Gallego

V1302009: Primeiros auxilios en educación

Summary: 

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.
Gallego

O vindeiro día 13 de novembro, darán comezo as Xornadas de Primeiros auxilios en educación, no CEIP Emilia Pardo Bazán, en Vigo.

aux

aux
aux

V1301029: O emprego didáctico do EDI na aula

Summary: 

O día 30 de outubro comeza o curso V1301029-O emprego didáctico do EDI na aula, no CFR de Vigo.
Gallego

O día 30 de outubro comeza o curso V1301029-O emprego didáctico do EDI na aula, no CFR de Vigo.

Data de comezo: 30 de outubro.

Data de finalización: 20 de novembro.

Lugar de celebración: CFR de Vigo.

Número de horas totais: 10 horas.

fprofe: www.edu.xunta.gal/portal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=252

 

Edi

edi
edi

Ampliación do prazo da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto Combas Galicia para o curso 2013/2014

Gallego

O prazo de presentación de solicitudes para participar no proxecto  “COMBASGalicia” para o curso 2013-2014 amplíase ata o día 11 de novembro de 2013.

Destinatarios:

Centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sostidos con fondos públicos que impartan Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.

Documentación necesaria

As solicitudes dirixiranse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) ou ao Centro de Formación e Recursos (CFR) en cuxo ámbito estea integrado o centro educativo,  e constará da seguinte documentación:

- Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.

- Relación do profesorado participante consonte ao recollido no anexo II.

-  Certificación da aprobación de participación do Claustro seguindo o anexo III

-  Certificación da aprobación de participación do Consello escolar consorte o anexo IV.

proxecto combas

C1301033 Nivel básico inicial en tecnoloxías da información e da comunicación. Edición Abalar

Gallego

Referencia: C1301033
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  16/10/2013  -  04/12/2013
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: IES Salvador de Madariaga. Paseo de Ronda, 49. 15011, A Coruña
Prazas:  20

Horas presenciais: 30
Horas non presenciais: 0
Imaxe curso nivel básico

Emaze

Esta ferramenta web permítenos crear e gardar presentacións en liña. Trátase dunha alternativa a Power Point, Impress ou Prezi, que presenta algunhas diferenzas con respecto a elas.

Unha vez que nos rexistremos poderemos comezar a crear as nosas presentacións. A modo de inspiración poderemos explorar presentacións xa feitas con esta ferramenta.

A ferramenta conta con 13 modelos, cinco deles con animacións 3D. Dentro de cada modelo podemos escoller tamén diferentes deseños de diapositivas, que poderemos modificar ao noso gusto.

En cada diapositiva podemos engadir texto, imaxes, vídeos (apenas de YouTube) e formas predefinidas. Cando inserimos cada un destes elementos xurdirannos barras de ferramentas coas que poderemos modificar o tamaño, a cor, efectos 3D, rotar...

A diferenza doutros programas similares, para organizar mellor o noso traballo, poderemos agrupar un conxunto de diapositivas que traten a mesma temática ou o mesmo obxectivo en Seccións, a modo de capítulos dun libro. O manexo das diapositivas é moi sinxelo e podemos borralas, duplicalas ou movelas simplemente arrastrándoas.

Unha vez rematada a nosa presentación podemos previsualizala, modificala, eliminala, imprimila, facela pública ou privada, compartila por email ou nas redes sociais, embebela nun blogue ou sitio web.

Destacamos tamén dúas funcionalidades desta ferramenta. En primeiro lugar, podemos descargar a nosa presentación. Daquela, crearase un arquivo comprimido que poderemos levar onde queiramos e evitar problemas de rede. Ao descomprimilo, poderemos visualizala clicando no arquivo html.

En segundo lugar, a presentación pode realizarse de xeito colaborativo, invitando por email aos colaboradores que queiramos.

Gallego
Crea presentacións interactivas

Filetea.me

Esta páxina web, creada por unha empresa galega (Igalia), permite unha transferencia directa (ordenador-ordenador) de arquivos. Isto no eido educativo pódese empregar para compartir vídeos ou arquivos pesados entre centros ou entre compañeiros. Moitas veces emprégase para estas transferencias plataformas de almacenamento de datos (dropbox, box, youtube, vimeo...) pero cando aloxamos algo nestas páxinas os contidos poden ser empregados indebidamente polos donos desas webs. Nesta páxina o arquivo que se quere compartir non é subido á rede, polo que non se almacena en ningún sitio e así asegurámonos de que non cae en mans de terceiros, gañando así en privacidade. A páxina o que fai é construír unha ponte directa de enlace entre dous ou máis ordenadores. O seu emprego é moi sinxelo:

1. Eliximos o arquivo que queremos compartir

2. A páxina xera unha ligazón que temos que copiar

3. Enviamos por email esta ligazón á persoa ou persoas coas que queremos compartir ese arquivo

4. A persoa que a recibe fai clic nela e ábrese o panel de descarga

O navegador web do creador da ligazón ten que estar aberto durante todo o tempo que dura a transferencia. Cando se pecha o navegador a transferencia córtase de súpeto.

Gallego
filetea.me

C1301040 Formación técnica nos elementos da aula Abalar

Summary: 

A desenvolver no IES Salvador de Madariaga, dende o 22 de outubro ao 6 de novembro.
Gallego

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: C1301040
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  22/10/2013  -  06/11/2013
Data límite de inscrición: 15/10/2013
Lugar: AULAS ABALAR DO IES SALVADOR DE MADARIAGA, PASEO DE RONDA 49 15011 A CORUÑA
Prazas:  30

Horas totais

Horas presenciais: 15
Horas non presenciais: 0
 
formación abalar

Seminario de Formación "Os menores e o uso seguro das redes sociais"

Summary: 

O Centro Demostrador TIC acollerá vindeiro 26 de setembro o taller formativo sobre “Os menores e o uso seguro das redes sociais” organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
O taller, que será impartido en horario de 16:00 a 20:00h, ten como obxectivo sensibilizar aos pais sobre os principais riscos existentes polo uso non apropiado destas ferramentas e ao mesmo tempo proporcionarlles os recursos necesarios para axudarlles na prevención dos mesmos ou minimizar as súas consecuencias.
Gallego

O Centro Demostrador TIC acollerá vindeiro 26 de setembro o taller formativo sobre Os menores e o uso seguro das redes sociais” organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

O taller, que será impartido en horario de 16:00 a 20:00h, ten como obxectivo sensibilizar aos pais sobre os principais riscos existentes polo uso non apropiado destas ferramentas e ao mesmo tempo proporcionarlles os recursos necesarios para axudarlles na prevención dos mesmos ou minimizar as súas consecuencias.

Nas xornadas participarán como relatores Blanca Díaz-Pabón Bascuñán Soporte de Usuarios en Tuenti, Gonzalo Sotelo membro do Equipo de Delincuencia Tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Marta García de la Concha Álvarez Fiscal Delegada de Criminalidade Informática na Provincia de Pontevedra e por último contaremos a participación de dous colexiados do CPETIG. No documento anexo pode consultar o Programa completo do Taller.

A sesión vai dirixida a todas aquelas persoas, especialmente pais, titores e formadores que se estean interesados en preparar aos menores para afrontar a cara menos amable da Rede e dese modo dar forma ao seu futuro dixital. A asistencia é de balde, condicionada ao aforo da sala e previa inscrición en liña na web do CDTIC: http://cdtic.xunta.es/tic-menores


A formación impartirase presencialmente nas instalacións do CDTIC en Santiago de Compostela, no entanto se está interesado en participar neste seminario e non pode desprazarse a Santiago, poderá acudir a unha das aulas CeMIT que se conectarán por videoconferencia co CDTIC durante o desenvolvemento da actividade. En particular, as aulas participantes neste taller serán as das localidades de: Fisterra, Boiro, Betanzos, Burela (en colaboración coa aula de O Vicedo), Lugo, A Guarda, Leiro, Pontedeume, Celanova, Ortigueira, Barreiros, Xunqueira de Ambía, Vilanova de Arousa, Verín, Valga, O Porriño, Ponteareas, Lalín, A Coruña e Sarria. Se está interesado en acudir baixo esta modalidade, debe facelo a través da web da aula CeMIT do seu interese.

Pode ampliar máis información sobre o Centro Demostrador TIC, as súas actividades e instalacións na páxina web do centro http://cdtic.xunta.es.

 

 

Seminario

File: 

Reunión PFPPs

Summary: 

O luns 16 ás 16 horas terá lugar unha reunión no CFR da Coruña para informar respecto dos PFPPs. Poderán acudir representantes de tódolos centros preinscritos nos PFPPs.
Gallego

Data: 

16/09/2013

Sección: 

Resumo de normas das actividades de formación

Summary: 

Resumo de normas dos Pfpp, Pfac, Gt e Seminarios do curso 2013/2014.
Gallego

Podes descargar os ficheiros informativos pinchando nos enlaces:

imaxe plan anual