G2301094 - Proceso para a innovación de centro
Enviado por portalcafi a Mar, 10/10/2023 - 16:32Summary:
G2301094 - Proceso para a innovación de centro
Obxectivos:
- Analizar o nivel competencial do centro en innovación e investigación, atendendo ás dimensións pedagóxicas e organizativas.
- Deseñar un plan de actuación baseándose nas conclusións obtidas no proceso de diagnose.
- Mapear os talentos do equipo e experimentar un proceso de co-creación grupal.
Contidos:
- Marco de referencia da competencias en innovación e investigación.
- Ferramentas de diagnose: análise DAFO.
- Plan de acción: deseño de obxectivos, actuacións e métodos de avaliación e difusión.
- Procedementos de seguimento e avaliación do plan de actuación elaborado.
Información importante:
Esta formación ten un marcado carácter práctico. As sesións basearanse en traballo en grupo, non en relatorios.
A actividade consta de:
- 5 sesións de CREACIÓN de 3 horas por videoconferencia.
- 21 de outubro de 10:00 a 13:00
- 25 de outburo de 16:30 a 19:30
- 28 de outubro de 10:00 a 13:00
- 8 de novembro de 16:30 a 19:30
- 15 de novembro de 16:30 a 19:30
- 1 sesión presencial de CONVIVIO de 3 horas no CAFI.
- 18 de novembro de 10:00 a 13:00
- 2 horas de traballo persoal.
- 11 de novembro de 10:00 a 12:00 (este horario é orientativo)
Inscrición en Fprofe co código G2301094.
- Data límite de inscrición: 12 de outubro de 2023.
- Ficha da actividade.