Convocatoria do concurso "Matemáticas na Raia" [1]
Enviado por boletin a Mar, 04/02/2025 - 15:22Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática AGAPEMA convoca o concurso Matemáticas na Raia 2025. Trátase dun concurso de resolución de problemas en grupo clase para 3º da ESO que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente por AGAPEMA e a Asociación de Profesores/as de Matemáticas de Portugal (APM).
As bases e toda a información relativa a esta edición pódese atopar en: https://agapema.org/actividades/matematicas-na-raia/ [2]
O prazo de inscrición remata o 28 de febreiro.
Data de celebración: 13 de marzo.
File:

Tema:
Sección: