Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Esta programación ten por obxecto fixar as características nas que vai ter lugar a docencia da materia de Cultura Clásica que se imparte en 4º da ESO. Foi modificado para responder a Orde do 20 de maio de 2022 polo que aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros públicos docentes e a Orde do 27 de decembro de 2022 que modifica a devandita orde.
CONTEXTO DO CENTRO
-Situación e instalacións .
O IES Salvaterra de Miño atópase na parroquia de Salvaterra (cabeceira do concello) en Chan da Ponte Nº 12. Está situado no polígono industrial da vila, polo que está rodeado de empresas dedicadas a diferentes actividades (metal, pedra, transportes...). O centro leva en pé dende o curso 1998/99, co que é, relativamente, un centro novo, pero non por iso carente de problemas a nivel arquitectónico: os poucos anos do centro non impediron, no seu día, a aparición de problemas respecto ás instalacións materiais e a construción do mesmo.
- Entorno socioeconómico.
Salvaterra de Miño está situada ao sur da provincia de Pontevedra, onde o río Miño é fronteira natural con Portugal. Situado na comarca do Condado do Tea, o concello ten unha extensión de 62 km2 e está constituído por 17 parroquias, con máis de 9600 habitantes. O seu relevo chan e a abundancia de auga únense ao seu especial microclima convertendo ao concello nunha zona ideal para as plantacións vitivinícolas e hortícolas. A isto tamén contribúen os seus cinco ríos: Uma, Tea, Caselas, Mendo e Miño. A vila experimentou, poucos anos atrás, unha fase expansiva directamente relacionada co proxecto da PLISAN, de aí o auxe da construción e a mellora das infraestruturas viarias en dirección O Porriño, Ponteareas e As Neves. Durante esa fase expansiva aumentou o número de empresas e edificios do seu polígono industrial, paralelamente á potenciación do concello como destino de lecer e turismo, polas súas boas condicións climáticas e paisaxísticas (rutas de sendeirismo, club de piragüismo no río Miño, festa do viño...). Actualmente e debido, entre outras circunstancias, á actual crise económica, esa fase expansiva está paralizada. Con todo, trátase dunha área rural cun hábitat disperso e con predominio de actividades económicas primarias. Neste sentido, as condicións económicas das familias están no segmento mediobaixo. Feitos coma este contan moito á hora de organizar as actividades do centro tanto a nivel extraescolar como académico. O transporte é outro problema a ter en conta xa que este non conta con horarios flexibles nin percorridos apropiados para que as familias poidan comunicarse facilmente coa cabeza do concello, feito que dificulta os recursos humanos.
O alumnado do IES Salvaterra de Miño procede, na súa maioría, do propio concello.
Principalmente chegan ao centro tralo seu paso polos colexios adscritos, que son o CEP Carlos Casares (situado na parroquia de Alxén), o CEIP Infante Felipe de Borbón (situado na parroquia de Salvaterra) e o CEIP de Leirado (parroquia de Leirado). Isto é motivo máis que suficiente para que un dos obxectivos do IES Salvaterra de Miño sexa o de manter reunións periódicas coas direccións de ditos centros co fin de tratar de impulsar a cooperación entre o IES e os centros adscritos, preparar a chegada ao centro dese alumnado e tratar de prever posibles problemas académicos e de conduta. Grazas á oferta educativa do IES Salvaterra de Miño, chegan, tamén, alumnos procedentes de concellos limítrofes, como Salceda de Caselas, Ponteareas e As Neves. Temos que ter en conta, ademais, que, aínda que nunha porcentaxe ben pequena, ao centro chega tódolos anos alumnado inmigrante (Marrocos, Cuba, México...) o que obriga a tomar medidas para a súa integración no noso sistema educativo Neste curso contamos con 518 alumnos e alumnas cunha tendencia ao alza que se consolida ano a ano.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
- Uso das tecnoloxías informáticas para a busca de información como ferramenta de traballo, consulta e exercicio interactivo, propiciando con iso o afondamento nas técnicas de investigación, procura, selección e presentación da información tanto de forma oral como escrita ou visual.
- Recursos como a cartografía e a elaboración de eixes cronolóxicos tanto en formato papel como mediante recursos en liña, aplicacións que permiten percorridos virtuais polas localizacións máis destacadas do mundo grecorromano e visualizar vídeos sobre os contidos referidos especialmente ao primeiro bloque, así como dos lugares de culto marcados por unha contorna xeográfica moi particular e grazas a iso poderá conectarse a xeografía coa arqueoloxía, a relixión ou a mitoloxía, especialmente no caso do mundo grego.
- Vincular o desenvolvemento da materia á lectura de textos clásicos ou referidos ao mundo grecorromano (fragmentos de obras orixinais, adaptacións, textos historiográficos, etc.) para traballar transversalmente a comprensión lectora, de tal maneira que sexa a lectura a que dea pé á explicación dos contidos, como elementos referenciais precisos para entender os textos. Esta metodoloxía permite:
a) Traballar a mecánica da lectura (tanto silenciosa como en voz alta) como a comprensión lectora.
b) Facer un achegamento á crítica textual, en conexión coas materias de Lingua Galega e Castelá.
c) Incentivar a participación na aula do alumnado a través da expresión de ideas e reflexións, facendo especial fincapé no desenvolvemento da capacidade comunicativa en público.
d) Romper co achegamento academicista tradicional, nunha materia que se presta á innovación e á experimentación.
- A experimentación con outras metodoloxías como o traballo por proxectos significativos para o alumnado, a clase invertida (flipped classroom), a aprendizaxe colaborativa, a ludificación, etc. Estas metodoloxías permiten maximizar o tempo útil de traballo práctico na aula, optimizan resultados e fan o proceso de ensinanza máis inclusivo e variado reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Aínda que se trata dunha materia que o alumnado non cursou con anterioridade, hai que considerar o posible alumnado repetidor e os coñecementos previos sobre o mundo grecorromano que poidan ter adquirido en cursos previos, noutras materias como Xeografía e Historia ou materias lingüísticas. Por esta razón, e para adecuar as explicacións ao nivel de coñecementos da clase, formularemos unha proba escrita de diagnóstico con cuestións diversas xerais referidas a cada unha das unidades didácticas do curso.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
O principal obxectivo destas medidas é o seguimento do alumnado que require unha atención especial en función das súas características, motivacións ou circunstancias educativas e persoais, e o de aquel alumnado que permanece un ano máis no mesmo curso, seguindo o artigo 52 da Orde do 8 setembro 2021 de atención á diversidade no que se regula o plan específico personalizado para este alumnado.
Sendo a Cultura Clásica unha materia optativa, xa constitúe unha das vías que establecen resposta á diversidade de intereses e necesidades do alumnado. Con carácter xeral a ensinanza debe ter unha natureza individualizada, que tome en consideración o punto de partida de cada alumno ou alumna, traballando na medida do posible de xeito particular sobre a súa motivación, os seus intereses e as súas capacidades de aprendizaxe. Neste sentido débese prestar atención especial ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. De xeito ordinario adoptaranse unha serie de medidas encamiñadas a previr ou compensar dificultades leves mediante a adecuación do currículo vixente, sen alterar ningún dos seus elementos prescritivos, co fin de que a diversidade do alumnado acade as capacidades establecidas nos obxectivos. Neste sentido tomaranse medidas como:
- Concreción e disposición secuencial de obxectivos.
- Metodoloxías que favorezan a participación de todo o alumnado: aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe seguida de cerca polo titor, maior participación, combinación de actividades (individual, por grupos, exposición, investigación, etc.), aprendizaxe autónoma, etc.
- Diversificar procedementos de avaliación.
- Reforzar valores e determinadas capacidades de tipo emocional.
- Reunións periódicas do equipo docente convocadas polo profesorado titor. Seguimento de casos e intervención cando a situación o aconselle.
- É fundamental e accesible tamén o reforzo da lectura comprensiva na nosa materia.
- Outras medidas como a ampliación e afondamento para alumnado que o requira, recuperación, reforzo, adaptacións, etc.
É posible que polas circunstancias persoais, sociais ou culturais dalgún alumno ou alumna sexa necesaria unha adaptación curricular significativa, o que implicará modificacións de elementos de prescrición do currículo como os obxectivos, contidos ou criterios de avaliación, mesmo no que se refire a concrecións metodolóxicas, aínda que esta medida só se tomará despois de explorar todas as posibilidades ordinarias. A adopción deste proceder será autorizada por Inspección Educativa e tras este paso decidirase que elementos do currículo deberán ser modificados. Nestes casos, a avaliación axustarase aos criterios individualizados establecidos na adaptación curricular, tendo sempre como referente os obxectivos da etapa á hora da promoción.
Estas medidas poderanse tomar nos seguintes casos:
- alumnado con altas capacidades intelectuais.
- alumnado con necesidades educativas especiais.
- alumnado con integración tardía no sistema educativo.
- alumnado que permanece máis dun ano no mesmo curso.
Para o alumnado con dificultades de aprendizaxe, o departamento preparará e entregaralles un material de apoio para traballar durante as fins de semana e períodos de vacacións. Este material (que se elaborará determinando aqueles aspectos que o alumno non consegue facer, os contidos que hai que traballar e a metodoloxía que hai que utilizar) deberao presentar rematado á volta do período vacacional. Durante a clase poderán resolverse as súas dúbidas mentres o resto de compañeiros prepara outra actividade. O tipo de traballo que se preparará obedecerá a unha ampla gama de exercicios e actividades, estruturada da seguinte forma:
- exercicios previos para comprender mellor a materia.
- exercicios prácticos variados para desenvolver os contidos necesarios.
- exercicios de repaso daqueles coñecementos menos adquiridos.
Do mesmo xeito, ao alumnado que amose un especial interese, procurarase entregarlle material (todo tipo de recursos materiais e recursos en rede) para ofrecerlle a posibilidade de profundar en aspectos concretos do programa de contidos.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
A nosa programación constitúese como un instrumento vivo que o docente seguirá como marco de referencia e que permite introducir as correccións e melloras pertinentes, evitando así as improvisacións. Todo iso conseguirase seguindo as directrices desenvolvidas nos puntos e elementos anteriores dunha maneira flexible e adaptándose ás circunstancias concretas do centro e do alumnado.
A programación, nos puntos que se estime, revisarase nas reunións que o Departamento celebra, como mínimo cada mes, especialmente despois de analizar os resultados de cada unha das avaliacións, así como en calquera momento no que os membros do Departamento o consideren oportuno. Calquera cambio que se realice será comunicado aos membros da comunidade educativa que se vexan afectados.
Os elementos que serán revisados de maneira especial serán os seguintes:
- Número de sesións previstas e número de sesións utilizadas en cada UD.
- Orde dos contidos explicados.
- Actividades realizadas.
- Grao de cumprimento da UD.
- Obxectivos alcanzados.
- Propostas de mellora.
Estes cambios e adaptacións serán recollidos nas correspondentes actas de reunión, no apartado de seguimento da propia plataforma Proens e posteriormente na memoria final de curso.
Na derradeira reunión de departamento recolleranse as propostas de mellora de cara a modificar e mellorar a programación da materia no vindeiro curso.