Publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas [1]
Enviado por administrador a Xov, 10/04/2025 - 08:11Xúntase a Resolución do 9 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería.
Contra esta resolución definitiva, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.