Alerta meteorolóxica [1]
Enviado por administrador a Xov, 20/03/2025 - 09:34A AEMET e MeteoGalicia informan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por VENTOS en terra na zona de A Coruña (Oeste, Suroeste), ata as 12.00h do día 20 de marzo 2025.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN de actividades no exterior na zona de A Coruña (Oeste, Suroeste), durante a mañá do día 20 de marzo de 2025.
En calquera nivel, se as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco detectado superior ao declarado, as persoas directoras do centro poderán, previa comunicación a Dirección Territorial da consellería competente en educación, adoptar decisións de suspensión da actividade docente, incluíndo as actividades que se desenvolvan no exterior do centro escolar ou sobre as actividades extraescolares
File: