Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Esta programación está prevista para alumnado de 3ºESO matriculado na materia de francés segunda lingua estranxeira, con intereses variados polo seu vínculo social con países francófonos, ou contactos familiares procedentes da emigración da zona onde se atopa o centro.
As linguas constitúen un instrumento de comunicación e de interacción social, de transmisión de coñecementos, de participación cidadá na vida social, de investigación, de creación e descuberta. Facilita a comunicación no ámbito educativo ou social e posteriormente no sector profesional e, favorece a difusión do patrimonio cultural e literario.
A materia neste curso terá como obxectivo primordial o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, dende o punto de vista lingüístico e sociolingüístico, o que implicará abordar situacións da vida privada, social e profesional.
A programación anual de curso é un instrumento de planificación curricular, os referentes que se teñen en conta para determinación dos compoñentes principais que conforman esta programación son: as pautas que establece o marco europeo e a lexislación sobre os currículos para o ensino das linguas estranxeiras.
No proceso de ensino aprendizaxe da materia de francés segunda lingua estranxeira, potenciarase o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística de xeito primordial e, o resto das competencias clave de forma paralela. A competencia en comunicación lingüística constitúe un instrumento fundamental na adquisición de destrezas necesarias para que o alumnado poida desenvolver mecanismos de interacción oral ou escrita en formatos e soportes diversos, así como instrumento de integración e de socialización.
Para o desenvolvemento da programación, terase en conta o estipulado no Decreto 156/2022 do 15 de setembro polo que se establecen a ordenación e o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Será necesario adoptar un criterio flexible para a planificación curricular do curso académido 2023/2024, tendo en conta as circunstancias específicas do departamento, que require unha coordinación necesaria dos membros que o compoñen: profesora titular e profesor-a substituto.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A metodoloxía constitúe o conxunto de criterios, principios e estratexias que permiten orientala acción educativa.
4.1.1.ENSINANZA PRESENCIAL
4.1.1.a).-Alumnado que está matriculado na materia de Francés Segunda Lingua Estranxeira: asiste ás clases presenciais, conforme ó horario oficial do curso académico 2023/2024.
41.1.b).-Alumnado que está matriculado na materia de Francés Segunda Lingua Estranxeira: consulta o material e realiza as tarefas do curso de francés da aula virtual do centro, ou na aula de informática ou no ordenador Edixgal.
4.1.2.CRITERIOS METODOLÓXICOS:
-Os contidos abordaranse de forma estruturada e lóxica (a través do léxico, da fonética, dos contidos sintáctico discursivos...), tendo en conta a diversidade de capacidades, motivacións, intereses e peculiaridades que presente o grupo de
alumnos.
-Potenciarase un enfoque baseado en competencias, o que supón traballar os seguintes bloques: comprensión oral e expresión oral, comprensión escrita e expresión escrita e, os coñecementos socioculturais e sociolingüísticos, o que permitirá
desenvolvela competencia en comunicación lingüística.
4.1.3.PRINCIPIOS METODOLÓXICOS:
-Partirase do nivel competencial do alumnado.
- Atenderase á diversidade.
-Potenciarase unha metodoloxía activa e participativa: traballo individual, cooperativo e por proxectos.
-Promoveranse contextos de uso de linguas variados, textos e intercambios comunicativos adaptados a situacións reais (rexistros formais e non formais).
- Favorecerase o intercambio colectivo de ideas. O profesor adoptará o rol de orientador e facilitador do desenvolvemento competencial do alumnado.
-Potenciarase o desenvolvemento das competencias, e fomentarase a correcta expresión oral e escrita, a comprensión lectora, a comunicación audiovisual.
- Potenciarase o uso das tecnoloxías da información e a comunicación.
- Fomentarase o interese do alumnado a través do plan lector específico da materia, publicada na web do centro e no blog da profesora. Estableceranse medidas de flexibilización oportunas.
4.1.4.TAREFAS:
Proporanse:
Tarefas que favorezan a auto-aprendizaxe, o pensamento crítico, a investigación mediante proxectos de traballo.
Traballaranse tarefas do libro de texto e do caderno de exercicios do alumno: audición de diálogos, comprensión de lecturas, realización de producións orais e escritas, de forma individual ou colectiva.
Tarefas de descubrimento da cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira, que impliquen o desenvolvemento dun proxecto individual ou colectivo, que fomente o sentido crítico e creativo do alumnado.
Tarefas de menor dificultade, que permita a atención à diversidade.
4.1.5.ESTRATEXIAS METODOLÓXIAS:
-Uso de estratexias de comprensión: comparación coa lingua materna, dedución do significado polo contexto.
-Asimilación de contidos a través da análise do contexto, da observación da iconografía ou ilustracións, e da reutilización
dos contidos.
- Identificación da información principal e de ideas claves.
-Repetición de estruturas lingüísticas na reprodución simulada ou real de situacións de comunicación oral ou escrita.
-Indagación e investigación sobre documentos ou textos.
-Elaboración de sínteses, análise de documentos.
-Preparación, realización e exposición de proxectos.
-Memorización comprensiva.
4.1.6.ENSINANZA NON PRESENCIAL :
-O alumnado que non poida asistir ás clases de forma presencial, poderá seguir a ensinanza a través do curso de francés, na aula virtual do centro. Terá acceso a documentos de explicación e traballo, tarefas online, e proxectos de
avaliación. Deberá respetar o prazo de entrega para a súa corrección.
-O prazo de entrega das tarefas e proxectos da 1ª avaliación, terán que ser entregados entre a 2ª e 3ª semana de novembro. Enténdese que as tarefas avaliables non presenciais serán as de produción oral e escrita.
-O Proxecto Curricular do centro establece as medidas para o alumnado que teñe que permanecer hospitalizado nun centro ou no seu domicilio.
-Proporanse tarefas a través do curso de francés da aula virtual do centro: do libro de texto e do caderno de exercicios, que estará dispoñible online, na medida do posible.
-Darase prioridade ó uso de recursos das TIC: tarefas online auto-correctivas, documentos audiovisuais e, realización de proxectos que serán obxecto de avaliación.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A avaliación inicial consistirá na realización dunha producción escrita sobre un tema previamente traballado para determinar o nivel competencial do alumnado.
Non computará negativamente.
A data oficial de realización da avaliación será a indicada no claustro a principios de curso.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Non consta ningún alumno coa materia de francés segunda lingua estranxeira pendente do curso académico 2022-2023
Para avaliar ao alumnado coa materia pendente procedente doutro centro escolar do curso académico terase en conta o estipulado no plan de pendentes do centro:
-Realización e entrega de actividades de reforzo semanais propostas polo departamento.
-Realización de proxecto de cada unidade didáctica, no caso de non poder realizar proba presencial.
-A realización e entrega de 12 actividades farase conforme ó plan de pendentes do centro
-Realización da proba oficial convocatoria de maio de 2024 (alumnado que non entregue os proxectos nin as actividades do plan de pendentes): unha proba de comprensión oral e escrita, unha proba de coñecementos da lingua, unha proba oral (lectura gravada previamente) e, unha proba de produción escrita.
Cualificación das probas:
-O alumno será cualificado de 0 a 10 en cada unha das probas.
-No caso de que non se poidan avaliar tódalas destrezas aplicarase a porcentaxe da proba non realizada á nota global do alumno ou indicarase na propia proba de coñecementos .
-Nota mínima en cada proba: 5. Redondearase a nota partir de dous decimais.
-Motivos de anulación de proba: no caso de que o alumno copie durante a proba ou utilice tecnoloxías non autorizadas para a súa realización, esta proba será anulada, tendo en conta que non se pode utilizar como instrumento real e fiable do nivel de competencia acadado.
-As probas terán que ser entregadas co nome e apelidos do alumno e realizadas a bolígrafo, en formato papel no tempo especificado en cada entrega semanal.
Cálculo da nota: no caso de ser unha proba tipo test con preguntas de elección valorarase positivamente o número total de acertos, restaranse os erros.
Por exemplo nº de preguntas do test: 50. Cómputo da proba 50/50 =10 (suma de acertos x 100 / 50 = nota final da proba).
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
MEDIDAS XERAIS PARA O ALUMNDO CON DIFICULTADES OU NECESIDADES ESPECÍFICAS:
-Exención en Segunda Lingua Estranxeira.
-Medidas de apoio personalizado.
-Flexibilización e emprego de alternativas metodolóxicas no ensino e na avaliación da lingua estranxeira., que se describen no punto seguinte deste apartado.
MEDIDAS CONCRETAS PARA A PLANIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE AULA:
1º.- Adecuación para algún alumno/a ou grupo da estrutura organizativa docentro e/ou da aula.
a).-Tempos diferenciados, horarios específicos: ampliarase o tempo para a realización dunha tarefa ao alumnado que presente dificultades de aprendizaxe. Terase en conta o ritmo de aprendizaxe do alumno/a.
b).-Espazos diferenciados: impartirase clase na aula habitual e na aula de informática ou de idiomas para usalos diferentes recursos previstos, evitala monotonía e incrementalo interese do alumnado.
Aproveitarase o cambio de aula para adecuala intervención pedagóxica e atendela diversidade de niveis competencias, propoñendo aos alumnos actividades específicas (repaso de contidos lingüísticos, actividades de discriminación de sons para mellorala competencia en comunicación lingüística...).
2º.-Materiais e recursos didácticos diferenciados:
-Recomendarmétodos de maior ou menor nivel (Débutant-A1-A2-B1-B2C1), a principios de curso ou no caso de incorporación tardía do alumno conforme ó seu nivel competencial.
-Incorporar material iconográfico e audiovisual específico para o alumnado conforme as súas necesidades.
-Proposta de lecturas adaptadas de maior ou menor nivel (Débutant-A1-A2B1-B2-C1).
-Proposta de material: actividades de reforzo ou complementarias.
3º.-Desdobramentos de grupos.
4º-Reforzo educativo e/ou apoio de profesorado na aula: preverase no caso de incorporación de alumnado con dificultades sensoriais. Atenderase as pautas qu estableza o departamento de orientación.
Adaptacións metodolóxicas para algún alumno/grupo, como por exemplo: traballo colaborativo en grupos heteroxéneos; aprendizaxe por proxectos; flexibilización de contidos para o alumnado con dificultades ou de incorporación tardía; impartición de contidos propios ou ampliación de contidos para alumnado con altas capacidades; prever para un mesmo contido actividades de menor a maior dificultade; potenciar o uso da linguaxe plástica e iconográfica; dinamizar o pensamento cognitivo fomentando o desenvolvemento da sensibilidade artística e musical, fomentala socialización e a inclusión do alumnado xogos e actividades interactivas. Proporcionar descansos ou aplicar outras medidas indicadas polo orientador do centro, no caso de alumnado diagnosticado (*TDAH). Empregar as novas tecnoloxías como medio de aprendizaxe que permita incrementalo interese e a motivación do alumnado.
4º.-Adaptación dos tempos e/ou instrumentos de avaliación para alumnadocon necesidades:
-Realización dunha avaliación personalizada: no caso de grupos heteroxéneos ou con intereses diferenciados as probas poderán ser xerais onde se inclúan actividades máis complexas (completar con unha estrutura lingüística, desenvolver un tema de actualidade, escribir un diálogo, expresar unha opinión; ou/e probas específicas onde se combinen dentro da proba actividades máis sinxelas, de elección de opcións múltiple, completar frases, confirmar unha afirmación ou negala (probas de comprensión oral ou escrita indicando si as frases son verdadeiras ou falsas), asocialo léxico à imaxe correspondente, completar un esquema, un mapa ou identificar unha información a partir na lectura dun texto ou documento.
-Realización dunha avaliación por proxectos para o alumnado en xeral no caso de que non se poidan facer tódalas probas previstas das diferentes destrezas por motivos de tempo; ou polas dificultades que presente ó alumnado.
-No caso da materia de francés segunda lingua estranxeira atenderase ó establecido no propio marco común europeo con respecto ó nivel de adquisición de contidos, destrezas e competencias, dentro da medida do posible: realizar probas por niveles (A1-A2-B1-B2-C1), centradas en aprendizaxes significativas (completar un formulario para inscribirse nun concurso, completar un horario da saída dun vo nun aeroporto...)
5º-Programas de reforzo para alumnado que tivo promoción sen superar as materias.
6º.-Programa específico para alumnado repetidor da materia. Aplicación personalizada dese programa específico para repetidores da materia: lecturas adaptadas de maior ou menor nivel .
Alumnado que recibe apoio por parte do profesorado especialista en PT / AL:
7º.-Alumnado con graves dificultades na área de linguas asiste a reforzo fora da aula de PT en horas de francés segunda lingua estranxeira.
-Atenderase ó disposto no artigo 19 Real Decreto 1.105 do 26 de decembro: medidas de reforzo para a recuperación do desfase curricular de alumnos con graves carencias na área de linguas.
-Seguiranse as pautas que estableza o departamento de orientación a principios
de curso para o alumnado con dificultades e adoptaranse as medidas que se
acorden nas sesións de avaliación inicial.
8º.-De ser o caso , grupos de adquisición das linguas (para alumnado estranxeiro): proporcionarase apoio ou material en colaboración con outros departamentos, dentro da posibilidades do profesorado (hora de atención a alumnado)
Outras medidas organizativas: proposta de actividades de aprendizaxe e de avaliación a través: da aula virtual de francés, do profesor titor asignado ao alumno/a, do profesor particular asignado ao alumno/a, excepcionalmente por
correo ordinario e/ou a través de correo electrónico, por motivo de:
-escolarización domiciliaria
-escolarización combinada
-hospitalización
Atenderase ó acordado co departamento de orientación e coa familia ou titor legal do alumno/a.
ACCIÓNS PREVISTAS PARA ALUMNADO CON DIFICULTADES, ALTAS CAPACIDADES OU DE INTEGRACIÓN TARDÍA:
-Recomendarmétodos de maior ou menor nivel (Débutant-A1-A2), a principios de curso ou no caso de incorporación tardía do alumno conforme ó seu nivel competencial.
-Incorporar material iconográfico e audiovisual específico para o alumnado conforme as súas necesidades.
-Proposta de lecturas adaptadas de maior ou menor nivel (Débutant-A1-A2). -Proposta de material que implique ampliación de actividades, ou material centrado no desenvolvemento de contidos do seu interese.
-Realización dunha avaliación personalizada a través de probas específicas de competencias (comprensión oral e escrita, expresión oral e escrita) de maior ou menor nivel (Débutant-A1-A2). -Proposta de avaliación por proxectos.
LEXISLACIÓN:
-Para a atención á diversidade do alumnado de educación secundaria obrigatoria observarase o disposto no Decreto 229/2011 do 7 de decembro.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
A programación do departamento ten carácter flexible, revisarase ó longo do curso o proceso de ensino aprendizaxe:
-Analizarase: o cumprimento dos contidos e os factores do grao de desenvolvemento da programación.
-Analizarase o ritmo de aprendizaxe do alumnado.
-Analizaranse as causas dos resultados académicos acadados polo alumnado.
-Proporanse pautas co fin de mellorar os resultados.
-Proporanse medidas para melloralo cumprimento da programación.