Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A presente programación didáctica, elaborada para a materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional do 4º curso da ESO, ten como referencia o currículo que establece Decreto 156/2022 do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para a elaboración das unidades didácticas que desenvolverá a programación tívose como referencia un currículo que ten como obxectivo o desenvolvemento das competencias transversais mediante a realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión e a responsabilidade. Con esta materia preténdese que o alumnado se coñeza a si mesmo e sexa consciente da contorna sociocultural en que se atopa, de modo que facilite a súa aprendizaxe ao longo da vida e o seu desempeño académico e profesional.
Outro aspecto que foi tido en conta á hora de deseñar a presente programación foi o centro no que se ía implementar: as características do mesmo, as do seu alumnado e a súa contorna.
Esta programación didáctica está pensada para ser levada á práctica nun IES situado en Lugo.
O grupo seleccionado de 4º ESO, está composto por 18 alumnos e alumnas con idades comprendidas ao inicio do curso entre os 15 e os 18 anos, (Recoller información acerca daqueloutros aspectos considerados relevantes para a programación).
Todos estes aspectos serán tidos en conta a nivel metodolóxico.
O sistema educativo contribúe a que o alumnado desenvolva plenamente a súa personalidade, reforce a súa autonomía e o coñecemento de si mesmo e da contorna na que vai vivir e a abrirse camiño. A materia Formación e Orientación Persoal e Profesional propón unha aproximación ao coñecemento do humano a partir de disciplinas que o analizan desde o coñecemento dos procesos biolóxicos, psicolóxicos e intelectuais que regulan a conduta, a cognición e a aprendizaxe, desde o coñecemento do individuo como parte dunha construción social e cultural, e desde a análise dos elementos que definen as organizacións sociais e os grupos humanos. Esta aproximación vai permitir espertar a curiosidade polo coñecemento da propia persoa, do seu proceso de aprendizaxe e da contorna sociocultural en que se atopa, de modo que incremente a súa autonomía e a súa confianza no seu propio logro, e facilite a súa aprendizaxe ao longo da vida e o seu desempeño académico e profesional.
Esta disciplina axuda a conectar ás mozas e ós mozos á realidade individual desde a súa complexidade como ser humano coa futura realidade laboral, fornecendo a persoa de ferramentas para, desde o autoentendemento e comprensión de si mesmo, desenvolverse e realizarse na realidade sociolaboral que emerxe na contorna a carón dunha realidade global.
O itinerario da materia Formación e Orientación Persoal e Profesional vai desde o individual ao concreto soporte social da vida, debuxando un percorrido desde o autocoñecemento, como ser individual e eminentemente social, ata a inserción efectiva no mundo sociolaboral. Deste xeito, a materia representa unha oportunidade única na etapa de secundaria obrigatoria na cal se veñen recoller aspectos gañados a través das diversas materias e da madurez do alumnado para a súa transposición ao mundo social, sinaladamente ao eido laboral e aos seus requirimentos. Daquela supón unha estratexia de inserción efectiva no mundo social e laboral a través do establecemento dos piares do coñecemento dun mesmo, desde unha ferramenta teórico-práctica que afonda nos valores que se precisan individual e colectivamente.
A finalidade educativa da materia está en consonancia co recollido na Recomendación do Consello do 22 de maio de 2018 relativa ás competencias clave para a aprendizaxe permanente, que subliña a necesidade de axudar as persoas a adquirir as competencias necesarias para o desenvolvemento persoal, a promoción da saúde, a empregabilidade e a inclusión social. Esta materia foi deseñada tomando como referentes os descritores operativos do perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico, así como os obxectivos fixados para a etapa de educación secundaria obrigatoria que contribúen a desenvolver no alumnado o «espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación e o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades».
Existe tamén unha vinculación directa entre esta materia e os principios pedagóxicos da educación primaria, nos que se explicita a potenciación da aprendizaxe significativa para o desenvolvemento das competencias que promovan a autonomía e a reflexión. Ademais, existe continuidade entre esta materia e o tratamento, na etapa de educación primaria e nos tres primeiros cursos da educación secundaria obrigatoria, de todas as competencias clave e, en particular, da competencia emprendedora e da competencia persoal, social e de aprender a aprender. A competencia emprendedora e¿ entendida como unha maneira de enfocar a realidade que require pensamento cri¿tico e creativo, destrezas para traballar de maneira colaborativa, perseveranza e iniciativa para buscar solucións a problemas e necesidades da contorna. A competencia persoal, social e de aprender a aprender prevén a reflexión do alumnado sobre si mesmo, a súa colaboración con outros de forma construtiva e inclusiva, e a xestión do tempo, da aprendizaxe e do seu desenvolvemento profesional.
Formación e Orientación Persoal e Profesional forma parte do grupo de materias de opción de cuarto curso da educación secundaria obrigatoria e ofrécelle ao alumnado a posibilidade de profundar no coñecemento de si mesmo, descubrindo as súas calidades persoais como potencial de valor, e aproximarse ao ámbito das ciencias relacionadas co estudo dos comportamentos humanos, sociais e culturais. Facilítaselle, ademais, o achegamento ás distintas opcións formativas e de emprego que lle proporciona a contorna para favorecer, desde o coñecemento da realidade, o proceso de toma de decisións sobre a súa vocación e o seu itinerario académico cunha futura proxección profesional.
Desenvólvese a partir de aprendizaxes significativas, funcionais e de interese para o alumnado e está organizada ao redor da adquisición duns obxectivos que tratan, en primeiro lugar, de espertar no alumnado a curiosidade por entenderse non so como individuos illados, senón como suxeitos sociais e culturais. Esa curiosidade abre a porta ao coñecemento, á reflexión crítica e análise, partindo de formulacións, saberes e estratexias propias de disciplinas como a psicoloxía, a socioloxía ou a antropoloxía. En segundo lugar, os obxectivos propoñen que o alumnado coñeza e aprenda as habilidades persoais e sociais necesarias para participar, crear e desenvolverse nos grupos humanos cos que interactúa dentro do ámbito persoal, social, académico e profesional. Para xerar esa participación, creatividade e enriquecemento persoal, social e profesional é preciso desenvolver ferramentas que faciliten a adaptación positiva á contorna, a toma de decisións informadas e a asunción de responsabilidades. En terceiro lugar, os obxectivos contribúen a que o alumnado transfira as aprendizaxes a un plano práctico e desenvolva o seu propio proxecto persoal, académico e profesional.
Os criterios de avaliacio¿n establecidos van dirixidos a comprobar o grao de adquisicio¿n dos obxectivos, isto e¿, o nivel de desempen¿o cognitivo, instrumental e actitudinal que poida ser aplicado en situacio¿ns ou actividades do a¿mbito persoal, social e acade¿mico cunha futura proxeccio¿n profesional.
Os criterios de avaliación e os contidos que contribúen a adquirir os obxectivos organízanse en tres bloques. O primeiro deles relaciónase co coñecemento do ser humano desde a perspectiva das ciencias humanas e sociais relacionadas coa psicoloxía, a antropoloxía e a socioloxía. O segundo bloque lígase á formación e orientación persoal e profesional cara á vida adulta, para ofrecerlle ao alumnado un soporte con respecto á necesidade de facer un exercicio de autocoñecemento sobre calidades persoais propias e dos demais; a orientación cara á formación académica e profesional para coñecer a oferta formativa da contorna e optimizar a xestión dos itinerarios de aprendizaxe; a orientación profesional vinculada á exploración de contextos de traballo, que permita coñecer o funcionamento do mercado laboral, as formas de emprego e a importancia da iniciativa emprendedora, así como cuestións relacionadas coa incorporación das tecnoloxías e ferramentas dixitais, valorando a súa utilidade na procura de oportunidades. O terceiro e último bloque está asociado co deseño dun proxecto de orientación persoal, académico e profesional e de aproximación á procura activa de emprego. Os plans que o constitúen abórdanse desde un enfoque competencial e práctico, que favorece a súa elaboración de maneira progresiva en función do grao de afondamento das aprendizaxes que se vaian logrando ao longo do curso.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A metodoloxía didáctica nesta materia debe favorecer a capacidade do alumnado por aprender por se mesmo tendo en conta a diversidade e os diferentes ritmos de aprendizaxe e promover a aprendizaxe en equipo facendo fincapé na relación dos aspectos teóricos da materia coas súas aplicacións prácticas na sociedade. Así mesmo, traballaranse os valores transversais fomentando especialmente a comprensión lectora e a integración e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación na aula. A metodoloxía didáctica adaptarase ás características de cada estudante, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo e para traballar en equipo. Ademais fomentarase a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.
* PRINCIPIOS METODOLÓXICOS
No proceso de ensinanza e aprendizaxe han de asegurar distintos tipos de aprendizaxe:
1º: Aprendizaxe significativa: partindo dos coñecementos previos, as alumnas e os alumnos, han de ser capaces de aprender a aprender, adquirindo unha serie de coñecementos, habilidades e actitudes para poder establecer relacións entre a materia e a súa propia realidade.
2º: Aprendizaxe funcional: os novos contidos deberán ser aplicados en diferentes contextos cando os estudantes o precisen.
3º: Aprendizaxe cooperativa: traballar a materia en grupo, no laboratorio, no desenvolvemento de proxectos de investigación ou mediante debates favorecerá o interese pola mesma e axuda ao estudante no seu perfeccionamento persoal e social.
4º: Aprendizaxe mediante o emprego das TICs: coa utilización de Internet, de vídeos divulgativos, do encerado dixital... a aula de informática será utilizada como recurso de apoio.
A metodoloxía didáctica adaptarase ás características de cada estudante, favorecendo a súa capacidade para aprender por si mesmo e para traballar en equipo. Ademais fomentarase a capacidade de autonomía do alumnado e desenvolver a capacidade de aprender a aprender.
* TIPOS DE ACTIVIDADES E PROXECTO PERSOAL
Entre as distintas actividades que conformarán o portfolio do alumnado, atoparanse:
- Elaboración dun DAFO e deseño dun perfil persoal / profesional. Actividade relacionada co taller impartido por profesionais do sector da orientación laboral no cal traballarán con ferramentas para elaborar perfís profesionais, CV...
- Preparación de entrevistas laborais entre os distintos grupos de alumnado. Simulacro e representación da entrevista. Debate grupal e coavaliación.
- Preparación do proxecto persoal e profesional, para o que se farán investigacións e actividades que amplíen os coñecementos e perspectivas do alumnado.
* DESENVOLVEMENTO DAS UNIDADES
O fío condutor que se seguirá á hora de desenvolver as distintas unidades didácticas será o seguinte:
a) Introdución á unidade didáctica.
b) Análise dos coñecementos previos dos alumnado.
c) Desenvolvemento da unidade a través de diferentes tarefas e actividades.
d) Resumo e síntese dos contidos da unidade.
* TIPOS DE AGRUPAMENTOS
As diversas formas de agrupamento que se utilizarán, divídense en tres tipos:
- Gran grupo.
- Equipos de traballo cooperativo.
- Traballo individual.
* CONTRIBUCIÓN A PLANS E PROXECTOS
Preténdese que o alumnado colabore e participe nos plans e proxectos que se desenvolvan no centro, así como outros programas que sexan de interese para o alumnado.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Ao inicio de curso, nas primeiras sesións, realizarase unha proba inicial. O seu obxectivo é facilitar información sobre distintos aspectos do alumnado, tales como posibles dificultades de aprendizaxe ou capacidades por riba da media do grupo. A dita información servirá para programar as adaptacións precisas, así como para a elaboración das actividades de reforzo e de ampliación no caso de ser necesarias.
Os resultados da dita proba daranse a coñecer durante unha reunión establecida polo centro ao inicio do curso e na que se atopará a totalidade da xunta avaliadora. En función dos resultados obtidos, e sempre coa intervención do departamento de orientación levaranse a cabo as medidas de atención pertinentes.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo serán deseñadas de xeito específico de modo que se facilite o desempeño do seu rol no proxecto. Do mesmo modo, prestaráselle unha maior atención na aula e nas acividades fóra da aula, estando pendentes en todo momento do seu desempeño así como da consecución das súas tarefas individuais. Todo isto sen prexuízo de que a medida que avance o curso poida detectarse a necesidade deste tipo de actividades individualizadas noutros alumnos/as establecéndose, de ser o caso, os necesarios reforzos educativos.
Por outra banda, tamén están previstas actividades de ampliación para aquel alumnado que presente un maior ritmo de aprendizaxe. Tratarase de actividades motivadoras que, en todo caso, vaian máis alá dos xa afianzados mínimos da materia e que supoñan un maior desafío na busca de información, así como a interrelación dos diferentes contidos.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
A principal referencia da que se disporá para este procedemento de seguimento e autoavaliación será a temporalización definida ao inicio do curso, debéndose analizar de xeito periódico se o programado se corresponde coas necesidades do alumnado, de modo que o desenvolvemento das unidades didácticas siga o calendario previsto.
O documento elaborado para levar dito seguimento constituirase como un caderno de traballo na aula. Neste caderno do docente, reflectirase o desenvolvemento efectivo das sesións, facendo fincapé no aproveitamento destas e dos recursos dispoñibles.
O propio seguimento da programación será realizado cando menos, unha vez ao mes, deixando constancia nas actas de reunión de departamento.