Programa de inmersión lingüística 2025/26 [1]
Enviado por boletin a Ven, 04/04/2025 - 11:53Publicouse no BOE [2] e na Web [3] do Ministeriro de Educación, Formación Profesional e Deportes a resolución da convocatoria do programa de inmersión lingüística 2025/26. As achegas van destinadas a grupos de estudantes de 6º de educación primaria e 2º de educación secundaria obligatoria para o desenvolvemento dun Programa de Inmersión Lingüística en inglés. Preténdese estimular a práctica oral da lingua inglesa en contornos comunicativos non formais máis dinámicos e atractivos. Trataranse temáticas de interese sociocultural e medioambiental, asemade de promover a inclusión e a convivencia do alumnado de diversos lugares de España e de centros educativos do exterior. Empregarase a lingua inglesa como vehícular no desenvolvemento das actividades.
Toda a información sobre requisitos, número de prazas, duración e demais pormenores da convocatoria poderase consultar nesta ligazón [3]
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2025 ás 12:00 horas.
Tema:
Sección: