Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


A materia de Tecnoloxía dálle continuidade á materia de Tecnoloxía e Dixitalización cursada nos primeiros anos da etapa de educación secundaria obrigatoria. Permite, ademais, profundar na adquisición de competencias, así como desenvolver unha actitude emprendedora con vistas a realizar estudos posteriores ou ao desempeño de actividades profesionais.

Os obxectivos da materia están intimamente relacionados con algúns dos elementos esenciais que conforman esta materia e que determinan o proceso de ensino e aprendizaxe desta: a natureza transversal propia da tecnoloxía, o impulso da colaboración e do traballo en equipo, o pensamento computacional e as súas implicacións na automatización e na conexión de dispositivos a Internet, así como o fomento de actitudes como a creatividade, a perseveranza, a responsabilidade no desenvolvemento tecnolóxico sostible ou o emprendemento incorporando as tecnoloxías dixitais. Por outra banda, cómpre salientar a resolución de problemas interdisciplinarios como eixe vertebrador da materia que reflicte o enfoque competencial desta.

A materia organizase en cinco bloques interrelacionados: O proxecto tecnolóxico; Deseño e fabricación; Elementos de máquinas, sistemas e robots; Programación, automatización e robótica; Documentación e comunicación dixital

 


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Identificar e propor problemas tecnolóxicos con iniciativa e creatividade, estudando as necesidades da súa contorna próxima e aplicando estratexias e procesos colaborativos e iterativos relativos a proxectos, para idear e planificar solucións de maneira eficiente, accesible, sostible e innovadora.
OBX2 Aplicar de forma apropiada e segura distintas técnicas e coñecementos interdisciplinarios utilizando procedementos e recursos tecnolóxicos, ao tempo que se analiza o ciclo de vida de produtos para fabricar solucións tecnolóxicas accesibles e sostibles que dean resposta ás necesidades expostas.
OBX3 Expresar, comunicar e difundir ideas, propostas ou solucións tecnolóxicas en diferentes foros de maneira efectiva cunha linguaxe inclusiva e non sexista, empregando os recursos dispoñibles e aplicando os elementos e as técnicas necesarios para intercambiar a información de maneira responsable e fomentar o traballo en equipo.
OBX4 Desenvolver solucións automatizadas a problemas expostos aplicando os coñecementos necesarios e incorporando tecnoloxías emerxentes para deseñar e construír sistemas de control programables e robóticos.
OBX5 Aproveitar e empregar de maneira responsable as posibilidades das ferramentas dixitais, adaptándoas ás súas necesidades, configurándoas e aplicando coñecementos interdisciplinarios para a resolución de tarefas dunha maneira máis eficiente.
OBX6 Analizar procesos tecnolóxicos, tendo en conta o seu impacto na sociedade e a contorna aplicando criterios de sostibilidade e accesibilidade, para facer un uso ético e ecosocialmente responsable da tecnoloxía.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Electrónica analóxica e dixital Os fenómenos eléctricos coñécense dende a antigüidade, pero non foi ata o século XIX cando comezou o uso masivo da electricidade e non foi ata 1940 cando comeza a era da electrónica que, nas últimas décadas, tivo un espectacular desenvolvemento que favoreceu o seu uso tanto en electrodomésticos como na informática e nos sistemas de telecomunicación. Nesta unidade adicada a electricidade e a electrónica, tanto analóxica como dixital, o alumnado coñecerá os conceptos e os compoñentes básicos para que un circuíto electrónico funcione así como recoñecer e aplicar as leis básicas polas que se rexen os circuítos eléctricos e electrónicos. Deberá, ademais, coñecer e empregar a simboloxía utilizada tanto na electrónica analóxica como na dixital e manipular e construír diferentes circuítos electrónicos, 40 30
2 Automatismos A Pneumática é a parte da Tecnoloxía que estuda as máquinas e os aparatos que funcionan con aire comprimido; a hidráulica as que funcionan con aceite, por este motivo tamén son coñecidos como oleohidráulicas. Estes fluídos, aire e aceite, aplícanse, con diferentes técnicas, en máquinas, aparatos e sistemas de automatización de diferentes procesos industriais; motivo polo cal e necesario o estudo desta unidade, se queremos coñecer o noso entorno tecnolóxico. Por outra parte, hoxe en día e imposible pensar nun sistema produtivo que non conteña elementos de control e o uso de robots en calquera entorno industrial de certa relevancia. Tendo en conta que ata os radiadores, as cámaras fotográficas e as pranchas, ou mesmo a apertura da porta dun garaxe teñen implementados sistemas de control, na materia de tecnoloxía non se podía deixar de lado esta parte tan importante no proceso produtivo actual. 40 30
3 Emprendemento tecnolóxico O que nos permite adaptarnos a calquera medio, non é o noso corpo, fráxil en comparación cos do resto de animais, senón a nosa capacidade de crear obxectos. A tecnoloxía pódese definir como o conxunto de coñecementos e actividades científicos e técnicos empregadas polo humanidade para a construción ou elaboración de obxectos co obxectivo de resolver problemas ou satisfacer necesidades, ben sexan estas individuais ou colectivas. No quefacer tecnolóxico é conveniente coñecer como se resolven os problemas mediante estratexias e técnicas no mundo empresarial e industrial tendo en conta criterios de sostiibilidade no uso de materias e de consumo enerxético. 20 45

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. O proxecto tecnolóxico
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA1.1 - Idear e planificar solucións tecnolóxicas emprendedoras que xeren un valor para a comunidade a partir da observación e da análise da contorna máis próxima, estudando as súas necesidades, requisitos e posibilidades de mellora.
CA1.2 - Aplicar con iniciativa estratexias colaborativas de xestión de proxectos cunha perspectiva interdisciplinaria e seguindo un proceso iterativo de validación desde a fase de ideación ata a difusión da solución.
CA1.3 - Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a ideación de solucións o máis eficientes, accesibles e innovadoras posibles.
CA1.4 - Analizar o deseño dun produto que dea resposta a unha necesidade exposta, avaliando a súa demanda, evolución e previsión de fin de ciclo de vida, cun criterio ético, responsable e inclusivo.
CA1.5 - Intercambiar información e fomentar o traballo en equipo de maneira asertiva.
CA1.6 - Analizar os beneficios que, no coidado da contorna, achegan a arquitectura bioclimática e o eco-transporte, valorando a contribución das tecnoloxías ao desenvolvemento sostible.
CA1.7 - Identificar e valorar a repercusión e os beneficios do desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos de carácter social por medio de comunidades abertas, accións de voluntariado ou proxectos de servizo á comunidade.
Contidos
C1.1 - Aplicación de técnicas de ideación, estratexias de xestión de proxectos colaborativos e técnicas de resolución de problemas iterativas, utilizando vocabulario técnico axeitado.
C1.2 - Estudo de necesidades do centro, locais, rexionais etc. Deseño de proxectos colaborativos ou cooperativos.
C1.3 - Emprendemento, perseveranza, iniciativa e creatividade na resolución de problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria da actividade tecnolóxica e satisfacción e interese polo traballo e a calidade deste.
C1.4 - Ciclo de vida dun produto e as súas fases. Análises sinxelas.
C1.5 - Tecnoloxía sostible: aforro enerxético no transporte e nas edificacións. Arquitectura bioclimática.
C1.6 - Comunidades abertas, voluntariado tecnolóxico e proxectos de servizo á comunidade.
Bloque B2. Deseño e fabricación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA2.1 - Fabricar produtos e solucións tecnolóxicas aplicando ferramentas de deseño asistido, técnicas de elaboración manual, mecánica e dixital e utilizando os materiais e recursos mecánicos, eléctricos, electrónicos e dixitais adecuados.
CA2.2 - Facer un uso responsable da tecnoloxía, mediante a análise e a aplicación de criterios de sostibilidade e accesibilidade na selección dos materiais e no seu deseño, así como nos procesos de fabricación de produtos tecnolóxicos, minimizando o impacto negativo sobre a sociedade e o ambiente.
Contidos
C2.1 - Estratexias de selección de materiais baseándose nas súas propiedades ou requisitos.
C2.2 - Sostibilidade e accesibilidade na selección de materiais e no deseño de procesos, produtos e sistemas tecnolóxicos.
C2.3 - Ferramentas de deseño asistido por ordenador en tres dimensións na representación e/ou fabricación de pezas aplicadas a proxectos.
C2.4 - Técnicas de fabricación manual e mecánica. Aplicacións prácticas.
C2.5 - Técnicas de fabricación dixital. Impresión en tres dimensións e corte. Aplicacións prácticas.
Bloque B3. Elementos de máquinas, sistemas e robots
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA3.1 - Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
CA3.2 - Utilizar vocabulario técnico, símbolos e esquemas de sistemas tecnolóxicos apropiados.
Contidos
C3.1 - Electrónica analóxica. Compoñentes básicos, simboloxía, análise de circuítos elementais.
C3.2 - Electrónica dixital básica. Compoñentes básicos. Resolución de problemas lóxicos e circuítos.
C3.3 - Pneumática básica. Compoñentes e circuítos básicos.
C3.4 - Deseño, montaxe física e/ou simulada de circuítos electrónicos e/ou pneumáticos elementais, enfocado á resolución de problemas técnicos e proxectos.
C3.5 - Compoñentes de sistemas de control programado: controladores, sensores e actuadores. Elementos mecánicos, electrónicos e pneumáticos aplicados á robótica.
C3.6 - Deseño e montaxe física ou simulada dun sistema automático ou robot.
Bloque B4. Programación, automatización e robótica
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA4.1 - Automatizar procesos, máquinas e sistemas, mediante a análise, a programación de robots e os sistemas de control.
CA4.2 - Utilizar, con sentido crítico e ético, aplicacións informáticas e tecnoloxías dixitais de control e simulación, como a internet das cousas, o big data e/ou a intelixencia artificial.
CA4.3 - Resolver tarefas propostas de maneira eficiente mediante o uso e a configuración de diferentes aplicacións e ferramentas dixitais, aplicando coñecementos interdisciplinarios con autonomía.
Contidos
C4.1 - O ordenador e os dispositivos móbiles como elementos de programación e control.
C4.2 - Traballo con simuladores informáticos na verificación e comprobación do funcionamento dos sistemas deseñados.
C4.3 - Robótica. Control de robots sinxelos de maneira física ou simulada.
C4.4 - Telecomunicacións en sistemas de control dixital. A Internet das cousas: elementos, comunicacións e control. Aplicacións prácticas.
C4.5 - Iniciación á intelixencia artificial e ao big data: aplicacións prácticas. Espazos compartidos e discos virtuais.
Bloque B5. Documentación e comunicación dixital
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3
CA5.1 - Crear contidos, elaborar materiais e difundilos en distintas plataformas, configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor.
CA5.2 - Presentar e difundir as propostas ou solucións tecnolóxicas de maneira efectiva, empregando a entoación, expresión, xestión do tempo e adaptación adecuada do discurso, así como unha linguaxe inclusiva e non sexista.
CA5.3 - Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Contidos
C5.1 - Vocabulario técnico apropiado.
C5.2 - Presentación e difusión do proxecto empregando ferramentas dixitais e audiovisuais. Elementos, técnicas e ferramentas.
C5.3 - Comunicación efectiva: entoación, expresión, xestión do tempo, adaptación do discurso e uso dunha linguaxe inclusiva, libre de estereotipos sexistas.
C5.4 - Propiedade intelectual.
C5.5 - Técnicas de tratamento, organización e almacenamento seguro da información. Copias de seguridade.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Electrónica analóxica e dixital
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.5 Intercambiar información e fomentar o traballo en equipo de maneira asertiva.
Táboa de indicadores
Elabora respostas, toma decisións e interactúa cos demais membros do grupo conforme a normas baseadas no respecto mútuo. 3
CA2.1 Fabricar produtos e solucións tecnolóxicas aplicando ferramentas de deseño asistido, técnicas de elaboración manual, mecánica e dixital e utilizando os materiais e recursos mecánicos, eléctricos, electrónicos e dixitais adecuados.
Táboa de indicadores
Emprega de maneira autonóma ferramentas dixitais para a creación de circuítos eléctricos e electrónicos. 5
CA3.1 Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
CA3.1.1. Coñecer compoñentes electrónicos analóxicos básicos, a súa función e simboloxía.
Proba escrita
Recoñece os compoñentes eléctricos e electrónicos e resolve problemas sinxelos 30
CA3.1.2. Coñecer os elementos dun sistema electrónico dixital e resolver problemas lóxicos sinxelos.
Proba escrita
Identifica as portas lóxicas e resolve de problemas sinxelos 30
CA3.1.4. Realizar prácticas de circuítos representativos para a súa aplicación en proxectos
Táboa de indicadores
Monta na aula taller os circuítos anteriormente simulados por computador 10
CA3.2 Utilizar vocabulario técnico, símbolos e esquemas de sistemas tecnolóxicos apropiados.
Táboa de indicadores
Utiliza vocabulario técnico para identificar os compoñentes eléctricos e electrónicos así como a súa función dentro dun circuíto 5
CA4.3 Resolver tarefas propostas de maneira eficiente mediante o uso e a configuración de diferentes aplicacións e ferramentas dixitais, aplicando coñecementos interdisciplinarios con autonomía.
Táboa de indicadores
Utiliza simuladores de electrónica, fai capturas de pantalla e as introduce nun tartamento de textos. 10
CA5.1 Crear contidos, elaborar materiais e difundilos en distintas plataformas, configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor.
Táboa de indicadores
Os materias elaborados son propios e presentados no apartado correspondente no seu curso da aula virtual. 5
CA5.3 Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Táboa de indicadores
Fai copia de seguridade das súas tarefas 2

2 Automatismos
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Idear e planificar solucións tecnolóxicas emprendedoras que xeren un valor para a comunidade a partir da observación e da análise da contorna máis próxima, estudando as súas necesidades, requisitos e posibilidades de mellora.
Táboa de indicadores
Idea medidas que poida aplicar para o aforro enerxético na súa vivenda. 5
CA1.6 Analizar os beneficios que, no coidado da contorna, achegan a arquitectura bioclimática e o eco-transporte, valorando a contribución das tecnoloxías ao desenvolvemento sostible.
Táboa de indicadores
Indica que beneficios, tanto económicos como medioambientais, achega a arquitectura bioclimática. 5
CA3.1 Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
CA3.1.1. Coñecer compoñentes electrónicos analóxicos básicos, a súa función e simboloxía.
Táboa de indicadores
Recoñece os diferentes compoñentes edlectrónicos cando utilizas os mBot. 5
CA3.1.3. Coñecer compoñentes básicos dun sistema pneumático, a súa función e simboloxía.
Proba escrita
Coñece a simboloxía e as caracterísiticas das válvulas distribuidoras, de control e dos actuadores de movemento lineal (cilindros de simple e dobre efecto). 20
CA3.1.4. Realizar prácticas de circuítos representativos para a súa aplicación en proxectos
Proba escrita
É capaz de deseñar un circuíto pneumático que sexa capaz de resolver un problema técnico. 20
CA3.1.5. Coñecer os elementos dun sistema automático ou robot e a súa función no conxunto.
Táboa de indicadores
Recoñece os diferentes compoñentes que forma un robot e é capaz de montalo o de substituir pezas encaso de mal funcionamento. 10
CA3.2 Utilizar vocabulario técnico, símbolos e esquemas de sistemas tecnolóxicos apropiados.
Táboa de indicadores
Utiliza a simboloxía e vocabulario técnico adecuado na presentación dos seus traballos. 5
CA4.1 Automatizar procesos, máquinas e sistemas, mediante a análise, a programación de robots e os sistemas de control.
Táboa de indicadores
Desenvolve programas para controlar o robot mBot. 15
CA4.2 Utilizar, con sentido crítico e ético, aplicacións informáticas e tecnoloxías dixitais de control e simulación, como a internet das cousas, o big data e/ou a intelixencia artificial.
Táboa de indicadores
Recoñece que se aplicamos a IA a unha vivenda podemos reducir o seu impacto ambiental. 5
CA4.3 Resolver tarefas propostas de maneira eficiente mediante o uso e a configuración de diferentes aplicacións e ferramentas dixitais, aplicando coñecementos interdisciplinarios con autonomía.
Táboa de indicadores
Realiza as tarefas propostas mediante un simulador pneumático. 5
CA5.3 Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Táboa de indicadores
Emprega de forma segura sistemas de intercambio de información: aula virtual, lápis de memoria e carpetas propias. 5

3 Emprendemento tecnolóxico
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Idear e planificar solucións tecnolóxicas emprendedoras que xeren un valor para a comunidade a partir da observación e da análise da contorna máis próxima, estudando as súas necesidades, requisitos e posibilidades de mellora.
Táboa de indicadores
Propón unha solución ao problema proposto. 5
CA1.2 Aplicar con iniciativa estratexias colaborativas de xestión de proxectos cunha perspectiva interdisciplinaria e seguindo un proceso iterativo de validación desde a fase de ideación ata a difusión da solución.
Táboa de indicadores
Distribúe o traballo en grupo de tal maneira de que todos os membros colaboren e aporten as súas ideas 5
CA1.3 Abordar a xestión do proxecto de forma creativa, aplicando estratexias e técnicas colaborativas axeitadas, así como métodos de investigación para a ideación de solucións o máis eficientes, accesibles e innovadoras posibles.
Táboa de indicadores
Centrase nos aspectos máis relevantes a hora de establecer a xestión do proxecto. Ten calro o punto de partida e a situación que pretende resolver 5
CA1.4 Analizar o deseño dun produto que dea resposta a unha necesidade exposta, avaliando a súa demanda, evolución e previsión de fin de ciclo de vida, cun criterio ético, responsable e inclusivo.
Táboa de indicadores
Organiza lóxica e cientificamente os pasos e procesos intermedios para o logro do obxectivo proposto. 5
CA1.5 Intercambiar información e fomentar o traballo en equipo de maneira asertiva.
Táboa de indicadores
Colabora co grupo aportando ideas, respecta as ideas dos demais e, se estas entren en conflicto coa súa, afronta o conflicto empregando normas baseadas no respecto mutuo ata chegar a un acordo. 5
CA1.7 Identificar e valorar a repercusión e os beneficios do desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos de carácter social por medio de comunidades abertas, accións de voluntariado ou proxectos de servizo á comunidade.
Táboa de indicadores
Valora os beneficios que o seu proxecto aporta a soiciedade. 5
CA2.1 Fabricar produtos e solucións tecnolóxicas aplicando ferramentas de deseño asistido, técnicas de elaboración manual, mecánica e dixital e utilizando os materiais e recursos mecánicos, eléctricos, electrónicos e dixitais adecuados.
Táboa de indicadores
Utiliza impresión 3D para obtención de algunhas pezas 5
CA2.2 Facer un uso responsable da tecnoloxía, mediante a análise e a aplicación de criterios de sostibilidade e accesibilidade na selección dos materiais e no seu deseño, así como nos procesos de fabricación de produtos tecnolóxicos, minimizando o impacto negativo sobre a sociedade e o ambiente.
Táboa de indicadores
Aplica criteiros de sostibilade na selección de materiais e reutiliza mateirias da aula-taller. 5
CA3.1 Deseñar, construír, controlar e/ou simular sistemas automáticos ou robots que sexan capaces de realizar tarefas de forma autónoma, aplicando coñecementos de mecánica, electrónica, pneumática e compoñentes dos sistemas de control, así como outros coñecementos interdisciplinarios.
CA3.1.1. Coñecer compoñentes electrónicos analóxicos básicos, a súa función e simboloxía.
Táboa de indicadores
Aplica os coñecementos obtidos anteriormente sobre electrónica ao proxecto proposto 10
CA3.1.5. Coñecer os elementos dun sistema automático ou robot e a súa función no conxunto.
Táboa de indicadores
Aplica os coñecementos obtidos anteriormente sobre programación ao proxecto proposto 10
CA3.2 Utilizar vocabulario técnico, símbolos e esquemas de sistemas tecnolóxicos apropiados.
Táboa de indicadores
Utiliza tanto o vocabulario coma a simboloxía adecuda na presentación do proxecto 10
CA4.1 Automatizar procesos, máquinas e sistemas, mediante a análise, a programación de robots e os sistemas de control.
Táboa de indicadores
Utiliza a programación no seu proxecto. 10
CA4.2 Utilizar, con sentido crítico e ético, aplicacións informáticas e tecnoloxías dixitais de control e simulación, como a internet das cousas, o big data e/ou a intelixencia artificial.
Táboa de indicadores
Utiliza o portafolio Agueiro coa fin de conmpartir información co resto do grupo. 5
CA5.1 Crear contidos, elaborar materiais e difundilos en distintas plataformas, configurando correctamente as ferramentas dixitais habituais da contorna de aprendizaxe, axustándoas ás súas necesidades e respectando os dereitos de autor.
Táboa de indicadores
Utiliza o portafolio Agueiro para conmpartir información co resto do grupo. 5
CA5.2 Presentar e difundir as propostas ou solucións tecnolóxicas de maneira efectiva, empregando a entoación, expresión, xestión do tempo e adaptación adecuada do discurso, así como unha linguaxe inclusiva e non sexista.
Táboa de indicadores
Utiliza o portafolio Agueiro para difundir o seu proxecto cunha linguaxe inclsuiva e non sexista. 5
CA5.3 Organizar a información de maneira estruturada aplicando técnicas de almacenamento seguro.
Táboa de indicadores
A información esta estruturada. Garda de maneira segura a infromación. Podese aceder dende calquera dispositivo conectado a internet. 5

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Para levar a cabo esta programación necesítase estar traballando continuamente nun taller con dispoñibilidade de ordenadores, maquinaria de fabricación e material de electrónica, pneumática e control e robótica.

A metodoloxía seguida en cada unidade didáctica segue o seguinte esquema: 

1) Exposición teórica por parte do profesor.

2) Realización de exercicios e de tarefas informáticas (aquí se incluén dende prácticas con simuladores ata entornos de programación).

3) Realización de exames escritos e/ou cuestionarios.

4) Montaxe das diferentes prácticas de electrónica na aula-taller de tecnoloxía

5) Elaboración, mediante proxectos de deseño e investigación, de produtos que dean resposta aos problemas propostos. Todas as unidades didácticas están enfocadas á preparación para a realización dun proxecto de atomatización, control e robótica.

Promoverase a participación do alumnado,resaltando o traballo colectivo como forma de afrontar os desafíos e os retos tecnolóxicos que propón a nosa sociedade para reducir as fendas dixital e de xénero, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Aula-taller de tecnoloxía
Ordenadores con conexión a internet. Un ordenador por alumna/o.
Materiais para a fabricación, tratando de potenciar a reutilización.
Ferramentas manuais e eléctricas propias do taller de tecnoloxía.
Dispositivos de fabricación dixital: impresora 3D
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.
Compoñentes eléctricos e electrónicos e elementos mecánicos e estruturais.
Equipos para control e robótica: Placas controladoras, sensores, actuadores, fontes de alimentación, etc.
Aula virtual do centro.
Portafolio Agueiro
Papel, lápis, bolígrafo, regras e calculadora

A aula virtual é contedor de todos os contidos, tarefas e recursos necesarios para impartir a materia de Tecnoloxía. E tamén neste curso da aula virtual onde se farán diferentes cuestionarios coa fin de demostar o coñecemento, por parte do alumnado, dos contidos tratados.

O portafolio Agueiro se empregará para que o alumando presente e comparta os traballos elaborados, tamén é o lugar onde presentaran os informes de investigación e as súas conclusións así como os proxectos a realizar neste curso. O papel tamén se emprega para realizar exames nos que existan exercicios que deban resolver. Os demáis recursos son necesarios para a procura de información, exposición dos contidos por parte do profesor e realización das distintas tarefas e/ou proxectos a realizar neste curso académico.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Ao comezo do curso e, trás explicar o funcionamento da aula virtual, o alumnado realizará as seguintes accións:

Un cuestionario sobre os seus recursos TIC, que permitirá ao profesor  coñecer os recursos dos que dispón o alumnado e saber se poden dende a súa casa acceder aos contido do curso na aula virtual.

Unha enquisa sobre a súa actitude cara o aprendizaxe que ten como obxectivo coñecer as actitudes do alumnado cara o aprendizaxe tanto colaborativo como individualizado.

Ao comezo de cada unidade didáctica proporánse unha serie de actividades dinámicas e participativas (preguntas, vídeos, ...) coas que se pretende incentivar a curiosidade dos alumnos e alumnas polos contidos e desterzas a desenvolver na unidade temática correspondente.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 40.0 40.0 20.0 100.0
Proba escrita 60.0 40.0 0.0 40.0
Táboa de indicadores 40.0 60.0 100.0 60.0

A nota final é a medía ponderada de cada unidade didáctica. A nota en cada avaliación dependerá da nota que se saque na unidade ou unidades didácticas que dea tempo a dar en cada avaliación.  A materia considerase aprobada se a media ponderada de todas as unidades didácticas dadas no curso e igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

O profesorado concretará aqueles traballos e tarefas que o alumnado poderá entregar de novo dentro dun prazo establecido para recuperalos.

De cada proba escrita obxectiva realizarase unha segunda de recuperación. A realización da proba de recuperación será obrigatoria para o alumnado que obteña unha cualificación inferior ao 50% do máximo na primeira proba.  A cualificación final de cada proba corresponderá á maior das obtidas en cada unha das oportunidades.

Nas  últimas semanas do curso, o alumnado que o precise, deberá realizar tarefas e probas de recuperación daquelas unidades didácticas que non superase no seu momento. A recuperación realizarase por cada unidade didáctica. A nota final calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas e seguindo o procedemento establecido

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta etapa

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


A atención á diversidade implica que desenvolvamos estratexias que nos permitan a posibilidade de ter diferentes niveis de actuación co noso alumnado no día a día. Por ese motivo, as actuacións previstas nesta programación didáctica, contemplan intervencións educativas dirixidas a dar resposta ás diferentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses, situacións socioeconómicas e culturais e do alumnado, coa finalidade de facilitar o acceso aos aprendizaxes propios desta etapa así como a adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos por parte de todo o alumnado.

Como primeira medida de atención á diversidade e, coa fin de ter unha visión xeral do alumnado, realizaránse unhas enquisas ao principio do curso sobre: o interese na materia, os recuros tic dipoñibles polo alumando e as súas actitides cara o pensamento e o aprendizaxe., Unha vez realizada dita avaliación inicial, e perante as dificultades individuais ou grupais detectadas, poderase adecuar as agrupacións á hora do desenvolvemento dos proxectos e das prácticas en equipo, graduar o nivel de dificultade de ditas actividades e prestar unha atención máis individualizada a aqueles alumnos e alumnas que amosen máis carencias á hora de asimilación de contidos. Para medidas máis concretas e pormenorizadas o profesorado que imparte a materia estará a espera do informe ou informes que o Departamento de orientación teña a ben comunciar así como dos pasos e medidas a seguir co alumnado ao que sexa necesario facerlle algunha adaptación mási específica.

Outra medida tomada  é a de propóñer actividades e tarefas nas que o alumnado poderá por en práctica diversos procesos cognitivos, evitando que as situacións de aprendizaxe se centren no desenvolvemento de só algúns deles permitindo, deste xeito, o axuste destas propostas a diferentes estilos de aprendizaxe. En liña co anterior, en calquera unidade didáctica as súas diferentes actividades serán flexibles e poderanse plantear nun xeito ou nun número diferente a cada alumno ou alumna.

Outra medida é a inclusión de actividades e tarefas que requiran a cooperación e o traballo en equipo para a súa realización. A axuda entre iguais permitirá que o alumnado aprenda dos demais estratexias, destrezas e habilidades que contribuirán ao desenvolvemento das súas capacidades e a adquisición das competencias clave.

Tamén se contempla implementar actuacións de acordo coas características individuais do alumnado que contribúan á atención á diversidade e a compensación de desigualdades, facilitando os procesos de detección e tratamento das dificultades de aprendizaxe tan pronto como se presenten.

Estas actuacións se levarán a cabo a través de medidas de carácter xeral con criterios de flexibilidade organizativa, co obxecto de favorecer a autoestima e expectativas positivas no alumnado e obter o logro dos obxectivos e as competencias clave.

Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación

Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira

No caso do alumnado que permaneza un ano máis no mesmo curso, seguiranse o establecido no plan específico personalizado elaborado polo equipo docente baixo a coordinación do profesorado titor.


7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3
1 Comprensión lectora
2 Expresión oral e escrita
3 Competencia dixital
4 Emprendemento social e empresarial
5 Espírito crítico e científico
6 Educación emocional e en valores:
7 Igualdade de xénero
8 Creatividade
9 Educación para a saúde
10 Formación estética
11 Educación para a sostibilidade e o consumo responsable
12 Respecto mutuo e cooperación entre iguais

Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas propostos.

Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e coa elaboración de documentación técnica. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica. 

Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia. Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.

Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos tecnolóxicos.

Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital.

O desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos fomentará o traballo en equipo.

A igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico é unha necesidade na sociedade actual, que tratará de cubrirse mediante un axeitado reparto de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos.

Creatividade: Desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.

Educación para a saúde: importancia do respecto polas normas de seguridade e hixiene no taller. Contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade.

Formación estética: procesos de deseño e acabado nos proxectos tecnolóxicos.

Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade nos proxectos tecnolóxicos, sobre todo na elección de materiais e fontes de enerxía.

Respecto mutuo: contidos relacionados coa etiqueta dixital. Este respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas Visitas a empresas que teñan unha actividade relacionada cos contidos da materia.
Participación na competwción de robots de UVIGO O alumnado participara na montaxe e programación dun robot móbil

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos nas distintas unidades didácticas do curso. Asemade, cada actividade contará coa aprobación e apoio do Equipo Directivo do centro.

Para cada actividade complementaria indicaranse as seguintes características:

- Obxectivos

- Profesorado responsable.

- Alumnado participante.

- Datas e lugar de celebración.

- Repercusións económicas.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Medidas de atención á diversidade Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
Metodoloxía empregada A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
Clima de traballo na aula O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
Medidas de atención á diversidade As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os criterios de avaliación e cualificación foron claros e rigorosos e permitiron un seguimento do progreso do alumnado.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Facilitouse ao alumnado e as familias o coñecemento dos criterios de avaliación e calificación de cada unidade didáctica, ao comezo da mesma.
Clima de traballo na aula Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e cualificacións.
Metodoloxía empregada Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase en cada trimestre unha valoración dos indicadores de logro e comprobarase que se cumpren os obxectivos propostos.

 


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento e,  a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.

Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

Realizarase a avaliación da programación nos seguintes períodos de tempo:

  • Mensualmente: revisarase a temporalización da programación así como a secuenciación e a profundidade dos contidos impartidos nos distintos grupos, adaptando esta á diversidade do alumnado.
  • Ao final de cada trimestre: revisarase a temporalización da programación, a secuenciación e a profundidade dos contidos impartidos nos distintos grupos, e o grado de cumprimento de obxectivos e de adquisición de competencias. Revisarase a programación e notaranse as modificacións nas actas do Departamento.
  • Ao final do curso: Revisarase a temporalización da programación, a secuenciación e a profundidade dos contidos impartidos nos distintos grupos, e o grado de cumprimento de obxectivos e de adquisición de competencias. Revisarase a programación e anotaranse as modificacións na memoria final do departamento, as cales se terán en conta para a programación do curso seguinte.

9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver