Formación Aberta: catro novos cursos de Platega na Aula Virtual do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) [1]
Enviado por juliatabo a Lun, 03/06/2013 - 09:23"Formación Aberta" é unha nova sección da Aula Virtual do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) con acceso aos materiais de Platega dos cursos de formación máis demandados ao longo do ano académico e os mellor valorados nas enquisas finais de actividade.
É importante sinalar que, como o fin é dar a coñecer os materiais cun ánimo autoformativo, non se poderá solicitar titorización ou certificación a través destes recursos en aberto. De precisalo, deberanse seguir os pasos habituais de inscrición na actividade (en caso de estarse impartindo ao longo do ano) a través da aplicación FPROFE.
Novos cursos:
- Lectura e comprensión. Formación de lectores competentes [2]
- Obradoiro básico de lectoescritura dixital [3]
- A folla de cálculo. Aplicacións a xestión de centros educativos [4]
- A suite OpenOffice en galego, usos docente e didáctico [5]
Pódese acceder tamén aos seguintes cursos:
- Formación a distancia de coordinadores e coordinadoras das tecnoloxías da información e da comunicación en centros educativos [6]
- Traballando co software dos portátiles Abalar [7]
- Ferramentas e aplicacións da web 2.0 na aula de CCSS (iniciación). Edición Abalar [8]
- As redes sociais na educación. Edición 2012 [9]
- Lim e o Proxecto "XOGAMOS?", Emprego didáctico. Edición 2012 [10]
- Creación de actividades didácticas en liña con ARDORA. Edición Abalar [11]
- Elaboración de materiais didácticos con eXe-learnig. Edición Abalar [12]
- Traballando coa publicidade na aula. Edición 2013 [13]
Website:
Tema:
Colectivo:
Sección: