O repositorio de contidos de espazoAbalar incrementouse en 27 novos recursos procedentes de Licenzas de estudos [1]
Enviado por administrador a Mar, 11/12/2012 - 20:14O repositorio d [2]o espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta, nesta ocasión con 27 novos contidos educativos en formato dixital baseados en distintas tecnoloxías. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.164 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.
- Elia Villamarín Díaz e Xoán Trigo Armesto co proxecto "Contamos do deporte" con Unidades didácticas en LIM para traballar as matemáticas en 5º de Primaria.
- Nela Abella Cruz con Unidades didácticas en galego para a área de Coñecemento do Medio no 3º Ciclo de Primaria.
- María Albarellos Codesido e Julia González Pérez con actividades para traballar a lectura comprensiva dentro do proxecto "Camiños de lectura".
- Jesús Arribi Vilela con diferentes titoriais dentro do proxecto "Actividades Abalar para tecnoloxía".
- Abraham Domínguez Cuña cunha Secuencia didáctica feita con Cuadernia sobre "Hábitos saudables e sostibles na escola".