Resolución definitiva da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023 [1]
Enviado por administrador a Mér, 19/03/2025 - 10:52Xúntase a Resolución do 18 de marzo de 2025 da Comisión designada no procedemento, convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023, para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se declara deserta definitivamente a convocatoria de integración no corpo de profesorado de ensino secundario convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023 (período comprendido entre o 21 de novembro de 2024 e o 20 de febreiro de 2025).
O persoal interesado, que figura no anexo da citada resolución, poderá presentar recurso administrativo obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "recurso de reposición" incardinado no procedemento ED021A, no prazo comprendido dun mes dende o seguinte á publicación desta resolución no portal educativo
Non se admitirán as recursos que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.