Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Nestes tempos, a tecnoloxía entendida como un conxunto de coñecementos e técnicas que solucionan os problemas do ser humano, ten unha grande relevancia en tódolos eidos da nosa vida. Neste sentido, a materia de Tecnoloxía e Enxeñería pretende reunir os saberes científicos e técnicos para preparar ao alumnado con vocación científico-tecnolóxica cara a esta evolución vertixinosa da sociedade, sempre desde un enfoque competencial, orientando ao alumnado de Bacharelato para a consecución dos obxectivos de etapa e das competencias clave correspondentes. Os obxectivos oriéntanse a que o alumnado, mediante proxectos de deseño e investigación, fabrique, automatice e mellore produtos e sistemas de calidade que dean resposta a problemas concretos da vida cotiá, transferindo saberes doutras disciplinas cun enfoque ético e sostible coa gallo de crear un mundo máis xusto e equilibrado.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
Para levar a cabo esta programación necesítase estar traballando continuamente nun taller con dispoñibilidade de maquinaria de fabricación (impresora 3D e cortadora láser) e material de electrónica, pneumática, mecánica e electricidade. Tamén terá que dispoñer dunha sa de ordenadores con acceso a Internet e equipados co software adecuado.
Para o estudio destas unidades didácticas, o alumnado realizará actividades e tarefas nos que aplicará os conceptos aprendidos e rematará cada avaliación coa realización dun proxecto de investigación e desenvolvemento, que dará solución a un problema concreto da vida cotiá.
Utilizaranse distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que promovan o traballo en equipo.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Realizarase unha pequena proba práctica no ordenador ao comezo do curso, para avaliar os coñecementos básicos relacionados coa materia, para ter constancia do traballo desenvolvido xa polo alumnado en cursos anteriores e para identificar as necesidades de reforzo en coñecementos e competencias non adquiridos polo momento.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
O alumnado que teña a materia de Tecnoloxía e Enxeñería I de 1º de bacharelato pendente de superar, ao non tela superado en anos anteriores, deberá realizar o seguinte:
- Faranse tres probas escritas parciais, unha por avaliación en datas por definir. As datas definitivas serán publicadas coa suficiente antelación. Ademais haberá unha proba final.
- Distribúese a materia do curso en tres partes, unha para cada proba parcial.
- Todas as probas serán cualificadas sobre un baremo de dez puntos.
- Para o cálculo da cualificación da materia pendente, farase a media aritmética das probas escritas parciais realizadas. O alumnado que acade unha nota igual a 5 ou superior a 5 terá a materia superada.
- No caso de que o alumno ou alumna non supere a materia deste xeito poderá realizar unha proba escrita final en data por definir. Esta proba abranguerá os contidos de toda a materia. En tal caso, darase por superada a materia nesta proba cando a cualificación sexa igual ou superior a 5.
- A recuperación será coordinada pola xefatura de departamento. O profesor/a que lle imparte clase no curso onde estea matriculado fará un seguimento do traballo do alumno/a. No caso de que non estea a cursar ningunha materia do departamento, será o xefe ou xefa de departamento quen faga o seguimento.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)

6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Entre outras, contémplanse as seguintes medidas de atención á diversidade:
- Aplicación dos protocolos educativos específicos (TEA, TDAH, etc.) ao alumnado que o requira.
- Adecuación da organización e xestión da aula ás características do alumnado
- Adaptación dos tempos, instrumentos ou procedementos de Avaliación
- Reforzo educativo e apoio con profesorado do departamento
- Programas de enriquecimento curricular (a.a.c.c.)
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
O seguimento da programación realizarase periodicamente nas distintas reunións de departamento, e a través do apartado de "Seguimento" da aplicación Proens.
Para cada UD comprobaranse as datas de inicio e final, a correspondencia entre sesións previstas e realizadas e o grado de cumprimento do programado para a unidade.
No caso de detectar problemas realizaranse as propostas de mellora e correccións necesarias.
Ao remate do curso realizarase unha avaliación da programación mediante unha táboa de cotexo, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación.
Na última semana do curso realizarase entre o alumnado unha avaliación da actividade docente, baseada nos indicadores de logro do apartado 8.1 desta programación