Gallego

A aprendizaxe cooperativa na aula para a Atención á diversidade

Summary: 

Hoxe comeza un curso de 50 horas na Facultade de Ciencias da Educación (Pedagoxía -Campus Sur) no que se abordarán os fundamentos da aprendizaxe cooperativa en condicións de inclusión.
Gallego

A APRENDIZAXE COOPERATIVA NA AULA PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Referencia: S1301049
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  13/01/2014  -  17/03/2014
Data límite de inscrición: 13/01/2014
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Pedagoxía) Campus Sur
Prazas:  30

Horas totais: 50 horas.

Horas presenciais: 31
Horas non presenciais: 19  (En rede)
 

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
597 - Mestres
590 - Profesores de ensino secundario

Obxectivos

1.Aproximarse ao coñecemento dos fundamentos da aprendizaxe cooperativa en condicións de inclusión.

2.Ofrecerlle ao profesorado as estratexias e ferramentas necesarias para estruturar a actividade da aula de xeito cooperativo.

3.Implementar na aula algunhas dinámicas de cohesión, algunhas estruturas cooperativas e algún plan de equipo.

Contidos

1.Aprendizaxe cooperativa e inclusión escolar.

2.A estruturación da actividade escolar dende a aprendizaxe cooperativa: fundamentación e conceptos básicos.

3.Ámbitos de intervención

4.Dinámicas de cohesión, estruturas cooperativas e plan de equipo.

atención diversidade

Deseño, creación e titorización para a formación en rede

Summary: 

Novo curso a distancia ofertado fóra do Plan Anual de Formación ao profesorado.
Pretende formar ao profesorado para a titorización de cursos en rede, en Platega.
Gallego

A implantación da formación do profesorado en cursos en rede esixe dispoñer de creadores de cursos de formación así como de titores que desenvolvan os cursos a través de Platega.  Polo tanto cómpre formar a profesoras e profesores para que sexan quen de crear un curso de formación, por exemplo a través dunha licenza de formación, e titorizalo en Platega.

Destinatarios:

  • Profesorado creador de cursos para a formación en rede.
  • Profesorado titor de cursos en rede, en Platega
  • Profesorado relator de cursos de formación.
  • Profesorado creador de cursos virtuais complementarios do ensino presencial co seu alumando de ESO, Bacharelato, FP...


Competencias e obxectivos:

  • Desenvolver a competencia pedagóxica e didáctica precisa para a planificación, o deseño e a xestión dun curso en rede.

Obxectivos:

  • Manexar cursos a distancia, creados con Moodle.
  • Integrar contidos dixitais e multimedia en paquetes de contidos para os cursos virtuais, creados con eXeLearning.
  • Deseño da avaliación para os cursos virtuais.
  • Respectar a propiedade intelectual e os dereitos de autor e coñecer licenzas de autor para publicar recursos propios.
  • Crear cursos virtuais que respecten a normativa básica sobre accesibilidade.

Contidos

  • Deseño e creación de secuencias didácticas en cursos virtuais (nivel 3 de agregación).
  • Creación de cursos virtuais con Moodle.
  • Creación de paquetes de contidos con eXeLearning para incorporalos en cursos virtuais.

Coñecementos previos necesarios:

  • Manexo básico de Moodle como creador de cursos.
  • Manexo básico de eXeLearning como creador de paquetes de contidos.
  • Non é obxectivo deste curso ensinar o manexo de Moodle ou de eXeLearning, aínda que se facilitará documentación e información sobre eles. Estas dúas ferramentas usaranse para crear cursos virtuais e os seus contidos.

Temporalización e características:

O curso ten unha duración de 60 horas, das cales 53 son en rede e 7 presenciais. Impartirase dende o 11 de marzo ata o 30 de maio de 2014. Para a selección de participantes, teranse en conta os criterios de selección indicados na ficha da actividade en fprofe. Esta actividade ofértase con 100 prazas, estando aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 11/02/2014. Referencia: G1301083

Ligazón á ficha da actividade en fprofe.

Deseño, creación e titorización para a formación en rede

V1301053 e V1301054 Fase A1 e A2 Combas Galicia 2013/14 CFR Vigo

Summary: 

Do 18 de novembro ata o 30 de xuño de 2014 terán lugar os dous cursos: V1301053 e V1301054 FASE A1 e A2 COMBAS GALICIA 2013/14 no CFR de Vigo.
Gallego

Do 18 de novembro ata o 30 de xuño de 2014 terán lugar os dous cursos: V1301053 e V1301054 FASE A1 e A2 COMBAS GALICIA 2013/14 no CFR de Vigo.

Data de comezo: 18 de novembro.

Data de finalización: 30 de xuño.

Lugar de celebración: CFR de Vigo.

Número de horas totais: 30 h.

fprofe: www.edu.xunta.gal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=298

 

competencias básicas

Felicitación navideña da Rede de Formación do Profesorado de Galicia

Summary: 

A Rede de Formación do Profesorado de Galicia deséxavos felices festas e próspero 2014
Gallego
felices festas

S1301067 Formación avanzada para equipos directivos

Summary: 

O CAFI organiza un curso de Formación avanzada para equipos directivos. O prazo de inscrición remata o 12 de decembro.
Gallego

S1301067_Formación avanzada para equipos directivos

Curso presencial. Duración: 50 horas

Referencia:S1301067
Centro de formación e recursos:CAFI
Temporalización:2º trimestre,
Data límite de inscrición:12/12/2013
Lugar:Santiago de Compostela
Destinatarios:

Membros de equipos directivos constituídos cunha experiencia mínima dun ano no cargo

Obxectivos:

  • Proporcionarlles aos membros dos equipos directivos estratexias que faciliten o liderado compartido.

  • Desenvolver habilidades necesarias para facilitar o traballo en equipo e as relacións entre as persoas.

  • Formar os equipos directivos para lideraren procesos de mellora.

Contidos:

  • Liderado compartido.

  • Intelixencia emocional e coaching en educación.

  • A calidade como transformación e cambio.

 

FORMACION AVANZADA

O IES A Cachada de Boiro vén de recibir un premio de Innovación Educativa

Summary: 

Premiado o proxecto multicultural do IES A Cachada organizado polo Club do Antifás.
Gallego

O IES A Cachada de Boiro acaba de recibir o segundo premio da convocatoria do I Premio Nacional Fundación GSD de Innovación Educativa por un proxecto de charlas multiculturais que se organizaron o pasado curso desde o Club do Antifás para membros da ONGD ConTacto.

Neste vídeo podemos ver o resultado da fusión entre persoas de diferentes pobos grazas á solidariedade e a través da creatividade.

 

(vídeo aloxado en Youtube e embebido no blogue ongdcontacto.blogaliza.org)

Para máis información podedes consultar as seguintes ligazóns:

 

Ies A Cachada

II Xornadas de atención á diversidade

Summary: 

O 14 de decembro terá lugar na EGAP as II Xornadas de Atención á Diversidade, na que se abordarán estratexias e propostas favorecedoras da inclusión.
Gallego

G1302003_II Xornadas de atención á diversidade

Neste primeiro trimestre do curso vanse celebrar as II Xornadas de atención á diversidade, con estratexias e propostas favorecedoras da inclusión.

Referencia: G1302003
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 1º trimestre
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 300

Horas: 8 horas presenciais.

Destinatarios:

  • Bacharelato

  • Educación infantil

  • Educación primaria

  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional
597 - Mestres

Criterios de selección:

Os criterios xerais do plan anual do profesorado.

Obxectivos:

  • Divulgar a atención á diversidade do alumnado na comunidade autónoma.

  • Promover a participación de toda a comunidade escolar para favorecer a atención á diversidade de todo o alumnado.

Contidos:

  • A normativa que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Metodoloxías, estratexias e propostas de intervención da comunidade educativa e outros organismos e institucións favorecedoras da inclusión.


Aula virtual >>>  http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=421

diversidade e inclusión

Resolución definitiva da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014

Summary: 

Resolución definitiva da convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014
Gallego
Combas
Combas

G1303004: Coordinadores para a formación en centros

Summary: 

O vindeiro 30 de novembro terá lugar na EGAP un Encontro para Coordinadores/as dos Plans de Formación Permanente do Profesorado; espazo para o intercambio de experiencias e boas prácticas no desenvolvemento dos mesmos.
Gallego

COORDINADORES PARA A FORMACIÓN EN CENTROS _ G1303004

O vindeiro 30 de novembro terá lugar na EGAP unha xornada destinada aos Coordinadores/as dos Plans de Formación Permanente do Profesorado. Un espazo para facilitar o intercambio de experiencias e boas prácticas no desenvolvemento dos mesmos. Neste curso 2013/14, 132 centros educativos de Galicia sumáronse aos PFPP, ademais dos 66 que continúan a andaina iniciada o curso anterior.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=415

 

coordinadores