Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A finalidade da educación é contribuir a que o alumnado acaden un desenvolvemento pleno e integral da súa personalidade. Non podería existir unha formación integral e unha educación completa e de calidade, se non se permitise o desenvolvemento de todas as dimensións do ser humano, unha das cales é a relixiosa.
O deseño desta programación enmárcase nun modelo educativo de tipo constructivista, que entende a educación como un proceso que pon ás/ós alumnas/os en condición de revisar, modificar e reconstruír as súas categorías e estruturas mentais, para reinterpretar e reconstruír significativamente a realidade.
Facilítase unha aprendizaxe competencial dos contidos, de maneira que as aprendizaxes sexan útiles para a vida dos alumnos, contribuíndo á súa formación integral e á súa inserción social.
A abordaxe dos contidos faise a través de actividades que susciten o interese dos alumnos, que promovan o diálogo e que buscan expor cuestións que fagan reflexionar sobre os grandes interrogantes vitais. Antes de abordar os novos contidos detéctanse os coñecementos previos do alumnado.
Trataremos de ter presente a realidade do noso alumnado: Cunha formación sociocultural media-baixa. No eido relixioso as máis das veces teñen unha fe herdada, rutinaria e monótona nas prácticas relixiosas, que ó mellor lles serviu de nenos, pero que agora ou lles é indiferente ou empezan a cuestionar.
Pretendemos que, mediante a adquisición dunha serie de coñecementos, competencias, destrezas, valores e actitudes, o alumnado desenvolva a súa capacidade reflexivo-crítica, e sexan críticos, responsables e comprometidos coa realidade que os rodea
Dende a área de Relixión pretendemos facer un aporte á dimensión do SABER, pero sen esquecer e fortalecendo e potenciando sobre todo a dimensión do SER.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
As seguintes orientacións metodolóxicas xiran en torno a dous eixes:
1. Fidelidade e respecto ó alumnado, protagonista da educación.
2. Fidelidade á mensaxe e ós contidos da educación relixiosa cristiá católica.
Seguimos o modelo que emana da concepción constructivista da aprendizaxe. Así, temos en conta os seguintes criterios:
a. O protagonista da aprendizaxe é o alumnado, coa súa propia actividade.
b. O que empeza unha nova aprendizaxe, faino a partir dos coñecementos que posúe.
c. O que aprende faino establecendo relacións entre os seus esquemas mentais e os estímulos externos. Só así se logra unha aprendizaxe significativa.
Non esquecerémo-la importancia formativa que ten o traballo en grupo, indispensable para potencia-la dimensión social e comunitaria do alumnado.
Utilizaremos distintas linguaxes relixiosas: bíblica, doutrinal, litúrxica, testemuñal, para familiarizar ó alumnado con elas e responda con propiedade á utilización das mesmas.
Fomentaremos a interdisciplinariedade e a complementariedade.
O máis importante será o traballo do alumnado, de aí a importancia que daremos ó caderno de actividades e ós seus traballos, individuais e grupais. Calificaremos moi positivamente o traballo que o alumnado realice fora das horas de clase e dun xeito voluntario: Lectura-recensión de libros de lectura complementarios, realización de pequenos traballos sobre aspectos e temas a tratar.
Non pretendemos que o alumnadoo aprenda de memoria uns cantos conceptos; debe ter claras as nocións básicas e adquirir uns coñecementos teóricos básicos, pero sobre todo pretendemos que poña en xogo o saber adquirido nas situacións que a vida (familia, xogo, amizades, colexio, sociedade) lle plantexa.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
Ao ser a Relixión unha materia de oferta obrigatoria para o centro e de libre elección para o alumno, estes poden acceder á materia mesmo sen tela cursado con anterioridade polo que non é necesario que acrediten coñecementos previos. Con todo, tomarase información dos coñecementos do alumnado, ao comezo do curso, a través dun cuestionario de xeito informal con algún instrumento de gamificación.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Neste curso non procede este apartado, xa que as materias pendentes da ESO non se teñen en conta no Bacharelato
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
A metodoloxía da materia de Relixión Católica terá en conta os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe para programar propostas didácticas compostas por prácticas de aprendizaxe, ensino e avaliación que contribúan a enriquecer o proceso de desenvolvemento integral do alumnado, promovendo o seu progreso no recoñecemento da tradición relixiosa e cultural da contorna familiar e social, na adquisición de actitudes, valores e crenzas necesarios para a súa vida persoal e en sociedade, no crecemento interior e proxecto vital, así como na expresión das súas propias emocións e experiencias de forma respectuosa e empática xerando contornas inclusivas e interculturais. Foméntanse así procesos pedagóxicos accesibles para todos pola diversidade de estratexias e recursos, de espazos e tempos, que se utilizan na aula e pola adaptación do currículo ás necesidades dos diferentes ritmos de aprendizaxe. No deseño das actividades desta materia terase en conta a flexibilidade do currículo, os contextos de ensino inclusivos, e a utilización de recursos accesibles. A adecuada resposta educativa a todos os alumnos concíbese a partir do principio de inclusión, entendendo que unicamente dese modo garántese o desenvolvemento de todos, favorécese a equidade e contribúese a unha maior cohesión social. A atención á diversidade é unha necesidade que abarca a todas as etapas educativas e a todo o alumnado. É dicir, trátase de contemplar a diversidade dos alumnos como principio e non como unha medida que corresponde ás necesidades duns poucos.
Nos materiais do curso inclúese propostas de atención á diversidade para todos os contidos.
En cumprimento do artigo 52 da orde 8 de setembro 2021 de atención á diversidade. Elaborarase un plan especifico personalizado para os alumnos que deban permanecer un ano máis no mesmo curso que incida nas dificultades detectadas no curso anterior.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
Realizarase o seguemento a través da aplicación Proens, completando os datos que aparecen na aplicación. O resultado dese seguimento permitiranos confirmar ou modificar a programación no vindeiro curso.