Vista preliminar da

Non se atoparon contidos de axuda

a) A adecuación dos obxectivos xerais das etapas ao contexto do centro (Elaborado)


1. Concreción curricular. Concreción dos obxectivos xerais de ESO e BACH

O Decreto 156/2022 e o Decreto 157/2022 definen os obxectivos da ESO e do Bacharelato como os logros que se espera que o alumnado alcance cumprindo o seu perfil de saída ao finalizar a etapa e cuxa consecución está vinculada á adquisición das competencias clave.

Dentro do alumnado do centro hai que distinguir entre as distintas etapas educativas tanto pola súa procedencia como polas súas características:
 

I) Alumnado de ESO:

I.A. Introdución

Os alumnos e alumnas que se incorporan en 1º da ESO proveñen na súa maioría dos catro centros adscritos, o CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, o CEIP Plurilingüe Alborada, o CEIP Salgado Torres, e o CEIP Novo Mesoiro, e son alumnos/as que levan convivindo a maior parte da súa traxectoria escolar. Viven no ámbito urbán do barrio de Elviña na Coruña e nos barrios aledaños (Mesoiro vello, Novo Mesoiro e Feáns), e, pola propia amplitude e dispersión destes barrios a proporción de alumnado que utiliza o transporte escolar é alta, de en torno a un 40% nos cursos de ESO.

As características xerais do alumnado son:

a) Niveis de competencia curricular normais na súa maioría, con casos puntuais de desfase curricular

b) Normalizada motivación cara o estudo, con diferenzas en canto aos alumnos e alumnas que chegan uns anos con respecto a outros

c) En xeral, baixa porcentaxe de alumnado con desestruturación familiar que afecte ao rendemento escolar

d) Polo xeral, e salvo casos excepcionais, non existen problemas graves de conduta na clase

e) Nivel de absentismo baixo, nalgún caso coñecido e consentido polas familias

f) Porcentaxe moderada de abandono do sistema educativo sen finalizar ESO ou sen buscar acomodo en opcións académicas alternativas (FP de grao Básico)

     En canto ás familias, podemos sinalar unha grande variabilidade en capacidades e posibilidades, algo obxectivamente normal nun barrio de perfil traballador urbano, cunha curva de Gauss que vai desde as familias cun alto nivel de formación e cualificación profesional (docentes, avogados, médicos...) ata familias desfavorecidas e mesmo con características de marxinalidade, pasando polo groso de familias de clase media e renda media-baixa, que son maioría.

     Ás relacións familia-centro, ao igual que se expuxo anteriormente, sen chegar a ningún tipo de xeneralización, detéctanse en moitas ocasións as seguintes liñas:

  • Alta asistencia a reunións informativas e entrevistas cos titores/as

  • Familias con preocupación e compromiso na formación académica dos seus fillos/as

  • Actitude colaboradora ante os problemas dos seus fillos/as

  • Acoden con prontitude en caso de ser requiridos

  • Escasa participación da Asociación de Pais e Nais, legalmente constituída, pero sen presenza algunha no centro desde hai varios cursos
     

I. B. Concreción dos obxectivos da Educación Secundaria Obrigatoria

     Tendo en conta o estudo e as características do alumnado e do entorno permiten destacar unha serie de aspectos que se deben ter presentes na adecuación dos obxectivos e que leva a elixir como prioritarios os seguintes:

A. É un obxectivo prioritario promover a autonomía persoal e a participación na propia aprendizaxe do alumnado, de maneira que contribúa á construción da súa propia identidade.

B. É un obxectivo prioritario desenvolver a autoestima no alumnado e afianzar a confianza nas súas propias posibilidades para facilitar unha madurez persoal que lle permita progresar nos estudos posteriores ou entrar na vida laboral como un cidadán útil e formado.

C. Como substrato de toda a nosa actividade pedagóxica deberán estar presentes os valores da solidariedade, tolerancia e responsabilidade, que contribúan a unha formación no respecto ás persoas, ás súas ideas e crenzas, á formación dunha conciencia social e a saberse parte integrante dunha comunidade de cidadáns libres e iguais. Unha parte moi importante deste compromiso noso é potenciar a igualdade entre mulleres e homes e o logro das mesmas oportunidades para todos. Unha parte desta filosofía fainos apostar, na medida das nosas posibilidades, pola educación compensatoria das deficiencias sociais, familiares e culturais.

D. Todas as nosas actuacións como docentes deben estar encamiñadas a fomentar a convivencia, na convicción profunda de que a democracia, como valor social, se aprende desde a infancia. A convivencia é en si mesma un desexo social porque implica que alumnos/as que proceden de situacións sociais e familiares moi distintas comparten na aula unhas mesmas vivencias baixo unhas mesmas normas. Unha parte importante dese afán de superación, que é a base mesma da educación, é o adestramento na adquisición e mellora da responsabilidade persoal, para asumir tarefas cun aumento do protagonismo de cada alumno e alumna.

E. Outro dos obxectivos que nos marcamos é o de atender á diversidade que hoxe presenta o noso alumnado. Recoñecemos que esta realidade da diversidade esixe cada vez máis ao profesorado, sendo unha das demandas máis urxentes que nos fai a sociedade.

F. O carácter integral que ha de ter o currículo da ESO, especificado en cada unha das competencias clave e elementos educativos básicos relacionados coa educación en valores (educación na non violencia, a saúde, a igualdade de entre mulleres e homes, o medio ambiente, o control do consumo, a educación viaria, a interculturalidade, etc.) leva a considerar que os obxectivos da etapa non son específicos de cada materia, senón un propósito educativo acometido desde a totalidade que, loxicamente, se irá concretando nas programacións didácticas dos Departamentos e na actividade de cada profesor/a.

     Sinálanse catro grandes ámbitos orientando os obxectivos ao logro de cada un deles:

  • A realización persoal e social e o exercicio da cidadanía activa.

  • Asumir e exercer responsablemente os seus deberes e dereitos no respecto aos demais, a práctica da tolerancia,a cooperación e a solidariedade entre persoas e grupos, exercitándose no diálogo, afianzando os dereitos humanos como valores dunha sociedade plural e preparándose para o exercicio da cidadanía democrática.

  • Valorar e respectar a diferenza de xéneros e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles, rexeitando osestereotipos que supoñan discriminación entre mulleres e homes.

  • Desenvolver as capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas relacións cos demais, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, resolvendo pacificamente os conflitos.

  • Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora.

  • É unha prioridade potenciar actividades que fomenten e desenvolvan a convivencia e a sociabilidade, considerando que esta é unha temática transversal e unha competencia básica (competencia social e cidadá) na que están implicados todos os axentes da comunidade educativa. O centro e o entorno no que se desenvolven as actividades complementarias e extraescolares constitúen o territorio social no que primeiro hai que facer realidade os dereitos e os deberes cidadáns e practicar a solidariedade, a tolerancia, o respecto mutuo, a non discriminación e a solución non violenta e civilizada dos conflitos.

  • A adquisición dos elementos básicos da cultura nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico.

  • Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para, con sentido crítico, adquirir novoscoñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

  • Concibir o coñecemento científico como un saber integrado en distintas disciplinas, así como aplicar os métodospara identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

  • Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propias e a dos demais, así como opatrimonio artístico e cultural.

  • Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversosmedios de expresión e representación, desenvolvendo a sensibilidade estética e a capacidade para disfrutar das obras e manifestacións artísticas.

  • Coñecer e valorar o patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservacióne mellora e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e individuos, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara o exercicio deste dereito.

  • As programacións específicas de cada materia contribuirán no desenvolvemento do currículo ao logro dos obxectivos que son máis acordes co currículo específico.

  • Dedicarase especial atención á biblioteca, como centro de recursos en distintos soportes e formatos (bibliográfico, dixital, audiovisual e multimedia) para poñelos a disposición do alumnado e profesorado como fontes de información. As programacións de aula incluirán actividades que fomenten o uso de diferentes fontes de información e incorporarán metodoloxías que familiaricen ao alumnado no uso e manexo das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

  • A incorporación a estudos posteriores, a inserción laboral e o desenvolvemento dunha aprendizaxe permanente.

  • Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesariapara unha realización eficaz das tarefas de aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

  • Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativapersoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

  • Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, textos e mensaxes complexos, e iniciarse nocoñecemento, a lectura e o estudo da literatura, en lingua galega e en lingua castelá.

  • Comprender e expresarse, polo menos, nunha lingua estranxeira de maneira apropiada.

  • Desenvolver e consolidar hábitos de traballo e estudo.

  • O profesorado de todas as materias instruirán ao seu alumnado no exercicio de técnicas de estudo e traballo intelectual adecuadas aos contidos do currículo, e guiaranos na realización de traballos realizados de forma individual e en grupo.

  • O uso da Biblioteca e o Plan Lector para dinamizar a lectura considéranse instrumentos básicos para desenvolver e consolidar o uso correcto da lingua e para fomentar o gusto pola literatura.

  • A metodoloxía e os procedementos de avaliación propostos nas programacións das distintas materias terán en conta o interese e o esforzo, a participación, o traballo individual e en equipo, a iniciativa, a innovación e cantas actitudes positivas axuden á capacidade de aprender a aprender.

     Dadas as características do noso alumnado e tendo en conta as competencias clave que se pretende que todo o alumnado consiga ao finalizar a súa ensinanza obrigatoria formúlase como obxectivo básico formar cidadáns activos, con sentido crítico e que manteñan a súa capacidade de aprender de maneira permanente, polo que se considera imprescindible:

1. Integrar as diferentes aprendizaxes, tanto formais como informais.

2. Manter unha actitude socialmente integradora, desde o respecto profundo aofenómeno multicultural e que permita a todo o alumnado valorar a propia tradición cultural.

3. Orientar o proceso de ensinanza de cada alumno/a, apostando pola titoría como o camiño máis eficaz e o traballoen equipo do profesorado.

4. Cada unha das materias contribuirá ao desenvolvemento de diferentes competencias e, á súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo en varias materias.
 

II. Alumnado de Bacharelato

II.A. Introdución

     O noso alumnado está composto na súa maior parte por alumnado do propio centro que obtén título de graduado en ESO e, en moi baixa proporción, por alumnado procedente doutros centros facendo uso do proceso de admisión ordinaria e subsidiaria. Nestes últimos casos, a procedencia é diversa: centros privados (Liceo, Sagrado Corazón, etc.) ou centros públicos da cidade.

     De maneira xeral, pódese dicir que o alumnado de Bacharelato é heteroxéneo en canto a intereses, motivacións e nivel académico. Por unha parte, está o alumnado que conseguiu o título da ESO no centro sen materias pendentes e boas cualificacións; por outro, o alumnado que titulou no centro con 1 ou 2 materias pendentes, que decidiu cursar bacharelato en lugar dun Ciclo Formativo desoíndo o consello orientador, e por último, o alumnado que se incorpora ao centro, do que descoñecemos na súa maioría o consello orientador.

     Como norma xeral, no bacharelato a incidencia de condutas disruptivas ou os comportamentos inaxeitados vólvese rara ou francamente excepcional, aínda que a actitude de cara ao estudo e o traballo é, dentro do normal, moi varible duns alumnos a outros.

     Con respecto á relación familia-centro, ao igual que se expuxo anteriormente, sen chegar a ningún tipo de xeneralización, detéctanse as seguintes liñas:

a) Alta asistencia a reunións informativas e entrevistas cos titores/as- Familias con preocupación pola formación académica dos seus fillos/as.

b) Actitude colaboradora ante os problemas dos seus fillos/as.

c) Acoden con prontitude en caso de ser requiridos.
 

II.B. Concreción dos obxectivos do bacharelato

Obxectivo 1

a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa.
     Este obxectivo contribuirá a formar ao alumnado nos seus dereitos e deberes como cidadáns. Animar ao alumnado a implicarse nos procesos internos de elección democrática e noutros foros de representación colectiva. Asumir responsabilidades no funcionamento do centro.

Obxectivo 2

b) Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico.
     A aparición de conflitos en calquera tipo de relación é inevitable: a prevención e as súas posibles respostas ante a súa aparición son unha tarefa educativa para toda a comunidade escolar. O noso obxectivo será potenciar a prevención e resolución pacífica dos conflitos persoais, familiares sociais, fomentando entre alumnado a participación activa na vida do centro e colaborando no respecto ás normas e no cumprimento das mesmas, exercendo o papel de mediadores cando sexa necesario

Obxectivo 3

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes, e en particular a violencia contra a muller e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade.
     É fundamental o desenvolvemento no alumnado dunha conciencia de non discriminación por razón de sexo, valorando o papel da muller na sociedade actual. Participar activamente na integración das minorías, valorando a riqueza da multiculturalidade. Hai que sinalar a responsabilidade principal que deben asumir as familias na transmisión de pautas de comportamento e valores nos seus propios fogares.

Obxectivo 4

d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe, e como medio de desenvolvemento persoal. Fomentarase a lectura en todas as materias e potenciarase o uso da biblioteca como fonte de recursos. Animarase ao alumnado á participación nos concursos literarios, na revista do instituto e noutras actividades complementarias que propoñen os departamentos.

Obxectivo 5

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como escrita, a lingua galega e a lingua castelá
     A correcta utilización da expresión oral e escrita, tanto na lingua galega como na lingua castelá é un obxectivo que atinxe a todos os departamentos, que deberán consideralo como un obxectivo prioritario e avalialo en consecuencia Impulsarase a participación do alumnado en actividades complementarias como os concursos de ortografía, literarios e de expresión oral para afianzar o dominio da lingua galega e castelá.

Obxectivo 6

f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.
      Este obxectivo implicará a adquisición de coñecementos suficientes para que o alumnado se exprese con fluidez nunha ou máis linguas estranxeiras, tendo en conta a importancia doutras linguas na sociedade actual, nas relacións internacionais, nos medios de comunicación, na publicidade e como un requisito importante á hora da busca de emprego. Tratarase de ensinar estas linguas tanto a nivel oral como escrito, evitando as interferencias coas linguas maternas.

Obxectivo 7

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a comunicación.
     O alumnado deberá aprender a buscar informacións de todo tipo nas fontes de información que se lle subministre, e tamén pola súa conta, utilizando todos os medios ao seu alcance: prensa, radio, televisión, bibliotecas, mensaxes publicitarios, Internet, etc.. O alumnado debe aprender a seleccionara información de forma crítica, valorando a orixe da mesma, a calidade da fonte, a súa subxectividade e a intención do emisor, polo menos, nun nivel de dificultade adecuado á idade que teñen.
     O alumnado debe valorar e respectar a dotación TIC das aulas de bacharelato do centro e a aula virtual do Instituto (plataforma Moodle) como instrumento de transmisión de información e de comunicación no grupo, así como facilitador do traballo colaborativo.

Obxectivo 8

h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu entorno social.
     Nunha sociedade cada vez máis individualista, cremos importante que o noso alumnado desenvolva actitudes solidarias e altruístas encamiñadas á mellora do seu entorno social e natural, polo que o centro impulsará o coñecemento e a participación do alumnado en diversas ONGs de carácter social e medioambiental así como en grupos de voluntariado.
     Fomentarase a participación do alumnado en viaxes de estudo ou culturais e en intercambios con outros países que favorecen e reforzan a aprendizaxe.

Obxectivo 9

i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.
     Comprender os elementos e procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e a tecnoloxía no cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara o medio ambiente.
     O alumnado deberá apreciar a importancia da aprendizaxe da ciencia e valorar e saber recoñecer as súas achegas ao longo da historia. Deberá habituarse a utilizar nas actividades cotiás os instrumentos e recursos do método científico, valorando a súa aplicación na resolución dos problemas que se lle formulen. Igualmente o alumnado deberá comprender que a ciencia non é un saber estático, xa terminado, senón que é froito da sociedade na que se desenvolve, polo que está sometida a revisión e avance continuos. Por iso é importante que adquiran un punto de vista crítico sobre o papel da ciencia e a súa relación coa sociedade.
     Igualmente, o coidado do medio ambiente será obxecto de información e de respecto por toda a comunidade educativa. O coñecemento do entorno que rodea ao noso alumnado debe comezar polo seu ámbito máis próximo para ir contrastando e ampliando noutros medios físicos máis afastados.
     Un segundo mecanismo fundamental que o alumnado debe adquirir é o de comprender de que maneira a súa propia acción individual e colectiva é fundamental na conservación e na defensa do medio ambiente, tanto rural como urbano. Este espírito de conservación medioambiental debe expresarse no seu entorno educativo máis próximo, o centro. Trataremos de que expresen tales inquietudes contribuíndo a manter o centro nas condicións de orde, limpeza e bo aproveitamento que permitan un traballo á vez eficaz e relaxado. No pode entenderse unha conciencia medioambiental se non se aplica primeiro a pequena escala no propio centro.

Obxectivo 10

m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.
     Este obxectivo xoga un papel fundamental na aprendizaxe e formación do noso alumnado, xa que se atopan nunha idade especialmente crítica na formación da súa personalidade adulta e na súa integración na sociedade que lles rodea. Desde esa perspectiva consideramos fundamental o traballo inicial dos titores/as, que deberán contribuír desde o principio a crear un clima confortable de integración no centro que permita ao alumnado desenvolver a personalidade con autonomía e en relación cordial cos seus compañeiros e compañeiras.
     O desenvolvemento da práctica docente deberá insistir na importancia da aprendizaxe do traballo colectivo, acostumando ao alumnado a compartir criterios, escoitar e valorar os dos seus compañeiros/as, saber transixir e recoñecer as opinións alleas e repartirse o traballo con criterios de eficacia e axudas aos compañeiros/as. Todos os departamentos programarán actividades de traballo en grupo, para que o alumnado comprenda que é un hábito de traballo necesario en calquera actividade humana.

Obxectivo 11

n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.
     Fomentarase que o alumnado saiba valorar as distintas manifestacións artísticas tendo en conta os seus antecedentes históricos e o contexto en que se desenvolven, a fin de que sexan capaces de formular opinións críticas propias ante calquera tipo de expresión artística, comentando non só os aspectos técnicos e conceptuais das mesmas, senón tamén os seus valores artísticos. Potenciaranse as actividades complementarias e extraescolares (teatro, actividades musicais, obradoiros, exposicións, conferencias, etc.) como fonte de formación e enriquecemento cultural.

Obxectivo 12

ñ) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar condutas e hábitos saudables
     O centro fomentará a participación nas actividades deportivas que se organizan no centro, así como en actividades que fomenten condutas e hábitos saudables. Intentarase crear nos alumnos/as hábitos de hixiene e coidado persoal. Especialmente coidarase o traballo de información e formación do alumnado para que adquira hábitos de alimentación correctos e evitar que adopte hábitos prexudiciais para a súa saúde, como o tabaquismo, a inxestión de bebidas alcohólicas e o consumo de drogas.

Obxectivo 13

o) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria
     Fomentarase a participación nas actividades extraescolares e complementarias que se organizan no centro sobre seguridade viaria e a implicación en proxectos interdisciplinares, así como en programas institucionais sobre este tema

Obxectivo 14

p) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
     O alumnado debe tomar conciencia do noso patrimonio histórico e cultural, non só porque axuda a comprender a nosa cultura actual, senón por ser o legado de xeracións anteriores.


b) A contribución á adquisición das competencias clave (Elaborado)


Contribución á adquisición das competencias

     A concreción curricular para os distintos bloques de materias nos cursos de ESO é a recollida no anexo II do Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e currículo da educación secundaria obrigatoria na comunidade autónoma de Galicia. Asimesmo, o bacharlelato réxese pola concreción curricular das materias recollida no correspondente anexo II do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e currículo de Bacharelato na comunidade autónoma de Galicia.

     Os currículos establecen oito competencias clave. Para cada materia os novos currículos establecen unha serie de obxectivos , entendidos como o desempeño que alumnado debe poder despregar en actividades ou situacións que para a súa abordaxe requiren de aprendizaxes asociados a contidos de cada materia . Estes obxectivos constitúen un elemento de conexión entre o perfil de saída do alumnado por unha banda, e os criterios de avaliación e contidos das materias pola outra, na etapa da ESO; mentres que no Bacharelato, os obxectivos constitúen un elemento de conexión entre as competencias por unha banda e os criterios de avaliación e contidos pola outra.

     No tocante á ESO, o perfil de saída identifica e fixa as competencias clave que o alumnado debe adquirir e desenvolver ó finalizar a educación básica.

     O perfil de saída é un dos aspectos novidoso da LOMLOE nos cursos ESO, que non se establece no Bacharelato. En ambos casos se confire importancia ás competencias clave, entendidas como os desempeños que se consideran imprescindibles para que o alumnado poida progresar con garantías de éxito no seu itinerario formativo e afrontar o seus retos e desafíos globais e xerais.

     Os currículos establecen tamén orientacións pedagóxicas, entendidas como indicacións para orientar ó profesorado no deseño e planificacións das estratexias, procedementos e accións docentes de maneira consciente e reflexiva, coa finalidade de posibilitar ao alumnado a posta en práctica das aprendizaxes que lle permitan acadar os obxectivos e as competencias clave.

     Dentro das indicacións establecidas nos currículos, por tanto, cada materia debe contribuír con proporcionalidade a cada unha das competencias, de xeito parcialmente establecido pola concreción curricular do centro. A porcentaxe exacta de ponderacións establécese de xeito automático a través do cálculo das ponderacións específicas establecidas nas programacións didácticas das materias a través da aplicación PROENS. Desde os órganos colexiados do centro, establécense só unhas pautas destinadas a establecer o grao de ponderación relativo de cada materia do currículo na competencia correspondente, que se trasladará á redacción das programacións polos docentes e departamentos didácticos. Estes graos de ponderación dividen as materias en tres grupos:

a. materias de alta contribución á competencia: aquelas cuxos contidos e obxectivos se consideran fundamentalmente ligados á competencia concreta tratada.

b. materias de contribución media á competencia: aquelas cuxos contidos e obxectivos están moderadamente ligados á competencia concreta tratada.

c. materias de baixa contribución á competencia: aquelas cuxos contidos e obxectivos se consideran pouco ou vagamente ligados á competencia concreta tratada.


A. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA

A1. Materias de alta contribución á competencia: L. castelá, L. galega, L. inglesa, L. francesa, Cultura clásica, Oratoria, Latín

A.2. Materias de contribución media á competencia: Xeografía e historia, Filosofía

A.3. Materias de baixa contribuación á competencia: Bioloxía e xeoloxía, Matemáticas, Educación plástica, visual e audiovisual, Tecnoloxía e dixitalización, Proxecto competencial, Relixión, Música, Física e química, Educación en valores cívicos e éticos, Educación dixital, Economía e emprendemento, Tecnoloxía, Expresión artística


B. COMPETENCIA PLURILINGÜE

Dada a condición plurilingüe do centro, esta competencia repártese de maneira fundamental entre as materias que se imparten en segundo idioma

B.1. Materias de alta contribución á competencia : L. inglesa, Educación física, Física e química, Tecnoloxía e dixitalización, Educación plástica, visual e audiovisual, Bioloxía e xeoloxía e Matemáticas

B.2. Materias de contribución media á competencia: L. francesa

B.3. Materias de baixa contribuación á competencia: L. castelá, L. galega, Xeografía e historia, Proxecto competencial, Relixión, Música, Filosofía, Cultura clásica, Oratoria, Bioloxía e xeoloxía, Expresión artística, Educación dixital, Economía e emprendemento, Tecnoloxía, Formación e orientación persoal e profesional, Educación e valores cívicos e éticos


C. COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA EN CIENCIA,, TECNOLOXÍA E ENXEÑERÍA

C.1. Materias de alta contribución á competencia: Matemáticas, Bioloxía e xeoloxía, Física e química, Tecnoloxía e dixitalización, Educación dixital

C.2. Materias de contribución media á competencia: Economía e emprendemento, Educación plástica, visual e audiovisual

C.3. Materias de baixa contribuación á competencia: L. castelá, L. galega, L. inglesa, L. francesa, Proxecto competencial, Relixión, Educación física, Música, Cultura clásica, Oratoria, Educación en valores cívicos e éticos, Expresión artística, Formación e orientación persoal e profesional, Latín


D. COMPETENCIA DIXITAL

D.1. Materias de alta contribución á competencia: Matemáticas, Tecnoloxía e dixitalización, Educación dixital, Tecnoloxía

D.2. Materias de contribución media á competencia: Bioloxía e xeoloxía, Física e química, Educación plástica, visual e audiovisual, Economía e emprendemento

D.3. Materias de baixa contribuación á competencia: L. castelá, L. galega, L. inglesa, L. francesa, Xeografía e historia, Educación física, Proxecto competencial, Relixión, Música, Educación en valores cívicos e éticos, Cultura clásica, Oratoria, Filosofía, Expresión artística, Formación e orientación persoal e profesional, Latín


E. COMPETENCIA PERSOAL E SOCIAL E COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER

E.1. Materias de contribución media á competencia: L. castelá, L. galega, L. inglesa, L. francesa, Xeografía e historia, Matemáticas, Tecnoloxía e dixitalización, Educación plástica, visual e audiovisual, Educación física, Música, Educación dixital, Cultura clásica, Oratoria, Filosofía, Economía e emprendemento, Tecnoloxía, Expresión artística, Formación e orientación persoal e profesional

E.2. Materias de baixa contribuación á competencia: Proxecto competencial, Relixión, Educación en valores cívicos e éticos


F. COMPETENCIA CIDADÁ

F.1. Materias de alta contribución á competencia: Xeografía e historia, Educación en valores cívicos e éticos, Filosofía

F.2. Materias de contribución media á competencia: L. castelá, L. galega, L. inglesa, L. francesa, Relixión, Oratoria, Cultura clásica, Expresión artística, Latín, Formación e orientación persoal e profesional

F.3. Materias de baixa contribuación á competencia: Matemáticas, Tecnoloxía e dixitalización, Educación física, Educación plástica, visual e audiovisual, Proxecto competencial, Música, Educación dixital, Tecnoloxía


G. COMPETENCIA EMPRENDEDORA

G.1. Materias de alta contribución á competencia: Tecnoloxía e dixitalización, Educación física, Educación dixital, Economía e emprendemento, Tecnoloxía

G.2. Materias de contribución media á competencia: L. castelá, L. galega, L. inglesa, L. francesa, Xeografía e historia, Bioloxía e xeoloxía, Matemáticas, Física e química, Educación plástica, visual e audivisual, Educación dixital, Cultura clásica, Oratoria, Latín, Música, Filosofía

G.3. Materias de baixa contribuación á competencia: Proxecto competencial, Relixión, Educación física


H. COMPETENCIA EN CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS

H.1. Materias de alta contribución á competencia: L. castelá, L. galega, L. inglesa, xeografía e historia e Educación plástica, visual e audiovisual, Música

H.2. Materias de contribución media á competencia: L. francesa, Cultura clásica, Oratoria, Expresión artística

H.3. Materias de baixa contribuación á competencia: Bioloxía e xeoloxía, matemáticas, física e química, educación física, proxecto competencial, relixión, Educación en Valores Cívicos e Éticos, Educación dixital, Tecnoloxía e dixitalización, Economía e emprendemento, Tecnoloxía


c) Os criterios para desenvolver os principios pedagóxicos e incorporar os elementos transversais (Elaborado)


Criterios para desenvolver os principios pedagóxicos e incorporar os elementos transversais

     Os principios educativos do noso centro, coa colaboración das familias, ten a finalidade básica de contribuír a desenvolver no alumnado as capacidade que lle permitan participar coma cidadán activo con conciencia crítica dos seus dereitos e dos seus deberes nos distintos aspectos da vida social e persoal. Como unha parte esencial da educación do alumnado deben integrarse todos os coñecementos, saberes, destrezas, actitudes que lle permitan acceder ao pleno desenvolvemento da súa persoa nos seus diferentes ámbitos ou aspectos. De aí a presenza, e mesmo a necesidade, da existencia como elementos transversais do currículo da educación secundaria de todos estes saberes e destrezas.

     Na determinación dos saberes e valores que se entenden como elementos transversais da educación secundaria, atenderemos ao establecido no Art. 19.2 da Ley orgánica 2/2006 de educación actualizada pola Ley Orgánica 3/2020 (LOMLOE), na que se explica que

"sin perjuicio de su tratamiento específico en algunas de las áreas de la etapa, la comprensión lectora, la expresión oral y escrita, la comunicación audiovisual, la competencia digital, el fomento de la creatividad, del espíritu científico y del emprendimiento se trabajarán en todas las áreas. De igual modo, se trabajarán la igualdad de género, la educación para la paz, la educación para el consumo responsable y el desarrollo sostenible y la educación para la salud, incluida la afectivo-sexual. Asimismo, se pondrá especial atención a la educación emocional y en valores y a la potenciación del aprendizaje significativo para el desarrollo de las competencias transversales que promuevan la autonomía y la reflexión."

     Os elementos transversais, polo tanto, desenvolveranse no IES Plurilingüe Elviña nos seguintes eixos de actuación:

  • Implantarase o desenvolvemento dos valores que fomenten a igualdade efectiva entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero, e dos valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social.

  • Fomentarase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos. Este aspecto ven recollido no Plan de Convivencia do centro

  • Fomentarase a aprendizaxe dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, apaz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos e o rexeitamento á violencia

  • Evitaranse os comportamentos e contidos sexistas e estereotipos que supoñan discriminación.

  • Incorporaranse elementos curriculares relacionados co desenvolvemento sostible e o medio ambiente, os riscos deexplotación e abuso sexual, as situacións de risco derivadas da utilización das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, así como a protección ante emerxencias e catástrofes.

  • Incorporaranse elementos curriculares orientados ao desenvolvemento e afianzamento do espírito emprendedor.

  • Adoptaranse medidas para que a actividade física e a dieta equilibrada formen parte do comportamento xuvenil.

  • Incorporaranse elementos curriculares e promoveranse accións para a mellora da convivencia e a prevención dosaccidentes de tráfico, co fin de que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes como usuario das vías, en calidade de pión, viaxeiro e condutor de bicicletas, respecte as normas e sinais, e se favoreza a convivencia, a tolerancia, a prudencia, o autocontrol, o diálogo e a empatía con actuacións adecuadas tendentes a evitar os accidentes de tráfico e as súas secuelas.

  • En calquera caso, independentemente de que poidan ser tratadas desde as distintas materias da etapa, o Plan de Acción Titorial conterá actividades para traballar varios destes contidos (uso responsable e riscos das TIC, educación viaria, acoso escolar, fomento da igualdade efectiva entre homes e mulleres...).

     A incorporación destes eixos á práctica educativa levarase a cabo a través dos diferentes ámbitos de concreción da práctica educativa, a saber: os obxectivos da Programación xeral anual e das programacións anuais das distintas áreas e materias e das unidades didácticas que as desenvolven, así como no Plan anual de actividades complementarias e extraescolares.

a) Programacións didácticas

As programacións específicas de cada materia establecerán o xeito en que deben desenvolverse as competencias clave constituídas como elementos transversais da etapa. Polo tanto, sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das materias de cada etapa, a Comprensión lectora, a Expresión oral e escrita, a Comunicación audiovisual, as Tecnoloxías da Información e da Comunicación, o Emprendemento e a Educación cívica e constitucional traballaranse en todas as materias segundo estea establecido nas súas programacións.

b) PXA e Plan de actividades

  • A través da programación anual de actividades complementarias e extraescolares do centro canalizaranse tamén iniciativas destinadas a unificar o tratamento transversal destes distintos eixos.
  • Fomentarase desde a dirección e os departamentos a participación do centro nas iniciativas que impliquen un desenvolvemento de actividades relacionadas cos eixos de contido transversal, tales como os contratos-programa (nas súas vertentes de mellora de competencias e de fomento da sostibilidade dentro do plan CPInnova, ou nas de mellora da convivencia e da igualdade de xénero dentro do plan CPInclúe), as actividades integradas dentro do Plan de acción titorial que inclúen obradoiros diversos tales como o obradoiro de prevención de conflitos, o de prevención da violencia de xénero, o de prevención de drogodependencias, o de educación afectivo-sexual e outros semellantes.

  • Integrarase aos docentes e o alumnado de distintos grupos e niveis en plans de traballo de centro: clubes delectura, programa LGTBQ+, programa de sostibilidade, festivais de fin de trimestre, conmemaracións, etc.

  • Unha parte fundamental do tratamento que se lle dá no centro aos elementos transversais está tamén na difusión das actividades entre a comunidade educativa do IES Plurilingüe Elviña a través das súas canles oficiais e redes sociais.

     Ademais dos eixos transversais xa reflectivos, o noso centro fará fincapé tamén nos valores democráticos sinalados coma principais sinais de identidade do IES Plurilingüe Elviña no seu Proxecto educativo: a aconfesionalidade, o respecto pola diversidade cultural e lingüística, o apoio á normalización da lingua galega e o pluralismo. Aos que engadiremos outros como: a responsabilidade individual e colectiva, o orde e a hixiene, a confianza en un mesmo e o espírito de liderazgo, a honestidade e sinceridade, a tolerancia, a liberdade e a xustiza.


d) Os criterios de carácter xeral sobre a metodoloxía (Elaborado)


Criterios de carácter xeral sobre metodoloxía

     Os métodos de traballo deben favorecer a contextualización das aprendizaxes e a participación activa do alumnado na construción das mesmas. Todo proceso de ensinanza-aprendizaxe debe partir dunha planificación rigorosa do que se pretende conseguir, tendo claro cales son os obxectivos ou metas, que recursos son necesarios, que métodos didácticos son os máis adecuados e como se avalía a aprendizaxe e se retroalimenta o proceso. En consecuencia, unicamente é posible facilitar unhas orientacións acerca do desenvolvemento de estratexias metodolóxicas que permitan traballar por competencias na aula, debido á gran diversidade de materias e de métodos específicos e competencias clave máis vinculadas a cada unha delas. A natureza propia de cada materia, as condicións socioculturais, a dispoñibilidade de recursos e as características do alumnado condicionan o proceso de ensinanza-aprendizaxe, polo que é necesario que o método seguido polo profesorado se axuste a estes condicionantes co fin de propiciar unha aprendizaxe competencial axeitada no alumnado.

     Os métodos deben partir da perspectiva do docente como orientador, promotor e facilitador do desenvolvemento competencial no alumnado; ademais, tal e como establecen os Decretos 156/2022 e 157/2022, deben enfocarse á realización de tarefas ou situacións-problema, formuladas cun obxectivo concreto, que o alumnado debe resolver facendo un uso adecuado dos distintos tipos de coñecementos, destrezas, actitudes e valores; así mesmo, deben ter en conta a atención á diversidade o respecto polos distintos ritmos de aprendizaxe mediante prácticas de traballo individual e cooperativo.

     No actual proceso de inclusión das competencias como elemento esencial do currículo, é preciso sinalar que calquera das metodoloxías seleccionadas polo profesorado para favorecer o desenvolvemento competencial do alumnado debe axustarse ao nivel competencial inicial deste. Ademais, é necesario secuenciar a ensinanza de tal modo que se parta de aprendizaxes máis simples para avanzar gradualmente cara outros máis complexos.

     Un dos elementos clave na ensinanza por competencias é espertar e manter a motivación cara a aprendizaxe no alumnado, o que implica unha nova formulación do papel de alumno/a, activo e autónomo, consciente de ser o responsable da súa aprendizaxe.

     Os métodos docentes deberán favorecer a motivación por aprender no alumnado e, a tal fin, os profesores e profesoras han de ser capaces de xerar nel a curiosidade e a necesidade por adquirir os coñecementos, as destrezas e as actitudes e valores presentes nas competencias. Así mesmo, co propósito de manter a motivación por aprender é necesario que os docentes procuren todo tipo de axudas para que o alumnado comprenda o que aprende, saiba para que o aprende e sexa capaz de usar o aprendido en distintos contextos dentro e fóra da aula.


     Tendo todo isto en conta, a Orde ECD/65/2015 de 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación da educación primaria, a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato, establece no seu Anexo II unha serie de orientacións didácticas destinadas a facilitar o desenvolvemento de estratexias metodolóxicas para o traballo por competencias na aula. Estes criterios, acomodados á circunstancia específica do IESP Elviña, serán tomados coma eixo vertebrador das metodoloxías formativas aplicadas no proxecto educativo do IES Plurilingüe Elviña.

Planificación

Planificación rigorosa dos obxectivos que se pretenden conseguir, tomando coma punto de partida unha análise previa dos recursos necesarios para acadalos e dos métodos didácticos máis axeitados e prestando sempre atención a avaliación da aprendizaxe e do propio procedemento de ensino.

Contextualización

Elección de métodos didácticos en función das metas e dos condicionantes que ten o ensino, co fin de propiciar unha aprendizaxe competencial no alumnado, atendendo en cada caso á natureza das materias que se traballan, ás condicións socioculturais e socioeconómicas da contorna educativa, á dispoñibilidade dos recursos didácticos necesarias e aos intereses e cualidades intrínsecas do alumnado.

Orientación e práctica

Os métodos deben partir da perspectiva do docente como orientador, promotor e facilitador do desenvolvemento competencial no alumnado, enfocándoo á realización de tarefas ou situacións-problema, formuladas cun obxectivo concreto, que o alumnado deberá resolver facendo uso axeitado das estratexias de traballo, destrezas, habilidades, actitudes e valores desenvolvidas no proceso de aprendizaxe. Asimesmo, o docente terá en conta a atención ás necesidades especiais do alumnado, respectando os distintos ritmos de traballo e buscando unha combinación de prácticas individuais e colectivas.

Aprendizaxe construtiva e avaliación de coñecementos previos

As metodoloxías seleccionadas polos docenttes para favorecer o desenvolvemento competencial do alumnado debense axustar ao nivel inicial destes, para o cal, será obriga facer unha proba de avaliación inicial na que se avalíen os coñecementos previos. Ademais, cómpre secuenciar o ensino de tal modo que se parta das aprendizaxes máis simples para acadar gradualmente as máis complexas.

Papel de guía do docente

Elemento clave no ensino por competencias é espertar e manter a motivación cara á aprendizaxe do alumnado, o que implica unha reformulación do rol de alumno desde unha perspectiva activa e autónoma, con conciencia da responsabilidade individual sobre o propìo labor de aprendizaxe. O profeserado debe constituírse nun referente que xenere no alumno curiosidade e desexo de adquirir novos saberes, novas destrezas e habilidades, e máis os valores democráticos que estes coñecementos levan aparellados. Os docentes procurarán en todo tempo servir de axuda e guía para que os estudantes comprendan e asimilen o que aprenden de cara ao seu uso práctico no contexto dos seus actos e decisións na vida cotiá.

Aprendizaxe enfocada a o uso práctico

Requírense metodoloxías activas e contextualizadas. Aquelas que faciliten a participación e implicación do alumnado e a adquisición e uso de coñecementos en situacións reais serán as que xeneren aprendizaxes transferibles e duradeiras.

Aprendizaxe colaborativa

As metodoloxías activas débense apoiar en estruturas de aprendizaxe cooperativa, de xeito que a través da interdependencia na resolución conxunta das tarefas, os integrantes do grupo desenvolvan destrezas colaborativas e adquiran tamén estratexias de traballo a partir da emulación, subliñando o aspecto social e comunicativo do traballo escolar nun contexto de ensino-aprendizaxe integral, e non só conceptual ou intelectual.

Interdisciplinaridade

As estratexias interactivas son as máis axeitadas, ao permitir compartir e construír o coñecemento a través da dinamización as sesións lectivas na aula mediante o intercambio verbal de ideas. As metodoloxías que contextualizan a aprendizaxe e permiten adquirir estándares por proxectos ou a través de actividades construtivas e interdisciplinares favorecen a motivación do alumnado e a súa participación no proceso de ensino como parte activa e non pasiva. Persíguese, polo tanto, unha aprendizaxe funcional que facilite o desenvolvemento activo das competencias.

Aprendizaxe dixital

A selección e uso de materiais e recursos didácticos constitúe un aspecto fundamental da metodoloxía: diferentes tipos de materiais e recursos, adaptado cada un ás necesidades concretas do nivel educativo, da materia e da necesidade do/a alumno/a permiten atender á diversidade coa que contamos nas aulas e personalizar os procesos de construcións das aprendizaxes. Neste sentido, a potenciación dos recursos dixitais amósase esencial como metodoloxía de traballo dadas as grandes posibilidades en canto a adaptación e estratexias que permeten.

Coordinación

É necesaria unha axeitada coordinación entre o equipo docente (sen excluír deste labor aos equipos de orientación, directiva e familias) sobre as estratexias metodolóxicas e didácticas que se utilicen en cada caso. Os equipos educativos débense propor unha reflexión común e compartida sobre a eficacia das diferentes propostas metodolóxicas con criterios comúns e consensuados que permitan abordar con rigor o tratamento integrado das competencias e progresar de cara a unha construción colaborativa do coñecemento. Especial relevancia adquiren as reunións de departamento, as reunións de titores, as reunións de equipos docentes en presenza do equipo de orientación, da Comisión de Coordinación Pedagóxica e do Claustro de profesores coa periodicidade necesaria.


e) Os criterios de carácter xeral sobre os materiais e recursos didácticos (Elaborado)


Criterios de carácter xeral sobre os materiais e recursos didácticos

     No exercicio da autonomía pedagóxica, o centro docente acordará os materiais curriculares que se utilizarán nos diferentes cursos da etapa. A edición e adopción dos materiais curriculares, incluídos, no seu caso, os libros de texto deberán adaptarse ao rigor científico adecuado ás idades do alumnado e ao currículo establecido na normativa vixente. Así mesmo, deberán reflectir e fomentar o respecto aos principios, valores, liberdades, dereitos e deberes constitucionais.

     Os libros de texto adoptados para un determinado curso non poderán substituírse por outros durante un período mínimo de seis anos. Excepcionalmente e por razóns debidamente xustificadas, os libros de texto poderán substituírse antes dos seis anos, previa autorización da Consellería de Educación. A elección dos libros para o curso entrante realizarase polos departamentos no mes de maio e será publicada a través dos medios dispoñibles (taboleiros de anuncios, páxina web, abalar) con libre acceso a toda a comunidade educativa sempre antes do remate do curso, durante o mes de xuño. A listaxe de libros de texto de cada nivel entregarase como información adxunta ás familias como parte dos formularios de matriculación.

     Serán os Departamentos docentes quen establezan os criterios para a elección dos materiais curriculares máis axeitados para o desenvolvemento das materias da súa competencia, tendo en conta as diferenzas entre a natureza dunhas materias e outras e a heteroxeneidade das propostas editoriais. Contodo, respectarán para esta elección, así como para a elección dos materias didácticos alternativos ou complementarios dos libros, os criterios básicos establecidos de seguido.

     A Ley Orgánica 2/2006 de Educación parcialmente modificada pola Orde pola Ley Orgánica 3/2020 (LOMLOE) establece na súa "Disposición adicional cuarta" sobre os "Libros de texto y demás materiales curriculares" os seguintes puntos:

"1. En el ejercicio de la autonomía pedagógica, corresponde a los órganos de coordinación didáctica de los centros públicos adoptar los libros de texto y demás materiales que hayan de utilizarse en el desarrollo de las diversas enseñanzas

'2. La edición y adopción de los libros de texto y demás materiales no requerirán la previa autorización de la Administración educativa. En todo caso, éstos deberán adaptarse al rigor científico adecuado a las edades de los alumnos y al currículo aprobado por cada Administración educativa. Asimismo, deberán reflejar y fomentar el respeto a los principios, valores, libertades, derechos y deberes constitucionales, así como a los principios y valores recogidos en la presente Ley y en la Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género, a los que ha de ajustarse toda la actividad educativa.

'3. La supervisión de los libros de texto y otros materiales curriculares es competencia de las administraciones educativas y constituirá parte del proceso ordinario de inspección que ejerce la Administración educativa sobre la totalidad de elementos que integran el proceso de enseñanza y aprendizaje, que debe velar por el respeto a los principios y valores contenidos en la Constitución y a lo dispuesto en la presente ley."

      Desde o respecto, polo tanto, a estas indicacións legais, que dan ampla liberdade respecto aos materiais e recursos didácticos dos que os docentes e o alumnado poden dispoñer, no IES Plurilingüe Elviña establecemos varias liñas de actuación que deben servir coma criterios ou guías xerais na elección dos materiais ou recursos curriculares. Estas liñas teñen en conta, ademais da busca dunha desexable variedade metodolóxica nos recursos utilizados, o actual proceso de exploración de vías dixitais de traballo co alumnado.

A. Libros de texto e recursos obrigatorios: en virtude do indicado na mencionada Disposición adicional cuarta da Ley Orgánica 2/2006, de educación, os departamentos docentes serán os responsables de seleccionar durante os meses de maio/xuñpo os materiais de aula obrigatorios para o curso seguinte (libros de texto, boletíns e cadernos de apoio, etc.). Os departamentos atenderán aos criterios de idoneidade destes materiais en relación coas posibilidades académicas e económicas do alumnado. No mes de xuño, desde o portal web do centro farase pública a relación de libros e materiais obrigatorios para o seguinte curso. Esta relación de materiais irá tamén incluída nos formularios de matriculación.

Sobre os libros de texto, atenderase ademais aos seguintes criterios:

  • Que se prefira o uso de libros de texto de "mochila lixeira"

  • Que sexan axeitados para acadar os obxectivos e competencias

  • Que non sexan discriminatorios (recursos económicos, capacidade, condición sexual, etc.)

  • Que sexan axeitados á idade e aos ritmos propios da aprendizaxe

  • Que permitan utilizar os diferentes tipos de razoamento (concreto, abstracto, analítico, sintético)

  • Que favoreza o tratamento global e integrado das aprendizaxes

  • Que se axusten ás actividades programadas

  • Que incorporen certo grao de interactividade didáctica

  • Que motiven a adquisición de hábitos saudables e de actitudes positivas (valores sociais, culturais, etc.)

Os departamentos atenderán na avaliación dos libros e recursos escollidos a aspectos coma os seguintes:

  • Adecuación do vocabulario (que o seu estilo sexa sinxelo, comprensible, etc.)

  • Distribución correcta dos contenidos nas unidades didácticas.

  • Axuste dos contidos aos obxectivos xerais de etapa

  • Existencia de materiais de apoio e/ou reforzo de carácter dixital

  • Respecto aos valores étnicos, socioculturais, medioambientais¿

  • Presentación clara e atractiva dos contidos (presenza de gráficos, mapas, esquemas, etc.)
     

B. Materiais de traballo e recursos recomendados. Todos os recursos e materiais recomendados deberán contar co visto e prace das xefaturas de departamento edeberán cumplir coas normativas no que toca ao respecto polos valores e principios democráticos polos que se rexe a educación secundaria dos centros sostidos con fondos públicos.

C. Obras de lectura. No caso de obras de lectura obrigada ou de materiais de lectura e consulta, atenderase sempre a que este estea dispoñible na Biblioteca do centro, e se proveerá, en caso contrario, á súa adquisición para o préstamo bibliotecario.

      En aras do desenvolvemento das habilidades dixitais entre o alumnado e da difusión e modernización do tipo de recursos utilizados nas aulas, fomentarase o uso de medios dixitais tanto para a práctica docente no día a día como para o deseño de tarefas, materiais de apoio e instrumentos de avaliación e cualificación do alumnado.

     No que toca aos recursos de carácter dixital, optarase, sempre que sexa posible, por recursos de libre acceso (freesoftware, licenzas abertas, etc.) e preferentemente polos materiais e recursos proporcionados polas propias autoridades educativas da comunidade autónoma, como as aulas virtuais do centro ou os contidos dos seus repositorios ou portais web.

     Nas programacións didácticas das distintas áreas potenciarase o desenvolvemento de metodoloxías de traballoque permitan o uso dos materiais didácticos dixitais para a avaliación e seguemento do alumnado.


f) Os criterios de oferta educativa, itinerarios e optatividade, de ser o caso (Elaborado)


Criterios de oferta educativa, itinerarios e optatividade, de ser o caso

     O IES Plurilingüe Elviña conta cunha ampla diversidade de alumnado con intereses moi diversos aos que trata de dar resposta. A oferta educativa do centro ten como finalidade tanto dar resposta ás necesidades e intereses do seu alumnado e ao aproveitamento dos perfís e características particulares do centro e da súa contorna. O IES Plurilingüe Elviña, por tanto, oferta as seguintes ensinanzas:

ESO:

1º a 4º ESO

1º ESO: 5 liñas

2º ESO: 5 liñas

3º ESO: 4 liñas

4º ESO: 3 liñas

BACHARELATO:

Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía

1º BACH: 1 liña

2º BACH: 1 liña

Modalidade de Humanidades e Ciencias sociais

1º BACH: 1 liña

2º BACH: 1 liña

     A selección das materias optativas que anualmente configuran a oferta do centro reestruturase cada mes de maio, a través dun procedemento que ten en conta varios factores:

  • coherencia da oferta coas modalidades das que dispón o centro e cos itinerarios que poidan deseñarse dentro decada unha

  • intereses maioritarios do alumnado, especialmente nos cursos de bacharelato

  • posibilidades de oferta dos departamentos didácticos

  • atención ao alumnado con necesidades especiais de apoio educativo

  • afianzamento das liñas de traballo do centro:

  • potenciamento dos itinerarios científicos en ESO e Bacharelato

  • afianzamento dunha oferta variada e con atención multidisciplinar

  • continuidade do itinerario sociais e humanísticos

  • atención á condición plurilingüe do centro

  • atención á innovación educativa e aos proceso de desenvolvemento de metodoloxías dixitaisna educación

     O procedemento de reestruturación para a selección definitiva de materias realízase en tres fases:

A. deseño dunha oferta de máximos: a través dunha reunión da CCP realizada a finais do mes de abril ou primeirosdías de maio, os departamentos didácticos fan unha proposta de oferta de materias para a configuración da matrícula no curso seguinte.

B. proceso de preselección de materias: a partir das propostas dos departamentos didácticas na CCP, propostasupeditada á formación duns itinerarios didácticos coherentes, configúrase un formulario de preselección de materias. Este formulario se entrega ao alumnado para a sús cumprimentación durante o mes de maio.

C. proceso de configuración definitiva da oferta: entre os últimos días de maio e os primeiros de xuño, a partir dasopcións seleccionadas polo alumnado e as familias, realízase unha configuración definitiva das optativas ofertadas polo centro a partir dos seguintes criterios:

C1. atención ao número mínimo de alumnos e alumnas que seleccionan unha materia optativa (mínimo establecido en 5 alumnos para materias troncais e 10 para materias específicas)

C2. preferencia por combinacións de optativas pertencentes aos mesmos itinerarios (itinerarios de ciencias, itinerarios de ciencias sociais, etc.)

C3. atención á maior mobilidade posible entre os distintos itinerarios

C4. atención ás posibilidades reais de implementar un horario no que teñan cabida todas as opcións seleccionadas polo alumnado

D. proceso de matrícula: a selección de optativas debe dar por resultado uns formularios de matrícula comprensiblese coherentes coa selección de materias feita polo alumnado. As conclusións implícitas nestes formularios de matrícula son trasladadas ao claustro e ao consello escolar, para a súa validación definitiva.


CONFIGURACIÓN DA OFERTA

CURSO 2023-24

Neste orde de cousas, o IES Plurilingüe Elviña no presente curso deixou configurada a súa oferta educativa en cada nivel do seguinte xeito:

1º ESO

  • Materias comúns: Lingua galega e literatura (4h), Lingua castelá e literatura (3h), I Lingua estranxeira (inglés) (4h), Matemáticas (4h), Xeografía e historia (3h), Educación física (2h), Bioloxía e Xeoloxía (3h), II Lingua estranxeira (francés) (2h), Educación plástica, visual e audiovisual (2h), Tecnoloxía e dixitalización (1h)

  • Alternativa relixión: Relixión católica ou Proxecto (proxecto de traballos de EPVA alternativo a Relixión)

2º ESO

  • Materias comúns: Lingua castelá e literatura (4h), I Lingua estranxeira (inglés) (3h), Matemáticas (5h), Xeografía e historia (3h), Física e química (3h), Lingua galega e literatura (3h), Música (2h), Tecnoloxía e dixitalización (3h), II Lingua estranxeira (francés) (2h), Educación física (2h)

  • Alternativa relixión: Relixión católica ou Proxecto (Matemáticas aplicadas ao deseño dixital) (1h)

3º ESO

  • Materias comúns: Lingua galega e literatura (3h), Lingua castelá e literatura (3h), I Lingua estranxeira (inglés) (3h), Matemáticas (4h), Xeografía e historia (3h), Educación física (2h), Bioloxía e xeoloxía (2h), Física e química (2h), Educación en valores cívicos e éticos (1h), Educación plástica, visual e audiovisual (2h), Música (2h)

  • Alternativa relixión: Relixión católica (1h) ou Proxecto competencial: xornal (1h)

  • Optativa autonómica: II Lingua estranxeira (francés) (3h), Educación dixital (3h), Cultura clásica (3h), Oratoria (en lingua castelá ou en lingua galega) (3h)

4º ESO

  • Materias comúns: Lingua castelá e literatura (3h), Lingua galega e literatura (3h), I Lingua estranxeira (inglés) (3h), Xeografía e historia (3h), Educación física (2h)

  • Opción matemáticas: Matemáticas A (4h) e Matemáticas B (4h)

  • Optativas (estatais e autonómicas): Bioloxía e xeoloxía (3h), Física e Química (3h), Economía e empresa (3h), Latín (3h), Expresión artística (3h), II Lingua estranxeira (Francés)(3h), Música (3h), Tecnoloxía (3h), Filosofía (A, 3h)

  • Alternativa a Relixión: Relixión (1h) ou Proxecto competencial (Actividade deportiva) (1h)

BACHARELATO

1º BACH (Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía)

  • Materias xerais: Lingua galega e literatura I (3h), Lingua castelá e literatura I (3h), I Lingua estranxeira I (inglés) (3h), Filosofía (3h), Educación física (3h)

  • Materia da Modalidade: Matemáticas I (4h)

  • Opción relixiosa: Relixión (1h) ou Técnicas de estudo (1h)

  • Optativas estatais: Física e química (4h), Bioloxía, xeoloxía e ciencias ambientais (4h), Debuxo Técnico I (4h), Tecnoloxía e enxeñería industrial I (4h)

  • Optativas: Anatomía aplicada (4h), Cultura científica (4h), II Lingua estranxeira: Francés (4h), TIC I (4h), Linguaxe e práctica musical (4h)

1º BACH (Modalidade CCSS e HUM)

  • Materias xerais: Lingua galega e literatura (3h), Lingua castelá e literatura I (3h), I Lingua estranxeira I (inglés) (3h), Filosofía (3h), Educación física (3h)

  • Materia da Modalidade: Matemáticas aplicadas ás CCSS I (4h)/ Latín I (4h)

  • Opción relixiosa: Relixión (1h) ou Técnicas de estudo (1h)

  • Optativas estatais: Economía (4h), Literatura universal (4h), Historia do mundo contemporáneo (4h), Grego I (4h)

  • Optativas autonómicas: Anatomía aplicada (4h), Cultura científica (4h), II Lingua estranxeira: Francés (4h), TIC I (4h), Linguaxe e práctica musical (4h)

2º BACH (Modalidade Ciencias e Tecnoloxía)

  • Materias comúns: Lingua castelá e literatura II (3h), I Lingua estranxeira II (inglés) (3h), Historia de España (3h), Lingua galega e literatura (3h)

  • Materia troncal da modalidade: Matemáticas II (4h)

  • Optativas estatais: Bioloxía (4h), Xeoloxía (4h), Deb. Téc. II (4h), Física (4h), Química (4h), Tecnoloxía e enxeñería II (4h)

  • Optativas autonómicas: Métodos estatísticos e numéricos (4h), Francés II (4h), TIC II (4h)

  • Alternativa a Relixión: Relixión (1h), Técnicas de estudo (1h)

2º BACH (Modalidade Ciencias Sociais e Humanidades)

  • Materias comúns: Lingua castelá e literatura II (3h), I Lingua estranxeira II (inglés) (3h), Historia de España (3h), Lingua galega e literatura (3h)

  • Materia troncal da modalidade: Matemáticas aplicadas ás CCSS II (4h), Latín II

  • Optativas estatais: Grego II (4h), Empresa e modelos de negocio (4h), Historia da Arte (4h), Xeografía (4h)

  • Optativas autonómicas: Métodos estatísticos e numéricos (4h), Francés II (4h), TIC II (4h)

  • Alternativa a Relixión: Relixión (1h), Técnicas de estudo (1h)


g) Os criterios para o deseño das actividades complementarias (Elaborado)


Criterios para o deseño das actividades complementarias

     Nos puntos 23 e 24 da Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento, se establece a diferenciación entre actividades complementarias e extraescolares do seguinte xeito:

"Considéranse actividades complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que utilizan. Así cabe considera-las visitas, traballo de campo, viaxes de estudio, conmemoracións e outras semellantes.

Considéranse actividades extraescolares aquelas que, sendo organizadas polo centro, entidades sen ánimo de lucro, asociacións culturais, etc. se realizan fóra de horario lectivo.

En consoancia coas actividades académicas, o centro educativo ofrecerá actividades extraescolares e complementarias de carácter voluntario que proporcionen aos alumnos experiencias de aprendizaxe no eido social, cultural, deportivo e recreativo que sexan acordes ao seu proceso madurativo e que contribúan ao desenvolvemento das súa educación académica e afectiva, incidindo en valores relacionados coa socialización, a convivencia, o respecto polos demais, a cooperación, o emprendemento e a integración."

     O IES Plurilingüe Elviña intégrase nun barrio externo residencial da cidade da Coruña e conta con todos os beneficios que para a realización de actividades ten a diversidade da oferta cultural dun entorno urbán (actividades ofertadas polo Concello, a Deputación provincial, institucións culturais privadas, fundacións culturais, museos, etc.).

     En todo caso, mediante as actividades preténdese que o alumnado, entre outros obxectivos, constrúa aprendizaxes dentro de contextos diferenciaados e non extrictamente académicos; adquira valores e actitudes que o impulsen a unha mellor aceptación dos demais e de si mesmo, incidindo na tolerancia, no traballo e equipo e na integración social e cultural; desenvolva autonomía persoal; aprenda a utilizar o seu tempo de ocio dun xeito activo e saudable.


CRITERIOS XERAIS PARA O DESEÑO DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES

     Todas as actividades complementarias e extraescolares do IES Plurilingüe Elviña persiguen un entronque axeitado co desenvolvemento das competencias clave do alumnado segundo os seus distintos procesos e ritmos de aprendizaxe, atendendo a un principio de progresividade ao longo da etapa educativa da educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria.

     Asimesmo, tanto na súa selección como no seu desenvolvemento, procurarase que todas as actividades vaian enfocadas a uns obxectivos básicos, que deben ser entendidos como criterios xerais para a súa organización e inserción na actividade lectiva. Entre estes criterios están de xeito destacado os seguintes:

  • promoverán no alumnado un sentimento de pertenza ao centro e ao grupo, serán integradoras e adaptadas ásposibilidades do alumnado

  • fomentarán a autonomía do alumnado, o pensamento crítico e a asunción de responsabilidade na organización dotempo de lecer

  • favorecerán a autoestima e a integración, dando a oportunidade a todo o alumnado de participar na medida dasposibilidades de cada quen

  • favorecerán a sensibilidade e a educación emocional, así como a curiosidade e a creatividade

  • favorecerán as aprendizaxes prácticas tanto de índole cultural como social

  • promoverán hábitos de vida saudable

  • integraranse nos contidos das programacións didácticas das diferentes materias ou ámbitos como parte integrantedo currículo


CRITERIOS ORGANIZATIVOS

     A persoa que ostenta no centro a vicedirección é a responsable de canalizar, centralizar e organizar o calendario de actividades prestando especial atención á súa viabilidade e ao seu carácter didáctico e pedagóxico. Actuará, polo tanto, como canle para as propostas dos departamentos didácticas e, seguindo as indicacións da persoa directora do centro, establecerá o procedemento para a autorización das actividades e para a súa inclusión na programación xeral anual que deberá ser aprobada polo consello escolar. Na programación xeral faranse constar as actividades extraescolares, as actividades complementarias e as actividades de fomento da lingua galega.

     Establécense como criterios para a realización das actividades os seguintes:

A. Deben estar programadas a comezo de curso polo departamento didáctico correspondente, co fin de poder serintegradas na PXA do centro e aprobadas polo Consello escolar, órgano competente para darlles luz verde antes da súa aplicación. A tal fin, os xefes de departamento ou os docentes organizadores das actividades farán unha solicitude por escrito ante a vicedirección do centro na que fagan constar toda a información necesaria para a xestión e correcta organización da actividade (docentes participantes, título da actividade, grupos aos que vai dirixida, orzamento necesario, outras necesidades...).

B. De maneira preferente, as actividades irán destinadas a grupos e niveis homoxéneos, agás aquelas que, polo seucarácter integrador (determinadas conmemoracións, por exemplo) teñan un carácter transversal e abarcador.

C. As actividades serán preferentemente gratuítas para o alumnado. As actividades con custo económico para ocentro deberán ser autorizadas previamente polas persoas que ostenten a secretaría e a dirección. As necesidades orzamentarias das actividades propostas terán en conta o seguinte:

C.1. actividades dentro do centro: a contratación de ponentes ou servizos externos para a realización dunha actividadeserá sufragada polas familias ou contra o orzamento do/s departamento/s que a solicite/n ou como parte do orzamento de calquera dos plans ou programas con dotación presupuestaria nos que o departamento solicitante participe.

C.2. actividades fóra do centro:

a) dentro do municipio: o centro sufragará todos os gastos derivados do desprazamento do alumnado eprofesorado. Non se fará cargo de todos os demais gastos implicados na actividade (compra de entradas, materiais, taxas, contratación de persoal externo, etc.). Estes gastos serán sufragados preferentemente polas familias ou contra os presupostos dos departamentos organizadores.

b) fóra do municipio: o centro non sufragará ningún gasto de desprazamento nin dos gastos implicados naorganización da actividade. Todos os gastos serán sufragados Estes gastos serán sufragados preferentemente polas familias ou contra os presupostos dos departamentos organizadores.

D. As familias ou responsables legais do alumnado participante nas actividades deberán autorizar formalmente (condupla sinatura no caso en que que legalmente sexa obrigada) cada actividade que implique desprazamento de alumnado fóra do centro ou cargo económico para as familias.

Dada a importancia das actividades na formación integral do alumnado, as actividades programadas dentro dohorario lectivo dentro do centro educativo teñen, en principio, carácter obrigatorio, salvo excepcionalidades moi específicas e previa solicitude formal ao respecto dos responsables legais.

E. As instalacións do centro estarán á disposición dos departamentos para a organización das actividadescomplementarias, Non obstante, como norma xeral, no momento de informar da actividade á vicedirección indicaranse todas as necesidades de espazos e materiais que sexan oportunas. Cando se trate de actividades fóra do horario lectivo, o uso do centro e a realización da actividade estará supeditada ás posibilidades dos espazos e ás necesidades de persoal.

F. A ANPA poderá solicitar tamén os espazos do centro para a organización de actividades extraescolares nosmesmos termos que os departamentos.


h) Os criterios para o deseño dos plans de reforzo ou de recuperación para o alumnado que promocione con materias, ámbitos ou módulos pendentes de cursos anteriores, de ser o caso (Elaborado)


Criterios para o deseño dos plans de reforzo ou de recuperación para alumnado que promocione con materias, ámbitos ou módulos pendentes de cursos anteriores

     A Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia [DOG do 11 de febreiro de 2022] establece no seu Artículo 8 as condicións para a promoción de alumnado na Educación secundaria obrigatoria. Nos punto 3 e 4 deste mesmo Artículo reflicte o seguinte:

"3. O alumnado que acade a promoción de curso con materias sen superar deberá seguir un plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

"4. Para a elaboración e o seguimento do plan de reforzo a que se refire o punto anterior, seguirase o establecido no artigo 51 da Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. "

     Precisamente no artigo 51 da citada Orde do 8 de setembro de 2021 expóñense as características e deseño dos ditos plans de recuperación e reforzo nos seguintes termos:

"Artigo 51. Plan de reforzo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que pase de curso con materias sen superar

O alumnado de educación secundaria obrigatoria que se promova de curso con materias sen superar deberá seguirun plan de reforzo en cada unha desas materias, destinado á súa recuperación e á súa superación.

O plan de reforzo será elaborado polo profesorado que imparte a materia que a alumna ou o alumno teñanpendente de superar, baixo as directrices do correspondente departamento didáctico e co coñecemento do profesorado titor, e terá como referentes os obxectivos da materia e a contribución á adquisición das competencias. Igualmente, será un plan que se adapte ás particularidades de cada alumna ou alumno destinatarios. O departamento didáctico velará pola realización do plan por parte da alumna ou do alumno.

O plan de reforzo debe incluír, cando menos:

  • Identificación da alumna ou do alumno.

  • Información relevante sobre a materia ou as materias sen superar.

  • Currículo para desenvolver, con especificación dos criterios de avaliación.

  • Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

  • Recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

  • Tarefas para realizar, coa debida temporización.

  • Seguimento e avaliación.

  • Acreditación da información á familia.

En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan de reforzo e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Na sesión de avaliación final do curso en que estean escolarizados o alumno ou a alumna, a profesora ou o profesor da materia pendente decidirán sobre a súa avaliación, nos termos que se establecen na normativa que regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria. En todo caso, para superar a materia pendente, a alumna ou o alumno deberán obter avaliación positiva no plan de reforzo correspondente, o que se terá en conta para os efectos de promoción e/ou titulación."


     De resultas destas indicacións legais, no IES Plurilingüe Elviña establecerase o seguinte modo de actuación para o alumnado con materias pendentes de cursos anteriores:

  • Os departamentos didácticos establecerán as pautas e características que terán os plans de reforzo e recuperaciónde cada materia dacordo cos criterios de avaliación e cualificación que establezan nas súas programacións.

  • Ao comezo de curso, cada docente, coa supervisión da xefatura do seu departamento, e unha vez analisadas ascualidades, potencialidades e déficits do alumnado coa súa materia suspensa do curso anterior a través do proceso de avaliación inicial, establecerá o plan individual para o reforzo e recuperación da materia e realizará un informe que resuma o mesmo.

  • A realización do plan terá en conta todos os datos dispoñibles do/a alumno/a: informes de orientación, informes do curso anterior, expediente académico, información recabada través de probas iniciais, datos obtidos da observación sistemática do traballo, etc.

  • Nas sesións de avaliación parcial e na avaliación final, o profesorado deberá avaliar o programa de reforzo proposto para cada alumno, tendo en conta a súa evolución e o traballo desenvolvido durante cada trimestre.

  • Para a avaliación dos contidos pendentes terase en conta tanto as distintas actividades ou probas propostas comoreforzo de recuperación, como o traballo desenvolvido na materia do ano en curso.

  • Unha vez rematada a avaliación final, todos os docentes deberán elaborar un informe do alumnado suspenso, noque resumirá as competencias non adquiridas e os contidos pendentes, con vistas á elaboración do Plan personalizado a principios do curso seguinte.

  • Darase liberdade aos departamentos para establecer, xunto co plan de reforzo, os instrumentos de avaliación cos que deberán comprobar a recuperación das competencias pendentes. De maneira xeral, procurarase non reducir o plan de recuperación a unha determinada proba final, propoñendo metodoloxías de reforzo e recuperación variadas así como unha combinación de varios instrumentos de avaliación e cualificación.

  • A xefatura do departamento correspondente deberá facerse cargo da elaboración dos plans no caso de alumnadopendente de materias sen continuidade no currículo.

  • Ao longo dos meses de outubro e novembro, as familias terán acceso aos informes cos plans de reforzo e recuperación de materiaspendentes dos seus fillos.


i) Os criterios para o deseño dos plans específicos de reforzo ou personalizados para o alumnado que deba permanecer un ano máis no mesmo curso, de ser o caso (Elaborado)


Criterios para o deseño dos plans específicos de reforzo ou persoalizados para o alumnado que deba permanecer un ano máis no mesmo curso, de ser o caso

     A Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia [DOG do 11 de febreiro de 2022] establece no seu Artículo 8 as condicións para a promoción de alumnado na Educación secundaria obrigatoria. Nos puntos 5 e 6 deste mesmo Artículo reflicte o seguinte:

"5. O alumnado que non acade a promoción permanecerá un ano máis no mesmo curso. A permanencia no mesmo curso considerarase unha medida de carácter excepcional e tomarase logo de esgotar as medidas ordinarias de reforzo e apoio para superar as dificultades de aprendizaxe da alumna ou do alumno. En todo caso, a permanencia no mesmo curso planificarase de maneira que as condicións curriculares se adapten ás necesidades do alumnado e estean orientadas á superación das dificultades detectadas, así como ao avance e ao afondamento nas aprendizaxes xa adquiridas. Estas condicións recolleranse nun plan específico personalizado con cantas medidas se consideren adecuadas para este alumnado.

6. Para a elaboración e o seguimento do plan específico personalizado a que se refire o punto anterior, seguirase o establecido no artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación."


     Precisamente no Artigo 52 da citada Orde do 8 de setembro de 2021 expóñense as características e deseño dos ditos plans de recuperación e reforzo nos seguintes termos:

"Artigo 52. Plan específico personalizado para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que permaneza un ano máis no mesmo curso

Cando unha alumna ou un alumno de educación secundaria obrigatoria permaneza un ano máis no mesmo cursodebe seguir un plan específico personalizado, que ten como finalidade adaptar as condicións curriculares ás necesidades da alumna ou do alumno, para tratar de superar as dificultades detectadas. Este plan elaborarao o equipo docente, baixo a coordinación do profesorado titor, e desenvolverase ao longo de todo o curso.

O plan específico personalizado debe incluír, cando menos:

  • Identificación da alumna ou do alumno.

  • Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.

  • Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.

  • Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.

  • Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.

  • De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.

  • Acreditación da información á familia.

3. En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e o seu aproveitamento."


CRITERIOS PARA O DESEÑO E PREPARACIÓN DOS PLANS ESPECÍFICOS DE ALUMNADO REPETIDOR

     De resultas destas indicacións legais, no IES Plurilingüe Elviña procederase do seguinte xeito no caso do alumnado que debe repetir un curso:

  • Unha vez rematada a avaliación final, os docentes deberán elaborar un informe de fin de curso do alumnado quenon promociona, no que resumirán as competencias non adquiridas e os contidos pendentes, con vistas á elaboración do Plan personalizado de repetidores a principios do curso seguinte.

  • No inicio do curso seguinte, tras das avaliacións iniciais, os docentes de grupo, presididos polo docente titor e coasesoramento do Dpto. de orientación do centro, elaborarán os plans individuais para o alumnado repetidor, que serán comunicados ás familias/os reponsables legais antes do mes de decembro a través dos formularios que, a primeiros de curso, lle serán comunicados ao profesorado.

  • As xefaturas dos departamentos didácticos serán os responsables de coordinar e supervisar os plans e programasde recuperación deste alumnado.

  • Os plans axustaranse aos contidos curriculares e ás competencias clave correspondentes ao nivel non superado.

  • A adquisición das competencias clave asociadas ao nivel será o criterio básico para o deseño dos programas derepetidores.

  • As materias, áreas ou ámbitos suspensos que motivaron a repetición de curso serán obxecto de especial atención,sendo obrigado por parte dos docentes das mesmas ofrecer algún tipo de medida de apoio ou reforzo educativo específico destinado á súa superación durante o curso que se repite.

  • Os docentes, co asesoramento do Dpto. de orientación, valorarán a adopción de medidas de reforzo ordinarias ou extraordinarias nas avaliacións iniciais de cada grupo.


j) Os criterios xerais para a avaliación, e de ser o caso, a promoción e a titulación (Elaborado)


Criterios para a avaliación, promoción e titulación en ESO e BACH

A. AVALIACIÓN

     Para a avaliación do alumnado terase en conta o establecido na Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, que resulta de aplicación ata a implantación das modificacións introducidas pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado será, polo tanto, continua, formativa, integradora e diferenciada segundo as distintas materias.

  • A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado de educación secundaria obrigatoria e do bacharelato será integradora. Desde todas e cada unha das materias deberá terse en conta a consecución dos obxectivos establecidos para a etapa e o correspondente desenvolvemento das competencias. O carácter integrador da avaliación non debe ser incompatible co feito de que a avaliación de cada materia se realice de maneira diferenciada polo profesorado que a imparta, tendo en conta os criterios de avaliación e os indicadores de logro que permiten a valoración do grao de desenvolvemento dos estándares de aprendizaxe de cada materia.

  • A avaliación será continua no sentido de que estará inmersa no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumnado, coa finalidade de detectar as dificultades no momento no que se producen, analizar as causas e, deste modo, adoptar as medidas necesarias que permitan ao alumnado mellorar o seu proceso de aprendizaxe. Cando o proceso dun alumno ou alumna non sexa o adecuado, estableceranse medidas de reforzo educativo. Estas medidas adoptaranse en calquera momento do curso, tan pronto como se detecten as dificultades e estarán dirixidas a garantir a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para continuar o proceso educativo.

  • A avaliación terá, ademais, un carácter formativo e orientador, e deberá servir de instrumento para a mellora tanto dos procesos de ensinanza como os de aprendizaxe. Con este fin o profesorado avaliará, ademais das aprendizaxes do alumnado, os procesos de ensinanza e a súa propia práctica docente, de acordo cos indicadores de logro e procedemento de avaliación da aplicación e desenvolvemento da programación docente.

  • A información obtida durante o proceso de avaliación servirá de referencia para introducir modificacións nas medidas de atención adoptadas e para axustarse ás necesidades detectadas.

  • O profesorado avaliará segundo o establecido na Orde do 25 de xaneiro de 2022 polo que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

  • Os referentes para a comprobación do grao de adquisición das competencias e o logro dos obxectivos da etapa nas avaliacións continua e final de cada unha das materias son os criterios de avaliación e os estándares a eles asociados en cada un dos cursos así como os estándares de aprendizaxe avaliables da etapa, xa que aínda que estes son orientativos, de acordo co establecido na disposición transitoria segunda bis da LOMLOE, son concrecións dos criterios de avaliación.

  • Os referentes para a avaliación do alumnado con necesidades educativas especiais que curse as ensinanzas con adaptacións significativas dos elementos do currículo, serán os criterios de avaliación e os estándares asociados a eles que figuren nas propias adaptacións curriculares, sen que isto poida impedirlle a promoción ao seguinte curso ou a obtención do título de graduado en ESO.


B. Promoción

B.1. Promoción en Educación secundaria obrigatoria

     A ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa establece no seu Artículo 28 as condicións para a promoción de alumnado na Educación secundaria obrigatoria do seguinte xeito:

"1. O equipo docente decidirá sobre a promoción de cada alumna ou alumno na avaliación final de cada un dos cursos da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación. No caso dos programas de diversificación curricular, a decisión sobre a permanencia neles un ano máis adoptarase exclusivamente á finalización do segundo ano do programa. 

2. Acadará a promoción dun curso a outro o alumnado que supere as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores. Para os efectos deste cómputo, as materias agrupadas nun ámbito non superado contaranse de xeito independente.

3. Ademais, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias e en todos os ámbitos en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que a suma dos períodos lectivos semanais establecidos no anexo IV do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, das materias ou dos ámbitos con avaliación negativa non sexa superior a dez. Para estes efectos, non se considerarán as materias pendentes de cursos anteriores nin as horas de libre disposición. 

c) Que o equipo docente considere que as materias ou os ámbitos con avaliación negativa non lle impiden seguir con éxito o curso seguinte.

d) Que o equipo docente considere que ten expectativas favorables de recuperación.

e) Que o equipo docente considere que a devandita promoción beneficiará a súa evolución académica."

     A efectos de acadar unha maior obxectividade na aplicación da promoción de alumnado o Claustro do IES Plurilingüe Elviña acorda aplicar a seguinte medida adicional de promoción: non se considerará a opción establecida no punto 3 cando o alumno non acade avaliación positiva nun mínimo de 6 das 8 competencias clave.


B.2. Promoción en Bacharelato

      A ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa establece no seu Artículo 30 as condicións para a promoción de alumnado no Bacharelato do seguinte xeito:

"1. As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción do primeiro ao segundo curso de bacharelato cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. Para estes efectos, só se computarán as materias en que estea matriculada a alumna ou o alumno.

2. O alumnado que acade a promoción ao segundo curso con materias pendentes deberá matricularse delas e cursalas ao longo do curso, nas condicións reguladas no artigo 11.

3. As alumnas e os alumnos do primeiro curso de bacharelato que non cumpran as condicións de promoción establecidas deberán matricularse de todas as materias e repetir o curso na súa totalidade. Neste caso, non se manterán as cualificacións das materias do devandito curso que a alumna ou o alumno superase previamente.

4. O alumnado que ao termo do segundo curso tivese avaliación negativa nunha ou máis materias poderá:

a) Matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas. Neste caso poderá solicitarlle á dirección do centro educativo a asistencia ás clases das materias xa superadas de segundo curso, quedando unicamente exento da súa avaliación e debendo cumprir coas mesmas obrigas que o resto do alumnado do grupo.

b) Repetir o curso completo. Neste caso non se manterán as cualificacións das materias do devandito curso que a alumna ou o alumno superase previamente."

     A concreción curricular do IESP Elviña non establecerá ningunha condición específica para o caso da promoción a 2º de Bacharelato.


C. Titulación

C.1. Titulación en Educación secundaria obrigatoria

A ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa establece no seu Artículo 29 as condicións para a obtención do título en Educación secundaria obrigatoria polo alumnado que remata os seus estudos de 4º ESO. Este artigo reflicte o seguinte:

"1. Ao finalizar o cuarto curso da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación, o equipo docente da alumna ou do alumno, na sesión de avaliación final, decidirá sobre a súa titulación. A decisión será adoptada de xeito colexiado, atendendo á adquisición das competencias clave establecidas no perfil de saída e á consecución dos obxectivos da etapa, sen prexuízo do establecido no artigo 24.1 do Decreto 156/2022, do 15 de xuño, e tendo en conta os criterios de titulación.

2. O alumnado que supere todas as materias ou os ámbitos cursados obterá o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:

a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias e en todos os ámbitos en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.

b) Que, a xuízo do equipo docente, a alumna ou o alumno adquirira as competencias clave establecidas no perfil de saída.

c) Que, a xuízo do equipo docente, a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa. Para estes efectos, nos criterios de titulación establecidos polos centros docentes non se poderán fixar número nin tipoloxía de materias non superadas."

Aos efectos de concretar o punto 2 deste artigo, o profesorado do IES Plurlingüe Elviña establece que, á hora de determinar se un alumno que non aproba todas as materias en 4º ESO (incluíndo as materias de cursos anteriores non superadas a pesar dos plans de reforzo que se lle aplicasen) debe ou non obter o título, se terá en conta:

a. non se considerará a opción de titular establecida no punto 2 cando o alumno non acade avaliación positiva nun mínimo de 6 das 8 competencias clave, por entender este o límite de aplicación do punto 2.b) do Artigo 29 arriba extractado.

b. non se considerará a opción de titular establecida no punto 2 cando, aínda obtendo o/a alumno/a unha media de 5 nas materias nas que estea matriculado/a, a carga horaria das materias con cualificación negativa supere as 6 horas semanais, tendo para este cálculo en conta as materias pendentes.

c. non se considerará a opción de titular establecida no punto 2 cando, aínda obtendo o/a alumno/a unha media de 5 no total das materias nas que está matriculado, non obtén un mínimo de 3 puntos de media na cualificación das materias non superadas (incluídas as pendentes).

 


C.2. Titulación en Bacharelato

A ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa establece no seu Artículo 31 as condicións para a titulación no Bacharelato polo alumnado de Bacharelato. Este artigo reflicte o seguinte:

"1. Será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato para a obtención do título de bacharel.

Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel cando supere todas as materias agás unha, sempre que se cumpran todas as condicións seguintes:

a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias clave e os obxectivos vinculados a ese título.

b) Que non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da alumna ou do alumno na materia.

c) Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.

d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que, como mínimo, se requiran para a obtención do título pola modalidade ou vía pola que se remata sexa igual ou superior a cinco. Para os efectos deste cálculo, considerarase a nota numérica obtida na materia non superada."

Aos efectos de concretar o punto 1 deste Artigo, o profesorado do IES Plurilingüe Elviña establece que, á hora de determinar se un alumno que aproba todas as materias excepto unha, pode obter o título de Bacharelato:

1. entenderase como inasistencia continuada a inasistencia rexistrada e non xustificada nun 13% das horas totais dunha materia ao longo de todo o curso.

2. en relación ao indicado no punto c) do artículo anterior, entenderase que a expresión "se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria" implica o intento por parte do/a alumno/a de superar lexitimamente a materia, tentando contestar as preguntas plantexadas nas probas e actividades necesarias para a súa avaliación e aplicando os coñecementos e competencias adquiridas.


k) Os criterios xerais do outorgamento de matrículas de honra, de ser o caso (Elaborado)


Criterios para a obtención de matrícula de honra

A. Obtención de matrícula de honra en Educación secundaria obrigatoria

     A ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa establece no seu Artículo 30 as condicións para a obtención de Matrícula de honra polo alumnado de 4º ESO. Este artigo reflicte o seguinte:

"1. O alumnado que, logo da avaliación final do cuarto curso, obtivese unha nota media do cuarto curso igual ou superior a nove puntos poderá recibir a mención de matrícula de honra. A devandita mención poderá concederse, como máximo, a un número de alumnas ou alumnos igual ao enteiro máis próximo ao 5 % do total de alumnado matriculado no centro docente no cuarto curso.

En todo caso, cando no centro docente o total de alumnado matriculado no cuarto curso sexa inferior a vinte, poderá concederse unha mención de matrícula de honra.

2. Os criterios xerais de outorgamento de matrícula de honra ao alumnado serán previamente acordados e establecidos na concreción curricular do centro, e deben ser obxectivos e públicos.

3. A obtención da mención de matrícula de honra será consignada nos correspondentes documentos oficiais de avaliación da alumna ou do alumno."

 Aos efectos de concretar o punto 2 deste artigo, o profesorado do IES Plurlingüe Elviña, en sesión de Claustro establece os seguintes criterios para determinar o alumnado merecedor desta distinción no 4º curso de ESO:

a. en primeiro lugar, atenderase ao alumnado con nota media de 4º ESO igual ou superior a un 9

b. de existir máis dun/ha alumno/a nesta circunstancia, a xunta de avaliación concederá as matrículas de honra por estricta orde de cualificacións, desde a media máis alta ata a máis baixa.

c. no caso de existir alumnado que presente a mesma cualificación media, a concesión da matrícula de honra determinarase aplicando, por esta orde, os seguintes criterios de desempate:

c1. mellor cualificación media de toda a etapa
c2. maior número de cualificacións 10 en 4º ESO
c3. mellor cualificación media en 3º ESO
c4. maior número de cualificacións 10 en 3º ESO
c5. mellor cualificación media en 2º ESO
c6. maior número de cualificacións 10 en 2º ESO
c7. mellor cualificación media en 1º ESO
c8. maior número de cualificacións 10 en 1º ESO

No caso de persistir o empate tras da aplicación de todos estes criterios, aplicaranse, por orde, estas dúas medidas excepciónais:

1ª) o equipo docente decidirá en votación secreta por maioría simple
2ª) realizarase un sorteo coma medida final de desempate


B. Obtención de matrícula de honra en Bacharelato

     A ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa establece no seu Artículo 34 as condicións para a obtención de Matrícula de honra polo alumnado de Bacharelato. Este artigo reflicte o seguinte:

"1. O alumnado que, logo da avaliación final ordinaria do segundo curso, obtivese unha nota media do segundo curso igual ou superior a nove puntos poderá recibir a mención de matrícula de honra. A devandita mención poderá concederse, como máximo, a un número de alumnas ou alumnos igual ao enteiro máis próximo ao 5 % do total de alumnado matriculado no centro docente no segundo curso.

     Para este cálculo e o outorgamento da mención, no caso de que o centro oferte o bacharelato en distintos réximes, contarase para cada réxime de xeito independente. No caso do réxime para persoas adultas, contará soamente o alumnado matriculado en ensino de adultos cuxa matrícula lle permita obter o título de bacharel ao finalizar o curso.

     En todo caso, cando no centro docente o total de alumnado matriculado no segundo curso de bacharelato sexa inferior a vinte, poderá concederse unha mención de matrícula de honra.

2. Os criterios xerais de outorgamento de matrícula de honra ao alumnado serán previamente acordados e establecidos na concreción curricular do centro, e deben ser obxectivos e públicos.

3. A obtención da mención de matrícula de honra será consignada nos correspondentes documentos oficiais de avaliación da alumna ou do alumno."

Aos efectos de concretar o punto 2 deste artigo, o profesorado do IES Plurlingüe Elviña, en sesión de Claustro establece os seguintes criterios para determinar o alumnado merecedor desta distinción no 2º curso de Bacharelato:

a. en primeiro lugar, atenderase ao alumnado con nota media de 2º BACH igual ou superior ao 9

b. de existir máis dun/ha alumno/a nesta circunstancia, a xunta de avaliación concederá as matrículas de honra que correspondan por estricta orde das cualificacións de 2º de Bacharelato, desde a media máis alta deste curso ata a máis baixa.

c. no caso de existir alumnado que presente a mesma cualificación media, a concesión da matrícula de honra determinarase aplicando, por esta orde, os seguintes criterios de desempate:

c1. mellor cualificación media de toda a etapa (1º e 2º de BACH)
c2. mellor cualificación media de 1º BACH

c3. maior número de cualificacións 10 en 2º BACH
c4. maior número de cualificacións 10 en 1º BACH
c5. maior número de cualificacións 9 de 2º BACH
c6. maior número de cualificacións 9 de 1º BACH
c7. mellor cualificación media no conxunto da ESO

No caso de persistir o empate tras da aplicación destes criterios, aplicaranse, por orde, estas dúas medidas excepciónais:

1ª) o equipo docente decidirá en votación secreta por maioría simple
2ª) realizarase un sorteo coma medida final de desempate


l) As decisións e criterios xerais para a elaboración e avaliación das programacións didácticas (Elaborado)


Criterios xerais para a elaboración das programacións didácticas

     Desde a Xefatura dos departamentos didácticos empregaranse as semanas previas ao comezo oficial do curso lectivo para preparar a Programación didáctica anual. As programacións serán o elemento básico para xustificar a avaliación e cualificación do alumnado, ademais exporán con claridade os obxectivos e contidos mínimos das materias nos diferentes niveis así como as contribucións que o departamento fará aos diferentes plans e programas do centro.

     A elaboración das programacións didácticas de ESO e Bacharelato, as súas características, así como o seu seguimento, característicass e aplicación veñen determinados polo indicado no Capítulo VI (Artigos 20-22) da Resolución do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2023/24. Nestes artigos establécese a responsabilidade da elaboración, os medios técnicos para facelas, así como os aspectos relacionados coa súa difusión e seguimento:

"Artigo 20. Programacións didácticas

1. O profesorado dos centros docentes, baixo a coordinación das xefaturas dos departamentos didácticos ou, de ser ocaso, do profesorado titor, desenvolverá o currículo establecido mediante a programación didáctica de cada área, materia ou ámbito de cada curso de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou bacharelato que teña encomendada na organización docente do centro.

2. A programación didáctica elaborarase por nivel educativo para cada unha das áreas, materias e ámbitos e será a mesma para todos os grupos do nivel.

No caso de que o centro imparta ensinanzas de bacharelato do réxime xeral e do réxime de persoas adultas, a programación didáctica para as materias de cada réxime adaptarase ás características propias do ensino de cada réxime.

3. Os centros docentes farán públicas as programacións didácticas, así como a concreción curricular, co obxecto de facilitar o seu coñecemento polo conxunto da comunidade educativa.

Para estes efectos, seguirase o procedemento establecido nas súas normas de organización, funcionamento e convivencia que, con carácter xeral, preverá a súa publicación na páxina web do centro, sen prexuízo doutros posibles medios de difusión.

Artigo 21. Seguimento e memoria

1. O profesorado realizará o seguimento das programacións didácticas nos seus grupos de alumnado reflectindo información relevante de cada unidade didáctica: as datas de inicio e fin de impartición e as sesións realizadas, o grao de cumprimento respecto ao planificado, as propostas de modificación e/ou mellora, a xustificación razoada no caso de producirse algunha desviación e, de ser o caso, observacións.

2. Ao remate do curso académico a profesora ou o profesor que imparta unha área, unha materia ou un ámbito nun nivel determinado colaborará co resto do profesorado que imparta a mesma área, materia ou ámbito nese nivel para realizar o seguimento final da programación didáctica desa área, materia ou ámbito recollendo información sobre os resultados de avaliación, a análise xeral de resultados de avaliación en relación cos cursos anteriores, o grao de cumprimento dos indicadores de logro, as propostas xerais de modificación e/ou mellora para o curso seguinte e, de ser o caso, observacións xerais.

3. As xefaturas dos departamentos didácticos ou as coordinadoras ou os coordinadores de ciclo, á vista da información reflectida no seguimento das programacións didácticas realizada polo profesorado, elaborará a memoria final do departamento ou ciclo.

Artigo 22. Aplicación informática PROENS

1. Os centros docentes sostidos con fondos públicos utilizarán a aplicación informática Proens para a elaboración e, de ser o caso, para a modificación da concreción curricular, así como para a elaboración, o seguimento e a supervisión das programacións didácticas e para a realización das memorias finais de departamento ou de ciclo.

Esta aplicación informática tamén se utilizará para a supervisión por parte da Inspección educativa.

2. O acceso á dita aplicación informática realizarase a través do seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.gal/proens

3. Esta aplicación informática empregaraa:

a) Todo o profesorado do centro docente asignado na aplicación XADE para impartir unha área, unha materia ou un ámbito nun mesmo nivel para elaborar a programación didáctica da dita área, materia ou ámbito.

b) Cada profesora ou profesor do centro docente para realizar o seguimento da programación didáctica nos grupos nos que imparta docencia.

c) Todo o profesorado asignado para impartir unha área, unha materia ou un ámbito nun mesmo nivel para realizar o seguimento final da programación didáctica.

d) A xefatura de departamento e a coordinación de ciclo para elaborar a memoria final.

e) A xefatura de departamento, a coordinación de ciclo, o equipo directivo e a inspección educativa para a supervisión."

     De forma xeral, os departamentos terán en conta as seguintes orientacións para a elaboración das Programacións didácticas:

a) Organización, secuenciación e temporalización dos contidos do currículo e dos criterios de avaliación asociados en cada un dos cursos. Pídese non organizar e secuenciar os contidos por un lado e os criterios de avaliación por outro, senón que os criterios de avaliación, referentes para a avaliación da aprendizaxe do alumnado, deben estar asociados aos contidos que se contemplan para a consecución das aprendizaxes definidas nos citados criterios, e unha vez organizados e secuenciados, establecer a temporalización prevista.

b) Contribución da materia ao logro das competencias clave establecidas para a etapa. As competencias do currículo e nos currículos de cada unha das materias, están relacionadas as competencias cos obxectivos, contidos e criterios de avaliación. De acordo cos métodos pedagóxicos e de traballo que utilicemos en cada materia, concretaremos a contribución da mesma ás competencias curriculares.

c) Procedementos, instrumentos de avaliación e criterios de cualificación da aprendizaxe do alumnado, de acordo cos criterios de avaliación da materia e coas directrices fixadas na concreción curricular. Neste apartado deberán concretarse coa máxima claridade e obxectividade os criterios sobre a avaliación e cualificación das materias, con especial importancia ao cálculo das cualificacións finais. Deberán, polo tanto, figurar con claridade neste punto das programacións:

  • os criterios, procedementos e instrumentos de avaliación e os criterios, procedementos e instrumentos de cualificación para a realización das avaliacións ordinaria, final e extraordinaria, de ser o caso, incluídas a avaliación e cualificación das materias pendentes de cursos anteriores.

  • a ponderación exacta dos distintos aspectos avaliables e dos instrumentos que se utilizarán para a súacualificación obxectiva sempre cunha cualificación máxima de 10 e mínima de 0 ou 1, segundo o caso.

  • a conveniencia de explicitar nas probas escritas a ponderación e cualificación de cada pregunta e, en todo caso, de informar ao alumnado das ponderacións e cualificacións que se terán en conta para as súas avaliacións parciais e finais.

d) Medidas de reforzo e recuperación, así como de atención á diversidade do alumnado, incluídas, no seu caso, as adaptacións curriculares para o alumnado con necesidades educativas especiais ou con altas capacidades intelectuais. De acordo coas directrices e decisións referidas á atención á diversidade adoptadas polo centro incluiranse na programación de cada materia e cada curso, aquelas medidas de carácter ordinario e/ou de carácter singular e que sexan de aplicación tendo en conta o alumnado do correspondente grupo e materia

e) Os programas de reforzo para recuperar as aprendizaxes non adquiridas cando se promocione con avaliación negativa na materia.

f) O desenvolvemento das actividades complementarias e, no seu caso, extraescolares, de acordo co establecido na programación xeral anual do centro.

g) Indicadores de logro e procedemento de avaliación da aplicación e desenvolvemento da programación docente.
     O seguimento do desenvolvemento da programación docente é unha competencia de cada departamento e unha tarefa que teñen que realizar periodicamente. Na Programación debe figurar o proedemento dese seguimento e avaliación da programación docente.

Como indicadores de logro utilizaranse, a modo de exemplo, algúns como os seguintes:

  • Análise dos resultados da avaliación do curso en cada unha das materias, por curso e grupo.

  • Adecuación dos materiais, recursos didácticos, e distribución, no seu caso, de espazos e tempos á secuenciación de contidos e criterios de avaliación asociados.

  • Contribución dos métodos pedagóxicos e medidas de atención á diversidade aplicadas á mellora dos resultados obtidos.

h) As programacións didácticas incluirán en cada área, materia ou ámbito o desenvolvemento dos puntos dos que consta a aplicación PROENS:

  • Introdución

  • Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación dos estándares deaprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais.

  • Concreción, de ser o caso, dos obxectivos para o curso.

  • Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable de:

      • 1º. Temporalización.

      • 2º. Grao mínimo de consecución.

      • 3º. Procedementos e instrumentos de avaliación.

  • Concrecións metodolóxicas.

  • Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar.

  • Criterios sobre a avaliación e a cualificación.

  • Indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente.

  • Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes, de ser o caso.

  • Organización dos procedementos que permitan ao alumnado acreditar os coñecementos necesarios endeterminadas materias, no caso do bacharelato.

  • Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dosseus resultados.

  • Medidas de atención á diversidade.

  • Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda.

  • Actividades complementarias programadas.

  • Mecanismos de revisión, de avaliación e de modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.


      Os departamentos velarán, nas súas reunións ordinarias, polo seguimento e cumprimento da programación didáctica, así como pola avaliación e corrección das súas propostas, prestando especial atención á correcta aplicación dos aspectos referidos á avaliación e ás medidas de atención ao alumnado suspenso en cada avaliación parcial.

     As programacións didácticas serán remitidas á Xefatura de estudos antes do comezo de curso, quen as dirixirá, á súa vez, á inspección educativa para a súa aprobación. Os departamentos, ademais, en cumprimento da normativa que obriga a facer difusión pública dos criterios de avaliación e cualificación das súas materias proporcionarán ao alumnado no primeiro día de clase canta información sexa necesaria para deixar constancia destes criterios e enviarán a través do correo do centro un resumo claro e completo destinado á súa publicación na páxina web do centro.


m) Os criterios para a participación do centro en proxectos, plans e programas (Elaborado)


Criterios para deseñar, seleccionar, organizar e avaliar as actividades complementarias e extraescolares.

     Nos puntos 23 e 24 da Orde do 1 de agosto de 1997 pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996 polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria e se establece a súa organización e funcionamento, se establece a diferenciación entre actividades complementarias e extraescolares do seguinte xeito:

Considéranse actividades complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que utilizan. Así cabe considera-las visitas, traballo de campo, viaxes de estudio, conmemoracións e outras semellantes.

Considéranse actividades extraescolares aquelas que, sendo organizadas polo centro, entidades sen ánimo de lucro, asociacións culturais, etc. se realizan fóra de horario lectivo.

En consoancia coas actividades académicas, o centro educativo ofrecerá actividades extraescolares e complementarias de carácter voluntario que proporcionen aos alumnos experiencias de aprendizaxe no eido social, cultural, deportivo e recreativo que sexan acordes ao seu proceso madurativo e que contribúan ao desenvolvemento das súa educación académica e afectiva, incidindo en valores relacionados coa socialización, a convivencia, o respecto polos demais, a cooperación, o emprendemento e a integración.

O IES Plurilingüe Elviña intégrase nun barrio externo residencial da cidade da Coruña e conta con todos os beneficios que para a realización de actividades ten a diversidade da oferta cultural dun entorno urbán (actividades ofertadas polo Concello, a Deputación provincial, institucións culturais privadas, fundacións culturais, museos, etc.).

En todo caso, mediante as actividades preténdese que o alumnado, entre outros obxectivos, constrúa aprendizaxes dentro de contextos diferenciaados e non extrictamente académicos; adquira valores e actitudes que o impulsen a unha mellor aceptación dos demais e de si mesmo, incidindo na tolerancia, no traballo e equipo e na integración social e cultural; desenvolva autonomía persoal; aprenda a utilizar o seu tempo de ocio dun xeito activo e saudable.


CRITERIOS XERAIS PARA O DESEÑO DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Todas as actividades complementarias e extraescolares do IES Plurilingüe Elviña persiguen un entronque axeitado co desenvolvemento das competencias clave do alumnado segundo os seus distintos procesos e ritmos de aprendizaxe, atendendo a un principio de progresividade ao longo da etapa educativa da educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria.

Asimesmo, tanto na súa selección como no seu desenvolvemento, procurarase que todas as actividades vaian enfocadas a uns obxectivos básicos, que deben ser entendidos como criterios xerais para a súa organización e inserción na actividade lectiva. Entre estes criterios están de xeito destacado os seguintes:

1. promoverán no alumnado un sentimento de pertenza ao centro e ao grupo, serán integradoras e adaptadas ás posibilidades do alumnado

2. fomentarán a autonomía do alumnado e a asunción de responsabilidade na organización do tempo de lecer

3. favorecerán a autoestima e a integración, dando a oportunidade a todo o alumnado de participar na medida das posibilidades de cada quen

4. favorecerán a sensibilidade e a educación emocional, así como a curiosidade e a creatividade

5. favorecerán as aprendizaxes prácticas tanto de índole cultural como social

6. promoverán hábitos de vida saudable

7. integraranse nos contidos das programacións didácticas das diferentes materias ou ámbitos como parte integrante do currículo


CRITERIOS ORGANIZATIVOS

A persoa que ostenta no centro a vicedirección é a responsable de canalizar, centralizar e organizar o calendario de actividades prestando especial atención á súa viabilidade e ao seu carácter didáctico e pedagóxico. Actuará, polo tanto, como canle para as propostas dos departamentos didácticas e, seguindo as indicacións da persoa directora do centro, establecerá o procedemento para a autorización das actividades e para a súa inclusión na programación xeral anual que deberá ser aprobada polo consello escolar. Na programación xeral faranse constar as actividades extraescolares, as actividades complementarias e as actividades de fomento da lingua galega.

Establécense como criterios para a realización das actividades os seguintes:

1. Deben estar programadas a comezo de curso polo departamento didáctico correspondente, co fin de poder ser integradas na PXA do centro e aprobadas polo Consello escolar, órgano competente para darlles luz verde antes da súa aplicación. A tal fin, os xefes de departamento ou os docentes organizadores das actividades farán unha solicitude por escrito ante a vicedirección do centro na que fagan constar toda a información necesaria para a xestión e correcta organización da actividade (docentes participantes, título da actividade, grupos aos que vai dirixida, orzamento necesario, outras necesidades...).

2. De maneira preferente, as actividades irán destinadas a grupos e niveis homoxéneos, agás aquelas que, polo seu carácter integrador (determinadas conmemoracións, por exemplo) teñan un carácter transversal e abarcador.

3. As actividades serán preferentemente gratuítas para o alumnado. As actividades con custo económico para o centro deberán ser autorizadas previamente polas persoas que ostenten a secretaría e a dirección. As necesidades orzamentarias das actividades propostas terán en conta o seguinte:

a. actividades dentro do centro: a contratación de ponentes ou servizos externos para a realización dunha actividade será sufragada polas familias ou contra o orzamento do/s departamento/s que a solicite/n ou como parte do orzamento de calquera dos plans ou programas con dotación presupuestaria nos que o departamento solicitante participe.

b. actividades fóra do centro:

b.1. dentro do municipio: o centro sufragará todos os gastos derivados do desprazamento do alumnado e profesorado. Non se fará cargo de todos os demais gastos implicados na actividade (compra de entradas, materiais, taxas, contratación de persoal externo, etc.). Estes gastos serán sufragados preferentemente polas familias ou contra os presupostos dos departamentos organizadores.

b.2. fóra do municipio: o centro non sufragará ningún gasto de desprazamento nin dos gastos implicados na organización da actividade. Todos os gastos serán sufragados Estes gastos serán sufragados preferentemente polas familias ou contra os presupostos dos departamentos organizadores.

4. As familias ou responsables legais do alumnado participante nas actividades deberán autorizar formalmente (con dupla sinatura no caso en que que legalmente sexa obrigada) cada actividade que implique desprazamento de alumnado fóra do centro ou cargo económico para as familias.

5. Dada a importancia das actividades na formación integral do alumnado, as actividades programadas dentro do horario lectivo dentro do centro educativo teñen, en principio, carácter obrigatorio, salvo excepcionalidades moi específicas e previa solicitude formal ao respecto dos responsables legais.

6. As instalacións do centro estarán á disposición dos departamentos para a organización das actividades complementarias, Non obstante, como norma xeral, no momento de informar da actividade á vicedirección indicaranse todas as necesidades de espazos e materiais que sexan oportunas. Cando se trate de actividades fóra do horario lectivo, o uso do centro e a realización da actividade estará supeditada ás posibilidades dos espazos e ás necesidades de persoal.

7. A ANPA poderá solicitar tamén os espazos do centro para a organización de actividades extraescolares nos mesmos termos que os departamentos.


n) O procedemento para a revisión, avaliación e modificación da concreción curricular (Elaborado)


Criterios para a Revisión e modificación da concreción curricular

     A revisión da Concreción curricular levarase a cabo anualmente a través dun proceso de análise crítica dos seus diferentes puntos enfocado á detección de problemas e á corrección dos mesmos a través das propostas de mellora dos departamentos docentes. Este proceso de análise terá dúas fases:

FASE 1. Final de curso. Traballo de análise de resultados e síntese de conclusións sobre a marcha do curso e sobre a adecuación da Concreción curricular aos obxectivos académicos e ás liñas de actuación establecidas coma eixos básicos de actuación do centro na súa programación xeral anual. As conclusións desta análise quedarán integradas na memoria final de curso e servirán como punto de partida para a actualización da Concreción curricular no curso seguinte.

FASE 2. Inicio de curso. Posta en común das liñas de actuación que formarán parte da concreción curricular para o curso que comeza. Esta posta en común, liderada pola dirección do centro, terá como finalidade a obtención dun texto definitivo e actualizado da Concreción curricular, que se desenvolverá a través de catro procesos:

a. posta en común dos obxectivos e das metodoloxías de actuación dos distintos puntos da concreción curricular desde os departamentos didácticos (conclusións expostas como preproxecto na Comisión de Coordinación Pedagóxica)

b. elaboración dun texto de proxecto de Concreción curricular no que consten as conclusións establecidas na CCP (dirección do centro)

c. elevación do proxecto de Concreción curricular para o ano académico en curso aos órganos colexiados do centro para a súa aprobación definitiva (claustro e consello escolar)

d. validación do texto definitivo da Concreción curricular para o ano académico en curso (aplicación Proens, inspección educativa)

     A revisión e posterior modificación dos puntos da Concreción curricular estarán supeditados aos resultados do proceso de análise de resultados do que se falou no punto anterior. Estes resultados estarán vencellados a cada un dos puntos da Concreción curricular aplicada en relación cos seguintes criterios de avaliación:

1. Adecuación dos obxectivos da concreción curricular á evolución do contexto socioeducativo do alumnado

2. Adecuación dos obxectivos da concreción curricular ao grao de consecución dos obxectivos anuais da Programación Xeral

3. Adecuación dos materiais, instrumentos e recursos didácticos aos perfís competenciais de saída do alumnado

4. Actualización da oferta educativa do centro ás demandas académicas do alumnado

5. Adecuación das metodoloxías dos programas específicos para a recuperación competencial no alumnado que repite curso

6. Adecuación das metodoloxías dos programas específicos para a recuperación competencial no alumnado con materias pendentes de cursos anteriores

7. Adecuación da programación de actividades complementarias ás liñas de actuación do centro

8. Revisión dos criterios para a detección temperá e a atención ao alumnado con necesidades educativas especiais

9. Adecuación dos principios e criterios metodolóxicos ás posibilidades do centro

10. Contribución dos plans e programas nos que o centro participa á formación integral do alumnado

11. Adecuación dos criterios de promoción á adquisición das competencias clave polo alumnado

12. Adecuación dos criterios de titulación á adquisición das competencias clave polo alumnado

13. Actualización do procedemento para a modificación e revisión da concreción


o) Outros apartados (Elaborado)


Outros apartados
1. Outros apartados

Non se establecen outros apartados.


Volver