Vista preliminar da

Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.

1. Introdución (Elaborado)


Na sociedade actual, o desenvolvemento da tecnoloxía por parte das enxeñerías converteuse nun dos eixes arredor dos cales se articula a evolución sociocultural. Nos últimos tempos, a tecnoloxía, entendida como o conxunto de coñecementos e técnicas que pretenden dar solución ás necesidades do ser humano, foi incrementando a súa relevancia nos diferentes ámbitos da sociedade, desde a xeración de bens básicos ata as comunicacións, dando lugar ao benestar e ás estruturas económicas e sociais do mundo actual. Para iso, a cidadanía necesita dispoñer dun conxunto de saberes científicos e técnicos que sirvan de base para adoptar actitudes críticas e construtivas ante determinadas cuestións, ao tempo que lle permitan actuar de modo responsable, creativo, eficaz e comprometido na solución ás necesidades que lle poidan xurdir.

Neste sentido, a materia de Tecnoloxía e Enxeñería pretende reunir os saberes científicos e técnicos que, a partir dun enfoque competencial, contribúan á consecución dos obxectivos da etapa de bacharelato e á adquisición das correspondentes competencias clave. As competencias específicas oriéntanse a que o alumnado, mediante proxectos de deseño e investigación, fabrique, automatice e mellore produtos e sistemas de calidade que dean resposta a problemas dados, transferindo saberes doutras disciplinas cun enfoque ético e sostible. Todo isto faise achegando o alumnado, desde un enfoque inclusivo e non sexista, ao ámbito formativo e laboral propio da actividade tecnolóxica e da enxeñería.

O fío condutor da materia vai ser a resolución de problemas interdisciplinarios ligados a situacións reais a través de solucións tecnolóxicas, o que lle facilitará ao alumnado o coñecemento panorámico da contorna produtiva a partir da realidade que supón a creación dun produto. Este coñecemento abre un amplo campo de posibilidades ao facilitar a comprensión do proceso de deseño e desenvolvemento desde un punto de vista industrial, así como a aplicación das novas filosofías maker ou DiY de prototipado a medida ou baixo demanda.


2. Obxectivos e súa contribución ao desenvolvemento das competencias (Elaborado)


Currículo CCL CP STEM CD CPSAA CC CE CCEC
OBX1 Coordinar e desenvolver proxectos de investigación cunha actitude crítica e emprendedora, a través de estratexias e técnicas eficientes de resolución de problemas e comunicando os resultados de xeito adecuado, para crear e mellorar produtos e sistemas de modo continuo.
OBX2 Seleccionar materiais e elaborar estudos de impacto aplicando criterios técnicos e de sostibilidade para fabricar produtos de calidade que dean resposta a problemas e a tarefas propostos desde un enfoque responsable e ético.
OBX3 Utilizar as ferramentas dixitais adecuadas analizando as súas posibilidades, configurándoas segundo as súas necesidades e aplicando coñecementos interdisciplinares para resolver tarefas e para realizar a presentación dos resultados dun xeito óptimo.
OBX4 Xerar coñecementos e mellorar destrezas técnicas transferindo e aplicando saberes doutras disciplinas científicas con actitude creativa para calcular e resolver problemas ou dar resposta a necesidades dos distintos ámbitos da enxeñería
OBX5 Deseñar, crear e avaliar sistemas tecnolóxicos aplicando coñecementos de programación informática, regulación automática e control, así como as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías emerxentes, para estudar, controlar e automatizar tarefas.
OBX6 Analizar e comprender sistemas tecnolóxicos dos distintos ámbitos da enxeñería estudando as súas características, o consumo e a eficiencia enerxética para avaliar o uso responsable e sostible que se fai da tecnoloxía.
Non se rexistrou texto

3.1. Relación de unidades didácticas (Elaborado)


Secuencia * Título da UD Descrición *% Peso na materia


*Nº de sesións
1º trim. 2º trim. 3º trim.
1 Materiais e fabricación Propiedades e nsaios de materiais 5 8
2 Estruturas Cargas e estabilidade en estruturas. 5 8
3 Máquinas térmicas Máquinas frigoríficas, bombas de calor e motores térmicos 15 20
4 Pneumática e hidráulica Sistemas pneumáticos e hidráulicos 5 8
5 Corrente alterna Circuítos de corrente alterna 15 16
6 Electrónica dixital Circuítos combinacionais e secuenciais e problemas lóxicos. 20 24
7 Automatización e control Sistemas automáticos 20 16
8 Proxectos de investigación e desenvolvemento Desenvolvemento de proxectos 15 16

3.2. Distribución currículo nas unidades didácticas (Elaborado)


Bloque B1. Proxectos de investigación e desenvolvemento
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA1.1 - Desenvolver proxectos de investigación e innovación coa finalidade de crear e mellorar produtos de forma continua, utilizando modelos de xestión cooperativos e flexibles.
CA1.2 - Comunicar e difundir de forma clara e comprensible o proxecto definido elaborándoo e presentándoo coa documentación técnica necesaria.
CA1.3 - Resolver problemas asociados ás distintas fases do desenvolvemento e da xestión dun proxecto (deseño, simulación e montaxe e presentación) utilizando as ferramentas adecuadas que proveñen das aplicacións dixitais.
CA1.4 - Elaborar informes sinxelos de avaliación de impacto ambiental de xeito fundamentado e estruturado.
CA1.5 - Analizar os distintos sistemas de enxeñería desde o punto de vista da responsabilidade social e da sostibilidade estudando as características de eficiencia enerxética asociadas aos materiais e aos procesos de fabricación.
CA1.6 - Perseverar na consecución de obxectivos en situacións de incerteza, identificando e xestionando emocións, aceptando e aprendendo da crítica razoada e utilizando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.
Contidos
C1.1 - Xestión e desenvolvemento de proxectos. Técnicas e estratexias de traballo en equipo. Metodoloxías Agile: tipos, características e aplicacións.
C1.2 - Difusión e comunicación de documentación técnica. Elaboración, referenciación e presentación.
C1.3 - Impacto social e ambiental. Informes de avaliación. Valoración crítica das tecnoloxías desde o punto de vista da sostibilidade ecosocial.
C1.4 - Autoconfianza e iniciativa. Identificación e xestión de emocións. O erro e a reavaliación como parte do proceso de aprendizaxe.
C1.5 - Emprendemento, resiliencia, perseveranza e creatividade para abordar problemas desde unha perspectiva interdisciplinaria.
Bloque B2. Materiais e fabricación
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA2.1 - Analizar a idoneidade dos materiais técnicos na fabricación de produtos sostibles e de calidade considerando as súas propiedades básicas e a súa estrutura interna.
CA2.2 - Analizar diferentes métodos de ensaio das propiedades mecánicas dos materiais comprendendo a utilizade de cada un deles.
CA2.3 - Escoller os tratamentos de modificación máis adecuados para a mellora das propiedades básicas dos materiais.
Contidos
C2.1 - Estrutura interna dos materiais e relación coas súas propiedades básicas.
C2.2 - Procedementos de ensaio de propiedades: resolución de problemas de ensaios de dureza, de tracción e de resiliencia.
C2.3 - Análise de técnicas de fabricación industrial para a mellora das propiedades dos materiais e a súa sostibilidade.
Bloque B3. Sistemas mecánicos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA3.1 - Calcular e montar estruturas sinxelas estudando os tipos de cargas aos que se poidan ver sometidas e a súa estabilidade.
CA3.2 - Analizar as máquinas térmicas: máquinas frigoríficas, bombas de calor e motores térmicos comprendendo o seu funcionamento e realizando simulacións e cálculos básicos sobre a súa eficiencia.
CA3.3 - Interpretar e solucionar esquemas de sistemas pneumáticos e hidráulicos a través de montaxes ou simulacións e comprendendo e documentando o funcionamento de cada un dos seus elementos e do sistema na súa totalidade.
Contidos
C3.1 - Estruturas sinxelas. Tipos de cargas, estabilidade e cálculos básicos de cargas, esforzos e momentos. Montaxe ou simulación de exemplos sinxelos.
C3.2 - Máquinas térmicas: máquina frigorífica, bomba de calor e motores térmicos. Cálculos básicos de rendemento e eficiencia, simulación e aplicacións básicas.
C3.3 - Sistemas pneumáticos e hidráulicos: elementos, simboloxía, circuítos básicos e cálculos das magnitudes de forza, presión e caudal. Montaxe e/ou simulación para a resolución de problemas.
Bloque B4. Sistemas eléctricos e electrónicos
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA4.1 - Interpretar e resolver circuítos de corrente alterna mediante montaxes ou simulacións identificando os seus elementos e comprendendo o seu funcionamento.
CA4.2 - Experimentar e deseñar circuítos combinacionais e secuenciais físicos e simulados aplicando fundamentos da electrónica dixital e comprendendo o seu funcionamento no deseño de solucións tecnolóxicas.
CA4.3 - Resolver problemas lóxicos reais aplicando fundamentos da electrónica dixital e poñelos en práctica mediante montaxes ou simulacións.
Contidos
C4.1 - Circuítos de corrente alterna monofásicos RLC serie e paralelo. Triángulo de potencias. Cálculo, montaxe e/ou simulación.
C4.2 - Electrónica dixital combinacional. Portas e funcións lóxicas. Deseño e simplificación de funcións. Resolución de problemas lóxicos sinxelos.
C4.3 - Electrónica dixital secuencial. Biestables.
C4.4 - Montaxe e/ou simulación de circuítos dixitais característicos.
Bloque B5. Programación, automatización e control
Criterios de avaliación
UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
CA5.1 - Comprender e simular o funcionamento dos procesos tecnolóxicos baseados en sistemas automáticos de lazo aberto e pechado.
CA5.2 - Aplicar técnicas de simplificación a sistemas automáticos obtendo a función de transferencia simplificada.
CA5.3 - Analizar a estabilidade dun sistema de control sinxelo experimentando con simuladores.
CA5.4 - Coñecer e avaliar sistemas informáticos emerxentes e as súas implicacións na seguridade dos datos analizando modelos existentes.
Contidos
C5.1 - Sistemas automáticos e de control en lazo aberto e pechado.
C5.2 - Álxebra de bloques e simplificación de sistemas sinxelos.
C5.3 - Análise da estabilidade de sistemas sinxelos.
C5.4 - Experimentación en simuladores.
C5.5 - Intelixencia artificial, big data, bases de datos distribuídas e ciberseguridade.

3.3. Avaliación das unidades didácticas (Elaborado)



1 Materiais e fabricación
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.5 Analizar os distintos sistemas de enxeñería desde o punto de vista da responsabilidade social e da sostibilidade estudando as características de eficiencia enerxética asociadas aos materiais e aos procesos de fabricación.
Táboa de indicadores
Analizar a sostibilidade dos diferentes materiais 5
CA2.1 Analizar a idoneidade dos materiais técnicos na fabricación de produtos sostibles e de calidade considerando as súas propiedades básicas e a súa estrutura interna.
Proba escrita
Coñecer as propiedades dos materiais 10
CA2.2 Analizar diferentes métodos de ensaio das propiedades mecánicas dos materiais comprendendo a utilizade de cada un deles.
Proba escrita
Cálculos básicos das propiedades mecánicas 75
CA2.3 Escoller os tratamentos de modificación máis adecuados para a mellora das propiedades básicas dos materiais.
Proba escrita
Coñecer os tratamentos básicos de modificación das propiedades dos materiais 10

2 Estruturas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.1 Calcular e montar estruturas sinxelas estudando os tipos de cargas aos que se poidan ver sometidas e a súa estabilidade.
Proba escrita
Cálculos básicos de cargas, forzas e momentos. 100

3 Máquinas térmicas
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.2 Analizar as máquinas térmicas: máquinas frigoríficas, bombas de calor e motores térmicos comprendendo o seu funcionamento e realizando simulacións e cálculos básicos sobre a súa eficiencia.
Proba escrita
Cálculos básicos de enerxía e rendemento en máquinas térmicas. 100

4 Pneumática e hidráulica
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA3.3 Interpretar e solucionar esquemas de sistemas pneumáticos e hidráulicos a través de montaxes ou simulacións e comprendendo e documentando o funcionamento de cada un dos seus elementos e do sistema na súa totalidade.
Proba escrita
Interpretar esquemas de sistemas pneumáticos e hidráulicos 100

5 Corrente alterna
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.1 Interpretar e resolver circuítos de corrente alterna mediante montaxes ou simulacións identificando os seus elementos e comprendendo o seu funcionamento.
Proba escrita
Interpretar e resolver circuítos de corrente alterna RLC en serie e paralelo 100

6 Electrónica dixital
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA4.2 Experimentar e deseñar circuítos combinacionais e secuenciais físicos e simulados aplicando fundamentos da electrónica dixital e comprendendo o seu funcionamento no deseño de solucións tecnolóxicas.
Táboa de indicadores
Experimentar circuítos combinacionais e secuenciais 20
CA4.3 Resolver problemas lóxicos reais aplicando fundamentos da electrónica dixital e poñelos en práctica mediante montaxes ou simulacións.
Proba escrita
Resolver problemas lóxicos 80

7 Automatización e control
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA5.1 Comprender e simular o funcionamento dos procesos tecnolóxicos baseados en sistemas automáticos de lazo aberto e pechado.
Proba escrita
Comprender o funcionamento dos sistemas automáticos de lazo aberto e pechado. 20
CA5.2 Aplicar técnicas de simplificación a sistemas automáticos obtendo a función de transferencia simplificada.
Proba escrita
OIbter a función de transferencia simplificada a sistemas automáticos 40
CA5.3 Analizar a estabilidade dun sistema de control sinxelo experimentando con simuladores.
Proba escrita
Analizar a estabilidade dun sistema de control sinxelo 30
CA5.4 Coñecer e avaliar sistemas informáticos emerxentes e as súas implicacións na seguridade dos datos analizando modelos existentes.
Táboa de indicadores
Experimentar con sistemas de intelixencia artificial, big data, bases de datos distribuídas e ciberseguridade. 10

8 Proxectos de investigación e desenvolvemento
Criterios de avaliación * Tipo de instrumento * Grao mínimo de consecución * % peso
CA1.1 Desenvolver proxectos de investigación e innovación coa finalidade de crear e mellorar produtos de forma continua, utilizando modelos de xestión cooperativos e flexibles.
Táboa de indicadores
Deseñar un proxecto de innovación 10
CA1.2 Comunicar e difundir de forma clara e comprensible o proxecto definido elaborándoo e presentándoo coa documentación técnica necesaria.
Táboa de indicadores
Presentar a documentación técnica do proxecto 10
CA1.3 Resolver problemas asociados ás distintas fases do desenvolvemento e da xestión dun proxecto (deseño, simulación e montaxe e presentación) utilizando as ferramentas adecuadas que proveñen das aplicacións dixitais.
Táboa de indicadores
Desenvolver o proxecto 60
CA1.4 Elaborar informes sinxelos de avaliación de impacto ambiental de xeito fundamentado e estruturado.
Táboa de indicadores
Elaborar un informe de impacto ambiental 10
CA1.6 Perseverar na consecución de obxectivos en situacións de incerteza, identificando e xestionando emocións, aceptando e aprendendo da crítica razoada e utilizando o erro como parte do proceso de aprendizaxe.
Táboa de indicadores
Utilizar métodos de identificación de errores e fallos. 10

4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)


Ao tratarse dunha materia na que poden examinarse da ABAU, a metodoloxía centrarase sobre todo na resolución de problemas de cálculo.

Para cada unidade didáctica faranse pequenas prácticas para visualizar e profundar nos contidos técnicos tratados e, a final de curso, farase un pequeno proxecto de investigación e desenvolvemento no que se aplique o estudado.


4.2. Materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Denominación
Materiais e recursos de creación propia e recursos educativos abertos.
Aula virtual do centro.
Aula-taller de tecnoloxía.
Ordenadores con conexión a internet. Un ordenador por alumna/o.
Software de uso xeral e de uso específico (simuladores, contornas de programación...). En todo caso e salvo que non sexa posible, utilizarase software libre.
Elementos manipulables (circuitos integrados, mecanismos, microprocesadores...) cos que poder facer prácticas e pequenos proxectos.

Os recursos teóricos serán proporcionados polo profesorado a través da aula virtual, e para a realización de prácticas e proxectos utilizarase o material dispoñible no taller de tecnoloxía.


5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)


Farase as primeiras semanas unha proba de competencia nos contidos de Tecnoloxía e Enxeñaría para coñecer o nivel do que parte o alumnado na aula virtual do centro.


5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)


Pesos na materia 
Instrumentos de avaliación UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8 Total programación
Pesos das unidades didácticas (%) 5.0 5.0 15.0 5.0 15.0 20.0 20.0 15.0 100.0
Proba escrita 95.0 100.0 100.0 100.0 100.0 80.0 90.0 0.0 78.75
Táboa de indicadores 5.0 0.0 0.0 0.0 0.0 20.0 10.0 100.0 21.25

A cualificación de cada unha das 3 avaliacións do curso, virá dada pola media ponderada das cualificacións das unidades didácticas desenvolvidas na avaliación. A ponderación establecerase en base aos pesos outorgados a cada unidade didáctica no apartado 3.1 desta programación.

A cualificación final da avaliación ordinaria do curso virá dada pola media ponderada das cualificacións de cada unha das 3 avaliacións do curso.

Cálculo da cualificación final da avaliación ordinaria do curso: 40% 1ªaval + 25% 2ªaval + 35% 3ªaval

Ao longo do curso, o profesorado concretará aqueles traballos e tarefas que o alumnado poderá entregar de novo dentro dun prazo establecido para recuperalos.

Se o alumnado suspende algunha proba escrita obxectiva terá dereito a unha segunda proba de recuperación antes de finalizar o curso e o resto do alumnado poderá realizala de xeito voluntario. A cualificación final de cada proba corresponderá á maior das obtidas en cada unha das oportunidades.

A nota final calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas e seguindo o procedemento establecido.

O alumnado que non acade unha cualificación final de 5 ou máis de 5 na avaliación final  ordinaria do curso, terá que realizar unha proba de recuperación extraordinaria, que en todo caso tratará sobre todas as unidades didácticas do curso.

Nas sesións de clase que teñan lugar no período comprendido entre a avaliación ordinaria e a extraordinaria, o alumnado que teña que realizar a proba extraordinaria realizará tarefas para preparar dita proba. Neste período, o alumnado que teña superada a materia na avaliación ordinaria, realizará tarefas de reforzo e ampliación

5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)


Non resulta de aplicación neste curso

5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)


Non resulta de aplicación nesta materia

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)


Entre outras, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade:

  • Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira.
  • Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado.
  • Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación.
  • Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento.
  • Programas de enriquecimento curricular (a.a.c.c.).

7.1. Concreción dos elementos transversais (Elaborado)


Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso 
Secuencia Elementos transversais UD 1 UD 2 UD 3 UD 4 UD 5 UD 6 UD 7 UD 8
1 Comprensión de lectura
2 Expresión oral e escrita
3 Comunicación audiovisual
4 Competencia dixital
5 Emprendemento social e empresarial
6 Fomento do espírito crítico e científico
7 Educación emocional e en valores
8 Igualdade de xénero
9 Creatividade
10 Educación para a saúde
11 Formación estética
12 Educación para a sostibilidade e o consumo responsable
13 Respecto mutuo e cooperación entre iguais

  • Comprensión de lectura: tarefas de clase e proxectos, nas que o alumnado terá que comprender os distintos enunciados e procurar información para investigar e resolver os problemas propostos.
  • Expresión oral e escrita: resolución das tarefas de clase e coa elaboración de documentación técnica. Farase maior fincapé no uso do vocabulario e a linguaxe técnica.
  • Comunicación audiovisual: presentación de resultados de prácticas e proxectos mediante creacións audiovisuais.
  • Competencia dixital: intrínseca aos contidos propios da materia.
  • Emprendemento social e empresarial: desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.
  • Espírito crítico e científico: procura de información e a investigación nas tarefas e proxectos tecnolóxicos.
  • Educación emocional e en valores: contidos sobre seguridade na rede e benestar dixital.
  • O desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos fomentará o traballo en equipo.
  • A igualdade de xénero no ámbito científico e tecnolóxico é unha necesidade na sociedade actual, que tratará de cubrirse mediante un axeitado reparto de roles no traballo colaborativo en grupos á hora de desenvolver proxectos.
  • Creatividade: Desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.
  • Educación para a saúde: importancia do respecto polas normas de seguridade e hixiene no taller.
  • Contidos relacionados co benestar dixital, tan importante para conservar a saúde emocional na actualidade.
  • Formación estética: procesos de deseño e acabado nos proxectos tecnolóxicos.
  • Educación para a sostibilidade e o consumo responsable: contidos sobre tecnoloxía sostible, respecto pola propiedade intelectual na elaboración de contidos e aplicación de criterios de sostibilidade nos proxectos tecnolóxicos, sobre todo na elección de materiais e fontes de enerxía.
  • Respecto mutuo: contidos relacionados coa etiqueta dixital. Este respecto e a cooperación entre iguais serán fundamentais no traballo en equipo no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos.

7.2. Actividades complementarias (Elaborado)


Actividade Descrición 1º trim. 2º trim. 3º trim.
Saídas didácticas Visualización de procesos de fabricación industriais.

Calquera actividade complementaria proposta deberá axudar a reforzar os contidos desdenvolvidos nas distintas unidades didácticas do curso. Asemade, cada actividade contará coa aprobación e apoio do Equipo Directivo do centro.

Para cada actividade complementaria indicaranse as seguintes características:

  • Obxectivos
  • Profesorado responsable.
  • Alumnado participante.
  • Datas e lugar de celebración.
  • Repercusións económicas.

8.1. Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a practica docente cos seus indicadores de logro (Elaborado)


Categoría indicador de logro Indicadores de logro
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Realizouse unha avaliación inicial para coñecer o punto de partida do alumnado.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico A selección e temporalización de contidos foi axeitada.
Clima de traballo na aula O ambiente da clase foi axeitado e produtivo.
Organización xeral da aula e o aproveitamento dos recursos Os recursos e materiais utilizados foron axeitados.
Metodoloxía empregada As actividades propostas foron variadas e axeitadas para favorecer o desenvolvemento dos contidos.
Medidas de atención á diversidade As medidas de atención á diversidade foron axeitadas para atender ás necesidades de todo o alumnado.
Outros As actividades complementarias cumpliron os obxectivos cos que foron propostas.
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Os criterios de avaliación e cualificación foron claros e rigorosos e permitiron un seguimento do progreso do alumnado
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Facilitouse ao alumnado e as familias o coñecemento dos criterios de avaliación e calificación de cada unidade didáctica, ao comezo da mesma
Adecuación da programación didáctica e da súa propia planificación ao longo do curso académico Proporcionouse ao alumnado información sobre o seu progreso e cualificacións.
Medidas de atención á diversidade Proporcionáronse actividades e procedementos para que o alumnado fose recuperando as partes non superadas da materia.
Coordinación co resto do equipo docente e coas familias ou as persoas titoras legais Existiu coordinación entre os distintos profesores/as.

Farase un seguimento da relación de elementos de avaliación do proceso de ensino e a práctica docente que se indican.


8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)


O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.

Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.

No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.

Ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de cotexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.

Na última semana do curso realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación


9. Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
Non se atoparon elementos.

Volver