Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
Situación:
O IES Marco do Camballón está situado no concello de Vila de Cruces (Pontevedra), na saída da vila en dirección a Lalín.
Persoal e alumnado do centro:
Conta con entre 240-250 alumnas e alumnos matriculados, 40 profesoras e profesores, unha administrativa, 3 limpadoras e 2 bedeis e 1 auxiliar de conversa.
Centros adscritos:
O centro conta con dous centros adscritos, todos do concello de Vila de Cruces, pero ubicados en diferentes núcleos de poboación: CEIP Nosa Señora da Piedade (Vila de Cruces) e CEIP de Cerdeiriñas (Piloño).
Ensinanzas que oferta o centro:
O centro oferta na actualidade dúas modalidades de bacharelato (Ciencias e mais Humanidades e Ciencias sociais), formación profesional básica de Servizos Administrativos, ciclo formativo de grao medio na especialidade de Soldadura e Caldeirería (2000 horas) e ciclo formativo de grao medio na especialidade Atención a persoas en situación de dependencia (2000 horas).
As materias que se imparten en cada curso en galego ou castelán están concretadas no Proxecto Lingüístico de Centro. Ademais, o centro fomenta a competencia plurilingüe do alumnado coa oferta dunha sección bilingüe de inglés en 1º de ESO, 2º de ESO e 3º de ESO, na meteira de Educación física.
Características singulares:
A Escola Municipal de Música conta cunha matrícula elevada debido, sobre todo, á gran tradición musical da zona, que conta con dúas bandas de música: Unión Musical de Ponteledesma e Banda Artística de Merza, sendo esta última unha das bandas populares máis antigas de Galicia.
A vila conta ademáis co Club de Loita Keltoi Cruces, que goza de deportistas gañadores de premios nacionais e internacionais, e mesmo agúns deses loitadores son integrantes na selección española de loita.
CARACTERÍSTICAS DO ALUMNADO
Lingua materna dominante: A lingua materna dominante no centro é o galego.
Problemas sociais destacados (abandono escolar, poboación emigrante, absentismo, violencia e/ou acoso escolar): Casos illados de alumnado con familias desestruturadas e en situación socioeconómica desfavorecida, que adoitan presentar problemas educativos.
Outras características: O alumnado de ESO e bacharelato reside, case na súa totalidade, no propio concello, pero tanto o dos ciclos como o profesorado procede de distintas partes de Galicia. Vila de Cruces é un concello extenso (28 parroquias), cunha poboación escasa e diseminada (5556 habitantes en 2015), que continúa descendendo e avellentándose (51,8 anos de idade media en 2015). O seu PIB por habitante é bastante inferior á media galega: 12714€ fronte a 19748€ (IGE, 2012).
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
1. Aspectos xerais:
- Partir da competencia inicial do alumnado
- Ter en conta a diversidade: respectar os ritmos e estilos de aprendizaxe
- Potenciar as metodoloxías activas: combinar traballo individual e cooperativo, e o aprendizaxe por proxectos
- Enfoque orientado á realización de tarefas e resolución deproblemas
- Uso habitual das TIC
- Papel facilitador do profesor/a
2. Estratexias metodolóxicas:
- Suscitar, na medida do posible, actividades con fins creativos.
- Manter algún elemento ou dato á libre elección do alumno.
- A interacción entre os alumnos, a fin de lograr que uns aprendan doutros,baixo a supervisión do profesorado.
- A secuenciación gradual dos contidos en función do grado de dificultade, partindo sempre dos de menor grao de dificultade e terminando cos que esixen un maior grao de atención e destreza.
- Os contidos deberán ser significativos.
- A retroalimentación do sistema, aspecto sempre a ter en conta para saber que aprenden os alumnos e en que grao o fan.
- Fuxir das clases magistrais, nas que o alumnado se convérte nun mero receptor, e fomentar a participación do alumnado.
- Resolución de problemas
- Estudo de casos (proxectos)
3. Secuenciación habitual de traballo na aula:
Motivación:
- Presentación actividade con mapas, gráficos, textos,fotos,etc.
Información do profesor/a:
- Información básica para todo o alumnado
- Información complementaria para reforzo e apoio
- Información complementaria para afondamento e ampliación
Traballo persoal
- Lectura e comprensión de bocexos, croquis e planosacoutados.
- Análise de documentación técnica e obras de arte, deseño industrial, etc
- Resolución de problemas
- Realización de exposicións públicas
- Memorización comprensiva
Avaliación:
- Análise de producións: traballos, exercicios, proxectos, mediante rúbricas
- Exposicións orais
- Traballos individuais e en grupo
- Observación do traballo na aula
- Probas obxectivas
4. Agrupamentos:
Búscase unha grande interacción entre os alumnos/as e tamén ca profesora.
O reducido número de alumnado fai que as clases sexan moi personalizadas e dinámicas.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A avaliación inicial realizarase ao comezar o curso académico, no mes de setembro.
Consistirá na realización de exercicios de debuxo técnico relacionados cos estándares de aprendizaxe do curso anterior e tamén de 3º da ESO. Hai que ter en conta que non todos os alumnos que cursen Debuxo Técnico 1 cursaron previamente EPV 4, xa que esta é unha materia optativa
A información recabada na avaliación inicial será transladada ao titor do grupo de referencia, e este, á súa vez, informará a familia cando esta o solicite.
Os resultados teranse en conta para comezar o curso con contidos adaptados ao nivel do alumnado, de tal xeito que a aprendizaxe sexa significativa para eles.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Se na proba extraordinaria, o alumno non demostra a adquisición dos contidos mínimos e obtén de novo unha cualificación insuficiente, poderán darse dous casos:
a) Se o alumno non promociona de curso, deberá cursar de novo a asignatura.
b) Se o alumno promociona de curso, a asignatura de Debuxo Técnico I terá consideración de materia pendente. En tal caso, e para a superación da mesma, o alumno deberá realizar duas probas. A primeira será no mes de xaneiro e versará sobre a metade dos contidos do curso. A segunda proba será no mes de maio. Aqueles alumnos que teñan superada a proba de xaneiro (mínimo 5 puntos sobre 10) examinaranse no mes de maio da materia restante; pero, aqueles que suspenderan a devandita proba deberán examinarse de toda a materia do curso. Os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe serán os mesmos que se o alumno estivesse cursando o curso ordinario.
O alumno/a recuperará a materia se se da algunha das seguintes condicións:
- No caso de ter aprobado a proba de xaneiro, deberá acadar como mínimo 5 puntos (sobre 10) na media aritmética das probas de xaneiro e maio.
- No caso de ter suspendido a proba de xaneiro, deberá acadar como mínimo 5 puntos (sobre 10) na proba de maio
Se o alumno non recupera a materia no mes de maio terá dereito a presentarse a unha proba extraordinaria no mes de xuño.
A coordinación e seguimiento da avaliación das aprendizaxes do alumno que teña materias pendentes de cursos anteriores será responsabilidade da Xefa de Departamento.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
O alumno ou alumna deberá matricularse na materia como pendente.
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
Segundo as características do alumnado, as adaptaciones realizadas serán de carácter ordinario, e serán:
- adaptación dos tempos, espacialmente nos traballos largos e exames, para alumnado máis minucioso ou en proceso de axilizar o trazado.
- reforzos, se é necesario, durante a hora do recreo
- deseño de actividades de reforzo e de ampliación para todas as unidades didácticas
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
MECANISMO DE REVISIÓN
A programación didáctica revisarase unha vez o mes. Os resultados de dita revisión recolleranse nas actas de departamento.
En caso de desfase refarase a programación de aula, deseñando unidades didácticas que engloben máis contidos e, se fora o caso, eliminando aqueles que afecten a estándares de aprendizaxe que non teñen peso na cualificación.
MECANISMO DE AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
Procederase á avaliación e posterior modic¡ficación se é o caso, da programación didáctica, en base aos seguintes indicadores de logro:
1.- Deseñáronse unidades didácticas ou temas a partir dos elementos do currículo?
2.- Secuenciáronse e temporalizáronse as unidades didácticas/temas/proxectos?
3.- O desenvolvemento da programación respondeu á secunciación e temporalización?
4.- Engadiuse algún contido non previsto á programación?
5.- Foi necesario eliminar algún aspecto da programación prevista?
6.- Secuenciáronse os estándares para cada unha das unidades/temas
7.- Fixouse un grao mínimo de consecución de cada estándar para superar a materia?
8.- Asignouse a cada estándar o peso correspondente na cualificación ?
9.- Vinculouse cada estándar a un/varios instrumentos para a súa avaliación?
10.- Asociouse con cada estándar os temas transversais a desenvolver?
11.- Fixouse a estratexia metodolóxica común para todo o departamento?
12.- Estableceuse a secuencia habitual de traballo na aula?
13.- Son adecuados os materiais didácticos utilizados?
14.- O libro de texto é adecuado, atractivo e de fácil manipulación para o alumnado?
15.- Deseñouse un plan de avaliación inicial fixando as consecuencias da mesma?
16.- Elaborouse unha proba de avaliación inicial a partir dos estándares?
17.- Fixouse para o bacharelato un procedementos de acreditación de coñecementos previos?
18.- Establecéronse pautas xerais para a avaliación continua: probas, exames, etc.
19.- Establecéronse criterios para a recuperación dun exame e dunha avaliación
20.- Fixáronse criterios para a avaliación final?
21.- Establecéronse criterios para a avaliación extraordinaria?
22- Establecéronse criterios para o seguimento de materias pendentes?
23.- Fixáronse criterios para a avaliación desas materias pendentes?
24.- Elaboráronse os exames tendo en conta o valor de cada estándar?
25.- Definíronse programas de apoio, recuperación, etc. vinculados aos estándares?
26.- Leváronse a cabo as medidas específicas de atención ao alumnado con NEE?
27.- Leváronse a cabo as actividades complementarias e extraescolares previstas?
28.- Informouse ás familias sobre criterios de avaliación, estándares e instrumentos?
29.- Informouse ás familias sobre os criterios de promoción? (Arto 21o, 5 do D.86/15)
30.- Seguiuse e revisouse a programación ao longo do curso
31.- Contribuíuse desde a materia ao plan de lectura do centro?
32.- Usáronse as TIC no desenvolvemento da materia?