Vista preliminar da
Vista preliminar da programación na que poderá consultar todos os apartados da programación.
1. Introdución (Elaborado)
A materia proporcionalle ao alumnado unha visión útil e funcional da historia contemporánea, orientada a promover a observación, análise e interpretación da súa contorna real e a exercer unha cidadanía activa e implicada na vida social. O pensamento histórico, con estratexias e métodos que orientan o estudo do pasado, ponse ao servizo da comprensión do presente para afrontar así os retos que nos formula o século XXI. Porque é desde a observación do mundo actual de onde xorde a necesidade de dirixir a nosa mirada á historia, máis ou menos recente, para obter as claves, coas que entender e mellorar o mundo no que vivimos.
Os problemas e retos que nos formula a realidade globalizada que configura a nosa contorna son múltiples e ineludibles, e non é posible atendelos sen os recursos que nos ofrece a historia contemporánea, que desde hai algo máis de dous séculos trata de lle dar resposta a boa parte destes mesmos desafíos. A materia proporciona ao alumnado experiencias acumuladas polas xeracións que nos precederon, no que xunto aos grandes logros, tamén cabe atopar erros, fracasos e feitos dolorosos que é preciso afrontar para aprender a evitar situacións semellantes.
Doutra banda, a aproximación á metodoloxía histórica obriga ao alumnado ao uso rigoroso e crítico das fontes, á utilización precisa dos conceptos e a historiografía, e ao coñecemento das principais teorías e correntes académicas que foron desenvolvéndose no ámbito da historia e doutras ciencias sociais afíns. Así mesmo, a metodoloxía histórica promove o exercicio de procesos indutivos e de indagación relacionados con estratexias de utilización de documentos e probas, así como á procura e ao tratamento de información e fontes textuais, gráficas, audiovisuais, artísticas, literarias, hemerográficas e sonoras, accesibles en moitos casos grazas a plataformas dixitais.
O alumnado debe adquirir o exercicio do pensamento crítico, fundamentado e razoado, do mesmo xeito que a transferencia de información e do coñecemento elaborado, que ademais de supoñer o uso avanzado de medios dixitais implica tamén o desenvolvemento de estratexias comunicativas eficaces.
Trátanse na materia de Historia do Mundo Contemporáneo os temas e acontecementos fundamentais que marcaron o transcurso da historia contemporánea ata o mundo actual, así como os retos que é necesario afrontar no presente para encarar o século XXI.
Precisamente os retos do mundo actual incide na necesidade de ver a historia como un instrumento non só para a análise do presente, senón tamén para a adopción de compromisos ante os retos do século XXI.
4.1. Concrecións metodolóxicas (Elaborado)
A metodoloxía ten que ser variada e axeitada ás características e aos ritmos de aprendizaxe do alumnado, debe ser tamén activa e participativa, favorecendo o traballo individual e o colaborativo do alumnado, co fin de que os contidos se convertan en coñecementos aplicables con eficacia a situacións reais e aos estudios posteriores.
Dado que as competencias clave están ligadas a un desempeño eficaz nun contexto determinado, as situacións de aprendizaxe deseñadas para o seu desenvolvemento nesta materia de Hª do Mundo Contemporáneo, incorpora tarefas que contextualizan as aprendizaxes e que permiten avanzar en máis dunha competencia ao mesmo tempo. Será unha metodoloxía dirixida a implicar ao alumnado na aprendizaxe para que adquiran as habilidades que lles permitan construír os seus propios esquemas explicativos para comprender o mundo no que viven, construír a súa propia identidade, que poidan interactuar en situacións variadas e para que continúen aprendendo.
En definitiva, na aula combinarase a explicación teórica por parte do profesorado á hora da presentación da problemática xeral dos procesos e realidades a explicar (mapas conceptuais, fotografías, presentacións, vídeos, textos, mapas, gráficas, estatísticas) cunha metodoloxía baseada no sistema de reconstrución, é dicir, o alumnado elaborará os contidos a partir dos materiais de traballo (libro de texto ou os materiais diversos proporcionados/apuntados polo profesorado) nunha tarefa cotiá dirixida e orientada polo profesorado. Con isto intentarase evitar unha excesiva memorización de contidos, pero sen renunciar, como complemento, a unha aprendizaxe significativa.
Pola súa parte, o profesorado despregará os recursos didácticos necesarios que permitan desenvolver os contidos propios da materia, relacionados coas competencias clave e cos criterios de avaliación, para poder acadar así os obxectivos do currículo. O profesorado deberá buscar situacións próximas ao alumnado para que este poida aplicar en diferentes contextos os contidos dos saberes básicos que conforman cada unha das competencias clave. Creará contextos e situacións que representen retos para o alumnado, que os invite a cuestionarse os seus saberes actuais, que os obrigue a ampliar a súa perspectiva e a contrastar o seu parecer, a xustificar e a interpretar con rigor.
Para poñer en práctica o dominio dos contidos básicos das Ciencias Sociais o alumnado levará a cabo traballos de investigación de maneira individual ou grupal.
5.1. Procedemento para a avaliación inicial (Elaborado)
A avaliación inicial realizarase nos primeiros días de clase, destinada a comprobar a capacidade de expresión, corrección formal, análise, coherencia expositiva e coñecementos previos.
A proba inicial ou diagnóstica realizarase ao comezo de cada Unidade Didáctica coa finalidade de saber os coñecementos previos que ten o alumnado sobre o tema que se vai abordar para, a partir deles, seguir construíndo os seus saberes.
Outra das vantaxes da avaliación inicial é a de ofrecer información adicional sobre o punto de partida do alumnado cara o tema que se vai a comezar a traballar, permitindo concretar os contidos que suscitan maior interese ou que se descoñecen totalmente. Ademais nos posibilita definir a didáctica e metolodoxía para abordar a unidade e chegar aos distintos ritmos de aprendizaxe.
Outro aspecto importante destas probas diagnósticas é que permiten detectar as posibles confusións e incorreccións que o alumnado ten sobre os contidos a tratar e que precisan aclaración e rectificación.
Dita proba inicial realizararse dependendo de cada unidade, pero en liñas xerais consistirá na elaboración de cuestionarios, test, brainstorming, debates, visionados de material audiovisual.
5.3. Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes (Elaborado)
Aplicaranse medidas de reforzo, se o considera o docente, naqueles casos nos que se detecte que non se acadaron os obxectivos establecidos ou ben que existen dificultades que impiden o progreso do alumnado. En tal caso propoñeranse actividades que permitan unha recuperación axeitada, así como abordar os contidos de maneira diferente.
A criterio do docente correspondente poderanse indicar as actividades a realizar para mellorar a cualificación naquel alumnado que non acade o 5.
Aquel alumnado que teñan pendente a materia de Xeografía e Historia de cursos anteriores:
Realizarán un boletín de actividades nas que se traballarán os contidos mínimos a acadar para una avaliación positiva.
Realizaranse dúas probas parciais en xaneiro e maio.
Dentro de cada parcial a cualificación será: valoración de ata un 30% do boletín de actividades realizado, e 70% a cualificación da proba parcial.
Pode aprobarse a materia por parciais:
-Aprobando ambos parciais ao obter un 5 como mínimo en cada un deles.
Aquel alumnado que non acadasen deste xeito os contidos mínimos esixidos e, polo tanto, non aprobasen a materia, poderán realizar no mes de maio, e se é necesario na convocatoria extraordinaria, unha proba final na que entrarán todos os contidos. Estas probas terán unha estrutura idéntica ás probas escritas realizadas durante o curso.
5.4. Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias (Elaborado)
6. Medidas de atención á diversidade (Elaborado)
As vixentes disposicións e normas indican, tamén no bacharelato, que se debe dar un tratamento específico ao alumnado que, polas súas circunstancias, o precisen e, polo tanto, facer as adaptacións curriculares necesarias.
En cada unidade proponse unha asimilación progresiva, de menor a maior dificultade, dos conceptos, termos e procesos históricos estudiados.
O profesorado seleccionará de entre todos os contidos os que mellor se adapten ao nivel do seu alumnado. O proceso de avaliación serviranos tamén para facer o tratamento diferenciado ao alumnado. Utilizando as diferentes actividades propostas nesta programación, descubriremos as carencias e deficiencias fundamentais e, por conseguinte, propoñeremos as tarefas axeitadas para alcanzar os obxectivos específicos adecuados a cada alumno.
En xeral, procurarase proporcionar ao alumnado, para os contidos de maior dificultade:
- Esquemas e/ou sínteses cos conceptos fundamentais.
- Actividades con diferentes graos de profundización.
- Páxinas de referencia para resolver dúbidas e/ou ampliar coñecementos.
8.2. Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora (Elaborado)
A avaliación da presente programación supón o seu seguimento a través da aplicación Proens por períodos de avaliación por parte do profesorado que impartan as diversas materias e nas reunións mensuais do departamento.
Nas reunións de departamento se analizará o grao de cumprimento dos obxectivos programados e as dificultades atopadas e poderanse introducir as medidas correctoras que se estimen oportunas. Todos os problemas detectados teranse en conta na Memoria Final para introducir as modificacións precisas na programación do vindeiro curso.
Para avaliar a programación teranse en conta os seguintes criterios:
- Consecución de obxectivos: Capacitación progresiva do alumnado nas competencias básicas.
- Evolución progresiva do alumnado na comprensión dos fenómenos histórico-artísticos e dos seus factores multicausais
- Evolución progresiva no coñecemento e manexo das técnicas de estudio propias das Ciencias Sociais.
- Progresiva asimilación de valores e actitudes propios dunha sociedade plural, solidaria e democrática.
- Progresiva adquisición de autonomía no proceso de aprendizaxe: obtención, selección e contraste da información obtida.
- Contribución ao desenvolvemento das competencias dixital e competencia para aprender a aprender.
- Progresiva evolución nas técnicas de lectura comprensiva e de expresión, necesarias para un discurso intelixible e minimamente coherente.
- Adecuación dos obxectivos ao nivel académico do grupo detectado na avaliación inicial.
- Adecuación dos contidos programados e da súa secuenciación ou temporalización prevista.
- Neste aspecto terase en conta a normativa vixente que considera conforme a programación se se cumpre ao menos un 75% dos contidos programados ao principio do curso, se non hai unha desviación na programación por avaliación máis aló dun 20% dos contidos programados ou incluso, nestes casos, cando as razóns sexan de carácter externo e/ou non imputables ao departamento.
- Validez das estratexias metodolóxicas empregadas para a adquisición dos novos contidos.