O repositorio do espazoAbalar incrementouse en 31 novos contidos educativos [1]
Enviado por administrador a Mar, 22/01/2013 - 22:55O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de 31 novos contidos educativos en formato dixital baseados en distintas tecnoloxías.
- Da licenza de formación de José Manuel Blanco Guimarey cunha completa unidade didáctica en galego e castelán con 64 actividades guiadas para coñecer o programa de edición de imaxes GIMP.
- Da licenza de Manuel Luis Blanco Pinedo con dúas secuencia didáctica feitas co Constructor formada por 9 Obxectos Dixitais Educativos (ODEs) nos que aprenderán a falar en inglés cos compañeiros e co docente e sobre os sons da lingua inglesa.
- Da licenza de José Antonio Cartelle Cudilleiro con unidades didácticas den inglés sobre cuestións culturais de EEUU e Reino Unido.
- Dunha Unidade didáctica dentro do proxecto "Contamos co deporte" da licenza de Xoán Trigo e Elia Villamarín.
- De ODEs en flash feitos pola docente Nani Lima para traballar cuestións de música e educación infantil utilizando o protocolo de cesión de dereitos.
- Das Unidades didácticas en inglés sobre Grecia e Roma feitas co exeLearning por Fernando Domènech Rey durante o período de licenza de formación.
- Das coleccións didácticas de peixes, moluscos e crustáceos de Galicia cedidas polo docente César J. Pais Balsalobre do IES Chan do Monte de Marín.
- Dunha secuencia didáctica sobre a luz e o son feita con Cuadernia durante a licenza de formación de Iria García de la Fuente.
- De tres xogos de preguntas-resposta feitos coa aplicación de Fran Macías BrincaLetras, un deles axeitado para traballar o Día da Paz.
Acceder a estes recursos no espazoAbalar [2]