O VI Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante terá lugar en Santiago de Compostela os días 14 e 15 de decembro de 2012 [1]
Enviado por asacido a Ven, 07/12/2012 - 08:46A Universidade de Santiago, en colaboración coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, organiza o VI Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante baixo o lema "Experiencia e Innovación". Esta actividade terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela o venres 14 e o sábado 15 de decembro de 2012.
O seminario componse de dúas ponencias impartidas polos profesores da Universidade de Santiago Agustín Godás Otero e María Jesús Agra Pardiñas; dunha conferencia de peche, ofrecida polo Xefe do Departamento de Desenvolvemento Docente e Políticas Educativas da UNESCO (París) Francesc Pedró García; unha mesa redonda baixo o título “As posibilidades dun proxecto social e intercultural desde os centros educativos e a sociedade civil”; 5 obradoiros simultáneos e un panel de "Experiencias e boas prácticas de atención educativa ao alumnado de orixe inmigrante nas escolas".
Pódese consultar o programa [2] completo no arquivo descargable ofrecido aquí e aínda é posible inscribirse gratuítamente mediante unha ficha [3] accesible na ligazón que pecha esta noticia.
Website:
Tema:
Sección: