Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Nesta programación non se fixo modificación ningunha con respecto aos descritores sinalados no currículo por parecernos suficientes e, sobre todo, xa que pode ter influencia no peso relativo da materia na adquisición das competencias clave, aspecto que debería ser acordado na concreción curricular.
Repártense os contidos dos catro bloques do currículo entre todas as avaliacións para que se podan ir traballando paulatina e gradualmente de cara a preparar a PAU. Así, sitúanse na primeira avaliación, nas primeiras sesións do curso, os contidos referidos ao repaso e ampliación de morfosintaxe. A continuación pasarase os contidos de comprensión e traducións dos textos dos dous autores propostos, en principio un e despois o outro, aínda que en función da marcha do curso tamén se poderían ir alternando. Os contidos de léxico e helenismos será distribuída durante todo o curso en varias sesións.
No apartado metodolóxico apóstase por un ensino da lingua grega con un profundo coñecemento gramatical e na utilización constante de glosarios ou dicionarios para poder entender os textos a través da tradución dos textos gregos cara á lingua propia.
En canto á avaliación, están especialmente revisados os criterios, atendendo ao contexto e circunstancias propias do centro e alumnado. O grupo de Grego II é un grupo cun número de alumnos reducido, o cal facilita moitísimo o exercicio da avaliación continua.
Finalmente, no que atinxe á avaliación da práctica docente, nesta programación proponse o desenvolvemento e utilización de enquisas ao alumnado para medir certos parámetros e o seguimento mediante táboas de valoración. Todo iso coa finalidade de mellorar a programación de cara a seguintes versións, especialmente no que se refire ás sesións dedicadas a cada UD, a distribución por trimestres, os instrumentos de avaliación e mesmo o peso de cada criterio de avaliación.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A materia de Grego II, como outras de segundo de bacharelato ten varios condicionamentos importantes:
1. Esixencias das PAU
2. Limitación de tempo, reducido a un máximo de 116 sesións
3. Metodoloxía empregada en Grego I
4. Tipoloxía dos contidos que veñen dados polas cuestións das propias PAU: repaso de morfosintaxe e explicación de novos contidos, tradución e comprensión de textos seleccionados dos autores propostos, literatura e lecturas, etimoloxía e helenismos.
METODOLOXÍA PARA OS CONTIDOS DE CONTIDOS MORFOSINTÁCTICOS
O curso iniciarase cun repaso, recompilación e estruturación dos contidos do curso anterior e inmediatmente continuará coa ampliación dos contidos non tratados en Grego I para acadar o nivel necesario que permita acceder á comprensión dos textos propostos.
Preparar ao alumnado axeitadamente para as PAU, facer selección de contidos, textos e materiais de traballo que, de feito, xa veñen dados pola propia selección de autores e textos que realiza o grupo de traballo da CiUG.
METODOLOXÍA PARA OS CONTIDOS DE ETIMOLOXÍA
Estes contidos xa veñen sendo traballados dende o curso de Grego I e o que se lle pide ao alumnado é que atope e explique helenismos derivados de palabras gregas dunha listaxe proposta polo grupo de traballo tomadas dos textos obxecto de tradución e comprensión xunto con algunhas que teñen unha fecunda familia de neoloxismos.
A medida que eses termos vaian aparecendo nos textos, realizarase a explicación e a recompilación de helenismos relacionados, non só na lingua de uso do alumnado, senón tamén noutras do repertorio, de modo que se poidan verificar as semellanzas e diferenzas de transcrición en cada unha delas.
METODOLOXÍA PARA OS CONTIDOS DE COMPRESIÓN E TRADUCIÓN DE TEXTOS
División do texto en secuencias que teñan sentido, facendo uso dos signos de puntuación, as formas verbais como núcleo das oracións e resto de elementos sintácticos de enlace: conxuncións que clarifiquen a organización das oracións e preposicións para os complementos circunstanciais, etc.
Achegamento á comprensión do léxico utilizando ferramentas como a etimoloxía, o contexto e, no seu caso, de ser necesario, os dicionarios en formato papel ou en liña.
Ofrecer unha interpretación e comentario do contido do texto, procedendo entre todo o alumnado á súa corrección e mellora.
Resposta a preguntas formuladas en grego polo profesorado sobre o contido, cuxa solución estará no propio texto, facendo as correspondentes transformacións en canto a tempo e persoas verbais, voces, complementos, etc. coa finalidade de facilitar a súa comprensión integral.
Reflectir oralmente ou por escrito e, a poder ser, en grego, mediante paráfrases simples, as ideas principais dos textos e redactar textos adicionais imitando a estrutura do texto traducido, completando o contido, ofrecendo outra versión, etc.
Lectura comparada de diferentes traducións publicadas e comentario de textos, comprendendo as diferenzas atopadas e entendendo o compromiso existente entre literalidade e literariedade da tradución.
METODOLOXÍA PARA OS CONTIDOS DE LITERATURA
1. Explicación por parte do profesorado e lectura de textos en voz alta na aula e tamén de forma individual na casa, elaboración de exercicios e traballos guiados que se avalían fundamentalmente a través de táboas de indicadores como rúbricas.
A aula invertida (flipped classroom). Este modo de traballo supón que o alumnado accede á información de modo previo, de forma guiada e progresivamente de forma autónoma, e despois procédese a traballar de modo activo na aula aplicando ese coñecemento previo adquirido. Esta metodoloxía presenta, entre outros, o reto de que tanto profesorado como alumnado debe contar con acceso e suficiente destreza de uso das TIC.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
INTRODUCIÓN
A materia de Grego II de 2º de bacharelato é unha materia de continuidade, polo que o alumnado xa ten cursado Grego I. Por outra banda, a docente é nova no centro polo que considérase preciso a realización da avaliación inicial para coñecer a base de coñecementos do grupo.
OBXECTIVOS
1º Identificar e determinar o nivel de coñecementos de todo o alumnado.
2º Coñecer as motivacións do alumnado para escoller a materia de Grego II. Aínda que isto xa se fixo en 1º, é importante volver preguntar por este aspecto dado que é moi frecuente que se produzan cambios de motivacións e/ou obxectivos que pode ser relevante coñecer.
3º Identificar o alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ACNEAE).
4º Identificar o alumnado repetidor.
INSTRUMENTOS
1º Actas e memoria do departamento do curso anterior.
2º Diálogo informal co alumnado os primeiros días de aula.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
O principal obxectivo destas medidas é o seguimento do alumnado que require unha atención especial en función das súas características, motivacións ou circunstancias educativas e persoais, e o de aquel alumnado que permanece un ano máis no mesmo curso.
Sendo o Grego II unha materia de opción de modalidade que o alumnado escolle de forma voluntaria, xa constitúe unha das vías que establecen resposta á diversidade de intereses e necesidades do alumnado. Con carácter xeral a ensinanza debe ter unha natureza individualizada, que tome en consideración o punto de partida de cada alumno ou alumna, traballando na medida do posible de xeito particular sobre a súa motivación, os seus intereses e as súas capacidades de aprendizaxe. Neste sentido débese prestar atención especial ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. De xeito ordinario adoptaranse unha serie de medidas encamiñadas a previr ou compensar dificultades leves mediante a adecuación do currículo vixente, sen alterar ningún dos seus elementos prescritivos, co fin de que a diversidade do alumnado acade as capacidades establecidas nos obxectivos. Logo da avaliación inicial e seguindo as indicacións do Departamento de Orientación, adoptaranse medidas como:
- Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características do alumnado. Trátase neste punto, por exemplo, da colocación do alumnado na aula (proximidade á persoa docente, agrupación en parellas, etc.)
- Adecuación da programación didáctica ao contorno e ao alumnado. Este punto é básico e debe determinar dende o primeiro momento a programación de todas as materias do centro.
- Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación. Esta medida será unha das máis frecuentes e de fácil aplicación.
- Programas de recuperación. A elaboración dun programa específico para recuperar as avaliacións e tamén a materia no seu conxunto debe ser unha medida a considerar no caso de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- Reunións periódicas do equipo docente convocadas polo profesorado titor. Seguimento de casos e intervención cando a situación o aconselle.
Estas medidas poderanse tomar nos seguintes casos:
- alumnado con altas capacidades intelectuais.
- alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- alumnado con integración tardía no sistema educativo.
- alumnado que permanece máis dun ano no mesmo curso.
En todo caso, a posta en práctica destas medidas ou de calquera outra non relacionada anteriormente deberá facerse baixo a supervisión e en estreita colaboración co Departamento de Orientación e o resto do equipo docente.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Esta programación constitúese como un instrumento vivo que o docente seguirá como marco de referencia e que permite introducir as correccións e melloras pertinentes, evitando así as improvisacións. Todo iso conseguirase seguindo as directrices desenvolvidas nos puntos e elementos anteriores dunha maneira flexible e adaptándose ás circunstancias concretas do centro e do alumnado.
A programación, nos puntos que se estime, revisarase, a poder ser, cada mes, especialmente despois de analizar os resultados de cada unha das avaliacións, así como en calquera momento que se considere oportuno (isto é doado por tratarse dun departamento unipersoal). Calquera cambio que se realice será comunicado aos membros da comunidade educativa que se vexan afectados.
Os elementos que serán revisados de maneira especial serán os seguintes:
- Número de sesións previstas e número de sesións utilizadas en cada UD
- Orde dos contidos explicados
- Actividades realizadas
- Grao de cumprimento da UD
- Obxectivos alcanzados
- Propostas de mellora
Estes cambios e adaptacións serán recollidos nas correspondentes actas de reunión, no apartado de seguimento da propia plataforma Proens e posteriormente na memoria final de curso.
Na derradeira reunión de departamento recolleranse as propostas de mellora de cara a modificar e mellorar a programación da materia no vindeiro curso.