Publicación do resultado do sorteo dos/as vogais dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos do concurso-oposición para o ingreso a corpos docentes non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia [1]
Enviado por administrador a Xov, 10/04/2025 - 11:11De acordo co establecido na base 7.5 da Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres (código de procedemento ED001A), realizouse o sorteo dos/as vogais que formarán parte dos tribunais que xulgarán estes procedementos.
Xúntase o resultado do sorteo público dos/as vogais que tivo lugar o día 10 de abril de 2025, ás 9.00 horas na sala de xuntas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en Santiago de Compostela.