Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
O centro IES Marco do Camballón está situado na Rúa Camballón 24, Vila de Cruces 36590 na provincia de Pontevedra. Ao ser un centro rural , hai unha mestura de alumnado xa que o centro integra a totalidade de alumnado en idade de cursar ESO ou Bacharelato, sexa cal sexa a súa procedencia ou nivel social. Ademáis da Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato o centro oferta a FP Básica na rama de Servizos administrativos, CM de Atención a persoas en situación de dependencia e o CM de Soldadura e caldeireria.
A nivel lingüístico, a maioría do alumnado é galego falante habitual. Tanto a nivel oral como escrito, presentan bastantes carencias de base na lingua inglesa. Ademais disto, aínda que a actitude xeral cara á lingua é positiva e os grupos son moi activos, detéctanse prexuízos en relación con seu emprego e a súa utilidade sobre todo cando o hábito de traballo e estudo fallan de base .
A materia de Lingua inglesa impártese en tódolos grupos da ESO , Bacharelato e FP Básica.
A presente programación didáctica da materia de Lingua Inglesa en 2º ESO ten como obxectivo principal a adquisición da competencia comunicativa apropiada, de modo que o alumnado sexa quen de comprender, expresarse e interactuar na devandita lingua con eficacia; asemade procura o enriquecemento e a expansión da súa conciencia intercultural e plurilingüe.
O alumnado, ademais, con esta materia poderá desenvolverse mellor nas contornas dixitais, xa que estas ferramentas aproveitaranse plenamente para reforzar a aprendizaxe, o ensino e a avaliación da lingua e cultura inglesa. Por iso, o desenvolvemento do pensamento crítico, a alfabetización mediática e o uso adecuado, seguro, ético e responsable da tecnoloxía supoñen un elemento moi relevante nesta programación.
Por outra banda, aquí, o profesorado atopará un protocolo específico para abordar con eficacia e seguridade as diferentes circunstancias que poden xurdir ao longo dun curso e, ao mesmo tempo, flexible para permitir o uso da súa creatividade e a improvisación necesaria para adaptarse á grande diversidade das aulas.
Finalmente, a metodoloxía seguida responde ao enfoque comunicativo aconsellado dende o Marco Común Europeo de Referencia, polo que non só os obxectivos e contidos, senón tamén as actividades, as tarefas e as unidades a desenvolver representarán situacións reais e efectivas de comunicación.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
Seguindo o Marco Común Europeo de Referencia, a nosa metodoloxía deberá ser activa, participativa, progresiva e continuada; a isto responde a total transversalidade dos bloques da nosa materia, pois todos están incorporados en todas as unidades de maneira integrada.
Dentro das aulas, o traballo colaborativo en grupos reducidos e heteroxéneos,a aprendizaxe por proxectos e outras dinámicas de ensino cooperativo que promoven a inclusión do alumnado de diferentes niveis favorecerán a integración e a socialización, a función comunicativa e a adquisición das competencias clave .
O punto de partida da aprendizaxe dos alumnos son os seus primeiros coñecementos previos; centrándonos naquilo que resulta familiar e próximo ao alumnado pero cunha vertente de fantasía para lograr o equilibrio entre a seguridade/benestar co interese/imaxinación. O alumno pode transferir conceptos e estratexias adquiridas para construír así significados e atribuír sentido ao que aprende (partindo do que coñece e formulando hipóteses para elaborar regras que axudan a interiorizar o novo sistema). Favorécese así o seu crecemento persoal, o seu desenvolvemento e a súa socialización.
A aprendizaxe a nivel de competencias persegue o desenvolvemento do potencial de cada alumno, das súas capacidades, preparar o alumnado para que poida afrontar os retos persoais ó longo da súa vida con éxito. Os alumnos non só terán que adquirir uns coñecementos, senón que deberán ser capaces de acceder a eles e aplicalos nos diferentes contextos da súa vida e contextualizalos. A aprendizaxe por competencias ten o propósito de cubrir tódolos aspectos da vida, facendo que os alumnos non só sexan capaces de aprender, senón, entre outros, de aprender a aprender, aprender a convivir, aprender a facer. Cada unha das unidades proporciona diferentes actividades que contribúen ó desenvolvemento das competencias clave.O noso labor docente terá un enfoque orientado á acción a través de deseños fundamentados na análise de necesidades e construídos arredor de tarefas da vida real. A este respecto, a lingua inglesa debe ter unha presenza activa non só dentro da aula senón tamén no centro educativo en xeral; o profesorado debe fomentar que as situacións cotiás de comunicación oral co alumnado se desenvolvan en inglés.
As situacións comunicativas que inclúen o humor e o xogo captan a motivación do alumnado e facilitan a aprendizaxe; por iso é importante ter en conta a importancia das cancións e historias, as características dos personaxes, as ilustracións e mesmo os efectos sonoros das gravacións.
Os nenos aprenden de distintas formas e a ritmos diferentes; por iso que tódolos integrantes do grupo deben poder participar e atopar actividades nas que poden aplicar coñecementos e aptitudes, facilitando o desenvolvemento da propia conciencia de logros, e do progreso que logran día a día. Teremos sempre un apoio para aqueles nenos e nenas que o requiran, tendo sempre en conta aqueles casos nos que o progreso non responda ós obxectivos que se programaron, así como os casos nos que algúns destaquen na consecución de obxectivos e que, ante a falta de actividade programada, perdan a motivación e o interese pola lingua estranxeira. Para emendar estas posibles situacións inclúense actividades tanto de ampliación, para os máis avanzados, como de reforzo, para os que poidan estancarse nalgún momento. Chegados a este punto é importante a implicación das familias no dito proceso xa que deben asentar os coñecementos da clase na casa donde os país teñen un papel fundamental na motivación dos nenos Prestarase, asemade, especial atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) proporcionándolles materiais de reforzo e DUA.Aplicanse os protocolos de TDH aprobados pola Xunta.
A aprendizaxe dos nenos é maior e de máis calidade se basea na actividade; eles demandan exercer a súa capacidade de actuar. Cada unha das unidades proporciona unha ampla gama de actividades e recursos didácticos de diferente participación. O alumno/a é o centro do proceso de ensino-aprendizaxe pero a súa actividade construtivista depende da intervención do profesor/a. Esta intervención debe ser activa e reflexiva e axustada ó nivel que mostra o alumno/a, debendo:iniciar o input da lingua,axudar ó individuo na interacción cos demais,avaliar o que fan os nenos/as, proporcionar retroacción, contextualizar as actividades e dar significados comprensibles para o alumno/a, promover estratexias de comunicación, potenciar as estratexias de aprendizaxe xa adquiridas e admitir o erro.
Considerar o progreso pero tamén o erro como algo natural no proceso de aprendizaxe. O erro acontece como unha evidencia do dinamismo subxacente da comprensión e do dominio progresivo do novo sistema comunicativo. Entendemos que os erros prodúcense cando o neno/a anticipa como vai funcionar a lingua ou cando transfire regras da súa lingua materna nun proceso natural de adquisición. Pero é importante facer unha distinción entre erro e equivocación. Considérase erro o fallo sistemático debido a un mal ou escaso coñecemento da lingua. Estes erros corrixiranse ó finalizar as interaccións orais, de forma grupal e cunha linguaxe accesible e sempre tendo en conta que non desaparecen repentinamente, senón que requiren o seu tempo. A equivocación é un fallo ocasional debido a unha falta de atención nun momento determinado, que o mesmo lle pode acontecer a un falante nativo. Non paga a pena corrixir as equivocacións porque non son relevantes do proceso de ensino-aprendizaxe.
A avaliación do proceso individual e grupal dos alumnos na aprendizaxe é un factor importante para asegurar a calidade da aprendizaxe; polo que o profesor dispón de follas de avaliación fotocopiables para cada unidade, que lle permiten anotar as observacións referentes ó progreso de cada alumno. A cantidade de papel para cada alumno en cada lección é tan grande que utilizamos un resume das rúbricas tipo que serven de rexistro de observación.
A aprendizaxe globalizada xera o desenvolvemento da realidade como un todo nos alumnos. Temos en conta esta situación ó ofrecer actividades interrelacionadas coas outras áreas curriculares, empezando polo coñecemento do neno mesmo e a continuación coa exploración do mundo que os rodea; a súa casa, o seu colexio, o seu medio e a súa sociedade en xeral. Este desenvolvemento reflíctese nos temas de cada unidade, que se relacionan coas demais áreas do Currículo: Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Educación Artística, Matemáticas, Educación Física, etc.
Unha aprendizaxe permanente. Non hai saberes que se adquiran exclusivamente nunha determinada materia e só serven para ela (sobre todo nesta e para esta). Con todo o que o alumno aprende nas diferentes materias (e non só na institución escolar) constrúe unha bagaxe cultural e de información que debe servirlle para o conxunto da súa vida, que debe ser capaz de utilizar en momentos precisos e en situacións distintas (a linguaxe é, a estes efectos, paradigmática). Por iso, as competencias clave poden alcanzarse se non en todas, si na maioría das materias curriculares, e tamén por iso en todas estas materias poderá utilizar e aplicar as devanditas competencias, independentemente de en cais as puidese adquirir (transversalidade). Ser competente debe ser garantía de ter alcanzado determinadas aprendizaxes, pero tamén permitirá alcanzar outras, tanto na propia institución escolar como fóra dela, garantía da súa aprendizaxe permanente (ou, neste caso, capaz de comunicarse en situacións moi diversas, algunhas das cais o propio alumno nin sequera pode considerar aínda que terá que facelo).
Finalmente o uso das tecnoloxías como recurso motivador e favorecedor de espazos comunicativos tales como programas internacionais e/ou plataformas de intercambio e cooperación; o fomento da comprensión oral mediante a utilización de recursos audiovisuais variados, adecuados, motivadores e, na medida do posible, auténticos e o uso da lectura en inglés a través de diversos soportes coa necesaria gradación atendendo á diversidade das aulas, fornecerán a autoconfianza no alumnado e o avance no coñecemento e na adquisición da lingua.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
O proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumnado diríxese cara ao logro dunha serie de obxectivos, o que implica partir dun “estado inicial”que deberemos coñecer. O coñecemento do nivel, as características, as necesidades e o contorno do alumnado permitiranos tomar decisión relativas a:
- Planificar e programar as actividades docentes.
- Adoptar as medidas de atención á diversidade necesarias.
- Analizar que metodoloxía cómpre empregar.
Que aspectos interesa avaliar? Cremos que é máis importante avaliar neste primeiro momento os posibles recursos e capacidades do alumnado ca as deficiencias que presenten, aínda que sen esquecer estas. Parécenos máis produtivo coñecer as súas expectativas e intereses,a potencialidade que teñen, ca constatar se posúen un nivel alto ou baixo. Por iso, cómpre explorar e coñecer o ambiente social e familiar no que se move e as súas actitudes fronte á materia, aos hábitos de traballo e aos temas transversais que poidamos tratar co fin de ter así datos que serán valiosos para fomentar a motivación por aprender.Tamén interesa coñecer as súas capacidades en relación aos procedementos (lectura, escritura, expresión oral…) e os conceptos básicos da materia para saber se hai que reforzar algo.
En primeiro lugar, debe terse en conta que a avaliación inicial é un proceso encomendado ao equipo docente de xeito colectivo, o que permitirá un intercambio de información e opinión que facilitarán un ensino baseado nas necesidades ecaracterísticas dos alumnos e tanto as reuniones do equipo ordinarias como a reunión da avaliación inicial axudarán a comprender as necesidades do alumnado .
A nivel individual, na avaliación inicial nos cursos que comezan 2º ESO, é difícil facer un seguimento profundo en tan pouco tempo (xeralmente un mes) partiremos logo duns piares básicos:
- A observación do grupo e da a actitude de cada alumno cara á asignatura a través de intercambios orais, realización de exercicios ou actividades naaula.
- Breves entrevistas con algúns alumnos e co seus país, se fose necesario, nas horas programadas .
- Unha proba escrita opcional, a criterio do profesor que recolla as aptitudes ou carencias iniciais, se é o caso, na materia (comprensión, expresión escrita, contidos gramaticais …) dependendo de si o profesor coñece o grupo con anterioridade.
Pretendemos que esta avaliación, cando menos, sirva para:
• Ofrecer datos relativos ao entorno socio-familiar do alumno ou alumna, informando sobre as expectativas que se ten do proceso de aprendizaxe, as posibilidades de axuda e colaboración da familia, aspectos que inciden no seudesenvolvemento.
• Aportar información sobre o contexto escolar no que se move o grupo: profesorado, posibilidades de interacción con outros alumnos, con outrosgrupos...
• Definir os coñecementos previos do alumnado, as súas competencias con respecto ao currículo que se pretende desenvolver e as súas necesidades.
• Definir a ntervención educativa que se vai levar a cabo cun alumno o alumna, priorizando os aspectos deficitarios que sexan precisos para o desenvolvemento de habilidades funcionais propias da súa idade.
• Concretar as estratexias de aprendizaxe que o alumno ou alumna utiliza para a incorporación de coñecementos e habilidades novas, permitiendo unha ensinanza máis eficaz.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
A persoa docente do curso actual titorizará e fará o seguimento do protocolo de recuperación xunto co responsable do plan de pendentes.
A programación didáctica para alumnos de ESO coa asignatura de inglés pendente do curso anterior, está baseada na programación xeral de inglés.
O alumno deberá realizar unas tarefas de repaso semanalmente ao longo de todo o curso. Estas fichas serán entregadas ao propio alumno persoalmente , a través do classroom ou mediante o seu titor de pendentes . O alumno ten a obriga de entregar os exercicios a través do seu titor de pendentes ou classroom nun plazo determinado previamente . O profesor correxirá os exercicios e darallos ó alumno no plazo mais breve posible. O alumno ten que ter tódolos exercicios correxidos antes da fecha do examen .
Na convocatoria ordinaria istas tarefas serán un 50% da cualificación global, que deben ser orixinais e persoais ( no caso do copiar a tarefa, a puntuación das persoas implicadas será 0 nesa tarefa); se as entregas se retrasan de xeito reiterado ou non se avisa da xustificación do retraso en tempo e forma a nota da entrega é 0 . Senon entregan o número minimo de tarefas de pendentes establecido van directamente ao examen e a nota resultante é o 100% d calificación.
O exame terá un valor do 50% da cualificación global. Para que se poida facer media entre a nota do exame e a das tarefas, será necesario que o alumno obteña, como mínimo, un 3.25 no exame.
Exame: CONVOCATORIA ORDINARIA fixada por dirección .
Na CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA o exame terá un valor do 100% se o departamento estimase oportuno que se fixese.
O alumnado que non acade unha cualificación positiva na terceira avaliación no seu curso nese momento ou non supere a pendente na convocatoria ordinaria , terá a oportunidade de superar a materia pendente realizando unha proba final de comprensión e produción escrita, se o departamento estimase oportuno que se fixese .
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
As medidas ordinarias de atención á diversidade responden ás instrucións da orde do 8 de setembro de 2021 que regula a atención á diversidade do alumnado.
En coordinación co profesorado titor e o departamento de Orientación, deseñarase unha avaliación inicial que facilite a detección das necesidades do alumnado. As medidas de atención á diversidade serán as seguintes:
1. Adaptación dos graos de consecución dos criterios de avaliación.
2. Gradación da dificultade das actividades de aprendizaxe.
3. Actividades diversas e variadas adaptadas aos distintos ritmos de aprendizaxe.
4. Materiais e recursos diversificados e inclusivos (DUA) que se adapten ás necesidades individualizadas do alumnado.
5. Actividades de reforzo e consolidación.
6. Aprendizaxe por Proxectos.
7. Traballo colaborativo.
8. Procedementos e Instrumentos de avaliación variados e individualizados.
9. Flexibilidade nos tempos de realización de tarefas e probas.
10. Retroalimentación ao alumnado sobre o seu proceso de aprendizaxe.
PROTOCOLO DE SEGUIMENTO DO ALUMNADO QUE PERMANECE UN ANO MÁIS NO MESMO CURSO:
Plan específico personalizado para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que permaneza un ano máis no mesmo curso
En cumprimento do artigo 52 da Orde do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado, o equipo docente coordinado polo profesorado titor elaborará un plan específico personalizado que ten como finalidade adaptar as condicións curriculares ás necesidades da alumna ou do alumno, para tratar de superar as dificultades detectadas.
O plan específico personalizado debe incluír, cando menos:
a) Identificación da alumna ou do alumno.
b) Relación das necesidades educativas que motivaron a repetición do curso.
c) Medidas ordinarias aplicadas no curso anterior.
d) Estratexias metodolóxicas que se utilizarán no seu desenvolvemento.
e) Recursos necesarios para o desenvolvemento do plan.
f) De ser o caso, oferta de medidas extraordinarias.
g) Información á familia.
En cada sesión de avaliación farase o seguimento do plan específico personalizado e, de ser necesario, realizaránselle os axustes que procedan. Ao final do curso, na mesma sesión de avaliación, informarase sobre o seu desenvolvemento e o seu aproveitamento.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
A avaliación da programación do departamento é necesaria para a mellora do proceso de ensino-aprendizaxe. Esta avaliación debe ser continua e levarase a cabo ao longo de todo o curso nas reunións de departamento, o que permitirá facer os axustes necesarios para conseguir a mellora dos resultados obtidos.
Nas reunións semanais os membros do departamento analizarán e valorarán o proceso de ensino-aprendizaxe: o ritmo ao que se desenvolve a programación, as posibles causas que dificultan o seu normal desenvolvemento, a consecución ou non dos obxectivos marcados, etc. Ademais, trimestralmente, antes e despois das sesións de avaliación, nas reunións de departamento farase un seguimento detallado da marcha do curso que incluirá todos os aspectos, dende o seguimento da programación e a consecución dos seus obxectivos, ata a disciplina do alumnado, a adecuación dos ítems programados, a adecuada secuenciación dos contidos e os obxectos de aprendizaxe, etc.; é dicir, todos aqueles factores que axuden a que a avaliación da programación sexa satisfactoria. Na reunión do departamento posterior ás sesión de avaliacións analizaranse os resultados obtidos polo alumnado, indagando nas causas que puideron existir cando estes resultados non sexan satisfactorios e reflexionando sobre como melloralos.
O seguimento da programación farase a través da aplicación PROENS ao remate de cada unidade didáctica, referenciando cada elemento relevante nas mesmas (temporalización, secuenciación, grao de cumprimento e propostas de mellora).
Nas reunións de final de curso previas á memoria final do departamento analizarase a idoneidade ou non da metodoloxía utilizada, da secuenciación prevista, dos materiais didácticos utilizados, da adecuación dos criterios de avaliación, da contribución á adquisición das competencias clave, etc.