Gallego

Emaze

Esta ferramenta web permítenos crear e gardar presentacións en liña. Trátase dunha alternativa a Power Point, Impress ou Prezi, que presenta algunhas diferenzas con respecto a elas.

Unha vez que nos rexistremos poderemos comezar a crear as nosas presentacións. A modo de inspiración poderemos explorar presentacións xa feitas con esta ferramenta.

A ferramenta conta con 13 modelos, cinco deles con animacións 3D. Dentro de cada modelo podemos escoller tamén diferentes deseños de diapositivas, que poderemos modificar ao noso gusto.

En cada diapositiva podemos engadir texto, imaxes, vídeos (apenas de YouTube) e formas predefinidas. Cando inserimos cada un destes elementos xurdirannos barras de ferramentas coas que poderemos modificar o tamaño, a cor, efectos 3D, rotar...

A diferenza doutros programas similares, para organizar mellor o noso traballo, poderemos agrupar un conxunto de diapositivas que traten a mesma temática ou o mesmo obxectivo en Seccións, a modo de capítulos dun libro. O manexo das diapositivas é moi sinxelo e podemos borralas, duplicalas ou movelas simplemente arrastrándoas.

Unha vez rematada a nosa presentación podemos previsualizala, modificala, eliminala, imprimila, facela pública ou privada, compartila por email ou nas redes sociais, embebela nun blogue ou sitio web.

Destacamos tamén dúas funcionalidades desta ferramenta. En primeiro lugar, podemos descargar a nosa presentación. Daquela, crearase un arquivo comprimido que poderemos levar onde queiramos e evitar problemas de rede. Ao descomprimilo, poderemos visualizala clicando no arquivo html.

En segundo lugar, a presentación pode realizarse de xeito colaborativo, invitando por email aos colaboradores que queiramos.

Gallego
Crea presentacións interactivas

Vídeo da conferencia de Brian North nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU

Summary: 

Conferencia de Brian North: "O MECR e os niveis C" impartida o 27 de setembro de 2013 nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU.
Gallego

Conferencia de Brian North: "O MECR e os niveis C" impartida o 27 de setembro de 2013 nas VII Xornadas EOI organizadas pola CCEOU. Este vídeo estará sempre dispoñible na sección da web CAFI TV.

 

video Brian North

G1301009 Simulación de redes locais con máquinas virtuais

Summary: 

O vindeiro día 28 de outubro comenzará o curso " Simulación de redes locais con máquinas virtuais"
Gallego

Data de  comezo: 28 de outubro

Data de finalización: 8 de decembro

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Enlace a Fprofe:  www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=54380

Data: 

28/10/2013 - 08/12/2013

Sección: 

G1301009 Simulación de redes locais con máquinas virtuais

Summary: 

O vindeiro día 28 de outubro dará comenzo o curso "Simulación de redes locais con máquinas virtuais"
Gallego

Dende o día 28 de outubro ata o 8 de decembro de 2013 celebrarase  o curso “ Simulación de redes locais con máquinas virtuais”. Este é un curso a distancia, destinado ás familias profesionais de Informática e Comunicacións  así como  Electricidade e Electrónica. O número de profesores asistentes será de 25 e a duración do curso será de 30 horas.

Os obxectivos  deste curso serán os de configurar equipamentos para establecer comunicación en rede, xestionar os recursos do sistema, así como compartir a conexión a internet entre os equipamentos  dunha rede local.

 Máis información : www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod...

simulacion de redes locais

Filetea.me

Esta páxina web, creada por unha empresa galega (Igalia), permite unha transferencia directa (ordenador-ordenador) de arquivos. Isto no eido educativo pódese empregar para compartir vídeos ou arquivos pesados entre centros ou entre compañeiros. Moitas veces emprégase para estas transferencias plataformas de almacenamento de datos (dropbox, box, youtube, vimeo...) pero cando aloxamos algo nestas páxinas os contidos poden ser empregados indebidamente polos donos desas webs. Nesta páxina o arquivo que se quere compartir non é subido á rede, polo que non se almacena en ningún sitio e así asegurámonos de que non cae en mans de terceiros, gañando así en privacidade. A páxina o que fai é construír unha ponte directa de enlace entre dous ou máis ordenadores. O seu emprego é moi sinxelo:

1. Eliximos o arquivo que queremos compartir

2. A páxina xera unha ligazón que temos que copiar

3. Enviamos por email esta ligazón á persoa ou persoas coas que queremos compartir ese arquivo

4. A persoa que a recibe fai clic nela e ábrese o panel de descarga

O navegador web do creador da ligazón ten que estar aberto durante todo o tempo que dura a transferencia. Cando se pecha o navegador a transferencia córtase de súpeto.

Gallego
filetea.me

Día Internacional da Biblioteca Escolar

Summary: 

O día internacional da biblioteca escolar é o momento oportuno para dar difusión ao estudo elaborado polo Ministerio de Educación e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez: Bibliotecas escolares en España. Dinámicas 2005-2011.
Gallego

 

O Día Internacional da Biblioteca Escolar foi establecido pola IASL (International Association of School Librarianship / Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares con sede en USA: www.iasl-slo.org) no ano 1999, está dentro do período lectivo tanto no hemisferio norte coma no hemisferio sur, polo que pode realizarse ao tempo en todo o mundo. 

 

A biblioteca pública de Pontevedra fai unha entrada Cartel e pregón de Laura Gallego para o "Día de la Biblioteca 2013"

O día internacional da biblioteca escolar é o momento oportuno para dar difusión ao estudo elaborado polo Ministerio de Educación e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez: Bibliotecas escolares en España. Dinámicas 2005-2011. Destaca esta investigación como as bibliotecas escolares están a se converter en indicadores de innovación metodolóxica e da calidade pedagóxica dos centros, verdadeiros centros de recursos e espazos para o desenvolvemento das competencias fundamentais. É na biblioteca escolar onde o alumnado aprende a manexar estratexias de busca de información, a seleccionar, tratar e interiorizar a información, a contrastar fontes, utilizando as TIC.

 

No contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Asesoría de Bibliotecas Escolares elixiu para este curso 2013/2014, o lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, para dar relevancia á lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

DIA DA BIBLIOTECA
BANER DIA BIBLIOTECA
BIBLIOTECAS ESCOLARES EN ESPAÑA
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA
CARTEL BIBLIOTECA
fileteame 2p2

Orientación educativa e profesional. Estudo de casos (PDF)

Este é un libro pensado e escrito para a docencia en educación superior de asignaturas relacionadas co diagnóstico en orientación profesional, a inserción socio-laboral, a avaliación psicopedagóxica e o diagnóstico en educación.

O libro ten un prezo de 0 euros. Pódese descargar dun xeito gratuíto engadindo ao carrito de compra. Esixe un rexistro na páxina.

 

 

 

 

 

Gallego
libro de orientación

DMAPS: Mapas físicos e políticos gratuítos de todos os países

Nesta páxina web pódense descargar moitísimos mapas políticos e físicos de case todos os países do mundo. Os mapas poden descargarse en diferentes formatos (GIF, PDF, CDR, SVG, AI, WMF). As descargas son libres, incluso para emprego comercial, coa condición de manter o logo do copyright que aparece nos mapas e a dirección da páxina web. 

Para descargar mapas de Galicia fai clic nesta ligazón: MAPAS DE GALICIA

 

Gallego
DMAPS

Formación Aberta

 

O CAFI pon a disposición do profesorado galego unha serie de cursos de formación aberta na Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA) que polo seu contido, relacionado co manexo de ferramentas dixitais e as metodoloxías para o seu aproveitamento, poderán servir de axuda no desenvolvemento do traballo docente.

Estes cursos, que incluirán só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos Platega.

Como acceder?

1. Accede directamente á categoría de Formación aberta en Platega na seguinte ligazón

Introduce o teu usuario e contrasinal da conta edu.xunta.gal

Exemplo: coa conta usuarioplatega @ edu.xunta.gal sería

Usuario: usuarioplatega

Contrasinal: xxxxx

Ou, se xa estás en Platega, podes escribir na caixa de busca de cursos as palabras "formación aberta

2. Escolle na listaxe o curso ao que queiras acceder e fai clic no seu título.

3. Fai clic en “Matricúlame

Para calquera consulta en relación coa formación aberta podes escribir ao enderezo cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal

 
Gallego

Peso: 

1

Estadías Formativas en Empresas 2013

Summary: 

Na convocatoria do 2013 realizáronse 6 estadías formativas en empresas de ámbito nacional e internacional, xestionadas polo CAFI.
Gallego

Dende o pasado mes de abril ata finais do mes de xullo, 6 docentes pertencentes a diferentes familias profesionais da FP de centros no ámbito do CAFI, participaron na modalidade formativa de Estadías Formativas en Empresas.

Un dos requisitos para recibir certificación na actividade é o de elaboración dunha actividade de aplicación directa á aula nalgún dos módulos dos ciclos formativos relacionados coa actividade da empresa elixida. As actividades presentadas á finalización de cada estadía son avaliadas pola Comisión de Estadías Formativas.

As que se consideran máis relevantes dende o punto de vista educativo e do aproveitamento na aula serán postas a disposición do profesorado de FP no apartado de descarga de recursos da aplicación online de elaboración e xestión de programacións do Servizo de Ordenación e FP.

 

 

Familia profesional

Ciclo

Módulo

Empresa

Localización

Servizos Socioculturais e á comunidade

CS20001 Animación sociocultural

Desenvolvemento Comunitario

Associação Humanidades

Lisboa (Portugal)

Administración e xestión

CSADG01 Administración e finanzas

Recursos Humanos e Responsabilidade Social Corporativa

NICVA

Belfast (Reino Unido)

Química

CSQUI01 Laboratorio de análise e de control de calidade

Ensaios Biotecnolóxicos

Biopolis SL

Paterna (Valencia)

Hostalaría e turismo

CSHOT02 Axencias de viaxes e xestión de eventos

Venda de servizos turísticos

Viajes Carrefour

A Coruña

Hostalaría e turismo

CSHOT02 Axencias de viaxes e xestión de eventos

Xestión de produtos turísticos

Congrega SL

A Coruña

Agraria

CMAGA04 Aproveitamento e conservación do medio natural

Aproveitamento do medio natural

Tenzas SC

Lugo

 

estadiasok
estadiasok