Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Bioloxía de 2º de Bacharelato ten como referencia o currículo que establece o Decreto 157/2022, do 2022, polo que se establece o currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

A materia de Bioloxía de 2º de Bacharelato contribúe a través dos seus obxectivos, criterios de avaliación e contidos a un maior grao de desenvolvemento das competencias clave. Así, en Bioloxía, trabállanse as oito competencias clave a través de seis obxectivos propios da materia, que son a concreción dos descritores operativos para a etapa, consitituíndo estes o eixo vertebrador do currículo.

O fín último da Bioloxía de 2º de bacharelato é contribuír a un maior grao de desenvolvemento das competencias clave por parte do alumnado para finalmente ampliar de forma notable os seus horizontes persoais, sociais, académicos e profesionais, tendo presente sempre que é o rigor científico e o coñecemento obtido mediante o método científico a base de calquera avance no campo de estudo das ciencias e da aplicación das mesmas.

Os rapaces e rapazas deste curso presentan unha madurez que permite que nesta materia se incida notablemente nos obxectivos relacionados coas ciencias biolóxicas a través duns contidos aos que se lles dá un enfoque moito mais microscópico e molecular que nas materias de etapas anteriores. Así, a Bioloxía de 2º de Bacharelato proporciona ao alumnado unha formación científica relativamente avanzada a través dos coñecementos e as destrezas esenciais para o traballo científico e a aprendizaxe ao longo da vida, o que sentará as bases para o inicio de estudos superiores ou para a incorporación ao mundo laboral.

Os rapaces e rapazas deste curso sitúanse na última etapa de operacións formais onde o individuo vólvese un ser reflexivo, capaz de aprender sistemas abstractos do pensamento que lle permiten usar a lóxica proposicional (inferencia obtida a partires da relación entre dúas premisas), o razoamento científico (pensamento hipotético-dedutivo), o razoamento combinatorio (busca de múltiples combinacións) e o razoamento proporcional (cálculo ou estimación de probabilidades) o que lle permite abordar os contidos desta materia, sempre e cando o proceso de ensino e aprendizaxe se axuste as súas necesidades.

Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que profundiza nos coñecementos adquiridos na Educación Secundaria Obrigatoria e no primeiro curso de bacharelato a través dun enfoque molecular da Bioloxía, no que o alumnado profundizará nos mecanismos de funcionamento dos seres vivos e da natureza no seu conxunto; esto permitiralle comprender a situación crítica na que se atopa a humanidade actualmente e a necesidade urxente de adoptar un modelo de desenvolmemento sotible; ademais, transmitirase a importancia dos estilos de vida saudables como forma de compromiso cidadán polo ben común, relacionando a sostibilidade coa saúde humana.

Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e o seu entorno. Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica no IES do Milladoiro, no concello de Ames, a escasos quilómetros de Santiago de Compostela. O instituto inicia o seu undécimo ano de andadura cuns 530 alumnos/as entre os/as que se inclúen un gran número de nacionalidades diferentes e unha gran diversidade cultural, socioeconómica e socioeducativa. Nesta materia de 2º de Bacharelatos temos un grupo composto por 20 alumnos e alumnas. A idade ao inicio de curso está comprendida entre os 17 e 18 anos.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Interpretar e transmitir información e datos a partir de traballos científicos e argumentar sobre estes con precisión e utilizando diferentes formatos para analizar conceptos, procesos, métodos, experimentos ou resultados das ciencias biolóxicas.
OBX2 Localizar e utilizar fontes fiables identificando, seleccionando e organizando a información, avaliándoa criticamente e contrastando a súa veracidade para resolver preguntas expostas de forma autónoma e crear contidos relacionados coas ciencias biolóxicas.
OBX3 Analizar traballos de investigación ou divulgación relacionados coas ciencias biolóxicas, comprobando con sentido crítico a súa veracidade ou se seguen correctamente os pasos dos métodos científicos para avaliar a fiabilidade das súas conclusións.
OBX4 Expor e resolver problemas buscando e utilizando as estratexias adecuadas, analizando criticamente as solucións e reformulando o procedemento, se fose necesario, para explicar fenómenos relacionados coas ciencias biolóxicas.
OBX5 Analizar criticamente determinadas accións relacionadas coa sustentabilidade e coa saúde baseándose nos fundamentos da bioloxía molecular para argumentar acerca da importancia de adoptar estilos de vida sustentables e saudables.
OBX6 Analizar a función das principais biomoléculas e bioelementos e as súas estruturas e interaccións bioquímicas argumentando sobre a súa importancia nos organismos vivos, para explicar as características macroscópicas destes a partir das moleculares.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 A composición química da materia viva: bioelementos e biomoléculas. Nesta unidade analízase a composición química da materia viva a través do coñecemento dos tipos de bioelementos (primarios, secundarios, oligoelementos) e biomoléculas. Estudaranse así mesmo os enlaces nas biomoléculas e as biomoléculas inorgánicas (auga e sales minerais). 10 8
2 Os glícidos. Nesta unidade estúdase a composición química, a estrutura, propiedades e funcións biolóxicas dos glícidos (osas e ósidos). 5 8
3 Os lípidos. Nesta unidade estúdase a composición química, a estrutura, propiedades e funcións biolóxicas dos lípidos (ácidos graxos, lípidos saponificables e lípidos insaponificables). 5 8
4 As proteínas. Nesta unidade estudarase a composición química, a estrutura, propiedades e funcións biolóxicas das proteínas (holoproteínas e heteroproteínas). 5 8
5 Os ácidos nucleicos. Nesta unidade estúdase a composición química, a estrutura e as funcións biolóxicas dos ácidos nucleicos (ADN e ARN). Estudaranse así mesmo nucleótidos non nucleicos (ATP, GTP, CTP, UTP, NAD+, NADP+, FMN, FAD, Conenzima A). 10 8
6 Xenética molecular. Nesta unidade estúdanse os procesos da expresión xénica, o seu significado biolóxico e a súa regulación: replicación, transcrición e tradución. Analízase tamén a relación entre as mutacións, a replicación do ADN, a evolución e a biodiversidade. 10 8
7 Morfoloxía, estrutura e fisioloxía celular. Nesta unidade analízase a teoría celular e as súas implicacións biolóxicas. Estúdanse as células procariota e eucariota, a súa morfoloxía, estrutura e fisioloxía celular, analizando o ciclo celular eucariota, as súas fases e mecanismo de regulación así como o significado biolóxico da mitose e da meiose. 5 6
8 As envolturas e orgánulos celulares. Nesta unidade estúdanse as envolturas celulares e os orgánulos da célula procariota e da célula eucariota, a súa estrutura e as súas funcións. 5 6
9 O Metabolismo celular. Nesta unidade estúdase o metabolismo celular, a comparación entre o anabolismo e o catabolismo así como os enzimas e os modelos de acción enzimática e os seus mecanismos de regulación. 5 8
10 O Catabolismo. Nesta unidade estúdanse os procesos que comprende o catabolismo celular : catabolismo de glícidos (respiración aeróbica e fermentacións), catabolismo de lípidos e catabolismo de proteínas, así como a súa importancia biolóxica e as diferenzas de rendemento enerxético e eficiencia do metabolismo aeróbico fronte ao metabolismo anaeróbico. 5 8
11 O Anabolismo. Nesta unidade estúdanse os procesos que comprende o anabolismo celular autótrofo e heterótrofo así como a importancia biolóxica dos principais procesos que comprende (fotosíntese, quimiosíntese, gliconeoxénese, glicoxenoxénese, biosintese de ácidos graxos, triglicéridos e aminoácidos). 5 8
12 A Biotecnoloxía. Nesta unidade analízanse as principais técnicas de enxeñaría xenética así como as súas aplicacións en diferentes ámbitos de actuación (obtención de fármacos, diagnóstico de enfermidades, terapia con células nai, terapia xénica, medicina forense, industria agroalimentaria, gandería, biorremediación, biotecnoloxía industrial). 10 8
13 O papel dos microorganismos na biotecnoloxía. Nesta unidade estúdanse os principais grupos de microorganismos e o seu papel na biotecnoloxía. 5 8
14 Inmunoloxía. Nesta unidade estúdase o concepto de inmunidade e a súa importancia na defensa do noso organismo fronte aos diferentes tipos de patóxenos. Descríbense os distintos tipos de inmunidade e apórtanse exemplos. 10 8
15 As patoloxías do sistema inmunitario. Analízanse as patoloxías do sistema inmunitario, as súas causas e a súa relevancia clínica. 5 8

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. A base molecular da materia viva
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 UD 15
CA1.1 - Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular, seleccionando e interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas etc.).
CA1.2 - Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigorosa, utilizando a terminoloxía e o formato adecuados (modelos, gráficos, táboas, vídeos, informes, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, contidos dixitais etc.) e respondendo de maneira fundamentada e precisa ás cuestións que poidan xurdir durante o proceso.
CA1.3 - Contrastar e xustificar a veracidade de información relacionada coa composición química da materia viva utilizando fontes fiables, achegando datos e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica, como pseudociencias, teorías conspiratorias, crenzas infundadas, noticias falsas etc.
CA1.4 - Avaliar a fiabilidade das conclusións dun traballo de investigación ou divulgación científica relacionado cos saberes da bioloxía molecular de acordo coa interpretación dos resultados obtidos.
CA1.5 - Argumentar, utilizando exemplos concretos, sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel das mulleres e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución, influído polo contexto político e social e polos recursos económicos.
CA1.6 - Argumentar sobre a importancia de adoptar estilos de vida saudables compatibles cun modelo de desenvolvemento sustentable, baseándose nos principios da bioloxía molecular e relacionándoos cos procesos macroscópicos.
CA1.7 - Explicar as características e procesos vitais dos seres vivos mediante a análise das súas biomoléculas, das interaccións bioquímicas entre elas e das súas reaccións metabólicas.
Contidos
C1.1 - Composición química da materia viva: bioelementos e biomoléculas.
C1.1.1 - Os bioelementos: concepto, tipos, propiedades e funcións biolóxicas.
C1.1.2 - As biomoléculas inorgánicas: características químicas, propiedades e funcións biolóxicas. Análise do proceso osmótico.
C1.1.3 - As biomoléculas orgánicas: concepto, clasificación e funcións biolóxicas.
C1.2 - Os glícidos; propiedades e características fisicoquímicas dos monosacáridos, disacáridos e polisacáridos con maior relevancia biolóxica.
C1.3 - Os lípidos: clasificación, propiedades e características fisicoquímicas.
C1.4 - As proteínas: clasificación, propiedades e características fisicoquímicas.
C1.4.1 - Importancia das proteínas como biocatalizadores.
C1.4.2 - As vitaminas e a súa importancia como cofactores enzimáticos.
C1.5 - Os ácidos nucleicos.
C1.5.1 - Estrutura, características fisicoquímicas e tipos.
C1.5.2 - Funcións dos ácidos nucleicos na expresión da información biolóxica.
C1.6 - A relación entre os bioelementos e as biomoléculas e a saúde. Estilos de vida saudables.
Bloque B2. Xenética molecular
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 UD 15
CA2.1 - Argumentar sobre aspectos relacionados cos saberes da xenética molecular, considerando os puntos fortes e débiles de diferentes posturas de forma razoada e cunha actitude aberta, flexible, receptiva e respectuosa ante a opinión dos demais.
CA2.2 - Expor e resolver cuestións e crear contidos relacionados cos saberes da xenética molecular, localizando e citando fontes de forma adecuada, seleccionando, organizando e analizando criticamente a información.
CA2.3 - Describir os procesos que comprende a expresión xénica recoñecendo o seu significado biolóxico.
CA2.4 - Comparar os xenomas e os procesos da expresión xénica en procariotas e eucariotas.
CA2.5 - Explicar fenómenos relacionados cos saberes da xenética molecular a través da formulación e da resolución de problemas, buscando e utilizando as estratexias e os recursos adecuados.
CA2.6 - Analizar criticamente a solución a un problema relacionado cos saberes da xenética molecular e reformular os procedementos utilizados ou as conclusións se esta solución non fose viable ou ante novos datos achegados ou atopados con posterioridade.
Contidos
C2.1 - Análise dos procesos da expresión xénica e o seu significado biolóxico: replicación, transcrición e tradución.
C2.2 - Relación entre as mutacións, a replicación do ADN, a evolución e a biodiversidade.
C2.3 - A regulación da expresión xénica e o seu significado biolóxico.
C2.3.1 - Comparación dos procesos de expresión xénica e a súa regulación en procariotas e eucariotas.
Bloque B3. A célula
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 UD 15
CA3.1 - Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da citoloxía seleccionando e interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas etc.).
CA3.2 - Enunciar os postulados da teoría celular diferenciando morfolóxica, estrutural e funcionalmente os tipos de células e as súas estruturas e orgánulos.
CA3.3 - Identificar imaxes citolóxicas utilizando diferentes técnicas e métodos de observación.
CA3.4 - Recoñecer os diferentes tipos de envolturas celulares diferenciando os mecanismos de transporte de substancias a través delas.
CA3.5 - Detallar os procesos que teñen lugar ao longo do ciclo celular identificando o significado biolóxico de cada un deles.
CA3.6 - Explicar a relación do cancro co ciclo celular e as mutacións, recoñecendo a súa correlación cos estilos de vida saudables.
Contidos
C3.1 - A teoría celular e as súas implicacións biolóxicas.
C3.2 - A célula procariota e a célula eucariota: diferenciación morfolóxica e estrutural. Fisioloxía celular.
C3.2.1 - Observación e diferenciación de imaxes de citoloxía obtidas por microscopia. Técnicas de microscopia e preparación de mostras.
C3.3 - As envolturas celulares: membrana plasmática, matriz extracelular e paredes celulares.
C3.3.1 - Mecanismos de transporte de substancias a través da membrana plasmática, en función das propiedades das moléculas transportadas.
C3.4 - Os orgánulos da célula eucariota e procariota: estrutura e funcións.
C3.5 - O ciclo celular: fases e mecanismos de regulación.
C3.5.1 - Mitose e meiose. Significado biolóxico.
C3.5.2 - O cancro e a súa relación co ciclo celular e as mutacións.
C3.5.3 - A importancia dos estilos de vida saudables e a súa correlación co cancro.
Bloque B4. Metabolismo celular
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 UD 15
CA4.1 - Identificar e diferenciar os procesos que comprende o catabolismo e o anabolismo celular establecendo as interrelacións entre todos os procesos e rutas metabólicas que teñen lugar nas células.
CA4.2 - Explicar procesos relacionados co metabolismo celular a través da formulación e resolución de cuestións e problemas buscando e utilizando as estratexias e os recursos adecuados.
CA4.3 - Analizar a solución a problemas relacionados co metabolismo celular e reformular, de ser necesario, os procedementos utilizados ante novos datos achegados ou atopados con posterioridade.
Contidos
C4.1 - Enzimoloxía.
C4.1.1 - Modelos de acción enzimática.
C4.1.2 - Cinética enzimática.
C4.1.3 - Mecanismos de regulación enzimática.
C4.2 - O metabolismo celular. Comparación entre anabolismo e catabolismo.
C4.3 - Catabolismo.
C4.3.1 - Respiración aerobia ß-oxidación dos ácidos graxos, ciclo de Krebs, cadea de transporte de electróns e fosforilación oxidativa
C4.3.2 - Respiración anaerobia. Glicolise e fermentación.
C4.3.3 - Rendemento enerxético e eficiencia do metabolismo aeróbico fronte ao anaeróbico.
C4.4 - Anabolismo.
C4.4.1 - Anabolismo heterótrofo, síntese de aminoácidos, proteínas e ácidos graxos.
C4.4.2 - Anabolismo autótrofo, fotosíntese e quimiosíntese.
C4.4.3 - Importancia biolóxica dos principais procesos anabólicos.
Bloque B5. Biotecnoloxía
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 UD 15
CA5.1 - Argumentar sobre aspectos relacionados coa biotecnoloxía considerando os puntos fortes e débiles das diferentes posturas que hai en relación a este tema na actualidade, sempre desde unha postura razoada e cunha actitude aberta, flexible, receptiva e respectuosa ante a opinión dos demais.
CA5.2 - Contrastar e xustificar a veracidade de información relacionada coa biotecnoloxía e as súas aplicacións utilizando fontes fiables, achegando datos e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica, como pseudociencias, teorías conspiratorias, crenzas infundadas, noticias falsas, etc.
CA5.3 - Analizar e recoñecer as principais e máis relevantes técnicas de enxeñaría xenética valorando as súas aplicacións en diferentes ámbitos de actuación.
CA5.4 - Avaliar a aplicación da biotecnoloxía en distintos ámbitos incorporando todos os coñecementos e técnicas que os últimos avances científico-tecnolóxicos proporcionen a este tipo de campos de investigación.
Contidos
C5.1 - Técnicas de enxeñaría xenética. Aplicacións.
C5.1.1 - PCR, enzimas de restrición, clonación molecular, CRISPR-CAS9, etc.
C5.2 - Importancia e repercusións da biotecnoloxía en distintos ámbitos (saúde, agricultura, ambiente, novos materiais, industria alimentaria, etc.).
C5.2.1 - O papel dos microorganismos na biotecnoloxía.
Bloque B6. Inmunoloxía
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 UD 15
CA6.1 - Explicar e describir en que consiste a inmunidade, comentando a importancia das barreiras externas e achegando exemplos próximos.
CA6.2 - Comparar os distintos tipos de inmunidade achegando exemplos.
CA6.3 - Diferenciar e comparar as enfermidades infecciosas das non infecciosas, identificando as súas fases.
CA6.4 - Describir as principais patoloxías do sistema inmunitario, identificando as súas causas e analizando a súa relevancia clínica.
Contidos
C6.1 - Concepto de inmunidade e importancia das barreiras externas para dificultar a entrada de patóxenos.
C6.2 - Tipos de inmunidade.
C6.2.1 - Inmunidade innata e específica.
C6.2.2 - Inmunidade humoral e celular.
C6.2.3 - Inmunidade artificial e natural, pasiva e activa.
C6.3 - Fases das enfermidades infecciosas.
C6.4 - Principais patoloxías do sistema inmunitario. Causas e relevancia clínica.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 A composición química da materia viva: bioelementos e biomoléculas.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular, seleccionando e interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas etc.).
Proba escrita
Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular. 20
CA1.2 Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigorosa, utilizando a terminoloxía e o formato adecuados (modelos, gráficos, táboas, vídeos, informes, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, contidos dixitais etc.) e respondendo de maneira fundamentada e precisa ás cuestións que poidan xurdir durante o proceso.
Proba escrita
Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigurosa e utilizando a terminoloxía e o formato adecuados. 30
CA1.3 Contrastar e xustificar a veracidade de información relacionada coa composición química da materia viva utilizando fontes fiables, achegando datos e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica, como pseudociencias, teorías conspiratorias, crenzas infundadas, noticias falsas etc.
Proba escrita
Contrastar e xustificar a veracidade de información relacionada coa composición química da materia viva utilizando fontes fiables. 20
CA1.4 Avaliar a fiabilidade das conclusións dun traballo de investigación ou divulgación científica relacionado cos saberes da bioloxía molecular de acordo coa interpretación dos resultados obtidos.
Proba escrita
Avaliar a fiabilidade das conclusións dun traballo de investigación ou divulgación científica relacionado cos saberes da bioloxía molecular. 10
CA1.5 Argumentar, utilizando exemplos concretos, sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel das mulleres e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución, influído polo contexto político e social e polos recursos económicos.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre a contribucións da ciencia á sociedade e a labor das persoas dedicadas a ela, destsacando o papel da muller. 5
CA1.6 Argumentar sobre a importancia de adoptar estilos de vida saudables compatibles cun modelo de desenvolvemento sustentable, baseándose nos principios da bioloxía molecular e relacionándoos cos procesos macroscópicos.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre a importancia de adoptar estilos de vida saudables compatibles cun modelo de desenvolvemento sostible, baseándose nos principios da bioloxía molecular. 5
CA1.7 Explicar as características e procesos vitais dos seres vivos mediante a análise das súas biomoléculas, das interaccións bioquímicas entre elas e das súas reaccións metabólicas.
Proba escrita
Explicar as características e procesos vitais dos seres vivos mediante a análise das súas biomoléculas. 10

2 Os glícidos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular, seleccionando e interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas etc.).
Proba escrita
Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular. 30
CA1.2 Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigorosa, utilizando a terminoloxía e o formato adecuados (modelos, gráficos, táboas, vídeos, informes, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, contidos dixitais etc.) e respondendo de maneira fundamentada e precisa ás cuestións que poidan xurdir durante o proceso.
Proba escrita
Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigurosa e utilizando a terminoloxía e os formatos adecuados. 30
CA1.5 Argumentar, utilizando exemplos concretos, sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel das mulleres e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución, influído polo contexto político e social e polos recursos económicos.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel da muller e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar. 10
CA1.7 Explicar as características e procesos vitais dos seres vivos mediante a análise das súas biomoléculas, das interaccións bioquímicas entre elas e das súas reaccións metabólicas.
Proba escrita
Explicar as características dos procesos vitais dos seres vivos mediante o análise das súas biomoléculas. 30

3 Os lípidos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular, seleccionando e interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas etc.).
Proba escrita
Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular. 30
CA1.2 Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigorosa, utilizando a terminoloxía e o formato adecuados (modelos, gráficos, táboas, vídeos, informes, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, contidos dixitais etc.) e respondendo de maneira fundamentada e precisa ás cuestións que poidan xurdir durante o proceso.
Proba escrita
Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigurosa e utilizando a terminoloxía e o formato adecuados. 30
CA1.5 Argumentar, utilizando exemplos concretos, sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel das mulleres e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución, influído polo contexto político e social e polos recursos económicos.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel da muller e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar. 10
CA1.7 Explicar as características e procesos vitais dos seres vivos mediante a análise das súas biomoléculas, das interaccións bioquímicas entre elas e das súas reaccións metabólicas.
Proba escrita
Explicar as características e procesos vitais dos seres vivos mediante a análise das súas biomoléculas. 30

4 As proteínas.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular, seleccionando e interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas etc.).
Proba escrita
Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular. 30
CA1.2 Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigorosa, utilizando a terminoloxía e o formato adecuados (modelos, gráficos, táboas, vídeos, informes, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, contidos dixitais etc.) e respondendo de maneira fundamentada e precisa ás cuestións que poidan xurdir durante o proceso.
Proba escrita
Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigurosa, utilizando a terminoloxía e o formato adecuados. 30
CA1.5 Argumentar, utilizando exemplos concretos, sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel das mulleres e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución, influído polo contexto político e social e polos recursos económicos.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel da muller e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar. 10
CA1.7 Explicar as características e procesos vitais dos seres vivos mediante a análise das súas biomoléculas, das interaccións bioquímicas entre elas e das súas reaccións metabólicas.
Proba escrita
Explicar as características e procesos vitais dos seres vivos mediante a análise das súas biomoléculas. 30

5 Os ácidos nucleicos.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular, seleccionando e interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas etc.).
Proba escrita
Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da bioloxía molecular, seleccionando e interpretando información en diferentes formatos. 30
CA1.2 Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigorosa, utilizando a terminoloxía e o formato adecuados (modelos, gráficos, táboas, vídeos, informes, diagramas, fórmulas, esquemas, símbolos, contidos dixitais etc.) e respondendo de maneira fundamentada e precisa ás cuestións que poidan xurdir durante o proceso.
Proba escrita
Comunicar informacións razoadas relacionadas coa composición química da materia viva, transmitíndoas de forma clara e rigurosa, utilizando a terminoloxía e o formato adecuados. 30
CA1.5 Argumentar, utilizando exemplos concretos, sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel das mulleres e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar en constante evolución, influído polo contexto político e social e polos recursos económicos.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre a contribución da ciencia á sociedade e o labor das persoas dedicadas a ela, destacando o papel da muller e entendendo a investigación como un labor colectivo e interdisciplinar. 10
CA1.7 Explicar as características e procesos vitais dos seres vivos mediante a análise das súas biomoléculas, das interaccións bioquímicas entre elas e das súas reaccións metabólicas.
Proba escrita
Explicar as características e procesos vitais dos seres vivos mediante a análise das súas biomoléculas. 30

6 Xenética molecular.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA2.1 Argumentar sobre aspectos relacionados cos saberes da xenética molecular, considerando os puntos fortes e débiles de diferentes posturas de forma razoada e cunha actitude aberta, flexible, receptiva e respectuosa ante a opinión dos demais.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre aspectos relacionados cos saberes da xenética molecular cunha actitude aberta, flexible, receptiva e respectuosa ante a opinión dos demais. 10
CA2.2 Expor e resolver cuestións e crear contidos relacionados cos saberes da xenética molecular, localizando e citando fontes de forma adecuada, seleccionando, organizando e analizando criticamente a información.
Proba escrita
Expor e resolver cuestións relacionados cos saberes da xenética molecular. 20
CA2.3 Describir os procesos que comprende a expresión xénica recoñecendo o seu significado biolóxico.
Proba escrita
Describir os procesos que comprende a expresión xénica. 20
CA2.4 Comparar os xenomas e os procesos da expresión xénica en procariotas e eucariotas.
Proba escrita
Diferenciar os procesos de expresión xénica en procariotas e eucariotas. 10
CA2.5 Explicar fenómenos relacionados cos saberes da xenética molecular a través da formulación e da resolución de problemas, buscando e utilizando as estratexias e os recursos adecuados.
Proba escrita
Explicar fenómenos relacionados cos saberes da xenética molecular. 25
CA2.6 Analizar criticamente a solución a un problema relacionado cos saberes da xenética molecular e reformular os procedementos utilizados ou as conclusións se esta solución non fose viable ou ante novos datos achegados ou atopados con posterioridade.
Proba escrita
Analizar críticamente a solución a un problema relacionado cos saberes da xenética molecular. 15

7 Morfoloxía, estrutura e fisioloxía celular.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da citoloxía seleccionando e interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas etc.).
Proba escrita
Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da citoloxía. 15
CA3.2 Enunciar os postulados da teoría celular diferenciando morfolóxica, estrutural e funcionalmente os tipos de células e as súas estruturas e orgánulos.
Proba escrita
Enunciar os postulados da teoría celular e diferenciar os tipos de células. 25
CA3.3 Identificar imaxes citolóxicas utilizando diferentes técnicas e métodos de observación.
Proba escrita
Identificar imaxes citolóxicas a partir de diferentes técnicas e métodos de observación. 20
CA3.5 Detallar os procesos que teñen lugar ao longo do ciclo celular identificando o significado biolóxico de cada un deles.
Proba escrita
Identificar os procesos que teñen lugar ao longo do ciclo celular. 30
CA3.6 Explicar a relación do cancro co ciclo celular e as mutacións, recoñecendo a súa correlación cos estilos de vida saudables.
Táboa de indicadores
Explicar a relación do cancro co ciclo celular e as mutacións. 10

8 As envolturas e orgánulos celulares.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da citoloxía seleccionando e interpretando información en diferentes formatos (modelos, gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, esquemas etc.).
Proba escrita
Analizar de xeito crítico conceptos e procesos relacionados cos saberes da citoloxía. 20
CA3.2 Enunciar os postulados da teoría celular diferenciando morfolóxica, estrutural e funcionalmente os tipos de células e as súas estruturas e orgánulos.
Proba escrita
Diferenciar morfolóxica, estrutural e funcionalmente as estruturas e orgánulos celulares. 40
CA3.3 Identificar imaxes citolóxicas utilizando diferentes técnicas e métodos de observación.
Táboa de indicadores
Identificar imaxes citolóxicas a partir de diferentes técnicas e métodos de observación. 10
CA3.4 Recoñecer os diferentes tipos de envolturas celulares diferenciando os mecanismos de transporte de substancias a través delas.
Proba escrita
Recoñecer os diferentes tipos de envolturas celulares. 30

9 O Metabolismo celular.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Identificar e diferenciar os procesos que comprende o catabolismo e o anabolismo celular establecendo as interrelacións entre todos os procesos e rutas metabólicas que teñen lugar nas células.
Proba escrita
Identificar e diferenciar os procesos que comprende o catabolismo e o anabolismo celular. 60
CA4.2 Explicar procesos relacionados co metabolismo celular a través da formulación e resolución de cuestións e problemas buscando e utilizando as estratexias e os recursos adecuados.
Proba escrita
Explicar os procesos relacionados co metabolismo celular a través da formulación e resolución de cuestións e problemas. 30
CA4.3 Analizar a solución a problemas relacionados co metabolismo celular e reformular, de ser necesario, os procedementos utilizados ante novos datos achegados ou atopados con posterioridade.
Táboa de indicadores
Analizar a solución a problemas relacionados co metabolismo celular. 10

10 O Catabolismo.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Identificar e diferenciar os procesos que comprende o catabolismo e o anabolismo celular establecendo as interrelacións entre todos os procesos e rutas metabólicas que teñen lugar nas células.
Proba escrita
Identificar e diferenciar os procesos que comprende o catabolismo celular. 60
CA4.2 Explicar procesos relacionados co metabolismo celular a través da formulación e resolución de cuestións e problemas buscando e utilizando as estratexias e os recursos adecuados.
Proba escrita
Explicar procesos relacionados co catabolismo celular a través da formulación e resolución de cuestións e problemas. 30
CA4.3 Analizar a solución a problemas relacionados co metabolismo celular e reformular, de ser necesario, os procedementos utilizados ante novos datos achegados ou atopados con posterioridade.
Táboa de indicadores
Analizar a solución a problemas relacionados co catabolismo celular. 10

11 O Anabolismo.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Identificar e diferenciar os procesos que comprende o catabolismo e o anabolismo celular establecendo as interrelacións entre todos os procesos e rutas metabólicas que teñen lugar nas células.
Proba escrita
Identificar e diferenciar os procesos que comprende o anabolismo celular. 60
CA4.2 Explicar procesos relacionados co metabolismo celular a través da formulación e resolución de cuestións e problemas buscando e utilizando as estratexias e os recursos adecuados.
Proba escrita
Explicar procesos relacionados co anabolismo celular a través da formulación e resolución de cuestións e problemas. 30
CA4.3 Analizar a solución a problemas relacionados co metabolismo celular e reformular, de ser necesario, os procedementos utilizados ante novos datos achegados ou atopados con posterioridade.
Táboa de indicadores
Analizar a solución a problemas relacionados co anabolismo celular. 10

12 A Biotecnoloxía.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Argumentar sobre aspectos relacionados coa biotecnoloxía considerando os puntos fortes e débiles das diferentes posturas que hai en relación a este tema na actualidade, sempre desde unha postura razoada e cunha actitude aberta, flexible, receptiva e respectuosa ante a opinión dos demais.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre aspectos relacionados coa biotecnoloxía desde unha postura razoada e cunha actitude aberta, flexible, receptiva e respectuosa ante a opinión dos demais. 10
CA5.2 Contrastar e xustificar a veracidade de información relacionada coa biotecnoloxía e as súas aplicacións utilizando fontes fiables, achegando datos e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica, como pseudociencias, teorías conspiratorias, crenzas infundadas, noticias falsas, etc.
Proba escrita
Contrastar e xustificar a veracidade de información relacionada coa biotecnoloxía e as súas aplicacións utilizando fontes fiables. 20
CA5.3 Analizar e recoñecer as principais e máis relevantes técnicas de enxeñaría xenética valorando as súas aplicacións en diferentes ámbitos de actuación.
Proba escrita
Analizar e recoñecer as principais e mais relevantes técnicas de enxeñaría xenética e as súas aplicacións. 35
CA5.4 Avaliar a aplicación da biotecnoloxía en distintos ámbitos incorporando todos os coñecementos e técnicas que os últimos avances científico-tecnolóxicos proporcionen a este tipo de campos de investigación.
Proba escrita
Avaliar a aplicación da biotecnoloxía en distintos ámbitos. 35

13 O papel dos microorganismos na biotecnoloxía.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Argumentar sobre aspectos relacionados coa biotecnoloxía considerando os puntos fortes e débiles das diferentes posturas que hai en relación a este tema na actualidade, sempre desde unha postura razoada e cunha actitude aberta, flexible, receptiva e respectuosa ante a opinión dos demais.
Táboa de indicadores
Argumentar sobre aspectos relacionados coa biotecnoloxía. 10
CA5.2 Contrastar e xustificar a veracidade de información relacionada coa biotecnoloxía e as súas aplicacións utilizando fontes fiables, achegando datos e adoptando unha actitude crítica e escéptica cara a informacións sen unha base científica, como pseudociencias, teorías conspiratorias, crenzas infundadas, noticias falsas, etc.
Proba escrita
Contrastar e xustificar a veracidade de información relacionada coa biotecnoloxía e as súas aplicacións. 20
CA5.3 Analizar e recoñecer as principais e máis relevantes técnicas de enxeñaría xenética valorando as súas aplicacións en diferentes ámbitos de actuación.
Proba escrita
Analizar e recoñecer as principais e mais relevantes técnicas de enxeñaría xenética. 35
CA5.4 Avaliar a aplicación da biotecnoloxía en distintos ámbitos incorporando todos os coñecementos e técnicas que os últimos avances científico-tecnolóxicos proporcionen a este tipo de campos de investigación.
Proba escrita
Avaliar a aplicación da biotecnoloxía en distintos ámbitos. 35

14 Inmunoloxía.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA6.1 Explicar e describir en que consiste a inmunidade, comentando a importancia das barreiras externas e achegando exemplos próximos.
Proba escrita
Explicar e describir en que consiste a inmunidade e as barreiras externas do organismo. 90
CA6.2 Comparar os distintos tipos de inmunidade achegando exemplos.
Táboa de indicadores
Achegar exemplos dos distintos tipos de inmunidade. 10

15 As patoloxías do sistema inmunitario.
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA6.3 Diferenciar e comparar as enfermidades infecciosas das non infecciosas, identificando as súas fases.
Táboa de indicadores
Diferenciar as enfermidades infecciosas das non infecciosas. 10
CA6.4 Describir as principais patoloxías do sistema inmunitario, identificando as súas causas e analizando a súa relevancia clínica.
Proba escrita
Describir as principais patoloxías do sistema inmunitario. 90

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


No Bacharelato, dadas as características do alumnado en canto á súa madurez intelectual, é posible aumentar a autonomía na aprendizaxe respecto a cursos anteriores. As propostas pedagóxicas elaboraranse tendo en conta a atención á diversidade. A metodoloxía didáctica será activa, promovendo a aprendizaxe construtiva e favorecendo a capacidade de aprender por si mesmos, fomentando o traballo cooperativo, incidindo na relación dos contidos teóricos coas súas aplicacións prácticas. É por iso que se empregarán estratexias didácticas variadas, que combinen as estratexias expositivas acompañadas de actividades de aplicación.

O fío condutor que se seguirá á hora de desenvolver as distintas unidades didácticas será o seguinte:

  • Introdución á unidade didáctica e análise dos coñecementos previos do alumnado.
  • Desenvolvemento da unidade a través de diferentes tarefas e actividades.
  • Resumo e síntese dos contidos da unidade.

Como estratéxias metodolóxicas empregaranse as seguintes:

  • Crear na aula un clima que favoreza as aprendizaxes significativas, que desenvolva o interese pola materia e os seus estudos posteriores, e que permita a comunicación e o intercambio de saberes e experiencias como base para o desenvolvemento integral do alumnado.
  •  Propiciar a construción dunha imaxe da ciencia non estática, entendendo que a provisionalidade das súas conclusións e teorías é unha das súas características fundamentais.
  • Ter en conta as ideas previas do alumnado para o deseño e a secuenciación das actividades.
  • Dotar ao alumnado de ferramentas que lle permitan iniciarse nos métodos de investigación.
  • Propoñer actividades que poñan de manifesto a correlación entre os fenómenos estudados na aula e os da vida cotiá, mediante a análise de situacións concretas, comentarios de novas de actualidade ou realizando saídas didácticas combinadas con informes ou traballos específicos utilizando diferentes formatos.
  • Favorecer o uso das tecnoloxías da información e a comunicación valorando a súa importancia na sociedade actual e propiciando a súa integración na aula.

 

 


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Apuntes da materia e presentacións en PowerPoínt elaboradas pola/o profesora/o coa súa correspondente versión en pdf para impresión.
Encerado dixital e canón, encerado tradicional e xiz para explicacións e exposicións.
Caderno ou portfolio do alumnado.
Material e mobiliario do laboratorio.
Aula virtual da materia na que se incluirán apuntes, presentacións, vídeos e actividades interactivas.
Material bibliográfico en diferentes formatos: da biblioteca do centro e do laboratorio de ciencias.

O espazo habitual no que se desenvolven as clases consiste nunha aula convenientemente equipada con un encerado dixital e outro tradicional, dispoñendo o alumnado de pupitres individuais o que facilitará os necesarios cambios de distribución para o traballo en parellas ou grupal.

O espazo empregado para as clases prácticas será o laboratorio de ciencias, dotado do instrumental e materiais presentes de xeito habitual nun laboratorio escolar.

O alumnado terá acceso á aula virtual da materia, no que a profesora incorporará todos os materiais (de elaboración propia de xeito maioritario) necesarios para cada unha das unidades didácticas que forman parte da programación didáctica da materia; esta aula virtual será un dos medios de comunicación entre o alumnado e a profesora da materia durante o curso.

En relación ás ferramentas que centrarán o traballo do alumnado na aula, as principais serán os apuntes e presentacións das diferentes unidades didácticas e todos os materiais que formen parte dos contidos da aula virtual da materia.

O alumnado poderá consultar os materiais que forman parte da biblioteca do centro, do laboratorio de ciencias e do curso da aula virtual.

 

 

 


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ó longo dos primeiros días de clase farase unha avaliación inicial dos/as diferentes alumnos e alumnas mediante a realización dun cuestionario e a observación directa do traballo na aula. A continuación, y co obxecto de identificar as dificultades do alumnado, así como as súas necesidades, analizaranse os resultadso e coa información obtida do curso anterior, así como a que poida proporcionar o Departamento de Orientación, se proporán medidas e reforzos no caso de considerarse necesario.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 UD 15 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 10.0 5.0 5.0 5.0 10.0 10.0 5.0 5.0 5.0 5.0 5.0 10.0 5.0 10.0 5.0 100.0
Proba escrita 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0 90.0
Táboa de indicadores 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0 10.0

Os criterios de avaliación serán o referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias clave como a consecución dos obxectivos.

En cada un dos tres trimestres realizaranse dúas probas escritas cos contidos específicos asociados ao criterios de avaliación.

En cada avaliación teranse en conta os seguintes criterios:

- Realizaranse dúas probas escritas por avaliación. A segunda proba incluirá todos os contidos específicos traballados ao longo da avaliación. A nota das probas será a da media aritmética ponderada das dúas probas segundo a fórmula: 0,4 x Pb1 + 0,6 x Pb2. A nota media ponderada das dúas probas representará o 90% da nota da avaliación.

- O outro 10%, vén definido polos criterios de avaliación que se recollen nas táboas de indicadores. Estes criterios de avaliación estarán asociados a distintas rúbricas que se analizarán en distintos procedementos de avaliación ao longo de todas as unidades: realización de cuestionarios, traballos, prácticas de laboratorio e actividades interactivas.

- Polo tanto, os pesos para o cálculo da nota final en cada avaliación estarán representados por:

90% probas escritas

10% táboas de indicadores

Unha vez feito o cálculo tendo os puntos e valores de ponderación anteriormente sinalados, a avaliación considérase aprobada se alumno/a obtén na mesma unha nota igual ou superior a 5.   

- A nota final do/da alumno/a será calculada como a media aritmética das notas exactas (sen redondeos) obtidas  nas tres avaliacións, considerándose aprobados/as aqueles/as alumnos/ que acaden unha media igual ou superior a 5.

 

Recuperación das avaliacións parciais:

Os/as alumnos/as con algunha avaliación suspensa terán a oportunidade de recuperala mediante unha proba escrita de recuperación, que se realizará despois de cada avaliación, entendéndose que a avaliación está recuperada cando a cualificación obtida (puntuada sobre 10 puntos) sexa igual ou superior a 5.

Recuperación na avaliación extraordinaria:

Os/as alumnos/as que non teñan superado a materia na avaliación ordinaria de xuño, poderán realizar unha proba escrita extraordinaria que será cualificada sobre 10 puntos, aprobando aqueles ou aquelas alumnos/as que obteñan unha nota igual ou superior a 5.

 

 

 

 

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta materia

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


No Bacharelato, etapa na que as diferenzas persoais en capacidades específicas e intereses do alumnado están a miúdo bastante definidas, a organización da ensinanza permite que as alumnas e os alumnos resolvan esta diversidade mediante a elección de modalidades e optativas.

Nembargantes, consideramos conveniente dar resposta, xa desde as mesmas materias, a un feito constatable: a diversidade do alumnado maniféstase en intereses, motivacións, capacidades e estilos de aprendizaxe. É preciso, entón, ter en conta os estilos diferentes de aprendizaxe do alumnado e adoptar medidas as oportunas para afrontar esta diversidade.

Dar resposta a esta diversidade é unha tarefa imprescindible, pois a intención última de todo proceso educativo é lograr que o alumnado acade os obxectivos propostos. Así, para acometer o tratamento da diversidade neste materia realizase principalmente por dúas vías:

1- A atención á diversidade na programación dos contidos, presentándoos dende dúas fases: a información xeral e a información básica, que se tratarán mediante esquemas, resumos, paradigmas, etc.

2.- A atención á diversidade na programación das actividades; as actividades constitúen un excelente instrumento de atención ás diferenzas individuais dos alumnos e das alumnas. A variedade de actividades con distinto nivel de dificultade, por exemplo, permiten a adaptación ás diversas capacidades, intereses e motivación.

O profesorado buscará o xeito de atender á diversidade de alumnado que curse Bioloxía en 2º de Bacharelato, en coordinación co Departamento de Orientación e a Xefatura de estudos.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 UD 9 UD 10 UD 11 UD 12 UD 13 UD 14 UD 15
1 Comprensión lectora.
2 Expresión oral e escrita.
3 Competencia dixital.
4 Emprendemento social e empresarial.
5 Fomento do espírito crítico e científico.
6 Educación emocional e en valores.
7 Igualdade de xénero.
8 Creatividade.
9 Comunicación audiovisual

Ao longo de todo o curso e durante a realización de todas as actividades e tarefas que forman parte da programación didáctica da materia, fomentaranse de maneira transversal a igualdade entre mulleres e homes, incluida a afectivo-sexual, a formación estética, a educación para a sustentabilidade e o consumo responsable, o respecto mutuo e a cooperación entre iguais.

Do mesmo xeito, promoverase a aprendizaxe da prevención e da resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto e a consideración polas vítimas de calquera tipo de violencia.

Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como os que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero.

 

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Charlas do Programa A Ponte, organizadas pola USC. Charlas relacionadas cos contidos da materia.
Visita a un centro de investigación galego. O alumnado de Bioloxía realizará unha visita real e/ou virtual aos laboratorios do CIMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas) e CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares)..
Conferencias on line. Participación en conferencias on line sobre temas relacionados coa Bioloxía molecular.

De estar relacionadas cos contidos da materia de Bioloxía, poderase solicitar e organizar mais dunha charla do Programa A Ponte e mesmo de calquera outro Programa organizado por unha universidade galega.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Adecuación á temporalización das unidades didácticas.
Metodoloxía empregada Participación activa de todo o alumnado.
Metodoloxía empregada Utilización de distintas estratexias metodolóxicas en función das unidades didácticas.
Metodoloxía empregada Utilización dos distintos instrumentos de avaliación.
Medidas de atención á diversidade Medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE na elaboración de probas escritas.
Medidas de atención á diversidade Medidas de atención á diversidade para atender ao alumnado con NEAE no deseño das actividades.
Metodoloxía empregada Eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación e ampliación.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Apoio e implicación por parte das familias no traballo do alumnado.

Estes indicadores de logro pretenden avaliar aspectos como a adecuación da proposta educativa ás características do grupo, a idoneidade das metodoloxías empregadas en cada momento, o grao de participación de alumnado e familias no proceso de ensino ou a adecuada resposta ás necesidades específicas do alumnado.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


De xeito periódico, analizarase o grao de avance da materia, en relación coa programación, así como diversos cambios propostos para adaptarse ás necesidades educativas da aula.

Ao longo do curso revisarase o seguimento adecuado da programación didáctica, a través de PROENS, analizando así mesmo os resultados obtidos polo alumnado en cada avaliación.

Por outra banda, na memoria fin de curso, reflexaranse os contidos impartidos, cambios propostos para sucesivos cursos no caso de ser considerada a necesidade dunha proposta de mellora.


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
1. -

 

 

 

 

 

 

 


Volver