Vista preliminar da

Non se atoparon contidos de axuda

a) A adecuación dos obxectivos xerais das etapas ao contexto do centro (Elaborado)


•  Obxectivos prioritarios

-   Crear un espazo educativo escolar seguro de inclusión, individualización, respecto á diferenza e non sexista.

-   Coñecer o legado cultural e patrimonial, analizalo, investigalo, situándose no mundo e fomentando actitudes de compromiso cara unha posición persoal crítica na construcción da sociedade futura.

-    Promover unha escola integrada no medio, capaz de relacionarse positivamente con toda a comunidade (pais, organizacións culturais, Concello…), tratando de aproveitar a maior cantidade dos recursos educativos e humanos que nos ofertan estes medios. Cultivar o arraigamento social do alumnado creando lazos co seu entorno próximo.

-  Potenciar o desenvolvemento das habilidades básicas de observación, experimentación, asimilación e expresión atendendo ao estado evolutivo do alumnado.

-  Elaborar dende unha perspectiva proactiva de plans de prevención, tanto a nivel de detección como de intervención co alumnado en relación á aprendizaxe e ao plano social e da convivencia.

-  Adoptar un compromiso solidario e activo no coidado do medio ambiente e na procura do desenvolvemento sostible.

-   Acadar o desenvolvemento de competencias relacionadas coa expresión de sentimentos autocoñecemento, autoestima e autoconcepto positivos (educación emocional).

-   Adquirir competencias en habilidades sociais, establecendo relación interpersoais de empatía e solidariedade.

-   Educar para a saúde e adquirir hábitos saudables (físicos e mentais) que lles posibiliten unha boa calidade de vida presente e futura, mediante a aprendizaxe e o desenvolvemento de capacidades de autonomía, autocoidado persoal e do entorno inmediato.

-  Fomentar intercambios de experiencias educativas e/ou culturais.

-  Traballar na formación dun espírito crítico ante as mensaxes que o alumnado recibe e elabora.

-  Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade así como actitudes de confianza en si mesmo/a, iniciativa, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe.

  • Obxectivos pedagóxicos

- Promover o traballo por proxectos e colaborativo en todos os niveis escolares.

- Utilizar as dúas linguas vehiculares da aprendizaxe e potenciar o uso de linguas estranxeiras, co fin de adquirir unha competencia comunicativa básica para expresar e comprender mensaxes sinxelas en situacións cotiás.

- Desenvolver as competencias matemáticas básicas para a resolución de problemas que requiran operacións de cálculo elementais así como coñecementos xeométricos e estimativos para poder aplicar a situacións da vida diaria.

- Coñecer e valorar a flora e fauna do noso contorno próximo e da Comunidade Autónoma de Galicia interiorizando comportamentos de respecto e coidado.

- Utilizar os medios de expresión artística para iniciarse no desenvolvemento de propostas individuais ou grupais que procuren o desfrute do esteticamente fermoso, creativo, pracenteiro e favorecedor dunha comunicación enriquecedora na propia comunidade.

- Potenciar a utilización das novas tecnoloxías como recurso, aumentando o dominio do profesorado nas TIC e utilizando eficientemente os recursos tecnolóxicos.

- Fomentar o uso da biblioteca e promover hábitos de lectura no alumnado á hora de ler.

- Fomentar a titorización entre iguais para a prevención do acoso escolar.

- Reforzar a comprensión e expresión oral, desenvolvendo dinámicas de oratoria nas áreas de línguas.

- Empregar diferentes técnicas de estudo para mellorar o nivel de rendemento escolar.

- Respectar os ritmos individuais de aprendizaxe, atendendo á diversidade e considerando as intelixencias múltiples.

- Educación para a paz, a interculturalidade e a solidariedade entre os pobos.

- Educación no respecto, coidado e defensa do Medio Ambiente.

- Educación do consumidor a través dun espírito crítico e racional ante a sociedade de consumo.

- Potenciar os faladoiros, como espazos e tempos de diálogo, reflexión, participación e entrenamento democrático.

- Mellorar o Plan de Acollida ao alumnado con diversidade cultural e idiomática.

- Colaborar nas campañas de solidariedade e tolerancia.

  • Obxectivos relacionados cos recursos persoais e materiais do centro.

- Establecer canles activas e tempos de comunicación entre toda a comunidade.

- Favorecer a formación permanente do profesorado a través da organización de cursos, seminarios, grupos de traballo, PFPP, etc; a partir das necesidades observadas no centro.

- Procurar unha mellora paulatina das instalacións do centro, para acadar unha escola saneada, limpa, alegre,habitable e dotada de maneira efectiva en novas tecnoloxías.

  • Obxectivos relacionados coa participación da comunidade educativa

- Coordinarse con outros axentes sociais municipais para facilitar a incorporación e participación das familias do alumnado.

- Crear espazos e tempo de colaboración no Consello Escolar e no Claustro que faciliten a toma de decisións participativas.

- Contribuír en crear unha imaxe positiva do centro escolar.

- Implicar ás familias nas experiencias escolares e extraescolares.

- Pedir colaboración e plantexar actividades extraescolares que dean solucións aos horarios das familias.

- Facilitar a participación da familia nas datas conmemorativas e nas distintas actividades propostas desde o centro.

- Sensibilizar á comunidade educativa sobre a importancia dun proxecto educativo baseado na solidariedade, respecto e igualdade.


b) A contribución á adquisición das competencias clave (Elaborado)


A consecución dos obxectivos das distintas etapas educativas está unida á adquisición e desenvolvemento das distintas competencias. Así para contribuír á adquisición de:
a) A competencia en comunicación lingüística (CCL), farase dende a multimodalidade comunicativa, fomentamos o diálogo e o respecto polas ideas dos demais en debates e coloquios, contamos con un
proxecto de biblioteca como eixe de todas as actividades do centro, facemos obras de teatro e participamos nas actividades propostas dende a biblioteca, plan lector, concursos e celebracións (Magosto, Nadal, Entroido, Letras Galegas...).
b) Para contribuír á adquisición da competencia plurilingüe (CP) impartindo a asignatura de plástica en inglés e contamos cada ano con un/unha auxiliar de conversa nas aulas.
c) Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM). Esta competencia é fundamental para interpretar o mundo, e máis hoxe en día en que estamos máis rodeados de datos e tecnoloxías que nunca. Por iso é vital que os obxectivos das distintas áreas desenvolvan esta competencia na que se basea grande parte do éxito educativo. Así traballaremos desde distintos ámbitos conceptos como a cantidade (con distintos xogos, cálculos, medicións...), o espazo e a forma (debuxos con referencias reais ou imaxes, descifrar mapas a través de símbolos e pistas, esculpir obxectos), cambio e relacións (xogos de rol, deseñar ou interpretar planos, resolver problemas.), interpretar mapas, realizar gráficas, realizar traballos de investigación, participación e concursos científicos, manexar distintos tipos de máquinas ou ferramentas (desde tesoiras, palas do horto, ordenadores), fabricación de poleas para levantar pesos, facemos distintas visitas escolares (ao planetarium, natureza...), coidamos
o noso horto e galiñas.
d) Competencia dixital (CD). Fomentarase o uso seguro, saudable, sostible, crítico e responsable das tecnoloxías, formando ao alumnado para realizar buscas en internet , seleccionar información relevante, organizar os datos obtidos e contidos de forma crítica. Participarase en actividades e proxectos usando ferramentas ou plataformas virtuais para comunicarse, traballar cooperativamente, compartir datos e contidos, etc. Ademáis, contamos con libro dixital en 5º e 6º de Ed. primaria e capacitamos ao noso alumnado para a análise crítica das mensaxes que transmiten os medios de comunicación, a publicidade, as lecturas e situacións da vida cotiá; rexeitando contidos sexistas ou discriminatorios polas diferenzas entre as persoas. Utilizamos tamén a aula de informática, e visitamos e participamos no blog da biblioteca e na páxina web do colexio.
e) Competencia personal, social e de aprender a aprender (CPSAA). Para desenvolver esta competencia ensinamos ao alumnado a aprender de maneira cada vez máis autónoma porque o obxectivo final e a aprendizaxe ao longo da vida. Para isto teremos en conta varias dimensións, en primeiro lugar prestando atención á motivación, empregando metodoloxías activas e estratexias coas que planificar a aprendizaxe, supervisala e avaliala, potenciando o traballo cooperativo e por proxectos.
f) Competencia cidadá (CC). Para fomentar a adquisición desta competencia desenvolveranse as capacidades do alumnado para elixir libremente, para ser autónomos, para relacionarse de maneira adecuada cos demais, a ter comportamentos respectuosos con eles mesmos/as, cos demais e co medio ambiente e que preveñan condutas ou discriminacións de calquera tipo. Ensinarase a construír relacións armónicas e pacíficas que favorezan a aprendizaxe de actitudes baseadas no respecto, recoñecendo a riqueza da diferencia e respectando os dereitos das persoas. Ofreceranse modelos positivos quen favorezan a aprendizaxe de actitudes baseadas no respecto, equidade, igualdade, inclusión e convivencia, que ofrezan pautas para a resolución pacífica e dialogada de conflitos. Fomentarase ademais un compromiso activo coas prácticas de sostibilidade e protección dos animais. Promoveranse hábitos saudables e sostibles a partir de rutinas que se irán integrando nas prácticas cotidianas.

g) Competencia emprendedora (CE). Para desenvolver esta competencia estimularase a curiosidade, iniciativa, imaxinación e disposición para investigar e crear mediante o xogo, actividades dirixidas ou libres, proxectos cooperativos e outras propostas de aprendizaxe. Fomentarase a análise crítica e construtiva para analizar e avaliar a contorna.

h) Competencia en conciencia y expresión culturales (CCEC). Fomentamos a sensibilidade e unha actitude solidaria para os pobos que non dispoñen do máis básico, mostrando o labor das ONG e coñecendo os dereitos humanos.


c) Os criterios para desenvolver os principios pedagóxicos e incorporar os elementos transversais (Elaborado)


Entre os criterios máis importantes para incorporar elementos transversais, destacamos os seguintes:
- Que fomenten o respecto, a igualdade e a coeducación entre o profesorado e o alumnado.
- Que promovan o respeto pola natureza e a ecoloxía sostible e hábitos de hixiene entre o alumnado e o profesorado.
- Que fomenten a vida saudable e a actividade física entre o alumnado e o profesorado.
- Que promovan o gusto polas artes, a música e as diferentes culturas.

Poderanse incorporar aqueles contidos transversais que dean resposta a demandas sociais conectadas coa nosa contorna (deterioro do medioambiente, consumismo, educación para a saúde, educación emocional...) e que favorezan a adopción dunha perspectiva práctica e funcional, centrada fundamentalmente naqueles aspectos que se consideren básicos para a formación do alumnado, que favorezan o tratamento da diversidade nas aulas, que propicien a integración e a convivencia, que respecten as diferencias individuais, que promovan a tolerancia de ideas ante a pluralidade e que fomenten a autonomía persoal e o desenvolvemento dun autoconcepto positivo e equilibrado.


d) Os criterios de carácter xeral sobre a metodoloxía (Elaborado)


A metodoloxía basearase nunha aprendizaxe competencial, que permita conectar contidos das distintas áreas e materias curriculares ademais de abordar os distintos elementos transversais.

  • Criterios metodolóxicos

- Estilo de ensino-aprendizaxe activo (baseado nas habilidades de pensamento) encamiñado á consecución dunha aprendizaxe significativa na que o alumnado é o verdadeiro actor do seu proceso, sendo o profesorado o guía que lle axuda a descubrir os coñecementos.

- Introdución de novas tecnoloxías da información e da comunicación: O traballo con ferramentas tecnolóxicas está orientado ao emprego destas como xeradoras de contidos e non transmisoras pasivas de información. O alumnado iniciarase no seu emprego de forma transversal e responsable, respectando os tempos de uso, minimizando a exposición ás pantallas e empregando recursos acordes a súa idade e estado madurativo.

- Establecemento de ambientes de aprendizaxe e busca de aprendizaxes cooperativas. Empregaranse diferentes dinámicas: individuais, parellas, grupos, equipos....fomentando o traballo colaborativo, cooperativo e de gran grupo.

- Metodoloxía baseada no desenvolvemento das intelixencias múltiples.

- Presentación de distintos tipos de actividades onde se desenvolvan diferentes tipos de habilidades e capacidades, que partan da observación e experimentación, empregando un enfoque activo no deseño das mesmas, buscando que o alumnado sexa protagonista activo das súas aprendizaxes.

- Fomento de actividades de inmersión e investigación no entorno.

- Teranse en conta os principios do deseño universal de aprendizaxe, ofertando dentro dunha mesma actividade, distintas maneiras de acceder á información, distintos xeitos de expresarse, distintas maneiras de motivar ao alumnado...

- Traballo por proxectos : Realizaranse proxectos significativos e de actualidade que partan dos coñecementos previos do alumnado, do seu contorno próximo e dos seus centros de interese, co fin de fomentar a súa curiosidade e motivación pola aprendizaxe.

- Normalización no establecemento de propostas que impliquen actividade internivelar e interdisciplinar.

- Fomentar a titorización entre iguais.

- Empregaranse estratexias que axuden a conseguir máis significatividade nas aprendizaxes.

- Usarase unha organización espacial flexible que permita levar a cabo diferentes propostas (en Ed. Infantil destacan os ambientes de aprendizaxe, recunchos, estacións de traballo...).


e) Os criterios de carácter xeral sobre os materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Os recursos supoñen un elemento esencial dentro do proceso de ensino/aprendizaxe. Hai que distinguir entre aqueles cos que conta o centro e a aula e aqueles ambientais, que superan as barreiras do colexio. Son estes últimos os servizos dos que dispón o barrio.

No que se refire aos primeiros, contamos cos persoais e os materiais. O principal recurso persoal é o alumnado, verdadeiros protagonistas da programación. Mais, agrúpanse tamén aquelas persoas que, dalgún xeito, participan na acción educativa, é dicir, por todos os profesionais do centro educativo (docente e non docente), como son o profesorado titor, persoal especialista en AL e PT, departamento de orientación, mestres especialistas, axuliar coidador, intérprete en lingua de signos, etc. Ademais, hai que destacar os recursos persoais externos nos cales nos podemos apoiar, como son as familias, o E.O.E. e todas aquelas organizacións institucionais que nos axuden na nosa labor como docentes.


Os recursos materiais serán axeitados ao nivel de desenvolvemento dos nenos/as, favorecerán a actividade motora, cognitiva afectiva e social do alumnado e cumprirán cos requisitos de seguridade e solidez necesarios para poderen ser manexados nas distintas idades. Serán tamén materiais atractivos, que susciten interese e faciliten coñecementos que axuden ao alumnado a profundar nas temáticas propostas, e que os poidan manexar de maneira autónoma. Por outro lado, a variedade será a característica fundamental dos mesmos. En definitiva os recursos materiais son a base para a aprendizaxe vivencial, a realización de proxectos e o traballo a través do método científico. Entre os materiais pódense destacar: material funxible (cadernos, lapis, folios, cartolinas...), plastilina e outras pastas para modelar, material de laboratorio), poleas, balanzas, maquetas, dicionarios, láminas de apoio visual, libros de consulta,...


RECURSOS TECNOLÓXICOS: ordenadores, paneis dixitais, tablets, croma, radio escolar, etc.


RECURSOS DIXITAIS: aula virtual, enciclopedias online, app para xerar mapas mentais, vídeos educativos, libros dixitais, actividades con realidade aumentada. Estes recursos poden ser de utilidade para facilitar a adquisición de contidos e reforzar a aprendizaxe.


RECURSOS ESPACIAIS: a propia aula ordinaria, a biblioteca do centro, o patio de recreo, rincón de convivencia (para resolver aqueles conflitos que poidan xurdir), así como os diversos espazos da contorna.


En definitiva os recursos didácticos teñen que:

  • Promover valores relacionados co respecto mutuo, hábitos de hixiene, a ecoloxía sostible, o gusto polas artes e a vida saudable.
  • Que a linguaxe e os contidos sexan intuitivos e sinxelos de comprender.
  •  Que sexan motivadores para o alumnado.

f) Os criterios de oferta educativa, itinerarios e optatividade, de ser o caso (Elaborado)


A oferta educativa do centro ven marcada polo establecido nos decretos 150/2022 de 8 de setembro e 155/2022 de 15 de setembro polos que se establecen a ordenación e currículum de educación infantil e de educación primaria en Galicia.


Ao ser un centro de educación infantil e primaria non corresponde a oferta de itinerarios nin optativas.


g) Os criterios para o deseño das actividades complementarias (Elaborado)


Corresponde ao equipo de actividades complementarias e extraescolares promover, coordinar e organizar o plan de traballo no que se incluirá o plan xeral de actividades a desenvolver no curso escolar que quedará reflectido na Programación Xeral anual e será presentada ao claustro e consello escolar. Nas programacións didácticas deben quedar descritas as actividades complementarias previstas para cada nivel.

  • As actividades complementarias deben:

- Estar relacionadas cos contidos e obxectivos de cada ciclo e co currículo correspondente a cada curso.

- Estar relacionadas coas festividades marcadas no calendario escolar e cos distintos temas transversais.

- Ser variadas, espertar o espíritu crítico, promover o respecto cara as persoas, animais, medio ambiente...

- Estar adaptadas ás idades do alumnado ao que van dirixidas, e promover o desenvolvemento das distintas competencias.

- Ser relevantes, significativas, garantir a igualdade a coeducación e o respecto.

- Ter en conta a diversidade do alumnado do centro e garantir a súa participación.

- Poderanse realizar aquelas actividades que xurdan ao longo do curso non previstas na PXA que se consideren de interese formativo e pedagóxico para o desenvolvemento integral do alumnado, previa comunicación ás familias.

  • Criterios de organización de actividades complementarias dentro do centro:

- Dado o carácter curricular das actividades complementarias a participación do alumnado será obrigatoria si non supoñen ningún custe económico.

- Desenvolveranse en horario escolar coa permanencia obrigatoria do profesorado de referencia.

- Cando a actividade sexa dirixida por un axente colaborador externo, o profesora afectado debe estar sempre presente na actividade para controlar e atender calquera incidencia que poida xurdir.

  • Criterios de organización das actividades complementarias fora do centro.

- Para a realización deste tipo de actividades sempre será necesaria a conformidade escrita dos pais/nais/titores legais. Esta autorización haberá que presentala no prazo establecido para poder participar na actividade.

- Informarase á familias do tipo de actividade, lugar, horario de saída e chegada e custe da mesma, de ser o caso.

- Todas as actividades complementarias e extraescolares son voluntarias para o alumnado.

- Procurarase ofertar sempre actividades gratuítas ou de moi baixo custe, que garantan a participación do maior número de alumnado.

- En todas as saídas respectarase a ratio establecida legalmente, un docente por unidade, establecéndose o apoios necesarios en función do alumnado e o tipo de actividade.

- O alumnado que non participe na actividade ten a obrigatoriedade de asistir ao centro. A xefatura de estudos arbitrará as medidas oportunas para que este alumando quede debidamente atendido.

- Os profesores/as que participen en actividades que supoñan saída do centro en horario lectivo, deixarán previstas as tarefas que debe realizar o alumnado que non participe na actividade , para que o alumnado aproveite o tempo e o profesorado de garda poida cumprir o seu cometido.

  • O profesorado contará coa información da actividade:

COMUNICACIÓN DE ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR OU COMPLEMENTARIA PREVISTA
CURSOS DESTINATARIOS:
DATA:
LUGAR:
HORA DE SAÍDA:
HORA DE CHEGADA:
ACTIVIDADE:
MEDIO DE TRANSPORTE:
PREZO:
MESTRES TITORES:
MESTRES ACOMPAÑANTES:
OBSERVACIÓNS:


h) Os criterios para o deseño dos plans de reforzo ou de recuperación para o alumnado que promocione con materias, ámbitos ou módulos pendentes de cursos anteriores, de ser o caso (Elaborado)


O alumnado que acade a promoción de curso con algunha área con cualificación negativa recibirá os apoios necesarios para recuperar as aprendizaxes que non alcanzara o curso anterior. (No caso de alumnado de NEE este apoio será impartido polos especialistas de PT e de AL, e o resto do alumnado recibirá os apoios por parte do profesorado con dispoñibilidade horaria).


i) Os criterios para o deseño dos plans específicos de reforzo ou personalizados para o alumnado que deba permanecer un ano máis no mesmo curso, de ser o caso (Elaborado)


Deberá posibilitarlle alcanzar o grao de adquisición das competencias correspondentes. Para a elaboración e deseño deste plan seguirase o establecido no artigo 50 da Orde do 8 de setembro de 2021.
No noso centro empregaremos o seguinte modelo:

ANEXO 1. Plan específico de reforzo para o alumnado que debe permanecer un ano máis no mesmo curso.
1.- Datos do alumno/a
Primeiro apelido:                                                                                   Segundo apelido:                                                     Nome
Data de nacemento.................................
Titor/a.......................................................
Curso e grupo.......................................
2.- Necesidades educativas que motivan a repetición de curso
a)-...........................................................................................................
b).........................................................................................................
c)........................................................................................................
3.- Medidas ordinarias aplicadas no curso..............
4.- Estratexias metodolóxicas que se utilizarán
5.- Recursos necesarios
6. -Medidas extraordinarias (de ser o caso)
7.- Acreditación da información á familia


Recibín e fun informado:


Asdo: Pai, nai, titor/a legal

 


SEGUIMENTO
Curso....................................
Grupo e nivel........................
Titor/a....................................................................
1ª avaliación
Axustes necesarios:

2ª avaliación
Axustes necesarios:

3ª avaliación

Desenvolvemento e aproveitamento

 


j) Os criterios xerais para a avaliación, e de ser o caso, a promoción e a titulación (Elaborado)


  • Criterios de avaliación, instrumentos de avaliación e sistemas de cualificación.

Son os establecidos nas programacións didácticas de cada curso e cada materia elaboradas a principios de curso para cada nivel.

  • Criterios de promoción en educación primaria. Procedemento xeral

Ao finalizar cada un dos cursos o profesorado do grupo adoptará as decisións sobre a promoción do alumnado de maneira colexiada, tomándose en especial consideración a información e o criterio do titor/a do grupo. En calquera caso, as decisións sobre a promoción adoptaranse ao finalizar os cursos de segundo cuarto e sexto , sendo esta automática no resto do cursos da etapa. Na sesión de avaliación para a decisión de promoción, o equipo docente estudará por separado cada caso tendo en conta a singularidade de cada alumno/a e a natureza das súas dificultades, analizando se estas impídenlle verdadeiramente seguir con éxito o curso seguinte e se hai expectativas favorables de recuperación.
Accederase ao curso seguinte sempre que se considere que se alcanzou o desenvolvemento correspondente das competencias básicas. Promocionarase, así mesmo, sempre que as aprendizaxes non adquiridas non impidan seguir con aproveitamento o curso posterior. Neste caso, a decisión irá acompañada de medidas educativas complementarias encamiñadas a contribuír a que o alumno alcance os obxectivos programados.
Accederase á etapa de Educación Secundaria Obrigatoria se se alcanzou o desenvolvemento correspondente das competencias básicas e o adecuado grao de madurez.
Cando o alumno non cumpra os requisitos sinalados nos apartados deste documento permanecerá un ano máis no curso. Sendo esta unha medida excepcional e tomarase tras aplicar as medidas ordinarias suficientes, adecuadas e personalizadas para atender o desfasamento curricular ou dificultades de aprendizaxe do alumno/a, Neste caso o equipo docente organizará un plan específico de reforzo, para que durante ese curso o alumno/a poida acadar o grao de adquisición das competencias correspondentes. Esta medida só se poderá adoptar unha vez ao longo da etapa oídos os pais, nais, titores legais e deixando constancia de que e lles facilitou esa información, comunicándolles a natureza das dificultades que presenta o alumno en cuestión e as medidas complementarias que se propón adoptar
con vistas a emendalas. Esta medida terá en todo caso carácter excepcional.
Como a decisión de que un alumno permaneza un ano máis no mesmo curso só se poderá adoptar unha vez ao longo da Educación Primaria, os alumnos que xa repetisen, promocionarán aínda cando non conseguisen os obxectivos do mesmo, recibindo o alumno/a os apoios necesarios para recuperar as aprendizaxes non alcanzadas no curso anterior.

  • Criterios pedagóxicos do centro

Promocionará ao curso ou etapa seguinte o alumno que se considere que alcanzou o desenvolvemento correspondente das competencias básicas así como a adquisición de capacidades necesarias para a consecución dos obxectivos programados nas distintas áreas, independentemente de que o rendemento non sexa do todo satisfactorio e aínda no caso de que fose avaliado negativamente nalgunha área ou materia.
Terá carácter determinante para a decisión de non promoción unha falta de madurez de tal grao que lle impedira ao alumno a adquisición das capacidades necesarias e dos obxectivos programados.
Poderase decidir a non promoción dun alumno se por circunstancias especiais (inmigración, escolarización irregular...) considérase que é a medida máis adecuada para favorecer o seu desenvolvemento, acompañado dun Plan de reforzo ou de adaptacións curriculares.

Cando as circunstancias persoais da alumna ou do alumno con necesidades educativas especiais o aconsellen, para a consecución dos obxectivos do ensino básico, este alumnado poderá prolongar un curso adicional a súa escolarización. Estas circunstancias poderán ser permanentes ou transitorias e deberán estar suficientemente acreditadas polos servizos de orientación.
Con carácter xeral, deberán permanecer un ano máis no curso se non acadan os obxectivos mínimos nas materias instrumentais en Matemáticas e Lingua (castelá ou galega).
Promocionará con 2 áreas cualificadas negativamente sempre que non sexan 2 materias instrumentais (matemáticas, lingua castelá ou galega) ao mesmo tempo.
No caso de que o alumno/a promocione con cualificación negativa nalgunha área, deberá establecerse un plan de actuación dirixido á mesma, necesarios para recuperar as aprendizaxes que non alcanzara o curso anterior.
Os referentes da avaliación do alumnado con adaptación curricular serán os incluídos na devandita adaptación, sen que isto poida impedirlles a promoción ou titulación.
Ademais, teranse en conta os seguintes aspectos:
- Se o alumno puidese avanzar, sen necesidade de repetir, aplicándolle un programa de atención individualizado.
- O nivel de integración do alumno no grupo ao que está adscrito e as características do grupo ao que se adscribiría no caso de que o alumno non promocionase, por exemplo o número de alumnos, a conflitividade do grupo, o seu nivel de cohesión...
- O nivel de madurez do alumno, o seu grao de autonomía e responsabilidade e a súa capacidade de aprendizaxe, as características físicas...
- A opinión da familia, que será informada e escoitada antes de tomar a decisión.
- O asesoramento do Equipo de Orientación.


k) Os criterios xerais do outorgamento de matrículas de honra, de ser o caso (Elaborado)


Non procede en Educación Infantil e Educación Primaria.


l) As decisións e criterios xerais para a elaboración e avaliación das programacións didácticas (Elaborado)


Para a elaboración seguiranse a decisións e criterios xerais establecidos nas concrecións curriculares e atenderase ao disposto nos correspondentes regulamentos orgánicos, incluíndo como mínimo os elementos indicados no punto 2 do artigo 14 do Decreto 150/2022, no caso das programacións de infantil e no punto 2 do artigo 15 do Decreto 155/2022, no caso das programacións de educación primaria.
As programacións estarán accesibles ás familias na páxina web do centro e nos primeiros días de clase os titores/as informarán ás familias dos obxectivos, contidos, procedementos, instrumentos e criterios de avaliación e calificación das distintas áreas e materias do curso.

 

  • Criterios para a súa elaboración:

-Plantexarase a súa utilidade.

-Partirán do contexto do centro

-Incorporaranse os núcleos temáticos do currículum de referencia.

-Terase como referente o tratamento transversal da educación en valores.

-Práctica de métodos que teñan en conta os distintos ritmos de aprendizaxe do alumnado, que favorezan o pensamento crítico, o traballo individual e cooperativo e distintas posibilidades de expresión.

-Facelas en equipo e de maneira coordinada.

-Seleccionar criterios de avaliación que plantexen a realización de tarefas realista, útiles e funcionais que demostren que a aprendizaxe dos contidos serve para algo.

- Introducen e traballan as distintas competencias básicas.

-Inclúen distintas medidas de atención á diversidade.

-Inclúen criterios, instrumentos e procedementos de avaliación e promoción.

-Inclúen materiais e recursos variados.

  • Criterios para a súa avaliación

- Se contextualizou adecuadamente atendendo á idiosincrasia do centro educativo.

-Se se facilitou a coordinación docente.

-Se se conseguiron os obxectivos xerais.

-Se se conseguiron os resultados de aprendizaxe satisfactorios por máis da metade da clase.

-Se se fomentou a lectura.

-Se as actividades, metodoloxía e recursos foron adecuados.

-Se os instrumentos de avaliación e calificación permitiron acadar os resultados da aprendizaxe.

-Se se desenvolveu unha educación personalizada.

-Se se tivo en conta a avaliación inicial.

-Se se traballaron as distintas competencias.

-Se foron adecuados a secuenciación de de contidos, espazos e tempos.


m) Os criterios para a participación do centro en proxectos, plans e programas (Elaborado)


Entre os principais criterios para a participación do centro en proxectos, plans e programas, destacamos os seguintes:

- Que favorezan a innovación educativa no proceso de ensino-aprendizaxe.

- Que fomenten a inclusión, a igualdade, a coeducación, entre o alumnado e o profesorado.

- Que promovan o respecto pola natureza e a ecoloxía sostible e hábitos de hixiene.

- Que promovan a vida saudable e a actividade física entre o alumnado e o profesorado.

- Que promovan a igualdade de oportunidades.

- Que fomenten o traballo colaborativo.

- Que desenvolvan temáticas e aspectos de interese para o alumnado, o profesorado, o centro, as familias...

- Que sexan operativos e estean aprobados polo claustro e consello escolar.


n) O procedemento para a revisión, avaliación e modificación da concreción curricular (Elaborado)


A revisión farase como mínimo unha vez ao anual para detectar calquera aspecto suceptible de modificación tanto por ampliación como por redución ou supresión.

A avaliación e seguimento da concreción curricular debe ser permanente e continua e debe permitir a introdución de correccións e modificacións para chegar a conseguir un documento que asegure a continuidade e coherencia e que permita aos docente planificar o proxecto de ensinanza- aprendizaxe de acordo cos principios e obxectivos do centro, reflexionado obre o que funciona e o que non e adaptándoo as novas necesidades que xurdan.

As modificacións propostas levaranse á Comisión de Coordinación Pedagóxica, que as trasladará ao profesorado para a súa aprobación no Claustro.


o) Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
1. Outros apartados

Non hai outros apartados.


Volver