Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A materia de Antropoloxía debe ofrecer unha introdución tanto á perspectiva holística e interdiciplinar da antropoloxía como unha oportunidade na comprensión crítica da propia cultura desde as ferramentas da disciplina. A materia oferece unha oportunidade para adquirir perspectivas múltiples sobre a condición humana (filosóficas, biolóxicas, lingüisticas, socio culturais...) ao mesmo tempo que ofrecer os instrumentos para un cuestionamento do etnocentrismo, androcentrismo e eurocentrismo desde o relativismo cultural. As ferramentas metodolóxicas propias da disciplina (o traballo de campo, estudo de caso, etc.) serán claves na implicación autónoma e activa do alumnado na súa formación.
A materia, sendo optativa con 4 horas semanais, organizase cunha metodoloxía participativa e principalmente por proxectos para favorecer unha aprendizaxe significativa.
Nos dous primeiros trimestres traballarase na adquisión e comprensión das ferramentas teóricas e metodolóxicas da materia para centrarse nun proxecto de traballo de investigación no terceiro.
Os criterios de avaliacion e os mínimos indicadores de logro están diseñados cos obxectivos indicados. A programación desenvólvese polo tanto nunha avaliación contínua cara o traballo de investigación do terceiro trimestre.
Esta programación desenvólvese no IES Xoán Montes, sito na cidade de Lugo. A súa céntrica localización, proximidade a diversos museos, salas de exposicións e demais focos culturais, ademais da propia historia da cidade, fan que sexa un lugar único e propicio para o desenvolvemento dunha materia como é a de Antropoloxía.
O grupo de 1 de Bacharelato da materia de Antroploxía está constituido por un alumno e cinco alumnas de entre 15 e 16 anos. Ao tratarse dunha materia optativa, o alumnado está dividido nas demais materias, pertencendo tres ao grupo A e tres ao grupo C. Non obstante, o profesorado encargado da materia de Antropoloxía é o mesmo que o encargado da materia de Filosofía (con tres horas como materia obrigatoria en 1º de Bach.) para ambos os dous grupos, polo que se agarda a mesma afinidade por parte de todos os membros do alumnado. En todo caso, fóra e dentro do centro obsérvase certa afinidade xeral entre todo o alumnado do curso, o que facilita enormemente as posibilidades para o traballo colabarativo, a fluidez das clases, a posibilidade de organizar saídas con fins didácticos...
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A materia de antropoloxía ten un carácter práctico, holístico, interdisciplinar e crítico. Práctico dado que coa adquisición das ferramentas propias da disciplina (teóricas e metodolóxicas) se busca contribuir a unha comprensión holista e interdiciplinar na compresión da cultura propia do alumnado. Crítica porque estas ferramentas permiten o cuestionamento con razóns do etnocentrismo/androcentrismo/eurocentrismo desde o relativismo cultura da antropoloxñía. Neste sentido a metoldoloxía oriéntase a elaboración como proxecto final dun traballo de campo sobre algún aspecto da cultura propia do alumnado.
.
Asi mesmo, as orientacións metodolóxicas propostas a continuación apuntan á potenciación e consolidación de competencias traballadas xa en etapas educativas anteriores. De acordo con este criterio, as metodoloxías concretas empregadas nesta materia se oritentan a:
-Potenciar unha autonomía progresiva, por parte do alumnado, na obtención, análise e procesamento da información referida ás cuestións e problemas propostos.
-Promover o diálogo e o debate horizontal entre iguais como un medio para desenvolver estratexias de
conceptualización, información e comunicación intelectual.
-Manter un modelo de aprendizaxe funcional no cal as nocións que se van adquirindo sexan aplicadas á vida real ou virtual.
-Promover a lectura e análise de textos, así como a composición de textos propios e exposicións orais e escritas.
-Normalizar o uso de vocabulario técnico específico e esixir uns niveis de rigor lóxico e de coherencia argumentativa tanto nas producións orais coma nas escritas.
-Manter unha perspectiva histórica que permita rastrexar as orixes das cuestións antropolóxicas sometidas a elaboración, análise ou debate
-Ofrecer instrumentos e estratexias de autoanálise e autoavaliación para detectar os avances e carencias no proceso de aprendizaxe.
-Actuar seguindo pautas de estándares profesionais na esixencia do traballo individual e colectivo: puntualidade, dedicación, actitude, rendementos, seguimento das instruccións de traballo, resultados materiais e formais, etc.
Cada UD comenza cunha breve actividade na que se avaliaran os coñecementos previos do alumnado para organizar significativamente os proxectos e traballos, individuais ou en grupo. Se traballara en grupos pequenos e grandes realizando tamèn tarefas individuales. Cada proba, táboa de indicadores ou proxecto contará cunha rúbrica concreta e específica.
Na avaliación continua da materia utilizaranse polo tanto unha amplia e diversa variedade de situacións e tarefas nas que se avaliarán tamén os procesos de aprendizaxe, xenerando e ofrecendo propostas de mellora e recuperación.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A observación durante as primeiras semanas do curso servirá para determinar o nivel de profundización que se pode proxectar na programación de cara a traballar de xeito significativo co alumnado, e ao mesmo tempo sérvenos para determinar calquera tipo de necesidade de aprendizaxe que necesitemos localizar de cara a desenvolver a materia durante o curso. Farase nas primeiras sesións unha breve introdución aos conceptos básicos da antropoloxía, que serán amplamente empregados durante o curso, cuxa maior ou menor asimilación se comprobará nas conversas e intervencións das clases seguintes.
Alén disto, a conexión entre as materias de Antropoloxía e Filosofía (que comparten o mesmo profesorado e todo o o alumnado da primeira está tamén na segunda) permite que a proba de avaliación inicial para a materia de Filosofía, centrada na capacidade de redacción e de análise crítico da realidade, poida ser aplicable tamén para o alumnado de Antropoloxía (onde se precisan destrezas moi semellantes).
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Realizaráselle ao alumnado unha proposta de traballo completo no que se desenvolvan os criterios mínimos exisibles en cada unidade didáctica.
O departamento de Filosofía propondrá na aula virtual un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos esixibles e as actividades recomendadas. Os instrumentos de avaliación a empregar serán Táboas de Indicadores (TI) sobre as actividades propostas na aula virtual e Probas Escritas (PE).
A aula virtual xogara un papel esencial no seguimento, avaliación e recuperación da materia.De ser preciso, programaranse clases fóra do horario lectivo (presenciais e/ou telemáticas) para facilitar o progreso do alumnado
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Son medidas de atención á diversidade as actuacións, estratexias e/ou programas destinados a proporcionar unha resposta axustada ás necesidades educativas do alumnado (Artigo 7, Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación).
De ser preciso, desenvolveranse as seguintes medidas de atención á diversidade:
Ordinarias. Aquelas que faciliten a adecuación do currículo, sen alteración siginificativa dos obxectivos, contidos nin criterios de avaliación, ao contexto do centro e ás características do alumnado. Teñen como finalidade dar resposta ás diferenzas en competencia curricular, motivación, intereses, relación social, estratexias, estilos e ritmos de aprendizaxe, e están destinadas a facilitar a consecución dos obxectivos e competencias establecidas nas diferentes ensinanzas.
- Adecuación da xestión da aula ás características do alumnado, procurando a participación, o acceso aos recursos, favorecendo a convivencia e aprendizaxe compartida.
- Adecuación da programación didáctica ao alumnado e circunstancias do seu contorno. Logo de identificadas as barreiras (accesibilidade física, sensorial, cognitiva e emocional) deseñaranse actividades partindo dos principios do deseño universal de aprendizaxe para que as aprendizaxes sexan accesibles. Borrador - Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxes por proxectos.
- Adaptación dos tempos, dos instrumentos e dos procedementos de avaliación ás circunstancias do alumnado, tales como, forma de comunicación co alumnado, secuenciación de tarefas, verificación da comprensión das tarefas, dispoñibilidade dos recursos tecnolóxicos, concesión do tempo necesario. Aplicaranse as propostas recollidas nos plans, proxectos, programas, guías e protocolos elaborados pola Consellería.
- Aulas de atención educativa e convivencia. No caso de ser preciso derivar alumnado, o profesorado proporcionará as tarefas que debe realizar, que serán corrixidas e avaliadas.
- Reforzo educativo. Posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades no progreso do alumnado.
- Programas de enriquecemento curricular para o alumnado que presenta altas capacidades intelectuais.
Extraordinarias. Aquelas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que poden requirir cambios esenciais no ámbito organizativo, así como, de ser o caso, nos elementos de acceso ao currículo o una modalidade de escolarización. Aplicaranse logo de esgotadas as de carácter ordinario ou por resultaren insuficientes.
O alumnado con necesidade específica de apoio educativo é aquel que require unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por atraso madurativo, por trastornos do desenvolvemento da linguaxe e da comunicación, por trastornos de atención ou de aprendizaxe, por descoñecemento grave da lengua de aprendizaxe, por se atoparen en situación de vulnerabilidade socioeducativa, polas súas altas capacidades intelectuais, por se teren incorporado tarde ao sistema educativo ou por condición persoais ou de historia escolar.
O alumnado que presenta necesidade educativas especiais é aquel que afronta barreiras que limiten o seu acceso, a súa presenza, a súa participación ou a súa aprendizaxe, derivadas de discapacidade ou de trastornos graves de conduta, da comunicación e da linguaxe, por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, e que require determinados apoios e atención educativas específicas para a consecución dos obxectivos de aprendizaxe adecuados ao seu desenvolvemento.
-Flexibilización da duración do período de escolarización na etapa de bacharelato (dirixido a alumnado con altas capacidades intelectuais ou alumnado con necesidades educativas especiais, sempre e cando sexa autorizado pola dirección do centro e recomendado polo departamento de orientación).
-Atención educativa ao alumnado que, por circunstancias diversas, presenta dificultades para unha asistencia continuada ao centro. O docente coordinado polo profesorado titor e co asesoramento da xefatura do departamento de orientación, elaborará unha proposta de actividades educativas empregando medios telemáticos para a entrega, seguimiento e avaliación e adoptará medidas que promovan a súa inclusión.
O docente colaborará co profesorado titor e coa xefatura do departamento de orientación na planificación e desenvolvemento de actuacións destinadas ao axuste dos procesos de ensino e aprendizaxe.
A avaliación inicial permitirá adaptar as ensinanzas ao alumnado e facilitar a debida progresión na súa aprendizaxe.
No proceso de avaliación promoverase o uso de instrumentos de avaliación variados, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe que permitan a valoración obxectiva do alumnado e garantan que as condicións de realización dos procesos asociados á avaliación se adapten ás necesidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Farase un seguimento desta programación polo menos unha vez por avaliación, para poder adiantarnos aos cambios no proceso de ensino aprendizaxe. Estes seguimentos faranse de xeito individual e poñeranse en común nas reunións de departamento así como nos departmentos de coordinación do bacharelato do instituto. Toda forma ou contido engadido, suprimido, cambiado ou modificado en calquera dos epígrafes desta programación quedará reflectido na acta da reunión de departamento correspondente.
Neste seguimento terase en conta:
1. Se as sesión prevista por UD foron as suficientes e indicar as datas de inicio e final de cada UD.
2. O grao de cumprimento do desenvolvemento das UD.
3. Propostas de mellora.
4. Concreción das propostas de mellora no propio curso académico e para materializar en cursos vindeiros.
Algúns exemplos das posibles ferramentas a empregar para valorar o grao de cumplimento do puntos anteriores son:
- Diario de aula.
- Rúbrica de autoavaliación para cuantificar o grao de consecución de obxectivos, criterios de avaliación e contidos.
- Estatísticas de resultados.
- Cuestionarios e enquisas ao alumnado.