntos máis relevantes e responder a preguntas concretas. 3
CA1.2 Comprender o esencial en situacións de comunicación oral ou escrita, de xeito presencial ou telemático, e dos medios de comunicación social nunha variedade de lingua estándar, que traten de necesidades inmediatas, temas cotiáns e coñecidos con que se estea familiarizado ou experiencias persoais e predicibles, sempre que se poidan utilizar estratexias que faciliten a comprensión, como apoios visuais e, no caso da oralidade, se dean repeticións ou reformulacións.
Táboa de indicadores
O alumnado despois de ver un video deberán facer e respostar preguntas sobre a vida e costumes en Francia. 3
CA1.3 Aplicar autonomamente as estratexias, recursos e coñecementos máis adecuados (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), para comprender o sentido xeral, a información esencial e detalles relevantes dos textos, inferindo o significado de palabras e expresións non coñecidas; e interpretar elementos non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá traballar de forma autónoma con un texto e extraer a información importante. Traballar co vocabulario descoñecido e buscar sinónimos. 3
CA1.4 Comprender información relevante en textos do seu interese, expositivos ou narrativos, en distintos soportes, de lonxitude media e ben estruturados, nos cales se presentan en termos simples fenómenos, accións, persoas, obxectos e lugares, e se manifestan opinións con expresións sinxelas e sen implícitos, e, no caso da interacción oral, se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá buscar un persoaxe histórico francés e facer unha descrición da sua vida, obra, etc... 3
CA1.5 Buscar información en fontes confiables sobre temas de investigación de interese persoal, educativo ou ocupacional, considerando a selección das fontes de información adecuadas como parte esencial do proceso de investigación para o traballo ou proxecto que se está realizando.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá buscar información e diferentes fontes presentar por escritoe oralmente o traballo no cal reflexará as fontes de información. 2
CA1.6 Expresar oralmente textos sinxelos e comprensibles, previamente preparados, de extensión breve ou media, nun rexistro neutro, sobre temas de interese persoal sobre os cales teña coñecementos previos, utilizando recursos verbais e non verbais, así como estratexias tales como a de planificación, de compensación e de cooperación.
Táboa de indicadores
O alumnado por parellas creará unha banda deseñada onde escollerán un tema do seu interese persoal e farán os diálogos. Deberán utilizar planificar e cooperar na tarefa. 3
CA1.7 Producir textos, tanto cara a cara como por medios técnicos, nun rexistro neutro, cun discurso comprensible e adecuado á situación, e utilizando as estratexias necesarias para iniciar e manter a comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado saberá utilizar estratexias na aula para iniciar, manter e comunicar o seu discurso de forma sinxela e comprensible. 2
CA1.8 Redactar e difundir textos claros e coherentes, con cohesión sinxela, corrección e adecuación á situación comunicativa proposta, á tipoloxía textual e ás ferramentas analóxicas e dixitais utilizadas, nun rexistro neutro, respectando as convencións ortográficas básicas, con control de expresións e estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente, sobre asuntos cotiáns, de relevancia persoal ou de interese público próximos á súa experiencia, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.
Proba escrita
O alumnado terá unha proba escrita na que deberá redactar un texto no que deberá coñecer as convencións ortográficas básicas, con control de expresións e estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente, sobre asuntos cotiáns, de relevancia persoal. 15
CA1.9 Completar documentos básicos nos cales se solicite información persoal ou relativa aos seus estudos, en soporte tanto impreso como dixital.
Táboa de indicadores
O alumnado completará un ficha previamente elaborada pola profesora que deberán completar con información persoal ou relativa aos seus estudos, etc.. 3
CA1.10 Aplicar e comunicar coñecementos e estratexias para planificar, producir e revisar textos sinxelos comprensibles, coherentes e adecuados ás intencións comunicativas, á persoa destinataria e ás características contextuais.
Táboa de indicadores
O alumnado fará exercicio no cal deberá atopar erros nun texto fabricado pola profesora e rectificalos. 2
CA1.11 Participar en situacións interactivas de intercambios de información breves referidos a asuntos da vida cotiá e próximos á súa experiencia, a través de diversos soportes, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal propia da cultura estranxeira, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.
Táboa de indicadores
O alumnado fará un pequeno debate abordando asuntos da vida cotiá, e próximos á súa experiencia. 2
CA1.12 Interactuar con pronuncia intelixible pedindo que se lle repitan os puntos clave, se o necesita, e sen que as súas posibles vacilacións e reformulacións de expresións ou estruturas impidan a comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado prestará atención os videos traballados e preparados na aula e repetirá de forma intelixilble o que se lle pregunte. 3
CA1.13 Interaccionar utilizando os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos á vida cotiá, condicións de vida e contorno, relacións interpersoais (nos ámbitos persoal, educativo e ocupacional), comportamento (posturas, expresións faciais, volume da voz, contacto visual e proxémico) e convencións sociais (actitudes, normas e valores), axustando a mensaxe á persoa destinataria e ao propósito comunicativo, e amosando empatía e a cortesía debida.
Táboa de indicadores
O alumnado visionará un video sobre os hábitos alimenticios e horarios en Francia. Deberán falar sobre as diferenzas e similtudes entre Francia e España. 3
CA1.14 Utilizar estratexias adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, solicitar e formular aclaracións.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá saber pedir a pálabra, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, solicitar e formular aclaracións. 2
CA1.15 Utilizar estratexias de activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, compensando as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos.
Proba escrita
O alumnado fará unha proba escrita con elementos morfo sintácticos e deberá mostrar os coñecementos adquiridos e asimilados do idioma. 15
CA1.16 Amosar unha actitude de respecto cara a si mesmo e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender, considerando o erro como fonte de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
O alumnado na aula terá unha actitude de respecto cara as opinións dás demais persoas. 2
CA2.1 Inferir e explicar textos e conceptos breves, sinxelos e predicibles en situacións moi cotiás e familiares, e transmitir a terceiras persoas a información dun xeito simple, aínda que se deban usar palabras soltas ou axudarse de elementos non lingüísticos, mostrando respecto e empatía polas persoas interlocutoras e polas linguas empregadas.
Proba escrita
O alumnado fará unha proba escrita na cal deberá demostrar a comprensión e explicar o texto de xeito simple. Responderá a unha serie de preguntas na que demostrará o seu nivel de aprendizzaxe. 15
CA2.3 Comparar e argumentar as similitudes e diferenzas entre distintas linguas, reflexionando sobre o seu funcionamento.
Táboa de indicadores
O alumnado fará unha comparativa das duas linguas reflexionando sobre o seu funcionamento. 2
CA2.5 Identificar os progresos e as dificultades da súa aprendizaxe da lingua estranxeira realizando actividades de autoavaliación e coavaliación, recoñecendo estratexias de logro propias e alleas, reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar, facéndoos explícitos e compartíndoos con outros participantes.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá facer unha autoavaliación recoñecendo estratexias de logro propias e alleas; reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar a sua aprendizaxe. 2
CA3.1 Participar en proxectos nos cales se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
Táboa de indicadores
O alumnado o longo do curso fará pequenos proxectos relacionados con elementos transversais na que se valorará a competencia que posee como persoa plurilingüe. 2
CA3.2 Actuar de forma adecuada, empática e respectuosa en situacións interculturais, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas, identificando e rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo, e recoñecendo valores ecosociais, como a equidade, a reciprocidade e a solidariedade, como vías de solución.
Táboa de indicadores
O alumnado visionará fragmentos dun telexornal (TV5 MONDE) con situacións interculturais e deberá respectar as diferentes culturas rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo, e recoñecendo valores ecosociais como a equidade, a reciprocidade e a solidariedade. 3
CA3.3 Incorporar a crítica e a reflexión para adquirir valores, como o respecto á diversidade lingüística, á igualdade e á inclusión, e desenvolver unha visión empática para convivir nunha sociedade intercultural.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá utilizar elementos lingüísticos traballados e estudiados para poder expresar unha crítica e poder opinar sobre situacións da vida real e convivir nunha sociedade intercultural.. 3
CA3.4 Identificar os aspectos cognitivos, afectivos e comportamentais que forman parte da competencia lingüística e da competencia cultural, valorando o plurilingüismo como salvagarda das especificidades culturais.
Táboa de indicadores
O alumnado utilizará o plurilingüísmo (inglés, galego, español) como medio para desenvolver e incrementar a competencia lingüística en francés. 3
CA3.5 Valorar positivamente a diversidade cultural a través do uso activo de linguas, saberes e coñecementos de procedencia cultural distinta co obxectivo de contribuír á cohesión social desde valores ecosociais.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá valorar positivamente a diversidade cultural a través do uso activo de linguas. 2
CA3.6 Valorar criticamente, desde a consideración dos dereitos humanos, as manifestacións culturais (linguas, costumes, tradicións, crenzas relixiosas, etc.) dos países en que se fala a lingua estranxeira, e as múltiples formas de organización social que pode reflectir a diversidade cultural.
Táboa de indicadores
O alumnado participará con proxectos nas actividades relacionadas cos dereitos humanos e será respetuoso cos costumes, tradicións, crenzas relixiosas etc... dos países nos que se fala a lingua estranxeira, e as múltiples formas de organización social que pode reflectir a diversidade cultural. 2

3 Convencións sociais, immigración, educación e as institucións. Comparar a forma de vida da xuventude en Francia e en España.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Identificar a información esencial e os puntos máis relevantes en textos, breves ou de lonxitude media e ben estruturados, escritos en lingua estándar que traten de asuntos cotiáns ou de temas de interese ou relevantes para os propios estudos, a ocupación ou o traballo, e que conteñan estruturas e un léxico de uso moi común.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá respostar a preguntas dun texto e identificar os puntos máis relevantes e responder a preguntas concretas. 3
CA1.2 Comprender o esencial en situacións de comunicación oral ou escrita, de xeito presencial ou telemático, e dos medios de comunicación social nunha variedade de lingua estándar, que traten de necesidades inmediatas, temas cotiáns e coñecidos con que se estea familiarizado ou experiencias persoais e predicibles, sempre que se poidan utilizar estratexias que faciliten a comprensión, como apoios visuais e, no caso da oralidade, se dean repeticións ou reformulacións.
Táboa de indicadores
O alumnado despois de ver un video deberán facer e respostar preguntas sobre a vida e costumes nos países francónos do seu interese. 2
CA1.3 Aplicar autonomamente as estratexias, recursos e coñecementos máis adecuados (recurso ás imaxes, títulos e outras informacións visuais, e aos coñecementos previos sobre o tema ou a situación de comunicación, e aos transferidos desde as linguas que coñece), para comprender o sentido xeral, a información esencial e detalles relevantes dos textos, inferindo o significado de palabras e expresións non coñecidas; e interpretar elementos non verbais.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá traballar de forma autónoma con un texto e extraer a información importante. Traballar co vocabulario descoñecido e buscar sinónimos e logo elaborar un texto utilizando o os sinónimos. 3
CA1.4 Comprender información relevante en textos do seu interese, expositivos ou narrativos, en distintos soportes, de lonxitude media e ben estruturados, nos cales se presentan en termos simples fenómenos, accións, persoas, obxectos e lugares, e se manifestan opinións con expresións sinxelas e sen implícitos, e, no caso da interacción oral, se a persoa interlocutora está disposta a repetir ou reformular o dito.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá buscar un persoaxe relevante francófono e facer unha descrición da sua vida, obra, etc... e expoñer oralmente na aula o traballo. 3
CA1.5 Buscar información en fontes confiables sobre temas de investigación de interese persoal, educativo ou ocupacional, considerando a selección das fontes de información adecuadas como parte esencial do proceso de investigación para o traballo ou proxecto que se está realizando.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá buscar información sobre un tema do seu interese ( deporte; música , libros etc...) en diferentes fontes de información e presentar o traballo no cal reflexará as fontes de información. 2
CA1.6 Expresar oralmente textos sinxelos e comprensibles, previamente preparados, de extensión breve ou media, nun rexistro neutro, sobre temas de interese persoal sobre os cales teña coñecementos previos, utilizando recursos verbais e non verbais, así como estratexias tales como a de planificación, de compensación e de cooperación.
Táboa de indicadores
O alumnado por parellas trás ver un video sobre un tema do seu interese (costumes, cancións, películas..) deberán presentalo na clase os seus compañeiros. A tarefa terá que ser planificada e poderán manexar recursos verbais e non verbais. 3
CA1.7 Producir textos, tanto cara a cara como por medios técnicos, nun rexistro neutro, cun discurso comprensible e adecuado á situación, e utilizando as estratexias necesarias para iniciar e manter a comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado saberá utilizar estratexias na aula para iniciar manter e comunicar o seu discurso de forma sinxela e comprensible. 2
CA1.8 Redactar e difundir textos claros e coherentes, con cohesión sinxela, corrección e adecuación á situación comunicativa proposta, á tipoloxía textual e ás ferramentas analóxicas e dixitais utilizadas, nun rexistro neutro, respectando as convencións ortográficas básicas, con control de expresións e estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente, sobre asuntos cotiáns, de relevancia persoal ou de interese público próximos á súa experiencia, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.
Proba escrita
O alumnado terá unha proba escrita na que deberá escribir unha carta a un amigo/a e deberá coñecer as convencións ortográficas básicas, con control de expresións e estruturas sinxelas e un léxico de uso frecuente, sobre asuntos cotiáns, de relevancia persoal. 15
CA1.9 Completar documentos básicos nos cales se solicite información persoal ou relativa aos seus estudos, en soporte tanto impreso como dixital.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá facer un CV imaxinario completando con información persoal ou relativa aos seus estudos, gustos, etc.. 2
CA1.10 Aplicar e comunicar coñecementos e estratexias para planificar, producir e revisar textos sinxelos comprensibles, coherentes e adecuados ás intencións comunicativas, á persoa destinataria e ás características contextuais.
Táboa de indicadores
O alumnado fará exercicio no cal deberá escoitar e completar os ocos do texto. Demostrará a comprensión e o dominio do idioma. 3
CA1.11 Participar en situacións interactivas de intercambios de información breves referidos a asuntos da vida cotiá e próximos á súa experiencia, a través de diversos soportes, apoiándose en recursos tales como a repetición, o ritmo pausado ou a linguaxe non verbal propia da cultura estranxeira, e mostrando empatía e respecto pola cortesía lingüística e a etiqueta dixital.
Táboa de indicadores
O alumnado fará un pequeno debate sobre un tema de actualidade do seu interese (as redes sociais, a immigración, etc..) 2
CA1.12 Interactuar con pronuncia intelixible pedindo que se lle repitan os puntos clave, se o necesita, e sen que as súas posibles vacilacións e reformulacións de expresións ou estruturas impidan a comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado prestará atención a pronuncia dos videos traballados e preparados na aula e repetirá de forma intelixilble o que se lle pregunte. 2
CA1.13 Interaccionar utilizando os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos adquiridos relativos á vida cotiá, condicións de vida e contorno, relacións interpersoais (nos ámbitos persoal, educativo e ocupacional), comportamento (posturas, expresións faciais, volume da voz, contacto visual e proxémico) e convencións sociais (actitudes, normas e valores), axustando a mensaxe á persoa destinataria e ao propósito comunicativo, e amosando empatía e a cortesía debida.
Táboa de indicadores
O alumnado visionará un video sobre a vida da xuventude en Francia (cales son as suas aficións, gustos, hábitos, vestimenta, etc..). Deberán falar sobre as diferenzas e similtudes entre eles e a xuventude en Francia. 2
CA1.14 Utilizar estratexias adecuadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, solicitar e formular aclaracións.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá saber pedir a pálabra, manter e terminar a comunicación, tomar e ceder a palabra, solicitar e formular aclaracións. 2
CA1.15 Utilizar estratexias de activación dos coñecementos previos sobre modelos e secuencias de interacción, e elementos lingüísticos previamente asimilados e memorizados, compensando as carencias lingüísticas mediante procedementos lingüísticos e paralingüísticos.
Proba escrita
O alumnado fará unha proba escrita con elementos morfo sintácticos (tipo DELf) e deberá mostrar os coñecementos adquiridos e asimilados do idioma. 15
CA1.16 Amosar unha actitude de respecto cara a si mesmo e cara ás demais persoas para comprender e facerse comprender, considerando o erro como fonte de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
O alumnado na aula terá unha actitude de respecto cara as opinións dás demais persoas. 2
CA2.1 Inferir e explicar textos e conceptos breves, sinxelos e predicibles en situacións moi cotiás e familiares, e transmitir a terceiras persoas a información dun xeito simple, aínda que se deban usar palabras soltas ou axudarse de elementos non lingüísticos, mostrando respecto e empatía polas persoas interlocutoras e polas linguas empregadas.
Proba escrita
O alumnado fará unha proba escrita na cal deberá demostrar a comprensión e explicar o texto de xeito simple e destacando a información principal. Logo fará un resumen utilizando as súas propias pálabras. 15
CA2.2 Participar na solución de problemas de incomprensión e de entendemento no seu contorno próximo, debidos á diversidade sociocultural e lingüística, resumindo, simplificando ou explicando mensaxes ou hábitos socioculturais sinxelos e coñecidos, para crear pontes e facilitar a comprensión e a comunicación.
Táboa de indicadores
O alumnado resumirá mensaxes encontrados en textos, videos, cancións, etc.. para crear pontes e facilitar a comprensión e a comunicación. 2
CA2.3 Comparar e argumentar as similitudes e diferenzas entre distintas linguas, reflexionando sobre o seu funcionamento.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá facer unha lista con pálabras idénticas nos duos idiomas e buscará os significados para comparar as similitudes ou os denomidos "faux amis". 2
CA2.4 Utilizar os coñecementos, estratexias e experiencias das linguas do seu repertorio lingüístico para comprender e producir textos, e inferir o significado probable de palabras ou frases que descoñece, valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
Táboa de indicadores
O alumnado traballará cun texto no que intentará comprender a pesar de descoñecer palabras ou frases. Intentará extraer a información xeral valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe. 2
CA2.5 Identificar os progresos e as dificultades da súa aprendizaxe da lingua estranxeira realizando actividades de autoavaliación e coavaliación, recoñecendo estratexias de logro propias e alleas, reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar, facéndoos explícitos e compartíndoos con outros participantes.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá facer unha autoavaliación recoñecendo estratexias de logro propias e alleas; reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar a sua aprendizaxe. 2
CA2.6 Valorar a adquisición dunha competencia plurilingüe suficiente sen necesidade de acadar niveis de competencia iguais nin similares aos que posúe na súa lingua primeira ou máis utilizada.
Táboa de indicadores
O alumnado fará unha proba oral na que demostrará a sua competencia en francés demostrando certa fluidez en situacións da vida cotidiá. 2
CA3.1 Participar en proxectos nos cales se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evitando estereotipos lingüísticos ou culturais e valorando as competencias que posúe como persoa plurilingüe.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá facer unha autoavaliación recoñecendo estratexias de logro propias e alleas; reproducindo aqueles aspectos que axudan a mellorar a sua aprendizaxe. 2
CA3.2 Actuar de forma adecuada, empática e respectuosa en situacións interculturais, construíndo vínculos entre as diferentes linguas e culturas, identificando e rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo, e recoñecendo valores ecosociais, como a equidade, a reciprocidade e a solidariedade, como vías de solución.
Táboa de indicadores
O alumnado visionará fragmentos dun documento real (TV5 MONDE) con situacións interculturais e deberá respectar as diferentes culturas rexeitando calquera tipo de discriminación, prexuízo e estereotipo, e recoñecendo valores ecosociais como a equidade, a reciprocidade e a solidariedade. 2
CA3.3 Incorporar a crítica e a reflexión para adquirir valores, como o respecto á diversidade lingüística, á igualdade e á inclusión, e desenvolver unha visión empática para convivir nunha sociedade intercultural.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá utilizar elementos lingüísticos traballados e estudiados para poder expresar unha crítica e poder opinar sobre situacións da vida real e convivir nunha sociedade intercultural.. 2
CA3.4 Identificar os aspectos cognitivos, afectivos e comportamentais que forman parte da competencia lingüística e da competencia cultural, valorando o plurilingüismo como salvagarda das especificidades culturais.
Táboa de indicadores
O alumnado utilizará o plurilingüísmo ( inglés, galego, español) como medio para desenvolver e incrementar a competencia lingüística en francés. 2
CA3.5 Valorar positivamente a diversidade cultural a través do uso activo de linguas, saberes e coñecementos de procedencia cultural distinta co obxectivo de contribuír á cohesión social desde valores ecosociais.
Táboa de indicadores
O alumnado deberá valorar positivamente a diversidade cultural a través do uso activo de linguas. 2
CA3.6 Valorar criticamente, desde a consideración dos dereitos humanos, as manifestacións culturais (linguas, costumes, tradicións, crenzas relixiosas, etc.) dos países en que se fala a lingua estranxeira, e as múltiples formas de organización social que pode reflectir a diversidade cultural.
Táboa de indicadores
O alumnado participará con proxectos nas actividades relacionadas cos dereitos humanos e será respetuoso cos costumes, tradicións, crenzas relixiosas etc... dos países nos que se fala a lingua estranxeira, e as múltiples formas de organización social que pode reflectir a diversidade cultural. 2

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


A metodoloxía aplicada nas clases francés 1º Bacharelato segunda lingua estranxeira, guiárase polos seguintes puntos:

 

- Activa e participativa, favorecendo tanto o traballo individual, por parellas ou en grupo fomentando o traballo autónomo e a autoavaliación, de cara a procurar os progresos.

 

- Aprendizaxe significativa, de modo que as novas adquisicións do estudante enlacen cos coñecementos previos, tanto do seu repertorio lingüístico como do mundo, para dar lugar a reestruturacións mentais cada vez máis inclusivas, amplas e ricas.

 

- Aprendizaxe funcional, segundo o cal as actividades de ensino-aprendizaxe parten de situacións reais, académicas e sociais, e retornan a elas en formas diversas de aplicación científica, técnica, social, etcétera.

 

- Recursos didácticos diversos e fontes de información variadas, coa intención de chegar ás preferencias, gustos e habilidades dun maior número de alumnado, e ofrecer unha visión o máis ampla posible das culturas que vehicula a lingua estranxeira.

 

- Aprendizaxe lúdica. Na medida do posible as actividades levadas a cabo terán unha compoñente lúdica, de cara a crear un clima de traballo positivo, favorecendo que o alumnado demande máis traballo-xogo e, en consecuencia, a aprendizaxe progrese cun ritmo e profundidade maior.

 

- Métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe, favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e promovan a aprendizaxe en equipo.

 

- Emprego do francés como lingua vehícular na maior parte dos contextos posibles, tanto nas interaccións orais como nas escritas, favorecendo que o alumnado tamén a empregue para dirixirse ao profesorado, mais tamén aos seus iguais.

 

- Deseñaranse actividades de aprendizaxe integradas que lle permitan ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao mesmo tempo.

 

- Reflexión sobre o funcionamento da lingua, encamiñándoa a que o alumnado poida utilizar os coñecementos adquiridos sobre o novo sistema lingüístico como instrumento de control e autocorreción das produccións propias e como recurso para comprender mellor as alleas.

 

- Tratarase o erro como un elemento necesario no proceso de aprendizaxe, evidenciando que calquera falante e aprendiz dunha lingua estranxeira os comete. Levaranse a cabo correccións conxuntas e sistemáticas das produccións realizadas no grupo ou produccións alleas, mostrando que a detección de erros contribúe a evitar os propios. Valorarase positivamente a expresión, mesmo con erros ou recurso a outras linguais, fronte á non expresión (silencio).

 

- Disposición da aula en pequenos grupos, o que facilita a interacción visual, a cooperación e promove unha mellor comunicación. Desaparecen por outra banda os lugares privilexiados de "diante-atrás", asimilados con frecuencia ao alumnado con mellor-peor rendemento e/ou actitude na aula.

 

- Recursos dixitais: Farase uso da aula virtual, presentando material explicativo, tarefas, audios, vídeos, etc. Proporanse pequenas actividades de busca de información ou realización de exercicios on-line, que requiran documentarse ou apoiarse en ferramentas dixitais para a súa execución, contribuíndo así á adquisición da competencia dixital, entre outras.

 

- A integración da preparación de probas de certificación (DELF Scolaire) resulta nunha mellora das destrezas lingüísticas e nun incremento da motivación do alumnado .

 

- A materia contribúe á competencia plurilingüe ofrecendo oportunidades para interactuar en situacións comunicativas e para reflexionar sobre a linguaxe en xeral a través da comparación entre as distintas linguas que se están a aprender (TIL - Tratamento Integrado das Linguas). O recoñecemento e a aprendizaxe progresiva das regras de funcionamento do sistema interno da lingua estranxeira, a partir das linguas que se coñecen, mellorará a adquisición desta competencia.

 

- De ser o caso, contar coa asignación dunha persoa auxiliar de conversa sería un elemento clave para acercar a realidade cultural e lingüística francófona ao noso alumnado e para facilitar a expresión oral. Achegaría a cultura dos países francófonos, reforzando a compoñente de multiculturalidade.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Libro de texto : Nouvelle Génération B1 "tout en un" de la Editorial Santillana
Elaboración propia de material de ampliación e / ou de reforzo
Empregarase documentos auténticos, escollidos por temática e nivel de dificultade lingüística. Concretamente, o uso deste tipo de material conecta o alumnado coa realidade cultural e lingüística da materia e constitúe un elemento motivador en si mesmo, no que radica a súa valía.
Utilizarase páxinas de Internet : TV5 monde, películas, cancións francófonas,etc..
Diccionarios bilingües francés/español
Aula Virtual
Actividades interactivas para a construción e consolidación de novas aprendizaxes.

A selección dos materiais didácticos deben abarcar unha grande variedade de actividades individuais e grupais que poñan en práctica os conceptos e procedementos estudados. Todos os recursos utilizados han de presentar unha claridade expositiva que favoreza a inmediata comprensión /expresión oral e escrita do alumnado.

 

Os materiais empregados favorecen a realización de proxectos significativos para o alumnado de diferentes niveis, en grupos reducidos, favorecendo desde o ámbito da comunicación a adquisición de competencias clave a través da resolución de tarefas de forma creativa e colaborativa, fomentando o espírito científico e o emprendemento (iniciativa persoal), reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. Deste xeito o papel do profesorado pasa a ser o de acompañamento e guía, que axude a converter cada proxecto nunha experiencia positiva e enriquecedora. ¿ O deseño de actividades de aprendizaxe para atender mellor á diversidade do alumnado, o que axudará a darlle unha atención individualizada.

 

A creación de situacións de comunicación, reais ou supostas entre o alumnado. O uso de actividades lúdico-pedagóxicas en diferentes formatos, soportes e modalidades preséntase como un recurso eficaz para a adquisición da lingua. O emprego de fichas de traballo, actividades interactivas, videos, cancións, películas e aplicacións multimedia permiten o reforzo , consalidación e afondamento das aprendizaxes adquiridas.

 

O uso das tecnoloxías como recurso motivador e favorecedor de espazos comunicativos, programas internacionais, plataformas de intercambio e cooperación.O fomento da comprensión oral ao longo de toda a etapa, mediante a utilización de recursos audiovisuais variados, adecuados, motivadores e, na medida do posible, auténticos. A utilización da páxina de internet "TV5 MONDE", sirve traballar as cinco competencias (CO; CE, EO, EE e a mediación) e trata temas de actualidade, culturais, cine, etc....e é unha maneira de iniciarse no mundo francófono.

 

Levaranse a cabo actividades e probas segundo modelos das probas de certificación do DELF scolaire da Alliance Française e das Escolas Oficias de Idiomas para avaliar o grado de consecución das diferentes destrezas. Permitirase deste xeito o diagnóstico de niveis e diferenzas entre as competencias e os perfís de aprendizaxe verase facilitado polo uso das numerosas ferramentas de avaliación.

 

Finalmente, a realización de proxectos significativos para o alumnado de diferentes niveis, en grupos reducidos, favorecendo desde o ámbito da comunicación a adquisición de competencias clave a través da resolución de tarefas de forma creativa e colaborativa, fomentando o espírito científico e o emprendemento (iniciativa persoal), reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. Deste xeito o papel do profesorado pasa a ser o de acompañamento e guía, que axude a converter cada proxecto nunha experiencia positiva e enriquecedora. O deseño de actividades de aprendizaxe para atender mellor á diversidade do alumnado, o que axudará a darlle unha atención individualizada.

 

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


No inicio do curso haberá un proba escrita que recabará datos para a avaliación inicial. A proba avaliará fundamentalmente a capacidade de comprensión e expresión escrita e estará baseada nos contidos curriculares básicos da materia a nivel da ESO. Farase tamén unha proba de expresión oral (presentación, familia,vida académica, etc.). 


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 33.0 33.0 34.0 100.0
Proba escrita 45.0 45.0 45.0 45.0
Táboa de indicadores 55.0 55.0 55.0 54.99999999999999

1) Á hora de avaliar terase en conta a nota obtida tanto nas probas orais como nas probas escritas que contarán da seguinte maneira:

 

En 1° Bacharelato : 45% probas escritas, 45% probas orais e 10 % a participación, traballo, entrega de tarefas, deberes, exposicións, etc.

Farase un control de comprensión oral, expresión oral e de comprensión escrita, expresión escrita ademáis dun exame con contidos gramaticais cada trimestre.

 

Para o cálculo da nota final en todos os cursos, faráse a media das tres avaliacións tendo en conta a seguinte porcentaxe:

- 30% para a 1º AVALIACIÓN

- 30% para a 2ª AVALIACIÓN

- 40% para a 3º AVALIACIÓN

 

A obtención dun 5 na 3ª avaliación supón a superación da materia.

 

 Considerase que un alumno/a está copiando nos seguintes sopostos :

- Actuacións premeditadas na realización de instrumentos de avalición tendentes a falsear os seus resultados como :

- Copiar información do libro de texto ou caderno de exercicios.

- Utilizar na proba documentos ou aparatos non permitidos.

- Comunicación verbal cos compañeiros directamente ou ben comunicación ou obtención de información a través de teléfonos móbiles ou outros dispositivos electrónicos.

- Non entrega de documento de avaliación no proceso de recollida do mesmo ou cambio de documento.

En caso de que o alumnado copie durante a realización de probas ou controis, aplicaremos as medidas seguintes:

No momento en que o profesor/a vexa que o alumno/a procedeu a realización dunha conducta incorrecta e antes mencionada procederá a retirada inmediata do exame considerando que é unha conducta grave e a cualificación deste será de suspenso.

 

En caso de ter suspensa algunha avaliación, será automáticamente recuperada aprobando a seguinte.Se non se acadase o 5 na avaliación final, farase unha recuperación.

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Neste curso non procede, xa que non hai ningún alumno/a repetidor/a. Todo o alumnado empeza unha nova etapa educativa.

 


5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non procede.


6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


As medidas de atención á diversidade estarán orientadas a responder ás necesidades educativas concretas do alumnado e á consecución das competencias básicas e o dos obxectivos da educación secundaria obrigatoria e non poderán, en ningún caso, supoñer unha discriminación que lles impida acadar os devanditos obxectivos e a titulación correspondente.

Deste xeito, utilizaremos fichas complementarias para insistir no logro de determinadas de aprendizaxes para o alumnado con dificultades; outras de ampliación para o alumnado que acade rápidamente estes logros, e tamén outras fichas para recuperar os contidos non acadados.

Teremos en conta a información proporcionada polo Departamento de Orientación para este curso 2023/24 e o Plan Xeral de Atención á Diversidade do centro no que xa se recollen as accións, cara ao alumnado con dificultades. Ademais observaremos e intentaremos detectar as dificultades co idioma, reforzando, repetindo, volvendo a explicar o necesario. Igualmente, procurarase subministrar material específico para os alumnos e alumnas que estean por encima do nivel medio do grupo.

 

Proposta punto Medidas de Atención á Diversidade para as programacións :

 

a) O disposto no PXAD do IES do Milladoiro aprobado o 14/06/17 na CCP: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/taxonomy/term/137

b) O tipo de necesidades que, en xeral, presenta o noso alumnado e as pautas e protocolos xerais, legais e organizativos existentes para dar resposta educativa, que se reflicten na seguinte táboa.

c) "O profesorado, facendo uso da súa autonomía, adaptará as propostas dos protocolos sobre atención á diversidade elaborados pola Consellería de Educación á realidade e necesidade do alumnado e do centro".

 

Necesidades do alumnado

Medidas no IES

Protocolos da Consellería EOU e outras

Coordinación outras Institucións

Educativas Especiais:

 

Discapacidade intelectual

*B, D, E, F, I, J, K, M

¿Orientacións e respostas educativas: Alumnado con discapacidade intelectual¿

http://www.edu.xunta.es/portal/node/3644

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Contratos - Programa

Discapacidade motórica

 

B

¿Orientacións e respostas educativas: Alumnado con discapacidade motora¿

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/libros/motora.pdf

Pautas do EOE de A Coruña

Discapacidade sensorial

 

B,C

¿Protocolo para a atención educativa ao alumnado con discapacidade auditiva¿

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27080

Pautas do EOE de A Coruña

Trastornos xeralizados do desenvolvemento (TEA) - Síndrome Asperger

 

B

¿Orientacións e respostas educativas: Alumnado con trastornos xeneralizados do desenvolvemento¿

http://www.edu.xunta.es/portal/node/3655

http://www.edu.xunta.es/portal/node/3703

 

ASPERGA A Coruña

http://www.asperga.org/

 

Trastornos graves de conduta

A, B, L

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

http://www.edu.xunta.gal/portal/convivencia

http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

Contratos - Programa

Específicas de Apoio Educativo:

 

Altas Capacidades

 

A, B, C, I

-Orientacións e respostas educativas: Alumnado con sobredotación intelectual

http://www.edu.xunta.es/portal/node/3630

http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/141/145/144

-Coordinación con ASAC

-Pautas do EOE de A Coruña

 

TDAH:

 

A, B, C, E, I, K, N

Terase en conta o establecido no punto 8.1. Anexo 1 apartado 8.1.2 de Prevención e intervención dentro da aula do ¿Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario¿: http://www.edu.xunta.es/portal/node/13546

 

-Orientacións da Asociación Compostelana de Niños/as con TDAH:

http://www.acnhsantiago.org/

Dislexia:

 

A, B, C, D, E, I

Orientacións e respostas educativas: Alumnado con trastornos da aprendizaxe:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/3656

-Orientacións da Asociación de Dislexia: http://www.agadix.es/

-Orientacións EOE de A Coruña

-ANEXO XI, Proposta do DO

Incorporación tardía (Alumnado estranxeiro de recente incorporación).

 

 

D, E, F, G, H, I, J, K, M, O

Alumnado de incorporación tardía (procedente do estranxeiro):

http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/141/145/146

 

-UTS do Milladoiro

-OMIX Concello

Necesidades específicas de aprendizaxe:

 

A, B, C, D, E, F, I, J, K, M, N, O

-¿Orientacións e respostas educativas: Alumnado con trastornos da aprendizaxe¿

http://www.edu.xunta.es/portal/node/3656

http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/141/145/409

-UTS do Milladoiro

-OMIX Concello: Clases de Reforzo

-Contratos ¿ Programa e Convenio con Igaxes3: Programa Anaquiños Matemáticos

Desvantaxe Socio-Educativa:

 

 

 

Ambientes desfavorecidos ¿ marxinais:

 

A, B, C, D, I, J, L, N, O

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo por condicións persoais ou de historia escolar

http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/141/145/410

Instituto Galego para a Xestión do Terceiro Sector Igaxes3

http://www.igaxes.org/?lang=es

-UTS do Milladoiro

-OMIX Concello: Clases de Reforzo

 

-Convenio con Igaxes3

-Contratos - Programa

Etnia xitana:

 

 

B, D, E, I, Ñ, O

-Programas e plans:

http://www.edu.xunta.gal/portal/diversidadeorientacion/141/412

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3791

-Convenio de colaboración entre o IES do Milladoiro e o Secretariado Xitano (Programa Promociona) https://www.gitanos.org/galicia/santiago_de_compostela/

Atención Educativa por Enfermidade:

 

Atención educativa domiciliaria

 

B, P

¿Protocolo de atención educativa domiciliaria¿

http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/17722

 

Atención educativa hospitalaria

B, Q

http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal

 

A: Axenda escolar

*B: Seguimento titorial do rendemento

C: Reforzo Educativo

D: Exención da 2ª Lingua Estranxeira, Inglés / Programa de lectoescritura

E: Apoio fóra / dentro da aula do profesorado de PT

F: ACS

G: Grupos de adquisición de linguas

H: Grupos de competencia curricular

I: Agrupamentos Flexibles

J: Integración da materias en ámbitos

K: PMAR

L: Programa de HHSS

M: PROA

N: Clases do Concello

Ñ: Programa Promociona, Secretariado Xitano

O: Desenvolvemento das Competencias clave

P: Atención Educativa Domiciliaria

Q: Atención Educativa Hospitalaria

 

10.1. Atención á diversidade na metodoloxía

 

Corresponde ao profesor do grupo clase, tendo en conta a información facilitada polo Departamento de Orientación, observar deficiencias ou sobredotación e en que grado necesitan apoio extraordinario. Partindo dos contidos mínimos, procuraremos ao longo do curso escolar:

- Facilitar estratexias ao alumnado que presente máis dificultades

- Propoñer actividades complementarias en función dos coñecementos (de ampliación ou de reforzo.)

- Motivar aos alumnos mellor formados confiándolles tarefas con maior grao de dificultade de xeito que enriquezan a súa aprendizaxe.

- Para os alumnos que non cursaran francés en anos anteriores e/ou teñen un nivel mais baixo que o resto do grupo, adaptaránselles os contidos facéndolles asequible a materia dese curso e proporáselles material complementario para subsanar as carencias. Avaliaráselles en función da súa actitude e da súa progresión persoal ao longo de todo o curso.Hai que incidir na importancia da disposición e o esforzo persoal que debe realizar o alumnado para intentar acadar o nivel requerido.

En resumo, trataremos de axustar na medida do posible, a axuda pedagóxica ás diferentes necesidades do noso alumnado e facilitarlles recursos e estratexias variadas.

 

10.2 Atención á diversidade en alumnos/as con dificultades

Corresponderá ó profesor a graduación e categorización das dificultades nas actividades de xeito que introduza as variacións convenientes e acomode a súa metodoloxía ás necesidades do seu alumnado, establecéndose, nos materiais elexidos, repertorios de actividades de baixa, media ou alta complexidade.

- Actividades de reforzo / fotocopias de actividades entregadas polo profesor.

- Estudo dos contidos gramaticais e de vocabulario básicos.

- Realización de diversos exercicios de comprensión oral e escrita.

 

10.3 Actividades de ampliación :

 

Finalmente, para os alumnos que progresan satisfactoriamente nos niveis básicos ofréceselles en cada Unidade didáctica actividades de ampliación:

A través de recursos en internet con actividades complementarias de progresiva dificultade con respostas integradas, que permiten a profundización dos coñecementos adquiridos á vez que facilitan a autoevaliación.

Realización de lecturas voluntarias.

 

10.4. Adaptacións curriculares :

 

Coas indicaciones do Departamento de Orientación, o Departamento elaborará adaptacións curriculares a aqueles alumnos que manifesten dificultades especiales de aprendizaxe ou de integración na actividade ordinaria do centro, dos alumnos de alta capacidade intelectual e dos alumnos con discapacidade. O Noso Departamento dispón de materiais específicos cun grao de dificultade menor ao libro de texto, e otros dunha dificultade maior.

Para concluír este apartado, procurarase atender as necesidades educativas de cada alumno e alumna e conseguir nos grupos, en xeral moi heteroxéneos, o maior aproveitamento posible seguindo os ritmos diferentes na clase segundo as capacidades e circunstancias de cadaquén. Así, os tempos para a realización de probas orais ou escritas poden ser diferentes (máis amplos) para o alumnado con dificultades, se o consideramos necesario.

 


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3
1 Educación para a saúde, tamén emocional e sexual
2 Comprensión de lectura
3 Expresión oral e escrita
4 Comunicación audiovisual
5 Competencia dixital
6 Emprendemento social e empresarial
7 Fomento do espírito crítico e científico
8 Educación emocional e en valores
9 Creatividade
10 Dereitos da infancia
11 Igualdade de xénero e coeducación
12 Aprendizaxe reflexiva, significativa e competencial personalizada

A acción educativa debe fomentar de maneira transversal valores como dereitos da infancia como principio reitor; a igualdade de xénero a través da coeducación e a aprendizaxe da igualdade efectiva de mulleres e homes, a prevención da violencia de xénero e o respecto á diversidade afectivo-sexual; a inclusión educativa para que todo o alumnado teña garantías de éxito na educación por medio dunha dinámica de mellora continua dos centros docentes e unha maior personalización da aprendizaxe; a importancia de atender ao desenvolvemento sostible que inclúe a educación para a paz e os dereitos humanos, a comprensión internacional e a educación intercultural, a educación para a transición ecolóxica; así como aspectos relacionados coa saúde, coa corresponsabilidade, coa cooperación entre iguais e coa interdependencia persoal; e tamén o cambio dixital que se está producindo nas nosas sociedades e que forzosamente afecta a actividade educativa. A sociedade no seu conxunto reclama un sistema educativo moderno, menos ríxido, máis aberto, multilingüe e cosmopolita, que desenvolva todo o potencial e o talento do alumnado.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Teatro/cine en francés Acudirase a ver películas ou unha obra teatral se hai oferta.
Chandeleur Arredor do 2 de febreiro informarase sobre a celebración da Chandeleur
Semaine de la francophonie Segundo o calendario oficial, celebrarase a semana da francofonía propoñendo actividades diversas vinculadas ao francés: visionado de películas ou curtas, degustación de productos de países francófonos, videoconferencias con falantes nativos en lugares diversos, xogos, etc.
Fête de la musique 21 de xuño. Iniciativa xurdida en Francia 1982 que se recreará no centro, en colaboración co Departamento de Músuica e outros que desexen vincularse. Crearanse diferentes puntos no centro onde escoitar música, bailar e tocar, recreando o que se podería ver nesta data en calquera punto de Francia.
Actividades, exposicións, certames ou actos culturais O Departamento de Francés está disposto a organizar a asistencia do alumnado a todo tipo de actividades, exposicións, certames ou actos culturais que poidan ter relación co estudo da lingua estranxeira e que teñan lugar durante o curso académico.
Certificacións oficiais - DELF SCOLAIRE O Departamento informará e preparará ao alumnado interesado en presentarse aos exames para obter certificacións oficiais como o DELF Scolaire A2, B1 ou B2 da Alliance Française.

Este departamento poderá participar en actividades de dinamización lectora coordinadas dende a Biblioteca, así como actividades propostas por otros departamentos.

- Posibilidade de traer algún ponente francófono o centro, ou participar noutros centros da contorna ou de Francia.  

 

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da proba de avaliación inicial, elaborada a partir dos CA
Adecuación da secuenciación e da temporalización das unidades didácticas / temas / proxectos.
Adecuación da secuenciación dos CA para cada unha das unidades, temas ou proxectos.
Adecuación do grao mínimo de consecución fixado para cada CA.
Adecuación da proba de avaliación inicial, elaborada a partir dos CA.
Adecuación do deseño das unidades didácticas, temas ou proxectos a partir dos elementos do currículo.
Adecuación das pautas xerais establecidas para a avaliación continua: probas, proxectos, etc.
Adecuación das actividades propostas que son variadas en canto á súa tipoloxía e sistema de traballo (individual, por parellas, en pequeno grupo) favorecendo a adquisición das competencias clave.
Adecuación dos programas de apoio, recuperación, etc. vinculados ás CA.
Deséñase e aplícase actividades de ampliación e afondamento para o alumnado que acade de maneira significativa os obxectivos propostos.
Aplicáronse os procedementos e criterios de avaliación establecidos na programación didáctica.
Adecuación do seguimento e da revisión da programación ao longo do curso.

Autoavaliación: Reflexión no alumnado sobre a súa aprendizaxe. Neste sentido, é preciso recoller información sobre:

- percepción da súa progresión.

- tempo adicado á aprendizaxe da materia.

- estratexias empregadas na aprendizaxe da materia.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


A programación didáctica da materia de 1º Bacharelato Francés Segunda Lingua Estranxeira estará a disposición da comunidade educativa do centro.

A programación didáctica da materia de Francés SegundaLingua Estranxeira será obxecto de seguimento (Proens) e avaliación.

O departamento de francés, cunha periodicidade mensual, reunirase para, entre outros asuntos, facer o seguimento e as coodinacións oportunas para levar a cabo a aplicación da programación.

A avaliación da programación realizarase a través dos seguintes indicadores de logro :

- A programación didáctica elaborouse de maneira coordinada entre as profesoras do departamento de francés.

- Os criterios de avaliación establecidos valoran con efectividade a consecución dos obxectivos.

- os procedementos e instrumentos de avaliación axústanse aos criterios de avaliación indicados.

- As actividades desenvoltas adáptanse á metodoloxía.

- A programación didáctica contempla e manexa con eficacia os recursos e materiais necesarios para favorecer a adquisición dos contidos e obxectivos.

- A programación didáctica organiza os tempos destinados as actividades previstas.

- A programación didáctica inclúe actividades de reforzo , ampliación, e recuperación adecuados ao perfil, características e necesidades do alumnado.

- A programación didáctica adáptarase ao acontexto escolar do centro educativo e deixará constancia do grao de cumprimento, dos resultados, das propostas de mellora e, de habelas, das variacións que tivesen lugar.

Asi mesmo, realizarase o seguimento de cada unidade didáctica a través da aplicación PROENS. O profesorado fará o seguimento da programación didáctica e ao remate de cada trimestre deixarase constancia do seu  desenvolvemento, do grao de cumprimento dos obxectivos, dos resultados, das propostas de mellora e, de habelas, das variacións que tivesen lugar.

As propostas de mellora da programación didáctica derivarán da análise da efectividade da mesma e dos resultados académicos obtidos nas distintas avaliacións e examinados nas reunións do deparatamento celebradas ao longo do curso.

Ademais, na memoria final, contemplaranse as propostas de mellora, vinculadas á adaptación da metodoloxía, materiais e recursos empregados para favorecer a consecución dos obxectivos establecidos.

 

 

 

 

 

 


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver