Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A presente programación didáctica, elaborada para a materia de PDC - Ámbito Científico-Tecnolóxico do 4º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece o Decreto 156/2022, do 2022, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que xira en torno a tres materias: Matemáticas, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.
Na materia de Matemáticas, os contidos centraranse na aplicación sobre numeración e cálculo en diferentes contextos, a comprensión de aspectos xeométricos, a linguaxe alxebraica e por último a interpretación e comprensión de datos e fenómenos aleatorios. Na materia de Física e Química abordaranse contidos relacionados cos movementos e as forzas, e a estrutura e composición da materia. Completarase o ámbito coa materia de Bioloxía e Xeoloxía, cunha aproximación ao campo da Xenética, ao estudo da orixe da vida, da estructura da Terra e dos ecosistemas adoptando hábitos sostibles.
Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica no IES do Milladoiro, no concello de Ames, a escasos quilómetros de Santiago de Compostela. O instituto inicia o seu undécimo ano de andadura con 560 alumnos/as entre os/as que se inclúen vinte nacionalidades diferentes e unha gran diversidade cultural, socioeconómica e socioeducativa. O grupo seleccionado de 4º ESO, está composto por 10 alumnas e alumnos con diferentes capacidades, culturas y dificultades.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
Para o desenvolvemento desta materia, seguirase a seguinte metodoloxía:
- As sesións teóricas intercalaranse con sesións de resolución de cuestións e problemas, con lecturas de diversos textos e manexo de diversas páxinas web relacionadas cos contidos que se vaian tratando, con sesións de repaso mediante a realización de cuestionarios e actividades sobre os distintos bloques de contido traballados.
- Intentarase achegar os contidos á realidade próxima do alumnado, mediante exemplos relacionados coa vida cotiá e a realización de prácticas de laboratorio (cando sexa posible), nas que se empreguen, materiais e reactivos dispoñibles no laboratorio do centro ou caseiros.
- Achegaránse os alumnos elementos da vida cotidiá coma facturas de compras o cargos de servizos, nóminas (sin datos persoais) para que poidan aplicar os coñecementos científico-matemáticos presentes na súa contorna e para o desenvolvemento da sua futura vida profesional.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Ó longo dos primeiros días de clase farase unha avaliación dos diferentes alumnos/as mediante a realización dunha proba escrita e observación directa do traballo realizado na aula. A continuación, y co obxecto de identificar as dificultades do alumnado, así como as súas necesidades analizaranse os resultados e coa información obtida a partir dos informes individualizados elaborados á finalización do curso 2023/2024 e por outras vías, como a que pode proporcionar o departamento de Orientación e o equipo docente nunha sesión de avaliación inicial, se proporán medidas no caso de considerarse necesario.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Non resulta de aplicación neste curso
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
Non resulta de aplicación nesta etapa
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Para todo aquel alumnado que presente un menor ritmo de aprendizaxe serán deseñadas actividades adaptadas en cada unha das unidades didácticas (enunciados curtos, unir, completar, ordenar, sinalar...), así como probas escritas adaptadas. Estas probas, se ben presentarán os mesmos contidos en concordancia cos criterios de avaliación, estarán formuladas de xeito máis directo e compostas por cuestións análogas ás anteriormente comentadas.
Para todo aquel alumnado que presente maior ritmo de aprendizaxe están actividades de ampliación. Tratarase de actividades motivadoras, que en todo caso vaian máis aló dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como na interrelación dos diferentes contidos.
A elaboracións das probas escritas, fichas de traballo explicacións no aula, seguirá as premisas facilitadas polo departamento de orientación coas posibles adaptacións correspondentes.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
De xeito periódico, analizarase o grao de avance da materia, en relación coa programación, así como diversos cambios propostos para adaptarse ás necesidades educativas da aula.
Ao longo do curso revisarase o seguimento adecuado da programación didáctica, a través de PROENS, analizando así mesmo os resultados obtidos polo alumnado en cada avaliación.
Por outra banda, na memoria fin de curso, reflexaranse os contidos impartidos, cambios propostos para sucesivos cursos no caso de ser considerada a necesidade dunha proposta de mellora.