Programa “Cooperamos” 2012 [1]
Enviado por administrador a Mér, 18/04/2012 - 12:43Publicada da Orde do 4 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.
Cal é a finalidade deste programa?
Co obxecto de facilitar a realización das actividades de promoción do cooperativismo, os centros educativos poderán participar no programa “Cooperamos” organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais e o Consello Galego de Cooperativas.
A través deste programa os centros poderán recibir asesoramento e apoios técnicos para as labores divulgativas e para a elaboración de traballos para participar no Certame “cooperativismo no ensino” convocado pola Orde do 4 de abril de 2012 (DOG nº 72, de 16-04-2012).
Quen pode participar?
Os centros educativos de Galicia de Educación Infantil, Primaria, Secundaria obrigatoria e Formación Profesional que precisen apoio para a realización das actividades de promoción do cooperativismo e que participen coa presentación de traballos no Certame “cooperativismo no ensino”.
En que consiste o programa?
A través do programa “cooperamos“ os centros educativos terán a súa disposición os servizos de apoio e asesoramento técnico para a realización de actividades divulgativas e formativas, que sirvan de orientación e respaldo con medios materiais e técnicos, para consolidar as solicitudes de participación no referido Certame.
Existen medios e ferramentas didácticas nos recursos educativos da páxina web do Consello Galego de Cooperativas:
http://www.cooperativasdegalicia.com/educacion/index.htm [2]
Como participar no programa?
Os centros poderán presentar a súa solicitude a través da páxina web www.cooperativasdegalicia.com [3], onde poderán tramitar a súa inscrición.
- Denominación completa do centro
- Enderezo
- Localidade
- Código Postal
- Teléfono do centro
- Correo electrónico
- Persoa de contacto
- Teléfono da persoa de contacto
- Estudios que cursan os alumnos aos que se dirixe a actividade divulgativa para a que se solicita apoio:
Infantil
1º e 2º primaria
3º e 4º primaria
5º e 6º primaria
1º ciclo E.S.O.
2º ciclo E.S.O.
Formación profesional
Cal é o prazo para a presentar a ficha de inscrición?
O prazo para a presentación destas fichas de inscrición remata aos 10 días desde a publicación da Orde do 4 de abril de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (DOG nº 72, de 16-04-2012).
Cales son os criterios de selección de participación?
A selección das solicitudes, a través das fichas de inscrición, farase por rigoroso orde de inscrición, ata esgotar a capacidade de atención prevista no programa para os distintos niveis educativos.
Onde me poden solucionar algunha dúbida?
Chamando ao teléfono 881 999 268 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas ou no correo electrónico: consellogalegodecooperativas@xunta.es [4]
File: